29 Xan 2010 - Nº05

24
Número: 5 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 29 de xaneiro de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta [10.000 exemplares directos ás súas mans] BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 10 de febreiro . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 ENTREVISTA Fernando Varela: “Intentamos equilibrar o deporte federado competitivo co deporte como actividade física” páx 2 e 3 Monterrei acolleu o Cross Autonómico e provincial [páx.12-15] FÚTBOL SALA FEMININO Catia Merlini debuta nos Remedios co Ponte Ourense páx 7

description

ENTREVISTA FÚTBOL SALA FEMININO “Intentamos equilibrar o deporte federado competitivo co deporte como actividade física” páx 2 e 3 BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 10 de febreiro . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 [10.000 exemplares directos ás súas mans] páx 7 Número: 5 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 29 de xaneiro de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta Axudas aos clubs O Concelleiro de Deportes, na cancha dos Remedios./ RAMSÉS. P. Lodeiro / R. Torres

Transcript of 29 Xan 2010 - Nº05

Page 1: 29 Xan 2010 - Nº05

Número: 5 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 29 de xaneiro de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta

[10.000 exemplares directos ás súas mans]

BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 10 de febreiro . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

ENTREVISTA Fernando Varela: “Intentamos equilibrar

o deporte federado competitivo co deporte como actividade física” páx 2 e 3

Monterrei acolleu o Cross Autonómico e provincial [páx.12-15]

FÚTBOL SALA FEMININO Catia Merlini debuta nos Remedios co Ponte Ourense páx 7

Page 2: 29 Xan 2010 - Nº05

2 BARRIOS DEPORTIVO29 de xaneiro de 2010

ENTREVISTA

P. Lodeiro / R. Torres

Cales son as liñas bási-cas da política municipal de deportes desde que vostede é concelleiro?

Fernando Varela: “Des-de que chegamos ao go-berno municipal a nosa intención sempre é buscar o equilibrio entre o deporte federado e o deporte como actividade física para os ci-dadáns. Nós cremos que a Concellería de Deporte non só é a concellería dos clubs, e menos dos clubs chama-dos de élite, é unha conce-llería que ten que facilitar o acceso dos cidadáns ao deporte como actividade física”.

Que carencias ten a ci-dade en canto a infraes-truturas deportivas?

F.V.: “Moitísimas, du-rante os últimos 12 anos antes de chegar nós, en ins-talacións deportivas non se investíu nada ou case nada, creo que o único que se in-augurou foi o módulo de at-letismo dos Remedios. No 2009, reformamos en gran parte unhas instalacións deportivas moi necesita-das, sobre todo o campo de fútbol de herba sintética de Santa Cruz de Arrabaldo, un emblema xa. Cremos que grazas a iniciativas como esta, clubs importantes do noso país como o Celta de Vigo e a súa fundación fixeron un clinic de portei-ros, se estivera o campo que había antes supoño que non virían.

E a recuperación que esta-mos a punto de rematar do campo de Oira; tamén é im-portante as pistas interiores de Remedios e a conversión do foxo de saltos en piscina e zona de hidroterapia, nesa liña de intentar equilibrar o deporte federado competiti-vo co deporte como activi-dade física. E por suposto tamén a cuberta de Barrocás, fixemos unha intervención importante nunha pista dun barrio, nesa liña de levar o deporte aos barrios”.

A obra de adaptación

do foxo exterior de Reme-dios, para cando estará lista?

F.V.: “Solicitamos a pró-rroga prevista e esperamos rematala no prazo dun mes, máis ou menos, creo que se non é a finais de febreiro en marzo estará rematada.

Quero dicir que son fon-dos estatais pero a decisión de onde se ten que investir ese diñeiro a tomou este goberno municipal, e creo que a tomou acertadamente investindo case tres millóns de euros en deporte”.

No novo fondo estatal para 2010 pode ir algunha partida para deporte?

F.V.: “É difícil, polas bases; o que vai desde as áreas que dirixo eu aquí no pavillón dos Remedios é unha (partida) relacionada co aforro enerxético; imos dotar a cuberta da piscina de 25 metros de placas so-lares para aproveitamento enerxético”.

En relación a outras pis-cinas, as de pago de Oira, que levan pechadas desde hai tres anos, había un proxecto para adxudicar a súa xestión conxuntamen-te co futuro polideportivo de Eiroás, en que punto se atopa este proxecto?

F.V.: “Esperamos poder adxudicalo en breve, hai un problema administrati-vo, de prazos. Cando falo desta piscina de pago de Oira, gústame facer unha comparación. Este gober-no municipal inaugurou hai uns meses o centro cívico da rúa Colón, iniciouse o expediente estando Manuel Cabezas de alcalde no ano 2005, tardou catro anos; as veces a administración pú-blica vai máis lenta do ne-cesario, pero o expediente sigue adiante.

O proxecto inclúe un cen-tro deportivo en Eiroás e a recuperación das piscinas públicas, pero de pago, de Oira. Sacamos a concurso unha concesión administra-tiva e espero podela adxu-dicar en breve, se non hai ningún problema,.

Ese centro deportivo en Eiroás, máis o centro por excelencia do deporte que é o pavillón dos Remedios máis co polideportivo que queremos facer en Mariña-mansa, creo que dotamos á cidade dos tres centros neu-rálxicos para ter cubertas as instalacións deportivas de Ourense. Creo que en dous anos e medio máis non se pode facer”.

Falar de que esas pisci-nas de pago de Oira pui-deran estar abertas este verán sería demasiado optimista?

F.V.: “Vai ser difícil pero nós falamos xa con varias empresas e din que se se adxudicara en marzo pode-rían estar para agosto.

Se por algún motivo falla este expediente, o goberno municipal ten que iniciar doutro xeito a recupera-ción das piscinas de Oira. De todos modos, son unhas piscinas con repercusión mediática pero os últimos datos din que tiña unha me-dia de 35 persoas ao día. Sei que é importante, sobre todo se a dotamos dunha zona de lecer, porque alí

había unha piscina eu creo excesivamente grande; ao mellor dándolle outro enfo-que e con máis instalacións deportivas ao redor pode-mos ter unha afluencia de público maior”.

E as gratuítas de Oira volven sufrir como outros anos as consecuencias da crecida do Miño...

F.V.: “Si, como outros anos, pero retiramos todos os motores e pezas sempre ao remate da tempada de verán porque sabemos que case sempre pasa esto, aféc-talle, pero o que facemos

sempre polo mes de abril ou maio é a reparación das piscinas”.

Outra futura infraes-trutura deportiva, a pista de atletismo do campus, que vai supoñer para a cidade e quen vai poder usala?

F.V.: “O compromiso que temos do campus e da Universidade de Vigo é que pola cesión que fixo este Concello de terreos para poder construir a pista de atletismo e campo de fútbol e rugbi, sexan utilizados por todos os cidadáns de Ourense e polos seus clubs máis emblemáticos. Esto vai supoñer que os afec-cionados ao atletismo en Ourense non teñan que des-prazarse como fan ás pistas de Monterrei, creo que son moi necesarias as pistas de atletismo en Ourense por-que o atletismo é un depor-te moi practicado na cida-de. E tamén é importante o campo de rugbi, hai que lembrar que a tempada que rematou o rugbi de Ourense en xuvenís foi campión de Galicia, é un deporte mino-ritario pero que ten os seus practicantes”.

Axudas aos clubsFalando de clubs, mino-

ritarios ou maioritarios, cales son as axudas do Concello de Ourense, por exemplo, a clubs como o COB ou o CD Ourense?

F.V.: “Temos unha si-tuación herdada, na que as axudas e subvencións a clubs e entidades depor-tivas sen ánimo de lucro hainas nominativas e outras competitivas. As nominati-vas entran nos orzamentos e son, por desgraza, bastan-te discrecionais. É un tema que a nós nunca nos gustou; somos conscientes que non é fácil rachar con esta her-danza do goberno anterior. Prometimos unha rebaixa aos clubs porque crimos que era desproporcionada a subvención, e así, ao COB e ao CD Ourense reducí-

entrevista a fernando varela

“Intentamos equilibrar o deporte federado competitivo co deporte como actividade física”4 O edil de Deportes de Ourense aborda a sús xestión nestes case tres anos de goberno; re-pasa as infraestruturas deportivas da cidade e analiza a relación da concellería cos clubs.

O Concelleiro de Deportes, na cancha dos Remedios./RAMSÉS.

Page 3: 29 Xan 2010 - Nº05

BARRIOS DEPORTIVO29 de xaneiro de 2010

3ENTREVISTA

moslle un 25% a aportación que recibían cando nós to-mamos posesión. Recibían máis de 200.000 euros, ago-ra reciben os dous 157.000 euros, tanto no 2008 como no 2009.

No proxecto do borrador de orzamentos do Consello Municipal de Deportes que-remos invertir a tendencia e que cada vez haxa máis partida para subvencións competitivas, que é onde entran todos os clubs e cuns baremos máis obxectivos onde non haxa posibilidade de discrecionalidade. Bare-mos como presenza femi-nina, fichaxe de xuvenís, autofinanciación...

Nas nominativas entran eses clubs (COB e CD Ourense) e os clubs que te-ñan algún equipo na máxi-ma categoría, neste caso A Ponte de fútbol sala femini-no e o Atletismo Ourense, e despois os clubs chamados Pavillón, que históricamen-te naceron no pavillón pero que hoxe non dependen para nada do pavillón”.

O presidente do COB queixábase da falta de apoio do Concello e amea-zaba con marchar a fin de campaña se non recibía ese apoio. Explicoulle cal é a forma de implicación que quere do Concello?

F.V.: “As declaracións de Jorge Bermello ían na liña de que el considera que a verdadeira implicación do Concello de Ourense é que entre no consello de admi-nistración, porque, agás eso, o apoio do Concello ao COB é importantísimo este ano e os anteriores.

Que destacaría de 2009 en canto a clubs e deportistas ourensáns?

F.V.: “O primeiro que hai que destacar e o máis importante a nivel clubs é o cambio que ten expe-rimentado o COB. É im-portante que o COB meta unha media de 3.000 per-soas no pavillón, sabemos que hai unha operación de márketing moi ben dese-ñada pola nova directiva e creo que eso sí é loable recoñecelo.

