24 Outubro 2013 BD Nº 85

16
Número: 85- Ano: V - 25 de outubro de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 8 de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. DÍA DA BICI Páx.4 PATINAXE Páx. 7 FÚTBOL Páx. 8 BALONCESTO Páx. 9 Ourense é deporte! Entrevista ao ximnasta Eduardo Novelle [Páx. 6]

description

En el número 85 del Barrios Deportivo sacamos a portada el Día de la Bici, en el que 8.000 personas participaron. También está el CD Ourense que está embaladado y ocupa el liderato de la Segunda División B. El COB después de sumar su primera victoria tiene en casa la oportunidad de lograr la segunda, que sería la primera en casa.

Transcript of 24 Outubro 2013 BD Nº 85

Page 1: 24 Outubro 2013 BD Nº 85

Número: 85- Ano: V - 25 de outubro de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 8 de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

DÍA DA BICI Páx.4 PATINAXE Páx. 7 FÚTBOL Páx. 8 BALONCESTO Páx. 9

Ourense é deporte!

Entrevista ao ximnasta

Eduardo Novelle [Páx. 6]

Page 2: 24 Outubro 2013 BD Nº 85

� BARRIOS DEPORTIVO�5 de outubro de �013

FÚTBOL

4 Axenda deportivaFútbol- Día �7 de outubro. Os Carrís. UD Barbadás - Rápido de Bouzas. 3ª División.- Día �7 de outubro. Ourense. CD Ourense B - Ponte-llas. Rexional Preferente.- Día �7 de outubro. O Barco de Valdeorras. Barco - Estradense. Rexional Preferente.- Día �7 de outubro. Meliás. Meliás - Gondomar. RP.- Día �7 de outubro. Estadio Miguel Ángel. Pabellón Ourense - Lugo. División de Honra xuvenil.- Día 3 de novembro. O Couto. Ourense - Coruxo. �ªB.- Día 3 de novembro. Os Carrís. UD Barbadás - Cerceda. 3ª División.Baloncesto- Día �5 de outubro. Paco Paz -�1.00h-. COB - Peña Huesca. Liga Adecco Oro.- Día �6 de outubro. Os Remedios -�0.00h-. ABO - La-boratorios CBTormes.- Día � de novembro. Os Remedios -�0.00h-. Pabellón Feminino - Celta Selmark. LF�.Atletismo- Día �7 de outubro. A Carballeira -1�.00h- Circuíto “Correndo x Ourense”.- Día �7 de outubro. Baños de Molgas -10.00h- III Andaina solidaria Baños de Molgas. - Día 3 de novembro. O Barco de Valdeorras -1�.00h- VI Carreira dos Santiños.Fútbol sala feminino- Día �6 de outubro. Os Remedios -17.00h- Cidade As Burgas - Atlético de Madrid. 1ª División.- Día � de novembro. Os Remedios -17.00h- Ponte Ourense - Valdetires Ferrol. 1ª División.Hoquei- Día �6 de outubro (Mariñamansa) -16.00h-. Apóstol - Atlántico. 1ª Nacional Gr. III.- Día �6 de outubro (Mariñamansa) -18.00h-. Albor - Pabellón. 1ª Nacional Gr. III.- Día �6 de outubro (Mariñamansa) -�0.00h-. Cudeiro - Barrocás. 1ª Nacional Gr. III.- Día �7 de outubro (Mariñamansa) -1�.00 h- Barrocás - Polo. División de Honra.Rugbi- Día �6 de outubro. Campus Ourense. Campus Ourense Rugby - Ingleses. 1ª División Autonómica Masculina.Balonmano- Día �6 de outubro. Pavillón dos Remedios -18.30 h-. Pabellón Balonmán Ourense - OAR Coruña. 1ª Estatal.- Día �7 de outubro. Pavillón dos Remedios. Indomogal Pabellón - Tui. 1ª Galega.- Día � de novembro. Pavillón Os Remedios. Pabellón Balonmán Ourense - Granitos Ibéricos. 1ª Estatal.Tiro- Día �7 de outubro - Eiroás - Liga Pistola Standar.- Días � e 3 de novembro - Eiroás - Copa Deputación de pistola e carabina neumática.- Día 3 de novembro -Eiroás-. Liga Avancarga.

Redacción

Desdeo 15 de outub-to e ata o vindeiro 10 de novembro queda aberta a inscrición da 37 carreira pedestre popular do San Martiño, que coma en anos anteriores (e despois da polémica suscitadas nestas datas) será gratuí-ta. O día elexido para a celebración deste evento tan importante do deporte ourensán terá lugar o do-mingo 17 de novembro.

Este ano a novidade máis destacada é a dunha terceira carreira, a de ca-tivos. Será a partir das 13 horas e poderán participar

Aberto o prazo de inscrición da San Martiño4 A novidade deste ano é a carreira de cati-vos, inédita en edicións anteriores.

os nados entre o ano �005 e posteriores. A distancia a cubrir por parte dos inscri-tos será de 1,4 km e pasarán pola ponte do Milenio -saí-da-, Basilio Álvarez, Aveni-da das Caldas, Ponte Vella e meta no pavillón dos Re-medios. Os cativos poderán ir acompañados dun adulto que non contará coma par-ticipante.

O resto das carreiras son as de anos anteriores. A ab-soluta, sobre unha distancia de 10.000 metros que come-zará ás 11.00h; e a escolar (nados desde 1997 a �004), de 4,7 km, dando o pistole-tazo de saída ás 1�.30h.

Entrega de chips e dor-sais

A recollida de chips e dorsais será o venres día 15, entre as 16 e as �0 h, e o sábado día 16, de 9 a

�0 h na cancha central do Pavillón dos Remedios. Tamén haberá varios lu-gares da xeografía galega para que retiren os dorsais os participantes que non se poidan achegar a Ourense a recollelos neses días; para elo teñen que configuralo á hora de inscribirse. A inscri-ción realizarase a través da web www.deportesourense.com.

Feira do corredorPor segundo ano consecu-

tivo organizarase na cancha central a feira do corredor. Será o venres e o sábado e consistirá en stands comer-ciais e informativos de todo o relacionado co atletismo (roupa, calzado, bebidas isotónicas...-), así como probas de índices físicos para os deportistas.

PresentaciónA presentación da San

Martiño tivo lugar o luns 14 de agosto e contou co alcalde de Ourense, Agus-tín Fernández, o xerente do Consello Municipal de Deportes, Cándido Gómez, e a coordinadora deportiva, Marta Míguez; o concellei-ro de deportes, Alfonso Vi-lachá non estivo presente. O alcalde chegou tarde, deu o discurso e marchou sen rematar a rolda de prensa. Así que á pregunta de se será de pago o ano que vén a carreira, respondeu dun-ha maneira clara o xerente do Consello Municipal de Deportes: “é unha decisión política”. E ningún político estaba para responder.

A 37ª carreira do San Martiño terá lugar o vindeiro 17 de novembro

Trala polémica suscitada, este ano seguirá sendo gratuíta a inscrición desta proba popular

A novidade deste ano é unha carreira de cativos

Presentación da carreira popular do San Martiño. /RAMSÉS

Page 3: 24 Outubro 2013 BD Nº 85

BARRIOS DEPORTIVO�5 de outubro de �013

3ATLETISMO

Ao remate da carreira terá lugar a entrega de premios

R.T.

A carreira da Carba-lleira pecha o circuito de carreiras populares “Correndo x Ourense” por este ano. A terceira edición deste circuíto pé-chase o domingo �7 de outubro cando, desde as 1� horas celébrense as úl-timas carreiras no barrio da Carballeira.

Tras seis probas chega ao seu fin un circuito que, ao longo de seis xorna-das, percorreu os barrios ourensáns.

Como vén sendo habi-tual, ás 1� dará comezo a carreira de Pitufos; as nais e pais acompañarás aos seus fillos a percorrer os últimos metros deste atlético ano. Ás 1�.10h o turno será para as ca-

tegorías benxamín e ale-vín; ás 1�.15h tocaralles aos infantís e cadetes. E finalmente ás 12.30h per-correranse os definitivos 5700 metros desta terceira

A carreira da Carballeira pecha o “Correndo x Ourense” deste ano4 Celébrase o domingo 27 de outubro.

Ramsés Torres

Non sabemos se foi polo gran crono que fixo ou por un erro humano -máis ben decántamonos pola segunda opción-, pero o certo é que no número an-terior deste xornal Barrios Deportivo, no artigo dos atletas do Club Deportivo Aurum que participaron no Desafío Illas Cíes, es-quecémonos de mencionar a Ángel Chaparro Velaco-racho. Chaparro foi o máis

R.T.

O atleta ourensán Ale-jandro Fernández está xa preparado para loitar por levarse a San Martiño por segundo ano consecutivo.

Alejandro está a atrave-sar un dos seus mellores momentos de forma e enca-ra estes meses de inicio de outono co obxectivo de fa-cer un bo papel na carreira de Santiago e a decana das galegas, a San Martiño.

Coruña10O ourensán, do New Ba-

lance Team, reeditou triun-fo na carreira popular Co-ruña10. Este ano, coma o pasado, acadou a primeira

posición da proba dispu-tada polas rúas da cidade herculina. O seu tempo foi de �9’46”, aventaxando a Lolo Penas en �3 segun-dos e en 44 ao lucense Manuel Hurtado.

