4º de ESO - edu.xunta.galº CCSS. ESO.pdf · utilización rigorosa do vocabulario histórico. –...

16
4º de ESO IES “Afonso X O Sabio” – A Barcala (Cambre) Departamento de Ciencias Sociais. Xeografía e Historia

Transcript of 4º de ESO - edu.xunta.galº CCSS. ESO.pdf · utilización rigorosa do vocabulario histórico. –...

4º de ESO

IES “Afonso X O Sabio” – A Barcala (Cambre)

Departamento de Ciencias Sociais. Xeografía e Historia

1.- OBXECTIVOS XERAIS:

1. Recoñecer os mecanismos esenciais que rexen o funcionamento dos feitos sociais e económicos dentro da estrutura da nosa sociedade e, deste xeito, comprender e saber analizar os problemas principais da sociedade contemporánea: movementos migratorios, globalización, etc.

2. Adquirir e empregar con precisión e rigor o vocabulario básico e específico da Historia Contemporánea.

3. Obter información e relacionar fontes de diverso tipo, saber manexar e interpretar correctamente diversos instrumentos de traballo xeográfico (gráficas, mapas, estatísticas, etc.)

4. Emprego das novas tecnoloxías de información e da comunicación para a procura, a xestión e o tratamento da información.

5. Analizar os trazos da sociedade, economía e sistema político do Antigo Réxime. Europa e España do barroco: o absolutismo monárquico e mais a arte barroca.

6. Recoñecer as causas da Guerra de Sucesión española, a configuración das alianzas de ambos os bandos e a configuración política que comportou a aprobación dos decretos de Nova Planta.

7. Entender o significado político dos Borbóns na España do século XVIII: As reformas de Filipe V, Fernando VI e Carlos III.

8. Coñecer o pensamento ilustrado europeo nas súas vertentes económicas e políticas, e identificar os principais pensadores coas súas achegas.

9. Comprender a ruptura histórica que representou a Revolución Francesa analizando as novidades políticas que achegou e recoñecer as causas e mais as ideas que conduciron á Restauración europea.

10. Coñecer e diferenciar as revolucións liberais ocorridas no século XIX identificando os conceptos de nacionalismo e liberalismo, e prestándolle especial atención á súa influencia nos procesos de unificación alemán e italiano.

11. Coñecer as bases da revolución industrial, as novas fontes de enerxía, os sectores industriais, a revolución dos transportes, a organización do movemento obreiro e as novas ideoloxías: marxismo, anarquismo e internacionalismo.

12. Analizar o desenvolvemento político de España durante o século XIX: a crise do Antigo Réxime, a restauración do absolutismo, a independencia das colonias americanas, a revolución liberal, o Sexenio Democrático e mais a Restauración.

13. Recoñecer as transformacións demográficas e agrícolas do século XIX en España prestándolle unha atención especial a Galicia.

14. Analizar as particularidades artísticas, políticas, económicas e sociais da Galicia do século XIX.

15. Explicar as causas da expansión colonial e da Primeira Guerra Mundial, así como as súas consecuencias en Europa.

16. Coñecer as principais correntes artísticas e culturais do século XIX en Europa diferenciando os principais autores e obras máis significativos do período.

17. Coñecer as características principais do período de entreguerras: a Revolución rusa, o crac do 29 e a gran depresión, o fascismo italiano e o nazismo alemán.

18. Coñecer a historia española desde a crise da restauración, a II República e a Guerra Civil, prestándolle unha especial atención a Galicia.

19. Explicar as causas e as consecuencias da Segunda Guerra Mundial.

20. Identificar os aspectos máis significativos do mundo bipolar e as características de cada un dos bloques: o capitalista e mais o socialista.

21. Coñecer as causas da caída dos bloques e as características principais do mundo actual.

22. Analizar a evolución dos aspectos económicos, políticos e sociais do réxime franquista en España, prestándolle unha especial atención a Galicia.

23. Coñecer o proceso de transición cara á democracia que comezou coa morte de Franco, prestándolle unha especial atención a Galicia.

24. Coñecer o proceso de formación da Unión Europea, as institucións europeas e o seu cometido, así como as consecuencias da anexión española.

25. Recoñecer os distintos gobernos democráticos españois e as súas principais liñas de actuación desde a transición ata a actualidade reflexionando sobre a evolución política de Galicia.

26. Identificar os principios que rexen a Constitución española de 1978 na forma de goberno do Estado español, a súa organización estatal e valorala como garante das liberdades individuais e colectivas.

27. Explicar os distintos mecanismos de participación dos cidadáns e das cidadás españois no exercicio do poder a escala continental, estatal e autonómica, recoñecer a función dos partidos políticos e identificar os partidos políticos máis importantes de España, facendo referencia a Galicia.

28. Identificar as principais correntes artísticas do século XX no mundo prestándolle atención á contribución española ás artes figurativas durante este século, tanto en pintura, escultura como arquitectura, e a contribución de Galicia.

29. Explicar as razóns da globalización económica a escala planetaria e coñecer os principais movementos sociais que se opoñen ao proceso de globalización.

30. Identificar as distintas áreas xeopolíticas, económicas e culturais do mundo; analizar os fluxos comerciais e os principais problemas de desequilibrio socioeconómico existentes entre elas.

31. Sensibilizarse cos principais problemas do mundo actual (o desigual acceso aos recursos, a globalización, os conflitos políticos etc.), entendéndoos como unha problemática en que todos estamos implicados e da que todos somos responsables.

32. Valorar o impacto das novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) no acceso á información, o fluxo de capitais e mais o comercio mundial.