E o Club Deportivo Ourense foi unha mágoa o ano pasado, que perdeu o último partido para o ascenso. Sei que Juan Pé-rez, o presidente do CD Ourense está facendo un traballo importante; creo que tampouco teñen que ter moita presa, o Lugo estivo varios anos en Ter-ceira e foi asentándose

para subir a Segunda B, que eu creo que polo menos é a categoría do CD Ourense.

Temos que destacar o as-censo en feminas e homes do Academia Postal a División de Honra. Tamén o traballo importante que fai A Ponte non só na base, nas escolas que ten, senón en División de Honra en feminino fútbol sala e por suposto o traballo que se está a facer no volei-bol de Ourense, teñen unha escola a destacar, e creo que en féminas van recuperar unha categoría importante no volei estatal.

En hoquei herba Ourense ten un montón de clubs que fan un traballo importante, e terán para o ano que vén o polideportivo de Oira, sa-bedes que en inverno xogan en hoquei sala.

É unha mágoa o que pasou en 2009 coa des-aparición de fútbol sala

masculino, creo que é a demostración dunha mala xestión, de non facer un traballo asentando as ba-ses e un mal entendemen-to entre dúas persoas.

E por suposto, Iván Salgado é impresionan-te, parece que non somos conscientes do valor que ten Iván Salgado, un rapaz moi novo, gran mestre in-ternacional e subcampión do mundo sub-18. Iván Salgado terá sempre o re-coñecemento do Concello de Ourense.

E en natación, o Pavillón é un club importante, e ta-mén temos que destacar que en fútbol base por primeira vez o Pabellón de fútbol ten un equipo xuvenil en División de Honra e outro equipo na división anterior, eso demostra o traballo im-portante que fai a base do Pabellón de fútbol.

Pero máis este ano porque cremos que a directiva de Jorge Bermello está facen-do un traballo importante de implicación da cidade e da provincia neste proxec-to. Agora ben, que o Con-cello de Ourense entre no consello de administración non é unha decisión baladí, a tomar a lixeira, temos que dicir que este goberno mu-nicipal tamén herdou a par-ticipación nesas accións, un 24% do accionarado, e nós non cremos que esas ac-cións nos impliquen máis que dicir se temos benefi-cios ou non. O que si nos implica é a subvención que lle concedemos e aí si que lle facemos un seguimento.

Desexamos que o COB teña todos os éxitos deporti-vos e económicos posibles, e a diferenza con Jorge Ber-mello sobre o tema do con-sello de administración non creo que é unha decisión que teña que tomar a Con-cellería de Deportes, senón todo o goberno municipal”

Dá a impresión de que os clubs cando teñen pro-blemas económicos por mala xestión chaman ás portas da administración para que lles solucionen as contas...

F.V.: “Historicamente sí, despois, cando o CD Ourense ten a sorte de su-bir a Segunda aparecen es-pecímenes de fóra e parece que fan un despilfarro e un uso indebido de todo o or-zamento, como pasou con Bahía, a última vez que es-tivo na Segunda División. Cando descende a Segunda B e Terceira División como

por desgraza está agora si chaman ás portas das admi-nistracións públicas.

Creo que é un erro gran-de, os proxectos deportivos teñen que manterse cunha base importante, cun apoio privado importante e cunha aportación, que non pode ser decisiva, da adminis-tración pública. A admi-nistración pública está para atender outras necesidades. É importante que Ourense teña referentes en deportes pero a Concellería de De-portes ten que ter outros obxectivos que gastarse case 400.000 euros nestes clubs”.

AtletismoEn Lugo hai un circui-

to de carreiras populares. O Concello pensou facer algo así aquí?

F.V.: “Estivémolo pen-sando; creo que unha idea así igual ou parecida sería moi interesante, moi bo-nita. Nós, a parte de darlle un empaque á San Martiño, manténdoa entre as dez pri-meiras populares a nivel es-tatal, recuperamos carreiras históricas como a carreira nocturna das festas. Tamén fixemos carreiras populares nos dous barrios máis po-pulosos da cidade, A Ponte e O Couto; a nosa idea ta-mén é facer outra no barrio de A Carballeira, temos va-rias peticións, e na medida do posible faremos máis ca-rreiras, non sei se como en Lugo, pero si cremos que é importante que a Conce-llería de Deportes invista en iniciativas dese tipo, de atletismo popular”.

Fernando Varela, nas bancadas da cancha central dos Remedios. /RAMSÉS.

rePaso ao dePorte oUrensÁn

“Parece que non somos conscientes do valor que ten Iván Salgado”

“A Concellería de Deportes ten que ter outros obxecti-vos que gastarse case 400.000 euros nestes clubs”

“Queremos que cada vez haxa máis partida para sub-vencións competitivas, que é onde entran todos os

clubs e cuns baremos máis obxectivos”

“É importante que o COB meta unha media de 3.000

persoas no pavillón”

“É unha mágoa o que pasou en 2009 coa desaparición de fútbol sala masculino”

Page 4: 29 Xan 2010 - Nº05

4 BARRIOS DEPORTIVO29 de xaneiro de 2010

BALONCESTO

Pabellón suma, Carmelitas resta4 Dinámicas distintas dos dous equipos ourensáns de Liga Feminina 2 de ba-loncesto.

4CLASIFICACIÓNEquipo PG-PP

1.- Extrugasa 13-3 2.- Ensino 13-2 3.- Cajacanarias 12-4 4.- Pío XII 12-4 5.- Burgos 12-3 6.- Bembibre 10-6 7.- Valbusenda 9-7 8.- U. de Ferrol 9-7 9.- Aros 6-10 10.- Adba 6-10 11- Badajoz 6-10 12.- P. Ourense 5-11 13.- Cáceres 2-14 14.- Arxil 2-13 15.- Carmelitas 1-14

Ramsés Torres

As xornadas pasan e o tempo se acurta. Mentres que Pabellón Ourense suma e segue, Codigalco Carme-litas non gaña e lle resta menos tempo para saír do pozo.

Pabellón OurenseNa xornada 17, Pabellón

Ourense visitaba a cancha

de Badajoz, club sumido nunha crise económica polo que moitas xogadoras teñen abandonado o barco. Por este motivo, as xogadoras de Lisardo Rodríguez tiñan que aproveitarse desta si-tuación do equipo extreme-ño; o Pabellón non deixou perder a ocasión. Vitoria fá-cil (64-80) e o equipo situa-se 12º con 5 gañados e 11 perdidos e o que é máis im-

portante, deixa a 3 triunfos o play off de descenso.

Nas dúas próximas xor-nadas, dous equipos de entidade enfróntanse ás ourensás. Así, o 30 de xa-neiro, visitan a cancha do líder, o equipo de Vilagar-cía de Arousa, Extrugasa (13 vitorias, 3 derrotas), e o sábado 6 de febreiro ás 20 horas nos Remedios, o Burgos (5º con 12 vitorias e

3 derrotas) devolve a visita da primeira volta.

Codigalco CarmelitasDistinta sorte está a ter o

Codigalco Carmelitas que nesta primeira participación na Liga Feminina 2 non lle colle o pulso á liga e cunha soa vitoria (contra o Pabe-llón Ourense) ocupa a últi-ma posición con 1 vitoria e 14 derrotas. Os próximos partidos do Carmelitas se-rán o sábado 30 de xaneiro ás 19.15 horas no pavillón do colexio Carmelitas con-tra o Badajoz (11º con 6 partidos gañados e 10 per-didos), e sete días máis tar-de visita a cancha do Arxil, nun duelo importantísimo xa que, os dous conxuntos están no fondo da clasifica-ción. Arxil é 14º con 2 vito-rias e 3 derrotas.

Dous equipos xogarán polo play off de descenso,

Emily Heikes loitando por roubarlle o balón a Vives do Cajacanarias. /RAMSÉS

e parece claro que estes dous postos se dilucirán entre Arxil (2-13), Cáceres (2 vitorias e 14 derrotas) e o propio Carmelitas (1-14). O seguinte equipo na clasi-ficación é o Pabellón pero xa está con cinco vitorias. As xogadoras adestradas polo alaricano Tito Fernán-dez necesitarán un pouco de sorte e o apoio da afección (como o teñen en todos os partidos) para conseguir o obxectivo da permanencia na LF2.

Adeus e olaA americana Emily Heikes

abandona o club por moti-vos persoais e no seu lugar veñen dous reforzos para o tramo final da liga, dúas, a base Renee Taylor e a pívot Rachill Robinson, substituta natural de Heikes.

Sherwood lanzando a canastra no encontro contra o Pío XII nos Remedios. /RAMSÉS

O Carmelitas xoga en casa o sábado 30 de xaneiro, ás 19.15 horas contra o BadajozO Pabellón Ourense xoga en casa o sábado 6 de febreiro, ás 20 horas, contra o Burgos

Page 5: 29 Xan 2010 - Nº05

BARRIOS DEPORTIVO29 de xaneiro de 2010

5BALONCESTO

A fin de semana do 30 e 31 de xaneiro non hai liga por disputar-se o Copa Prínci-pe de Asturias

Dous partidos seguidos ten o COB en casa, contra o Kics Ciudad de Vigo o venres 5 de febreiro ás 21 horas e contra o líder Melilla o mércores 10 de febreiro ás 21 horas

O Aguas de Sousas Ourense perde fuelle4 Catro derrrotas consecutivas no 2010.Ramsés Torres

A costa de xaneiro no Aguas de Sousas Ourense non é no económico (o pre-sidente di que o pago aos xogadores está ao día), se non no deportivo. E é que o COB leva catro derrotas consecutivas e non coñece a vitoria neste recén es-treado 2010. A última de-rrota en Burgos na pasada xornada foi por tres puntos de diferenza (79-76), pero con outra imaxe distinta á demostrada no anterior des-

prazamento, onde perderon contra o León por 20 pun-tos. Agora o COB ocupa a 12ª posición con 9 vitorias e 11 derrotas a unha vito-ria da loita polo play off de ascenso e dúas vitorias por enriba do play off de des-censo.