Así mesmo, outros ourensáns remataron en postos destacados, foi o caso do atleta de Ribada-via Iván Docampo (6º) e o limiao Rubén Diz (7º).

En categoría feminina, a atleta residente en Ouren-se Yolanda Gutiérrez im-púxose ao resto de parti-cipantes. Sonia Teijeiro (Atletas Veteranos Ouren-se) e vencedora do circuí-to “Correndo x Ourense” rematou en 9ª posición.

Preparado para a carreira do San Martiño4 O atleta ourensán Alejan-dro Fernández busca a súa segunda vitoria consecutiva.

A proba disputada nas pistas de atletismo do campus foi a penúltima do circuíto./R.T.

Alejrandro chegando a meta en primeira posición na pro-ba Coruña10 deste ano.

edición da categoría abso-luta. Nesta categoría xa hai vencedores; en homes, o mellor foi Javier Paredes (Sociedad Gimnástica de Pontevedra); e en mulleres

detacou por enriba das de-mais Sonia Teijeiro (Atle-tas Veteranos Ourense).

PremiosNesta carreira da Carba-

lleira, a asociación de ve-ciños Karlaska fará entrega de premios os mellores de cada categoría.

rápido dos catro atletas do club ourensán nesta proba (Furi, Patricio e Jesús foron os seus outros tres compa-ñeiros), polo que a ausencia no artigo non ten xustifica-ción.

Ángel Chaparro Velaco-racho rematou na posición número 189 ao facer a proba en 4 horas 5� minutos e 57 segundos. O tramo a nado o fixo en 39.11; o de ciclismo en �.41.�5 e o medio mara-tón en 1.�8.04. A nosa sin-ceira noraboa!

Ángel Chaparro, o mellor “Aurum” no Desafío Illas Cíes

Chaparro, durante o Desafío Islas Cíes.

Page 4: 24 Outubro 2013 BD Nº 85

4 BARRIOS DEPORTIVO�5 de outubro de �013

POLIDEPORTIVO

Redacción

O pasado 6 de outubro o Día da Bici, organizado polo Club Ciclista Ouren-sano que preside Carlos Moure, chegaba á súa �9 edición cunha cifra de par-ticipación histórica. 8.000 ourensáns acudiron a esta cita , que xa agardan cada outubro, para compartir en familia un día adicado á saúde e ás dúas rodas, por-que o importante desta data

Día da Bici histórico4 8.000 ourensáns non se quixeron perder esta cita xa convertida en tradición familiar.

é fomentar o uso da bici-cleta e concienciar sobre os dereitos dos ciclistas.

E se cada ano Ouren-se se volca co seu Día da Bici, este ano máis, porque a gran participación fixo intervir ás autoridades, cando a cabeza e a cola da marcha se encontraron en Sáenz Díez.

Algunhas novidadesEsta edición contou con

algunhas novidades, os 10

quilómetros de percorrido contaban con menos cos-tas, co fin de incentivar a participación dos cativos e de aquelas persoas que non usan a bicicleta a dia-rio.

Con comezo e remate na Alameda –pensado pre-viamente para evitar aglo-meracións- os veciños dos barrios da Carballeira, O Couto e A Ponte viron cu-brir as súas rúas coa serpe multicor que como cada

Os milleiros de participantes no Día da Bici 2013 saíndo dende a Alameda./R.T.

O Día da Bici busca fomentar o uso deste vehículo

Redacción

A Asociación Deporti-va Limiactiva celebrou o pasado domingo día �0 a presentación da tempada �013-�014. O lugar elixido para o evento foi a Cerve-cería Avenida, de Xinzo de Limia e alí citáronse.

Óscar Gómez, presidente de Limiactiva, fixo un breve repaso sobre a historia deste club, fundado no ano �005, cando só contaba cunha de-cena de socios. Actualmen-te supera os 80 socios entre as seccións de atletismo e a de orientación, de nova creación esta tempada.

Proxectáronse vídeos con imaxes das actividades realizadas polo club, como foron as Olimpíadas Esco-lares, a Carreira Popular Torre do Castro de Sandiás

ano dan forma os propios ourensáns, demostrando unha vez máis que a com-petición queda a un lado

cando o que importa é mostrar a nosa conciencia social e saudable. E, a iso, non hai quen nos gañe.

ou o Circuíto Limiactiva de Orientación.

Durante a presentación repartíronse os premios co-rrespondentes ao ranking Limiactiva 1�-13 para to-das as categorías desde pre-

Posta de longo de Limiactiva4 Repartiron os premios da pasada tempada e presenta-ron as novidades da nova.

benxamín até veteranos.

FuturoO futuro para esta Aso-

ciación espérase promete-dor pois cada ano aumen-ta o número de socios así como a participación en cada unha das actividades

organizadas.Para os interesados en

formar parte desta asocia-ción aínda está aberto o prazo de inscrición da súa escola de atletismo e as súas seccións de atletismo e orientación. Contacto: [email protected]

Momento da presentación da nova tempada de Limiacti-va./MIGUEL REJO.

CD La Purísima busca deportistasRedacción

O Club Deportivo La Purísima está completando os equipos desta tempada. O club, creado no colexio ourensán do mesmo nome hai catro anos, precisa de xogadores novos para os seguintes conxuntos vo-leibol de categoría cadete, fútbol 8 de alevíns, benxa-míns e prebenxamíns, e minibasket de categoría alevín mixto.

A oferta deportiva e de ocio de La Purísima com-plétase con disciplinas como atletismo, fútbol sala, ioga, patinaxe, danza creativa e baile moderno. En total, algo máis de cen rapaces practican deporte neste club.

InscriciónsOs interesados poden

contactar con CD La Pu-rísima no 6�5 695 777 ou [email protected].

Redacción

O Pabellón Feminino e o ABO comezan esta fin de semana os seus periplos na súas respectivas ligas. O Pabellón Feminino será, un ano máis, o equipo que máis tempo leva partici-pando na Liga Feminina � (LF�) e buscará nova-mente a permanencia. Pola súa banda, o ABO terá na busca da tranquilidade o maior obxectivo deste ano en Liga EBA.

PabellónEste ano continuan no

Pabellón tres xogadoras da tempada pasada: Arantxa Mallou, Miriam Bolívar e María Álvarez. As novida-des son Claudia Aponte, Lucía Calviño, Florence Glen, Nerea Nieto e Laura Saarinen, que completan o grupo que este ano estará

Pabellón e ABO comezan a Liga4 En Liga Feminina 2 e EBA, respectivamente.

baixo a batuta de Benxa-mín Rodríguez.

O primeiro encontro das ourensás será fóra de casa contra o Universidad de Oviedo. O primeiro parti-do en Ourense será o � de novembro ás �0 horas nos Remedios contra o Celta Selmark.

ABOO ABO conta facer un

digno papel nesta cam-paña. Juan Norat segue de adestrador e terá coma pupilos a Héctor Cid, Ma-madou Diop, Cristián Igle-sias, Diego Mallou, José Otero, Rubén Pernas, Da-vid Placer, José M. Recio e Pablo Sánchez; un equipo totalmente renovado.

Os ourensáns xogan este sábado �6, ás �0 horas nos Remedios, contra o Aqui-misia Laboratorios CB-Tormes.

Page 5: 24 Outubro 2013 BD Nº 85

BARRIOS DEPORTIVO�5 de outubro de �013

5

As benxamíns proclamáronse campioas e as alevíns subcampioas

Os conxuntos presentes o 13 de outubro nos Remedios parti-ciparán no Nacional de Base, que terá lugar en Guadalaxara do 20 ao 24 de novembro./R.T.

Redacción

O Campionato Galego de conxuntos de base, ce-lebrado no pavillón dos Remedios o pasado 13 de outubro, saldouse cun ouro e unha prata para o Club Ximnasia Pavillón de Ourense.

4 No galego de conxuntos de base disputado nos Remedios.

Na categoría benxamín, o conxunto do Club Es-cola Pavillón (composto por Candea Díaz, Candea Pérez, Claudia Selas, Julia Cascón, Aldara Cerdeiros e Sara Cid) foi campión galego, seguido do Club Escola Acordes de Coruña e Escola Ximnasia Porta

Norte, de Lugo.En categoría alevín o

Club Treboada de Ponte-vedra foi 1ª clasificado, e o Club Ximnasia Pavillón (integrado por Sabela Ro-dríguez, Sabela de Martín, Paula Martínez Ramos, Paula Martínez Pérez, Re-beca Belo, María Rodrí-

Ouro e prata para as pavillonistas

guez, Lucía González e Sara Branco) segundo, seguido do Club María Barbeito de Coruña como terceiro clasificado.

Outros resultadosNa categoría infantil

houbo menos sorte para as ourensás (Ainoa Vázquez, Marta Mangana, Lida

Babarro, Yanira Fernán-dez, Lucía Gómez e Maite Aráuz) que foron cuartas a poucas décimas do terceiro clasificado, o Club María Barbeito. Nesta categoría foron campioas galegas as ximnasta o equipo do Club Treboada e segundas clasi-ficadas as do Club Apóstolo

Santiago de Pontevedra.De seguido, todos estes

conxuntos participarán no Campionato Nacional de Base que terá lugar en Gua-dalaxara entre o �0 e o �4 de novembro.

