21 de decembro de 2017 O Provisional - Consellería de Cultura, … · Facer unhas zocas, partindo...

12
O Provisional Páxina 13 21 de decembro de 2017 BIBLIOGRAFÍA: - DICCIONARIO XERAIS DA LINGUA. Xerais. Vigo. 1986 - FERNÁNDEZ CANTELI, A. C. La "madre- ña" a lo largo de Asturias. Narria: Estudios de artes y costumbres populares, Nº 39-40, (Exemplar adicado ao Principado de Asturias), páxs. 16-23. 1995 - FIDALGO SANTAMARIÑA, X.A. Os saberes tradicionais dos galegos. Galaxia. 2001 - OTERO PEDRAYO, R. Historia de Galiza (tomo II O home. Edit. Nós. 1962 - LORENZO FERNÁNDEZ, X. Os oficios. Edit. Galaxia e La Voz de Galicia, 2002 - LUACES PARDO, N. Traballo, oficios e crenzas populares dos nosos antergos. Edit. Toxosoutos, 2013 Tamén podedes atopar máis información en -VÁZQUEZ PINTOR, X: Tal era vivir: (os ve- llos oficios III). Xerais. 2004 (esgotado) O BOSQUEXO QUE PRESENTAMOS NON RES- PONDE A UN MODELO CONCRETO DE ZOCA. DO QUE SE TRATA É DE QUE OS ALUMNOS COMENTEN ESTE ASPECTO ETNOGRÁFICO COS SEUS PAIS E AVÓS. ELES SON OS VERDADEIROS EXPERTOS Pico: parte superior dianteira, punta da zoca nalgúns casos está capada (8) Anxola, azuela. É coma se fose unha brosa pero co fío transversal e manéxase un mango curto; tamén serve para desbastar ao igual cá bro- sa aínda que con maior precisión. Trade. Berbiquí, xirándoo obte- mos buratos de diferentes diáme- tros para ir, pouco a pouco, dándo- lle forma á capela da zoca. Papo. Parte dianteira que é a máis característica Capela: parte superior dianteira que cobre as dedas Boca. Apertura por onde entra o pé Calcañar: parte traseira Pés: (no caso das madreñas) tacos inferio- res, neles póñense os tarugos Tarugos: suplementos de madeira que se vai repoñendo segundo se van gastando Gubias cancañeiras. Ferramentas de corte cunha forma curva que per- mite ir dando forma ao interior, par- ticularmente na zona do calcañar. Llergas. Ferramentas cun mango longo que permite, mediante unha coitela revirada, ir conformando o interior da zoca, sobre todo a difícil forma da punta do pé. (8) o pico cortado, achaflanado (9) resultando unha cor marelenta (10) chámase zoca de Mondoñedo (11) tiñan máis abertura e eran lisas, para poñer con zapatillas de pano NTL

Transcript of 21 de decembro de 2017 O Provisional - Consellería de Cultura, … · Facer unhas zocas, partindo...

O Provisional Páxina 1321 de decembro de 2017

BIBLIOGRAFÍA:

- DICCIONARIO XERAIS DA LINGUA.Xerais. Vigo. 1986- FERNÁNDEZ CANTELI, A. C. La "madre-ña" a lo largo de Asturias. Narria: Estudios deartes y costumbres populares, Nº 39-40,(Exemplar adicado ao Principado de Asturias),páxs. 16-23. 1995- FIDALGO SANTAMARIÑA, X.A. Ossaberes tradicionais dos galegos. Galaxia. 2001- OTERO PEDRAYO, R. Historia de Galiza(tomo II O home. Edit. Nós. 1962- LORENZO FERNÁNDEZ, X. Os oficios.Edit. Galaxia e La Voz de Galicia, 2002- LUACES PARDO, N. Traballo, oficios ecrenzas populares dos nosos antergos. Edit.Toxosoutos, 2013

Tamén podedes atopar máis información en-VÁZQUEZ PINTOR, X: Tal era vivir: (os ve-llos oficios III). Xerais. 2004 (esgotado)

O B

OSQU

EXO

QUE

PRES

ENTA

MOS

NON

RES

-PO

NDE

A UN

MOD

ELO

CONC

RETO

DE

ZOCA

.DO

QUE

SE

TRAT

A É

DE Q

UE O

S AL

UMNO

SCO

MEN

TEN

ESTE

ASP

ECTO

ETN

OGRÁ

FICO

COS

SEUS

PAI

S E

AVÓS

.EL

ES S

ON O

S VE

RDAD

EIRO

S EX

PERT

OS

Pico: parte superior dianteira, punta da zocanalgúns casos está capada (8)

Anxola, azuela. É coma se foseunha brosa pero co fío transversale manéxase un mango curto; taménserve para desbastar ao igual cá bro-sa aínda que con maior precisión.

Trade. Berbiquí, xirándoo obte-mos buratos de diferentes diáme-tros para ir, pouco a pouco, dándo-lle forma á capela da zoca.

Papo. Parte dianteira que é a máiscaracterística

Capela: parte superior dianteira que cobreas dedas

Boca. Apertura por onde entra o pé

Calcañar: parte traseira

Pés: (no caso das madreñas) tacos inferio-res, neles póñense os tarugos

Tarugos: suplementos de madeira que se vairepoñendo segundo se van gastando

Gubias cancañeiras. Ferramentasde corte cunha forma curva que per-mite ir dando forma ao interior, par-ticularmente na zona do calcañar.

