30 Agosto 2013 - BD Nº 81

16
Número: 81- Ano: V - 30 de agosto de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 6 de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. FÚTBOL Páx. 3 As xogadoras do Cidade As Burgas Iria Saeta e Ana López concéntranse coa Selección Española [páx. 9] CDO somete ao Compos O Ourense vence por 1-0 ao Compostela nun estadio do Couto impracticable./R.T. Entrevista á ximnasta do Club Burgas Iria do Nascimento, campioa de España alevín en ximnasia acrobática [páx. 5] Xinzo homenaxea ao seu atleta Rubén Diz [Páx. 2]

description

No número 81 do Barrios Deportivo destacamos varias novas importantes para o deporte minoritario. Rubén Diz foi homenaxeado polo concello de Xinzo de Limia cunha praca conmemorativa pola súa traxectoria no atletismo. Iria Saeta e Ana López, ámbas do Cidade As Burgas de Primeira División de fútbol sala, foron convocadas polo seleccionador nacional para unha concentración en Murcia do 1 ao 6 de setembro.

Transcript of 30 Agosto 2013 - BD Nº 81

Page 1: 30 Agosto 2013 - BD Nº 81

Número: 81- Ano: V - 30 de agosto de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 6 de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

FÚTBOL Páx. 3

As xogadoras do Cidade As Burgas Iria Saeta e Ana López concéntranse coa Selección Española [páx. 9]

CDO somete ao Compos

O Ourense vence por 1-0 ao Compostela nun estadio do Couto impracticable./R.T.

Entrevista á ximnasta do Club Burgas Iria do Nascimento, campioa de España alevín en ximnasia acrobática [páx. 5]

Xinzo homenaxea ao seu atleta

Rubén Diz[Páx. 2]

Page 2: 30 Agosto 2013 - BD Nº 81

� BARRIOS DEPORTIVO30 de agosto de �013

IV TROFEO BD

Rubén Diz coa placa que lle entregou o Concello de Xinzo de Limia en recoñecemento a súa traxectoria no atletismo./RAMSÉS

Rubén Diz foi sétimo no campionato de Europa do 2001 celebrado en Holanda nos 10.000 metros

R. Torres

O Concello de Xinzo de Limia recoñeceulle ao seu veciño Rubén Diz Díaz to-dos os méritos deportivos que obtivo ao longo da súa extensa carreira.

Durante o primeiro pun-to na orde do día do pleno de agosto de �013 fíxose-lle un expediente de honra e entregóuselle unha praca conmemorativa.

Con moito retraso (se fora un xogador de fútbol segu-ramente xa lle tería feito algunha distinción fai anos) chega este recoñecemento

Recoñecemento ao limián Rubén Diz4 Pola súa extensa traxecto-ria no atletismo.

institucional, que non o dos seus propios veciños, que o levan parando toda a vida pola rúa para preguntarlle polos seus próximos retos.

Para Diz é unha alegría este momento aínda que non practica o atletismo “para esto”, pero si que recoñece que “axuda” a se-guir cara adiante.

ÉxitosEste atleta veterano, que

nos seus comezos no at-letismo tiña que saltar o valado do campo de fútbol para ter a roupa a cuberto mentres adestraba, logrou

éxitos de tal magnitude coma a medalla de bronce no campionato de España Sub-�3 en 10.000 metros, varios títulos de campión galego e o sétimo posto no Europeo dos 10 quilóme-tros de �001.

Fai dous anos regresou á competición e xa leva aca-dado o Campionato Galego de 10.000 metros en pista.

Na actualidade colabora coa asociación Limiactiva e adestra a varios atletas escolares, amais é profesor de Educación Física e com-paxina todo elo cos seus adestramentos.

Ramsés Torres

Barcelona celebrou do 19 de xullo ao 4 de agosto os mundiais de natación, nos que unha vez máis, e a pesar do pouco apoio, as mulleres demostraron que están varios chanzos por enriba dos homes se fala-mos da expedición espa-ñola.

Proba delo é de que as 1� medallas acadadas por España foron, todas elas, acadadas por féminas. En categoría masculina, tan só Auschwin Wildeboer rozou o podio ao rematar cuarto

na final dos 50 metros cos-tas.

Mireia Belmonte con tres medallas (dúas pratas e un

bronce), as deportistas da sincronizada con sete (tres pratas e catro bronces), Me-lanie Costa (unha prata) e as xogadoras de waterpolo (fla-mantes campioas do mundo) foron os nomes propios das preseas logradas por España.

Todas elas cun gran mé-rito, porque a pesar de que son noticia soamente durante poucos días despois da com-petición (e se logran meda-lla), continúan esforzándose para lograr os éxitos aos que nos están acostumando. Bel-

Barcelona réndese á mellor natación do mundo4 España fíxose con 12 pre-seas neste Mundial.

monte acaba de batir os ré-cords do mundo de 800 e 400 libres en piscina curta; Costa é unha nadadora en progre-sión; as nosas mozas da sin-cronizada levan anos no po-dio e as de waterpolo vencen a seleccións como USA, que teñen máis fichas federativas nunha universidade das que hai en toda España.

Un luxo de deportistas ás que lamentablemente aínda solapan o peinado ou as va-cacións de non sei que futbo-lista.

España proclamouse campioa do Mundo en waterpolo feminino. /RAMSÉS

4 Volta ciclistaPor terceiro ano consecutivo a Volta Ciclista a Es-

paña pasou por terras galegas, pasou por terras ouren-sás.

Logo de que a competición comezase o sábado �4 de agosto nunha batea en Vilanova de Arousa, a serpe multicor (así se lle chama ao pelotón ciclista) deixounos este mércores, tras disputar cinco etapas en Galicia, saíndo pola Gudiña camiño do Lago de Sa-nabria. Vincenzo Nibali era o líder da clasificación ao paso da Volta por Ourense.

A Volta Ciclista a España ao seu paso por Sanxenxo./SI-MÓN DOVAL

Page 3: 30 Agosto 2013 - BD Nº 81

BARRIOS DEPORTIVO30 de agosto de �013

3FÚTBOL

O Celta de Vigo participará nesta edición do Torneo xuvenil “Memorial Arnoia”.

O debutante Iker Alegre foi o primeiro goleador “rojillo” da tempada 2013-2014

Tizón (do En Xogo) xa comezou a destacar dende o primeiro encontro

R. Torres

Comezou a liga na Se-gunda División B e non puido ser de mellor xeito. O Club Deportivo Ourense le-vou os tres puntos nun derbi galego -o primeiro das tres primeiras xornadas- ante un Compostela que non lle puxo as cousas sinxelas. Pero o Compos non foi o único ríval dos de Luisito, tamén o céspede do estadio do Couto fixo difícil a vito-ria local.

Tres puntosOs tres puntos acadados

nesta primeira xornada fraguáronse na primeira metade do encontro cando mellor estaba asentado o cadro “rojillo”. Debutaron no primeiro once oficial Pi-nillos, Moisés, Hernández e Alegre; os outros sete re-petían da pasada tempada:

O Ourense vence aos seus rivais da primeira xornada4 Gaña ao Compostela por un gol a cero nun estadio do Couto impracticable.

Pato, Yosu, Portela, Yebra, Adil, Noguerol e Óscar Martínez.

Os protagonistas do pri-meiro gol do Ourense nesta �013-�014 foron dous dos novos xogadores ouren-sanistas. Javi Hernández -que xa levara o perigo á portaría do equipo de San-tiago- enviou un centro en-contrando en Iker Alegre o rematador, no que sería o único tanto do encontro.

Na segunda metade, o Compostela buscaría a re-montada, pero, grazas ao bo facer da defensa, apenas in-comodou a Pato; un par de ocasións que crearon certo perigo foi o máis destacado dos visitantes. O Ourense nos últimos minutos puido incrementar a diferenza con dúas contras asinadas por Rubén Arce (quen acababa de sair ao terreo de xogo substituindo ao goleador da

tarde) pero que xa non mo-verían o marcador.

Con esta vitoria suma os tres primeiros puntos da tempada e empata con outros cinco equipos (Za-mora, Coruxo, Celta B, Noja e Oviedo) no alto da clasificación.

Segunda xornadaPara a segunda xornada

agarda un Celta B - Ouren-se no que será o segundo dos tres derbis galegos que disputarán os ourensáns nas tres primeiras xornadas.

CéspedeO ano pasado un dos

maiores problemas foi o terreo de xogo do estadio do Couto. Un campo moi irregular no que se facía case que imposible o fútbol combinativo e de toque que tanto gusta ao adestrador.

Este ano, e despois de

gastar a Xunta (propietaria do estadio) 15.000 euros , os problemas creceron in-versamente proporcional ao céspede. Moitas zonas do campo están peladas de herba e fan que apenas se poida trenzar xogada algunha. Tanto a directiva como o corpo técnico es-tán molestos con este tema e esperan unha solución.

