1º DE ESO: EXERCICIOS DE REFORZO.1ªparte 1. …º... · Despois do primeiro susto como todo o...

13
1 1º DE ESO: EXERCICIOS DE REFORZO.1ªparte 1. Separa en sílabas as seguintes palabras e sinala a sílaba tónica. Marca tamén os hiatos e os ditongos. (podes consultar a unidade 2) Fiestra alegría muíño caída caixa Ruído saúdo metais maneira cousa Saúde sauna fieito cordiais súa 2. Indica o nome dos xéneros literarios máis relevantes. 3. Indica que clase de palabra é cada unha das que se utilizaron para formar este enunciado. Os días de outono son moi tristeiros. 4. Clasifica as seguintes palabras en variables e invariables. intención propoñas onte curmán cando salgado temos bolboreta xa tomate eles moito 5. Separa a raíz e os morfemas destas palabras. rochedo pequeniño amarelento construtor libraría desfigurado imposible coruñesa xornalista Ferreiro 6. Escribe unha palabra da mesma familia léxica ca as seguintes e que teña que levar diérese. contiguo ambiguo lingua antigo

Transcript of 1º DE ESO: EXERCICIOS DE REFORZO.1ªparte 1. …º... · Despois do primeiro susto como todo o...

Page 1: 1º DE ESO: EXERCICIOS DE REFORZO.1ªparte 1. …º... · Despois do primeiro susto como todo o mundo, a rapaza sorriu graciosamente, deixando ... De feito, nunca entendería por

1

1º DE ESO: EXERCICIOS DE REFORZO.1ªparte

1. Separa en sílabas as seguintes palabras e sinala a sílaba tónica. Marca tamén os hiatos e os ditongos.

(podes consultar a unidade 2)

Fiestra alegría muíño caída caixa

Ruído saúdo metais maneira cousa

Saúde sauna fieito cordiais súa

2. Indica o nome dos xéneros literarios máis relevantes.

3. Indica que clase de palabra é cada unha das que se utilizaron para formar este enunciado.

Os días de outono son moi tristeiros.

4. Clasifica as seguintes palabras en variables e invariables.

intención propoñas onte curmán cando salgado

temos bolboreta xa tomate eles moito

5. Separa a raíz e os morfemas destas palabras.

rochedo pequeniño amarelento construtor libraría

desfigurado imposible coruñesa xornalista Ferreiro

6. Escribe unha palabra da mesma familia léxica ca as seguintes e que teña que levar diérese.

contiguo ambiguo lingua antigo

Page 2: 1º DE ESO: EXERCICIOS DE REFORZO.1ªparte 1. …º... · Despois do primeiro susto como todo o mundo, a rapaza sorriu graciosamente, deixando ... De feito, nunca entendería por

2

7. Escribe 5 palabras que pertezan ao campo semántico de : (consulta a unidade 2)

Cores:

Animais:

Viaxes:

Froitas:

8. Escribe 5 palabras que pertezan ás familias léxicas de : (consulta a unidade 1)

Auga:

Terra:

Mar:

Pedra:

9.Realiza dúas breves descricións dunha destas persoas. Primeiro faino de xeito subxectivo e despois dende unha perspectiva obxectiva: (Podes consultar a unidade 5)

Page 3: 1º DE ESO: EXERCICIOS DE REFORZO.1ªparte 1. …º... · Despois do primeiro susto como todo o mundo, a rapaza sorriu graciosamente, deixando ... De feito, nunca entendería por

3

10.O texto seguinte é unha descrición. Argumenta esta afirmación. Indica de que tipo se trata.

Pero o asombro máis grande da xornada foi para o propio Tanis, pois xunto cos reis de Mongara atopábase a súa filla, Sildym, a rapaza máis fermosa que vira en toda a súa vida. Cando os presentaron, quedou tan aloulado que non acertaba a dicir nada. Tremíalle a man e a voz non lle saía. Sildym era morena, cunha melena negra recollida cunha trenza e uns profundos ollos verdosos destacando sobre os doces trazos do seu rostro. Despois do primeiro susto como todo o mundo, a rapaza sorriu graciosamente, deixando entrever uns dentes irregulares e desamañados que conferían máis donaire e personalidade aínda ao seu rostro. Ela, á súa vez, quedou tamén presa dos ollos que a miraban sen podérense desapegar, e antolláronselle fermosísimos.

