50º Aniversario O home da cámara - WordPress.coma vangarda francesa, con Godard á cabeza,...

1
50º Aniversario Sesión do 28 de outubro de 2020 O home da cámara 1 Chelovek s kino-apparatom. Unión Soviética, 1929. B/N, 67 min. Documental | Dirección e guión: Dziga Vértov | Fotografía: Mikhail Kaufman | Música: Konstantin Listov | Produción: VUFKU SINOPSE a Dziga Vértov amósanos neste filme con ton documental o retrato dunha macro urbe (en realidade creada ar- tificialmente a partir da xustaposición de imaxes filmadas en tres cidades: Moscova, Kiev e Odessa) composto por centos de pinceladas fílmicas so- bre a vida cotiá na devandita cidade. A través da súa cámara, que actúa coma o propio ollo, Vértov capta a esencia do escenario, querendo plasmar as relacións sociais dos ci- dadáns a través dunha análise mar- xista. Como única trama, o director segue a rutina dun operador de cá- mara soviético que ten que filmar a cidade desde que amence até que se deita o sol. NOTAS DA PELÍCULA (FILMOTECA DE ANDALUCÍA) O home da cámara é a película máis representativa de Dziga Vértov, parte activa do cinema de vangarda ruso, e cuxas obras experimentais ofrece- ron un novo modelo de documental. a O cinema de Vértov adquire a súa forma durante os anos nos que es- tivo a traballar para o Comité de Ci- nema de Moscova tras a Revolución (1918), e onde coincidiu, entre ou- tros, con Lev Kuleshov, quen levaba a cabo os seus propios experimen- tos sobre a montaxe no chamado “Efecto Kuleshov”, amosando a im- portancia que tiña esta no estado de ánimo do espectador e no propio texto da obra. a Esta contorna converteuse no caldo de cultivo para o cinema de Vértov, quen xunto a outros dous cineastas (o seu irmán, o director de fotografía Mikhail Kaufman, e a súa futura es- posa, a montadora Yelizaveta Svilo- va), formaron o denominado grupo Kinoki, no que desenvolverían a súa teoría do Cinema-Ollo, principal le- gado de Vértov, xunto á serie de no- ticiarios Kino-Pravda, ou Cinema- Verdade. a A finalidade principal da teoría do Cinema-Ollo é a de conseguir un ci- nema totalmente obxectivo, o que supón un total rexeitamento do guión, a escenografía ou os actores profesionais. Procura o cinema no seu estado máis puro, afastado da influencia do teatro ou a literatura. A cámara capta máis que o ollo hu- mano (de aí o nome da teoría) e uti- liza a montaxe para unir os frag- mentos de realidade, sen ningún ti- po de carácter emocional. Vértov buscaba a verdade da realidade, conseguida a través da cámara, que capta o que o ollo non dá percibido, e a montaxe, como nexo de unión desa realidade para formar un todo global. a Esa procura da verdade levouno a realizar, a partir de 1922, unha serie de noticiarios englobados na serie Kino-Pravda, onde Vértov se dedi- caba a gravar todo tipo de espazos públicos, en moitos casos acompa- ñándose de cámaras ocultas e sen pedir permiso. Neste contexto, e coa proximidade temática dunha película tan importante como Berlín, sinfonía dunha gran cidade (Walter Ruttmann, 1927), Vértov presenta en 1929 O home da cámara, onde nos amosa un día na vida da cidade de San Petersburgo, desde o amencer até o solpor. Este documental urba- no, no cal Vértov se asegura de dei- xar claro o real das imaxes que po- demos ver (en gran cantidade de planos vemos ao operador de cá- mara, o seu irmán Mikhail, filman- do), transmite igualmente algunhas ideas políticas do propio Vértov, co- mo o seu marcado carácter marxis- ta, ou o seu interese polo futurismo, algo presente máis ben a nivel ideo- lóxico. De igual forma, a fascinación de Vértov polo constructivismo que- da patente na obra. a O home da cámara é unha especie de seguimento a un operador de cá- mara que filma todo o que o rodea, e que nos amosa a través do seu ob- xectivo (o seu ollo) a cidade de San Petersburgo. Neste punto, podería discutirse a vixencia da obxectivida- de que perseguía Vértov, sobre todo relacionada con ese marcado acento marxista, algo patente na sociedade da súa época. a Pero, máis aló de cuestións políticas, a revolución que supuxo a obra de Vértov e o seu legado (nos anos 60, a vangarda francesa, con Godard á cabeza, fundaron o Dziga Vértov Group, pola súa proximidade ideoló- xica coas teorías deste) está presen- te en gran parte do cinema experi- mental posterior, e en diferentes teo- rías cinematográficas. Mesmo hai quen considera este filme o primeiro videoclip da historia. a É curioso logo que O home da cá- mara non fose recibido de maneira positiva no seu momento. Os con- temporáneos soviéticos criticaron a súa prioridade pola utilización das formas en troques do contido; mes- mo Serguéi Eisenstein se burlou do filme como un “vandalismo de cáma- ra sen sentido”. A obra tamén foi de- sestimada en Occidente: o docu- mentalista Paul Rotha dixo que en Gran Bretaña Vértov era considerado “unha broma, non o tomamos en se- rio”. Tería que pasar o tempo para ser revalorizada, e acabar ocupando o 8º posto na enquisa de Sight & Sound de 2012 sobre as mellores películas da historia. Un filme mo- dernista, vixente aínda en moitas das súas propostas, no que Vértov con- segue de cheo os seus obxectivos. Vindeira sesión, mércores 29: A historia oficial · Luis Puenzo

Transcript of 50º Aniversario O home da cámara - WordPress.coma vangarda francesa, con Godard á cabeza,...