Alegre, Moisés Hernández, Pinillos debutaron no Ourense

Borja Valle tenta rematar un centro de Rubén Arce ao que non chega por moi pouco./RAMSÉS

V Torneo Xuvenil “Memorial Manolo Arnoia”

O 31 de agosto celébrase no campo de fútbol de San-ta de Cruz de Arrabaldo o V Torneo Xuvenil de fútbol “Memorial Manolo Arnoia”.

Catro equipos disputarán esta quinta edición en for-mato de semifinais e final. Os equipos participantes son o Celta de Vigo, Pabellón Ourense, Deportivo da Coru-ña e Atlético de Madrid.

Pola mañá disputaranse as semifinais comezando ás 10 horas co encontro entre o Celta e o Pabellón. Ás 1� horas disputarase o Deportivo - Atlético de Madrid. Xa pola tarde, ás cinco e media disputarase o encontro polo terceiro e cuarto posto, e ás 19.�0 horas celebrarase a gran final.

R.T.

Botou a rodar o balón no Grupo Sur da Rexio-nal Preferente onde estan incluidos os equipos que representan a nosa pro-vincia: Meliás, Barco e Ourense B.

Na primeira xornada non lle puideron ir mellor as cousas aos dous de-butantes na categoría. O Meliás vencía en casa ao Lalín por tres goles a un, mentres que o Ourense B gañaba a domicilio nun

Meliás e Ourense B gañan na estrea en Preferente4 O Barco caeu contra o filial “rojillo”.

dos poucos derbis ouren-sáns que se verán este ano na Preferente. O filial “ro-jillo” lograba a vitoria a do-micilio no campo do Barco; 1-2 foi o resultado final.

Vindeira xornadaPara a xornada número

dous outro derbi ourensán espera. O Ourense B recibe ao Meliás a partir das 1� da mañá. Pola súa banda, o Barco visita ao Atios. O equipo de Porriño perdeu na primeira xornada contra o Mondariz por 1-0.

Page 4: 30 Agosto 2013 - BD Nº 81

4 BARRIOS DEPORTIVO30 de agosto de �013

POLIDEPORTIVO

O Barbadás estréase nos Carrís o domingo 1 de setembro (18.00h) contra o Grixoa

As novas caras da UD Barbadás para o seu segundo ano consecutivo na Terceira División.

R.T.

Primeiro líder do grupo primeiro da Terceira Di-visión. Ese é o resumo da primeira xornada de liga en canto aos intereses do Bar-badás se refire.

O Barbadás logrou ven-cer por cero goles a dous no campo do Rácing Vilalbés con goles de Moises Pe-reiro e Alfredo. Esta vito-ria permítelle aos de Jorge Regal situarse na primeira posición da táboa aínda que sexa a primeira xornada.

O vindeiro domingo día 1 de setembro, ás 18.00 ho-ras o Barbadás xogará nos Carrís contra o Grixoa, no que será a segunda xornada de liga.

Obxectivo: 600 sociosEste ano para o club o

obxectivo fundamental é aumentar a masa social e chegar aos 600 socios. Ac-

Unha vitoria para comezar4O Barbadás venceu na casa do Vilalbés por cero goles a dous.

tualmente, o club conta co respaldo de 400.

O abono xeral ten un prezo de 60 euros para toda a tempada. Inclúese a novidade do socio boni-ficado (40 euros), dirixido aos menores de 30 anos.

As féminasO equipo feminino da

UDC Barbadás, o único da provincia que compite en fútbol 11, xogará esta tempada en Segunda Di-visión Nacional.

A liga comezará o 15 de setembro, e xogarán na casa contra o Salamanca.

Redacción

O vindeiro Mundial de ximnasia por idade que terá lugar en Sofía (Bul-garia) en novembro con-tará con presenza ourensá. Cinco ximnastas da capi-tal foron os elexidos para participar no mesmo.

Dous deles son Eduardo Novelle e Carlos Trigo, do Club Ximnasia Pavillón, que foron propostos para formar parte da composi-ción dos equipos de tram-polín da Real Federación Española de Ximnasia.

Carlos Trigo, que xa par-ticipou nos Mundiais por idades de Metz en �010 e nos de Birmingham no �011, acadou este ano a clasificación para o Cam-pionato do Mundo absolu-to, sendo a súa a idade mí-nima para poder participar neste tipo de competición, o que o convirte no xim-nasta de menor idade da delegación española.

Eduardo Novelle, de 15 años, representará a España en dúas discipli-nas: dobre minitramp e trampolín, sendo o único ourensán clasificado nes-tas disciplinas olímpicas.

Representantes do Club Burgas Ourense

Pola súa banda, o Club Burgas Ourense tamén contará con representa-ción neste Mundial. O seu ximnasta Daniel Pé-

rez competirá en categoría absoluta, e Alejandro Cid e Yael Campelo, farano nas probas de trampolín por idades.

Falta de axudasComo vén sendo habitual

son os clubes e as familias dos ximnastas os encarga-dos de facer fronte ao in-vestimento económica que supón a participación dos mesmos nun mundial por idades, xa que a Federación Española só se fai cargo das axudas para as probas da selección nacional en cate-goría absoluta.

Por iso, será principal-mente o esforzo dos pais o que faga posible a par-ticipación dos ximnastas ourensáns neste Mundial, aos que a inscrición lles custa 145 euros por moda-lidade na que participen, e a equipación deportiva da RFEG ascende a 100 euros

Cinco ourensáns acudirán ao Campionato do Mundo de ximnasia en Bulgaria4 Eduardo Novelle e Carlos Trigo, do Ximnasia Pavillón, e Daniel Pérez, Alejandro Cid e Yael Campelo, do Burgas Ourense.

por ximnasta. A estes gas-tos haberá que sumarlles o custo da viaxe e a estan-cia, aínda sen determinar.

Carlos Trigo e Eduardo Novelle, do Ximnasia Pavillón, realizando dous exercicios.

Yael Campelo tamén acudi-rá a Bulgaria./ARQUIVO.

Carlos Trigo será o ximnasta de menor idade da delegación española

Caldaria Barrocás, único equipo galego na máxima categoría de hockei Redacción

O C.H. Barrocás, único equipo galego que parti-cipa na máxima catego-ría do hockei nacional, comezou a entrenar o �0 de agosto nas instalacións de Mariñamansa ás ordes do seu adestrador Roberto Oliveira, traballando coa ilusión de manter a cate-goría un ano máis.

O primeiro partido de División de Honra mas-culina será contra o Tabu-riente o �9 de setembro en casa. Partido en teoría da súa liga particular, dado que hai seis equipos que están fóra do seu alcance por infraestrutura e orza-mentos. Algúns equipos roldan os �00 mil euros mentres que o C H Barro-cás ten un orzamento de 9� mil para todos os equi-pos, cinco de hockei herba e seis de hockei sala.

PlantillaO C H Barrocás manten-

se na súa filosofía de non realizar fichaxes, xogar con mozos ourensáns e nutrirse da canteira. Com-poñen a plantilla Blanco e Anxo (porteiros), Borja, Daniel, Sergio, Valencia, Manuel (defensas), Cris-tian, José Luis, Gonzalo, Javier, Rubén Quintas (medios) e Xurxu, David, Borja Prol (dianteiros).

O equipo inicia a pre-temporada xogando tres partidos amigables, dous contra equipos portugue-ses A. D. Lousada, At-lético de Lisboa, e co R. Tenis en Santander.

Page 5: 30 Agosto 2013 - BD Nº 81

BARRIOS DEPORTIVO30 de agosto de �013

5ENTREVISTA

Iria do Nascimento, de 10 anos, leva desde os sete practicando ximnasia no Club Ximnasia Burgas

O. Blanco

Iria do Nascimento é, aos seus 10 anos, una nova promesa ourensá no mundo da ximnasia. Membro do Club de Ximnasia Burgas dende os sete anos, xa quedou este ano campioa de Es-paña Alevín en ximnasia acrobática coa súa com-pañeira Cecilia García.

Pero o seu palmarés non remata aquí: coa súa portadora foron campioas do Torneo “Mas-cocina” de Vigo, e sub-campioas galegas na categoría superior de infantil. Un dos seus maiores méritos é o de ser campioa galega en categoría infantil esco-lar nos catro aparatos da modalidade olímpica de trampolín: dobre - mi-nitramp, minitramp e tumbling.

Neste último campio-nato participaban cerca de 150 ximnastas de seis clubs

IRIA DO NASCImENTO, xOVE PROmESA OURENSá DE xImNASIA.