33. Analizar os problemas derivados do desigual acceso á riqueza no mundo (fame, baixo nivel educativo, desequilibrios demográficos etc.) e reflexionar sobre a actuación dos organismos que tratan de loitar contra a pobreza.

34. Recoñecer as características singulares do patrimonio natural, histórico e artístico de Galicia, e de España, asumindo as responsabilidades que supón a súa protección e conservación.

35. Valorar a diversidade cultural no mundo, en España e en Galicia, e ser respectuosos e tolerantes coas actitudes, crenzas e formas de vida de persoas ou grupos que pertencen a sociedades ou culturas diferentes á propia.

36. Apreciar os dereitos e liberdades das persoas como un logro irrenunciable da humanidade, denunciar as actitudes discriminatorias e inxustas, e mostrarse solidario con quen estea privado do seus dereitos ou dos recursos económicos necesarios.

37. Recoñecer as actitudes e situacións discriminatorias que tiveron lugar ao longo da historia por razóns de raza, sexo, relixión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social, e mostrar unha actitude solidaria cos individuos e colectividades que foron obxecto desta discriminación.

2.- COMPETENCIAS BÁSICAS

1. Competencia social e cidadá – Comprender o concepto de tempo histórico. – Identificar as relacións multicausais dun feito histórico e as súas consecuencias. – Coñecer as grandes etapas e os principais acontecementos da Historia

contemporánea. – Comprender o funcionamento das sociedades, o seu pasado histórico, a súa

evolución e transformacións. – Recoñecer e asumir os valores democráticos; aceptar e practicar normas sociais

acordes con eles. – Expresarse de forma asertiva e mostrar unha actitude favorable ao diálogo e ao

traballo cooperativo. 2. Coñecemento e a interacción co mundo físico – Identificar e localizar os principais ámbitos xeopolíticos, económicos e culturais en

que se enmarcan os acontecementos da Historia contemporánea. – Coñecer os distintos usos do espazo e dos recursos que fixeron as sociedades ao

longo dos períodos históricos estudados. 3. Competencia cultural e artística – Comprender a función que as artes tiveron e teñen na vida dos seres humanos. – Recoñecer os diferentes estilos da arte contemporánea e os cambios que os

motivaron. – Analizar obras de arte de distintas épocas; cultivar o sentido estético e a capacidade

de se emocionar. – Desenvolver unha actitude activa en relación coa conservación e a protección do

patrimonio histórico. 4. Tratamento da información e competencia dixital – Relacionar e comparar a información procedente de diversas fontes: escritas,

gráficas, audiovisuais, etc. – Contrastar a información obtida e desenvolver un pensamento crítico e creativo. – Elaborar a información transformando os datos recollidos e traducíndoos a outro

formato ou linguaxe. – Empregar as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías da información e a

comunicación na procura e o procesamento da información. 5. Competencia en comunicación lingüística – Utilizar axeitadamente o vocabulario propio das ciencias sociais para construír un

discurso preciso. – Desenvolver a empatía e interesarse por coñecer e escoitar opinións distintas á

propia. – Utilizar diferentes variantes do discurso, en especial, a descrición e a

argumentación. – Ler e interpretar textos de tipoloxía diversa, linguaxes icónicas, simbólicas e de

representación. 6. Competencia matemática – Elaborar e interpretar eixes cronolóxicos. – Analizar e comprender os datos cuantitativos recollidos en táboas estatísticas,

gráficos e diagramas. – Facer sinxelos cálculos matemáticos para analizar e interpretar fenómenos de

carácter social. 7. Competencia para aprender a aprender – Desenvolver unha visión estratéxica dos problemas, anticipar posibles escenarios e

consecuencias futuras das accións individuais e/ou sociais. – Buscar explicacións multicausais para comprender os fenómenos sociais e avaliar

as súas consecuencias. – Utilizar distintas estratexias para organizar, memorizar e recuperar a información:

esquemas, resumos, etc. – Participar en debates e contrastar as opinións persoais coas do resto de

compañeiros. – Desenvolver o gusto pola aprendizaxe continua e a actualización permanente. 8. Autonomía e iniciativa persoal

– Asumir responsabilidades e tomar decisións con respecto á planificación do proceso de resolución das actividades propostas.

– Interpretar adecuadamente as particularidades de cada situación e de cada problema estudado.

– Saber argumentar de forma lóxica e coherente as explicacións dos conceptos e fenómenos estudados.

– Autorregular a propia aprendizaxe: tomar conciencia do que se sabe e do que falta por aprender; e realizar autoavaliacións do propio traballo.

3.-CONTIDOS MÍNIMOS.

– Localización no tempo e no espazo dos acontecementos e procesos históricos máis relevantes do mundo contemporáneo. Identificación dos factores que interveñen nos procesos de cambio histórico, considerando as súas interrelacións. Diferenciación de causas e consecuencias e valoración do papel dos homes e as mulleres, individual e colectivamente, como suxeitos da historia.

– Procura, selección e obtención de información de fontes escritas, obtida segundo criterios de veracidade e pertinencia, diferenciando os feitos das opinións e as fontes primarias das secundarias. Contraste de informacións contraditorias e/ou complementarias a propósito dun mesmo feito ou situación. Análise e traballo con textos históricos de especial relevancia con dominio da expresión oral e escrita e utilización rigorosa do vocabulario histórico.

– Análise de feitos ou situacións relevantes do mundo contemporáneo, particularmente de Galicia, con indagación dos seus antecedentes históricos e das circunstancias que os condicionan.

