15 Xullo 2011 - BDNº38

24
CD OURENSE TENIS Número: 38 - Ano: III - 14 de xullo de 2011 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 19 de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. En Xogo - Karlaska, campión de campións Vence no II Trofeo Barrios Deportivo [páx. 3-7] CD Ourense afronta unha nova tempada con moitos cambios páx.10 TAI CHI Recta final para o Campionato galego de tenis absoluto que acolle Ourense páx.14 Durante este verán o tai chi está presente nos barrios de Ourense páx.23 Marta Míguez, “Correndo por Ourense” páx. 16

description

El número 38 del Barrios Deportivo es el último de la temporada (vuelve a partir de agosto con las pretemporadas de los equipo ourensanos), y en el hablamos de las novedades en CD Ourense después de cambiar de presidente y ser el equipo de Aníbal Pereira quien esté al mando del equipo "rojillo". En esta época de estío comentamos que tal le han ido a los nadadores del Club Natación Pabellón en el campeonato gallego infantil que se celebró en la piscina Rosario Dueñas de Ourense.

Transcript of 15 Xullo 2011 - BDNº38

Page 1: 15 Xullo 2011 - BDNº38

CD OURENSE TENIS

Número: 38 - Ano: III - 14 de xullo de 2011 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 19 de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

En Xogo - Karlaska, campión de campiónsVence no II Trofeo Barrios Deportivo [páx. 3-7]

CD Ourense afronta unha nova tempada con moitos cambios páx.10

TAI CHI

Recta final para o Campionato galego de tenis absoluto que acolle Ourense páx.14

Durante este verán o tai chi está presente nos barrios de Ourense páx.23

Marta Míguez, “Correndo por Ourense” páx. 16

Page 2: 15 Xullo 2011 - BDNº38

� BARRIOS DEPORTIVO14 de xullo de �011

NATACIÓN

Os irmáns García Colomo coas medallas conseguidas no nacional máster de verán.

Redacción

O CN Pabellón procla-mouse o pasado 9 de xullo vencedor do XL Trofeo Pe-dro Escudero, celebrado na piscina Rosario Dueñas do Pavillón dos Remedios. Os ourensáns, que acadaron un total de 5�5 puntos, fo-ron seguidos de preto polo Ponteareas e o Náutico de Vigo. Pero ademais desta vitoria conxunta, a pavi-llonista Iria Álvarez lo-grou de xeito individual o recoñecemento como me-llor nadadora, batendo o récord galego absoluto de 100 bolboreta cun tempo de 1:03:53.

Campionatos galegosAnteriormente, os días

1, � e 3 de xullo, os pavi-llonistas participaron no Campionato Júnior e Ab-soluto celebrado na piscina Rías do Sur de Ponteve-dra; cita na que os júniors ourensáns convertíronse en subcampións da proba

O CN Pabellón fíxose co Trofeo Pedro Escudero4 Tamén acadou grandes resultados nos últimos campiona-tos galegos nos que participou.

masculina (cun equipo de 5 nadadores) e da conxunta (con tan só 8 integrantes). Na categoría absoluta, o Pabellón acadou o segundo posto tanto na proba mas-culina como na feminina e o terceiro na conxunta.

Pola súa banda, no Cam-pionato Galego Infantil de

Redacción

Os nadadores do CN Pabellón Mª Cristina e Manuel García Colo-mo realizaron unha so-bresaínte actuación nos Campionatos de España de Natación Máster de Verán, que se veñen de realizar nas Palmas de Gran Canarias do 30 de xuño ao 3 de xullo.

Os irmáns ourensáns acadaron o podio nas dez probas nas que partici-paron (cinco cada un). Cristina logrou catro pra-tas (en 400 estilos, �00 estilos, 100 bolboreta e

Pleno de medallas dos irmáns García Colomo4 Os dous pavillonistas ve-teráns acadaron o podio nas dez probas nas que partici-paron no nacional máster.

50 libres) e un bronce (en 50 bolboreta), mentras que Manuel fíxose con un ouro (en �00 bolboreta), unha prata (en 100 bolboreta) e tres bronces (en 1.500 li-bres, 400 libres e 400 esti-los), batendo dous récords galegos, en 1.500 e 400 libres.

Grazas a estes grandes resultados o CN Pabellón acadou o posto 41 - de 91 participantes- na clasifica-ción xeral de clubes, xus-to por detrás do Fluvial de Lugo e logrando superar ao Fortuna de San Sebastián (no que milita outra irmá García Colomo, Maite).

Verán, que tivo lugar os días �5 e �6 de xuño en Ourense, o conxunto anfi-trión fíxose cun total de �8 medallas (8 ouros, 10 pra-tas e 10 bronces). Ademais, a súa nadadora Ana Karina Obaya fíxose, nesta com-petición, coa mínima que precisaba para participar

no Campionato de España que se celebrará en agos-to en Valladolid. Xunta a ela, teñen xa confirmada a súa participación no nacio-nal os tamén pavillonistas Ecequiel Quiroga, Borja González, Iago Rodríguez, Esther Álvarez e Claudia González.

Un nadador lanzándose a piscina Rosario Dueñas de Ourense. /RAMSÉS

Page 3: 15 Xullo 2011 - BDNº38

BARRIOS DEPORTIVO14 de xullo de �011

3II TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

Triplete!!4 O En Xogo - Karlaska con-segue o triple na 2010-2011 logo de conquistar a Liga Pro-vincial, a Copa Deputación e o Trofeo Barrios Deportivo.R. Torres

Un novo dominador no fútbol sala ourensán irrum-píu nesta tempada �010-�011. O En Xogo - Karlaska é o novo campión de cam-pións logo de acadar o II Trofeo Barrios Deportivo, éxito que hai que engadir

aos títulos de campión de Provincial e da Copa Depu-tación, o que lles confiren o triplete nesta campaña.