“Quero seguir sendo ximnasta, pero tamén quero compaxinalo co

baile”4 Do Nascimento foi este ano campioa de España Alevín en ximnasia acrobática.

de toda Galicia e foi a única ximnasta galega, xunto co benxamín Diego González, que conseguiu facerse co tí-tulo autonómico en todas as competicións da tempada.

Coñecemos un pouco máis a esta pequena veciña do Couto e gran promesa da ximnasia.

Iria, dende cando fas ximnasia?

Iria do Nascimento (IdN:) “Levo dende os sete anos, e sempre no Club de Ximnasia Burgas, as moda-lidades que máis me gustan son acro e trampolín”.

Canto tempo adestras? IdN: “Os mércores ades-

tro dúas horas de acrobáti-ca, os venres dúas horas de acrobática e hora e media de trampolín. Se non fose porque teño clase pola tarde tamén adestraría os martes e xoves no Paco Paz. Tamén traballo ximnasia xeral que é unha modalidade grupal”.

Cómo é a túa rutina de adestramento?

IdN: “ Primeiro fai-se un quecemento xeral de media hora, despois traballamos elementos individuais e por ultimo facemos exercicios es-pecíficos de cada moda-lidade”.

Tes algunha ximnas-ta como referencia?

IdN: Si, a miña nai. Ela practicou a moda-lidade de trampolín.

Tamén son un bo re-feren-te os

meus compañeiros Da-niel Pérez e Yael Cam-pelo”.

Tedes máis ximnas-tas ou deportistas na vosa familia?

IdN: “Si, meu irmán é tricampión de España de kung fu por equipos e campión individual e a miña prima Andrea, que adestra comigo, quedou terceira en trampolín en categoría infantil”.

Gústanche outros deportes aparte da ximnasia?

IdN: “Gústame o at-letismo, pero gozo máis bailando”.

Para que compe-tición te estás

pre-parando agora mesmo?

IdN: “Agora mesmo estou de vacacións, pero o ano que vén quero

competir nos Campio-

natos de España de acro e trampolín”.

Que din as túas ami-gas do que fas?

IdN: “Todos me ani-man a seguir, pero sobre todo a miña portadora, Cecilia”.

Queres dedicarte a isto de maior?

IdN: “Si, quero se-guir sendo ximnasta, pero tamén quero com-paxinalo co baile”.

Cal pensas que é a disciplina que tes que mellorar ou traballar máis?

IdN: “Cústame bas-tante o traballo estáti-co”.

Cando estás compe-tindo, que sentes?

IdN: “Cando estas apunto de saír sentes moitos nervios, pero ao momento da verdade esquézome de todo e fá-goo o mellor que sei”.

Qué supón a ximna-sia para ti?

IdN: “É o meu hobby, ten os seus momentos de esforzo, pero tamén de risas e compañeiris-mo”.

Como se com-paxina o deporte e as notas escola-res? Aprobaches todas?IdN: “Sempre

ando apurada porque teño moitas cousas que facer e pouco tempo. E si, aprobei todas as ma-terias con boas notas”.

Deixa unha mensaxe a outros nenos coma ti:

IdN: “Que a ximnasia é un deporte moi saudable e que todos se poden animar a practicala”.

Iria cunha compañeira do club realizando un exerci-cio nun campionato.

Page 6: 30 Agosto 2013 - BD Nº 81

6 BARRIOS DEPORTIVO30 de agosto de �013

ATLETISmO

Saída da Combi Dous de Maceda./VÍA XVIII

R.T.

O sábado 3 de agosto celebrouse en Baños de Molgas a sexta edición da carreira popular do San Salvador.

Nunha tarde soleada achegáronse ata dita loca-lidade preto de �00 atletas para participar nesta proba asentada dentro da tempada estival de carreiras popula-res celebradas na xeografía ourensá.

Na proba absoluta o vencedor foi Óscar Ra-mos (Ourenrunning), quen aventaxou en �1 segundos ao seu máis inmediato per-seguidor, José Manuel Ca-sado (Vía XVIII Maceda); en terceira posición remata-ría Saturnino González (Ve-teranos Ourense), a medio minuto do vencedor.

Óscar Ramos e Sonia Teijeiro vencen en Baños de Molgas4 Na sexta edición da carreira popular do San Salvador. Participaron uns 200 atletas.

En categoría feminina, a incombustible Sonia Teijei-ro (Veteranos Ourense) fa-cíase coa primeira posición con máis de tres minutos de diferenza con respecto á segunda clasificada, Ana Isabel Soutullo (Esprin-tes Ourense); terceira foi

a atleta local do club Vía XVIII, Conchi Pombo.

menoresNa categoría de meno-

res, Javier Outón e Aida Martínez fixéronse coa vitoria. Nesta carreira par-ticiparon 30 atletas.

Óscar Ramos e José Manuel Casado nun momento da ca-rreira de Baños de Molgas. /LORENA GONZÁLEZ

R.T.

Un ano máis Maceda convertiuse na cita obri-gada para aqueles que quixeron pasar un bo rato practicando ciclismo e at-letismo.

A terceira edición da Combi Dous, carreira que alterna o ciclismo coa ca-rreira a pé, pero que ten a orixinalidade de facerse por parellas, celebrouse nas inmediacións das pis-cinas municipais. Os dous membros que conforman o equipo tiñan a obriga de ir xuntos durante todo o percorrido. A primeira volta facíana todos os de-portistas correndo sobre una distancia de dous qui-lómetros e medio; a partir da segunda os compañei-

Ciclismo e atletismo por parellas en Maceda4 A Combi Dous de Maceda cumpriu o seu ter-ceiro ano con máis de 20 parellas participantes.

ros alternaban a carreira coa bici durante catro vol-tas máis dun quilómetro e medio cada unha. En cada volta tiñan que facer o cam-bio da bici ata completar as catro voltas. En total o per-corrido cubría unha distan-

cia de 8,5 quilómetros.Unhas �0 parellas par-

ticiparon nesta edición da Combi dous máis enxebre de toda Galicia. Trala entrega de premios, os participantes re-puxeron forzas cunha paella, agasallo da organización.

Page 7: 30 Agosto 2013 - BD Nº 81

BARRIOS DEPORTIVO30 de agosto de �013

�HOQUEI / BALONCESTO

R. Torres

O OHF “Octopus Hockey Festival”, Open Internacio-nal de Veteranos celebra-rase no campo de Mariña-mansa entre os días 6, � e 8 de setembro.

O Festival do “pulpo” chega a súa oitava edición, tantas coma tentáculos ten o cefalópodo, mascota des-te evento.

O campionato constará de dúas categorías, masculina e feminina. Na masculina están inscritos seis equipos:

O “Octopus” chega ao seu oitavo ano4 O Open de hoquei vetera-nos disputarase do 6 ao 8 de setembro en Mariñamansa.

CD Open (anfitrión), CD Open Vigo (anfitrión), Vila-novense (Vilanova de Gaia - Portugal), Atletic Terrassa Hockey Club, (Terrassa - España), Los Reserva (Ma-drid- España) e Sport Club do Porto (Porto - Portugal). Para participar neste torneo os xogadores deberán supe-rar os 35 anos.

En categoría feminina os cinco equipos participantes son: CD Open (anfitrión), Team Galicia (Galicia - España), Maatjes (Oestge-est – Holanda), Oranginas

(IJsselstein - Holanda) e Las Tortugas (Madrid - Es-paña). Todas as xogadoras deberán ser maiores de 30 anos.

Xogarase 11 contra 11 con regras oficiais, excep-to a duración dos partidos, que será máis reducida.

Non só hoqueiPero durante a fin de se-

mana non se xogará só ao hoquei. Aos equipos par-ticipantes agárdalles uns días de turismo e gastro-nomía autóctona, amais de reencontrarse con vellos amigos e entablar novas amizades. Partido do anterior Open de hoquei./ARQUIVO

O COB pecha a súa plantilla4 Jonathan Kale é o último reforzo dun renovado Club Ourense Baloncesto.R. Torres

Tardou, pero a plantilla do Club Ourense Balonces-to xa está pechada despois de case unha semana de adestramentos.

O último en asinar foi Jonathan Kale, quen xa es-tivera en Ourense fai dúas tempadas. Con esta fichaxe o novo adestrador, Gonza-lo García de Vitoria, ten a plantilla completa.

Finalmente Pedro Ri-vero, Álvaro Frutos, Edu Martínez, Rafa Huertas,

Aziz N`Diaye, Julio Gon-zález (único que conti-nua da pasada campaña), Alex Thompson, Riley Luettgerodt, Iván García e Jonathan Kale serán os xogadores encargados de que este ano o COB pase os menos apuros posibles.

Adecco OuroA Liga Adecco Ouro

comezará para o COB o vindeiro 5 de outubro. O primeiro encontro será no Paco Paz contra o Ando-rra.