– Valoración dos dereitos humanos e rexeitamento de calquera forma de discriminación ou de dominio. Visión crítica ante as situacións inxustas e valoración do diálogo e a procura da paz na resolución dos conflitos.

– Recoñecemento dos elementos básicos que configuran os principais estilos ou artistas relevantes do mundo contemporáneo, contextualizándoos na súa época, e interpretación de obras artísticas significativas de arquitectura, artes plásticas, literatura e música.

4.-CONTIDOS CONCEPTUAIS, SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN

Bloque 1. Bases históricas da sociedade actual.( Temas do 1 ao 10)

Transformacións políticas e económicas na Europa do Antigo Réxime. A crise do Estado absoluto. As ideas ilustradas. Reformismo borbónico en España. A Ilustración galega: as Sociedades Económicas de Amigos do País.

Transformacións políticas e socioeconómicas no século XIX. Revolución industrial. Liberalismo, nacionalismo e imperialismo: activismo revolucionario para a transformación de Europa. Novo modelo social e movemento obreiro. A exclusión das mulleres do espazo público e a súa loita pola igualdade: sufraxismo e dereito á educación.

Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX. A fin do imperio colonial español. As desamortizacións e a súa importancia en Galicia.

Grandes cambios e conflitos na primeira metade do século XX. Imperialismo, guerra e revolución. A depresión de 1929 e o auxe dos fascismos. A revolución soviética.

Transformacións na España do século XX: crise do Estado liberal; a II República; guerra civil e represión en Galicia; franquismo. As reivindicacións periféricas: o nacionalismo galego.

Arte e cultura na época contemporánea.

Bloque 2. O mundo actual.(Temas do 11 ó 16)

A orde política e económica mundial na segunda metade do século XX: bloques de poder e modelos socioeconómicos. Os procesos de descolonización e o terceiro mundo. O neocolonialismo. O papel dos organismos internacionais.

Transición política e configuración do Estado democrático en España. O Estatuto de autonomía de Galicia.

Proceso de construción da Unión Europea. España e Galicia dentro da Unión Europea hoxe. A eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Cambios nas sociedades actuais. Os novos movementos sociais e culturais. Os medios de comunicación e a súa influencia.

A desaparición da URSS e a nova orde mundial: globalización e novos centros de poder

Focos de tensión e perspectivas no mundo actual.

Segundo este esquema xeral, as unidades didácticas a tratar ó longo do curso serán as seguintes:

– Tema 1. O século XVIII: a crise do antigo réxime

– Tema 2. . Liberalismo e nacionalismo

– Tema 3. A industrialización das sociedades europeas

– Tema 4. A España do século XIX: a construción dun réxime liberal

– Tema 5. Industrialización e sociedade na España do século XIX

– Tema 6. A época do imperialismo

– Tema 7. Arte do século XIX

– Tema 8. O período de entreguerras (1919-1939)

– Tema 9. Tempos de confrontación en España (1902-1939)

– Tema 10. A II Guerra Mundial e as súas consecuencias

– Tema 11. Un mundo bipolar

– Tema 12. España durante o franquismo

– Tema 13. España en democracia

– Tema 14. A Unión Europea

– Tema 15. O mundo actual

– Tema 16. A arte do século XX

SECUENCIACIÓN DA MATERIA:

Temas previstos

1ª AVALIACIÓN 1-4

2ª AVALIACIÓN 5-10

3ª AVALIACIÓN 10-16

5.- METODOLOXÍA. Procurarase o emprego dunha variada metodoloxía ó longo do presente curso, segundo o nivel de complexidade ou dificultade de cada un dos temas. Basicamente trátase de combinar unha metodoloxía expositiva, con outras de carácter máis demostrativo ou interrogativo, así como outras veces a aprendizaxe por descubrimento. En calquera caso promoverase na aula unha metodoloxía innovadora, activa e participativa. Neste curso iniciaranse aos alumnos e ás alumnas no comentario de textos históricos, esencialmente mediante preguntas. Así mesmo, nalgúns aspectos do Curso, abordarase o estudo da Historia empregando como elemento motivador o valor da imaxe. O emprego de recursos multimedia (películas de contido histórico, periódicos, documentais, música, discursos, fotografía, etc.) así como o uso das novas tecnoloxías cobra unha indubidable importancia. 6.- PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN: Entre os diferentes procedementos a desenvolver destacamos as seguintes: - Análise e comentario de textos, gráficos e imaxes. - Localización de datos empregando mapas temáticos. - Realización de actividades sobre mapas históricos e temáticos. - Elaboración de resumos, esquemas e breves informes. - Comparación de contextos e situacións históricas diversas. - Claridade expositiva. - Explicación e definición de termos históricos e artísticos. - Valoración crítica de diferentes contextos, sistemas sociais, políticos ou económicos, así como procesos históricos. Valoración crítica dos diferentes procesos de cambio, analizando as consecuencias sociais, económicas, culturais e políticas. - Comentario sinxelo sobre imaxes diversas, especialmente obras de arte. - Exposición e explicación razoada sobre feitos, trazos principais e conceptos históricos ou artísticos. - Apreciación dos valores estéticos e formais que aportan os diferentes estilos artísticos. - Desenvolver actitudes positivas respecto da conservación do patrimonio artístico e cultural. - Tolerancia e respecto polas opinións ou ideas políticas democráticas diferentes ás propias. - Achegarse e sentir curiosidade por coñecer e interpretar os problemas da sociedade actual. Estes aspectos valoraranse no traballo diario na aula, en probas específicas orais e escritas, nos traballos a realizar fóra do horario lectivo, en traballos de busca de información, así como nas intervencións e aportacións do alumnado na clase. 7.- ATENCIÓN Á DIVERSIDADE Darase un tratamento especial ás medidas de Atención á Diversidade para o alumnado con ritmos de aprendizaxe máis lentos ou con necesidades educativas especiais. As medidas de atención á diversidade, segundo o Decreto 133 de 2007, buscarán responder ás necesidades concretas do alumnado e á consecución das competencias básicas e obxectivos da ESO e non poderán, en ningún caso, supoñer unha discriminación que lles impida alcanzar os devanditos obxectivos e a titulación correspondente.

