4. o teatro do 1º terzo do séc. xx

12
TEMA 4. O TEATRO DO 1º TERZO DO SÉC. XX TEMA 4. O TEATRO DO 1º TERZO DO SÉC. XX LITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXI LITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXI Lourenço Álvarez Lourenço Álvarez

Transcript of 4. o teatro do 1º terzo do séc. xx

Page 1: 4. o teatro do 1º terzo do séc. xx

TEMA 4. O TEATRO DO 1º TERZO DO SÉC. XXTEMA 4. O TEATRO DO 1º TERZO DO SÉC. XX

LITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXILITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXI

Lourenço ÁlvarezLourenço Álvarez

Page 2: 4. o teatro do 1º terzo do séc. xx

Recoméndase realizar o visionado desta presentaciónestando conectado a Internet. Deste xeito poderá accederse ás ligazóns que ao longo dela se propoñen

Clicando sobre estes símbolos obterase a seguinte in-formación, procedente de distintos recursos web ou cargadas na propia presentación:

Información sobre un autor citado

Información complementaria sobre un determinado asunto ou texto literario

Ligazón a un arquivo de vídeo

Arquivo de audio: poema musicado, lectura dun texto...

Page 3: 4. o teatro do 1º terzo do séc. xx

ETAPAS DO TEATRO DE PREGUERRA

►► A época Nós: madurez e universalización do teatro galego V. RISCO, R. OTERO PEDRAYO, A. R. CASTELAO

►► As vangardas: inclusión da modernidade no teatro galego RAFAEL DIESTE

►► As Irmandades: inicio dun proxecto de teatro nacionalR. CABANILLAS, A. VILLAR PONTE, A. COTARELO

►► Teatro rexional: os precedentes das Irmandades da FalaM. LUGRÍS FREIRE

Page 4: 4. o teatro do 1º terzo do séc. xx

O TEATRO REXIONAL

En 1903, créase a ESCOLA REXIONAL DE DECLAMACIÓNESCOLA REXIONAL DE DECLAMACIÓN, co dobre obxectivo de crear un viveiro de actores e fomentar a produción teatral

O teatro desta época caracterízase pola brevidade, temática popular ou de reivindicación agraria e dramaturxia pouco elaborada

O autor máis destacado e LUGRÍS FREIRE:

A súa obra A ponte é a pri-meira en empregar a prosaen teatro; é de contido rei-vindicativo: crítica contra as inxustizas dos caciques

Page 5: 4. o teatro do 1º terzo do séc. xx

A patria do galegoEntre dous abismosAlmas mortas

O TEATRO DAS IRMANDADES

As Irmandades da Fala entendían o teatro como un importante vehículo pedagóxico e de intervención social. Desde os dramas costumistas até os histórico-reivindicativos ou as pezas máis urbanas e refinadas, este grupo de autores desempeña un papel importantísimo na revitalización do teatro galego

Crean o CONSERVATORIO NAZONAL DO ARTE GALLEGOCONSERVATORIO NAZONAL DO ARTE GALLEGO, que se estrea coa obra de Cabanillas A man da santiña, que supón unha modernización do xénero, ao renunciar a moitos dos tópicos do teatro popular e presentar por primeira vez a lingua galega en boca das clases altas

N’ N’ O MariscalO Mariscal, a súa principal obra , a súa principal obra dramática e obra cume do teatro desta dramática e obra cume do teatro desta época (escrita en colaboración con A. época (escrita en colaboración con A. Villar Ponte), ofrece Villar Ponte), ofrece unha unha reconstrución do pasado na que o reconstrución do pasado na que o maris-cal Pardo de Cela se erixe en maris-cal Pardo de Cela se erixe en símbolo da re-sistencia galega fronte símbolo da re-sistencia galega fronte ao poder centralao poder central

A man da santiñaO Mariscal

RAMÓN RAMÓN CABANILLASCABANILLAS

Político e fundador das Irmandades, Político e fundador das Irmandades, exerce como actor, como crítico e como exerce como actor, como crítico e como tradutor ao galego de varias obras do tradutor ao galego de varias obras do teatro universal, ademais de ser autor teatro universal, ademais de ser autor de importantes pezas dramáticasde importantes pezas dramáticas

A. VILLAR A. VILLAR PONTEPONTE

Primeiro director do Seminario de Primeiro director do Seminario de Estudos Ga-legos, é autor de numerosas Estudos Ga-legos, é autor de numerosas pezas que abor-dan a temática rural e pezas que abor-dan a temática rural e mariñeira, a comedia sentimental e a mariñeira, a comedia sentimental e a reconstrución históricareconstrución histórica

TrebónBeiramarHostia

ARMANDO ARMANDO COTARELOCOTARELO

Narrador e director da editorial Lar, Narrador e director da editorial Lar, destaca polo seu labor teatral: dirixe a destaca polo seu labor teatral: dirixe a Escola Dramá-tica da Coruña e é actor, Escola Dramá-tica da Coruña e é actor, escenógrafo e críti-co teatral; é autor escenógrafo e críti-co teatral; é autor ademais dun gran número de obras de ademais dun gran número de obras de temática máis ben tradicionaltemática máis ben tradicional