Llergas. Ferramentas cun mangolongo que permite, mediante unhacoitela revirada, ir conformando ointerior da zoca, sobre todo a difícilforma da punta do pé.

(8) o pico cortado, achaflanado(9) resultando unha cor marelenta(10) chámase zoca de Mondoñedo(11) tiñan máis abertura e eran lisas, para poñer con zapatillas de pano

NTL

O ProvisionalPáxina 14 21 de decembro de 2017

Revocador . Coma se fose un coi-telo moi afiado co que de da rema-te ás arestas. Pode gardarse nun-ha funda, feita de tarozo de millo.

Bastrén. Coitela horizontal condous mangos que se manexan coasdúas mans; por iso é precisa no cor-te para o labrado exterior.

Repenisco. Trencha pequena concorte triángular para facer os ador-nos imitando ás veces costuras oumotivos enxebres.

O PROCESO DE FABRICACIÓN

Facer unhas zocas, partindo dunha torada de bidueira (pinchada naslúas baixantes de xaneiro ou agosto), é cuestión de moita maña epaciencia, precísase dunha aprendizaxe que se fai pola observacióndoutro artesán a través da práctica de moitos anos; é labor de inver-no, cando había menos que facer nas casas, porque raramente habíazoqueiros que se adicasen só ao oficio; podía facerse só para os deseu, por encarga, ou para levar ás feiras das vilas próximas atado opar cunha verga.

Nunha xornada de traballo un bo experto podía facer ata tres pares dezocas ou mesmo catro se eran chinelas.

Unha vez serrada a bidueira, ese cacho bruto, case á medida, doque vai ser a peza, desbástase primeiro polo exterior cunha machadae, a continuación, cunha anxola ata que adquire a súa forma.

Despois, esa zoca primitiva asegúraser ben no banco de zoqueiro(cunhas cuñas), comezando a tarefa máis laboriosa e que require damaior mestría, o máis difícil, facer o furado da zoca á medida; paralogralo úsanse tres ferramentas:

-primeiro o trade, co que pouco a pouco vaise perforando e extraen-do material polo medio da apertura onde se meterá o pé

-logo, coa gubia, e a llerga trabállase paseniñamente tendo a precau-ción de manter o espesor en toda a forma, labor difícil se considera-mos que exscavamos a cegas dende o interior; a boa man no manexodas llergas é fundamental.

-xa fóra do banco, remátase por fóra cun coitelo especial que semanexaba coas dúas mans, o bastrén.

-finalmente decorábanse; pode facerse afumándoas coa cortiza dapropia bidueira (9), cun betume negro ou engadindo decorados xeomé-tricos intuítivos, mesmo hai quen atopa simboloxía celta.

Ademais das zocas con sola similar á do zapato (10) había outrostipos como as chinelas (11) e outras máis toscas que se lles poñía uncacho de pneumático de coche para que non esvarasen e non se gas-taran tanto, sobre todo nos labores do campo e ao andar polas corre-doiras de pedra. As zocas eran un bo calzado que, cos calcetíns de la,protexían do frío e da humidade no inverno, frescas no verán, perocoma moitas outros obxectos sucumbiu ante os novos materiais e ossistemas de produción industrial.

Unha das primeiras aproximacións de Castelao a"A loca do monte", representada con zocas.

NTL

O Provisional Páxina 15

NOVA ACTIVIDADE: "aprendendo a remar"

21 de decembro de 2017

¡Bo Nadal e Aninovo 2018!

O Clube Remo Celeiro e o IESMaría Sarmiento ofreceron unhanova actividade, remo, dirixida aoalumnado que cursa a materiaEducación Física (dende 1º deESO ata 1º de Bacharelato).

Despois dunha charla impartidapor Mariluz Iglesias, adestradorado clube celeirense (ex-alumna donoso centro), os participantes tra-

ballaron durante a semana do 16ao 20 de outubro cos catro remo-ergómetros cedidos polo devan-dito club de remo, instalados noximnasio.

A actividade foi valorada moipositivamente por ambas partes evarios alumnos xa se incorporaronaos adestramentos que fai regular-mente o devandito club.

AGdT

O 17 de novembro oalumnado do noso centro, prin-cipalmente os que cursan osbacharelatos e ciclos formativosde grao medio e superior, se-cundaron masivamente a folgaconvocada en contra de deter-minados aspectos da LOMCE.

A porcentaxe de participa-ción, excluíndo os alumnos de1º e 2º de ESO, nos que a inci-dencia foi máis escasa, acadouaproximadamente o 90,2%.

FOLGA DEALUMNOS

NÚMEROS ANTERIORES

O ProvisionalPódes consultar os números

anteriores no enderezo web doIES María Sarmiento, apartado

REVISTA ESCOLAR

O ProvisionalPáxina 16 21 de decembro de 2017

O P

rovi

sion

alfai 10 anos

fai 15 anos

fai 20 anos

fai 5 anos

Portada do nº 10, publicación: 19-12-97Concedida outra ampliación, Xubilacións: Juan

Luís Otero e José Ramos, As outras linguas,Un aburrido verán, Proxecto Voz Natura, As minas

da Silvarosa, Nova prórroga na aplicación daLOXSE, O pazp de Grallal, Regulamento

Orgánico dos centros de Secundaria

Nº 40, publicación: 21-12-07Deporte, xuventude e..., Descenso do Landro,Entrevista: E. Xesús Rubert, O pan de trigo (II),Liberdade, O botellón, The Viveiro Iron Ore Co.