As próximas citas do Aguas de Sousas Ouren-se son no Pazo Paco Paz diante da súa afección. A primeira delas é o venres 5 de febreiro ás 21 horas, no derbi galego da xornada contra o Kics Vigo (4 gaña-dos e 16 perdidos). Será un

4CLASIFICACIÓNEquipo Gañados Perdidos 1.- Melilla 15 4 2.- CAI Zaragoza 14 6 3.- Vivemenorca 14 6 4.- La Laguna 13 75.- Leche Río 12 8 6.- Burgos 12 8 7.- León 11 9 8.- Girona 10 10 9.- Cáceres 10 10 10.- La Palma 10 10 11- Mallorca 10 10 12.- Ourense 9 11 13.- Clínicas Rincón 8 12 14.- Tenerife 8 12 15.- Palencia 7 13 16.- Cornellá 7 13 17.- Tarragona 6 14 18.- C. de Vigo 4 16

partido moi importante, xa que o Vigo ocupa a última praza e pode distanciarse un pouco máis dos postos de abaixo. O Kics vén de gañar en Vigo contra o líder Melilla o que significa que non vai ser un partido fácil para o equipo adestrado por Paco García.

O seguinte partido, tamén no Paco Paz, será o mérco-res 10 de febreiro contra o líder Melilla (15 vitoras e 5 derrotas). Esta tónica ne-gativa ten que mudar se o equipo ourensán non quere pasar apuros de cara ao final

Lucho Fernández reboteando un balón baixo o aro e coa atenta mirada dos seus com-pañeiros Ogirri e Salva Arco./RAMSÉS

4 Na derrota contra o Xiria perdeu toda opción de meter-se na fase de ascenso.Redacción

Duro revés o recibido polo Ourense Capital Ter-mal ao perder na cancha do Xiria (56-45), o que os leva a non ter opcións para xogar a fase de ascenso e ter que loitar para non descender. O partido con-tra o Xiria foi un querer e non poder e proba diso foi o 1/20 en tiros de tres (5% de acerto). O ABO se que-dou con 45 puntos ao final do partido, e é que cando a “pelotita” non quere en-trar nada se pode facer.

Agora ao ABO tócalle xogar o último partido da fase regular contra o Es-tudiantes de Lugo no que será un partido de puro trámite, xa que está todo decidido. Despois deste partido haberá un parón

dunha semana para reanudar a competición para a perma-nencia, que se xogará contra equipos doutro grupo. Catro equipos dos nove que parti-cipan nesta fase pola perma-nencia descenderán. O ABO non debería ter problemas para manterse na liga EBA pero todo está todo por de-cidir, xa que o obxectivo do club era xogar polo ascenso e ao final...

4CLASIFICACIÓNEquipo Gañados Perdidos 1.- Oviedo 15 1 2.- Chantada 13 3 3.- Ferrol 11 6 4.- Marín 10 7 5.- E. Otero 8 96.- Xiria 8 9 7.- ABO 7 10 8.- Obradoiro 5 12 9.- Lugo 4 12 10.- U. Oviedo 2 14

de tempada e acadar canto antes a permanencia.

O ABO, na loita pola permanencia

Page 6: 29 Xan 2010 - Nº05

6 BARRIOS DEPORTIVO29 de xaneiro de 2010

FÚTBOL

4O Ourense non colle o ritmo axeitado nesta liga e alónxase da promoción de ascenso,

que a ten xa a catro puntos. Coa nova fichaxe do ourensán Borja Yebra o equipo espera

recuperar o terreo perdido.

Redacción

C.D. Ourense vén de em-patar a un tanto no campo do Alondras, noveno clasi-ficado da Terceira División grupo primeiro do fútbol. Este empate fai que o equi-po ourensán se alonxe un pouco máis dos postos de promoción de ascenso á Se-gunda División B, e aínda que siga de quinto, agora ten a cuarta posición a catro puntos e o liderato, que os-tenta o Deportivo B, a 11.

Na próxima xornada os ourensáns non xogan, xa que lle tocaba enfrontarse contra o Cidade de San-tiago, equipo que desapa-receu hai varias xornadas. O domingo 7 de febreiro, C.D. Ourense desprázase ata o campo do Negreira, e o domingo 14 de febreiro, recibe a visita do líder, De-portivo B.

O CD Ourense xa conta co xogador Borja Yebra, que será a fichaxe de inver-no para tentar alcanzar aos postos da promoción.

En Verín todo igualO Verín, que nesta xor-

nada descansou, segue no pozo da clasificación e can-to menos tempo queda, máis lonxe está a salvación para o equipo ourensán. Con tan só oito puntos en 19 parti-dos xogados (ten un apraza-do) os de Tonino están prac-ticamente condenados ao descenso. O domingo 31 de

xa-neiro, a par-tir das catro e media da tarde, no José Arjiz, os da comarca de Monterrei te-ñen a que pode ser a últi-ma opción de manter viva a esperanza da salvación, xa que mídense ao Ne-greira, equipo que limita a salvación do descenso, é 16º con 22 puntos, a 14 do Verín, que de gañar que-daría a 11 e mantería viva unha semana máis a pouca chama que lle queda nesta Terceira División.

O equipo desde que o adestra Fonsi Valverde non perdeu ningún encontro, unha vitoria e dous empates

4CLASIFICACIÓN Equipo Puntos1.- Depor B 47 2.- Cerceda 45 3.- Narón 41 4.- Coruxo 40 5.- Ourense 36 6.- Ordes 33 7.- Pontevedra B 30 8.- Vilalonga 30 9.- Alondras 29 10.- C. Areas 27 11- Vilalbés 25 12.- Berganitños 25 13.- Lalín 24 14.- Céltiga 24 15.- R. de Bouzas 22 16.- Negreira 22 17.- Sta. Comba 22 18.- Somozas 14 19.- Verín 8

C. D. Ourense alónxase da promoción

Fonsi Valverde. /R.T.

Redacción

O Pabellón xuvenil dis-putou o partido aprazado no seu día polas inclemencias do tempo, contra o Sportin-go de Xixón, que tivo como resultado final o empate a cero goles. Con este resul-tado e a vitoria en casa o pasado domingo, o equipo pabellonista aséntase na dé-cima posición da clasifica-

O Pabellón Ourense C.F. suma para asentarse na liga4 Marcha en décima posi-ción da clasificación e se alo-nxa dos postos de descenso.

ción con 22 puntos. Os de Regal tócalles vi-

sitar a cancha da Junquera este domingo, 31 de xanei-ro para xogar contra o Pon-tevedra, sétimo clasificado cinco puntos pro enriba do Pabellón. Na primeira vol-ta vencera o equipo ponte-vedrés nos Remedios por cero goles a un. O Pabellón volve xogar en casa o 7 de febreiro ante o Bansander.

Miguel Peru, do Pabellón C.F. da un centro pola banda no partido aprazado contra o Sporting. /RAMSÉS

Page 7: 29 Xan 2010 - Nº05

BARRIOS DEPORTIVO29 de xaneiro de 2010

7FÚTBOL SALA

O sábado 30 de xaneiro, ás 17 horas en Os Remedios: Ponte Ourense - Móstoles.

A nova xogadora do Ponte Ourense, Catia Merlini debutou con gol que non lle valeu ás pontinas para levarse os tres puntos en La Rioja

Ponte Ourense, na metade da táboa de División de Honra4 Ocupa a novena posición con 21 puntos.Redacción

O equipo dirixido por Isi-dro Grela, o Ponte Ourense, ocupa a novena praza da División de Honra do fút-bol sala feminino, con 21 puntos en 16 xornadas dis-putadas.

As ourensás veñen de perder en La Rioja contra o Diamante por tres goles a dous e tras ir detrás no mar-cador durante gran parte do partido. Neste partido fixo o debut coa camiseta pontina, a brasileira Catia Merlini (quen non puidera xogar o anterior partido) marcando o segundo gol das pontinas minutos antes do final do

partido.Con esta derrota, Ponte

Ourense perdería toda op-ción de entrar na Copa da Raíña senón fóra porque son as anfitrionas da copa que se disputará do 8 ao 11

de abril na nosa cidade.O sábado 30 de xaneiro, o

equipo pontino xogará con-tra o terceiro clasificado da liga, o Móstoles (35 puntos) no que suporá o remate da primeira volta da liga regu-

lar e se decidirá que equipos acompañan a Ponte Ourense na copa da Raíña. O Mósto-les é o máximo goelador da liga, leva 99 tantos, e conta nas súas filas coa ex-ponti-na, Andrea Feijoo, xogado-ra decisiva na fase de as-censo a División de Honor que disputou o equipo na tempada que ascenderon, a 2006/2007. Tamén conta con Patricia Jornet, máxima anotadora do torneo con 22 goles, e coas internacionais por España, como a porteira Eva e Bea Martín.

As xogadoras do Ponte Ourense defendendo unha falta contra o Castelldefels. /RAMSÉS

Gran vitoria do Cidade As Burgas4 Colócanse cuartas.Redacción

O Cidade de As Burgas logrou unha importante vitoria na cancha do Leis Pontevedra por dous goles a cinco. Con este resultado as ourensás situanse en cuarta posición a catro puntos das

líderes, o Majadahonda, no grupo IV da División de Prata do fútbol sala.

Na próxima xornada as xogadoras dirixidas por Manolo Codeso descan-sarán e á seguinte xogan fóra contra o Casarrubios, partido que deben gañar se

Partido do Cidade en casa contra o Salamanca. /RAMSÉS

4CLASIFICACIÓNEquipo Puntos1.- Córdoba 38 2.- Elche 37 3.- Móstoles 35 4.- Navalcarnero 31 5.- Valladolid 28 6.- Murcia 27 7.- Burela 27 8.- Rioja 26 9.- Ponte Ourense 21 10.- Zaragoza 21 11- Logroño 19 12.- Gironella 17 13.- Soto del Real 15 14.- Campillos 12 15.- Castelldefels 8 16.- Telde 6 17.- Torrejón 2

4CLASIFICACIÓNEquipo Puntos 1.- Majadahonda 28 2.- Alcorcón 28 3.- Combarro 25 4.- Cidade As Burgas 24 5.- Leganés 24 6.- Chiloeches 21 7.- Leis 18 8.- C. Villalba 15 9.- Unami 13 10.- Casarrubios 7 11.- U. de Salamanca 6 12.- Road House 0

queren aspirar a todo nesta liga.

