32 protagonistas na Idade Media galega

download 32 protagonistas na Idade Media galega

If you can't read please download the document

Transcript of 32 protagonistas na Idade Media galega

32 PROTAGONISTAS INDIVIDUAIS NA IDADE MEDIA GALEGA

Exeria era monxa ou quizais unha devota viva, probablemente de alta escala social, lectora do Antigo e Novo Testamento, muller curiosa, intrpida, audaz e forte. Arredor de 381 emprendeu con outras persoas unha viaxe a Oriente, que debeu durar ata o 384 (anda que a datacin podera ser posterior: 408-410), para rezar e coecer directamente os lugares bblicos e evanxlicos e tamn a Tebaida exipcia e quizs Xerusaln. Non sabemos se Exeria volveu con vida.

ExeriaDiseo de L. Seoane para SargadelosFonte: Jos Carlos Santos:http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=164

Hermerico (rei antes de 410-438; 442) foi o primeiro monarca do reino suevo de Galicia. Fixo un pacto (foedus) con Roma -al por 410 ou 411- polo que asuma as funcins polticas que ata ese momento corresponderan en Galicia ao emperador romano. En 429, aproveitando que os vndalos se viron forzados a desaloxar o sur da Pennsula, lanzouse sobre a Lusitania e a Btica, mais procurando manter o entendemento con Roma. Nos seus tempos houbo falta de entendemento coa aristocracia galaico-romana.

HermericoIlustracin de Tucho Fernndez Calo

Fonte: A. Lpez Carreira (2003): Os reis de Galicia. de. A Nosa Terra.

Requiario (rei entre 448-456) era xa catlico cando accedeu ao trono. No 449 decretou a conversin oficial do reino, de xeito que Galicia foi, tamn, o primeiro reino catlico de Europa occidental. Requiario acuou, por primeira vez, moeda propia. A pesares da sa aproximacin aos visigodos, estes atacaron o reino suevo. No ano 456 ten lugar a batalla do rbigo. Derrotado e refuxiado no Porto, foi capturado e decapitado polos visigodos.

RequiarioIlustracin de Tucho Fernndez CaloFonte: A. Lpez Carreira (2003): Os reis de Galicia. de. A Nosa Terra.

Hidacio (ca. 400 ca. 469) foi bispo de Chaves (desde 427) e historiador galaico-romano. Nado no seo dunha familia acomodada da Limia, viaxou de neno a Palestina, onde coeceu a San Xerome durante a sa estada en Beln. Hidacio a primeira fonte escrita que conservamos sobre os suevos en Gallaecia; a sa unha visin negativa dos suevos, aos que define como nacin inicua e enfurecida; a sa pegada na historiografa tradicional influira para unha valoracin violenta dos suevos.

HidacioVieta da banda deseada Breve historia de Galicia (Grupo Nono-Art)Fonte: Galipedia

Orixinario de Panonia, S. Martio de Dumio chega Hispania sueva cara ao ano 550. A ltima parte da sa vida pasouna loitando por converter aos suevos do arrianismo ao catolicismo. Fundou un mosteiro en Dumio, do que foi abade. Mis tarde, antes de 572, foi consagrado bispo de Dumio. En 572 accedeu ao arcebispado de Braga, cargo que ostentou ata a sa morte en 579. A sa obra mis coecida De correctione rusticorum.

S. Martio DumienseCdex Albeldensis (976), Biblioteca do Mosteiro de San Lorenzo de El EscorialFonte: http://webs.uvigo.es/masegosa/Dumiense.htm

Teodomiro (rei entre 559-570) decidiu a completa conversin de todo o reino ao catolicismo, emprendendo -coa axuda de Martio de Dumio- unha ampla reorganizacin conforme ao modelo bizantino. Mellorou a administracin, dividindo o reino todo en diceses e parroquias-comarcas. Do seu reinado o Parrochiale Suevum. El foi o encargado de convocar o I Concilio Bracarense, asemblea asesora onde se trataban os mis importantes asuntos.

TeodomiroIlustracin de Tucho Fernndez CaloFonte: A. Lpez Carreira (2003): Os reis de Galicia. de. A Nosa Terra.

A figura mis coecida e destacada dos bretns inmigrados ao Norte de Galicia ao longo dos sculos V ou VI foi o bispo Maeloc, do que unicamente coecemos a sa participacin no Concilio de Braga de 572. Na representacin aparece como caudillo e bispo, pois aunaba autoridade espiritual e temporal.

