2. A Nosa Terra Cantón Grande, 16 A Nosa Terra · PDF file 2020. 11. 10. ·...

Click here to load reader

  • date post

    04-Feb-2021
  • Category

    Documents

  • view

    0
  • download

    0

Embed Size (px)

Transcript of 2. A Nosa Terra Cantón Grande, 16 A Nosa Terra · PDF file 2020. 11. 10. ·...

  • Ruta literaria urbana A Coruña

    11. Antiga Prisión Provincial Paseo Alcalde Francisco Vázquez, 43 Inaugurada en 1927, entre os seus muros conviviron presos comúns e políticos como Xosé Luís Méndez Ferrín, que tamén pasou pola cárcere cántabra de El Dueso onde comezou a escribir Retorno a Tagen Ata (1971). Esta obra, fundamental na nova narrativa galega, rematouna na súa celda da Coruña. A prisión deixou de funcionar en 1999 e agarda a súa rehabilitación.

    5. Pazo Municipal Praza de María Pita, 1 Manuel María Puga e Parga comezou a escribir no xornal El Noroeste co pseudónimo “Picadillo”. Foi alcalde da Coruña en dúas ocasións, pero pasou á historia polo seu fondo coñecemento da gastronomía. Xornalista versátil e hábil mestre da ironía, a súa obra La cocina práctica (1905), con prólogo de Emilia Pardo Bazán, é todo un referente da gastronomía popular galega.

    6. Casa Museo Emilia Pardo Bazán | Real Academia Galega Tabernas, 11 Aquí naceu e medrou Emilia Pardo Bazán (1851-1921). Escritora, crítica, catedrática... faltan verbas para definila. A súa orixe aristócrata proporcionou á condesa unha educación exquisita. A autora de Los Pazos de Ulloa foi unha firme defensora dos dereitos da muller. Hoxe, a casa familiar comparte espazo coa sede da Real Academia Galega en agradecemento á institución que a nomeou presidenta honoraria desde a súa fundación, en 1906.

    8. Campo da Leña (actual praza de España) Manuel Rivas, un dos nosos grandes escritores contemporáneos, non naceu moi lonxe de aquí –na rúa Marola, no coñecido barrio de Monte Alto– e tampouco é difícil cruzarse con el pola zona. O Campo da Leña, a escasos metros da praza de María Pita, é un dos espazos emblemáticos do Entroido. Rivas ambienta Los libros arden mal (Premio da Crítica Española e Galega) na cidade que o viu nacer.

    4. Librería Regional | Cova Céltica Riego de Agua, 16 Aquí estaba a Librería Regional, que tamén era imprenta. En 1893 un grupo de intelectuais rexionalistas comezou a celebrar un faladoiro que chamaron Cova Céltica; Manuel Murguía, Pondal, Lugrís Freire, Martínez Salazar e o propio Uxío Carré Aldao, dono do local, estaban entre os seus membros. En 1900, La Regional trasladouse á Rúa Real e despois volveu a Riego de Agua ata o seu peche en 1908. A Cova Céltica estivo moi ligada á creación da Real Academia Galega.

    1. Xardíns de Méndez Núñez Creados en 1868, os xardíns de Méndez Núñez son un museo ao aire libre. Destaca o conxunto arquitectónico de granito esculpido por Francisco Asorey entre 1928-1934, dedicado a Curros Enríquez. As homenaxes ás nosas letras continúan cos monumentos a Castelao, Valle-Inclán, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán ou Daniel Carballo, entre outros ilustres.

    9. Cemiterio de San Amaro Orillamar, s/n En palabras do cronista coruñés Julio Rodríguez Yordi, San Amaro, xa bicentenario, “ten a suficiente natureza para facer desaparecer a desolación. Ademais da visión do mar azul e dos montes violetas”. Aquí descansan grandes figuras como Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Manuel Murguía, Juana de Vega, Fernández Flórez ou Luís Seoane. Polo seu patrimonio artístico e cultural e a súa condición de enclave singular, desde 2013 forma parte da Ruta de Cemiterios Europeos.

    2. A Nosa Terra Cantón Grande, 16 Aquí estaba a redacción e a administración do xornal A Nosa Terra, no despacho do avogado e escritor Xosé Iglesias Roura. Nos seus comezos, a publicación foi bilingüe, pero posteriormente editouse integramente en galego, converténdose nun importante medio de difusión da lingua de Galicia. O primeiro número saíu á rúa o 14 de novembro de 1916 con Antón Villar Ponte como director.