O próximo partido en casa teremos que esperalo ata o sábado 13 de febrei-ro contra o Leganés, quin-to clasificado empatado a puntos co Cidade.

Page 8: 29 Xan 2010 - Nº05

8 BARRIOS DEPORTIVO29 de xaneiro de 2010

FÚTBOL INDOOR

Ponte B gañou na final ao Ponte A por sete goles a 6

Miguel Rejo

O xoves 28 de xaneiro comezaron os actos da ho-menaxe ao porteiro ouren-sán Miguel Ángel coa ce-lebración dos partidos da II Copa de España Fútbol Indoor Infantil que disputa-ban os equipos de A Ponte A e B, Carballeira, Maris-tas, Mariñamansa e Vista-hermosa.

Tras unha tarde de en-contros infantís, os dous equipos da Ponte chegaron á final, vencendo por 7 a 6 o Ponte B ao Ponte A. Deste xeito o Ponte B loi-tará noutra fase galega por seguir ascendendo e che-gar a derradeira fase contra equipos do resto de España e ser o mellor desta Copa de España Fútbol Indoor

O Fútbol Indoor por primeira vez en Ourense4 Deportivo e Real Madrid xogan no pavillón dos Remedios coincidindo coa homenaxe ao ex porteiro Miguel Ángel.

Infantil, que move preto de 10.000 rapaces ao longo da xeografía española.

Os actos continúan o día 29 pola mañá, as 13:00 ho-ras, co descubrimento dun-ha placa conmemorativa no campo de fútbol, que pasa a chamarase Miguel Ángel.

E como peche destes ac-tos, o prato forte, a segunda xornada da Liga de Fútbol Indoor entre o Real Madrid e o Deportivo.

É a primeira vez que se disputa na nosa cidade un partido desta liga creada fai tres tempadas e compos-ta por nove equipos, Real Madrid, Deportivo, Sevilla, Betis, Real Sociedad, Va-lencia, Atlético de Madrid e Bilbao, que gañaron al-gunha vez un título de liga de fútbol profesional, sendo

moi posible que o ano que vén aumente ou varie o nú-mero de equipos participan-tes.

Quen se acerque a central do Pavillón dos Deportes o venres ás 19:00 horas po-dera ver a vellas glorias do Deportivo como Songoó, Elduayen, Manjarín, Fran, Donato, Djalminha, Barral, Repi, Naybet e Manuel ou do Real Madrid como Al-fonso, Amavisca, Dani, Jaro, Mate e algúns outros que aínda están sen confir-mar como Buyo. O arbitro da contenda será Rafa Gue-rrero, que dirixirá os dous tempos de 30 minutos que dura o partido.

Cabe salientar a participa-ción no Deportivo de Djal-minha, vido expresamente do Brasil para este partido,

despois visitará Riazor o sábado para ver o Deporti-vo contra o Real Madrid da Primeira División, e voltará ao seu país.

Nesta Liga de Fútbol Indoor o Deportivo nun-ca gañou ao Real Madrid, e espérase que a cancha central do pavillón dos Re-medios sexa talismán para eles e gañen por fin, algo que xa fixeron na primeira edición deste torneo na que conseguiron Liga e Copa. A segunda edición foi o Barcelona quen se levou todo, estando esta terceira edición sen un candidato claro e con todos con op-cións reais de levarse o tor-neo despois de dúas xorna-das de competición.

4 O protagonistaPara Miguel Ángel “é

unha satisfacción que se lembren de min, que le-vei o nome de Ourense sempre por ahí adiante, e gusta ser querido na tua cidade”.

Hoxe en día entrea a porteiros da canteira do Real Madrid, facendo xa 42 anos que cruzou a por-ta de entrada do clube ma-dridista. Como bo ouren-sán segue a actualidade do deporte da súa cidade, colaborando co trofeo do mellor porteiro que leva o seu nome, e tendo unha espina por non poder ver despuntar a ningún paisa-no. Partido do Campionato de España de infantís celebrado no pavillón dos Remedios. /DEL RÍO

O ex porteiro Miguel nos Remedios durante o campionato infantil de fútbol Indoor. /DEL RÍO

Page 9: 29 Xan 2010 - Nº05

BARRIOS DEPORTIVO29 de xaneiro de 2010

9FÚTBOL SALA

Miguel Rejo

Na liga provincial o Feás xa se distancia no primeiro posto con dúas victorias consecutivas. A Corna-Aceites Abril afianzase no segundo posto tras inter-por un recurso tralo par-tido contra o Concello de Amoeiro e gañalo por ali-neación indebida. Nunha marxe de tres puntos están o Concello de Amoeiro, Cortegada, Barreras de Se-guridad, Escornaboys e At-lético Feijoo. Por abaixo o Beariz segue sen puntuar e alónxase da salvación xor-nada tras xornada.

En primeira local o Cons-trucciones Piñeiro ve peri-gar o liderato porque nos dous últimos partidos só sacou un empate, mentres os seu perseguidores xa es-tán a dous puntos e, depen-dendo desta xornada, pode perder o liderato se perde contra o Seixalvo (vai quin-to) e o Lasider gaña o Cons-trucciones Costa ou o Kanal Kolor gaña o Loterías Anta. O que é seguro que o Bar-badás xa venceu o Sistemas Salgado, que por non estar o día perdeu a xornada an-terior e vai perder esta ta-mén, puidendo abandonar o faroliño vermello a favor do San Marcos se perde cos Diablos Vermellos.

En canto a segunda local, todo está máis claro. O Mc-donalds vai líder con nove puntos de diferenza sobre o segundo, o Magdalena, que poden ser dez se lle gaña este sábado. Entre o Mag-dalena, segundo, e o Re-creativo Saiz, quinto, só hai catro puntos de diferencia.

Denuncia do estado das instalacións

Nesta tempada da que xa levamos unha volta dende a Federación de Fútbol Sala de Ourense e os propios clubes estase a denunciar

o deterioro das instala-cións deportivas nas que se practica este deporte. En Ourense xógase nas can-chas municipais de A Car-

balleira e A Feira. A da Car-balleira ademais do estado dos vestiarios e da falta de auga quente moitas veces, agora súmase a falta de luz no transcurso dos partidos, tende que ser suspendido temporalmente moitos de-les. Na Feira xa non se vai xogar moito polo seu estado e por non dispor o Concello unha persoa que estea alí de responsable. A de Oira este ano está en obras e vere-

mos se podemos disfruta-la. A outra cancha na que se demandan melloras é a de Coles, que tras unhas tempadas esperanzadoras

Continúan disputándose as ligas locais de fútbol sala4 Pasouse o ecuador das competicións.

(con marcador inclui-do) agora parece que xa non interesa este deporte. Vexamos: non hai ningún responsable na cancha, non hai chaves dos vestia-rios algunhas veces, algun-has liñas están sen pintar..., por todo isto a Federación está plantexando deixar a cancha de Coles se aparece outra preto de Ourense.

Dende este xornal face-mos un chamamento para

que os responsables de arranxar estas instalacións se poñan mans a obra e in-vistan nelas, que é investir no deporte.

O Carballiño acollerá este sábado 30 e domin-go 31 a fase final da Copa Galicia ou Copa Xunta. O sábado ás 17:00 horas no pavillón Paco Chao, Lobe-lle e Cidade de Narón xo-garan a primeira semifinal e despois, ás 19:00 horas o

Azkar Lugo co Parrulo. A estas semifinais chegan os dous máximos represan-tantes do fútbol sala gale-go na división de honra, Lobelle e Azkar, e outros dous de primeira Nacional A, o Cidade de Narón e o Parrulo.

Para os amantes deste deporte é unha cita in-eludible para ver un dos

dous mellores equipos de fútbol sala deste país. A fi-nal será o domingo 31 ás 12:00 horas no polidepor-tivo Paco Chao.

4 Copa Xunta de GaliciaO 30 e 31 de xaneiro, en O Carballiño.

O mellor do fútbol sala galego, o Azkar Lugo e o Lobelle de Santiago, xogan a Copa Galicia en O Carballiño

Desde a Federación Ourensá de Fútbol Sala reclámase a mellora das instalacións nas que se xogan os partidos de liga local

Page 10: 29 Xan 2010 - Nº05

10 BARRIOS DEPORTIVO29 de xaneiro de 2010

BALONMÁN

O sábado 30 de xaneiro, ás 17 horas, as xuvenís do Pabellón xogan contra o Coia

O Pabellón Ourense mantense na zona media da táboa4 Os xuvenís o están a pasar peor no ecuador das ligas.Redacción

O Pabellón Ourense de balonmán perdeu contra o Rocamar de Pontedeume e colócase quinto na 2ª Auto-nómica masculina, con 13 puntos e a catro do líder, Seis do Nadal de Coia, no que foi a última xornada da primeira volta.

O partido contra o Ponte-deume era moi importante xa que os dous equipos es-taban empatados a puntos. Ao final a vitoria caeu do lado do equipo local por 27-23. Con esta derrota o Pabellón descólgase da ca-beza e situase a dous puntos do segundo, terceiro e cuar-to clasificado e catro do primeiro. O pabellón leva nesta liga seis partidos ga-ñados, un empatado e catro perdidos.

A próxima xornada, o Pabellón volve xogar fóra, nesta ocasión contra o seu inmediato perseguidor, o Peguform, que está a tans só un punto (12 puntos) dos ourensáns. O sábado 13 de febreiro, o equipo volve xo-gar no anexo do Pavillón, na xornada 13 da liga, Medira-se contra o Calfoncal La-vadores, sétimo clasificado con 11 puntos e a dous dos pabellonistas. Estes dous próximos partidos poden marcar o devir do Pabellón Ourense nesta competición e gañando asentaríanse nos postos altos da táboa.

Xuvenil femininoAs rapazas do Pabellón

Ourense perderon na an-terior xornada (a 15ª), da División de Honra xuvenil feminina da fase territorial

ante o Narón por sete goles de diferenza (31-24), o que as coloca en décima posi-ción de 14 equipo, con seis vitorias, nove derrotas e 12 puntos no seu casilleiro.