Se durante a liga e Copa o máximo rival foi o Conce-llo de Taboadela (rematou segundo en liga e disputou a final da Copa), no Trofeo Barrios Deportivo o rival

na final foi o Sobrado, que defendía o titulo conquista-do na pasada campaña.

II Trofeo Barrios Deportivo

Durante a semana que durou o Torneo, o En Xogo mostrábase como un dos fa-voritos a acadar o título. En cuartos de final enfrontába-se ao campión da Primeira División do Carballiño, Cerber, ao que vencía por un claro 4-8 nos 40 minutos de partido. Con este triun-fo pasaban a semifinais, o rival sería o Mc Donald´s para dilucidar ao primeiro

O En Xogo - Karlaska posa cos tres trofeos conquistados esta tempada: Liga, Copa e Ttrofeo Barrios Deportivo. /RAMSÉS

finalista do torneo. Na pri-meira metade o En Xogo foi o claro dominador do encontro, feito que reflec-tíuse de xeito evidente no electrónico ao rematar os primeiros �0 minutos cun claro 0-4. Na segunda me-tade as cousas cambiaron e a presión do campión da Primeira División de Ourense xurdiu efecto, polo que o Mc Donald´s púxose a un gol de diferenza, pero o Karlaska soubo manterse por diante no marcador ata o final de encontro que re-mataría co resultado de 6-8 para o campión de Provin-

cial e Copa. No outro lado do cadro, Sobrado sería o rival na final.

A gran finalE chegaba o momento

de deicidir ao campión de campìóns desta tempada �010-�011. Por unha banda o Sobrado, que defendía o título acadado o ano pasa-do, e pola outra o En Xogo - Karlaska, que tras a liga e a copa nas súas vitrinas quería redondear a tempada co terceiro título que dispu-taba.

A final foi moi emocio-nante, con ámbolos dous

conxuntos respetándose mutuamente. Nos primeiros intres o Sobrado anotaba o primeiro tanto do encontro poñendo a balanza a prol do defensor do título; con este resultado esgotaríanse os primeiros �0 minutos. Na reanudación, o empeño do campión provincial deu os seus froitos e a seis minutos do remate empataron a con-tenda. Nese intre o Sobrado perdeu fol e viuse sorpren-dido en dúas ocasións para rematar o encontro cun 3-1 favorable ao En Xogo - Karlaska que conseguía o triplete nesta tempada.

Page 4: 15 Xullo 2011 - BDNº38

4 BARRIOS DEPORTIVO14 de xullo de �011

II TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

Cuartos para todos os gustos4 Sobrado, Mac Donald´s, Muebles Andrade e En Xogo - Karlaska, os equipos que pasaron a semifinais do Trofeo Barrios Deportivo.

R. Torres

Alridotrans, Aplicarme-tal, Mc Donald´s Ourense, Concello de Taboadela, So-brado, En Xogo - Karlaska, Muebles Andrade e Cerber. Oito equipos que loitaban polo II Trofeo Barrios De-portivo de fútbol sala -O torneo dos campións- para saber que equipo facíase co título de campión de cam-pións da tempada �010-�011.

Alridotrans - SobradoO primeiro partido de

cuartos deparaba un Alri-dotrans - Sobrado ou o que era o mesmo, campión de Segunda de Ourense contra

o defensor do torneo.O vixente campión do

torneo foi o primeiro semi-finalista ao vencer en cuar-tos ao Alridotrans por un contundente 6-13. Desde o primeiro minutos os dous equipos loitaron pola vito-ria pero dúas expulsións de xogadores do campión de Segunda fixo que o parti-do decantárase claramente en prol do Sobrado, que chegaba ao descanso cun-ha diferenza de cinco goles (4-9). Na segunda metade, o equipo de Provincial tan só tivo que contemporizar o tempo do encontro e aguan-tar o empuxe do rival para ser o primeiro semifinalista to torneo dos campións.

Aplicarmetal - Mc Donald´s Ourense

O segundo partido destes cuartos era o Aplicarmetal (campión de �ª do Carballi-ño) contra o campión de 1ª de Ourense (Mc Donald´s). Este último convertíuse no segundo semifinalista do trofeo Barrios Deportivo ao gañar ao Aplicarmetal por 7-13. Como no pri-meiro partido, o encontro estivo moi igualado nos seus primeiros compases con ocasión claras nas dúas áreas, pero un maior acerto anotador do equipo da ca-pital fixo que se chegara ao descanso con 3 a 8 para os ourensáns. No segundo pe-ríodo, o campión carballinés

tentou de todas as maneiras achegarse no marcador aos ourensáns pero éstes evita-ron sustos de última hora e mantiveron as diferenzas ata o final para meterse nas semifinais despois de desfa-cerse cun claro 7-13.

Muebles Andrade - Concello de Taboadela

Na segunda xornada do torneo, Muebles Andrade loitaba contra o Concello de Taboadela para saber cal era o equipo que se enfron-taría ao Sobrado nas semi-finais.

Este foi o partido máis disputado de todos os cuar-tos de final no que, ao final, o Muebles Andrade levá-base o gato á auga ante un resistente Concello de Ta-boadela que deu a cara en todo momento. Estes dous conxuntos serán rívais na vindeira tempada na liga

Autonómica grupo sur de Galicia. Na primeira me-tade o Muebles Andrade púxose por diante, vantaxe que pronto contrarrestaría o Taboadela cun gol dende propia cancha devolven-do as táboas ao marcador. Un segundo gol antes do descanso levou o equipo autonómico a poñerse por diante.