Ltd, Álbum 75 aniversario, Campión decarpintería, Hound Dog Taylor, Silán, coutofechado, Elaborar un plan de convivencia

Nº 25, publicación: 23-12-02Sandra Lamelas en Lorient, Subproceso deProgramación, Celebrando o magosto, SanXoán de Covas, Manifesto, Rotas: souto da

Retorta, As pastillas nas festas xuvenís, Aprobadoo RRI, Aberto por vacacións, Profesores deViveiro en Guinea, 25 Aniversario da última

promoción de Mestres Industriais,A senda rock: Jimi Hendrix, Historias de Viveiro,

Aprender a aprender (I)

Nº 54, publicación: 21-12-2012Xubilación: Carmen Santaballa, Actividades do

trimestre anterior, Datos meteorolóxicos,Entrevista a: Javier Mariño Chao, La mejor

historia contada, Test Course-Navette, O carrodo país, Plan de formación 2012-13,

Sendeiros: o porzo da ferida, O convento dasConcepcionistas e a gruta de Lourdes,

Fotoálbum, A carón do blues: Mississippi JohnHurt, A Educación en España (I)

MICRORELATOSMATEMÁTICOS

A fórmula da felicidade

Véctor é un neno ao que lle gustabanas matemáticas, e ademais era moi ob-servador.

Sempre que se atopaba cos seus ami-gos, decatábase que nas súas bocas nonsempre había un sorriso, e Véctor nonsabía porqué. Un día pensou: vou idearunha fórmula matemática para saber ogrado de felicidade da xente.

Despois de moito deducir a fórmula,finalmente a rematou:

Esta fórmula probóuna nas persoas eobtivo os seguintes resultados, que re-presentou nunha gráfica:

A fórmula demostraba que a xentemáis feliz era a máis pequerrecha, e amedida que crecemos, perdemos partedesa felicidade, aínda que cunha fermo-sa excepción:

os abueletes volven a ser moi felices!

“Interesante este estudio, non si?”

Agora intentade aplicar a fórmula a oteu profesor/a de matemáticas cando nontraes as tarefas.

Qué resultado obtedes?: DTanxentemente: o decimal sen coma

-Yago Cerdeira Teijeiro-1º ESO

LONXITUDE DOS LABIOS AO SORRIR

% =Nº DE LIÑAS AO REDOR

DOS OLLOSVOLUME DAS RISAS

EMITIDAS

X

Do 14 ao 17 de novembro realizamos unhaviaxe a Madrid co obxectivo de ver moitas dasobras que imos ter que estudar para a selectivi-dade que se atopan presente nos grandes mu-seos da capital, O Prado, Thyssen-Bornemiz-sa e o Raiña Sofía onde tamén había unha ex-posición temporal adicada a Picasso e Toulo-use-Lautrec que aproveitamos para visitar.

Completamos a nosa visión da arte do perio-so XX-XXI vendo a exposición de fotografía deMagnum e o edificio Caixa-Forum dos arqui-

viaxe a Madrid

O Provisional Páxina 1721 de decembro de 2017

tectos Herzog e De Meuron. Por último,aproveitamos para pasar tamén polo Mu-seo Arqueolóxico Nacional vendo tanto aexposición permanente como unha tem-poral chamada "El poder del pasado: 150anos de Arqueoloxía española".

Despois de aterrar en Santiago, fixemosa obrigada visita á catedral, sempre acom-pañados polos entusiastas profesores XanFernández e Emma García aos que da-mos as grazas por esta oportunidade!

* FOTO ÁLBUM *ACTO DE APERTURA DOS FESTEXOS DO SAN XOÁN BOSCO - 30 DE XANEIRO DE 1971

- O grupo no museo Raiña Sofía (Fotografía de Xan) -

VACINA CONTRA A GRIPE

Dende o pasado 23 de outu-bro, estase desenvolvendodende a Consellería de Sani-dade a campaña de vacinaciónantigripal 2017 co obxectivo dediminuir entre a poboación derisco o número e gravidadedas complicacións de padeceresta infección.

A gripe é unha enfermidadealtamente contaxiosa, cunhanada despreciable mortalida-de e morbilidade, e a vacina-ción continúa a ser a medidapreventiva máis eficaz paraminimizar o impacto do pade-cemento desta enfermidade.Se aínda non estás vacinado epertences a algún dos gruposde risco entre os que se reco-menda a vacinación invitá-moste a acudir a un punto devacinación, dos 900 habilita-dos en Galicia.

https://gripe.sergas.es

Hoxe é Hallowen!!A ver se as rás nondan o espectáculo doano pasado

Esperoque si!

A comerrr! Vamos, vamosrapaces,a comer!

Bennn!!!Sopa de cabaza,allos e vermes,

lista!!

Pois a min nonme gusta!

Quero sopa de ráse cabaza...

Socorroooo!Isto é pola túa culpa

vouche saltar aosollos!

Estoume cocendo...Nin que fose unha

sauna!

Hai que traer máisconvidados.

Hai moita rumbaaa!!!

Eu apúntome.Que boa pinta, sáen-

seme os ollos!!!

Viva Hallowen!!

Festaaa!