O sábado, 30 de xaneiro, a partir das cinco da tarde no anexo do pavillón, o equipo xuvenil feminino enfróntase ao Seis do Nadal Coia, que marcha sexto na clasificación con 17 pun-tos.

Xuvenil masculinoO equipo xuvenil mas-

culino está mergullado na táboa da División de Honra xuvenil masculina da fase territorial, penúltimo clasi-ficado (11º) con catro pun-tos. Tan só dúas vitorias é a bagaxe do equipo xuvenil do Pabellón que recibiu un duro correcional na pasada

xornada contra o Seis do Nadal (37-20), equipo que ocupa a zona media da tá-boa. Agora tócalle xogar novamente fóra, contra o Xiria que está na sétima posición. Para velos xogar en casa haberá que esperar á xornada número 15, o día 7 de febreiro, cando se en-frontan contra un rival di-recto, o Cangas, que está un posto por enriba e con dous puntos de diferenza.

4CLASIFICACIÓNSéniorEquipo Puntos1.- Coia 17 2.- Meaño 15 3.- Conxo 15 4.- Pontedeume 15 5.- P. Ourense 13 6.- Perguform 12 7.- Calfoncal 11 8.- Viveiro 10 9.- Poio 7 10.- Calicia Social 7 11- Chapela 5 12.- Narón 1 Xuvenil femininoEquipo Puntos1.- Porriño 28 2.- Rasoeiro 28 3.- Calfoncal 26 4.- S.A.R. 20 5.- Guardés 18 6.- Coia 17 7.- Teucro 15 8.- Lalín 13 9.- Porriño-Salceda 12 10.- P. Ourense 12 11- Narón 11 12.- O. Vigo 513.- Ribeiro V. Costeira 4 14- Moaña 1Xuvenil masculinoEquipo Puntos1.- Cisne 24 2.- Octavio 22 3.- Teucro 20 4.- Coia 18 5.- Novás 16 6.- Calfoncal 15 7.- Xiria 10 8.- Lalín 8 9.- Rasoeiro 7 10.- Cangas 6 11- P. Ourense 4 12.- Pegurform 2

Unha xogadora do pabellón entre dúas adversarias. /RAMSÉS

Unha xogadora do Pabellón Ourense se dispón a tirar á portería do Moaña. /RAMSÉS

O Ribeiro Viña Costeira de Ribadavia de xuvenil feminino ocupa a penúlitma posición (13ª) da liga con catro puntos

Page 11: 29 Xan 2010 - Nº05

BARRIOS DEPORTIVO29 de xaneiro de 2010

11VOLEIBOL

Na liga zonal xuvenil participan cinco equipos da provincia de Ourense

O CV Ourense vitoria tras vitoria4 O equipo masculino na cola do pelotón.Redacción

Tras 14 xornadas dispu-tadas da 1ª división mas-culina o Ourense de vo-leibol está situado na 10ª

posición, penúltimo, con 2 partidos gañados e 11 per-didos, polo que ten un total de 15 puntos. A xornada pa-sada caeu contundentemen-te por tres sets a cero contra

o Arqo Rianxo. O sábado 30 de xaneiro, ás 20 horas, na cancha de O Pompeo do Instituto Otero Pedraio, pelexará polos dous puntos contra u Conxo, nun impor-

tante partido, xa que o rival está un posto por enriba dos ourensáns e empatados a puntos.

2ª División A femininaNa 2ª División A femini-

na, liga na que milita o CV Ourense e o Dompa Ges-tión, o CV Ourense está nos postos altos da clasifica-ción, concretamente segun-do a un punto do primeiro, Boiro, e cun partido menos. O CV Ourense non coñece a derrota no que vai de liga e nos seus dez partidos dis-putados todos son triunfos. Na próxima xornada visita a cancha do Narón, cuarto clasificado.

Na outra cara da moeda encóntrase o outro equipo ourensán, Dompa Gestión, que ocupa o segundo posto, pero pola parte de abaixo desta liga, en 11 partidos só venceu en dous deles e per-deu nos nove restantes. Na próxima xornada o Dompa Gestión descansa.

Canteira do Club Voleibol Ourense.

Liga Zonal xuvenil fe-minina

A liga zonal xuvenil femi-nina, o Carmelitas Vedruna Aceites Abril sénior ocupa o primeiro lugar da táboa clasificatoria tras nove xor-nadas. Na segunda posición cos mesmos puntos (10) si-túase o Dompa Gestión B. De terceiro o Divina Pas-tora conta con 10 puntos, o que supón un triple empate na cabeza da liga, aínda que o Dompa conta cun partido menos. Pola parte de atrás, Xarandeiras de Amoeiro e Carmelitas Vedruna Acei-tes Abril xuvenil ocupan os últimos postos con seis

puntos cada un. O sába-do 30, ás 12.30 horas en A Carballeira disputarase o partido aprazado entre o Dompa Gestion Senior B e CVO Divina Pastora. O único partido desta xorna-da, a número 10, será entre os equipos do Carmelitas Vedruna Aceites Abril Xu-venil e o C. Xarandeiras de Amoeiro.

As xuvenís do Carmelitas Aceites Abril.

Page 12: 29 Xan 2010 - Nº05

12 BARRIOS DEPORTIVO29 de xaneiro de 2010

ATLETISMO

Cita co atletismo en Monterrei4 Disputáronse no complexo deportivo os Campionatos Galego e Provincial de campo a tra-vés e o Memorial Alejandor Lorenzo.

Un intratable Hassan Lekhili gaña o cross curto autonómico4 Aventaxou en 14 segundos ao segundo cla-sificado.Ramsés Torres

O complexo deportivo de Monterrei (Pereiro de Aguiar) foi o epicentro do atletismo galego o domin-go 17 de xaneiro, data na que se celebrou o Memorial Alejandro Lorenzo e o 3º cross Ourense Capital Ter-mal, campionato galego de cross curto por equipos.

No memorial Alejandro Lorenzo participaron máis de 300 atletas, de 26 clubes

de toda Galicia, engloban-do as categorías benxamín, alevín e infantil. En canto á participación ourensá, os do Benchosey acadaron a terceira posición en benxa-mín feminino e os rapaces da Escola de Atletismo Academia Postal consegui-ron a terceira posición en alevín feminino e a mesma posición das colexialas en infantil feminino.

En canto ao 3º cross cur-to Ourense Capital Termal,

campionato galego de cross curto, en categorías inferio-res, destacar o segundo pos-to por equipos, do ADAS Proinor de O Barco de Val-deorras e o terceiro posto de Violeta Portero do club valdeorrés.

As mulleres do Academia Postal de categoría absoluta ocuparon o terceiro caixón do podio, entrando en meta Alicia Folgar (10), Consi Gómez (11), Iria Fernández (17) e Xoana Roig (19) en

senior, sendo a vencedora da proba a atleta do Come-saña Sporting Club, Marta Fernández. A compañei-ra de club desta primeira, Sandra Mosquera e Raquel Suárez do Oviedo At. com-pletaron o poido.

Nos homes, o primeiro dos 119 que remataron a proba foi o atleta marro-quí do Ourense Atletismo Academia Postal, Hassan Lekhili, cun tempo de 12 minutos e 4 segundos, de-mostrando o seu gran esta-do de forma, seguido a 14 segundo de Carlos Villamor da Gimnástica de Ponteve-

dra. O podio completouno Robertas Geralavicius da Gimnástica de Pontevedra. Por equipos, o Gimnástica de Pontevedra foi o claro dominador con 14 puntos, seguido do Academia Pos-tal, 25 puntos, e o Cimáns Coruña Comarca con 79 puntos, terceiro. O ADAS Proinor foi o segundo me-llor ourensán e terceiros foron os do Club Atletas Independiente de Ourense. Na súa primeira participa-ción o Club Casa da Xu-ventude de Ourense quedou nun meritorio 12º posto e cuarto dos ourensáns.Hassan Lekhili, gañador do cross autonómico de campo a través. /C. QUIROGA

Marta Fernández, do Comesaña Sporting Club foi a vencedora absoluta en mulleres

Gim. de Pontevedra gañou en equipos masculino

Page 13: 29 Xan 2010 - Nº05

BARRIOS DEPORTIVO29 de xaneiro de 2010

13ATLETISMO

Cita co atletismo en Monterrei4 Disputáronse no complexo deportivo os Campionatos Galego e Provincial de campo a tra-vés e o Memorial Alejandor Lorenzo.

O Academia Postal foi o vencedor do campionato provincial de campo a través4 Gañaron en categoría masculina e feminina absoluta.Redacción

Se sete días atrás se cele-braba no complexo de Mon-terrei o 3º Cross Ourense Capital Termal campionato autonómico de campo a tra-vés cross curto, nesta oca-sión (sábado 23 de xaneiro) foi o turno do campionato provincial de campo a tra-vés e a fase comarcal de campo a través comarcal.

En categoría alevín fe-minino, Escola Atletismo Academia Postal, Prácticas e Divino Maestro coparon

o podio e en masculino, o CEIP Prácticas foi o pri-meiro, Divino Maestro se-gundo e Guillelme Brown terceiro. Prácticas, Guillel-me Brown e Escola Atletis-mo Academia Postal, se le-varon o primeiro, segundo e terceiro posto por equipos en benxamín masculina e en feminino Ben-Cho-Sey primeiro e Prácticas segun-do. Na categoría de infantil feminino o primeiro equipo foi o de Escola Atletismo Academia Postal e o CEIP Prácticas, segundo, e en masculino a mesma posi-ción destes dous equipos e acompañándoos no podio o Colexio “La Purísima”, ter-ceiro. O club Ben-Cho-Sey, primeiro, e La Purísima se-gundo foi a representación

por clubes en cadete femi-nino e en masculino, Escola Atletismo Academia Postal, foi primeiro, Franciscanas Ourense, segundo e Ben-Cho-Sey, terceiro.