Teranse pois en conta as dificultades específicas que por razón de xénero e pertenza a determinados colectivos teñan dificultades especiais para rematar a etapa; e entón cada profesor ou profesora orientará a súa intervención educativa na aula en función da diversidade nas formas de aprendizaxe que poidan darse entre o alumnado. Tratarase ademais de xeito específico as Actividades de Reforzo e de Ampliación en función do nivel, sempre que as circunstancias da aula o permitan, empregando sempre que sexa posible o libro de texto, que teñen por obxectivo ofrecer os recursos básicos para desenvolver diferentes estratexias de ensinanza, e facilitar así que todo o alumando poida acadar o máximo desenvolvemento das competencias básicas e os obxectivos da etapa. Se contemplan aquí basicamente a circunstancias do alumnado repetidor, o alumnado que precise dun reforzo específico ou que amosen necesidades educativas especiais e requiran de adaptacións curriculares. Empregarase o libro de texto “Novo Cabo Fisterra” de Vicens Vives. Con carácter xeral este Departamento de Ciencias Sociais-Xeografía e Historia, ten elaborado un Caderno de Actividades para o alumnado que teñan algunha das asignaturas de Cursos anteriores pendentes. 8.- MATERIAIS E RECURSOS: O alumnado empregará na aula o material fotocopiado que o profesor considere necesario, como pode ser o caso de gráficas, mapas, documentos, textos históricos, etc. Ademais ós alumnos e as alumnas disporán dun caderno individual ou libreta de clase que deberán manter ó día, e que o docente poderá supervisar cando o estime oportuno. No presente Curso o libro de texto a empregar será: García Sebastián, M; Gatell Arimont, C; et. alt. “Novo Cabo Fisterra 4. Ciencias Sociais. Historia” Ed. Vicens Vives. 9.- CONTRIBUCIÓN Ó PROXECTO LECTOR Así mesmo dentro do chamado proxecto Lector se atenderán especialmente en clase os seguintes aspectos: a.- Lectura do libro de texto e resolucións de cuestións sobre o mesmo. b.- Iniciación ós comentarios histórico-xeográficos guiados de pequenos textos. 10.- CONTRIBUCIÓN O PLAN DAS TICs Procurarase impulsar o emprego das novas tecnoloxías, especialmente de Internet, como activo instrumento de busca e traballo. Iniciarase ao alumnado nas técnicas de busca, así como o emprego de webquest, blogs, e a consulta de páxinas Web previamente referenciadas e recomendadas polo profesor. O seu emprego quedará a expensas das posibilidades de uso do canó de vídeo e das salas de informática do centro. Basicamente, atenderase ós seguintes aspectos: a.- Iniciación as técnicas de busca en Internet. b.- Busca de información e de recursos sobre a asignatura en Internet seguindo as indicacións e guías do profesor.

c.- Exposición de presentacións en “powerpoints” na aula. d.- Elaboración dun pequeno básico catálogo de direccións de Internet. 11.- CONTRIBUCIÓN Ó PLAN DE CONVIVENCIA Cando este sexa aprobado, tratarase de colaborar adecuadamente para acadar os os seus obxectivos. 12.-CRITERIOS DE AVALIACIÓN:

Os criterios de avaliación a ter en conta neste curso son basicamente: 1. Situar no tempo e no espazo períodos, persoeiros, feitos ou procesos históricos relevantes aplicando as convencións habituais no estudo da historia: cronoloxía absoluta e relativa. Trátase de avaliar se o alumnado coñecen as principais etapas e períodos cronolóxicos e se son capaces de comprender as nocións de simultaneidade e cambio, e os momentos e procesos que caracterizan o tránsito dunhas etapas a outras, aplicando estas nocións á evolución histórica desde o s. XVIII ao momento actual. 2. Identificar as causas e consecuencias dos diferentes feitos e procesos históricos, sinalando as relacións entre eles así como a múltiple causalidade dos feitos sociais. Trátase de comprobar que se é capaz de explicar os factores que inflúen nun feito ou proceso histórico significativo, recoñecendo a natureza, xerarquización e interrelación das causas, así como as súas consecuencias a curto e longo prazo. 3. Enumerar e explica-las características sociais, económicas e políticas do Antigo Réxime, sinalando as transformacións que se rexistraron en Europa no s. XVIII así como os trazos significativos do reformismo borbónico en España e en Galicia. Trátase de comprobar, partindo do coñecemento dos trazos xerais da sociedade no Antigo Réxime, que se recoñecen os cambios producidos no s. XVIII, describindo o carácter centralizador e reformista do despotismo ilustrado en España e Galicia, destacando neste caso os esforzos de mellora económica e a reivindicación dunha cultura propia. 4. Identificar os trazos fundamentais das revolucións industriais e liberal-burguesas, valorando os procesos de transformación que rexistrou o mundo occidental, e analizando as particularidades destes procesos en España e Galicia en comparación con outros exemplos representativos. Búscase comprobar que se recoñecen os cambios que a revolución industrial introduciu na produción e os diferentes ritmos de implantación do proceso en Europa e en Galicia, así como as transformacións que dela se derivan coa aparición de grupos sociais que planean reivindicacións desde posicións sindicais, socialistas ou anarquistas. Tamén, comprobar se se identifican e se saben explicar as bases políticas, sociais, ideolóxicas e administrativas do liberalismo e do nacionalismo e o xeito particular de implantación do Estado liberal en España e en Galicia, coa significación que ten o proceso desamortizador e o sistema caciquil. 5. Explicar as razóns da hexemonía política e económica dos países europeos no mundo desde a segunda metade do s. XIX, identificando os conflitos e problemas suscitados, tanto entre como dentro dos estados, especialmente os relacionados coa expansión colonial e coas tensións sociais e políticas. Trátase de avaliar que se coñecen os acontecementos máis relevantes que explican o protagonismo de Europa durante a época do imperialismo e as consecuencias desta expansión colonial no ámbito das relacións internacionais e dos propios países. 6. Caracterizar e situar cronolóxica e xeograficamente as grandes transformacións e conflitos mundiais que tiveron lugar no s. XX. Preténdese valorar se identifican os principais acontecementos e procesos e as súas interaccións no panorama internacional desta época -como son a revolución rusa, as guerras mundiais, a gran depresión-, e