MAURO VIGO RODRÍGUEZ1º- C

O ProvisionalPáxina 18 21 de decembro de 2017

O pasado 20 de novembro, uns 50 alumnos de 3º e 4ºde ESO que cursan Francés, asistiron no auditorio"Gustavo Freire" de Lugo á representación da obra"Tour du monde en 80 jours" representada pola com-pañía Eina d`Escola.

T E AT R OEN

FRANCÉS

Tamén, aproveitaron a viaxe para ver a exposicióndo brasileiro Sebastiao Salgado da obra Social la Caixa.

Na devandita actividade estiveron acompañados dosprofesores da materia, Helena Pérez Inés e AlfonsoFraga Pérez.

O Provisional Páxina 19

A ARTE DE TROBAR

A etapa de esplendorque viviu a cultura galegana Idade Media aíndasegue a ser unha fonte naque os nosos escritoresapenas mollaron osbeizos. É certo que foirecreada por autores

como Otero Pedrayo, María Gándara ou DaríoXohán Cabana, mais a de Santiago Lopo vénencher un baleiro que existía sobre o mundodos trobadores e xograres, tamén exploradonalgunha obra recente como Lourenço, xograr,de Manuel Portas (2015). A arte de trobar,Premio Xerais de Novela 2017, combina unritmo áxil con moita intriga, humor e osdiversos asuntos, dende a persecución doscátaros ata o amor, pasando pola importantepresenza da lírica occitana e mais a nosa. Todocomeza cando unha misteriosa rapaza, que dichamarse Elvira, se une a un grupo de artistasitinerantes que procedentes de Galiciapercorren os reinos do Camiño de Santiago.Vós, lectores, tamén podedes unirvos a elesnunha viaxe perigosa e fascinante a un tempo.

ADICHIE E ACHEBE

Non se adoitaba prestaratención á literaturarealizada en África, peronas últimas décadastemos a sorte de poder leren galego algúns dosgrandes escritores desecon-tinente, neste caso

dous nixerianos: Chinua Achebe e maisChimamanda Adichie. O primeiro denuncia conrealismo os estragos que provocou adominación dos ingleses e mais dosmisioneiros cristiáns sobre as tradicións e asculturas das distintas etnias de Nixeria ennovelas como Todo se esfarela. Pola súabanda, Chimamanda Adichie, unha dasautoras contemporáneas de referencia, no Ohibisco púrpura desenvolve desde unhaperspectiva feminina temas como o fanatismorelixioso, a opresión e a violencia.

Ventá aberta aos libros

21 de decembro de 2017

A TERRA DE ANNA

de JOSTEIN GAARDER

Aparecida no seu idioma no 2016, A terrade Anna, do autor da exitosa novela O mundode Sofía, preséntanos unha historia sobre oclima e o medio ambiente. A protagonista,despois de recibir un misterioso agasallo poloseu décimo sexto aniversario, sempre queadormece ten un soño que a transporta a

2082, a un planeta Terra arrasado onde apenas restan seres vivos.Isto levará a Anna a loitar para tentar cambiar o futuroapocalíptico do seu pesadelo.

MARTÍN CÓDAX E OS XOGRARES DOMAR DE VIGO

Ata o 4 de marzo de 2018 no Museo do Marde Vigo, teremos a oportunidade de ver depreto o Pergamiño Vindel no que se recollensete cantigas de amigo do xograr MartínCódax coa súa notación musical, o queconverte este manuscrito nunha auténtica xoiada lingua galega e mais da nosa historia. Para

quen non poida viaxar a Vigo, sempre lle quedarán libros comoMartín Códax e os xograres do mar de Vigo de Xosé RamónPena, que nos achega a eses autores medievais dun xeito benameno, e así mesmo A visión do amor no cancioneiro de DonDinís, de Leticia Eirín, recomendado para aqueles que xa pretendancoñecer máis a fondo a outro dos grandes creadores da literaturagalego-portuguesa medieval.

X. Cabana

A ARTE DE TROBAR A etapa de esplendor que viviu a cultura galegana Idade Media aínda segue a ser unha fonte naque os nosos escritores apenas mollaron os beizos.É certo que foi recreada por autores como OteroPedrayo, María Gándara ou Darío Xohán Cabana,mais a de Santiago Lopo vén encher un baleiroque existía sobre o mundo dos trobadores exograres, tamén explorado nalgunha obra recentecomo Lourenço, xograr, de Manuel Portas(2015). A arte de trobar, Premio Xerais deNovela 2017, combina un ritmo áxil con moitaintriga, humor e os diversos asuntos, dende apersecución dos cátaros ata o amor, pasando polaimportante presenza da lírica occitana e mais a nosa.Todo comeza cando unha misteriosa rapaza, quedi chamarse Elvira, se une a un grupo de artistasitinerantes que procedentes de Galicia percorren osreinos do Camiño de Santiago. Vós, lectores,tamén podedes unirvos a eles nunha viaxeperigosa e fascinante a un tempo.

ADICHIE E ACHEBE Non se adoitaba prestar atención á literaturarealizada en África, pero nas últimas décadas temosa sorte de poder ler en galego algúns dos grandesescritores dese continente, neste caso dousnixerianos: Chinua Achebe e mais ChimamandaAdichie. O primeiro denuncia con realismo osestragos que provocou a dominación dos inglesese mais dos misioneiros cristiáns sobre as tradiciónse as culturas das distintas etnias de Nixeria ennovelas como Todo se esfarela. Pola súa banda,Chimamanda Adichie, unha das autorascontemporáneas de referencia, no O hibiscopúrpura desenvolve desde unha perspectivafeminina temas como o fanatismo relixioso, aopresión e a violencia.