MaelocEscultura na praza principal de BretoaFonte: S. Young (2002): Britonia: camios novos. Ed. Toxosoutos.

S. Frutuoso (ca. 600 - 665) naceu no seo dunha familia da aristocracia visigoda, probablemente na corte de Toledo ou no Bierzo.Cocese da sa vida por San Valerio, un dos seus discpulos, monxe copista. Renovou o monacato dumiense basendose no pactualismo. En 1102 o arcebispo de Compostela Diego Xelmrez trasladou os seus restos desde Braga a Santiago de Compostela, onde foi enterrado solemnemente na cripta da catedral.

S. Frutuoso de BragaEstatua da fachada da catedral de BragaFonte: Wikipedia: http://gl.wikipedia.org/wiki/Froitoso_de_Braga

Teodomiro foi bispo da dicese de Iria Flavia a comezos do sculo IX.Conta a lenda que en 813 un ermitao chamado Paio viu unha estrela pousada no bosque Libredn. Comunicoullo a Teodomiro, que descubru o sepulcro do Apstolo. Teodomiro puxo de inmediato o feito en coocimiento do rei Afonso II de Asturias, que acudu rapidamente desde Oviedo para visitar o lugar. Estes feitos reltanse no Cronicn Iriense.

Bispo TeodomiroPintura do Museo da Catedral de Santiago.Autor annimo. S. XII. O bispo descubreo sartego do Apstolo Santiago.Fonte: A. Ruiz Mateos e D. Abad Rossi (1997): El Camino de Santiago. de. Akal.

Coecido so sobrenome de Casto, Afonso II (rei entre 791-842) aproximouse ao Imperio franco -de onde toma o modelo poltico- e constitucin dunha Igrexa nacional, non dependente da mozrabe. O apoio rexio a Samos agachaba a pretensin tamn de controlar o poderoso monacato.

Afonso IIleo de Francis de Blas

Fonte: A. Lpez Carreira (2003): Os reis de Galicia. de. A Nosa Terra.

Sisnando II (bispo de Iria entre 951 e 968) ocupouse da defensa da costa galega contra ataques viquingos e sarracenos. Restaurou as torres de A Lanzada (O Grove) e San Sadurnio (Cambados). Obtivo de Sancho I de Len permiso para amurallar a cidade de Compostela, que dotou con novos torrens e foxos, e reforzou a baslica. Finalmente, rebelouse contra o rei e foi encarcerado, sendo sustitudo por San Rosendo no bispado. Morto Sancho, escapou e expulsou a Rosendo da s (966). No ano 968, enfrontado aos normandos de Gunderedo, morreu na batalla de Fornelos.

Sisnando IIPlano de Compostela (finais sculo X)

Fonte: Izquierdo Daz, J.S. (2009):Os viquingos en Galicia. Ed. Lstrego

Gunderedo ( 970) foi un caudillo viquingo que, desde as sas bases no Loira, lanzou incursins nas costas cantbricas da pennsula ibrica, con ata cen naves armadas en 968, asentndose en Galicia un ano enteiro. Os viquingos entraron en Compostela sen resistencia.Tras saquear outros lugares da costa e o interior, Gunderedo foi capturado e axustizado polo conde Gonzalo Snchez.

GunderedoEstatua conmemorativa das invasinsViquingas en CatoiraFonte: Izquierdo Daz, J.S. (2009):Os viquingos en Galicia. Ed. Lstrego

Rosendo de Celanova (907-977) foi un nobre e relixioso galego, bispo de Mondoedo, abade fundador do mosteiro de San Salvador de Celanova e administrador da S Iriense,figura poltica e relixiosa sobranceira no reino de Galicia durante o sculo X. Fundou o mosteiro de San Salvador de Celanova, espello dos mosteiros galegos e dinamizador da cultura e o desenvolvemento dos reinos cristins no limiar do ano mil.

San RosendoEscultura do Mosteiro deS. Salvador de CelanovaFonte: Galipedia

Cresconio, bispo de Iria entre 1037-1067, Cresconio reunu un exrcito e, asumindo o liderado da nobreza galega, derrotou aos viquingos ata a sa expulsin. Fortificou o Castellum Honesti (Torres do Oeste en Catoira) coa finalidade de bloquear futuras invasins pola ra de Arousa. Excomulgado no Concilio de Reims de 1049 por intitularse bispo dunha s apostlica (Santiago) anda non recoecida, foi tamn titor de don Garca, fillo de Fernando I e futuro rei de Galicia, desde 1053.