Na categoría absoluta fe-minina na que participaron un total de 15 mulleres, Consi Gómez do Ourense Atletismo Academia Pos-tal se levou o cetro provin-cial de campo a través cun tempo de 18 minutos e 49 segundos, por diante da súa compañeira Iria Fernández (18.50). A terceira en che-gar a meta foi outra atleta do Academia Postal, Almu-dena Cordón (20.29). Por equipos, como non podía ser doutra forma, o Ourense Atletismo Academia Postal

[SEGUE NA PÁX. SEGUINTE]

Podio masculino absoluto do cross porvincial celebrado en Monterrei /RAMSÉS

En cada equipo puntúan os catro primeiros atletas en chegar á meta

Carreira feminina de cross curto provincial de campo a través. /RAMSÉS

Page 14: 29 Xan 2010 - Nº05

14 BARRIOS DEPORTIVO29 de xaneiro de 2010

ATLETISMO

Suman o posto que quedaron cada un dos compoñentes e o equipo que menos puntos teña é o gañador

foi o gañador. As segundas clasficadas foron as catro atletas do Club Casa da Xu-ventude Ourense.

Si claro foi o triunfo en mulleres do Academia Postal, máis claro aínda foi a vitoria individual e por equipos dos homes, sendo os seis primeiros clasificados atletas aca-démicos; o primeiro non do Academia Postal foi Eladio Gómez (Casa da

[VEN DA PÁX. ANTERIOR]

Xuventude Ourense) que pasou a liña de meta en sétima posición. O podio

deste provincial masculino coparono Iván Docampo, primeiro, cun tempo de 23 minutos e 9 segundos, se-guido de José Manuel Fer-nández (24.00) e Cristian Díaz (24.27).

Por equipos o Ourense Atletismo Academia Postal foi primeiro, ADAS Proinor de O Barco de Valdeorras, segundo e Burgas Atletis-mo Ourense ocupou o ter-ceiro caixón do podio.

Atletas durante a proba do cross provincial. /RAMSÉS

Lucía, Susana, Ana e Vanesa do equipo feminino do Club Casa da Xuventude. /RAMSÉS

Un mozo participando na proba de cross provincial das categorías base. /RAMSÉS

Page 15: 29 Xan 2010 - Nº05

BARRIOS DEPORTIVO29 de xaneiro de 2010

15ATLETISMO

Máis de 200 corredores participaron no X Cross popular de Boborás4 O 17 cans deron cor ao Canicross.

O Academia Postal celebra o seu terceiro trofeo4 A primeira xornada da liga de clubs será en Ourense.Redacción

Este 30 de xaneiro cele-brarase no Módulo Cuberto do Pavillón dos Remedios o Trofeo Academia Postal de Pista Cuberta, que che-ga á súa terceira edición. A competición consta de dúas xornadas: a mañá dedicara-se ás probas combinadas de menores (benxamín, alevín, infantil e cadete feminino), así como probas para pre-benxamins, mentres que a xornada de tarde inclúe

probas absolutas de pérte-ga, lonxitude, 60 metros lisos e 60 valla en distintas categorías.

Liga de clubs 2010Por outra banda, a Real

Federación Española de Atletismo vén de publicar unha circular na que se dis-tribúen os equipos para os encontros da primeira xor-nada da liga de clubs 2010. O Ourense Atletismo Aca-demia Postal, mediante esta circular, será o organizador

Redacción

O pertiguista valdeorrés do ADAS Proinor, Luis Fernando Moro, saltou 5,35 m. en salto con pértega nun-ha proba que se celebrou no

Récord de Luis Moro en salto con pértega4 Despois dun ano no dique seco.

modulo cuberto de Madrid. A marca supón un novo récord galego absoluto de pertega na pista cuberta e a súa mellor marca persoal, a pesar de levar un ano no dique seco por mor das le-

Redacción

Un ano máis, Boborás acolleu a Cross Popular Concello de Boborás, que chegaba a súa décima edi-ción. Tres carreiras foron as que se celebraron cun-ha participación superior aos 200 atletas, a pesar de coincidir coa media mara-tón Manuela Machado de Viana do Castelo (Portu-gal).

Na carreira absoluta

con case 200 participantes, Antonio Sobrado do Club Porriño foi o vencedor empregando un tempo de 30 minutos e 28 segundos, nun esprint xunto co atleta do Club Casa da Xuventu-de Ourense, Eladio Gómez a quen avantaxou en tres segundos (30.41). O podio completouno José Manuel Carpintero (30.50) do Club Vigo. A cuarta posición foi para outro corredor do Casa da Xuventude, Luis Miguel

Participantes do canicross de Boborás. /A. BROZ

do primeiro encontro na categoría masculina, men-tres que ás mulleres tóca-lles viaxar ata Madrid.

En categoría masculina, o Academia Postal, enfrón-tase á Sociedad Gimnás-tica de Pontevedra, UBU Caja Burgos e Universi-dade de Oviedo, mentres que as mulleres disputarán esta xornada contra o A.D. Marathon (club anfitrión), Puerto de Alicante e Cue-va de Nerja.

Gala do Atletismo A Federación Gale-

ga de Atletismo celebra o venres 29 de xaneiro a súa gala, no Auditorio de Ourense a partir das 19 horas. No acto, prémiase aos mellores atletas gale-gos da anterior tempada, ademais de adestradores, clubs, etc.

sións. A Moro augúraselle un moi bo ano, co obxec-tivo fixado polo propio pertiguista de chegar aos 5,50m. e así clasificarse para o europeo absoluto deste verán en Barcelona.

Borrajo (31.14).En categoría feminina,

Iria Fernández (Academia Postal) foi a máis rápida facendo a distancia en 35 minutos e 23 segundos, seguida de Ingrid Rodrí-guez (35.53) e na terceira posición entrou Guadalupe Lobeiro (38.47) da Gim-nástica de Pontevedra.

Canicross17 participantes tivo a ca-

rreira de canicross dos que 15 remataron a proba. No canicross compiten atletas cos seus cans.

O primeiro posto foi para Roberto Salvado, do ACA-DE (Asociación de Cans Deportivos); o segundo para Marcos Olveira, ta-mén do ACADE e en ter-ceira posición Albino Ma-yán, de Deportes Miguel Mayán. Todos eles xunto aos demais participantes e os seus mellores amigos ( din que o can é o mellor amigo do home) deron cor e vistosidade a esta proba asentada no calendario das populares.

Page 16: 29 Xan 2010 - Nº05

16 BARRIOS DEPORTIVO29 de xaneiro de 2010

NATACIÓN

O CN Pabellón, a por todas no Campionato Galego absoluto e júnior de inverno4 24 nadadores acuden a Santiago de Compostela.Ramsés Torres

Do 29 ao 31 de xaneiro, unha expedición do CN Pabellón desprázase ata a piscina de Sant Isabel en Santiago de Compostela para disputar o Campiona-to Galego absoluto e júnior de inverno. Nesta ocasión son 11 mulleres e 13 homes os que acudirán á cita, cita que se pospuxo un mes por estar en folga algunhas pis-cinas galegas en decembro. Os nosos non acuden no seu mellor estado de forma (xa que tiñan o punto de forma hai un mes cando tiña que ser o campionato), pero sí que van con moitas ganas de obter un bo resultado.

Opcións a acadar algo

importante (sen olvidar que non están no seu mellor es-tado) son Iria Álvarez en 100 bolboreta, Alberto Ta-boada en 200 e 400 estilos, Estefanía Lippo en 50 e 100 braza, Daniel Caamaña en 100 estilos, 50 braza e so-bre todo en 100 braza, que vai co mellor tempo de to-dos os que asisten á compe-tición, o mesmo que Sandra Presas en 200 espalda con opcións tamén en 50 e 100 desta mesma modalidade. Orlando Lippo, María Isa-bel Raña e Laura Pimentel son outras serias bazas do CN Pabellón.

Por equipos o 4x100 e 4x200 libres feminino, 4x50 estilos masculino e femini-no, 4x100 libres masculino

e feminino e o 4x100 esti-los feminino teñen posibi-lidades de traerse preseas para Ourense.

Nos júnior tamén hai al-gunha opción e os nadado-res con máis posibilidades de sacar un bo resultado deste campionato son: Noel Blanco (mellor crono en 50 libres), Mario Súarez, Álva-

O campionato tíñase que celebrar fai un mes, pero pospúxose por culpa dunha folga de traballadores das piscinas Daniel Caamaño

(100 braza), Estefanía Lippo (50 e 100 braza) e Sandra Presas (200 espaldas) entro outros, son nadadores con opcións en categoría absoluta. En júnior, Noel Blanco (50 libres) é unha boa baza

ro Rodríguez e Laura Blan-co, e os equipos masculinos de 4x100 libres e estilos.

Liga alevínO CN Pabellón despra-

zouse ata Riveira para par-ticipar na terceira xornada de liga alevín con caracter zonal xunto con outros seis equipos. O Pabellón levou na expedición a 21 nada-dores (12 nenas e 9 nenos), conseguiron nove marcas para o Campionato Galego alevín e gañaron dúas das probas da xornada.

As mínimas conseguíro-nas para 200 estilos, Martín Rodríguez Paradela, Paula Blanco Pérez; para 100 ma-

riposa, Ana Karina Obaya Álvarez, e Miguel Pimentel Pérez, Martín Rodríguez Paradela, Paula Blanco Pé-rez e Mara Vélez Mellado para 200 espalda. As vito-rias foron a cargo de Miguel Pimentel Pérez na proba de 200 espalda, e o relevo de 4x50 braza femenino.

2ª xornada de liga Benxamín e Promesa

Tamén nesta fin de sema-na última de xaneiro dis-putarase na piscina Pedro Escudero do Pavillón dos Remedios de Ourense a 2ª xornada de Liga Benxamín e Promesa.

Compoñentes do CN Pabellón de Ourense.

Os rapaces promesas, benxamín, alevín e infantil do CN Pabellón. /DEL RÍO

Page 17: 29 Xan 2010 - Nº05

BARRIOS DEPORTIVO29 de xaneiro de 2010

17WUSHU

Competidores ourensánsCategoría femenina:Marta Nuñez - 1ºposto (DINAMIC)Cristina Salgado - 2ºposto (ARTAI)Categoría masculina:Iago Saco - 1ºposto -75kg (ARTAI)Felipe Otero - 2ºposto -75kg (ARTAI)Oscar Vázquez - 3ºposto -80kg (ARTAI)Celso Grande - 2ºposto -85kg (ARTAI)

Colleita de medallas para Ourense no Campionato Galego de Wushu4 Na modalidade de Sanda.