A TERRA DE ANNA deJOSTEIN GAARDER Aparecida no seu idioma no2016, A terra de Anna, doautor da exitosa novela Omundo de Sofía, preséntanosunha historia sobre o clima e omedio ambiente. Aprotagonista, despois de recibirun misterioso agasallo polo seudécimo sexto aniversario,sempre que adormece ten unsoño que a transporta a 2082,a un planeta Terra arrasadoonde apenas restan seres vivos.Isto levará a Anna a loitar paratentar cambiar o futuroapocalíptico do seu pesadelo.

MARTÍN CÓDAX E OS XOGRARES DO MAR DE VIGO Ata o 4 de marzo de 2018 no Museo do Mar de Vigo, tteremos a oportunidade de ver de pretoo Pergamiño Vindel no que se recollensete cantigas de amigo do xograr MartínCódax coa súa notación musical, o queconverte este manuscrito nunha auténticaxoia da lingua galega e mais da nosahistoria. Para quen non poida viaxar aVigo, sempre lle quedarán libros comoMartín Códax e os xograres do marde Vigo de Xosé Ramón Pena, que nosachega a eses autores medievais dun xeitoben ameno, e así mesmo A visión doamor no cancioneiro de Don Dinís,de Leticia Eirín, recomendado paraaqueles que xa pretendan coñecer máisa fondo a outro dos grandes creadoresda literatura galego-portuguesa medieval.

len sete cantigasde amigo doxograr MartínCódax coa súan o t a c i ó nmusical, o queconverte estemanuscritonunha auténticaxoia da linguagalega e mais danosa his poidaviaxar a Vigo,sempre lleq u e d a r á nlibros comoMartín Códax eos xograres domar de Vigo deXosé RamónPena, que nosachega a eses

recida noseu idiomano 2016,A terra deAnna , doautor dae x i t o s anovela Omundo deS o f í a ,preséntanosu n h ah i s t o r i asobre oclima e om e d i oambiente.

O ProvisionalPáxina 20

- José María Leal López-

21 de decembro de 2017

Fai uns catro anos e para facilitar oacceso e mantemento da balizaluminosa marítima da punta Socastro,construíuse unha pasarela de madeiracon varanda a ambos lados quediscurre sobre os cantís ata chegar aél sen dificultade xa que antes era moidifícil.

Pero a medida que se foicoñecendo este sendeiro e as súasmarabillosas vistas e paisaxes, fixoque o Fuciño do Porco se convertiranun atractivo turístico da zona, polocal o Concello do Vicedo pasou apromocionalo activamente paraconvertelo nun dos principaisatractivos turísticos; ademais osendeiro que vai dende a estradaxeral ata a pasarela de madeira dapunta foi nomeado "sendeiro azul"que lle outorgou a "Asociación deEducación Ambiental y delConsumidor", entidade que xestionae outorga as bandeiras azuis naspraias do Estado, co cal esta ruta

colleu máis prestixio.Eu nunca estivera no Fuciño do

Porco aínda que si o coñecía de oídas,e a idea de ir xurdiu así, de improviso,un domingo de agosto que fomos ápraia da Abrela uns familiares eamigos, e logo de almorzar nomerendeiro que hai ó pé da praia,como o día estaba un pouco nubrado,decidimos ir dar un paseo ata alí e asíaproveitar para coñecelo, calculamosque o percorrido de ida e volta seríaduns sete quilómetros, máis oumenos, que feitos en plan tranquilo esen présas nos podía levar entre dúashoras e media a tres. Despois deprepararnos coa roupa e zapatillas deverán e surtidos con botellíns de augapartimos sobor das catro da tardefornecidos tamén coa libreta e obolígrafo para ir anotando todo aquiloque me parecía importante.

Saíndo da Abrela subimos por unhapista asfaltada onde hai moitas casase chalés, e a man dereita vimos unha

pequeña enseada chamada Porto deVal onde hai un grupo pequenas em-barcacións, sobor todo deportivas,fondeadas, seguimos subindo a costae chegamos ata un lugar chamadoCorgos que é onde enlazamos coaestrada que vén dende as Barreiras(Folgueiro) onde empata coa estradaxeral N-642 que vai dende Viveiro ataFerrol, e que é unha das entradassinalizadas para ir ata o Fuciño doPorco xa que hai outros dous enlacesmáis, un o que vai pola ruta onde estáo punto limpo e outro que vai a praiada Abrela e que está máis abaixo.

Como diciamos alí en Corgos haiun sinal á man dereita que indica aruta a famosa punta na que hai partesasfaltadas e outras sendeiros de terrae pedra, e logo mirando á manesquerda vemos un pouco máis abaixoa Igrexa Parroquial de Santa Maríade Suegos a cal pertence toda estazona, antigamente denominábaseSanta María de Suevos, segundo undocumento que data do século XII,di que este nome foi en recordo opobo bárbaro dos Suevos que invadiuGalicia no século V, onde creou unreino (409 ao 585) que abarcaba todaGalicia actual chegando ata Coímbrae logo no resto de España collía toda

A P

UN

TA D

O F

UC

IÑO

DE

PO

RC

O(S

OC

AS

TR

O)

Na desembocadura da ría de Viveiro ao mar Cantábrico, hai dous saíntes quedelimitan, unha a cada lado da costa, a entrada nas cales hai uns sinais luminosos

permanentes que avisan os barcos da súa situación, especialmente pola noite ou en díasescuros de néboa ou de mal tempo. Polo leste atópase o Monte Faro (Concello de Viveiro)e polo oeste está a punta Socastro (Concello do Vicedo) tamén coñecida como Fuciño do

Porco por ter certo parecido co fuciño dese animal.