CresconioDebuxo das Torres de Catoira, porIsidoro Gonzlez-AdalidFonte: Badal Salvador, M.. (2011):El seor de Lordemanos. Ed. De Librum Tremens...

Garca II (rei entre 1067-1071, 1090) foi o herdeiro da marxe occidental do reino de Galicia, Len e Castela. Educado polo bispo Cresconio, adoptou o ttulo de rei por primeira vez en 1066. O seu foi un goberno problemtico, que contou co beneplcito episcopal e con importantes nobres galegos; mais axia chocou cos poderosos condes portugueses, sublevados e vencidos na batalla de Pedroso. En 1072, o seu irmn Afonso prendeuno e encadeouno de por vida no castelo de Luna (Len).

Garca IIIlustracin de Tucho Fernndez Calo

Fonte: A. Lpez Carreira (2003): Os reis de Galicia. de. A Nosa Terra.

Designado como bispo (ca. 1073-1088) logo de ser apreixado o rei Garca de Galicia polo seu irmn Afonso VI, Diego Pez acometeu a reorganizacin dos extensos territorios do seoro feudal de Santiago. Aplicou medidas contra a indisciplina do clero, chegou a acordos co mosteiro de San Paio de Antealtares e limitou a expansin do podero bieito do Mosteiro de San Martio Pinario. Iniciou, cara a 1075, as obras da gran catedral romnica de Santiago. considerado un dos impulsores da reforma gregoriana nos reinos hispnicos.

Diego PezPlanta da catedral romnica de Santiago de CompostelaFonte: M. Lpez-Mayn Navarrete (2009): A Igrexa na Galicia Medieval. Ed. Lstrego

O mestre Estevo foi o artfice de parte das obras da desaparecida fachada norte -hoxe ubicadas en Prateras- da catedral romnica de Compostela , vila que deixou en 1101 (ano no que se atopa traballando en Pamplona). O seu estilo coida o estudo das anatomas e caracterzase por facianas con beizos grosos, ollos prominentes e fazulas hinchadas; o cabelo sempre o trata con mechns soltos; as pregas, sobre roupas amplas, disponas sempre en paralelo, debuxando un U no seu conxunto; as influenzas clsicas son acusadas na sa obra.

Mestre EstevoRelevo do Rei David no lateral dafachada de Prateras (catedral de Santiago)Fonte: http://xosea.wordpress.com/2008/12/13/mestre-estevo/

Afonso VI (rei entre 1067-1109), despois de pechar ao seu irmn Garca II reinou sobre Galicia, Len e Castela. No seu tempo extendeuse a reforma cluniacense e a sustitucin do rito mozrabe polo romano. Anda que chegou a conquistar Toledo, os almorvides quebrantronlle o poder no final do seu reinado.

Afonso VIMiniatura do Tombo A da Catedral de Santiago de Compostela

Fonte: A. Lpez Carreira (2003): Os reis de Galicia. de. A Nosa Terra.

Urraca I (1081-1126, raa de Galicia entre 1109-1110), casada con Reimundo de Borgoa (e co que reinou en Galicia e Portugal desde 1090, por mandato de Afonso VI), foi desposuda do poder real cando casou en segundas nupcias co rei de Aragn, Afonso o Batallador. No levantamento do pobo de Compostela contra o bispo Xelmrez (1117) foi arrastrada pola lama no que hoxe a Ra da Raa, en Compostela.

Urraca IMiniatura do Tombo A da Catedral de Santiago de CompostelaFonte: A. Lpez Carreira (2003): Os reis de Galicia. de. A Nosa Terra.

Diego Xelmrez (1068-1140) foi bispo de Compostela entre 1100 e 1120, sendo despois arcebispo ata a sa morte en 1140. A sa poltica de entendemento con Roma e con Afonso VI permitulle engrandecer a dicese, adquirindo privilexios como o de acuar moeda. Na sa poca producuse un auxe das peregrinacins e elaborouse o Cdice Calixtino, mais tamn houbo de soportar a revolta do pobo de Compostela contra el (1117).