Durante os últimos minu-tos deste período o Conce-llo de Taboadela xogou de cinco. Na segunda metade seguiu o subcampión de copa e liga con cinco de campo sabedores de que chegarían as súas oportu-nidades; a devandita cons-tancia viu os seus froitos ao lograr o empate, primeiro, e poñerse por diante despois (3-2). De aí ao final do par-tido alternancia de goles no marcador ata que se chegou ao final do encontro co re-Un xogador do Cerber lanza o balón contra a portería do En Xogo - Karlaska. /RAMSÉS

O Concello de Taboadela - Muebles Andrade foi o máis vibrante dos partidos de cuartos de final. /RAMSÉS

Page 5: 15 Xullo 2011 - BDNº38

BARRIOS DEPORTIVO14 de xullo de �011

5II TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

sultado de 5-4.A primeira semifinal es-

taba lista: Muebles Andra-de - Sobrado.

En Xogo - CerberO partido entre o En

Xogo- Karlasca e o Cerber pechaba os cuartos de final do torneo dos campións. Na primeira parte do encontro

o dobre campión de liga e copa (En Xogo / Karlaska) conseguiu unha renda de dous goles ao rematar os primeiros �0 minutos co re-sultado de �-4, onde o mar-cador podería reflectir máis goles en ambas as dúas cuadrículas se chegan a ter máis puntaría os xogadores dun e outro equipo.

Xa na segunda parte o partido contou con oca-sións nos dous marcos mentres subía a intensida-de nas accións a medida que se esgotaba o tempo. Nos últimos minutos o equipo carballinés xogou á desesperada con cinco xo-gadores de campo, pero a mala fortuna (catro balóns

O porteiro do Alridotrans nunha intervención no partido contra o Sobrado. /RAMSÉS

Tiro dun xogador do Mc Donald´s que rematou no primei-ro gol dos campións ourensáns. /RAMSÉS

aos paus e un penalti erra-do) e o bo posicionamento defensivo do En Xogo fixo que este segundo levárase o gato á auga. Ao final do encontro, 4-8 para o Kar-lasca.

En semifinais, o En Xogo loitaría co Mc Donald´s Ourense para un posto na final.

Page 6: 15 Xullo 2011 - BDNº38

6 BARRIOS DEPORTIVO14 de xullo de �011

II TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

Numeroso público asistiu ás semifinais disputadas nos Remedios. /P. LODEIRO

En Xogo/Karlaska - Sobrado, final do II Trofeo Barrios Deportivo4 Desfixéronse en semifinais de Mac Donald´s e Muebles An-drade respectivamente.R. Torres

Se os cuartos de final de-pararon grandes partidos, as semifinais do torneo dos campións (II Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala) non ían a ser menos, sen-do numeroso o público que acudiu á central dos Re-

medios para dar boa conta delo.

Xa só quedaban catro equipos para coñecer ao gañador desta segunda edi-ción dun torneo que cada ano consolídase como un dos títulos máis importantes polos que loitan os equipos ourenáns de fútbol sala. En Xogo contra Mc Donald´s e Sobrado vs. Muebles An-drade eran os interesantes partidos destas semifinais.

En Xogo/Karlaska - Mc Donald´s

A primeira das semifinais era un En Xogo/Karlaska - Mc Donald´s; para os pri-meiros era o seu debut nes-te trofeo mentras que para o Mc Donald´s era a segunda participación no mesmo.

Mentras o En Xogo quería rematar cos mellores sabo-res de boca a tempada (liga e copa na �010-�011), os segundos querían chegar á final despois de caer de-rrotados o ano anterior en semifinais contra o Sobra-do, a postre vencedor do primeiro Torneo.

Durante a primeira parte o En Xogo / Karlaska con-seguiu unha vantaxe de ca-tro goles a cero grazas ao

seu bo facer defensivo e ao seu acerto de cara ao gol, mentres que o Mc Donald´s erraba en todas as ocasións de que dispuxo, sendo estas moitas e algunhas moi cla-ras.

Xa no segundo tempo, e sen nada que perder, o cam-pión da primeira ourensá

foi claramente ao ataque, motivo que lle ocasionou-numerosas ocasións de gol, logrando achegarse a tan só un tanto de diferenza (4-5) ao seu duro rival. Fi-nalmente, a intensidade do encontro provocou o cansa-zo dos xogadores de ambos os dous bandos nos últi-mos minutos, motivo que aproveitou o En Xogo para manter a renda e meterse na súa primeira participación

neste torneo na final, logo de rematar o encontro co resultado de 6-8.

Muebles Andrade - Sobrado A segunda final enfron-

taba ao Sobrado (defensor do título) contra o Muebles Andrade.

Na primeira metade, o vixente campión do torneo, o Sobrado, mostrouse su-perior ao Muebles Andrade vendo a portería con máis claridade. Nos primeiros minutos xa dominaba por 1-3, pero un impulso do equipo de autonómica fixo que no luminoso mostrá-sense as táboas a catro tan-tos. Nos últimos minutos do primeiro período, tres goles do Sobrado fixeron que se fosen ao decanso cun 4-7 ao seu favor, mostrando a súa superioridade, logo dunha tempada na que non rendíu o esperado debido ás numerosas lesións que

Partido emociante entre o Mc Donald´s e o En Xogo / Karlaska. /RAMSÉS

sufriron gran parte dos seus xogadores.

No segundo período, un impetuoso Muebles Andra-de foi a polo partido desde os primeiros instantes, pero dito pulo foi insuficiente para lograrlle dar a volta

ao marcador e, mentres o reloxo corría en contra do equipo de autonómica, o Sobrado tiña o partido con-trolado. Ao remate 9-1� para o Sobrado que intenta-ría na final defender o título acadado o ano pasado.