Page 1: 50º Aniversario O home da cámara - WordPress.coma vangarda francesa, con Godard á cabeza, fundaron o Dziga Vértov Group, pola súa proximidade ideoló-xica coas teorías deste)

50º AniversarioSesión do 28 de outubro de 2020 O home da cámara

1

Chelovek s kino-apparatom. Unión Soviética, 1929. B/N, 67 min. Documental | Dirección e guión: Dziga Vértov |Fotografía: Mikhail Kaufman | Música: Konstantin Listov | Produción: VUFKU

SINOPSEa

Dziga Vértov amósanos neste filmecon ton documental o retrato dunhamacro urbe (en realidade creada ar-tificialmente a partir da xustaposiciónde imaxes filmadas en tres cidades:Moscova, Kiev e Odessa) compostopor centos de pinceladas fílmicas so-bre a vida cotiá na devandita cidade.A través da súa cámara, que actúacoma o propio ollo, Vértov capta aesencia do escenario, querendoplasmar as relacións sociais dos ci-dadáns a través dunha análise mar-xista. Como única trama, o directorsegue a rutina dun operador de cá-mara soviético que ten que filmar acidade desde que amence até quese deita o sol.

NOTAS DA PELÍCULA (FILMOTECA DE ANDALUCÍA)

O home da cámara é a película máisrepresentativa de Dziga Vértov, parteactiva do cinema de vangarda ruso,e cuxas obras experimentais ofrece-ron un novo modelo de documental.a

O cinema de Vértov adquire a súaforma durante os anos nos que es-tivo a traballar para o Comité de Ci-nema de Moscova tras a Revolución(1918), e onde coincidiu, entre ou-tros, con Lev Kuleshov, quen levabaa cabo os seus propios experimen-tos sobre a montaxe no chamado“Efecto Kuleshov”, amosando a im-portancia que tiña esta no estado deánimo do espectador e no propiotexto da obra. a

Esta contorna converteuse no caldode cultivo para o cinema de Vértov,quen xunto a outros dous cineastas(o seu irmán, o director de fotografíaMikhail Kaufman, e a súa futura es-posa, a montadora Yelizaveta Svilo-va), formaron o denominado grupoKinoki, no que desenvolverían a súa

teoría do Cinema-Ollo, principal le-gado de Vértov, xunto á serie de no-ticiarios Kino-Pravda, ou Cinema-Verdade.a

A finalidade principal da teoría doCinema-Ollo é a de conseguir un ci-nema totalmente obxectivo, o quesupón un total rexeitamento doguión, a escenografía ou os actoresprofesionais. Procura o cinema noseu estado máis puro, afastado dainfluencia do teatro ou a literatura. Acámara capta máis que o ollo hu-mano (de aí o nome da teoría) e uti-liza a montaxe para unir os frag-mentos de realidade, sen ningún ti-po de carácter emocional. Vértovbuscaba a verdade da realidade,conseguida a través da cámara, quecapta o que o ollo non dá percibido,e a montaxe, como nexo de unióndesa realidade para formar un todoglobal.a

Esa procura da verdade levouno arealizar, a partir de 1922, unha seriede noticiarios englobados na serieKino-Pravda, onde Vértov se dedi-caba a gravar todo tipo de espazospúblicos, en moitos casos acompa-ñándose de cámaras ocultas e senpedir permiso. Neste contexto, ecoa proximidade temática dunhapelícula tan importante como Berlín,sinfonía dunha gran cidade (WalterRuttmann, 1927), Vértov presenta en1929 O home da cámara, onde nosamosa un día na vida da cidade deSan Petersburgo, desde o amenceraté o solpor. Este documental urba-no, no cal Vértov se asegura de dei-xar claro o real das imaxes que po-demos ver (en gran cantidade deplanos vemos ao operador de cá-mara, o seu irmán Mikhail, filman-do), transmite igualmente algunhasideas políticas do propio Vértov, co-mo o seu marcado carácter marxis-ta, ou o seu interese polo futurismo,

algo presente máis ben a nivel ideo-lóxico. De igual forma, a fascinaciónde Vértov polo constructivismo que-da patente na obra.a

O home da cámara é unha especiede seguimento a un operador de cá-mara que filma todo o que o rodea, eque nos amosa a través do seu ob-xectivo (o seu ollo) a cidade de SanPetersburgo. Neste punto, poderíadiscutirse a vixencia da obxectivida-de que perseguía Vértov, sobre todorelacionada con ese marcado acentomarxista, algo patente na sociedadeda súa época. a

Pero, máis aló de cuestións políticas,a revolución que supuxo a obra deVértov e o seu legado (nos anos 60,a vangarda francesa, con Godard ácabeza, fundaron o Dziga VértovGroup, pola súa proximidade ideoló-xica coas teorías deste) está presen-te en gran parte do cinema experi-mental posterior, e en diferentes teo-rías cinematográficas. Mesmo haiquen considera este filme o primeirovideoclip da historia. a

É curioso logo que O home da cá-mara non fose recibido de maneirapositiva no seu momento. Os con-temporáneos soviéticos criticaron asúa prioridade pola utilización dasformas en troques do contido; mes-mo Serguéi Eisenstein se burlou dofilme como un “vandalismo de cáma-ra sen sentido”. A obra tamén foi de-sestimada en Occidente: o docu-mentalista Paul Rotha dixo que enGran Bretaña Vértov era considerado“unha broma, non o tomamos en se-rio”. Tería que pasar o tempo paraser revalorizada, e acabar ocupandoo 8º posto na enquisa de Sight &Sound de 2012 sobre as mellorespelículas da historia. Un filme mo-dernista, vixente aínda en moitas dassúas propostas, no que Vértov con-segue de cheo os seus obxectivos.

Vindeira sesión, mércores 29: A historia oficial · Luis Puenzo