os trazos básicos dos totalitarismos contrapoñéndoos cos réximes democráticos. 7. Analizar os procesos de cambio rexistrados na segunda metade do século XX, e aplicar este coñecemento á comprensión dalgúns dos problemas internacionais da actualidade. Trátase de comprobar que o alumnado é quen de analizar os procesos de descolonización, a división do mundo en bloques, a súa crise e a problemática conformación dunha nova orde mundial, co fin de comprender mellor a realidade presente. Será de interese comprobar a capacidade de analizar algúns problemas internacionais actuais á luz dos acontecementos citados. 8. Identificar e caracterizar as distintas etapas da evolución política, social e económica de España e de Galicia durante o século XX e os avances e retrocesos no camiño cara á modernización económica, á consolidación do sistema democrático, así como a Unión Europea. Trátase de avaliar se o alumnado recoñece as causas da crise da monarquía parlamentaria, as políticas reformistas emprendidas durante a Segunda República, a quebra que supón a guerra civil, a caracterización e evolución do franquismo –desenvolvemento económico e cambios sociais- e a transición política ata a Constitución de 1978, e a consolidación do Estado democrático e autonómico no marco da pertenza de España e de Galicia á Unión Europea. 9. Realizar traballos individuais e en grupo sobre algún foco de tensión política ou social do mundo actual, indagando os seus antecedentes históricos, analizando as causas e previndo posibles desenlaces, utilizando para iso diversas fontes de información, incluídas as que permitan obter interpretacións diferentes ou complementarias dun mesmo feito. Promoverase ademais o emprego das novas tecnoloxías ou do uso de imaxes, cine, documentais TV, etc, relevantes da Historia Contemporánea. Trátase de avaliar a capacidade do alumnado para abordar, asesorado polo profesor, o estudo dunha situación do mundo en que vive, buscando os antecedentes e causas que a orixinan, aplicando os seus coñecementos para prever, desde a lóxica, as súas posibles consecuencias. Tamén de comprobar se ten iniciativa para planificar o traballo, acceder con certa autonomía a diversas fontes de información, analizar e organizar esta e presentar as conclusións de maneira clara utilizando, de ser o caso, as posibilidades que ofrecen as TIC. 10. Realizar en pequeno grupo unha investigación no contorno sobre algún aspecto da historia recente, utilizando fontes orais que permitan traballar aspectos de vida cotiá e memoria histórica, e procurar conecta-los a contextos máis amplos, sendo capaz de expoñer e defender as súas conclusións. Poderá partirse dos Informes suxeridos no libro de texto e completarse con emprego das novas tecnoloxías, de bibliografía, de consulta de fontes periodísticas... Trátase de comprobar a capacidade do alumnado para valorar o papel que xogan as persoas anónimas nos procesos históricos, que se inicie nun método de investigación e que sexa capaz de elaborar conclusións a partir de distintos datos que debe saber interpretar. 12.- INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN: Ao inicio do curso realizarase unha proba escrita inicial para valorar os coñecementos previos dos alumnos e planificar estratexias para facer fronte ás posibles carencias; os contidos da proba terán relación co estudado nos anos anteriores e a súa valoración non influirá na cualificación ordinaria do alumno.

O proceso de avaliación será continuo, e estará integrado na actividade diaria da aula, a través de:

Observación e avaliación por parte do docente do traballo diario do alumnado.

Valoración das actitudes observadas na aula.

Capacidade de progreso e mellora por parte dos alumnos.

Dominio e adquisición dos procedementos e actitudes desenvolvidas polo alumnado.

Realización de a lo menos dúas probas escritas por avaliación, as cales farán media entre si.

Realización de pequenos traballos obtendo información de diversas fontes, empregando especialmente as novas tecnoloxías, caso diversos enderezos de Internet.

Presentación do caderno do alumno ou alumna, así como dos traballos a desenvolver ó longo do Curso, dun xeito ordenado, claro e rigoroso.

Desenvolvemento das capacidades básicas entre o alumnado.

A cualificación de cada avaliación se contabilizará do seguinte xeito: 80% para os contidos conceptuais, procedimentais e competenciais e un 20% actitudinais, traballo e predisposición para o traballo que se avaliarán conforme aos procedementos e actitudes sinalados no apartado 2.