De repente,Tanis reaccionou. Pareceulle que todos os presentes se deran de conta da súa turbación e non lle gustou nada, pois, coma calquera rapaz da súa idade, quería evitar que se notasen os seus sentimentos. Continuou atendendo ás presentacións, axudado polo traductor oficial, pois os seus coñecementos de mongarés eran mínimos, e procurou, aínda que lle foi difícil, non volver pensar na princesa ata que rematou o acto. Finalmente, os estados de Sofrovia e Mongara restablecían relacións políticas, económicas e culturais de xeito oficial e, segundo fixeron votos, duradeiros.

M. Lourenzo: Tanis I o Mocos, Xerais

………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………

………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………

………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………

………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………

.

11. Escribe o artigo determinado diante de cada un dos seguintes substantivos (unidade 3)

cabotaxe análise crise

cume diabetes o mel

paréntese ponte

12. Completa estas oracións poñendo nos espazos baleiros o/a/un/unha e mais coas terminacións

que faltan.

Iamos ver……ponte roman…. pero vai moit….viruxe.

Fixeches…….. labor moi bonit…, con moit…. arte.

Ten…… costume moi mal….; sempre esquece……contrasinal. E iso crea cert…. Desorde.

…..sida ten xénero feminino porque é …. síndrome.

Xa merquei…. Leite e mais….. sal para…. bechamel.

….. xiz é branc….; …. Mel, dourad…., ….. feluxe, negr….; e ….. sangue, vermell…..

….testemuña dixo que vira….. masacre tremend….

Deume ….. couce fortísim…. e agora teño moit…. Dor.

Cáeme … suor d… calor que paso onda….. lume.

Page 4: 1º DE ESO: EXERCICIOS DE REFORZO.1ªparte 1. …º... · Despois do primeiro susto como todo o mundo, a rapaza sorriu graciosamente, deixando ... De feito, nunca entendería por

4

13.Forma o feminino.

campión patrón ourensán anfitrión

acusón lampantín alcalde cotián

duque tataravó charlatán mundano

pasmón cabalo italiano cidadán

alemán chan paisano xenro

14. Pon en plural as seguintes palabras (consulta a unidade 2)

Mol:

Imbécil:

Bocoi:

Sal:

Chuchamel:

Civil:

15. Acentúa correctamente as palabras que o precisen: (consulta a unidade 3)

facil, covardia, coctel, ataude, res, fibela, roñon, furacan, proer, hipotese, duas, textil, heroe, proteina, construen, faisca, recluir, sabiamos, valvula, inmobil,espirito, saude, lapis, parasito 16.Indica se os seguintes titulares son valorativos ou informativos. Xustifica a túa resposta.

Page 5: 1º DE ESO: EXERCICIOS DE REFORZO.1ªparte 1. …º... · Despois do primeiro susto como todo o mundo, a rapaza sorriu graciosamente, deixando ... De feito, nunca entendería por

5

17. Localiza nos titulares todos os adxectivos e clasifícaos logo en especificativos e explicativos. (consulta a unidade 4)

ESPECIFICATIVOS EXPLICATIVOS

18.Acentúa: (unidade 3 e 4)

– Cando me asomei a fiestra vin un esquío subido a pola do castiñeiro que hai fronte a nosa casa, mentres ao pe da arbore unhas polas peteiraban uns grans de millo. – A rapaza foi mercar unha bola de pan a panadaría; levaba moita presa e non parou a falar con ninguén. – Compre que vaias fora mirar se ven teu irmán polo camiño arriba, porque dende aquí non se ven as persoas que pasan. – Agora xa volve haber osos nos montes galegos. – Atoparon unha morea de osos na praia de Foz. – Fai un no ben apertado para que non se solte e saia todo para fora.

19. Pasa ao plural estas frases (podes consultar a teoría no apéndice do libro de texto

- Aquel capitel representa unha escena celestial………………………………………………………………………...................

- O martes sempre vén algún rapaz……………………………………………………………………………………………………………

- O corazón senil tamén pode ser pasional…………………………………………………………………………………………………

- O lacón está moi caro segundo o prezo oficial……………………………………………………………………………………………

- Teño que mercar tea para un lenzo branco e un calzón azul……………………………………………………………………

- É un edil admirable segundo o editorial do xornal dominical…………………………………………...............................

- É unha flor común e fácil de atopar en calquera verxel……………………………………………………………………………

- Cacei unha perdiz naquel piñeiral……………………………………………………………………………………………………………

Esa fábrica téxtil ten unha parede anil…………………………………………………………………………………………………… 20.Completa os seguintes enunciados usando todas as posibilidades de comparativo.

a. Era ________ alto ________ pensabamos. b. Corre ________ ________ come. c. Os cans de Xan son ________ feros ________ os de Pedro. d. Nunca tivo ________ traballo ________ hoxe.