ToleríasO pecado alleo

L. CARRÉ L. CARRÉ ALVARELLOSALVARELLOS

Page 6: 4. o teatro do 1º terzo do séc. xx

• É unha historia sobre a identidade persoal que se pode extrapolar á realidade colectiva. A acción desencadéase a partir da seguinte situación: o autor do retrato dun vello mari-ñeiro enriquecido na emigración brasileira de-cide pintar como fondo, a través dunha fiestra, unha escena do porto da vila. A fami-lia do mariñeiro considérao inapropiado porque pon en evidencia as súas orixes humildes

O TEATRO DA ÉPOCA DAS VANGARDAS

É autor dunha das obras máis importantes e máis representadas deste período: A A fiestra valdeirafiestra valdeira

• Abre unha nova tendencia de realismo simbolista que, con grande rigor estético, trata unha temática popular afastándose dos personaxes tópicos e do custumismo

RAFAEL DIESTEAínda que non existe un teatro de natureza vangardista en Galiza, algúns autores como Xaime Quintanilla, Álvaro de las Ca-sas ou Rafael Dieste modernizan o xénero, fuxindo do historicis-mo, o costumismo e o tradicionalismo

Page 7: 4. o teatro do 1º terzo do séc. xx

O TEATRO DA ÉPOCA NÓS

Os integrantes do Grupo Nós dotan o xénero dramático de madu-rez e universalidade, realizando unha estilización estética dos elementos escénicos e aproximándose a modos de expresión simbolistas e expresionistas

VIC

EN

TE R

ISC

O • É un drama de carácter simbolista centrado na reflexión sobre a natureza humana, sobre as paixóns que condicionan o com-portamento ético das persoas

• Situada na Idade Media, conta a historia dun bufón que delata por celos os amores ilícitos do cabaleiro Guindamor pola raíña, sen saber que o cabaleiro é o seu propio irmán. Supón unha loita entre forzas opostas, representadas por Guindamor (no-bre e fermoso) e o bufón (plebeo, deforme e cruel)

O b u f ó n d’ e l r e iO b u f ó n d’ e l r e i

OTER

O

PED

RA

YO

• Otero escribe nesta época A lagarada e Teatro de máscaras (xa na posguerra publicará ademais O desengano do prioiro, Rosalía e Noite compostelá)

• N’ A lagarada, peza situada no Ribeiro durante a vendima, presenta un drama rural: o asasinato dun labrego vello e rico como resultado dun enredo de amores e promesas incumpridas. Fronte ao teatro realista, introduce digresións líricas e ele-mentos de natureza simbolista

A l a g a r a d aA l a g a r a d a

A.R

. C

AS

TELA

O • É a obra máis representada do teatro galego. Foi escrita entre 1931 e 1939 e estreada en Buenos Aires en 1941

• Foi concibida como unha “síntese estética”, un espectáculo artístico integral composto por texto, efectos escenográficos moi elaborados, música e danza.

• En tres actos de grande simetría, seguidos por un epílogo, presenta tres versións diferentes dunha mesma historia: un vello paga coa morte o seu namoramento dunha rapariga nova

O s v e l l o s n o n d e b e n d e n a m o r a r s eO s v e l l o s n o n d e b e n d e n a m o r a r s e

• Os tres vellos representan distintos sectores da sociedade da época: o burgués de formación universitaria (D. Saturio), o fidalgo en decadencia (D. Ramón) e o labrego rico (Sr. Fuco)

• As tres mozas pertencen a un estrato social inferior ao dos vellos. Aparecen caracterizadas negativamente; é a súa des-honestidade e o seu materialismo o que provoca a desgraza dos vellos

Page 8: 4. o teatro do 1º terzo do séc. xx

O TEATRO DO 1º TERZO DO SÉC. XX ESQUEMA PARA IMPRIMIR

O TEATRO REXIONAL

- En 1903, créase a ESCOLA REXIONAL DE DECLAMACIÓN, co dobre obxectivo de crear un viveiro de actores e fomentar a produción teatral

- O teatro desta época caracterízase pola brevidade, temática popular ou de reivindicación agraria e dramaturxia pouco elaborada

► ► O autor máis destacado e LUGRÍS FREIRE: A súa obra A ponte é a primeira en empregar a prosa en teatro; é de contido reivindicativo: crítica contra as inxustizas dos caciques

- Entenden o teatro como un importante vehículo pedagóxico e de intervención social. Crean o CONSERVATORIO NAZONAL DO ARTE GALLEGO, que se estrea coa obra de Cabanillas A man da santiña

- CABANILLAS: N’ O Mariscal, a súa principal obra dramática e obra cume do teatro desta época, ofrece unha re- construción do pasado na que o mariscal Pardo de Cela se erixe en símbolo da resistencia galega fronte ao poder central