Galego federado de conxuntos

Durante a mañá tivo ta-mén lugar a primeira fase, que contabiliza co 30% da nota xeral do Campionato Galego Federado de conxun-tos. Nesta competición os tres conxuntos pavillonistas acabaron con claras opción cara o podio.

XIMNASIA

Page 6: 24 Outubro 2013 BD Nº 85

6 BARRIOS DEPORTIVO�5 de outubro de �013

XIMNASIA

Novelle competirá no Mundial de Bulgaria en trampolín e dobre minitramp na categoría 15-16 anos./R.T.

Ramsés Torres

Está claro que por un fillo se fai o que sexa, e iso debeu pensar a nai do ximnasta ourensán Eduar-do Novelle, cuxa presenza no Mundial de edades é das máis especiais, xa que a financiación logrouna grazas á venda de tartas de chocolate caseiras da súa proxenitora.

Dende cando practicas ximnasia? e en que mo-

dalidades?Eduardo Novelle:

“Dende os 7 anos e practi-co trampolín e dobre mini-tramp. Das dúas gústame máis trampolín porque é na que máis adestro”.

Por que te decantaches por estas modalidades?

E.N.: “De pequeno fa-cía natación no Pavillón, onde vin que practicaban este deporte. Gustoume e a miña nai apuntoume, e dende aquel momento sigo

ENTREVISTA AO XIMNASTA EDUARDO NOVELLE - DO C.X. PAVILLóN

“Desexo vivir a experiencia do Mundial e facer as cousas ben”

4 O ximnasta ourensán Eduardo Novelle competirá no Mun-dial por edades, que se celebrará en novembro en Bulgaria.

nel”. Canto adestras?E.N.: “Adestro 6 días á

semana e ao redor de dúas horas e media ao día”.

Tes algún ximnasta de referencia?

E.N.: “Non me fixo en ninguén de xeito específi-co, pero gústame moito un ximnasta canadiense que se chama Jason Burnett”.

Tiveches problemas económicos para poder presentarte ao Mundial de Bulgaria, que terá lugar en novembro, e ao final conseguistes resol-velo vendendo tartas ca-seiras, como surxiu esa

iniciativa?E.N.: “Foi idea de miña

nai. Cando mo propuxo gustoume, había que in-tentar algo porque eu tiña claro que quería ir. Des-pois de lograr o diñeiro estou moi contento, a xen-te reaccionou moi ben e eu estoulles a todos moi agradecido. Agora teño unha gran responsabili-dade porque moita xente confía en min e non quero fallarlles”.

Cres que esta iniciativa pode repetirse para lo-grar financiación noutra ocasión?

E.N.: “Si, de feito a miña nai está a animar á xente a que siga mercando tartas para financiar os se-guintes campionatos”.

Como se decide se un ximnasta pode competir no mundial?

E.N.: “Contan as notas de cada campionato e va-loran os teus saltos. Así escollen aos 4 ou 5 mello-res de cada categoría, e es-colléronme nas de trampo-lín e dobre minitramp para ximnastas de 15-16 anos”.

Cal será a túa meta nesta cita?

E.N.: “Vou para vivir a experiencia e facer as cou-sas ben, non busco lograr o podio”.

E os teus obxectivos a medio prazo cales son?

E.N.: “Nesta tempada busco clasificarme para o Europeo do vindeiro ano e para o Mundial, se o hai”.

Veste como ximnasta profesional no futuro?

E.N.: “Vendo aos pro-fesionais creo que está difícil logralo, quédame bastante para chegar a ese nivel, pero vouno a inten-tar”.

Onde cres que se ato-

pan os mellores ximnas-tas do mundo?

E.N.: “Para min os me-llores son os de China, Rusia, Canadá e Xapón”.

Queres enviarlle un mensaxe a alguén?

E.N.: “Quero darlle as grazas a todas as persoas que mercaron tartas e principalmente a miña nai, porque sen ela non logra-ría ir ao mundial”.

Eduardo, con 15 anos, adestra 6 días á semana e dúas horas e media cada día./R.T.

“Non me fixo en ningún ximnastas de xeito específico, pero gústame moito o canadiense Jason Burnett”

“A miña nai segue vendendo tartas para financiar os seguintes campionatos. E quero darlle as grazas, sen ela non lograría ir ao mundial”

Page 7: 24 Outubro 2013 BD Nº 85

BARRIOS DEPORTIVO�5 de outubro de �013

7PATINAXE

Grupo de nenas que aprenden patinaxe da man do Club Deportivo Ourela./R.T.

“Agardamos presentar ás nenas a algunha competición o próximo ano”

Ramsés Torres

Son de Santiago de Com-postela e contan cun amplo currículo deportivo ás súas costas. Lara e Nuria Rives Busto son dúas patinadoras e adestradoras nacionais que acaban de crear o Club De-portivo Ourela, o primeiro de Ourense vencellado á pati-naxe artística, un deporte tan fermoso como descoñecido.

En que consiste a pati-naxe artística?

Lara Rives: “É un depor-te, aínda que moita xente o dubide, que se practica, de xeito federado, sobre patíns en bota con dúas rodas dian-te e dúas detrás en paralelo, non en liña. Ten unha carac-terística fundamental que é a súa parte artística, que se mide por como o patinador

se expresa na pista e a pre-senza que ten nela. Aínda que ademais ten unha parte técnica, expresada nos saltos e piruetas que esixen un gran control dos patíns”.

Como surxe a idea de crear o Club Deportivo Ourela?

L.R.: “As dúas fixemos este ano o curso para con-verternos en adestradoras nacionais. Ademais, ambas levamos no patinaxe artístico dende nenas, e somos ades-tradoras de patinaxe dende fai moito tempo en diversos clubs, colexios e concen-llos, principalmente da zona de Santiago e A Coruña. E vendo como están as cousas decidimos vir para Ourense porque nesta provincia non hai nada vencellado ca pa-tinaxe artística, sobre todo a nivel federado”.

Con que filosofía chega-des a Ourense?

L.R.: “Viñamos con gañas de crear algo noso. Temos unha filosofía de traballo moi clara, cunha idea determina-

da do que pode transmitir o deporte”.

Con cantos alumnos con-ta agora mesmo o club?

L.R.: “Neste intre temos 17 nenos e 4 adultos, destes últimos un xa é fixo e outros que aínda están probando. O grupo de adultos costa un pouco máis”.

Ademais, dades cursos en colexios.

L.R.: “Si, somos profeso-

ras de patinaxe artístico no colexio Benchosei e no Club Deportivo La Purísima”.

Que hai que facer para inscribirse no voso club?

L.R.: “Poñerse en contac-to con nós a través do teléfo-no ou enderezo electrónico. Ou tamén poden vir polo pavillón dos Remedios un día dos que adestramos e xa lles damos toda a informa-ción que precisen. Ademais, poden facer unha proba sen compromiso”.

Que lle dirías aos ouren-sáns para que se animen a practicar este deporte?

L.R.: “Primeiro, que é para ambos sexos, porque temos o problema de que hai a tendencia a pensar que é só para nenas e mozas, e quere-mos que os homes tamén se animen, porque é un depor-te para todos. Ademais, nas

competicións oficiais despois rematan destacando máis os homes, curiosamente. O que se debe a que é un deporte que esixe unha forza e unha velocidade que, ás veces, á mulleres nos costa máis lo-grar, polo que o suplimos con outras cousas.

Ademais, ten moitas van-taxes. Axuda ao equilibro, é divertido e coñeces a xente nova, porque aínda que cada un vai ao seu ritmo todos compartimos pista e animá-monos uns a outros. É un de-porte que hai que probar”.

Que futuro tendes en mente para o club?

L.R.: “Queremos un club competitivo. Aínda estamos comezando, pero as nenas que temos están mellorando moito, polo que queremos lograr a medio ou longo pra-zo formar un club con depor-

tistas federados que poidan participar en campionatos oficiais”.

Aproximadamente que prazo é ese?

L.R.: “Aínda non o sabe-mos con exactitude porque é complicado conseguir o ma-terial para competir de xeito federado. Os patíns de ini-ciación son asequibles, pero os de competición teñen un prezo máis elevado, polo que temos que ir valorando como van evolucionando as nenas, porque aínda que algunhas xa patinaban en liña e iso fai que o equilibrio o manteñan ben, o certo é que no tema das figuras están comezan-do de cero. Pero agardamos metelas xa nalgunha compe-tición o ano próximo, aínda que sexa no nivel máis baixo. Porque en patinaxe hai tres rangos de competición: “ni-veles”, que é o máis baixo e no que participan os nenos que comezan; “segunda ca-tegoría”, que é o paso inter-medio; e “primeira catego-ría”, que é como a Primeira División de fútbol.

Este ano levarémolas a algunha exhibición, prepa-raremos algunha coreografía para que as nenas estean en pista e sintan a presenza do público. Queremos un club no que as cativas vexan todo o que hai, o que é unha com-petición, e se dean conta de que Galicia é unha comuni-dade autónoma de referencia na patinaxe artística”.