O Sobrado foi finalista nas dúas edicións do Trofeo Ba-rrios Deportivo. /RAMSÉS

Page 7: 15 Xullo 2011 - BDNº38

BARRIOS DEPORTIVO14 de xullo de �011

7II TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

II Trofeo Barrios Deportivo

Cuartos de finalAlridotrans 6 - Sobrado 13Aplicarmetal 7 - Mc Donald´s 13M. Andrade 5 - Taboadela 4Cerber 4 - En Xogo 8SemifinaisMc Donald´s 6 - En Xogo 8M. Andrade 9 - Sobrado 1�

FinalEn Xogo 3 - Sobrado 1

Cadro final1º En Xogo - Karlaska�º Sobrado FS3º Mc Donald´s Ourense4º Muebles Andrade5º Concello de Taboadela6º Cerber FS7º Aplicarmetal FS8º Alridotrans

Triangular de históricos4 O Almacenes Avantaxe, o Bar Pijú e o Fontanería Herma-nos Cruz reencontráronse nun campionato a tres bandas.

Redacción

Antes da gran final do II Trofeo Barrios Depor-tivo disputouse un trian-gular entre tres equipos históricos do fútbol sala ourensán.

Os participantes foron o Fontanería Hermanos Cruz, o Bar Pijú e o Al-macenes Avantaxe. Na cancha encontráronse vellos rivais de fai máis de 10 anos que agora re-memoraron a súa riva-lidade neste triangular. Cada equipo levaba a un gran número de xoga-dores que pasaron polos tres clubs ao longo da súa traxectoria, polo que uns

50 xogadores reuníronse novamente ao redor dun balón e recordaron vellos tempos nos que loitaban polos títulos ourensáns de fútbol sala.

Bar Pijú gañadorAínda que era o de me-

nos, o vencedor do trian-gular foi o Bar Pijú, en se-gunda posición rematou o Almacenes Avantaxe e de terceiro quedou o Fontane-ría Hermanos Cruz.

Esta iniciativa, que tivo grande éxito, esperan con-tinuala no tempo en vindei-ras tempadas e coincidindo coa final do Trofeo Barrios Deportivo -o Torneo dos campións-.

Arriba, unha xogada do encontro entre o Hermanos Cruz e o Bar Pijú.Abaixo, os saúdos dos xogadores ao rematar o partido en-tre o Almacenes Avantaxe e Bar Pijú.

Page 8: 15 Xullo 2011 - BDNº38

8 BARRIOS DEPORTIVO14 de xullo de �011

PONTE OURENSE

Redacción

A selección galega de fút-bol praia vén de completar un extraordinario debut no Campionato de España, só cendendo na final pola mí-nima ante o actual campión,

As pontinas Marta e Andrea, coa selección galega ao Campionato de España de fútbol praia4 Galicia rematou subcampioa na proba nacional.

o Murcia, por 3 goles a �.Na cita nacional, cele-

brada en Girona do 1 ao 3 de xullo é á que foron con-vocadas as integrantes do Ponte Ourense Marta Ro-dríguez e Andrea Carid, o conxunto galego realizou

un gran papel, vencendo a rivais tan duros como o an-fitrión, Cataluña, por 3-2, e ao Melilla, por 6-3, que lle outorgaron o paso á gran fi-nal na primeira vez que par-ticipaba nunha competición deste tipo, algo, de por sí,

digno de eloxiar.

Murcia, duro rivalCo soño de traer a copa

a Galicia na mente, as ga-legas pisaron a aréa o do-mingo cargadas de toda a súa enerxía, imprescindible para facer fronte ao impara-ble Murcia. Pero as poucas posibilidades de facerse co título no seu debut, unidas ás numerosas lesións que sufriron as representantes de Galicia, fixeron imposi-ble rematar a faena.

A pesar diso, as gale-gas dominaron o primeiro tempo do partido, no que gozaron de varias ocasións de gol, pero as murcianas adiantáronse no casilleiro ata en tres ocasións e Gali-cia parecía resentirse. A un minuto do final a ourensá Marta Rodríguez anotou o gol da honra e a moral das nosas xogadoras deu un xiro de 180 grados ata tal punto que a falta de �0 segundos para o remate Marta repetiu a proeza e a prórroga pare-cía incluso posible, pero un posterior tiro libre que rozou o largueiro rematou coas ambicións da nosa selección autonómica. O Murcia ven-cía 3 a � a un Galicia ao que esta segunda praza lle sabe, como non podía ser doutro xeito, a gloria.

Marta Rodríguez anotou os dous tantos de Galicia na final contra MurciaMarta Rodríguez e Andrea Carid, do Ponte Ourense, subcampioas coa selección galega

de fútbol praia.

Óscar Vivián, novo adestrador do Ponte Ourense FSF.

Redacción

O que fora o xogador máis importante do fút-bol sala ourensán, Óscar Vivián, agora faise co banco do equipo femini-no de Divisón de Honra desta modalidade, o Ponte Ourense FSF.

O ourensán, que conta cunha ampla traxectoria no fútbol sala nacional (xa que foi xogador de Di-visión de Honra durante moitos anos), afronta este novo reto con moita ilu-sión e confesa que a deci-sión de firmar polo Ponte foi “moi doada”. En can-to a que é a súa primeira experiencia ao fronte dun equipo feminino, Vivián o afronta coa “máxima ilusión e con gañas de tra-ballar”. Para firmar tivo como condición indispen-sable a continuidade de

Da cancha ao banco4 Óscar Vivián é o novo ades-trador do Ponte Ourense FSF.

Fran como preparador físi-co e Héctor como prepara-dor de porteiras.

Para o novo adestrador está ante unha plantilla de moito talento a pesar da baixa da capitana, Bea Sei-jas, que “é irremprazable”. Ao Ponte o define como un conxunto que combina experiencia con xuven-tude e que está ante unha oportunidade única de facer grandes cousas nos campionatos que disputa-rá: Liga, Supercopa de Es-paña, Copa Ibérica, Copa Xunta e, posiblemente, a Copa de España ao final de tempada.

Para rematar, Óscar Vi-vión prometeu “esforzo e traballo” nesta nova aven-tura no banco pontino.