Xelmrezleo de Francis de BlasFonte: M. Lpez-Mayn Navarrete (2009): A Igrexa na Galicia Medieval. Ed. Lstrego

Afonso VII (rei entre 1110-1157), criado polo conde de Traba, foi proclamado rei por Xelmrez en Compostela, nunha ceremonia solemne, cando el non pasaba de seis anos. Durante os primeiros anos, o poder efectivo en Galicia ficou en mans da alta aristocracia laica e eclesistica. Morta a sa nai Urraca (1126), ocupou o trono de Len, pasando a gobernar Galicia, Len, Castela e Toledo. No seu tempo separouse Portugal, convertido desde 1140 en reino independente.

Afonso VIIMiniatura do Tombo A da Catedral de Santiago de CompostelaFonte: A. Lpez Carreira (2003): Os reis de Galicia. de. A Nosa Terra.

O mestre Mateo (ca. 1150- ca. 1217) foi o arquitecto e escultor encargado da ltima etapa da fbrica da baslica romnica de Compostela. El sera o encargado de construir a fachada occidental, resolta cun nrtex monumental flanqueado por torres xemelgas, e no que se atopa o Prtico da Gloria. A execucin realizarase entre 1168 e 1188. A el tamn se lle atribe un coro de granito ,que enriqueca a beleza do templo e completaba o significado apocalptico do Prtico. A meirande parte das sas tallas foron despois reutilizadas na Porta Santa.

Mestre MateoEscultura do Santo dos Croques, tras doPrtico da Gloria, que se cre poidarepresentar ao artistaFonte:http://xosea.wordpress.com/2008/12/14/un-portico-para-a-gloria/

Mara Balteira foi a mis sonada das soldadeiras da nosa poca medieval. Temos noticia dela polas cantigas de escarnio que lle dedican dez trobadores, verdadeiro arquetipo do que na actualidade se deu en chamar anti-retrato ou retrato descorts. De orixe fidalga, debeu participar nunha cruzada a mediados do sculo XIII. Cara a 1257 debeu ceder os seus bens ao mosteiro de Sobrado a cambio de que al a enterrasen.

Mara BalteiraGravado de Luis SeoaneFonte: Marica Campo: http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=97

Berenguel de Landoira (1262-1330), de orixe francesa, foi arcebispo de Santiago de Compostela desde 1317 ata a sa morte. Douscentos anos despois da revolta contra Xelmrez (1317), os compostelns revoltronse de novo contra o arcebispo, e Berenguel permaneceu fra da cidade entre 1318 e 1320, momento en que volve e reforza o poder arcebispal. Unha das torres da catedral de Santiago leva o seu nome, xa que foi quen a mandou construr.

Berenguel de LandoiraTorre da Berenguela ou do Reloxo, da Catedral de Santiago de CompostelaFonte: M. Lpez-Mayn Navarrete (2009): A Igrexa na Galicia Medieval. Ed. Lstrego

Nacida cara a 1320-1325 na Limia ou en Monforte de Lemos, Ins de Castro partu coa sa prima Constanza -que a casar co herdeiro ao trono portugus- cara a Portugal en 1340. Conta a lenda que Ins e Pedro o Infante fican engaiolados un do outro con s se coecer, e inician unha historia de amor da que nacern catro fillos. Desterrada en varias ocasins polos reis de Portugal, opostos relacin de Ins co seu fillo -que casar en segredo con ela-, ser axustizada e degolada diante dos seus tres fillos supervivintes -un morrera sendo neno- en 1355.

Ins de CastroGravado da Quinta das Lgrimas que evocaa coroacin de Ins -supostamente despoisde morta- no lugar da sa execucinFonte: Alicia Daz Balado: http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=163

Filla de Pedro Fernndez de Castro -precursor da saga do condado de Lemos- e medio irm de Ins, viviu durante o sculo XIV. Viva de Diego de Haro, casou en 1354 co rei don Pedro I o Cruel, que a abandonou poucos das despois de verificado o matrimonio. Cando o rei don Pedro abandonou a dona Xoana fxolle doazn do seoro de Dueas, onde ela viviu sen deixar nunca de titularse raa de Castela. Despois de morta, recibu sepultura na Catedral de Santiago de Compostela.