[Contacta co Club Deportivo Ourela

no 685019039 ou en [email protected]]

ENTREVISTA A LARA RIVES - COFUNDADORA DO CLUB DEPORTIVO OURELA DE PATINAXE ARTíSTICO

“Queremos un club competitivo, con patinadores federados que estean presentes nas citas oficiais”4 O Club Deportivo Ourela é o primeiro de patinaxe artístico da provincia de Ourense e as súas fundadoras buscan con el promocionar un deporte no que, a pesar do descoñecemento social, Galicia é unha comunidade de referencia.

Lara e Nuria son adestradoras nacionais de patinaxe artístico./RAMSÉS

“É un deporte que mellora o equilibro, é divertido e axuda a coñecer xente ”

Page 8: 24 Outubro 2013 BD Nº 85

8 BARRIOS DEPORTIVO�5 de outubro de �013

FÚTBOL

Actuais camisetas do COB e do CD Ourense.

CDO suma cinco vitorias consecutivas

O U.D. Barbadás, cuarto na 2ª División NacionalA U.D. Barbadás feminino, equipo da Segunda División Nacional ocupa a cuarta po-

sición neste primeiro tramo ligueiro.O último partido foi en Santiago contra o Compostela, a quen venceron por cero goles

a un. O único tanto do encontro foi obra de Emma cun remate de volea tras saque de esquina de Cris.

Non foi o mellor encontro das ourensás pero si foi suficiente para que lograran tres valiosos puntos que as colocan na cuarta posición con tres puntos. Esta fin de semana non haberá competición, que se reanudará o vindeiro 3 de novembro nos Carrís ante o Gijón.

R. Torres

Fai uns meses o Concello de Ourense, na persoa do seu alcalde, anunciaba que miraría con “mimo” e “es-pecial cariño” o patrocinio de “Ourense Termal” para o Club Deportivo Ourense e Club Ourense Balonces-to. E a contía de devandito patrocinio entraría dentro dos orzamentos de �014.

Este ano o Concello non ten presuposto, senón que ten prorrogado o do �01�, e pretende aprobar os de �014 en prazo -antes de final de ano- (algo que non aconce-teu nos últimos anos).

Os dous clubs xa estam-paron na súa equipación o “Ourense Termal” co que os patrocina o Concello; de feito o COB a efectos da

Liga xa está inscrito coma Ourense Termal.

Con esta iniciativa pretén-dese dar pulo ao termalismo, fonte principal do turismo ourensán.

Nembargantes, cunha aposta tan decidida é estra-ño que non teña un logo ben definido. Mentres na cami-seta do COB represéntase mediante unha gota de auga sita na parte dianteira, que

envolve o escudo do club e con letra pódese ler Club Ourense Termal; na zamarra do CDO está plasmada na parte baixa da parte de atrás e lese “Ourense Termal” cunha tipogafía totalmente distinta. Dúas imaxes para un mesmo produto, cando o máis lóxico sería unificar a imaxe corpo-rativa; con variantes, pero non con diferencias tan sa-lientables coma neste caso.

Patrocinio Termal

4EDITORIAL

R. Torres

O CD Ourense ocupa des-de a pasada xornada (a nove) a primeira posición do grupo primeiro da Segunda Divi-sión B. Con 18 puntos de �4 disputados mira detrás del ao resto de rivais. E iso que é o único equipo dos cinco pri-meiros que cumpriu a xorna-da de descanso (ao ter a Liga 19 equipos en lugar de �0).

A un punto (17) sitúase o Rácing de Santander; na terceira posición, o Oviedo (16); e en cuarto lugar está o Zamora (15 puntos). Todos eles en promoción de ascen-so a Segunda División. Pero se miramos máis abaixo, fóra da promoción o primeiro equipo é o Guijuelo, quinto con 14 puntos; é dicir, catro puntos menos cos rojillos e un partido máis.

Un comezo inmellorable para un equipo adestrado por José Luis Míguez “Luisito” que non quere relaxacións. Este primeiro posto a estas alturas da competición supón para o técnico “unha mera anécdota”.

Despois de que na tercei-ra xornada sufrira no Couto a derrota contra o Rácing de Ferrol (1-�), os ourensáns levan cinco vitorias conse-cutivas. A última delas foi no exilio de Verín. O céspede do Couto está con coidados

4 O CD Ourense ocupa a primeira posición do grupo primeiro da Segunda División B.

para que volva a ter unhas condicións óptimas para a práctica do balonmpé, polo que se tivo que xogar o en-contro contra o Tropezón no José Arjiz.

TropezónContra o conxunto cán-

tabro encontraron os homes de Luisito un encontro moi trabado e complicado de sa-car adiante. Adiantaronse os ourensáns cun gol de Javi Hernández, quen lle gañou as costas a toda a defensa visitante. Antes do descanso o Tropezón lograría poñer as táboas de novo no marcador.

Na segunda metade o en-contro entrou nunha dinámi-ca pouco conveniente para o Ourense. Demasiadas inte-rrupcións e o xogo moi tra-bado. Luisito foi pola vitoria e fixo un dobre cambio; Ós-car Martínez e Capi deixaban o seu sitio a Gustavo Souto e Adrián Cruz. Destacaron os dous xogadores nos seguin-tes minutos. Cruz estivo moi activo na zona de creación e Gustavo Souto firmaba o 2-1, e daba o pase do 3-1 a Javi Hernández.

11 inicialLuisito usou o mesmo 11

nas últimas xornadas: Pato; Josu, Portela, Capi, Pinillos, Yebra, Álex Fernández, Iker Alegre, Borja Valle, Javi

Hernández e Oscar Martí-nez. Os cambios habituais son Adrián Cruz, Gustavo Souto e Juan Martínez, e en menor medida, Moisés García e Jaime Noguerol. Campillo e Adil non entran nunha lista desde fai varias semanas. A pesar desta rea-lidade, Luisito é claro, e pí-delle a todos os xogadores que “teñan paciencia”, pois está seguro “de que chega-rá a oportunidade de todos eles”. O técnico de Teo pre-tende, con estas palabras, manter a todos os xogado-res motivados.

Logroñés, Caudal, Co-ruxo

Ao CD Ourense tóca-lle disputar tres partidos en nove días. O sábado �6 visita ao Logroñés; o mér-cores �0 volve a xogar fóra contra o Caudal Deportivo e o domingo 3 de novem-bro recibe ao Coruxo coa posibilidade de que aínda continúe ao fronte da clasi-ficación. Para este partido o Ourense xogará coa segun-da equipación azul e bran-ca, para dala a coñecer aos afeccionados.

Todos detrás!

Page 9: 24 Outubro 2013 BD Nº 85

BARRIOS DEPORTIVO�5 de outubro de �013

9BALONCESTO

Riley Luettgerodt esquivando a un xogador do Andorra./RAMSÉS

R. Torres

O Club Ourense Balon-cesto (desde esta xornada Ourense Termal) quere acadar a primeira vitoria da tempada no pazo Paco Paz. Despois de perder na primeira e segunda xornada da Adecco Ouro e sumar a primeira vitoria da tempada en Navarra na terceira, os

de Gonzalo García de Vito-ria queren darlle a primeira alegría aos seareiros ouren-sáns e vencer ao Huesca nesta cuarta xornada. O partido será o venres �5 de outubro a partir das �1 ho-ras no Paco Paz.

Gonzalo destaca dos ma-ños, amais da súa “xuventu-de”, que forman un equipo que busca “sacarte do es-

quema” e “atacar en carrei-ra”. O adestrador ourensán salienta o gran palmarés de moitos dos xogadores oscenses, acostumados a xogar partidos importantes. “Moitos deles faranse cun nome no baloncesto”, ase-veraba a técnico cobista.

O Ourense Termal mar-cha na clasificación en décima posición, cunha

vitoria e dous derrotas. As pantasmas da pasada tem-pada, na que comezaron cun 0-6, están disipadas e agora falta refrendar a boa marcha coa vitoria na casa ante o Huesca.

PorcentaxesPara de Vitoria a baixa

porcentaxe de tiro das dúas primeiras xornadas xa está totalmente solventada, e recorda que contra Navarra acadaron “11 triplos e un 68% de acerto en tiros de dous”.

Rafa HuertasNo apartado de anota-

ción quen terá un papel principal durante a tem-pada será Rafa Huertas. O escolta non elude a respon-sabilidade e considera que tres ou catro compañeiros máis el terán que asumir ese reto. Despois dun ini-

O COB quere a primeira en casa4 Os homes de Gonzalo García de Vitoria xogan contra o Hues-ca de Quim Costa.

cio no que lle costou acli-matarse á cidade, Huertas, grazas a que moitos dos seus compañeiros son ami-gos foi acostumándose á súa nova realidade; pasar do sur ao norte con todo o que atañe. Para o cordobés,

un dos maiores culpables de que agora esté cómodo é o adestrador, “Gonzalo traballa moi alegre e iso é de agradecer” confesa-ba o xogador, que augura “un ano agradable para o COB”.

Rafa Huertas é un anotador chave do COB desta tempada, como demostrou no partido do Pazo./RAMSÉS

Page 10: 24 Outubro 2013 BD Nº 85

10 BARRIOS DEPORTIVO�5 de outubro de �013

POLIDEPORTIVO

Intre dun dos partidos disputados polo P21.