Pola súa banda, desde o club esperan que a contra-tación de Óscar Vivián per-dure máis aló dun curso.

Page 9: 15 Xullo 2011 - BDNº38

BARRIOS DEPORTIVO14 de xullo de �011

9LIGA INTERCULTURAL

Redacción

A Liga Intercultural puxo o peche en Oira coas finais de liga (despois dos playoffs) e copa, na que saíu como gran vencedor o Bar Xa vou, quen fixo doblete ao vencer nas dúas finais ao mesmo rival, o Gurterkel. No partido pola liga tiveron que chegar a penaltis mentras que na copa venceron por dous goles a un (o segundo marcado a falta de 17 segundos para que rematara o encontro).

Ademais dos premios aos primeiros clasificados tamén se deron galardóns ao porteiro menos goleado (Víctor -B. Xa vou-), ao máximo goleador (Améri-co -B. Xa vou-) e ao mellor xogador da final (Avelino -B. Xa vou-). O equipo máis deportivo foi o Rumpel,

Bar Xa vou, gran dominador da liga Intercultural4 Gañou liga e copa este ano.

quen ademais fíxose co pri-meiro posto do torneo das Festas de Ourense.

Dúas categoríasDespois de contar esta

tempada con 16 equipos

nunha soa categoría, este ano a Liga Intercultural con-tará con dúas categorías de 10 conxuntos cada unha.

O prazo de preinscrición para anotarse remata o vin-deiro 15 de xullo.

Os xogadores do Bar Xa Vou posando cos trofeos conquistados nesta tempada.

Os xogadores do Gurterkel quedaron segundos na liga e na copa.O Rumpel foi campión do Torneo das Festas de Ourense.

Page 10: 15 Xullo 2011 - BDNº38

10 BARRIOS DEPORTIVO14 de xullo de �011 FÚTBOL

R. Torres

O vindeiro luns, 18 de xullo, o novo CD Ourense comeza a súa cuarta tempa-da na Terceira División do fútbol nacional cun proxec-to totalmente distinto ao de anos anteriores e no que an-dan na procura de pechar a un porteiro nestes días.

Con dez xogadores re-novados, tres fichados e un novo adestrador, agora a máxima prioridade do club é a incorporación dun por-teiro logo de que fallaran dous cos que estiveron ne-gociando. Para a entidade, ademais desta contratación que é a máis urxente, tamén queren facerse cos servi-zos, antes de que comece a pretempada, dun xogador de banda dereita e un dian-teiro.

O director xeral, Aníbal

Búscase porteiro4 O CD Ourense está na procura de fichar a un porteiro antes do luns, 18 de xullo, día que comezan a pretempada.

Pereira, considera que o club está facendo as cou-sas como corresponden xa que chegaron a un acordo económico cos 10 xogado-res da pasada campaña cos que se quería contar para esta e que éstes fixeron “un esforzo económico” por-que entenden a situación “de crise económica actual que atravesa a sociedade”. A estas 10 renovacións hai que engadir as catro novas incorporacións (ademais do adestrador, Patxi Salinas), Campillo, Mouriño e Velo-so que chegan con moi boas referencias.

Desde CD Ourense non queren precipitarse agora que vai collendo forma a plantilla do primeiro equi-po e consideran lóxico que a estas alturas non esté pechado o equipo xa que contan en pretempada con-

cretar as incorporacións de dous ou tres xogadores descartados de conxuntos de Segunda División B. Con estas premisas contan con ter unha plantilla de 19 xogadores, tres deles do equipo filial -Luis Gonzá-lez, Víctor Nieves e Jorge Fernández-, nos que teñen depositadas moitas espe-ranzas para que den o salto ao primeiro equipo.

Línea de traballoAníbal Pereira traballa

codo con codo co novo téc-nico “rojillo”, Patxi Salinas, co que fala “incontables ho-ras ao día”.

Salinas estivo dacordo en todas as decisións tomadas pola directiva ata a data, nas renovacións e nas no-vas fichaxes, “somos afíns e imos da man. Non hai de-cisións que se tomen unila-

teralmente e consensuamos todos os pasos”, afirmaba Pereira.

Aposta polo fútbol baseO mércores �0 de xullo

presentarase en sociedade o novo proxecto de CD Ourense e para elo invi-tarán a autoridades, xente coñecida da sociedade e xornalistas para que des-cubran o proxecto que a nova directiva do Ourense quere facer co fútbol base do club. O lugar do even-to, aínda por determinar, podería ser o auditorio mu-nicipal.

Aníbal comentou que o máis importante é a base e para elo queren darlles “coñecementos culturais, sociais e deportivos”, por-que pretenden que o novo Ourense sexa “o club das persoas”, remataba Pereira.

As caras novas de CD Ourense están a traballar para confeccionar a plantilla da tempada 2011-2012./RAMSÉS

CD Ourense xa ten as renovacións de Josu, José Arenas, Jaime Noguerol, Adrián Quintairos, Borja Yebra, Germán, Padrón, Pablo, Portela e Antonio Fernández

4 Os apuntes

Catro son polo momento as caras novas: os xogadores Campillo, Mouriño e Veloso; ademais do novo técnico, Patxi Salinas

Antes de que comece a pretempada queren facer efectiva a contratación dun porteiro, un xogador para a banda dereita e un dianteiro centro

Durante a pretempada agardan repescar a dous ou tres xogadores descartados de equipos de 2ª B

Luis González, Víctor Nieves e Jorge Fernández son os xogadores do filial nos que teñen depositadas máis esperanzas de subir ao primeiro equipo

4 Cándido Gómez, aos cadetes do pavillón

Redacción

O que fóra durante os últimos meses da pasada tempada adestrador de CD Ourense, Cándido Gómez, acaba de fichar polo equi-po cadete A do pavillón Ourense. Este conxun-to milita na División de Honra e chega despois do seu periplo no primeiro equipo de CD Ourense, onde substituíra a Fon-si Valverde para afronta a recta final da tempada �010-�011.