Jonathan Kale nun partido na súa etapa anterior como cobista./ARQUIVO

Page 8: 30 Agosto 2013 - BD Nº 81

8 BARRIOS DEPORTIVO30 de agosto de �013

FÚTBOL SALA

Marta, Vane e Souza, as tres xogadoras do Ponte Ourense que defenderon a camiseta da selección galega de fútbol praia.

R. Torres

O Ponte Ourense xa se prepara para o comezo da liga con duras sesións de adestramento.

En canto as altas e baixas do club pontino son varias as novidades. Por unha banda están os que deixan a entidade albinegra; entre esas persoas están o anterior adestrador, Óscar Vivián, a porteira Noelia Palacios e a goleadora Vanessa Sote-lo (ambas as dúas recalan no Cidade As Burgas). Se falamos de novidades, as máis destacadas son as do adestrador, Jorge Vaz, e a da porteira internacional, Vanessa Barbera.

Jorge Vaz colle as rendas do equipo de 1ª División Nacional logo de dirixir a pasada campaña ao equipo sénior masculino do club, o Cidade de Ourense, onde callou un gran campionato na Division de Honra Pro-

O Ponte Ourense prepárase para o comezo da liga4 Comezará a competición nos Remedios contra o Roldán.

vincial Masculina. Acadou o título mostrándose moi superior aos seus rivais. Héctor González acompa-ñará a Vaz no banco como adestrador de porteiras; o ano pasado deixou o equipo ao comezo da Liga.

A outra cara nova do equipo é a porteira interna-cional Vanessa Barbera. A porteira madrileña provén do Atlético de Madrid e foi a porteira titular da se-lección española absoluta durante o último mundial disputado en Portugal. Asi-dua para o seleccionador nacional, Barbera ten un palmarés no que acumula unha Liga e unha Copa de España co Móstoles, e dúas Copas, unha Supercopa e unha Copa Ibérica co Futsi (Atlético de Madrid).

BurelaAs pupilas de Jorge Vaz

venceron no Memorial Cel-so Currás ao Burela polo

resultado de dous goles a tres. As ourensás comeza-ron perdendo por 0-� pero lograron remontar con go-les de Rosángela, Drica e Souza.

Liña continuistaO resto de xogadoras

continúan un ano máis na entidade apostando o club por unha liña continuista. A capitana Marta seguirá sendo unha das destacadas do conxunto e será unha das máis veteranas xunto coa madrileña Laura Fer-nández, que acumulará en Ourense a súa sexta tem-pada na máxima compe-tición do fútbol sala. As brasileiras Raquel de Souza e Drica sumarán con esta a súa terceira tempada defen-dendo as cores do equipo ourensán. E a hispano-bra-sileira Rosángela vestirá a camisete do Ponte por se-gunda tempada.

Salvo as baixas de Noelia Palacios e Vanessa Sote-lo, o equipo apenas sufre variacións, e xogadoras como Chiqui, Cris, Anita e Loli formarán parte, un ano máis, da plantilla do pri-meiro equipo. A estas xoga-doras hai que sumar as que suben do filial; Noemí Ca-meselle e Dana Campelo.

RoldánO �1 de setembro arran-

ca a tempada �013-�014 de fútbol sala. Este ano volve contar con 16 equipos (o ano pasado foron 15), dos cales seis son da comunida-de galega.

O Ponte Ourense come-za a competición en casa -

pavillón dos Remedios- na primeira xornada (�1 de se-tembro) contra o Roldán. O equipo murciano rematou a pasada campaña na décimo segunda posición con �8 puntos, a seis das ourensás.

Este ano o Roldán refor-zouse coas incorporacións de Inma Sojo -procede do Valladolid FS- e de Sonia Bernal -Universidad de Alicante-. Tanto Sojo coma Bernal acumulan moitos títulos nas súas carreiras. Inma, dúas Ligas co Caja-sur Córdoba, e Sonia, 11

Campioas de fútbol praiaA selección galega de fútbol praia proclamouse campioa de España ao vencer por

catro goles a tres á anterior campioa, Murcia. A selección galega acadou o triunfo des-pois de ir perdendo por 3-0.

Da selección galega formaban parte as xogadoras do Ponte Ourense Marta Figueire-do e Raquel de Souza, amais da recente fichaxe, a cancerbeira Vanessa.

Souza foi unha das protagonistas da final ao conseguir dous tantos, o que fixo que Galicia se alzara co título.

títulos nacionais, amais de acadar o subcampionato do mundo en Brasil coa selec-ción española.

Un bo equipo para medir as opcións do Ponte Ouren-se nunha liga que pretende loitar ata as últimas xorna-das por conquistala.

A liga comeza o 21 de setembro e remata o 31 de maioO Ponte abre a tempada fronte ao Roldán

Vanesa Barbera posando coa camiseta do Ponte Ourense xunto co novo adestrador, Jorge Vaz.

As xogadoras do filial Dana (esquerda) e Noe (dereita) xo-garán este ano no primeiro equipo do Ponte Ourense.

Page 9: 30 Agosto 2013 - BD Nº 81

BARRIOS DEPORTIVO30 de agosto de �013

9FÚTBOL SALA

R. Torres

Unha das mellores no-ticias que podían vir do Cidade das Burgas era que algunha das súas xo-gadoras recibira a chama-da da selección española de fútbol sala. E iso mes-mo aconteceu por partida dobre. O pasado �� de agosto, o adestrador do Cidade, Manolo Codeso, recibía unha chamada da Real Federación Española de Fútbol para comuni-carlle que as xogadoras Iria Saeta e Ana López estaban convocadas para a concentración que fará a selección do 1 ao 6 de setembro en Murcia. A ourensá Lucía Nespereira (actualmente nas filas do Viaxes Amarelle) tamén estará nesa concentra-ción.

Premio ao equipoEsta convocatoria é un

premio ao tesón dun equi-po no que o seu piar son xogadoras da base e gale-gas.

Iria Saeta xa leva va-rias tempada xogando a un gran nivel, polo que a chamada da selección era cuestión de tempo. Pola súa banda, a convocato-ria de Ana López é máis sorprendente debido a súa idade, pero o desparpaxo que rezuma en cada par-tido fixérona merecedora de recibir a chamada da “roja”.

Este é un pequeno paso para que tanto Iria coma Ana poidan formar par-te da lista de convocadas

R. Torres

O Cidade As Burgas xa comezou a súa preparación para estar en óptimas con-dicións de cara ao comezo de liga que terá lugar o �1 de setembro.

O primeiro escollo co que se terán que enfrontar as pupilas de Manolo Co-deso será o Viaxes Amare-lle en terras coruñesas. O conxunto herculino descen-dera a pasada campaña pero mantívose na categoría ao volver aos 16 equipos en vez dos 15 que había o ano pasado. O Amarelle foi o elexido para cubrir esa pra-za logo de renunciar varios equipos da Segunda Divi-sión á mesma.

mesmo obxectivoComo cada ano por es-

tas datas, o obxectivo das

franxiverdes repítese: man-ter a categoría. Segundo pasen as xornadas e se vexa como vai o equipo pódese cambiar a outro obxectivo máis ambicioso, pero cos pés no chan; a competición é moi complicada, polo que a permanencia sería un logro para un equipo que conta coa maioría das xo-gadoras moi novas en can-to a idade e experiencia na categoría.

Este vai ser o cuarto curso na máxima categoría para o equipo dirixido por Manolo Codeso e no que todas as xogadoras son galegas.

Caras novasAs novidades do Cidade

en canto a plantilla deste ano son tres: a incorpora-ción desde o filial de Can-dela Soria e as fichaxes pro-cedentes do Ponte Ourense

que o seleccionador fará de cara ao Mundial, que se dis-putará no mes de decembro en Venezuela. As novas xo-gadoras franxiverdes debe-rán demostrar que están ca-pacitadas para representar a España nas vindeiras citas internacionais. O primeiro paso xa está dado aínda que non será sinxelo entrar na lista definitiva; o nivel do fútbol sala feminino é moi grande. Por este motivo o feito desta chamada xa é un paso de xigante e un reco-ñecemento a súa traxecto-ria.

Tanto Iria coma Ana es-

Viaxes Amarelle, primeiro escollo para o Cidade As Burgas4 Será o partido que inaugure a tempada 2013-2014 e terá lugar o 21 de setembro.

Iria Saeta e Ana López concéntranse coa selección4 Foron convocadas para unha concentra-ción en Murcia.

de Noelia Palacios e de Vanessa Sotelo. Candela, de tan só 15 anos, dará o salto ao primeiro equipo; Noelia será a porteira que tentará poñerlle as cousas difíciles á titular, Ana; e de Vanessa espérase que dea o rendemento que ofreceu na súa anterior etapa ás ordes de Codeso.