Redacción

O Campionato Galego de Wushu na modalidade de Sanda desenvolveuse en Arcade (Pontevedra) e nel os ourensáns tiveron un gran papel.

Seis deportistas foron os que participaron no cam-pionato, un do Dinamic e cinco do Artai e todos eles conseguiron metal, traendo para Ourense dous ouros, tres platas e un bronce. Marta Núñez (Dinamic) e Cristina Salgado (Artai) foron campiona e subcam-piona galegas de Sanda res-pectivemente. Mentres que polos homes, Iago Saco e Felipe Otero, ouro e prata en menos de 75 quilos, res-pectivamente; Celso Gran-

de prata en menos 85 quilos e Óscar Vázquez terceiro en menos de 80 quilogramos.

Campionato de EspañaA fin de semana do 23 e

24 de xaneiro, se celebrou en Madrid o Campionato de España de Wushu Sanda, onde estaban convocados Iago Saco e Felipe Otero, pero por motivos de tra-

Combate da loitadora ourensá, Cristina Salgado, a esquerda. /X. ARTAI

O Campionato galego de Sanda congregou a medio cento de deportistas

ballo dun e de estudios do outro non puideron acudir á cita cos seus compañeiros en representación de Gali-cia.

Page 18: 29 Xan 2010 - Nº05

18 BARRIOS DEPORTIVO29 de xaneiro de 2010

CAMPUS OURENSE

Duro revés dos sénior de baloncesto do Campus de Ourense4 Despois de estar de líderes fai unha xornada.Redacción

Despois de vencer o sé-nior masculino do Campus de Ourense ao líder Tui o que lle deu o liderato da competición, un mal partido contra O Meco Santo Ángel do Grove (73-65 para os pontevedreses) faino per-der ese posto de privilexio en detrimento do Allariz e cae a terceira posición por detrás tamén do Tui.

Contra o Tui, os dous equipos chegaban primeiro (Tui) e segundo (Campus Ourense) a este partido, onde os ourensáns con-seguiron a vitoria por 15 puntos de diferenza (70-55) nun partido que en ningún momento viu perigar. Pero as alegrías só duraron sete día e no seguinte partido en

O Grove os de Javier Pérez non souberon demostrar por que están aí arriba e perderon nun encontro no que non estiveron en nin-gún momento, salvo nalgún intre da reanudación.

Con este resultado, o equipo colócase terceiro con nove vitorias e dúas de-rrotas. O próximo encontro do Universitario Campus Ourense será o sábado, 30 de xaneiro, data na que se enfrontará ao CBB Pon-tevedra. O partido será ás cinco da tarde no pavillón universitario.

Pola súa banda, as xo-gadoras do equipo sénior feminino de baloncesto perderon o seu primeiro encontro tralo descanso de Nadal contra o Compañía de María.

Campus Ourense Blan-co Amor

O júnior do Campus Ourense Blanco Amor ven-ceu ao Estudiantes de Lugo (74-63) e no seguinte parti-do perde contra o Maristas de Vigo nun partido moi disputado (74-70), pero que caeu do lado do cadro vigués que conta os seus partidos por vitorias. O ade-strador cre que os nervios puideron xogar en contra do equipo. “Perdemos moitos balóns neste cuarto que eles converteron en canastas de contraataque”, declarou.

O domingo, 31 de xa-neiro, o Campus Ourense Blanco Amor xogará contra o Marín ás 12.00 no pavi-llón do Campus Universita-rio de As Lagoas.

Campus Ourense RugbiDespois de perder es-

trepitosamente contra o líder, Crat A Coruña, por 40-15 a semana pasada (a vitoria do equipo coruñés forxouse xa nos primei-ros instantes do partido, xa que na primeira xoga-da obtivo un ensaio), o Campus Ourense Rugbi sufríu esta fin de semana unha nova derrota no seu partido contra o asturiano Cowper RC, un rival di-recto que os ourensáns ven agora afastarse na táboa de clasificación. Na primeira metade, os xogadores non estiveron acertados e, ao igual que sucedera no par-tido pasado, víronse por debaixo do marcador nos primeiros minutos. Na se-gunda metade os xogado-res saíron con mais ganas o que lles permitíu manter a posesión do balón máis tempo. Sen embargo non puido ser, e os visitantes, cun xogo ben argallado na súa dianteira, puxeron de novo distancia no marca-dor ata deixar o 14-29 de-finitivo.

O equipo senior de básquet masculino xoga o 30 de xaneiro ás 17 horas no pavillón do campus e o xuvenil na mesma cancha ao día seguinte ás 12 horas

O Campus estreará unha unidade de fisioterapia 4 Comezará a funcionar en febreiro.Redacción

O Campus de Ourense da Universidade de Vigo porá en febreiro a nova Unidade de Fisioterapia, dentro da Área de Deporte e Saúde.

Trátase dunha Unida-de dirixida por unha Di-plomada en Fisioterapia e Osteópata, en contacto coa Unidade de Medicina Deportiva que xa funciona no Campus, e coordinada pola Unidade de Atención Física Personalizada, que cumpre o seu segundo ano de existencia, sendo un programa físico indi-vidualizado, supervisado medicamente e progra-mado por licenciados en Ciencias da Actividade

Física e o Deporte.Darase tratamento de Fi-

sioterapia a todas aquelas persoas da Comunidade Universitaria (PDI, PAS, cónxuxes e fillos dos mem-bros da Comunidade Uni-versitaria e deportistas do Clube Deportivo da Univer-sidad de Vigo) que o solici-ten. Este tratamento inclui-rá readaptación funcional, recuperación de lesións deportivas, prevención e tratamento da dor de costas, entre outras cousas. Para iso, utilizarase a terapia manual, a termoterapia e crioterapia, e a cinesiterapia.

Os interesados pódense dirixir ao Edificio do Servi-zo de Deportes no Campus de Ourense (Pavillón Poli-deportivo Universitario).

Cartel da unidade de Fisioterapia da Universidade.Momento dun encontro disputado polo Campus Ourense Rugbi en Monterrei. /CAMPUS

Page 19: 29 Xan 2010 - Nº05

BARRIOS DEPORTIVO29 de xaneiro de 2010

19CAMPUS OURENSE

O Campus organiza roteiros culturais4 Rematan co Camiño de Santiago no mes de maio.Ramsés Torres

O Campus de Ourense organiza este curso 12 ru-tas a pé, que están centradas no descubrimento do con-torno histórico e natural de Galicia. Das 12 rutas, cinco xa se realizaron e quedan outras sete que terán lugar entre xaneiro e maio.

A próxima das citas é a Ruta Serra do Xurés, o 30 de xaneiro, cunha distancia de 22 quilómetros. Inclúe visita ao Centro de Inter-pretación do Parque Baixa Limia Serra do Xurés de Lobios. Para o 20 de febrei-ro, sobre unha distancia de 26 quilómetros, a Ruta do Ribeiro será a encargada de entrar en escena, con cata de viños incluídas a cargo do Consello Regulador. En marzo, concretamente o 13,

turno da Rutas dos Mos-teiros San Pedro de Rocas e Santo Estevo sobre unha distancia de 22 quilómetros. O 10 de abril, a Ruta da Vía da Prata dicorrerá por Laza, Alberguería, Vilar de Ba-rrio e Xunqueira de Ambía sobre 27 quilómetros.

A Ruta do Mosteiro de Montederramo - San Ma-mede de 29 quilómetros será o 24 de abril e ao re-matar servirase un xantar a cargo do Concello a base de produtos típicos da zona (carne ao caldeiro, bica de Trives, chourizos, viño e outros).

O 8 de maio, a Ruta do Cañón do Sil levará aos andarines a través de 27 quilómetros por Os Peares, Paradela e o Mosteiro de Santa Cristina entre outros belos lugares. Para rematar

estas rutas, o Campus de Ourense deixa unha mois especial para o final da campaña 2009-2010, a Ruta da Vía da Prata, Camiño de Santiago.

Camiño de SantiagoCon motivo do Ano San-

to, o Campus fará o camiño en tres xornadas, do 15 ao 17 de maio que irá dende Ourense ata Santiago de Compostela facendo unha media de 36 quilómetros

diarios. Os que participen neste camiño contarán cun coche de apoio e o aloxa-mento será en hoteis de dúas estrelas con media pensión.

InscriciónsAs inscricións rematarán

o martes anterior a cada saí-da, que terán lugar dende o Campus (cafetería Bekas) ás 9:00 para regresar ao punto de partida en torno ás 19 horas Haberá autobuses

As próximas rutas son este mesmo sábado 30 de xaneiro a da Serra do Xurés e tamén o sábado, pero 20 de febreiro, a Ruta do Ribeiro con cata de viños incluída

para os traslados de todas as persoas participantes ata os puntos de orixe. Cada camiñante levará a súa co-mida. O prezo por ruta é de 8 euros para a comunida-de universitaria e 13 euros para persoas non universi-tarios, agás para o Camiño de Santiago, que contará cun máximo de 40 prazas. O prezo neste caso é de 100 euros para a comunidade universitaria e 140 euros para persoas externas.

Participantes do roteiro cultural da Ruta do Xures da pasada edición. /CAMPUS OURENSE

Page 20: 29 Xan 2010 - Nº05

20 BARRIOS DEPORTIVO29 de xaneiro de 2010 POLIDEPORTIVO

Redacción

A última dobre xornada da fase regular da liga da 1ª. División do Tenis de Mesa Autonómico saldouse para o Galmédica Ouense T.M. cunha vitoria o sába-do no Paco Paz por 7-0 ante o Diario de Pontevedra e unha derrota en Lalín con-tra o equipo local por 5-2.

Con estos resultados o equipo ourensán métese na fase de ascenso a Segunda División nacional, tendo que enfrontarse a os catro primeiros clasificados do grupo norte: Breogán Olei-ros “A”, Dez Portas Lugo T.M., Oroso-Grupo Puen-tes e Naronense T.M.