Se algún alumno ou alumna non acadase unha cualificación positiva nalgunha proba escrita poderá realizar unha proba escrita de recuperación no trimestre seguinte. A cualificación da proba de recuperación anula a nota do exame ordinario. Os alumnos e alumnas cualificados positivamente poden acceder á proba de recuperación como método para subir nota.

Ao rematar o curso os alumnos e alumnas que non superasen algunha proba escrita terán dereito a unha proba final, sempre que teñan aprobada algunha das tres avaliacións.

Nas diferentes probas escritas a realizar durante o Curso, se presentarán basicamente diversas cuestións ao alumnado, tales como: elaborar comentarios de textos históricos ou de mapas; resolución de cuestións concretas; analizar e comentar imaxes que proporcionen información de carácter histórico relacionada cos distintos procesos e etapas; explicación e exposición ordenada e razoada de diversas temas e cuestións; relacionar feitos e conceptos; aclarar correctamente termos históricos que acrediten o coñecemento dun vocabulario básico, ou responder a preguntas con frases a completar, a cuestións concretas, ordenar cronoloxicamente persoeiros, procesos, etc... Durante o Curso se insistirá especialmente no emprego de comentarios de texto históricos nas diferentes probas a desenvolver ao longo do mesmo. 13.- CRITERIOS PARA AVALIAR A PROGRAMACIÓN Para avaliar a presente programación terase en conta:

- O seguimento trimestral da mesma, por parte dos profesores que impartan a asignatura, valorando os obxectivos acadados, a correcta secuenciación da materia, os propios recursos empregados e a metodoloxía didáctica empregada, así como tamén, o nivel da clase e dificultades atopadas. O profesor poderá introducir as medidas correctoras sempre que o estime oportuno. Periodicamente nas reunións de Departamento tratarase sobre ditas cuestións.

- Ao final de Curso, os profesores que impartan a asignatura, farán un resume global que terá en conta, alomenos, os seguintes aspectos: o grado de cumprimento dos obxectivos acadados e dificultades atopadas. O informe final permitirá logo introducir as modificacións oportunas para os vindeiros Cursos.

RESPECTO DA PROGRAMACIÓN DESTA ASIGNATURA AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS A DESENVOLVER NO PRESENTE CURSO.- Visita de carácter histórico-artístico durante un día.

INFORMACIÓN AO ALUMNADO _MÍNIMOS 4º de ESO Historia do Mundo Contemporáneo Departamento de

Xeografía e Historia. Ciencias Sociais

OBXECTIVOS MÍNIMOS:

- Adquirir e empregar con precisión e rigor o vocabulario básico e específico da Historia Contemporánea.

- Obter información e relacionar fontes de diverso tipo, saber manexar e interpretar correctamente diversos instrumentos de traballo xeográfico (gráficas, mapas, estatísticas, etc.)

- Analizar os trazos da sociedade, economía e sistema político do Antigo Réxime. Europa do Barroco.

- Comprender a ruptura histórica que representou a Revolución Francesa analizando as novidades políticas que achegou e recoñecer as causas e mais as ideas que conduciron á Restauración europea.

- Coñecer e diferenciar as revolucións liberais ocorridas no século XIX identificando os conceptos de nacionalismo e liberalismo, e prestándolle especial atención á súa influencia nos procesos de unificación alemán e italiano.

- Coñecer as bases da revolución industrial, as novas fontes de enerxía, os sectores industriais, a revolución dos transportes, a organización do movemento obreiro e as novas ideoloxías: marxismo, anarquismo e internacionalismo.

- Analizar o desenvolvemento político de España durante o século XIX: a crise do Antigo Réxime, a restauración do absolutismo, a independencia das colonias americanas, a revolución liberal, o Sexenio Democrático e mais a Restauración.

- Explicar as causas da expansión colonial e da Primeira Guerra Mundial, así como as súas consecuencias en Europa.

- Coñecer as características principais do período de entreguerras: a Revolución rusa, o crac do 29 e a gran depresión, o fascismo italiano e o nazismo alemán.

- Coñecer a historia española desde a crise da restauración, a II República e a Guerra Civil, prestándolle unha especial atención a Galicia.

- Explicar as causas e as consecuencias da Segunda Guerra Mundial.

- Identificar os aspectos máis significativos do mundo bipolar e as características de cada un dos bloques: o capitalista e mais o socialista. Coñecer as causas da caída dos bloques e as características principais do mundo actual.

- Analizar a evolución dos aspectos económicos, políticos e sociais do réxime franquista en España, prestándolle unha especial atención a Galicia.

-Coñecer o proceso de transición cara á democracia que comezou coa morte de Franco, prestándolle unha especial atención a Galicia.

- Coñecer o proceso de formación da Unión Europea, as institucións europeas e o seu cometido, así como as consecuencias da anexión española.

- Identificar os principios que rexen a Constitución española de 1978 na forma de goberno do Estado español, a súa organización estatal e valorala como garante das liberdades individuais e colectivas.

- Explicar os distintos mecanismos de participación dos cidadáns e das cidadás españois no exercicio do poder a escala continental, estatal e autonómica, recoñecer a función dos partidos políticos e identificar os partidos políticos máis importantes de España, facendo referencia a Galicia.

- Explicar as razóns da globalización económica a escala planetaria e coñecer os principais movementos sociais que se opoñen ao proceso de globalización.