Cidade BOs filiais do Cidade (de

Liga Galega e Provin-cial) tamén comezaron a súa preparación. Os dous conxuntos aínda non co-ñecen o calendario, pero o máis seguro é que co-mecen as súas respectivas competicións no mes de outubro.

tán moi contentas por este motivo e aseguran que lle porán as cousas difíciles ao seleccionador para facer a lista das xogadoras que representarán a España en Venezuela.

Iria Saeta e Ana López, xogadoras do Cidade convocadas pola selección española de fútbol sala. /RAMSÉS.

Tanto para Iria como para Ana esta é a primeira chamada da selección, que disputará Mundial en decembro Integrantes do Cidade As Burgas nesta próxima tempada. /RAMSÉS.

O Cidade comeza a liga fóra de casa

Page 10: 30 Agosto 2013 - BD Nº 81

10 BARRIOS DEPORTIVO30 de agosto de �013

POLIDEPORTIVO

Redacción

O pasado �� de xullo con-cluíu con éxito de público e xogo a segunda edición do Torneo A Ponte, coa cele-bración das finais de Pri-meira e Segunda categoría.

ResultadosEn Segunda categoría, un

intenso partido, disputado entre Brais Rei e David Ro-driguez, que se enfrontaban a Diego Fernández e Adrián Sampedro, acabou cun tan-

Exitoso remate do Torneo A Ponte de pádel no P214 Diego Fernández e Adrián Sampedro ven-ceron en 2ª categoría, e Quique Conde e Ton González en 1ª.

teo de 5-7/6-4/6-4 para Fer-nández e Sampedro.

Mentres, en Primeira ca-tegoría enfrontábanse na final catro dos mellores xo-gadores do pádel ourensán, que están a dar que falar in-cluso máis aló da nosa pro-vincia: Quique Conde e Ton González e Carlos Valen-zuela e Álvaro González. Finalmente impúñanse os dous primeiros por 6-2/7-5, nun partido ao que se asis-tiu a puntos dignos do mes-mo World Padel Tour.

O balance desta segun-da edición foi moi positi-vo tanto na organización coma na participación de parellas. Amais, contou con gran afluencia de público en ambas finais e unha am-pla participación por parte dos deportistas, cun total de 40 parellas inscritas, o que confirma a gran aceptación do pádel na cidade das Bur-gas desde os últimos anos.

Copa DeputaciónDeste xeito, augúrase

unha excelente Copa Depu-tación de Pádel �013, que se celebrará nas instalacións de P�1 Padel Club no mes de setembro. Nela terán ca-bida todos os xogadores da provincia, posto que haberá varias categorías que abran-guen desde deportistas que están en fase de iniciación ata aqueles que están fede-rados.

Quique Conde e Ton González venceron á parella formada por Carlos Valenzuela e Álvaro González na final da categoría Primeira

Participantes do II Torneo A Ponte.

Redacción

O zaragozano Samuel Arauzo gañou a final do VIN Torneo Futures Cida-de de Ourense contra o ma-drileño Ricardo Villacorta. Arauzo ía gañando por 6-4 3-0 cando Villacorta tivo que abandonar por lesión na parte posterior do xeon-llo esquerdo.

Ata entón, o duelo dispu-touse baixo un vento inten-

Arauzo conquista o Futures4 Venceu na final da sexta edición a Ricardo Villacorta.

so nas pistas do Club Santo Domingo.

Villacorta (609 ATP) xa acabara tocado a súa semi-final o venres contra David Pérez. Con todo, decidiu probar a xogar a pesar da dor. Pola súa banda, Arau-zo (694 ATP) tiña que loi-tar contra os nervios da súa primeira final individual.

O partido presentaba a dous tenistas que necesita-ban dominar o punto para

ser efectivos. Arauzo posúe unha aceleración na súa dereita liftada ao nivel dos mellores. Villa-corta basea o seu xogo en golpes extremadamente planos moi difíciles de contrarrestar en pistas rá-pidas.

Dos fasesO encontro tivo dúas

fases claramente diferen-ciadas. Igualdade máxima até o 5-4 do primeiro set e desigualdade a partir dese momento. Foi no 5-4 can-do Villacorta pediu asis-tencia médica para tratarse do seu xeonllo esquerdo. Arauzo fíxolle xogar a Vi-llacorta unha bóla extra en cada punto, o que lle valeu para romperlle o saque en dúas ocasións consecuti-vas. Cun set abaixo e 3-0 en contra no segundo, o madrileño de �8 anos dixo basta.

Arauzo sumou a súa �1ª vitoria do ano e logrou así o seu primeiro título Fu-tures.

Villacorta tívose que retirar no segundo set polas súas doenzas na parte posterior do xeonllo esquerdoSamuel Arauzo, campión do VI Futures. /I. OSORIO

Eiroás retoma a actividade con aire comprimidoP.L.

Tralo parón estival, os tiradores ourensáns reto-man a acción esta próxima fin de semana, 31 de agos-to e 1 de setembro, cunha nova xornada da Copa Ourense de armas neu-máticas. Aos participantes quédanlle só catro tiradas para seguir mellorando os seus resultados e facerse cun oco entre os mello-res desta competición. Ao remate de ano sumaranse as mellores catro puntua-cións de cada deportista para ordenar a clasifica-ción final da que xa é a 25ª edición desta Copa.

A liga de avancarga, que terá lugar o domingo trala finalización da Copa Ourense; a liga de pistola estándar, o día 8; a liga de pistola velocidade, o domingo 15; a liga de ca-rabina tendido e pistola libre o día ��, e a liga de fogo central e pistola da-mas, o día �9, completan o calendario de setembro en Eiroás.

Tirada benéficaAmais da competición

habitual, o club de tiro Ei-roás prepara para novembro unha competición benéfica a beneficio de ASMIS.

Page 11: 30 Agosto 2013 - BD Nº 81

BARRIOS DEPORTIVO30 de agosto de �013

11CICLISmO

Redacción

O sábado 1� de agosto celebrouse en Maceda a no-vena edición da Mini BTT de dita localidade ourensá. O evento foi organizado pola Escola JA Hermida e recibiu preto de �00 nenos de toda Galicia. As catego-rías participantes compren-dían desde principiantes a infantís.

A canteira galega deleitou ao numeroso público que se achegou para presenciar a proba.

En canto á participación dos ciclistas locais, Iván Feijóo alzouse coa vitoria en infantil e Aida González fixo o propio na de alevín. Breogán Diz e Martín Gon-zález foron segundo e ter-ceiro, respectivamente, en principiantes. Noela Saa foi terceira en alevíns e Hugo González, quinto en pre-

A canteira do BTT galego citouse en Maceda4 Na IX Mini BTT de Maceda.

benxamíns.

Outros resultadosA finais de xullo, Breogán

Diz logrou a vitoria na cate-goría principiantes no Open Galego de Minibtt en Gu-láns, Ponteareas; mentres que en alevíns, Aída Gon-zález gañaba, sendo quinta Noela Saa. O infantil Iván Feijóo finalizaba segundo.

Cinco podios lograron na localidade luguesa de Vivei-ro os integrantes da Escola JA Hermida. Así, en infan-

tis, vencía Iván Feijóo; Manuel Soto era sexto. En alevíns, Aida González era primeira e Noela Saa, segunda. En principiantes, Breogán Diz remataba se-gundo.

Campionato NacionalNo Campionato de Es-

paña de BTT celebrado o pasado mes de xullo en Panticosa (Huesca), Pa-blo Rodríguez, macedán do club Team BH procla-mouse vencedor na súa categoría. José Antonio Hermida (nome que ten a Escola de Maceda e con raíces na localidade ourensá) foi o vencedor na categoría elite. E Eva Ál-varez (ciclista do Actyon Academia Postal) alzouse co título de campioa de España júnior.

Campionato GalegoTamén en xullo cele-

brouse o campionato ga-lego no que Marcos Villar e Eva Álvarez (júniors os dous) proclamáronse cam-pións rexionais. Xiana Conde foi segunda -sub-campioa- en cadetes. En elite Sub�3, Saúl López facía un terceiro posto, sendo o vencedor Pablo Rodríguez.

Marcos Villar, no centro, campión galego de BTT en catego-ría júnior.

Ivan Feijóo no alto do podio do Mini BTT de Maceda.

Redacción

Alejandro Paleo, do CC Chantadino, venceu no II Campionato do Mundo Open, disputado en Ta-boadela, e no que parti-ciparon 1�� ciclistas que tiveron que cubrir unha distancia de 89,9 km con saída e meta neste munici-pio ourensán.