- Outros autores: A. VILLAR PONTE, ARMANDO COTARELO e L. CARRÉ ALVARELLOS

O TEATRO DAS IRMANDADES

- RAFAEL DIESTE é autor dunha das obras máis importantes e máis representadas deste período:A fiestra valdei- ra. Abre unha nova tendencia de realismo simbolista que, con grande rigor estético, trata unha temática popular afastándose dos personaxes tópicos e do custumismo. É unha historia sobre a identidade persoal que se pode ex- trapolar á realidade colectiva. A acción desencadéase a partir da seguinte situación: o autor do retrato dun vello mariñeiro enriquecido na emigración brasileira decide pintar como fondo, a través dunha fiestra, unha escena do porto da vila. A familia do mariñeiro considérao inapropiado porque pon en evidencia as súas orixes humildes

O TEATRO DA ÉPOCA DAS VANGARDAS

Page 9: 4. o teatro do 1º terzo do séc. xx

O TEATRO DA ÉPOCA NÓS

- Os integrantes do Grupo Nós dotan o xénero dramático de madurez e universalidade, realizando unha estilización estética dos elementos escénicos e aproximándose a modos de expresión simbolistas e expresionistas

► VICENTE RISCO: O bufón d’el rei. É un drama de carácter simbolista centrado na reflexión sobre a natu- reza humana, sobre as paixóns que condicionan o comportamento ético das persoas. Situada na Idade Media, conta a historia dun bufón que delata por celos os amores ilícitos do cabaleiro Guindamor pola raíña, sen sa- ber que o cabaleiro é o seu propio irmán. Supón unha loita entre forzas opostas, representadas por Guinda-mor (nobre e fermoso) e o bufón (plebeo, deforme e cruel)

► OTERO PEDRAYO: A lagarada. Peza situada no Ribeiro durante a vendima, presenta un drama rural: o asa- sinato dun labrego vello e rico como resultado dun enredo de amores e promesas incumpridas. Fronte ao tea- tro realista, introduce digresións líricas e elementos simbolistas. Escribe tamén Teatro de máscaras

► CASTELAO: Os vellos non deben de namorarse. É a obra máis representada do teatro galego. En tres actos de grande simetría, seguidos por un epílogo, presenta tres versións diferentes dunha mesma historia: un vello paga coa morte o seu namoramento dunha rapariga nova. Os tres vellos representan distintos sectores da so- ciedade da época: o burgués de formación universitaria (D. Saturio), o fidalgo en decadencia (D. Ramón) e o

labrego rico (Sr. Fuco). As tres mozas pertencen a un estrato social inferior ao dos vellos. Aparecen caracte- rizadas negativamente; é a súa deshonestidade e o seu materialismo o que provoca a desgraza dos vellos

Page 10: 4. o teatro do 1º terzo do séc. xx

2 .- Despois de ler o argumento da obra e de visionar o seguinte fragmento d’ EL BUFÓN D´EL REI, responde:

► ► No seu primeiro monólogo, a quen se es-tá a referir indirectamente o bufón can-do fala dos monstros?

►► Explica, á luz da relación do seu persona-xe co de Guindamor, as seguintes afirma-cións do bufón: “Bendita a morte que nos ceiba do corpo” e “Ten un aire... a aquel que lle puxo sombras aos meus anos derapaz”

►► Comenta o conflito interior que expresa o bufón antes da aparición da raíña. Calesson os seus sentimentos a respecto dela?

O TEATRO DO 1º TERZO DO XX ACTIVIDADES 1

1 .-Visiona este fragmento d’ O MARISCALO MARISCAL e responde ás seguintes cuestións:

►► Que exércitos ameazan ao Mariscal? Que é o lugar da Frouseira do que fala?

►► Cal é a actitude dos nobres galegos perante o conflito?

► ► Busca información sobre o personaxe histórico do Mariscal no artigo”Ascenso e caída do ma-riscal Pardo de Cela” e reflexiona sobre se a súa figura aparece sobredimensionada no texto de Cabanillas e Vilar Ponte

Nunha época imprecisa da Idade Media, desenvólvese unha rela-ción amorosa entre o cabaleiro Guindamor e a raíña Iolanda. O bufón, coñecedor do idilio, quere vingarse porque tamén el está namorado da raíña e sabe que Guindamor representa a beleza, a nobreza e a felicidade, mentres que el representa a fealdade, a crueldade e a tristeza. Por conseguinte, propicia que o rei atope os namorados en plena escena amorosa e condene A Guindamor a ser executado.O cabaleiro acaba por perdoar o bufón e este op-ta por defendelo tras ser informado de que é o seu irmán. O bu-fón non o coñecía porque de pequeno el mesmo fora apartado da familia a causa da súa deformidade. Finalmente,acaba pagando a súa traizón: na última escena,a raíña ordena guindalo desde a to-rre do castelo.

Page 12: 4. o teatro do 1º terzo do séc. xx

PROCEDENCIA DAS IMAXES EMPREGADASPROCEDENCIA DAS IMAXES EMPREGADAS

Colocando o punteiro sobre as imaxes, vense as referencias das páxinas web de onde foron tiradas. Picando nelas, accédese directamente a esas páxinas