Dúas parellas participantes no torneo./I.D.PÁDEL OIRA

41ª División Autonómica sénior masculina de rugbi. Xornada 1: 12-13/10/2013Lalín - Campus Ourense Rugbi ClubXornada 2: 19-20/10/2013Campus Ourense Rugbi Club - descansaXornada 3: 26-27/10/2013Campus Ourense Rugbi Club - InglesesXornada 4: 09-10/11/2013Pontevedra - Campus Ourense Rugbi ClubXornada 5: 16-17/11/2013Campus Ourense Rugbi Club - MareantesXornada 6: 23-24/11/2013Blusens Universidad de Vigo B - Campus OurenseXornada 7: 14-15/12/2013Campus Ourense Rugbi Club - ZalaetaXornada 8: 21-22/12/2013Campus Ourense Rugbi Club - LalínXornada 9: 11-12/01/2014Campus Ourense Rugbi Club - descansaXornada 10: 18-19/01/2014Ingleses - Campus Ourense Rugbi ClubXornada 11: 25-26/01/2014Campus Ourense Rugbi Club - PontevedraXornada 12: 08-09//02/2014Mareantes - Campus Ourense Rugbi ClubXornada 13: 15-16/02/2014Campus Ourense - Blusens Universidad de Vigo BXornada 14: 01-02//03/2014Zalaeta - Campus Ourense Rugbi Club

41ª División Autonómica sénior feminina de rugbi. Xornada 1: 18-19/10/2013Campus Ourense Rugbi Club - ZalaetaXornada 2: 26-27/10/2013Lalín - Campus Ourense Rugbi ClubXornada 3: 09-10/11/2013Campus Ourense Rugbi Club - descansaXornada 4: 16-17/11/2013Campus Ourense - Blusens Universidad de Vigo BXornada 5: 30/11 - 01/12/2013CRAT - UDC - Campus Ourense Rugbi ClubXornada 6: 14-15/12/2013Campus Ourense Rugbi Club - InglesesXornada 7: 21-22/12/2013Muralla - Campus Ourense Rugbi ClubXornada 8Zalaeta - Campus Ourense Rugbi ClubXornada 9Campus Ourense Rugbi Club - LalínXornada 10Campus Ourense Rugbi Club - descansaXornada 11Blusens Universidad de Vigo B - Campus OurenseXornada 12Campus Ourense Rugbi Club - CRAT - UDCXornada 13Ingleses - Campus Ourense Rugbi ClubXornada 14Campus Ourense Rugbi Club - Muralla

RUGBI

Comeza a Liga para o Campus Ourense4 En categoría masculina e feminina sénior.Redacción

Comeza unha nova tem-

pada para os equipos sénior do Campus Ourense Rug-bi. O equipo masculino xa

comezou, e con derrota na primeira xornada. Foi no Municipal Anxo Carro de Lalín e caeu ante o conxun-to local por un resultado de �� a 14 na xornada que daba o pistoletazo á liga. Na segunda xornada to-coulles descansar, e reanu-darán a competición esta fin de semana na casa contra os Ingleses R.C.

O equipo feminino tivo

que aprazar o partido do seu debut, polo que debu-tarán esta fin de semana diante do Coreti Lalín, onde moitas xogadoras ourensás recalaron esta tempada; polo que se vvi-rá unha rivalidade especial entre ex compañeiras.

O Campus Ourense viaxará a terras ponte-vedresas con numerosas baixas.

Redacción

Tras unha fin de semana de emocionantes elimi-natorias entre algúns dos mellores clubs de pádel de Galicia, P�1 Pádel Team logrou facerse co Cam-pionato galego por equi-pos de terceira categoría, impoñéndose por un total de 4-1 na final ao Club de Campo de Vigo, actual campión da 1ª División da Liga Rías Baixas.

En cuartos de final eli-minaron ao Fontes do Sar por 4-1. Nas semifinais desfixéronse do Club de

Campo de Ferrol con con-tundencia (5-0). E na gran final lograron o campio-

P21 Padel Team, campión galego de 3ª categoría4 Venceu na final ao Campo de Vigo.

nato por 4-1 contra o xa citado Club de Campo de Vigo.

Redacción

O primeiro Torneo Outono de Pádel das ins-talacións Pádel Oira ce-lebrouse o pasado 19 de outubro coa participación de 16 parellas.

O sistema de xogo foi un formato de liguiña de catro grupos con ca-tro parellas cada un. Os dous primeiros clasifica-dos pasaban á fase final e os terceiros e cuartos de cada grupo disputaron a fase de consolación. Os gañadores foron a parella formada por J.L.G.M. e J.L. G. A.

Ao terminar procedeuse á entrega de trofeos aos par-ticipantes, que agardan que

o centro deportivo organice máis evntos como este ao longo da tempada.

16 equipos participaron no Torneo Outono de Pádel 4 Nas instalacións Pádel Oira.

Page 11: 24 Outubro 2013 BD Nº 85

BARRIOS DEPORTIVO�5 de outubro de �013

11POLIDEPORTIVO

Integrantes do Galmédica Ourense Tenis Mesa.

Rematada a liga disputarase a Copa e, este ano, tamén a Supercopa

Redacción

Despois da refundición das ligas de tenis de mesa desta tempada, o Galmé-dica Ourense disputa este ano a Terceira División Nacional, sendo o único representante ourensán da categoría.

Tralas tres primeiras xor-nadas, o conxunto leva ple-no de vitorias e apunta que superará con creces o seu obxectivo, que non é outro

que a permanencia.Na primeira das xorna-

das vencía ao C.T.M. Vigo Bocaterias Papo’s por un claro 6-1. Na segunda xor-nada desfíxose con moitos apuros (a pesar do resulta-do final) do actual campión de liga, o Mercantil de Vigo “B” a quen superou por �-5; o partido de dobres foi determinante, no que unha gran decisión táctica de-cantou o encontro cara ao equipo ourensán.

TENIS DE MESA

Tres xornadas, tres vitorias4 O Galmédica Tenis de Mesa logra pleno de vitorias nos tres primeiros partidos.

Terceira xornadaNa pasada xornada, a

terceira, recibían ao Liceo de Noia (un dos mellores conxuntos da pasada cam-paña). Depois dun encon-tro de moita igualdade, o resultado favoreceu ao Galmédica por 5-�. Con este inicio é máis que probable que cambien o obxectivo de comezo de curso e busquen un máis ambicioso.

Redacción

Este mes comezou a quinta edición da Liga In-tercultural Municipal de fútbol sala, que se celebra no pavillón da Carballei-ra.

Este ano un total de �� equipos participan neste evento que cada ano reúne a máis deportistas (oito equipos tiveron que que-dar fóra por falta de horas para disputar máis encon-tros). En total son preto de 300 fichas as que se tramitan entre os distintos equipos.

Os �� conxuntos están divididos en dúas cate-gorías (1ª e �ª división).

Unha vez rematada a Liga dispútase a Copa, e este

FÚTBOL SALA

V Liga Intercultural Municipal4 Nela compiten 22 equipos.

Redacción

O Marbel Judo Club rematou a súa participa-ción na Liga Internacio-nal de judo na undécima posición. Despois de tres xornadas o conxun-to ourensán acadou unha meritoria clasificación que o levou ao posto 11 de 16 equipos.

Na última xornada, a do 19 de outubro, os ourensáns lograron ven-cer ao San Francisco Teo de Santiago (3-1) e ao Judo Ferrolterra (3-1), empataron un disputado duelo contra o Judo Club Coruña (�-�) e perderon contra o intratable Judo Club Arteixo (0-4).

Ao final das tres xorna-das o Marbel conseguiu cinco vitorias, un empate e nove derrotas, sumando un total de 198 puntos.

Play off para o títuloOs catro equipos que

disputarán esta edición

da Liga Internacional de Clubes de Judo, “Trofeo Cidade de Ourense”, logo

das tres xornadas disputa-das da fase regular serán: o Universidade da Coruña, primeiro na liga; Famu de Frutos “A”, segundo; Judo Club Arteixo, terceiro, e o cuarto clasificado o Inge-nieros Bitácora.

Os enfrontamentos em-parellarán en semifinais ao primeiro contra o cuar-to clasificado (Universi-dad de Coruña-Bitácora) e segundo contra terceiro (Arteixo e Famu Vigo).

O Marbel, 11º na Liga Internacional de Judo4 O club ourensán foi de me-nos a máis na competición.

ano, a organización con-tan con celebrar unha Su-percopa.

Deporte para todosEste campionato creuse

coa idea de facilitar á xu-ventude a práctica depor-tiva cun baixo custo eco-nómico.

Ao final da tempada,

ademais dos premios aos primeiros clasificados, hai un trofeo á deporti-vidade.

Presentación da V Liga Intercultural Municipal de fútbol sala./RAMSÉS.

Cristián (de fronte) durante o seu combate.

Redacción

O taekwondo ourensán colleitou bos resultados no Open de Ribeira celebrado o pasado 19 de outubro na localidade coruñesa e no que participaron preto de 500 deportistas.

Sete representantes do Centro Deportivo Couto calificáronse entre os me-llores das súas categorías: así Iván Blanco foi pri-meiro (en júnior lixeiro) e Diego Siota segundo

(en infantil galo). María González (en cadete galo), Andrés Álvarez e Sergio Álvarez (en júnior pluma), Andrés Freijeiro e Nicolás Pérez (en júnior superlixei-ro) foron terceiros.