Paleo culminou con éxi-to unha escapada a 15 qui-lómetros para a meta, con Iago Alonso, segundo, e Luís A. Vázquez, cam-pión na categoría Master 40. A vitoria resolvíase claramente ao seu favor ao sprint e recibía a cami-sola que lle acredita como Campión do Mundo Open na súa categoría a mans do presidente da Asociación ADO C.Moure, Carlos Moure, e do concelleiro de Deporte de Taboadela, Manuel Gallego.

Vitoria de gran mérito para o ciclista de Viveiro, gañador tamén este ano do Campionato de Espa-ña Open, e que, a pesar de apenas disputar un par de carreiras este ano, demos-

122 participantes no II Campionato do Mundo Open4 Alejandro Paleo, do CC Chantadino, foi o vencedor da proba disputada en Taboadela.

trou que cando a estrada se inclina, moi poucos poden seguir o seu ritmo.

A carreira estivo marca-da, no seu inicio, por nu-merosos intentos de fuga, que non chegaban a contar con máis de �0 segundos sobre o grupo principal. Así pasaban as voltas, cun for-te ritmo imposto no grupo cabeceiro, esperando a que chegase a última volta, na que o alto de Taboadela de 3,5 km de ascensión e cun-ha pendente media do � % faría de xuíz de carreira.

Pero antes disto, os máis maiores acabarían a súa proba, na cuarta volta, na que José Ferreira, do equi-po portugués Skoda-Irmaos leite, proclamábase Cam-pión do Mundo Open na ca-tegoría Master 50, impondo a súa punta de velocidade nun apretado sprint a José Luís Blanco Soto, outro que tampouco necesita competir moito para demostrar a cla-se que lle atesoura, saíndo tamén vencedor na catego-ría Master 60 Luís Benito Iglesias.

Así chegaron á parte fi-nal de carreira, o pelotón

agrupado e cos Vieirasa controlando a parte final para tentar levar a Iago Alonso a posicións cabe-ceiras. Na subida quedarían o tres fuxidos seguidos por un grupo de 15 corredores, que a punto estiveron de darlles caza a falta de seis quilómetros para o final. A falta de entendemento entre eles e o forte ritmo imposto polos escapados fixo que os tres entrasen en meta con vantaxe suficiente para dis-putarse a chegada.

Detrás deles o grupo de 15 corredores disputábase o resto de posicións no podio, cabe destacar o meritorio terceiro posto do ourensán Alberto Penín na categoría Master 30 e tamén terceiro, Teofilo Iglesias, na catego-ría Master 40. Detrás deles entraba cunha desvantaxe de 45 segundos o groso do pelotón.

Alejandro Paleo conseguiu a vitoria grazas a unha escapada a 15 km da meta

Liña de saída da proba celebrada na provincia de Ourense.

Page 12: 30 Agosto 2013 - BD Nº 81

1� BARRIOS DEPORTIVO30 de agosto de �013

POLIDEPORTIVO

Redacción

O piloto ourensán do equipo Augas termais Cortegada proclamouse campión da VIII Subida ao Furriolo - A Bola co seu Tcastor TC3/C. Ro-dríguez foi o dominador da proba aínda que Mar-tín Villar Bangueses foi o máis rápido na segunda xornada.

En segunda posición re-matou Martín Villar Ban-gueses (BRC 05 EVO) e terceiro, Jacobo Sobral (Silver Car S/2). A dife-renza foi moi xusta entre os dous primeiros do po-dio, por milésimas decan-touse esta oitava edición. Jacobo Sobral Iglesias, terceiro, rematou a pouco máis de dous segundos.

A Subida ao Furriolo pertence ao Campionato de Galicia de Montaña e

César Rodríguez, gañador na VIII Subida A Bola4 Segundo foi Martín Villar.

contou coa presenza de in-numerables afeccionados que non perdían detalle das catro pasadas das que cons-tou a proba.

Os favoritos para o triun-fo final estiveron lonxe do vencedor. Os irmáns Varela foron cuarto e quinto; tras eles Rubén Nogueiras Car-ballo, Pablo Rey Pérez e Jorge Fernández Vilarchao completaron as oito primei-ras posicións.

Outras clasificaciónsEn Carrozados, Santia-

go Abad Villaverde co seu Audi A4 ST foi o primeiro; segundo rematou Simón Martínez Saldaña (Seat León Supercopa). O piloto do equipo ACSM Rallye Team, Alex Pais, foi tercei-ro co seu Porsche 911 GT.

Rubén Blanco (BMW 3�3i E�1) levou o triunfo en históricos.

César Rodríguez Alonso co seu Tcastor. /RAMSÉS

Redacción

O domingo 18 de agosto celebrouse no río Arnoia ao seu paso por Allariz o Campionato Provincial de piragüismo en todas as categorías, proba ademais puntuable para a Copa De-putación.

O campionato celebrouse en embarcacións indivi-duais sobre unha distancia de 1.000 metros para os ale-víns e benxamíns; de �.000 m os infantís e de 4.000 m o resto de categorías (cadete, júnior, sénior e veterano). En total, inscribíronse 1�9 deportistas procedentes de toda a provincia de Ouren-se. O percorrido da proba consistiu nun circuíto desde a zona da Alameda no edi-ficio A Fabrica até a ponte romana.

Na clasificación por

O Fluvial de Allariz vence en casa4 No Campionato Provincial de piragüismo.

clubs, quedou primeiro o Fluvial de Allariz, seguido do Fluvial O Barco, Avión, S.C. Fontefría de Muíños e Escola Municipal Ourensá. Por categorías, en sénior venceron Pedro Andrés García e Mónica Piñeiro, ambos do Fluvial Avión; en júnior, Sergio Ruiz e Teresa Pomar, do Fluvial O Barco; en veteranos, Fran-cisco Vázquez, do Fluvial O Barco; en cadete, Adrián Prada e Marta Paradelo, tamén do Fluvial O Bar-co. Na categoría infantil A gañou Santiago Álvarez do Fluvial Allariz e Eva Piay do Fluvial O Barco, mentres que en infantil B quedaron primeiros Andrés Tamayo, de Avión, e Noemí Fernández, do Barco. Os mellores benxamíns foron Javier Rodríguez, do club de Allariz, e Ánxela Bru-

quet, do Avión. Finalmente, en alevín A gañaron Óliver Rodríguez, do Barco, e Sara Vide, de Allariz, e en alevín B, os irmáns Agustín e Pau-la Segura Prado, os dous do club local Fluvial Allariz.

Campionato galego in-dividual

O pasado 1� de agosto ce-lebrouse en Narón o Cam-pionato Galego de piragüis-mo nas categorías alevín e benxamín, disputado en ka-yaks individuais sobre unha distancia de 1.500 metros.

Nesta proba déronse cita un total de 66� deportis-tas. Entre os representantes ourensáns destacaron as actuacións de Paula Segura (do Fluvial Allariz) e Oli-ver Rodríguez (do Barco de Valdeorras) que se fixeron cos terceiros postos da ca-tegoría alevín.

Así mesmo, realizaron unha gran proba os benxa-míns Javier Rodríguez e Hugo Borrajo, ambos de Allariz, que remataron en sexta e oitava da súa cate-goría.

Pola súa banda, na cla-sificación por clubes, o Fluvial Allariz fíxose co oitavo posto da xeral, Avión co 30º e O Barco co número 31.

Campionato galego por equipos

Previamente, o 4 de agosto celebrouse na lo-calidade pontevedresa de Catoira o Campiona-to Galego de piragüismo en barcos de equipo para estas dúas mesmas cate-gorías.

As distintas probas da regata, na que participaron 304 rapaces, realizáronse en kayaks de dúas prazas e nun percorrido de 1.500 metros.

De entre os deportis-tas ourensáns sobresaíu a actuación das alaricanas Paula Segura e Irea Gar-cía que se proclamaron subcampioas da categoría alevín feminina.

Ademais destas dúas mozas, realizaron un moi bo papel Alessandro Mar-tínez e Hugo Borrajo, de Allariz, sétimos entre os benxamíns, e Javier Ro-dríguez e Andrés Antelo que remataron novenos.

O Fluvial de Allariz rematou primeiro por clubs no Provincial

Participantes do Campionato Provincial de piragüismo celebrado en Allariz.

Page 13: 30 Agosto 2013 - BD Nº 81

BARRIOS DEPORTIVO30 de agosto de �013

13POLIDEPORTIVO

O ourensán Domingo Manso, quedou terceiro na categoría de segunda

Redacción

Arredor de 1.000 dos

Os mellores do billar citáronse no Carballiño4 Preto de 1.000 xogadores acudiron ao Open Internacional.

Redacción

O Balonmán Pabellón disputará esta tempada a 1ª Nacional trala restructura-ción das diferentes catego-rías por parte da Federación Española. Unha das prazas vacantes foi aceptada polo equipo ourensán, que parti-cipará por primeira vez na súa historia nesta categoría. Dita restructuración afec-ta tamén ao Bm Ártabro e Bm Vitaldent Pontevedra, que ascenden á categoría da mesma forma que os pavi-llonistas.