    Esta ruta literaria está chea de zonas nobres e espazos humildes que recollen historias reais e imaxinadas protagonizadas por soldados e pescadores, escritores, avogados e xornalistas, lembranzas de proxectos truncados e recuperados que forman parte da historia –sempre colectiva– das letras coruñesas e galegas.

    A nosa primeira cita é nos Cantóns. Paseamos polos seus decimonónicos xardíns de Méndez Núñez, salpicados de estatuas de moitos dos nosos artistas e literatos e inspiración do escritor Wenceslao Fernández Flórez en El bosque animado.

    Tras varias paradas, atravesamos a praza de María Pita, sempre maxestosa e bela; o percorrido desemboca no Campo da Leña, moi preto da Cidade Vella, por cuxas empedradas prazas e recunchos camiñaron Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán, as súas veciñas máis ilustres.

    Desde aquí xa é posible sentir o mar, que nos conduce ao cemiterio de San Amaro, onde xacen algúns dos grandes escritores e intelectuais, mulleres e homes do Rexurdimento, o movemento literario e político do século XIX que mudou para sempre a cultura galega. Alí tamén descansa Conchita, irmá pequena de Picasso, que morreu en 1895, cando a familia do pintor vivía na Coruña.

    E de novo o mar, pero esta vez vixiado pola Torre de Hércules, lévanos ao final do noso camiño. “As alturas apenas superan os cen metros, pero desde elas alcánzase o inconfundible horizonte do Golfo Ártabro e a cidade (…)”, contaba o xenial escritor e gastrónomo galego Álvaro Cunqueiro. E alí, fronte ao Atlántico, despedímonos xunto ao antigo cárcere, admirando o faro romano máis antigo do mundo.

    7. Casa de Rosalía de Castro Príncipe, 3 Chegamos á vivenda que habitaron entre 1872 e 1873 Rosalía de Castro e o seu home, o poeta Manuel Murguía. Rosalía é a gran autora galega do século XIX, figura indispensable do panorama literario e case un mito, grazas a obras mestras como Cantares Gallegos, Follas Novas ou En las orillas del Sar. Muller forte e comprometida, empregou o galego na literatura cando case ninguén o facía. Ela encarna, tal vez máis que ningunha outra personaxe, a identidade colectiva de Galicia.

    10. Torre de Hércules Avda. de Navarra, s/n Patrimonio da Humanidade desde 2009, a Torre de Hércules é o faro romano en funcionamento máis antigo do mundo (siglo I) e o símbolo da cidade. A mitoloxía mestúrase coa súa historia milenaria. O Lebor Gabála Érenn ou Libro das Invasións, recompilación de lendas irlandesas, podería identificala coma o lugar da Torre de Breogán. Emilia Pardo Bazán e Wenceslao Fernández Flórez homenaxeárona nos seus escritos, ao igual que o historiador Manuel Amor Meilán.

    3. Editorial Nós | Irmandades da Fala Rúa Real, 36 Unha placa na súa fachada conmemora o centenario do nacemento de Ánxel Casal, que en 1927 fundou a editorial Nós. Foi membro das Irmandades da Fala (movemento fundado en 1916 na Coruña, que propiciou unha gran actividade cultural e literaria), e unha de cuxas sedes estivo aquí. Nós foi a primeira editorial moderna de Galicia e marcou un punto de inflexión, abrindo o camiño a publicacións transcendentais para o galeguismo como a revista Nós.

    A Coruña

    “Ademais da luz e o mar e a alta torre, hai a terra e a cidade. Hai na Coruña a terra romántica e a pedra románica, e á cidade vella véselle, clara e patente, a súa antigüidade e a súa tradición: a súa raíz galega e eterna (...)"

    Álvaro Cunqueiro (1911-1981)

    Turismo de A Coruña Edificio Sol Sol, s/n. 15003 A Coruña Galicia - España T: +34 981 184 344 F: +34 981 184 345 [email protected]

    www.turismocoruna.com

    twitter.com/@corunaturismo

    facebook.com/turismocoruna

    instagram.com/corunaturismo

  • Xardíns de Méndez Núñez

    A Nosa Terra

    Editorial Nós | Irmandades da Fala

    Librería Regional | Cova Céltica

    Pazo Municipal

    Casa Museo Emilia Pardo Bazán Real Academia Galega

    1

    2

    3

    4

    5

    6

    7

    8

    9

    10

    11

    Casa de Rosalía de Castro

    Campo da Leña

    Cemiterio de San Amaro

    Torre de Hércules

    Antiga Prisión Provincial

    10

    9

    11

    8

    7

    3

    6

    4

    2

    1

    5

    Atención ao cruceirista

    Monumento