O Provisional Páxina 2121 de decembro de 2017

sensacións que só se experimentan dendeaquí. Imos ollando todo, alí cerca está

a illa Gaveira e, un pouco máisao sur, a área etnográfica daInsua (antigo cargadoiro dasminas da Silvarosa e Choupín).

Mirando para o outro lado da ríavemos o Monte Faro, máis adiante

a praia de Esteiro famosa polassúas ondas e onde practican ossurfistas: logo, seguindo a costa,

xa máis lonxe podemos distinguir osfarallóns de San Cibrao e a factoría

de Alcoa e, difuminada, o restoda costa; volvendo á ría vemos

a espléndida praía de Area, oespigón e Porto de Celeiro,

Viveiro ao pé da ladeira domonte de San Roque e afamosa praia de Covas, ¡un

espectáculo!.Seguimos mirando enfrente

ao mar Cantábrico coa liña dohorizonte ao fondo e logo a man

esquerda distiguimos na costa apequeña enseada da Pereira

cunha pequena praia, logo vemosa Illa da Coelleira e a praia de SanRomán do Val na que hai unha gran cruzde formigón que se levantou alí nunacantilado a carón da mesma en honra

dos náufragos dun balandro demadeira que se afundiu naquelazona aló polo ano 1957.

Xa iniciamos o camino devolta con paso relaxado etranquilo, conversando edisfrutado da tarde e do boambiente, ata hai carriños devenda ambulante debocadillos, xeados e todo tipode bebidas. O solpor das seteda tarde xa estamos nomerendeiro da Abrela ondenos xuntamos co resto dafamilia e amigos que xa nosesperaban para merendar.

Unha experiencia impre-sionante e enriquecedora portodo, pola xente que se atopafacendo a ruta, pola paisaxe,pola natureza, polo mar portodo en conxunto...

Recoméndoa atodos; eu esperovolver máis veces.

ZONAHUMIDA

a zona de Asturias, León, ata Palenciaonde o río Pisuerga facía de fronteira.Seguimos a ruta ata a punta por uncamiño empedrado, hai moitaxente que vai e ven polosendeiro, vense moitosalleos sacando fotos, logoatravesamos un abrupto montecon eucaliptos e outras árboresautóctonas, e seguindo, a uns 300 m.atopamos unha intersección poladereita por onde se pode ir a praiade Alegrín que ten moi difícilacceso (alí atópase a Punta dosMonxes chamada así pola abundanciadeste peixe). Continuamosascendendo e pasamos de largopor un desvío que leva ácetárea de Medas do Castrofeita no medio das rochasonde bate con forza o mar, apaisaxe que imos vendo é depura natureza que contrastacoas preciosas vistas do marCantábrico, logo antes dechegar á pasarela de madeirapodemos ver pegado á costao Monte Queimado.

Así, paseniñamente, chegamos ápasarela de madeira ata onde ó principiocirculaban os coches, e alí aparcaban nunpequeno campo creando uncaos circulatorio pola grandeafluencia de xente, pero xa ainicios do 2017 se regulou otráfico e se fixo unaparcadoiro grande a unquilómetro da pasarela,quedando esta parte dosendeiro só para ir andando.

A pasarela está moi benconstruída con barandillapolos dous lados comodixemos e vese moi segura,incluso hai nenos cos seuspais; as gaivotas abundan polazona, o camiño que vai polomedio dos acantilados éverdadeiramente impre-sionante, imos baixando ataque chegamos á punta; dendeeste fermoso lugar temos unhavista panorámica espectacularsobre a ría, sentimos un ventosuave; tamén oímos o baterdas ondas sobre as rochascreando todo un mundo de

Na tarde do 5 de agosto dese ano, saíu da praia de Covas obalandro "Drácula" con oito tripulantes, sete eran

veraneantes en Covas e o outro era un mariñeiro local, coaintención de dar unha volta; pero ao saír da ría a mar aberto

o vento lateral e as fortes correntes foron levando aembarcación ata enfrente da illa Colleira, a unhas cinco

millas da costa, onde unha forte racha de vento a fixo volcar.Sobre as sete da tarde, nunha tremenda confusión e gritos de

socorro, o mariñeiro máis experimentado na loita co maraconsellou que todos se agarrasen á quilla para non

afundirse e esperar a que aparecese algún barco boniteiro,cousa que non sucedeu, e tanto as correntes coma o ventoempezounos a arrastrar mar a fora, entón dúas rapazas

botáronse a nadar cara á praia de San Román que sedivisaba ao lonxe e así, pouco a pouco, durante unhas catro

horas nadaron ata chegar a terra; buscaron axuda e atoparona taberna de José Fanego, que as levou ata Viveiro pero o

barco do práctico non podía saír xa que estaba a marea baixae non había calado abondo; seguiron ata Celeiro

conseguindo que un barco os levara ata dar co balandro queatoparon moi afastado xa da costa; nel estaban un rapaz eunha rapaza subidos no casco e agarrados fortemente naquilla con cara de pánico e mortos de frío, pero o resto da

tripulación ou sexa os catro que faltaban, desapareceron. Sóse atopou o cadáver dunha moza aboiando, o resto nunca

máis apareceron. O balandro foi parar á Estaca de Bares aque tamén podemos ver dende aquí.