Os ourensáns debutarán a próxima tempada, que se inicia o �� de setembro, vi-sitando ao SAR de Redon-dela, recentemente ascendi-do, xogando o seu primeiro partido en casa unha sema-na despois ante o Mecalia Novás.

A plantilla ourensá, for-mado na súa totalidade por xogadores da casa, afronta o duro reto de conseguir manter a categoría.

Amigables e Copa Ga-licia

O Club Balonmán Pabe-llón, un ano máis dirixido por Alejandro Arias “Za-rra”, comezou os seus ades-tramentos xa o 31 de xullo para afrontar con éxito a tempada.

O �1 de agosto o equi-po ourensán enfrontouse ao Ártabro para preparar a tempada. Venceron os de “Zarra” ao que será un dos equipos cos que terá que loitar durante a Liga por non descender. Este venres xogará contra o Bm Cañiza e o sábado devolveralle a visita ao Ártabro.

Días antes, no primei-ro partido de pretempada, dentro da Copa Galicia, os

O Balonmán Pabellón será equipo de 1ª Nacional4 Unha restructuración das categorías por parte da Federación fai que o conxunto ouren-sán ascenda de categoría nesta próxima tem-pada.

ourensáns xa tiveran boas sensacións. Os pavillonistas disputaron a súa eliminato-ria da Copa Galicia ante o Vitaldent Pontevedra, caen-do por un apretado �8-�4, a pesar da diferenza que a priori existe entre ambas escadras. O equipo ouren-sán loitou durante todo o partido e a falta de seis mi-nutos para o remate, o lumi-noso marcaba un empate a �3 goles.

Dentro do conxunto ourensán, salientaron as ac-

tuacións de Juan Quintas, que destacou polos seus lanzamentos dende o la-teral esquerdo e seis goles anotados, e Borja Pérez, que realizou unha gran defensa e logrou marcar ata cinco tantos.

mellores xogadores de bi-llar de toda España déronse cita o pasado mes de xullo

no Carballiño para disputar diversas probas de carácter autonómico e nacional.

Na competición estatal destacou o terceiro posto na categoría de segunda do ourensán Domingo Manso, do Club Rincón do Amigo. Conxunto que logrou por terceiro ano consecutivo a primeira praza no campio-nato galego.

Así mesmo, Manso fíxo-se tamén co terceiro posto de entre os séniors de pri-meira categoría.

Pola súa banda, en pare-llas mixtas, Marcos Rivera e Verónica González, deste mesmo club, gañaron por segunda vez a competición autonómica en primeira categoría, logo de disputar unha final moi axustada na que venceron por 4 partidas a 3 aos lucenses Cristina e Pablo.

Por último, no grupo de parellas escocesas de se-gunda categoría, foron os xogadores do Carballiño Enmanuel Oliveira e Fabio Ledo os que se proclama-ron vencedores.

O Balonmán Pabellón estréase en casa na liga o próximo 29 de setembro Varios dos participantes do Open de billar do Carballiño.

Page 14: 30 Agosto 2013 - BD Nº 81

14 BARRIOS DEPORTIVO30 de agosto de �013

ACTUALIDADE

ENTREVISTA A ALFONSO VILACHá – CONCELLEIRO DE DEPORTES

“É xusto que os beneficios do deporte estean ao alcance de todos”

4 Alfonso Vilachá fai un repaso pola actividade máis recente do Consello Municipal de Deportes e achéganos a súa particu-lar visión sobre a deporte e política.Redacción

Concelleiro de Deportes de Ourense desde fai menos dun ano, a Alfonso Vilachá nótaselle no seu discurso que coñece a experiencia do deporte desde os cam-pos, onde foi entrenador, e desde as aulas, tras ser tido profesor.

Como ve o deporte?Alfonso Vilachá: “O

deporte para todos supón facilitar a participación de-portiva de todos os sectores da poboación, sen discrimi-nación de idade, condición física, sexo, social, cultural ou étnica”.

Que lle falta ao depor-te?

A.V.: “Revalorizalo e crer firmemente el. Se isto sucedese, os efectos e be-neficios serían impactantes na sociedade. Dado que o deporte é beneficioso para a saúde física e mental, é xus-to que estes beneficios es-tean ao alcance de todos”.

Como concelleiro, póde-nos facer unha valoración do Pavillón dos Reme-dios?

A.V.: “Estamos conten-tos e ilusionados polo que se está facendo e polo que queda por facer. Hai algo

que é moi claro e sinxelo: calquera entidade sexa da índole que sexa, ten que na-vegar na mesma dirección para superar os posibles obstáculos que aparecen polo camiño e chegar a bo porto.

O traballo en equipo é moito máis eficaz que o tra-ballo individual”.

Cales son as principais actuacións levadas a cabo este ano polo Consello municipal de Deportes?

A.V.: “O lanzamento da web do Consello Municipal de Deportes en febreiro, a cal permite ao cidadán ob-ter información sobre as ac-tividades deportivas, facer xestións telematicamente e consultar diversos regu-lamentos vencellados con este ámbito.

Así mesmo, o Conse-llo Municipal de Deportes puxo en marcha un novo programa para adultos e maiores nas instalacións dos Remedios. As activida-des existentes complemen-táronse con clases de zum-ba, baile aeróbico e pilates.

E ademais, levouse a cabo un cambio de taxa do circuíto termal pasando de 5 euros a 2 euros, o que achegará sen dúbida maior

número de usuarios a dita instalación.

Organizouse a décima Andaina Cidade de Ouren-se o 1� de maio; a terceira edición do circuito de ca-rreira populares “Corren-do x Ourense”, que está a bater todos os récords de participación con máis de 1.000 inscritos; Zumbathon Cidade de Ourense o �8 de xuño; e unha nova campaña de Tai-chi na rúa.

En materia de infraestru-turas nestes primeiros seis meses de �013 tivo lugar a adxudicación das obras de deshumectación da pisci-na Rosario Donas e das de reforma eléctrica do campo de Santa Cruz de Arrabal-do; redacción do proxecto de construción de nova pis-cina en Oira e reforma de vestiarios; estudo de estru-tura do Pavillón de Depor-tes para a construción de entreplanta para ximnasio; e a adxudicación das obras de tratamento antióxido na piscina de 50 metros.

Así mesmo realizáronse diversas obras de reparación e mantemento das distintas instalacións deportivas do Concello, nos polideporti-vos do campo da Feira, da Carballeira, en Oira, e no

anexo do Pavillón.E, por último, colabora-

mos con importantes even-tos deportivos na cidade, como o Rali de Ourense; o Descenso do Miño; o Gran Premio de Atletismo Cida-de de Ourense; os campio-natos internacionais de tae-kwondo, whu-shu e tai-chi, kick-boxing e boxeo; e os campionatos de ximnasia e natación sincronizada”.

Que é para vostede a política?

A.V.: “É a forma de go-bernar de maneira altruísta, é dicir, estar á beira, servir, axudar e corresponder co pobo. Tristemente, en moi-tos casos isto non sucede”.

Que opinión lle merece a política actual?

A.V.: “Debido a todo o que estamos a ver o pobo está a converterse en agnós-tico da política”.

Cre que todos os políti-cos son iguais?

A.V.: “A crenza de que todos os políticos son iguais é unha idea irracional. Exis-te un principio de sobrexe-neralización, que é o que fai que o pobo pense así.

Que uns políticos estean involucrados en casos de corrupción, non significa que todos os políticos sexan

iguais.Hai moitos políticos na

sombra que non aparecen nos medios de comunica-ción, que son persoas ho-nestas, altruístas e que tra-ballan de forma abnegada.

Para min hai políticos que viven da política e políticos que viven para a política”.

Como se podería con-vencer ao pobo de que a política é útil e necesaria?

A.V.: “Sinxelamente que todos os políticos tivesen aprobado a materia dos va-lores humanos, que os man-datos fosen dunha ou dúas lexislaturas e que nas listas vaian as persoas válidas e non os amigos ou recomen-dados”.

Que rol debe desempe-ñar un concelleiro?

A.V.: “En primeiro lu-gar evitar ser pedagogo de salón, e en segundo lugar

estar á beira do pobo, escoi-talo e tentar solucionar os seus problemas día a día.

Nos despachos deben estar os técnicos, funciona-rios, etc. e os concelleiros a pé de rúa.

Ademais, o concelleiro debe valorar aos seus ho-mes de confianza, escoi-talos; aínda que el tome as decisións para que todo funcione ben hai que traba-llar en equipo e con pensa-mento colectivo”.

Alfonso Vilachá, concelleiro de Deportes./RAMSÉS.