Xoana de CastroPintura de Alfredo Erias recreando a safigura no sartegoFonte: Galipedia

Fernn Prez de Andrade, o Boo (1326 ? - 1397), membro sobranceiro da casa de Andrade, participou na guerra de Castela entre Pedro I o Cruel e Henrique de Trastmara, alindose finalmente a favor deste ltimo. O licenciado Molina pon en boca de Fernn Prez a famosa frase No quito ni pongo rey, mas ayudo a mi seor. Foi un bo mecenas literario e impulsor de castelos e fortalezas. A lenda di que mandou construr sete igrexas, sete mosteiros, sete hospitais e sete pontes.

Fernn Prez de Andrade, o BooFonte: Galipedia

Mara Castaa viva no ano 1386 no Couto de Cereixa, nas terras de Lemos e Quiroga, no que sera o actual concello da Pobra do Brolln. O seu apelido, Castaa, seguramente se debera cor do pelo. Estaba casada con Martn Cego e, nun enfrontamento co mordomo Francisco Fernndez, que traballaba para o bispo de Lugo, ela, o seu marido e os seus fillos, Gonalvo e Afonso, feriron de morte este mordomo (recadador). Interveu, polo tanto, nunha revolta urbana de finais do s. XIV en Lugo.

Mara CastaaRecreacin de Mara Presas

Fonte: Encarna Otero:http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=203

Alonso de Lanzs foi o grande caudillo irmandio. Era un cabaleiro de Betanzos, un fidalgo modesto que contaba con "vinte de a cabalo e catrocentos vasalos" como mesnada na grande revolta de 1467. Dous anos antes (1465) fora un dos deputados que se trasladara a Castela para solicitar a proteccin do rei Henrique IV. Na contraofensiva nobiliaria de 1469, Lanzs fxose forte en Pontedeume, e rendeuse ao arcebispo de Compostela, Alonso II Fonseca. Finalmente, foi entregado a Fernn Prez de Andrade o Mozo, e colgado dunha almea do seu castelo.

Alonso de LanzsVieta da banda deseada Breve historia de Galicia (Grupo Nono-Art)Fonte: http://www.elcorreogallego.es/indexSuplementos.php?idMenu=15&idNoticia=571954&idEdicion=1686

Nado preto de Betanzos, Pardo de Cela (que recibiu o ttulo de mariscal pola sa axuda a Henrique IV na batalla de Olmedo) herdou unha das posesins familiares mis importantes do pas. Na guerra civil castel morte de Henrique IV, o mariscal aliouse con Sabela; derrotada a Beltranexa, Sabela comezou a impoer a sa autoridade nos reinos peninsulares. E o mariscal, receoso do enviado dos Reis Catlicos, Acua, foi cercado na Frouseira e logo refuxiado no castelo de Castro de Ouro; preso pola traizn duns criados, foi levado ao cadalso en nadal de 1483, na praza de Mondoedo.

Mariscal Pardo de CelaLenzo no Castro de OuroFonte: http://www.filix.org/auto/pardo.html

De orixe bastarda, Pedro lvarez de Soutomaior, conde de Caminha, foi un home belicoso que chegou ao mis alto escalafn da sa liaxe. Acrrimo inimigo de Alonso II de Fonseca e defensor dos dereitos sucesorios de Xoana a Beltranexa, foi o organizador dun dos exrcitos nobiliares que contrarrestou a revolta irmandia; un exrcito armado en Portugal coa axuda do rei Afonso. Alcumado Pedro Madruga, probablemente morreu en 1486 en Alba de Tormes, onde se atopaba para solicitar o perdn dos Reis Catlicos por mediacin do duque de Alba.

Pedro lvarez de SoutomaiorCastelo de SoutomaiorFonte: Galipedia

Alonso II de Fonseca ( 1512) foi arcebispo de Compostela entre 1464 e 1506 -anda que fora elixido para a s xa en 1460, mais intercambiouna pola s de Sevilla co seu to, ata que Henrique IV os obrigou a recuperar cadansa-. sa chegada atopou forte resistencia en Compostela e viviu en Noia. Ao pouco tempo estouparon as guerras irmandias, s que combateu cun exrcito armado desde Salamanca. Sofocada a revolta, tivo enfrontamentos con Pedro Madruga. Amigado con Mara de Ulloa, tivo dela dous fillos.

Alonso II FonsecaIlustracin de Pepe Carreiro enCompostela, a historia dunha lendaFonte: Galipedia