20. VISITA CITROËNb rdos 20 VISITA A PSA PEUGEOT CITROËN O 27 de novembro os alumnos de 4º da ESO...

1
b rdos 20 VISITA A PSA PEUGEOT CITROËN O 27 de novembro os alumnos de 4º da ESO fixemos unha excursión a Vigo. Ás 8:30 saímos do instituto coa compañía de Óscar (Matemáticas) e Carmen (Francés e Vicedirección). Chegamos sobre as 9:40 a PSA Peugeot Citroën e empezaron a darnos unha charla sobre como creceu a empresa dende que naceu ata o 2013 e cantos automóbiles fan ao día. Logo, unha traballadora contou a súa experiencia dende que deixou os estudos por motivos persoais ata que entrou na empresa cun contrato indefinido, pasando por un ciclo sobre robótica. Despois dunha hora, fixemos unha fotografía de todo o grupo. Dividíronnos en dous grupos, un visitaba o taller onde se facían os automóbiles pasando primeiro pola chegada de ebulición ata a montaxe e o outro grupo foi á escola onde se forman, porque PSA Peugeot Citroën comprométese a formar aos seus traballadores e fomentar a igualdade entre o home e a muller. Nesta clase vimos a parte baixa do automóbil, o motor e todos os compoñentes baixos do auto. E logo como se facían as pezas dos coches individualmente partindo dunha peza de aluminio e un molde da peza a facer, ata acabar en menos de un segundo nunha porta. Tamén vimos como unían as pezas da caixa exterior do coche con robots que soldaban as pezas. Para finalizar fomos á zona de montaxe. É bastante impresionante, xa que esta tarefa de montar os coches, dende un fuso ata unha porta, é case todo feito por persoas e pouco por robots. Para facer esta visita tivemos que poñer unhas gafas de seguridade, un chaleque reflectante, unha bata, unhas punteiras para os zapatos e uns cascos para escoitar a rapaza que nos levaba pola zona de máquinas e así escoitar ben. Contáronnos que en Vigo fabrican sobre 1400 coches o día. A maioría deles transpórtannos fóra de Europa, sobre todo por América. De Vigo saen entre 3 e 5 barcos á semana transportando os coches fabricados alí. Fabrican unhas 500.000 pezas ao día, o 50% queda en Galicia e o resto repárteno. Ao finalizar as visitas regaláronnos unhas fundas con agasallos dentro, que os profesores sortearon entre todos nós. A PSA Peugeot Citroën é un dos motores principais de Vigo e gran competidor na produción de automóbiles en España. En conclusión, esta excursión foi moi interesante, vimos cousas que non as imaxinábamos que se fixeran así e é un luxo estar alí xa que poucas visitas deixan facer porque sempre están coa saída dun modelo novo, e o IES Fermín Bouza Brey xa deixou pegada na PSA Peugeot Citroën de Vigo. David Álvarez e César Barreiro 4º ESO

Transcript of 20. VISITA CITROËNb rdos 20 VISITA A PSA PEUGEOT CITROËN O 27 de novembro os alumnos de 4º da ESO...

Page 1: 20. VISITA CITROËNb rdos 20 VISITA A PSA PEUGEOT CITROËN O 27 de novembro os alumnos de 4º da ESO fixemos unha excursión a Vigo. Ás 8:30 saímos do instituto coa compañía de

b r

dos

20

VISITA A PSA PEUGEOT CITROËN

O 27 de novembro os alumnos de 4º da ESO fixemos unha excursión a Vigo. Ás 8:30 saímos do instituto coa compañía de Óscar (Matemáticas) e Carmen (Francés e Vicedirección). Chegamos sobre as 9:40 a PSA Peugeot Citroën e empezaron a darnos unha charla sobre como creceu a empresa dende que naceu ata o 2013 e cantos automóbiles fan ao día. Logo, unha traballadora contou a súa experiencia dende que deixou os estudos por motivos persoais ata que entrou na empresa cun contrato indefinido, pasando por un ciclo sobre robótica. Despois dunha hora, fixemos unha fotografía de todo o grupo. Dividíronnos en dous grupos, un visitaba o taller onde se facían os automóbiles pasando primeiro pola chegada de ebulición ata a montaxe e o outro grupo foi á escola onde se forman, porque PSA Peugeot Citroën comprométese a formar aos seus traballadores e fomentar a igualdade entre o home e a muller. Nesta clase vimos a parte baixa do automóbil, o motor e todos os compoñentes baixos do auto. E logo como se facían as pezas dos coches individualmente partindo dunha peza de aluminio e un molde da peza a facer, ata acabar en menos de un segundo nunha porta. Tamén vimos como unían as pezas da caixa exterior do coche con robots que soldaban as pezas. Para finalizar fomos á zona de montaxe. É bastante impresionante, xa que esta tarefa de montar os coches, dende un fuso ata unha porta, é case todo feito por persoas e pouco por robots. Para facer esta visita tivemos que poñer unhas gafas de seguridade, un chaleque reflectante, unha bata, unhas punteiras para os zapatos e uns cascos para escoitar a rapaza que nos levaba pola zona de máquinas e así escoitar ben. Contáronnos que en Vigo fabrican sobre 1400 coches o día. A maioría deles transpórtannos fóra de Europa, sobre todo por América. De Vigo saen entre 3 e 5 barcos á semana transportando os coches fabricados alí. Fabrican unhas 500.000 pezas ao día, o 50% queda en Galicia e o resto repárteno. Ao finalizar as visitas regaláronnos unhas fundas con agasallos dentro, que os profesores sortearon entre todos nós. A PSA Peugeot Citroën é un dos motores principais de Vigo e gran competidor na produción de automóbiles en España.En conclusión, esta excursión foi moi interesante, vimos cousas que non as imaxinábamos que se fixeran así e é un luxo estar alí xa que poucas visitas deixan facer porque sempre están coa saída dun modelo novo, e o IES Fermín Bouza Brey xa deixou pegada na PSA Peugeot Citroën de Vigo.

David Álvarez e César Barreiro 4º ESO