Cándido Gómez deixa

o CD Ourense despois de que Aníbal, Modesto e Ra-món Dacosta lle comunica-ran que non contaba con él como o máximo responsa-ble do banco “rojillo” para o novo curso, xa que non daba o perfil que buscaban os novos dirixentes do club ourensán.

Cándido Gómez./ARQUIVO

Page 11: 15 Xullo 2011 - BDNº38

BARRIOS DEPORTIVO14 de xullo de �011

11NOVAS

EN BREVE

4 Campionato de Europa Sub 23

Alfonso Palomanes, atleta de triplo salto do Ourense Atletismo, foi seleccionado pola Fede-ración Española de Atle-tismo para competir no Campionato de Europa Sub �3 que se disputará na localidade checa de Ostra-va entre os días 14 e 17 do presente mes de xullo.

4 Nacional júniorA académica Leticia

Fernández fíxose coa pra-ta nos 1500 metros a un segundo da medalla de ouro, mentras que Fran-cisco Durán, nos 10 quiló-metros marcha, acadou a medalla de bronce. Tamén foi bronce no “Meeting de Madrid” Erea Rodríguez, nos 1500 metros.

4 IX Xogos Eixo Atlántico

A expedición ourensán acadou un total de 7 me-dallas nos xogos do Eixo Atlántico celebrados na localidade portuguesa de Matosinhos. Magdalena Gómez foi ouro en lan-zamento de peso de atle-tismo para discapacitados e medalla de bronce por equipos. En atletismo as ourensáns tiveron meda-lla de prata. Os homes en volei praia remataron na terceira posición. O outro ouro para Ourense foi en fútbol 7, ao vencer ao Santiago na final.

Redacción

A �8 carreira popular de Leiro, celebrada o pasado domingo 3 de xullo, tivo como gañador absoluto ao corredor marroquí do Club Ourense Atletismo Acade-mia Postal, Hassan Lekhi-li, que en tan só �7 minutos e 5� segundos percorreu os 9 quilómetros e 3�1 metros que compuxeron a pro-ba. Pedro Nimo (corredor santiagués independente) e Robertas Geralavicius (da Sociedad Gimnástica de Pontevedra) obtiveron

ATLETISMO

Lekhili, o máis rápido de Leiro

o segundo e terceiro posto, respectivamente, seguindo moi de preto ao académico, ao rematar o percorrido 4 e

50 segundos despois de Le-khili.

Coa climatoloxía a favor, ás 11.30 horas saíron dende a Praza do Cruceiro os case 400 amantes do atletismo que se deron cita en Leiro, noutra das xa tradicionais carreiras populares da nosa provincia.

Lekhili entrando na meta de Leiro. /S. TORRES

Redacción

O vindeiro sábado, 16 de xullo, o ultrafondista Antonio Madriñán xunto

RETO SOLIDARIO

Madriñán afronta o seu terceiro reto solidario do ano

co seu inseparable compa-ñeiro, Demetrio Álvarez, afrontarán o seu terceiro reto solidario do ano, emu-lando aos xa realizados

“Oumoving” de Ourense e e o “Somos” de Carrión de Calatrava (Ciudad Real) ao longo deste ano.

Nesta ocasión o esce-nario escollido é o paseo marítimo de Vilagarcía de Arousa e a entidade bene-ficiaria será a Asociación de nenos autistas “Por de-reito”, que se levará todo o diñeiro recaudado.

Aos dous ultrafondistas nesta ocasión uniráselles o corredor valenciano Al-berto Meléndez. O reto comezará ás 1� da mañá do 16 de xullo e rematará �4 horas máis tarde, o 17 de xullo, á mesma hora. Teñen previsto contar con numerosos corredores que os acompañen durante un treito do percorrido e es-timan que farán uns 1�0 quilómetros.

Madriñán e Álvarez nun reto anterior.

Redacción

Ourense acollerá o pri-meiro rali ecolóxico que se celebra en Galicia, en España e posiblemente no mundo. As datas do evento serán os días 17 e 18 de set-embro. A proba partirá o 17 polá mañá desde a capital ourensá e fará un percorri-do pola Ribeira Sacra para rematar á tarde-noite en Manzaneda.

Xa o domingo 18, a pro-ba comezará na estación de montaña de Manzaneda e visitará “Prexigueiro” para finalizar na Adega Pazo Casanova de Santa Cruz de Arrabaldo. Percorridos que

RALI ECOLÓXICO

O primeiro rali ecolóxico de España será en Ourense4 Disputarase os días 17 e 18 de setembro.

mezclarán ecoloxía con tu-rismo e gastronomía e que dará a coñecer os automó-biles ecolóxicos ao gran público e aos afeccionados ao motor.

Nesta proba poderán participar automóbiles eléctricos, híbridos ou de combustión que emitan menos de 1�0gr de CO� á atmósfera.

Será unha competición de regularidade na que as máximas para lograr o me-llor resultado na clasifica-ción serán a contaminación do vehículo, o seu consu-mo e a regularidade das medias horarias estableci-das pola organización.

Cartel do I Rali ecolóxico de Galicia

Page 12: 15 Xullo 2011 - BDNº38

1� BARRIOS DEPORTIVO14 de xullo de �011

CIDADE DE AS BURGAS

Page 13: 15 Xullo 2011 - BDNº38

BARRIOS DEPORTIVO14 de xullo de �011

13CIDADE DE AS BURGAS

Page 14: 15 Xullo 2011 - BDNº38

14 BARRIOS DEPORTIVO14 de xullo de �011 TENIS

Redacción

O Club Santo Domin-go de Ourense acolle ata o sábado 16 de xullo a 7� edición do Campionato Ga-lego Absoluto de tenis, no que se encontran as mello-res raquetas da nosa comu-nidade.