Próximos eventosDeportistas do club ouren-

sán competirán a primeira fin de semana de novembro no Open de Pontevedra, cita previa ao Campionato galego júnior que terá lugar o día 16 en Lugo.

Bos resultados do taekwondo ourensan en Ribeira4 Sete deportistas do Centro Deportivo Couto lograron es-tar entre os tres mellores das súas categorías.

Page 12: 24 Outubro 2013 BD Nº 85

1� BARRIOS DEPORTIVO�5 de outubro de �013

FÚTBOL SALA

O Ponte Ourense visita na sexta xornada ao Soto del Real, equipo que leva catro puntos, un menos que as pontinas

4 Xornada 6 - 6 de outubroOrvina - PoioGironella - Viaxes AmarelleCidade As Burgas - At. de MadridSoto del Real - Ponte OurenseBurela - ValliranaU. de Alicante - La RiojaAlcorcón - RoldánFerrol - Móstoles

4 Xornada 7 - 2 de novembroAt. de Madrid - U. de AlicanteGironella - OrvinaPonte Ourense - FerrolMóstoles - Cidade As BurgasLa Rioja - BurelaPoio - AlcorcónRoldán - Soto del RealViaxes Amarelle - Vallirana

Primeira División FSF - 5ª xornada

Posto Equipo Puntos

1º At. Madrid 13 �º Burela 13 3º Alcorcón 104º Gironella 105º La Rioja 106º U. de Alicante 97º Roldán 78º Cidade As Burgas 79º Amarelle 610º Poio 611º Ponte Ourense 51�º Móstoles 413º Soto del Real 414º Orvina 315º Ferrol 3 16º Vallirana 3

Raquel de Souza busca encontrar camiño cara a porta contraria diante de dúas xogado-ras do Alcorcón./RAMSÉS.

O Ponte Ourense, a reconducir o camiño4 Leva unha vitoria, dous empates e dúas de-rrotas en cinco xornadas disputadas.R. Torres

O Ponte Ourense busca reconducir unha situación que levouno nas cinco pri-meiras xornadas da Primei-ra División de fútbol sala a lograr unha vitoria, dous empates e dúas derrotas, o que o sitúan na undécima posición con cinco puntos.

O xogo das rapazas ade-stradas por Jorge Vaz é notable, con dominio en moitos minutos de partido, pero que, nembargantes, non se materializa en vito-rias. Mesma situación que a vivida o ano pasado cando o adestrador era Óscar Vi-vián. E cando esto ocorre soe pasar que a ansiedade faise notar e a cabeza xoga malas pasadas; o que deri-va en que os resultados non sexan os merecidos.

AlcorcónContra o Alcorcón as de

Vaz comezaron perdendo desde moi cedo. No pri-

meiro minuto de encontro, Leire adiantaba ás visitan-tes, despois dunha perda de balón local. As madrileñas poñían de cara o encontro. O Ponte buscaba resarcir-se do xarro de auga fría do gol e tentaba levar o control

do partido, pero a falta de acerto nos metros finais im-pedían que as ourensás em-pataran o choque. Mentres a Agrupación Deportiva Al-corcón seguía co seu acerto demoledor, e Orive facía o 0-� tras pase de Vadillos

que lle gañaba as costas ao seu par. Tralo descanso, o Ponte intentou unha maior intensidade no xogo en bus-ca de lograr algo positivo do choque. Pero novamen-te as alfareras golpearían facendo aos tres minutos da reanudación o 0-3. Ori-ve de novo batía a Vanesa aproveitando un balón solto na área.

Nestas, o adestrador ourensán optou polo xogo de cinco, o que fixo que acurtaran distancias a falta de dous minutos. Ana lo-graba o único tanto local, pero a vitoria marcharía cara terras madrileñas.

Soto del RealA vindeira xornada en-

fronta o Ponte Ourense

Noe remata a portaría do Alcorcón./RAMSÉS.

medirase co Soto del Real, coas ourensás coma visi-tantes.

O seu rival é décimo ter-ceiro con catro puntos (a un das pontinas). As madrile-ñas sumaron os seus catro puntos nas dúas primeiras xornadas. Na primeira xor-nada soprenderon na cancha do Burela (empate a un tan-to), e na segunda xornada golearon ao Vallirana por 6-1 na casa. A partir dese momento todo derrotas: 1-0, contra Rioja; �-6, contra Atlético de Madrid e 3-1, contra Móstoles.

O Soto ten en Patri Gar-cía a súa xogadora máis perigosa. García leva catro

tantos nas cinco xornadas disputadas ata o momento.

O Ponte está pendente da evolución da lesión de Lau-ra Fernández que se perdeu o último partido contra o Alcorcón. A participación de Laura sería moi benefi-ciosa para os intereses pon-tinos para sacar un resulta-do positivo.

CrisA xogadora Cristina aca-

ba de abandonar a discipli-na do Ponte Ourense para enrolarse nas filas do Bure-la Pescados Rubén. Esta se-mana certificouse a nova e Cris xa foi presentada coma nova xogadora laranxa.

Anita controlando o balón diante da xogadora ourensá do Alcorcón, Andrea Feijoo./RAMSÉS.

Page 13: 24 Outubro 2013 BD Nº 85

BARRIOS DEPORTIVO�5 de outubro de �013

13FÚTBOL SALA

O Cidade As Burgas recibirá este sábado 26 (a partir das 16 horas) nos Remedios ao Atlético de Madrid

Nati disputando un balón a Lidia, do Burela.

R. Torres

O líder, Atlético de Ma-drid, pon a proba ao Cidade As Burgas na sexta xorna-da da Primeira División de fútbol sala. As xogadoras adestradas por Manolo Co-deso contan neste arranque ligueiro con pleno de vitorias cando xogan como locais; 5-3 contra o Universidad de Alicante e 4-1 contra o recén ascendido Vallirana.

Nesta xornada o equipo que visita o pavillón dos Re-medios é o líder provisional, o Atlético de Madrid, em-patado a puntos no alto da clasificación co Burela. Será unha boa ocasión para certi-ficar a boa liña que levan as franxiverdes na casa, ante un dos claros favoritos a facer-se co campionato. Mentres o Atlético marcha colíder co Burela (13 puntos), o Cidade

Redacción

O Cidade As Burgas levará durante toda a tem-pada un crespón negro por enriba do dorsal da parte posterior das súas equi-pacións, en memoria das vítimas do accidente de tren acontecido o �4 de xullo en Angrois (San-tiago de Compostela). A homenaxe será para todos os afectados, pero de ma-neira especial para as tres ourensás falecidas no ac-cidente, e de xeito particu-lar para Carolina Besada, que era irmá da xogadora Marta Besada, xogadora do club.

A primeira equipación seguirá sendo franxiverde, pero cambia o pantalón

que pasa do negro ao ver-de. A segunda equipación pasa de ser negra a ser za-marra vermella e pantalón negro. A equipación das porteiras será totalmente amarela.

4 O Cidade levará un crespón negro na súa camiseta esta tempada

Imaxe da parte traseira da nova equipación do Cida-de As Burgas.

As Burgas é oitavo (7).Tamén será unha oportuni-

dade para comprobar que o Cidade está capacitado para gañar a equipos teóricamen-te superiores, é que a vitoria contra Alicante (outro dos favoritos) non foi un espe-llismo.

Na parte do Atlético de Madrid, o peso do equipo o levan xogadoras coma Fabi, Ju Delgado, Ro e Leti, pero sen esquecerse de Natalia e Rocío.

Pola banda do Cidade, Iria Saeta deberá esperar o seu debut nesta tempada. Unha rotura fibrilar cando foi chamada pola selección tráea de cabeza. Saeta desde entón (setembro) arrastra esa rotura que lle impedíu xogar no que vai de Liga. Candela Soria tamén está con proble-mas físicos; e Peke e María Romero aíndan andan con

molestias nos seus respec-tivos nocellos, pero iso non lles impedirá formar parte das xogadoras disponibles por Manolo Codeso.

Un dos atractivos máis destacados do encontro des-te sábado será o duelo entre Natalia (Atlético) e Vanessa (Cidade); as dúas xogado-ras levan cinco dianas cada unha. Trátase de dúas arti-lleiras que firmaron 29 goles a primeira e �4 a segunda a pasada campaña. Agora, ma-drileña e ourensá de seguro que buscarán romper a igual-dade.

Tendencia positivaNas dúas últimas tempa-

das, os enfrontamentos entre galegas e madrileñas dispu-tados en Ourense deron unha derrota pola mínima do Cida-de o ano pasado, e a vitoria, tamén pola mínima, fai dous anos. A igualdade foi a nota dominante de cada encontro, e presúmese que nesta oca-sión camiñará a historia po-los mesmos derroteiros.

TraxectoriaNas últimas tres xornadas

o Cidade colleitou un empa-te, unha derrota e unha vito-ria.

Na cita ante o Buerela che-gaba a Vistalegre coa moral alta despois de vencer a ante-rior xornada ao Universidad de Alicante. Pero nada máis comezar, as lucenses adiantá-banse cun gol de Maite. Lo-nxe de amilanarse, o Cidade buscou un empate, que aca-dou ao minuto seguinte Figo. Pero antes de que rematara a primeira parte, Peque devol-vía a vantaxe ás locais.