Tremenda e triste historia.

O ProvisionalPáxina 22 21 de decembro de 2017

MANIFESTO

Somos o alumnado de 3º da ESOdo María Sarmiento. Somos rapazase rapaces deportistas, amantes dobaile, dos coches, conectados todoo día coa música, co Whatsapp, coInstagram…

Queremos a nosa terra, estamosorgullosos de vivir en Viveiro.Gústanos o monte San Roque, oSouto da Retorta co avó alíchantado… E estamos tristes eanoxados.

Terra nai. Raíz umbilical. Seiva nutricia.

Sinto a aortapoboada de unha esencia de

fragatas.Cincocentos gaiteiros

cantan de cara ó mar antigos himnos.

Vello país domeador de vento!

Estamos contra os incendios econtra vós, os incendiarios e temospropostas concretas para trasladaros poderes públicos…

Gústanos a casa da árbore quetemos en Celeiro, gústanos vivirrodeados de árbores en Galdo,

gústanos facer sendeirismo polasPallaregas e coller a bici para subirao Penedo do Galo…Queremos ser inimigos mortais dosincendios:- Non queremos máis cheiro aqueimado.- Non queremos máis fornoscrematorios de animais.- Non queremos solucións finais paraas árbores.- Non queremos ríos cheos de feluxe

PECHOUSE a noite riba do ucedoi eu non vin einda a cor da miña

amiga.Agora é cando ún treme e ten

medo.

FOI coma se caira nunha cova. Antes era noite i era día

Agora é todo unha negrura loba.

Propoñemos e esiximos aos poderespúblicos: unha reforestaciónprogresiva de todos os montescomunais con frondosas autóctonas,a obriga de poñer rodais destasespecies onde haxa plantación deeucaliptos e piñeiros e finalmente un

plan para todos os concellos decortalumes.Queremos ser inimigos mortais dosincendiarios. -porque matan xente.- porque arrasan coa natureza.- porque nos rouban o futuro.

Os Ibos rezan a cada hora o Pater Noster:

Señor que estás nos ceos santificado

que es pantrigo e leite e marmelada

deixa caír frangullas do teu reinopois estamos eiquí comendo merda-a nosa propia merda asoleada-.

Non nos deixes caír tanta miseriatantas flechas, obuses, epidemias.

Nós somos xente, Deus, non perdoamos:fulmina para sempre ós nemigos

denantes que entre nós nos fulminemos.

Señor Deus que aluméa-las alturasacórdate que embaixo hai feras cegas.

"Estamos contra vós, osincendiarios"

"Estamos contra vós, os incendiarios""Estamos contra vós, os incendiarios"

O Provisional Páxina 23

85 A MS17 220132

O Provisional

CCCCCOLABORAN NESTE NÚMERO:OLABORAN NESTE NÚMERO:OLABORAN NESTE NÚMERO:OLABORAN NESTE NÚMERO:OLABORAN NESTE NÚMERO:

ALUMNOSALUMNOSALUMNOSALUMNOSALUMNOSalumnos de 1º de ESO-A, 3ª de PMARMauro Vigo Rodríguez, Laura Crego

Yago Cerdeira TeijeiroPROFESORESPROFESORESPROFESORESPROFESORESPROFESORES

Xosé Cabana, Sabela BarcónYolanda Fernández, Susana Quintela

Xan Fernández, Fran BasantaEX-PROFESORESEX-PROFESORESEX-PROFESORESEX-PROFESORESEX-PROFESORES

José María Leal LópezDISTRIBUCIÓN,DISTRIBUCIÓN,DISTRIBUCIÓN,DISTRIBUCIÓN,DISTRIBUCIÓN,

COMUNICACIÓN E ARQUIVOCOMUNICACIÓN E ARQUIVOCOMUNICACIÓN E ARQUIVOCOMUNICACIÓN E ARQUIVOCOMUNICACIÓN E ARQUIVOJosé López Peña, Lucía Lage de Pol

Antonio González da TorreJavier Caneda GonzálezCOORDINACIÓN ECOORDINACIÓN ECOORDINACIÓN ECOORDINACIÓN ECOORDINACIÓN E

MAQUET MAQUET MAQUET MAQUET MAQUETACIÓNACIÓNACIÓNACIÓNACIÓNNéstor Timiraos Labaen

Rúa: Misericordia, 5827850 - VIVEIRO (Lugo)

Teléf.: 982.870916Fax: 982.870933

Móbil 606.54.11.55 e [email protected]://www.edu.xunta.gal/centros/

iesmariasarmiento/ Impreso, en papel reciclado, enPUBLILAR - Magazos - Viveiro Depósito Legal: LU - 402-1994Viveiro, 21 de decembro de 2017

ANO XXIV, NÚMERO 67TIRADA 825 EXEMPLARES

DISTRIBUCIÓN GRATUÍTA a alumnos eprofesores: 800 exemplares, por correo

a antigos profesores, institucións, centrose medios de comunicación: 25

SUBVENCIONA:EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUAGALEGA DO IES MARÍA SARMIENTO

21 de decembro de 2017

¡ata o 8 dexaneiro!