O torneo xa chega a súa recta final coa dìsputa o xo-ves 14 dos cuartos de final, o venres 15, a semifinal e o sábado 16, as finais tanto masculinas como femininas do campionato galego.

En categoría feminina xa non queda representación ourensá ao perder tanto Valeria López como Susa-na Frade na ronda de oita-vos de final; Valeria López perdeu o partido en dous sets (6-0/6-1) ante Arianna Paules, mentras que Susa-na Frade dobregouse ante Marta González Niño, que venceu por un dobre 6/1.

Para os cuartos de final os emparellamentos son os se-guintes: Natalia Galán Gó-mez contra Neomí Novo, Arianna Paules contra Eva

Recta final do campionato galego de tenis absoluto4 Estase a celebrar nas instalacións do club de tenis Santo Domingo.

Vilar, Marta González con-tra Sara Andrade e Gisela Amor contra Patricia Vilas.No cadro masculino as cou-sas non marchan moito me-llor e o único que permane-ce vivo na competición é o valdeorrés Adrián Blanco, quen se desfixo do tamén ourensán Pablo Fernández por un 6-0 e 6-�. Os outros ourensáns en liza, Pablo Mosquera, Pablo Fernán-dez e Adrián Sampedro, caeron derrotados. Pablo Mosquera contra Rodrigo Figueroa por un 6-4 / 6-1, Adrián Sampedro contra Álvaro Álvarez (6-4 e 6-3) e o xa citado Pablo Fernán-dez contra Adrián Blanco.

Para os cuartos de final de categoría masculina os emparellamentos son: Mi-guel Casal contra Adrián Blanco, Roberto Rodríguez contra Manuel Núñez, Jor-ge Vázquez contra Javier Varela e Álvaro Álvarez contra Rodrigo Figueroa.

PremiosO sábado ao mediodía

terá lugar a entrega de pre-

mios da 7� edición do cam-pionato galego de tenis nas instalacións do Club Santo Domingo que este ano cele-bran o corenta aniversario.

O xoves 14 de xullo terán lugar as semifinais de do-bres e o venres serán as fi-nais tanto en categoría mas-culinas como en feminina.

Pablo Mosquera caeu eliminado en cuartos.

Redacción

Valeria López acaba de proclamarse subcampioa galega infantil de tenis que se celebrou en Vigo, no Club de Campo. Va-leria caeu derrotada na final ante a lucense Paula Arias, xogadora máis ex-perimentada neste tipo de encontros. Con este resul-tado, a ourensá segue a súa progresión o que lle levou a adestrar co grupo da Federación Galega de

4 Valeria López, subcampioa no galego infantil

tenis que está ao cargo do ourensán José Luis Gonzá-lez Del Rio e supervisada por técnicos da federación.

Valeria López.

O lucense Rafael Mota no campionato.

Page 15: 15 Xullo 2011 - BDNº38

BARRIOS DEPORTIVO14 de xullo de �011

15

Jorge Encinas fixa en 1.131 puntos o novo récord galego de carabina 3x40

TIRO

Paula Lodeiro

Dobre éxito do tirador ourensán Jorge Encinas no Campionato de España de Armas Olímpicas que se celebrou a pasada fin de se-mana en Madrid. Os 1.131 puntos que acadou na com-petición da modalidade de 3x40 valéronlle, por unha banda, para entrar en sex-ta posición na final. Pola outra, establece un novo récord galego nesta moda-lidade, superando en dous puntos (1.1�9) o anterior, que posuía el mesmo. Na tirada final, na que os oito mellores tiradores disparan dez tiros na posición de pé, Encinas defendeu o seu posto, o que lle deu dereito a diploma.

En canto á modalidade de carabina tendido, o tirador ourensán superou a elimi-

natoria cun bo resultado (589 puntos sobre un total de 600, 5º na súa tanda) pero na competición final non tivo sorte e rematou 36º.

Con respecto á outra ti-radora ourensá que partici-paba no campionato, Nuria Mera, quedou na metade da táboa (posto 16) na moda-lidade de pistola deportiva, con 53� puntos.

Case 300 tiradores de carabina e pistola de toda España participaron nes-te Campionato de Armas Olímpicas.

Campionato de IPSCA mesma fin de semana as

instalacións de Eiroás aco-llían o Campionato Galego de IPSC, con participación de tiradores chegados de Galicia, Asturias, Palencia e Madrid.

Encinas, diploma e récord4 O tirador ourensán de carabina acadou a sexta praza no Campionato de España de Ar-mas Olímpicas na modalidade de 3x40.

Jorge Encinas, primeiro pola esquerda, sexto no Campionato de España./P.L.

Podium da categoría estándar sénior do Campionato de IPSC en Eiroás, coa presenza do delegado de IPSC da Federación Galega, o subdelegado do Goberno e o presidente do Club de Tiro Eiroás.

Os tiradores locais fixe-ron unha boa competición, acadando o subcampionato David Davite, o terceiro posto José Antonio Palo-manes, o sexto Celso Parga e o sétimo Emilio Losada, na categoría estándar sé-nior, e o subcampionato en veteráns Miguel Pérez.

Regreso en setembroO Club de Eiroás perman-

ce pechado por vacacións no mes de agosto, retomán-dose as competicións o 3 e 4 de setembro cunha nova tirada da Copa Deputación de Armas Neumáticas.

Page 16: 15 Xullo 2011 - BDNº38

16 BARRIOS DEPORTIVO14 de xullo de �011

R. Torres

En pouco máis dun mes desde que renovou como concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, o edil do BNG, Fernando Varela, vén de presentar unha das súas promesas electorais: o circuíto de carreiras popu-lares de Ourense.