Na segunda metade, o Bu-rela buscou romper o partido desde os primeiros compa-ses; e Lidia, primeiro, e Mai-te, despois, poñían un claro 4-1 para as laranxas. Xa nos intres finais Sonia Pacios fa-cía o definitivo 4-2.

Contra o Vallirana logra-ron a segunda vitoria en casa fronte a un equipo recén as-cendido; 4-1 foi o resultado final antes as catalanas sen ser un partido de moita bri-llantez por ningunha parte.

O último partido ata a data fíxoas desprazarse ata a Rioxa. Despois de rema-tar a primeira metade coma comezou o encontro, Sonia adiantaba ás ourensás, para, a 49 segundos do final, as lo-cais lograr o empate a un gol. A pesar do mazazo por per-der dous puntos nos últimos intres, o certo é que facerse cun empate na Rioxa é un importante botín, xa que as rioxanas son quintas con 10 puntos.

Goles de VanessaVanessa Sotelo regresou

esta tempada ás filas franxi-

verdes logo de pasar un par de anos no Ponte Ourense. O Cidade xa está a notar a capacidade goleadora da moza ourensá que leva nas seis primeiras xornadas cin-co goles. Tres menos que

O líder pon a proba ao Cidade4 No que vai de curso as de Codeso contan por vitorias todos os seus partidos como locais.

Lidia (Burela), dous menos que Sara (Alicante) e empa-tada con Natalia e Ro (At. Madrid Navalcarnero), Eva Manguán (Móstoles), Mai-te Garde (Orvina) e Amelia (Alicante).

Vanessa está a realizar un gran papel este curso, principalmente como anotadora./R.T.

Page 14: 24 Outubro 2013 BD Nº 85

14 BARRIOS DEPORTIVO�5 de outubro de �013

POLIDEPORTIVO

O concelleiro de Deportes, Alfonso Vilachá, dirixíndose aos deportistas becados./MIGUEL REJO

Redacción

O 1� e o 13 de outubro celebrouse en Ourense -Santa Mariña- un Open Na-cional F3C. Este é o segun-do ano consecutivo que se celebra un evento deste ni-vel na provincia. O campio-nato é unha competición de acrobacia con helicópteros radio controlados. A súa di-ficultade, precisión e espec-tacularidade faina unha das más difíciles modalidades do aeromodelismo.

Parte da selección nacio-

Special Olympics trae a Ourense os XVII Xogos autonómicos de natación4 A cita é este sábado 26 de outubro nas piscinas dos Remedios.Paula Lodeiro

�36 nadadores galegos con algún tipo de discapa-cidade intelectual daran-se cita este sábado �6 de outubro nas piscinas dos Remedios de Ourense nos XVII Xogos autonómicos de natación organizados por Special Olympics. Unha iniciativa “social, non meramente depor-tiva”, explicaba Eladio Fernández, presidente de FADEMGA, na presenta-ción do evento.

Ás 10:45 horas terá lu-gar a inauguración dos Xogos, na que os depor-tistas participantes des-filarán ante os presentes seguindo o cerimonial das Olimpíadas. A com-petición dará comezo ás 1� horas, e consistirá nas probas clásicas de na-tación (�5 e 50 metros costas, crol e bolboreta, e relevos) distribuídas en tres niveis de competición

(alto, intermedio e básico) ademais de probas adap-tadas para deportistas que precisen de apoio ou esti-mulación verbal. Os orga-nizadores destacan que é o deporte o que se adapta aos deportistas e non ao revés.

Participan 23 asociacións En total participarán �3

asociacións de toda Galicia, catro delas de Ourense (As Burgas, Aspanas, Aspadisi e Aspadisol), e amais dos deportistas, 67 adestradores

e 70 voluntarios colabora-rán para que o evento re-sulte un éxito.

Os Xogos rematarán con-tra as 19 horas, momento no que se clausurarán e se entregarán os trofeos. Só polo feito de participar to-dos os deportistas terán a súa medalla, como “premio ao esforzo e á superación”, recalcaba Fernández.

Xunto ao presidente de FADEMGA, estiveron pre-sentes na rolda de prensa o alcalde de Ourense, Agus-

Redacción

O club de tiro Eiroás aco-lle este mes de novembro dúas competicións de aire comprimido; unha de ca-rácter competitivo, o Cam-pionato Galego, e outra cun aspecto solidario.

Coincidindo coa Copa Deputación de Ourense de armas neumáticas, o club organiza unha tirada benéfi-ca, a favor da asociación de discapacitados ASMIS. A competición desenvolvera-se en dúas tandas: a primei-ra o sábado � a partir das 16:15 horas, e a segunda o domingo 3 desde as 10 ho-

nal desta modalidade que representou a España no pasado agosto no Mundial de Polonia estivo presente en Ourense. Acudiron un total de sete pilotos per-tencentes a cinco clubs de cinco comunidades.

Por parte de Club Aero-modelismo Ourense par-ticiparon Jorge Rey Saeta na categoría B (avanza-da), quen obtivo o primei-ro posto, e David Prada Martínez, na categoría A (absoluta), rematando cuarto.

tín Fernández, o concelleiro de Deportes, Alfonso Vila-chá, o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González, e o presidente da asociación As Burgas, Antonio Rincón. Todos eles animaron ao público ouren-sán a acudir a ver esta com-petición para “ver as posi-bilidades destas persoas” e darlles a opción “de poder participar en sociedade”, recalcaba Eladio Fernán-dez. O rexedor sumábase a esta petición resaltando que “o deporte ten que trans-mitir a imaxe desta xente, que demostra a esencia do deporte: participar para su-perarse”.

ras. Disputaranse todas as categorías de aire compri-mido (pistola e carabina) e o custo da doazón mínima para inscrición, que debe realizarse ata o 30 de ou-tubro, é de 10 euros. Ás 1�:30 horas do domingo terá lugar a entrega de premios.

Pola súa banda, o do-mingo 10 de novembro, as instalacións de Eiroás acollen a partir das 10 da mañá o Campionato Ga-lego de aire comprimido, onde se enfrontarán os mellores da nosa comu-nidade, tanto de pistola como de carabina.

Redacción

O vindeiro sábado día �6 celebraranse nos salóns do Café Rojo de Ourense, as finais da Copa Deputación �013 de billar que se dispu-ta en tres modalidades dife-rentes, carambola, snooker e pool.

En carambola os xoga-dores disputarán os seus enfrontamentos ao mellor de 40 entradas ou �0 ca-rambolas na modalidade de billar a tres bandas. Para iso o club conta cunha mesa profesional con calefacción que fará as delicias dos xo-gadores.

Na modalidade de sno-oker os enfrontamentos fa-ranse a gañar dous frames, ca asistencia, entre outros,

de Óscar Yáñez, semifina-lista nos pasados campio-natos galegos, ou Fran-cisco Movilla, medalla de bronce nos Campionatos de España.

En billar pool, tamén coñecido como billar americano ou bola 8, os enfrontamentos serán a seis partidas e participa-rán xogadores cun amplo palmarés na especialidade como José M. Rivero e Fernando Fernández, que intentará poñer as cousas difíciles ao resto de parti-cipantes.

Á terminación farase un cóctel con entrega de pre-mios, que este ano lem-bran o motivo do famoso afiador típico da cidade de Ourense.

Campeonato galego de aire comprimido en Eiroás

Open de aeromodelismo en Santa Mariña

Finais da Copa Deputación 2013 de billar

Presentación dos XVII Xogos autonómicos de natación no Concello. /P.LODEIRO.

Todos os deportistas terán a súa medalla, como “premio ao esforzo”

Redacción

Un total de 59 deportis-tas ourensáns recibiron o

pasado �3 de outubro unha beca concedida polo Con-cello de Ourense e corres-pondente a este ano �013.

�5.000 euros foi o impor-te completo que se repar-tiu en axudas individuais, exactamente a mesma can-tidade que se entregou en �01�.

As becas otorgáronse diferenciando entre depor-tistas de alto nivel, cualifi-cación e iniciación; aínda que a cuantía estableceuse en proporción aos resul-tados individuais obtidos neste exercicio. De xeito particular, os deportis-tas que lograron becas de maior valor foron o tirador David Davite (que recibiu 919 euros), o ximnasta Da-niel Pérez (con 890 euros), e os practicantes de wushu Natalia Nolasco e Ezequiel

Gago (con 863 e 791 euros, respectivamente).

Axudas por deportesPor deportes, a natación

foi o que máis número de becados conseguiu, �4 -que recibiron en total 9.100 euros de axudas-. En segundo lugar atopouse a ximnasia, con 17 becas que suman máis de 6.800 euros. Deste xeito, entre ambas disciplinas repar-tíronse preto do 70% das becas ourensás.

Pola súa banda, o atle-tismo logrou 6 becas (que suman �.67� euros); o tiro olímpico fíxose con dúas (de 1.387 euros en total); e o wushu logrou 5 becados (que recibiron 3.�80 euros). Así mesmo, houbo un beca-do en ciclismo (Alejandro Pérez con 357 euros), te-nis (Xiana García con �34 euros), equitación (Iago Blanco con 381 euros) e bi-llar (José Francisco Movilla con 710 euros).