SOLUCIÓN AO APARTADO"CURIOSO"

Na fotografía da páxina 6, opersoeiro é, nada máis e nadamenos que Julio Iglesias (ocantante). Na instantánea tería uns17 anos.

* * *

Laura Crego Río, colaboradora na biblioteca

No curso pasado 2016-17, par-ticipamos no programa de Bi-bliotecas Escolares Solidariasnos termos expresados na Reso-lución de 7 de novembro de2016, da Dirección Xeral de Cen-tros e Recursos Humanos.

Entre as iniciativas contem-pladas, na devandita resolu-ción recóllíanse as instruciónspara a participación no deno-minado “Voluntariado na bi-blioteca escolar”, destinado aalumnado de ensino secundario,bacharelato, formación profe-sional ou ensinanzas de réximeespecial que colabora de formaasidua na biblioteca.

Este alumnado, unha vez re-matado o curso 2016-17, esempre que realizase un míni-mo de 15 horas de traballovoluntario na biblioteca docentro, recibiu un diplomaacreditativo emitido pola Di-rección Xeral de Xuventude,Participación e Voluntariado.

Esté é o caso de Laura, a nosaprotagonista, que continúa cola-borando no funcionamento danosa biblioteca escolar ao tempoque cursa un ciclo de XestiónAdministrativa no réxime deadultos; o noso agradecemento.

XUNTANZAO vernes 15 de decembro, de 10:10 a

13:10, os alumnos/as de 2º e 3º de ESO,pertencentes ao club de lectura, desplazá-ronse ata o albergue de Area para partici-par nunha xuntanza con outros estudiantesonde estivo o escritor Pedro Ramos (Ma-drid, 1973), comentando e asinando o seulibro "La playa de los cristales" (Edebé,2017) ambientada neste mesmo albergueviveirés. Organizou o acto o club de lecturada biblioteca.

O ProvisionalPáxina 24

GRAN ANGULAR

21 de decembro de 2017

O Día Internacionalda Eliminación daViolencia contraa Muller (aprobadopola AsembleaXeral das NaciónsUnidas na súa resolución54/134 o 17 dedecembro de1999), celébraseanualmentecada 25 denovembro

Os alumnos e alumnas de 1ºESO-A do IES María Sarmiento redactamos o seguinte

www.edu.xunta.es/centros/iesmariasarmiento/

os alumnos e alumnas de 1º de ESO-A non toleramos a violencia

A Declaración Universal dos DereitosHumanos proclama que todas as persoasnacen libres e iguais en dignidade e derei-tos, e que toda persoa ten todos os derei-tos e liberdades sen ningún tipo de distin-ción; igualmente, a Constitución Españo-la, recolle os dereitos de todos e todas áintegridade física e moral, sen que nin-guén poida ser sometido a tratos inhuma-nos ou degradantes. (Fran)

1 • Todos e todas, homes e mulleres, ne-nos e nenas, temos os mesmos dereitos eas mesmas obrigacións. (Ana)

2 • Os nosos problemas debemos resolve-los de forma dialogada. (Vanessa)

3 • O uso da violencia é inútil, só leva amáis violencia. (Lucas)

4 • Debemos respectar e tolerar as per-soas sen ter en conta o xénero. (Fátima)5 • Ningunha persoa é dona de ninguénnin escrava de ninguén. (Nayara)

6 • Non se debe utilizar nunca a forzacontra os máis débiles. (Juan)7 • Os hombres non deben utilizar a forzacontra as mulleres, nenos ou nenas. (Brais)

8 • Non debemos de ameazar para conseguiraquilo que queremos. (Eneko)

9 • Debemos respectar as persoas no uso dapalabra. (Laura)

10 • Ninguén ten dereito a agredir a unhamuller, todos e todas somos iguais; facelo é undelito, un feito inxusto. (Sara)

11 • Todos e todas somos iguais; non se debepermitir que ninguén maltrate as mulleres, polofeito de selo. (Miguel)

12 • A violencia de xénero é unha loucura, oshomes non poden crerse, de ningún xeito, su-periores ás mulleres. (Iago)

13 • É intolerable pechar os ollos ante os casosde violencia de xénero na casa, na escola oumesmo na rúa. (Gabriel)

14 • Nós, solidarizaámonos coas mulleres quesufren este tipo de maltrato, todos e todas de-beríamos poñer os medios necesarios para evi-tar que sucederan estas desagraciadas accións.(Santi)

15 • Estes feitos son negativos, e afectan moide cheo, non só ás mulleres que o sofren, se-nón a toda unha sociedade que os coñece e osconsente. (Lara)

MANIFESTO CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO Para contribuír a eliminar a violenciade xénero pensamos que:

O diálogo e o debate son os vehículosidóneos para sensibilizar a toda a

sociedade sobre este grave problema.(Diego)

A educación debe percorrer un longocamiño para formar homes mulleres

na tolerancia e no respecto. (Alex)

Un comportamento tolerante significacomprensión, recoñecemento,consideración e respecto ante

propostas distintos as nosos. (David)

Debemos demostrar "tolerancia cero"con todas aquelas condutas ou

manifestacións que supoñan violenciade xénero. (Bea)

Para conseguir unha ensinanza xustae igualitaria é necesario reforzar aformación de toda a comunidade

educativa. (Leyre)

Compromotémonos a que a aula A4 de1º ESO-A será un espazo educativo de

tolerancia cero contra todas estassituacións. (Kevin)