Page 6: 1º DE ESO: EXERCICIOS DE REFORZO.1ªparte 1. …º... · Despois do primeiro susto como todo o mundo, a rapaza sorriu graciosamente, deixando ... De feito, nunca entendería por

6

21. Completa as frases coas formas do posesivo correspondentes (consulta a unidade 5)

…home (de ti) anda embarcado.... e irmán (de ti) é un furafollas.

... sogro (de min) é moi bo home.

... nena (de min)! Que má sorte tiveches!

... xenro (de ti) mercou dous andares desa casa.

... curmán (dela) é afeccionado ao montañismo.

... cuñado (de ti) é piloto de helicópteros

... xoia (de min)! Canto lle quero!

... madriña (del) é radioafeccionada.

Eses danse moi ben en ... terra (de nós).

Esta non é de ...banda (de vós).

22.Escribe en letra os seguintes numerais:(unidade 6)

50:

19:

31:

11º:

21ª:

70º:

500:

40:

37º:

23.Coloca os indefinidos que cumpran nos espazos en branco: (unidade 6)

A min ____________ me preguntou por ti.

____________ pode facelo.

____________ días do ano facendo o mesmo.

Temos ____________ opcións pero alternativas só ____________.

Non teño ____________ lapis que estea afiado.

Neste caso nin con ____________ nin con ____________.

Acabo de ver ____________ movéndose naquela silveira.

Son ____________ alumnos na clase.

Page 7: 1º DE ESO: EXERCICIOS DE REFORZO.1ªparte 1. …º... · Despois do primeiro susto como todo o mundo, a rapaza sorriu graciosamente, deixando ... De feito, nunca entendería por

7

24.Sinala os determinantes no seguinte texto literario e clasifícaos segundo sexan artigos, depostrativos, posesivos, indefinidos ou numerais: (unidade 5 e 6)

Senta no peirao a ver os barcos e faise unha e outra vez as mesmas preguntas. De onde virán. Onde irán. Cando poderei subir nun deses e fuxir lonxe –nunca, Marco, sabes que nunca, contestaríanlle os barcos se tivesen a facultade de falar-. E como non sabe a resposta e os barcos non falan, só lle resta soñar: aquel vén de Constantinopla, aqueloutro de loitar contra os turcos, ese quizais parte mañá para Crimea, naquel de alí quizais suba eu para viaxar lonxe. Ás veces Marco Polo pasa o serán escoitando as historias que contan os mariñeiros que deitan o seu corpo canso en Venecia e foxen correndo para as tabernas. Alí escoita con devoción todas esas historias que contan animados polo viño. De sabelo, o pai nunca o aprobaría. De feito, nunca entendería por que gusta tanto da compaña deses homes rudos que falan, na borracheira e na emoción alentada polo viño e as mulleres, de terras onde habitan as amazonas, de homes con cabeza de can que bourean en linguas antes nunca escoitadas, de ciclopes e unicornios, de grifóns voadores con gadoupas tal aguias diañentas… Historias que seu pai lle dixo, a única vez que se atreveu a contar da súa afección por elas, que non son certas. Que son fantasías. Que non hai nada diso alén mar.

O segredo de Marco Polo, Francisco Castro

Artigos:

Demostrativos:

Indefinidos:

Posesivos:

Numerais:

25.Explica cales son as principais características dos contos .

26.Copia de novo as seguintes frases facendo as CONTRACCIÓNS necesarias:

1. En este caldeiro bóta-las patacas, en ese outro as leitugas.

2. En aquela capela bautizaron ó meu bisneto.

3. Vivimos moito tempo en esa casa que está a carón de aquela reloxería.

4. Non hai quen faga bo de este rapaz, este outro é máis acougado.

5. Non te metas en eso, que de ese lío podes saír queimado.

6. Saímos de aquela discoteca e metémonos en aquela outra.

Page 8: 1º DE ESO: EXERCICIOS DE REFORZO.1ªparte 1. …º... · Despois do primeiro susto como todo o mundo, a rapaza sorriu graciosamente, deixando ... De feito, nunca entendería por

8

7. Hai tempo que non sei de aquela rapaza que coñecín en esta festa.

8. Puxéronse de acordo en aquelo que non ofrecía problemas.

9. En esta casa non se volveu falar de aquelo.

10. Esas nenas foron ó cine e estas outras veñen do teatro.

27.Le estes textos

Pasei pola ponte abaixo, Todos os xastres de agora

vin saltar unha sardiña, fan a roupa ao pintar

mariñeiro, ide ao mar se eu fose muller dun xastre

e botádelle a traíña. guapa había de andar!