O número de equipos

O Galmédica Ourense T.M. métese na fase de ascenso a 2ª División4 Na súa primeira participación na 1ª División autonómica.

nesta fase de ascenso é de 8 (4 primeiros do grupo norte e catro do grupo sur), tendo xa en conta os resultados dos enfrontamentos entre os equipos do mesmo gru-po da fase regular. Así, que tan só se disputarán os par-tidos contra os catro equi-pos do outro grupo. Serán oito encontros (4 de ida e 4 de volta) e os equipos que queden nos catro primeiros postos serán os que obteñan o billete para a 2ª división nacional do tenis de mesa.

O Galmédica Ourense es-tréase nesta fase de ascenso o domingo 31 de xaneiro, ás 11 da mañá, en Oleiros contra o Breogán Oleiros “A”, cuarto clasificados do grupo norte. O primeiro

dos encontros desta fase no Paco Paz (sala 3) será o sábado, 6 de febreiro, ás 17 horas. Enfrontarase ao o equipo lucense do Dez Portas Lugo, segundo clasficado do outro grupo.

Nesta fase enfróntase aos catro primeiros do grupo norte e contan os resultados dos enfrontamentos entre os equipos do mesmo grupo da fase regular

Partido entre o Galmédica Ourense e o Lalín.

Numerosos eventos para o Independiente Bádminton Club Ourense no mes de febreiro4 O domingo 7 de febreiro o circuito galego será en Ourense.Redacción

O Independiente Bád-minton Club Ourense du-rante o mes de febreiro vai participar nunha serie de eventos. Os 6 e 7 de fe-breiro José Carlos Padilla,

viaxará a Málaga, repre-sentando ao Independiente, para xogar no “Encontro Internacional de veteráns”. Outro integrante do club, Jorge Rodríguez, despraza-rase o 7 de febreiro para a 3ª xornada da Liga galega

de clubs “Xunta de Galicia” a celebrar en A Estrada (A Coruña). O mesmo día, o 7 de febreiro, pero na nosa cidade, terá lugar a cuarta proba do circuito galego sénior.

A mediados de febreiro, os días 12 e 13, en A Coru-ña competirán no Gran Pre-mio Ciudad de A Coruña. E para finalizar os eventos do mes de febreiro, os días 27 e 28, A Estrada acolle o Campionato Galego sub-11 e sub-15 ao que acudirá unha nutrida representación do equipo ourensán.

José Carlos Padilla acude a Málaga ao “Encontro Internacional de veteráns”

Xogadores das categorías inferiores que disputarán o campionto galego.

Jorge Rodríguez acudirá a A Estrada para disputar a liga galega de clubs “Xunta de Galicia”.

Page 21: 29 Xan 2010 - Nº05

BARRIOS DEPORTIVO29 de xaneiro de 2010

21EN BREVE

BALONCESTO

BILLAR

4 Curso para xogadores de Billar Pool

Coa nova tempada de bi-llar, o Club Billar Ourense programa unha serie de ac-tividades que comezarán o venres 5 de febreiro co pri-meiro curso para xogado-res de Billar Pool. O curso

desenvolverase ao longo de tres días (5, 6 e 7 de febrei-ro) na sede do club na rúa Marcelo Macías nº20, soto. O curso será impartido polo adestrador nacional Mikel Barrio. O prezo da inscri-ción é de 60 euros e as pra-zas son limitadas.

A temática do curso vai dirixida a xogadores con algunha experiencia polo

que non é aconsellable para principiantes.

Curso de monitoresOutra das actividades que

se fará en próximas datas será un curso de monitores, moi necesario para intentar aumentar o número de xo-gadores de billar na provin-cia, coa creación de escolas deportivas tan necesarias

para que se consolide este deporte.

ContactoPara máis información

poden poñerse en contacto co Club de Billar Ouren-se, nos locais de Marcelo Macías ou a través do seu presidente, José Francisco Movilla no teléfono 670 501 490.

4 Seleccións zo-nais de básquet

A selección de Ouren-se en categoría alevín de baloncesto participou na segunda concentración do campionato galego de selec-cións zonais. Os represen-tantes ourensáns en catego-ría masculina enfrontáronse contra A Coruña perdendo

93-55, e facendo o propio contra Vigo, 58-64.

Pola súa banda, as rapa-zas tampouco lles foi ben, xa que perderon tamén os seus dous partidos, contra A Coruña (56-54) e contra Vigo por un contundente (25-72).

A próxima cita vai ser en Ourense o sábado 20 de fe-breiro.Selección alevín feminina. Selección alevín masculina

Do 5 ao 7 de febreiro, curso de Billar Pool.

FÚTBOL CHAPAS

4 I Liga de Fút-bol Chapas

O polideportivo do Cam-pus de Ourense acolle o desenvolvemento da I Liga Galega de Fútbol Chapas, unha actividade que forma parte da federación espa-ñola deste deporte no seu circuíto estatal e que se disputa por vez primeira en Galicia. A segunda xornada do campionato desenvol-veuse o pasado domingo e nela participaron persoas de todas as idades, dende nenos ata maiores.

A actividade está organi-

zada pola asociación cultu-ral Alternativas Sociais de Ourense, un colectivo pre-sidido por Millán Brea que é, ademais, o organizador do campionato. Segundo explica, o obxectivo destes encontros non é competir para gañar. Nas súas pala-bras, “o que queremos coa posta en marcha desta acti-vidade é conseguir a parti-cipación de nenos e maiores nun xogo popular que nos permita pasar un bo rato”.

A posta en marcha da liga conta coa colaboración do Servizo de Deportes do Campus e o seu desenvol-

vemento ten lugar no pavi-llón da institución académi-ca, algo moi valorado polo organizador da iniciativa. “Con esta actividade tenta-mos unir a toda a sociedade e a utilización dos espazos da Universidade permíte-nos acadar ese obxectivo por ser un lugar de encon-tro e reunión de diferentes colectivos”, declara.

Así mesmo, a iniciativa está dentro do circuíto es-tatal da federación española de fútbol chapas polo que os primeiros clasificados poderán participar no cam-pionato de España no mes

de xuño. Polo de agora os organizadores da iniciativa xa están a preparar a ter-ceira xornada da liga cuxo desenvolvemento está pre-visto para o febreir, tamén no polideportivo.

A participación na liga está aberta a toda a socieda-de -non existen restricións de idade- e a inscrición é de balde e in situ o propio día do evento.

Esta liga é primeira que se organiza en Galicia e se disputara nesta tempada 2009-2010 un domingo ao mes no polideportivo do campus universitario.

Participantes da I Liga galega d efútbol chapas. /CAMPUS

Page 22: 29 Xan 2010 - Nº05

22 BARRIOS DEPORTIVO29 de xaneiro de 2010

DEPORTE E SAÚDE

O control do noso peso a través dunha alimentación sa, equilibrada, suficiente e variada conxuntamente coa práctica de actividade física moderada, variada e continuada é fundamental para o mantemento e me-llora da saúde. Estes dous aspectos, alimentación e actividade física, deben ir en consonancia e coordi-nados o un co outro, para que os efectos sexan os axeitados.

Existen medios técnicos avanzados que facilitan a creación e deseño de die-tas e programas de exer-cicio con maior precisión. SAUDETER pódese consi-derar unha das empresas pioneiras no sector das actividades físicas e da saúde que utilizan as no-vas tecnoloxías con tal fin, manexando un software de última xeración para a me-dición e rexistro de certos parámetros que axudarán á elaboración de dietas personalizadas en función das características pro-pias de cada individuo e, eses datos obtidos, tamén son utilizados para a pla-nificación das programa-cións de traballo da acti-vidade física encamiñada á mellora da saúde.

Algunhas persoas uti-lizamos a báscula case a diario; o resultado do seu uso implica obter tan só

Novas tecnoloxías na nutrición e a actividade física4ARTIGO

Alimentación e actividade física, deben ir en con-sonancia e coordinados o un co outro, para que os efectos sexan os axeitados

SAUDETER manexa un software de última xeración para a medición e rexistro de certos parámetros que axudarán á elaboración de dietas personalizadas

a medición do noso peso e poderemos comprobar si subimos ou baixamos algún gramo ou quilo que outro, mesmo se fósemos capaces de relacionalo coa talla poderiamos calcular o índice de masa corporal que é un indicador básico do noso grao de risco aso-ciado á obesidade ou mes-mo á fraqueza.

Pero estas aplicacións informáticas que utiliza SAUDETER utilizan mul-titude de datos para poder obter informes máis com-plexos, individualizados e completos xa que aspectos como a idade, o sexo, o grao de actividade física diaria, a porcentaxe de graxa corporal, a porcen-taxe de líquidos corporais, IMC, pliegues, colesterol ou de masa magra, etc. Son elementos que analizados, estudados e combinados axeitadamente proporcio-nan información detallada sobre aspectos como o ni-vel de risco cardiovascu-lar, as necesidades nutri-cionais diarias, etc.

Por suposto o manexo destes programas infor-máticos a a interpretación dos datos e informes obti-dos están feitos por exper-tos nutrición e en activida-des físicas e deportivas.

José Manuel Paredes Gon-zález, licenciado en Educa-

ción Física, Saudeter

Charla de alimentación.

Datos para o deseño de planificacións dietéticas.

Imaxe das posibilidades coas novas tecnoloxías.

Page 23: 29 Xan 2010 - Nº05

BARRIOS DEPORTIVO29 de xaneiro de 2010

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Alberto del Río

Nº5 - Ano: II - 29 de xaneiro 2010 - Difusión: 10.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

A PREGUNTA DO MES

En que equipo de Ourense che gustaría xogar?

Celso Pájaro;“No Club Deportivo

de Ourense, porque me gusta o fútbol e practi-queino”

Lola Rivero:“No equipo de ximna-

sia rítmica”

Estrella Muñoz:“No balonmán de

Ourense, que o practi-quei ata fai pouco”

José Vázquez:“No Verín fútbol,

que fixen o campo e coñezo o adestrador”

Luis González:“Xogaría no COB por-

que é dos que está arriba e o máis profesional”

Paula de Santos:“No CD Ourense”Iago Rodríguez:“No CD Ourense”

Cristobal e Andreá: “No Pabellón de fút-

bol”

Arturo Vispo: “No COB, porque

sempre me gustou”

Page 24: 29 Xan 2010 - Nº05

[10.000 exemplares directos ás súas mans]BARRIOS DEPORTIVO29 de xaneiro de 2010