“Un concelleiro debe evitar ser pedagogo de salon, e estar á beira do pobo, escoitalo e solucionar os seus problemas”

Page 15: 30 Agosto 2013 - BD Nº 81

BARRIOS DEPORTIVO30 de agosto de �013

15 ARTIGOS / ACTUALIDADE

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Alfonso Vilachá.

Nº81- Ano: V - 30 de agosto de 2013 - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

“mágico González”, a lenda dun santo

Era como unha obsesión. Todos querían saber se era verdade o que as cadeas de radio da época, e as canles de televisión, pregoaban.

O caso é que, eu estaba alí ao seu carón, e ninguen tivo que contarme nada da súa vida, nin siquera do seu facer diario, porque insisto... estaba alí. Jorge Alberto González Barillas, un indio salvadoreño, in-adaptado ao sistema euro-peo, cun só principio, “ser feliz sen pisar a ninguén”. Manuel Irigoyen, presi-dente eterno do Cádiz CF, descubriuno no Mundial de España 82 adiantándose, como bo banderilleiro que foi, “aos Miuras”, Madrid e Barça, que suspiraban por el.

O seu alcume, tiña e ten, o profundo significado do que realmente foi, xogan-do ao fútbol, un autentico “mago”. Hoxe, quixera sacar do íntimo e sagrado muro do vestiario, e con-tar o que moitos deixaron sen pregoar, cando sendo poderosos profesionais da información, ollo ao dato!, daban máis importancia ao abstracto, ao ambiguo, buscando, a morbosa au-diencia que os levara o éxito, esquecendo o princi-pal, o golazo ou ese regate imposible xamais ollado. O do terreo de xogo, era secundario, vendía máis o acontecido na noite ante-rior.

“Mágico González” era coma un neno grande, inxenuo, transparente. Un rapaz atlético, con gran fortaleza física, e dotado polo seu deus cunha técni-ca inigualable, que o facía sinxelamente único. Jorge, era ante todo, un home bo. Amigo leal e compañeiro. Non tiña nada, porque todo o daba, sen arrugarse, sen vergoña, como algo natu-ral. Lembro que un xornal escribira que o viran des-calzo por unha das rúas máis concurridas do cen-tro. Escándalo! O xornalis-ta descoñecía que as súas modernas zapatillas foran parar aos pés dun mendi-go da cidade. E así, unha

tras outra, mentres a lenda distorsionada ía medrando cada vez máis.

Eu estaba ao seu carón no vestiario, coa sua taqui-lla forrada de estampiñas de virxes que adoraba de forma meticulosa. O do-mingo anterior fixéralle un gol ao Racing de Santan-der, que dera volta por to-das as teles do mundo, mais el, inmutable, como se llo marcara nunha pachanga de verán ao “Atlético Agu-jetas”, chirigota mítica do carnaval gaditano.

Nunha viaxe a Barcelo-na, para enfrontarnos ao Dream Team de Johan Cru-yff, tocoume de compañeiro no avión, onde me confesou que alguén estaba a facer-lle a vida imposible, pero que tiña que aguantar, co seu sambenito, e seguir go-zando da vida. Ataviados co traxe do clube, desfilamos elegantes polo aeroporto, presumindo diante da xente que quedaba a mirar para os futbolistas máis coñeci-dos. El co seu sorriso en-trañable, conectando cos siareiros, transmitindo un bo rollo incrible.

Sempre esperábamos por el, por mor de esquecerse firmando autógrafos os ra-paces, inmersos na tolemia colectiva. Gozaba vendo á xente feliz, ese era o seu soldo. O diñeiro non tiña importancia, só ser feliz.

Jorge González mar-coume goles nos adestra-mentos, pero daquela, ta-mén marcou algo na miña personalidade e concien-cia, en plena formación. Sempre tiven presente a inxustiza que se cometeu con este magnifico futbo-lista, mais a facilidade de encaixar as acometidas fal-sas, que moitas veces tiña que soportar, ensinoume

que ante o talento innato ninguén pode, pero si é vulnerábel a bondade im-poluta da persoa.

“Mágico” demostroulle ao mundo que os intoca-bles, as estrelas falsas, os presumidos, os soberbios, os arrogantes, non forma-ban parte do seu mundo; el era de aquí, da terra, dos rapaces, dos homes e das mulleres que están na praia bañándose, ou no chiringuito tomando unha cervexa. Por esta forma de ser, puiden estar pre-to del moitas veces. Ade-mais de compartir fútbol, puidemos vivir de forma sinxela moitas experien-cia, que quizais quedarán no corazón e no recordo.

É doado, que o escri-bir aquí estas historias pode levar ao lector a pensar, que gardo cousas para min, que non se po-den contar, e pensan ben! Mais, o que si podo dicir a boca chea, que moitas das historias contadas sobre este fantástico futbolista, e mellor persoa, non son verdade, que só buscaban o lucimento do informa-dor de turno, ante á súa audiencia. A nós, os que aínda cremos nos magos, nos verdadeiros reis, sem-pre nos quedará a espe-ranza dun agasallo.

Iso foi, o que fixo Jor-ge “Mágico González” durante a sua carreira, agasallos de fútbol, de amizade e xenerosidade, enchendo o presente de vida, deixando o seu fu-turo baleiro, limpo, como a el sempre lle gustou, e ter a conciencia tranqui-la, e seguir mirando de fronte a vida, sen máis preocupación que ser fe-liz sen pisar a ninguén. miguel Sotelo

Primeiro pola dereita “Mágico González”.

Redacción

O triatleta ourensán Je-sús Carlos Quintas Barros tiña unha espiña cravada desde que o ano pasado se tivo que retirar, por problemas estomacais, da primeira edición dun-ha das travesías “máis complicadas do vello continente”, tal e como se cataloga esta proba. A travesía a nado “Batalla de Rande” é unha proba de ultra fondo para nada-dores experimentados que consta de �� quilómetros de percorrido que cubre o espazo que separa a praia de Rodas nas illas Cíes e o embarcadoiro da Illa de

San Simón.A proba tivo lugar o 6 de

xullo e contou con �1 parti-cipantes, dos cales 16 logra-ron acadar a meta. “Todos os alí presentes nadamos por gusto, por afección e

facemos este tipo de probas como un reto persoal”, co-menta Jesús Carlos, que tar-dou oito horas e seis minu-tos en alcanzar San Simón cumprindo, desta maneira, o seu obxectivo.

Redacción

Lucas Escaneo (Tria-tlón Morrazo) e Silvia Veira (Arcade Inforhouse) proclamáronse gañadores do XXIV Triatlón Vila de Allariz, que se celebrou o 1� de agosto coa partici-pación de 150 deportistas. Coma todos os anos esta proba contou cun gran seguimento por parte dun numeroso público que animou aos participantes ao longo de todo o perco-rrido.

Na proba masculina, Lucas Escaneo partía coma un dos favoritos e cumpriu os prognósticos ao chegar no primeiro lu-gar á meta cun tempo de 1:14:04. A segunda posi-ción foi para Miguel Án-gel Varela (BikeEstrada

Triatlón) a máis de 50 se-gundos (1:14:59), mentres que terceiro foi José Luis Dorado (Mar de Vigo) cun tempo de 1:16:13.

Tampouco houbo sorpre-sas na categoría feminina ao proclamarse vencedora Silvia Veira (Arcade In-forhouse) cun tempo de 1:25:34. Silvia foi moi su-perior e chegou con máis de tres minutos de distan-cia sobre a segunda clasi-ficada, Almudena Vázquez (Mar de Vigo, 1:�8:4�). O terceiro posto foi para Mar Villar (Tríatlon Morrazo) cun tempo de 1:28:50. Na categoría de clubs, triunfos para Motobike Pontevedra (categoría feminina) e Tría-tlón Morrazo (masculina).

A proba disputouse sobre as distancias de 750 metros de natación, �4 quilómetros

de bicicleta e 5.500 metros de carreira a pe. A recollida de dorsais, saída e meta tivo lugar na Alameda de Allariz e a proba disputouse nunhas paraxes espectacularmente belas.

Próxima ediciónEste ano celebrouse a

XXIV edición da proba e a organización está estudando a posibilidade de facer en �014 unha proba relevante a nivel estatal para celebrar as vodas de prata do Vila de Allariz.

Lucas Escaneo e Silvia Veira, vencedores no XXIV Triatlón Vila de Allariz4 Numeroso público animou aos 150 partici-pantes da proba.

O triatleta Jesús Carlos Quintas, único ourensán en completar a Batalla de Rande a nado

Lucas Escaneo chegou á meta cun tempo de 1:14:04 e Veira completou a proba en 1:25:34

Jesús Carlos Quintas.

Page 16: 30 Agosto 2013 - BD Nº 81

BARRIOS DEPORTIVO30 de agosto de �013