Contesta:

- Os textos anteriores son prosa ou poesía? Por que?

- Pódese dicir que estas composicións son populares? Por que?

28.Sinala no seguinte texto o narrador, o espazo, tempo e os personaxes.

Manuel chegou o martes ás nove da mañá á clase cos deberes sen facer. Coma sempre, pediumos e eu

deixeillos copiar. A profesora recolleu os deberes, no canto de corrixilos en alto, coma sempre, e decatouse

de que os nosos estaban iguais, polo que alguén copiara. Manuel non dixo que fora el, así que nos baixou

medio punto a cada un.

29.Clasifica as seguintes palabras no campo semántico que lles corresponde: (vocabulario das unidades 1

a 6)

Espreguizarse, fochanca, lámpada, nora, cadeira,sumidoiro, sogro, choutar, cerraportelos, andel, materia,

xenro, apuntamentos, contedor, espirse, fiestra, xemelgo, herdeiro, axeonllarse, Calella, aparcadoiro

afillado, caderno, erguerse, aniñarse, viúvo, marquesiña , paso de peóns, bicar, acenar, beirarrúa,

proxector, curmán, chiscar, beliscar, estoxo, pestanexar, xiz, espernexar, aloumiñar, rañaceos, bocexar

mobles:

familia:,

Page 9: 1º DE ESO: EXERCICIOS DE REFORZO.1ªparte 1. …º... · Despois do primeiro susto como todo o mundo, a rapaza sorriu graciosamente, deixando ... De feito, nunca entendería por

9

aula:

rúa:

accións corporais:

30.Completa as seguintes palabras coa grafía que corresponda: c/ qu /z

Espe…ie …eixo …ilómetro …ear …ilogramo

…entral …ambiei …a…i…e …ou…e …o…o

31.Explica que é unha lenda e cal é a súa función principal. (unidade 6)

32.Completa con “b” ou “v” as palabras do texto segundo corresponda.

O a…ogado do meu a…ó inha…ilitou o testemuño da defensa e in…alidou as pro…as definiti…as que

inculpa…an a aquel …anqueiro no caso que se esta…a a tratar na sala no…ena do no…o xulgado.

33.Completa con “b” ou “v” segundo corresponda.

apro…ar …aler automó…il ri…eira tro…ador

…aleiro …ol…oreta …ur…ulla …ucina …ulto

…oda …arrer …ermello …erme …entre

34.Realiza unha descrición dun obxecto da túa clase ou da túa casa.

Page 10: 1º DE ESO: EXERCICIOS DE REFORZO.1ªparte 1. …º... · Despois do primeiro susto como todo o mundo, a rapaza sorriu graciosamente, deixando ... De feito, nunca entendería por

10

35.Escribe un antónimo para cada palabra. (consulta a unidade 5)

frecuente alto obedecer

sumar aceptar aumentar

perder agradable real

amplo regular legal

36.Completa con “B” ou “V” as palabras das seguintes oracións.

a…ogado da …ila marchou facer un mestrado a Madrid.

Onte atopamos un tre…o de catro follas. A …er se nos dá sorte.

Di miña nai que, se che …arren os pés, xa non casas; nunca terás …oda.

Esti…emos a …ernizar as portas cun …erniz …ermello que manchou moito o chan.

Parécenme moi co…ardes as persoas que critican por detrás e logo non son quen de dicir nada á

cara.

37. Le a seguinte descrición e explica se ofrece un retrato físico ou psicolóxico. ( unidade 5)

Era sosegado e servizal. A súa fisonomía, agradable. Tiña ollos azuis e pelo castaño, un pouco rebelde. Tiña

ancho tórax, cunha vigorosa musculatura e unha forza física hercúlea, que o exercicio desenvolvera

admirablemente.