59 deportistas ourensáns reciben beca do Concello4 En total repartíronse 25.000 euros en axu-das, a mesma cantidade que en 2012.

Page 15: 24 Outubro 2013 BD Nº 85

BARRIOS DEPORTIVO�5 de outubro de �013

15 ARTIGOS / ACTUALIDADE

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�009. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Alfonso Vilachá.

Nº85- Ano: V - �5 de outubro de �013 - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

4O RINCÓN DO MESTRE

Capítulo 23. A educación en valores no deporte de base

Actitudes, valores e nor-mas son necesarias para vivir en sociedade. Son fun-damentais para unha boa convivencia, para a boa marcha das escolas depor-tivas e a boa relación entre os mozos deportistas.

Son imprescindibles para que a sociedade progrese, de non ser así a educación non tería sentido, posto que debemos de tentar que das escolas deportivas saian persoas íntegras, cun crite-rio positivo ante a vida, que saiban xulgar o mundo en que viven e tomar actitudes coherentes coa súa forma de pensar.

O deporte foi considera-do como un medio idóneo para conseguir desenvol-ver os valores de desenvol-vemento persoal e social: espírito de superación, integración, respecto, to-lerancia, acatamento de normas e regras, traballo en equipo, autodisciplina, responsabilidade, honesti-dade, lealdade, etc.

Son calidades desexables por todos e que se poden al-canzar a través do deporte e da orientación dos profe-sores, técnicos e familia, de maneira que estes valores desenvólvanse nos depor-tistas e axúdenlle a un com-pleto desenvolvemento físi-co, intelectual e social.

A educación e o depor-te foron e seguen sendo considerados como medios indispensables para o des-envolvemento dos valores persoais e sociais. Na clase de educación física e no de-porte os mozos deportistas deben aprender a competir, resolver problemas, dialo-gar, participar, cooperar, superarse, gañar e perder, ser tolerantes, etc.

O deporte forma parte da cultura e educación dos homes desde tempos remo-

tos. Se comezamos a cimen-

tar e consolidar desde as etapas inferiores a mate-ria dos valores humanos, non nos cabe a menor dúbida de que co tempo construiriamos un edifi-cio humano pletórico de valores persoais e sociais. Desta maneira, os mozos deportistas estarían pre-parados para afrontar calquera contratempo tanto humano como de-portivo e gobernar a pro-pia embarcación da súa vida.

Que materia da vida tan necesaria e importante para desenvolver na con-torna familiar, os colexios e escolas deportivas A partir de agora, debe-mos loitar por un mundo mellor, onde os seus ha-bitantes esteamos por enriba do odio, da bruta-lidade, da discriminación, do desprezo, da mentira, da inxustiza, da violencia, etc.

Alfonso Vilachá, con-celleiro de Deportes de Ourense e entrenador

Deporte e realidade (XXIV)

Alfonso Vilachá.

“Nun tempo particularmente difícil un pequeno recuncho do Estado un equipo modesto acadaba un logro inda non superado hoxe”

Redacción

Abríuse o prazo para a inscrición dos torneos de promoción deportiva da Asociación Xuvenil Amen-cer. Os torneos que se dis-putarán son os de fútbol 8 e 5x5 de baloncesto.

Fútbol 8O xoves 31, pola festivi-

dade de Todos os Santos, terá lugar un campiona-to de fútbol no campo de herba artificial do colexio salesiano. A data tope de inscrición remata o mér-cores 30 de outubro, e o sorteo do campionato rea-lizase ese mesmo mércores ás 18 horas na Sala Aberta de Amencer, onde terán que estar presentes o capitán ou un representante por equi-po.

Baloncesto 5x5Para o mesmo día está pre-

visto que se celebre o torneo de baloncesto 5x5. A data de inscrición rematará o pro-pio xoves ás 16.30 horas, e media hora máis tarde, tra-lo sorteo, contan comezar o torneo. Xogarase no pavillón cuberto de Salesianos.

InformaciónPara máis información

poden dirixirse a Amencer, praza don Bosco 1, baixo; ao teléfono 988 �1 81 �3, ao co-rreo electrónico [email protected] ou descargar na páxina web amencer.org.

Estes torneos inclúense dentro do proxecto “Depor-te para todos”, que se des-envolve nas festas, pontes e períodos de vacacións esco-lares de todo o curso escolar �013/�014.

Torneos deportivos en Amencer4 Durante a ponte festiva de Todos os Santos.

4TRIBUNA ABERTA

Cando fomos deuses (I)Prólogo.A historia que vou na-

rrar pode semellar cir-cunscrita tan só a aqueles amantes do deporte, e en especial do fútbol, pero debería ser tida en conta e coñecida por un espectro máis amplo da poboación, ao menos da ourensá, xa que nun tempo particular-mente difícil un pequeno recuncho do Estado un equipo modesto acadaba un logro inda non supera-do hoxe e que supuxo que a cidade das Burgas fose coñecida en toda España e en moitos outros lugares do mundo. Unha xesta que fixo que por un intre os veciños da cidade senti-sen unha fachenda tal que mesmo poderían guindar-se da alma eivas seculares e ollar face a face e non de esguello a calquera.

TEMPADA 67/68O tres de setembro tivo

lugar o partido de pre-sentación do equipo en Ourense, foi un amigable ante o Langreano que fi-nalizaría con empate a un tantos e que non amosou nada salientable sobre o céspede. Nese intre gran parte da afección estaba desilusionada tras ver es-tragar por dúas veces a posibilidade de retornar á Segunda. E máis tendo en conta que dous días antes perderan o Trofeo Minis-tro de Información y Tu-rismo disputado co gallo das festas do San Ramón en Vilalba fronte ao Lugo, un rival directo para dis-putar o ascenso. Ben é certo que foron os lanza-mentos desde o penalti os que decidiron o gañador, pero a xente agardaba máis dos rojillos.

1ª Xornada. C. Lemos 0 – 2 C.D. Ourense

Xogábase a primeira xornada o dez de setem-bro e ao Ourense lle co-rrespondía xogar en cam-po alleo, nesta ocasión en Monforte. O encontro

rematou con vitoria por cero a dous, goles de Cor-tés ambos na primeira parte sendo de especial beleza o segundo, índose o xogador de varios con-trincantes para finalizar a xogada cun tiro desde fora da área que resulta-ría imparable. O equipo sen facer un gran encon-tro amosa ter solidez e semella ser tan forte como nas dúas tempadas prece-dentes. Tras do descanso é o Lemos quen domina o partido e estraga dúas claras ocasións propi-ciadas por erros da zaga ourensanista.

Antes de comezar a tempada, e ante a imposi-bilidade de contar co por-teiro desexado tanto pola directiva como polo técni-co, un Miguel Ángel que tamén era desexado polo Celta e que finalmente co-mezaba contrato co Real Madrid, inda que nesta tempada xogaría cedido no C.D. Castellón, xoga-dor que polo de agora é o futbolista máis afamado da cidade. O club contra-ta ao vasco Esnaola, que semellaba ía ser o garda-meta titular e fora quen defendera o arco rojillo durante os partidos de preparación, e ao lucense Roca. Pero para sorpresa de todos neste primeiro choque ligueiro o ades-trador Bouso decide pór de titular baixo o arco a Roca, que finalmente será o porteiro titular durante toda a tempada.

[Esta é a primeira dunha serie de entregas sobre a

historia do CD Ourense na tempada 67/68]

José A. Santos

“O deporte foi considerado como un medio idóneo para conseguir desenvolver os valores de desenvolvemento persoal e social”

O golf máis solidarioRedacción

O Montealegre Club de Golf acolleu o 1� de ou-tubro o VI Torneo de Golf de Cruz Vermella Ourense - Memorial Lalo, no que participaron 10� persoas.

Os fondos recaudados coas inscricións ascende-ron a 1.500 euros, que se sumaron ao importe dos patrocinios e a fila cero, e se destinarán á crise do chamamento “Ahora + que nunca”.

A modalidade de xogo foi “stableford” a 18 foxos. E os vencedores foron Car-los Criado en Primera cate-goría, Alfonso González en Segunda e Javier Viteri en Tercera.

Ademais, o premio de mellor Scratch foi para J. Benito Vázquez, o de me-llor Approach para Carlos C. Sánchez e o de mellor Drive para Carlos C. Cer-deira.

Derrota do BM. OurenseRedacción

Ao Balonmán Pabellón Ourense está a costarlle adaptarse á 1ª División Es-tatal. No que vai de liga conta os partidos disputa-dos por derrotas e ocupa a 14ª (e última) posición da xeral. O sufrimento era o previsible nesta nova ca-tegoría, pero os ourensáns precisan sumar unha vitoria para, como mínimo, mello-rar o ánimo.

O seu último verdugo foi o Calvo Xiria, contra o que perdeu por 34-11. Un rival duro, que vai de cuarto e gañou 4 dos 5 partidos dis-putados ata o momento (o último fronte ao Pabellón).

A súa seguinte cita será na casa. Recibirá o sábado �6 ás 18.30 horas nos Re-medios ao O.A.R. Coruña (sétimo con 3 vitorias). Unha nova oportunidade para que os ourensáns go-cen do sabor da vitoria.

Page 16: 24 Outubro 2013 BD Nº 85

BARRIOS DEPORTIVO�5 de outubro de �013