- Sensibilizarse cos principais problemas do mundo actual (o desigual acceso aos recursos, a globalización, os conflitos políticos etc.), entendéndoos como unha problemática en que todos estamos implicados e da que todos somos responsables.

CONTIDOS MÍNIMOS:

– Localización no tempo e no espazo dos acontecementos e procesos históricos máis relevantes do mundo contemporáneo. Identificación dos factores que interveñen nos procesos de cambio histórico, considerando as súas interrelacións. Diferenciación de causas e consecuencias e valoración do papel dos homes e as mulleres, individual e colectivamente, como suxeitos da historia.

– Procura, selección e obtención de información de fontes escritas, obtida segundo criterios de veracidade e pertinencia, diferenciando os feitos das opinións e as fontes primarias das secundarias. Contraste de informacións contraditorias e/ou complementarias a propósito dun mesmo feito ou situación. Análise e traballo con textos históricos de especial relevancia con dominio da expresión oral e escrita e utilización rigorosa do vocabulario histórico.

– Análise de feitos ou situacións relevantes do mundo contemporáneo, particularmente de Galicia, con indagación dos seus antecedentes históricos e das circunstancias que os condicionan.

– Valoración dos dereitos humanos e rexeitamento de calquera forma de discriminación ou de dominio. Visión crítica ante as situacións inxustas e valoración do diálogo e a procura da paz na resolución dos conflitos.

– Recoñecemento dos elementos básicos que configuran os principais estilos ou artistas relevantes do mundo contemporáneo, contextualizándoos na súa época, e interpretación de obras artísticas significativas de arquitectura, artes plásticas, literatura e música.

SECUENCIACIÓN:

Segundo este esquema xeral, as unidades didácticas a tratar ó longo do curso serán as seguintes:

– Tema 1. O século XVIII: a crise do antigo réxime

– Tema 2. . Liberalismo e nacionalismo

– Tema 3. A industrialización das sociedades europeas

– Tema 4. A España do século XIX: a construción dun réxime liberal

– Tema 5. Industrialización e sociedade na España do século XIX

– Tema 6. A época do imperialismo

– Tema 7. Arte do século XIX

– Tema 8. O período de entreguerras (1919-1939)

– Tema 9. Tempos de confrontación en España (1902-1939)

– Tema 10. A II Guerra Mundial e as súas consecuencias

– Tema 11. Un mundo bipolar

– Tema 12. España durante o franquismo

– Tema 13. España en democracia

– Tema 14. A Unión Europea

– Tema 15. O mundo actual

– Tema 16. A arte do século XX

Temas previstos

1ª AVALIACIÓN 1-4

2ª AVALIACIÓN 5-10

3ª AVALIACIÓN 10-16

CRITERIOS DE AVALIACIÓN:

Os criterios de avaliación a ter en conta neste curso son basicamente:

1. Situar no tempo e no espazo períodos, persoeiross, feitos ou procesos históricos

relevantes aplicando as convencións habituais no estudo da historia: cronoloxía absoluta e

relativa. Trátase de avaliar se @s alumn@s coñecen as principais etapas e períodos

cronolóxicos e se son capaces de comprender as nocións de simultaneidade e cambio, e os

momentos e procesos que caracterizan o tránsito dunhas etapas a outras, aplicando estas

nocións á evolución histórica desde o s. XVIII ao momento actual.

2. Identificar as causas e consecuencias dos diferentes feitos e procesos históricos,

sinalando as relacións entre eles así como a múltiple causalidade dos feitos sociais. Trátase de

comprobar que se é capaz de explicar os factores que inflúen nun feito ou proceso histórico

significativo, recoñecendo a natureza, xerarquización e interrelación das causas, así como as

súas consecuencias a curto e longo prazo.

3. Enumerar e explica-las características sociais, económicas e políticas do Antigo Réxime,

sinalando as transformacións que se rexistraron en Europa no s. XVIII así como os trazos

significativos do reformismo borbónico en España e en Galicia. Trátase de comprobar, partindo

do coñecemento dos trazos xerais da sociedade no Antigo Réxime, que se recoñecen os

cambios producidos no s. XVIII, describindo o carácter centralizador e reformista do

despotismo ilustrado en España e Galicia, destacando neste caso os esforzos de mellora

económica e a reivindicación dunha cultura propia.

4. Identificar os trazos fundamentais das revolucións industriais e liberal-burguesas,

valorando os procesos de transformación que rexistrou o mundo occidental, e analizando as

particularidades destes procesos en España e Galicia en comparación con outros exemplos

representativos. Búscase comprobar que se recoñecen os cambios que a revolución industrial

introduciu na produción e os diferentes ritmos de implantación do proceso en Europa e en

Galicia, así como as transformacións que dela se derivan coa aparición de grupos sociais que

planean reivindicacións desde posicións sindicais, socialistas ou anarquistas. Tamén,

comprobar se se identifican e se saben explicar as bases políticas, sociais, ideolóxicas e

administrativas do liberalismo e do nacionalismo e o xeito particular de implantación do Estado

liberal en España e en Galicia, coa significación que ten o proceso desamortizador e o sistema

caciquil.

5. Explicar as razóns da hexemonía política e económica dos países europeos no mundo

desde a segunda metade do s. XIX, identificando os conflitos e problemas suscitados, tanto

entre como dentro dos estados, especialmente os relacionados coa expansión colonial e coas

tensións sociais e políticas. Trátase de avaliar que se coñecen os acontecementos máis

relevantes que explican o protagonismo de Europa durante a época do imperialismo e as

consecuencias desta expansión colonial no ámbito das relacións internacionais e dos propios

países.