38.Escribe un retrato de alguén que teña calidades opostas ao que aparece no texto anterior. (unidade 5)

Page 11: 1º DE ESO: EXERCICIOS DE REFORZO.1ªparte 1. …º... · Despois do primeiro susto como todo o mundo, a rapaza sorriu graciosamente, deixando ... De feito, nunca entendería por

11

39.Escribe palabras que pertezan á mesma familia léxica de

fame:

disco:

flor:

sol:

40. Corrixe o seguinte texto. Pon os acentos, os puntos, as comas e as maiúsculas que faltan:

ramiro estuda cuarto de primaria con este van xa dous anos no mesmo curso e cada vez que na

escola dan as notas todos saben quen e o que vai levar para a casa a restra mais grande de

suspensos: o ramiro claro... nunca atende as explicacions sempre despistado nunca anota as tarefas

que hai que facer na casa sempre se esquece de traer os deberes feitos nunca estuda sempre

suspende nunca chora e sempre esta a sorrir coas suas lentes douradas facendolle equilibrios na

punta do nariz ramiro estuda cuarto pero non da unha a dereitas por iso suspende porque non

acerta a saber onde esta se o problema e de sumar el escribe un poema; se a redaccion se titula «a

primavera» daquela recita a taboa do sete; se toca a leccion do estudo dos osos ponse a colorear o

esqueleto que ven no libro e se toca pintar recortar e pegar ramiro conta os chistes que escoitou

onte na tele por iso suspende sempre... ou case sempre e ainda asi non hai que lle quite da cara ese

sorriso permanente que o fai parecer o neno mais feliz do mundo.

41. Realiza un esquema a partir do seguinte texto. Lembra que a información debe estar clara e

ordenada. Recorda tamén que nun esquema sobran moitas palabras das que aparecen no texto,

especialmente verbos.

Os petróglifos son gravados rupestres que se atopan nas rochas da paisaxe galega. Cada vez está máis claro

que, de todas as manifestacións culturais xurdidas ao longo dos tempos, estes constitúen o fenómeno máis

relevante debido a varios motivos: por tratarse de documentos históricos de gran valor( xa que obtemos

información sobre o modo de vida dos nosos antepasados), polos seus indubidables valores estéticos e

pola súa marcada orixinalidade.

Podemos agrupar estas representacións rupestres ou petróglifos en dous grandes grupos.

O primeiro consitúeno aqueles que presentan unha temática xeométrica. É o grupo máis numeroso e está

disperso por toda a nosa xeografía. A eles pertencen os puntos, combinacións de círculos concéntricos,

espirais e deseños labirínticos. Son moi semellantes nas súas formas aos aparecidos noutros países

Page 12: 1º DE ESO: EXERCICIOS DE REFORZO.1ªparte 1. …º... · Despois do primeiro susto como todo o mundo, a rapaza sorriu graciosamente, deixando ... De feito, nunca entendería por

12

atlánticos e parece ser que estas formas están moi relacionadas coas crenzas e o universo espiritual destes

antigos habitantes.

O segundo grupo constitúeno os gravados de temática naturalista. Nel, os temas máis frecuentemente

representados son os deseños zoomorfos (cérvidos e équidos), os antropomorfos e as figuras de obxectos

concretos como poden ser armas ou os chamados ídolos cilindro. Os cérvidos son as figuras zoomorfas de

aparición máis frecuente. Pola contra, son escasas as figuras humanas (sempre varóns) e cando aparecen

fano representadas en dúas actitudes: cazando a pé ou cabalgando a lombos de cabalos.

Por último, cómpre salientar que tanto as autoridades como as persoas en xeral deberían protexer moito

máis estas manifestacións artísticas e coidalas e respectalas; posto que constitúen un importante

testemuño da nosa existencia no planeta terra.

Page 13: 1º DE ESO: EXERCICIOS DE REFORZO.1ªparte 1. …º... · Despois do primeiro susto como todo o mundo, a rapaza sorriu graciosamente, deixando ... De feito, nunca entendería por

13

42. Expresión Escrita: Transforma o seguinte esquema nun texto perfectamente redactado en parágrafos

e correctamente puntuado.

TÍTULO: O ESCUDO DA CORUÑA

Torre-faro situada na cidade da Coruña.

Construída polos romanos. Finais do s.I

Perdeu o seu uso marítimo na Idade Media

1553. O concello dicta normas prohibindo a utilización das súas pedras para outras edificacións.

Reconstuída de novo no reinado de Carlos IV

Recollida do libro das invasións de Irlanda.

O rei Breogán ergueuna para que dende ela o seu fillo puidese ver Irlanda.

Lendas sobre a súa orixe

Recollida no libro de Crónica Xeral de Afonso X.

Hércules chegou en barca ás costas galegas e enterra alí a cabeza do xigante Xerión (vencérao en combate e e libera a xente da súa tiranía). Encima do lugar onde a enterrou ergueu a torre.

Nos arredores do lugar creou unha vila (Crunna)

Curiosidades O escudo da Coruña ten a torre e debaixo a caveira de Xerión.

Historia

Lendas greco-

latinas

Miloloxía

celta