6. Caracterizar e situar cronolóxica e xeograficamente as grandes transformacións e

conflitos mundiais que tiveron lugar no s. XX. Preténdese valorar se identifican os principais

acontecementos e procesos e as súas interaccións no panorama internacional desta época -

como son a revolución rusa, as guerras mundiais, a gran depresión-, e

os trazos básicos dos totalitarismos contrapoñéndoos cos réximes democráticos.

7. Analizar os procesos de cambio rexistrados na segunda metade do século XX, e aplicar

este coñecemento á comprensión dalgúns dos problemas internacionais da actualidade.

Trátase de comprobar que o alumnado é quen de analizar os procesos de descolonización, a

división do mundo en bloques, a súa crise e a problemática conformación dunha nova orde

mundial, co fin de comprender mellor a realidade presente. Será de interese comprobar a

capacidade de analizar algúns problemas internacionais actuais á luz dos acontecementos citados.

8. Identificar e caracterizar as distintas etapas da evolución política, social e económica de

España e de Galicia durante o século XX e os avances e retrocesos no camiño cara á

modernización económica, á consolidación do sistema democrático, así como a Unión Europea.

Trátase de avaliar se o alumnado recoñece as causas da crise da monarquía parlamentaria, as

políticas reformistas emprendidas durante a Segunda República, a quebra que supón a guerra

civil, a caracterización e evolución do franquismo –desenvolvemento económico e cambios

sociais- e a transición política ata a Constitución de 1978, e a consolidación do Estado

democrático e autonómico no marco da pertenza de España e de Galicia á Unión Europea.

9. Realizar traballos individuais e en grupo sobre algún foco de tensión política ou social do

mundo actual, indagando os seus antecedentes históricos, analizando as causas e previndo

posibles desenlaces, utilizando para iso diversas fontes de información, incluídas as que

permitan obter interpretacións diferentes ou complementarias dun mesmo feito. Promoverase

ademais o emprego das novas tecnoloxías ou do uso de imaxes, cine, documentais TV, etc,

relevantes da Historia Contemporánea. Trátase de avaliar a capacidade do alumnado para

abordar, asesorado polo profesor, o estudo dunha situación do mundo en que vive, buscando

os antecedentes e causas que a orixinan, aplicando os seus coñecementos para prever, desde

a lóxica, as súas posibles consecuencias. Tamén de comprobar se ten iniciativa para planificar

o traballo, acceder con certa autonomía a diversas fontes de información, analizar e organizar

esta e presentar as conclusións de maneira clara utilizando, de ser o caso, as posibilidades que

ofrecen as TIC.

10. Realizar en pequeno grupo unha investigación no contorno sobre algún aspecto da

historia recente, utilizando fontes orais que permitan traballar aspectos de vida cotiá e

memoria histórica, e procurar conecta-los a contextos máis amplos, sendo capaz de expoñer e

defender as súas conclusións. Poderá partirse dos Informes suxeridos no libro de texto e

completarse con emprego das novas tecnoloxías, de bibliografía, de consulta de fontes

periodísticas... Trátase de comprobar a capacidade do alumnado para valorar o papel que

xogan as persoas anónimas nos procesos históricos, que se inicie nun método de investigación

e que sexa capaz de elaborar conclusións a partir de distintos datos que debe saber

interpretar.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:

O proceso de avaliación será continuo, e estará integrado na actividade diaria da aula, a través de:

Observación e avaliación por parte do docente do traballo diario do alumnado.

Valoración das actitudes observadas na aula.

Capacidade de progreso e mellora por parte dos alumnos.

Dominio e adquisición dos procedementos e actitudes desenvolvidas polo alumnado

Realización de a lo menos dúas probas escritas por avaliación, as cales farán media entre sí.

Realización de pequenos traballos obtendo información de diversas fontes, empregando especialmente as novas tecnoloxías, caso diversos enderezos de Internet.

Presentación do caderno do alumno ou da alumna, así como dos traballos a desenvolver ó longo do Curso, dun xeito ordenado, claro e rigoroso.

Desenvolvemento das capacidades básicas entre o alumnado.

A cualificación de cada avaliación se contabilizará do seguinte xeito: 75% para os contidos conceptuais e un 25% para adquisición das competencias básicas, que se avaliarán conforme ós procedementos e actitudes sinalados no apartado 2.

Se algún alumno ou alumna non acadase unha cualificación positiva nalgunha proba escrita poderá realizar unha proba escrita de recuperación no trimestre seguinte. A cualificación da proba de recuperación anula a nota do exame ordinario. Os alumnos cualificados positivamente poden acceder á proba de recuperación como método para subir nota.

Ó rematar o curso os alumnos que non superasen algunha proba escrita terán dereito a unha proba final, sempre que teñan aprobada algunha das tres avaliacións.

Nas diferentes probas escritas a realizar durante o Curso, se presentarán basicamente diversas

cuestións ó alumnado, tales como: elaborar comentarios de textos históricos ou de mapas;

resolución de cuestións concretas; analizar e comentar imaxes que proporcionen información

de carácter histórico relacionada cos distintos procesos e etapas; explicación e exposición

ordenada e razoada de diversas temas e cuestións; relacionar feitos e conceptos; aclarar

correctamente termos históricos que acrediten o coñecemento dun vocabulario básico, ou

responder a preguntas con frases a completar, a cuestións concretas, ordenar

cronoloxicamente persoeiros, procesos, etc...

Durante o Curso se insistirá especialmente no emprego de comentarios de texto históricos nas

diferentes probas a desenvolver ó longo do mesmo.