Este circuíto era unha idea que foi dando forma desde a pasada lexislatura e que agora ve a luz. “Corren-do por Ourense” é o nome que levará o conxunto des-tas carreiras que terán lugar

Correndo por Ourense4 Ourense xa conta cun circuíto de carreiras populares que comezarán coa da Ponte o vin-deiro 22 de xullo.

polos barrios da vella auria e que comezará este mesmo mes de xullo coa carreira da Ponte (venres, �� de xullo a partir das �1 horas); logo lle seguirán as outras catro: Nocturna do Corpus (sába-do, �7 de agosto a partir das �1 horas), a carreira da Casa da Xuventude (domingo, 11 de setembro, a partir das 1� horas), a do Couto (domin-go, 9 de outubro, ás 1� ho-ras) e a carreira do barrio da Carballeira (domingo, �3 de outubro, ás 1� horas).

InscriciónA inscrición a unha das

carreiras da dereito a par-ticipar en todas elas. De-vandita inscrición farase na web www.championchip-norte.com e na categoría “pitufos” podense inscribir ata media hora antes da proba. Os que se inscriban terán que utilizar o mesmo dorsal para todas as carrei-ras ademais do chip (os que teñan o chip en propiedade poderán utilizalo en todas as probas do circuíto). A adquisición do chip ten un custe de 10 euros e ao de-volvelo nos 15 días poste-riores a que remate a última

Presentación do circuíto de carreiras populares de Ourense./RAMSÉS

carreira devolverase seis euros. Quen se decida que-dar co chip serviralle para calqueira carreira cronome-trada por championchip e para ao vindeira edición do circuíto ourensán.

CategoríasOs pitufos, que correrán

sen chip, levarán medalla conmemorativa en cada ca-rreira. Os benxamíns e ale-víns terán un percorrido de entre 1000 e 1500 metros.

Os infantís e cadetes corre-rán sobre unha distancia en-tre os �000 e os �500 metros. Para as categorías xuvenil, júnior, promesa, sénior e veterán a distancia será duns 5500 - 6000 metros.

Marta Míguez, responsable do circuíto de carreiras “Co-rrendo por Ourense”. /RAMSÉS

ENTREVISTA A MARTA MíGUEz – MEMBRO DA ORGANIzA-CIÓN DE “CORRENDO POR OURENSE”

“O atletismo mellora a calida-de de vida de quen o practica”4“Correndo por Ourense” busca fomentar a realización deste deporte.R. Torres

O Circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” xa é unha reali-dade e terá a súa primeira proba o �� de xullo no ba-rrio da Ponte. Falamos con Marta Míguez, unha das responsables do circuíto.

Como xurdiu o circuí-to de carreiras populares “Correndo por Ourense”?

Marta Míguez: “Esta idea veuse xestando duran-te varios anos, pero nunca se conseguira facer unha estructura común como a que se logrou agora”.

Cantas carreiras inclúe esta iniciativa?

M.M.: “Neste momen-to inclúe cinco carreiras: a da Ponte – o �7 de xullo-, a nocturna do Corpus – o �7 de agosto-, a da Casa da Xuventude -o 11 de setem-bro-, a do Couto -o 9 de outubro- e a da Carballeira -o �3 de outubro-. Nesta última será cando realiza-rase a entrega de premios da clasificación xeral. A continuación, en novembro terá lugar a da San Martiño, para a que se pode dicir que estas carreiras servirán de adestramento”.

O ano que vén mantere-

des as mesmas datas?M.M.: “Da maioría sí,

axustándose á fin de sema-na que teñan lugar, pero a nocturna do Corpus pro-bablemente pasará a xuño e pode que a do Couto, a maio. De todos os xeitos, iso está aínda por decidir unha vez que remate este circuíto para valoralo e localizar as posibles me-lloras”.

O circuíto ampliarase en vindeiras edicións?

M.M.: “É posible, pero aínda non hai nada con-cretado. Esta é a primeira toma de contacto cun regu-lamento único para todas as

probas, as mesmas bases, as mesmas normas e as mes-mas categorías”.

Que premios recibirán os participantes?

M.M.: “Todos os que participen en alo menos catro das cinco carreiras (no caso de acudir a todas desbotaríase o peor resul-tado) entrarán na clasifi-cación xeral co que terán algún agasallo sopresa. Ademais, haberá trofeos para os tres primeiros cla-sificados de cada categoría. Cremos que é importante premiar a participación e a constancia, pero tamén os resultados”.

Por que Ourense de-cidiu apostar neste intre polo atletismo?

M.M.: “Porque conside-ramos que o atletismo é a mellor base para calquera outro deporte. Ademais, a nivel aeróbico mellora o sistema cardiovascular, co que se reducen os acciden-tes cardíacos. Mellora, en xeral, a calidade de vida de

quen o practica. Introducir a actividade física modera-da no noso día a día non só é unha garantía de vida, se-nón que é unha garantía de calidade de vida, podendo ralentizar moitos cambios que se producen coa idade e permitíndonos estar máis

sano e forte durante máis tempo. Pero tamén é igual de importante “acondicio-nar” o corazón mediante o exercicio físico racional e adecuado, de forma regu-lar e constante, para obter efectos beneficiosos no or-ganismo.”.

CIRCUíTO DE CARREIRAS DE OURENSE

Page 17: 15 Xullo 2011 - BDNº38

BARRIOS DEPORTIVO14 de xullo de �011

17PUBLICIDADE

Page 18: 15 Xullo 2011 - BDNº38

18 BARRIOS DEPORTIVO14 de xullo de �011

Francisco Movilla, subcampión de España de billar pool.

O Caldaria Barrocás rematou na oitava posición. /RAMSÉS

Redacción

De novo, o xogador do Club de Billar Ourense, Francisco Movilla, acada unha medalla nos campio-natos nacionais, esta vez na modalidade de pool, especialidade onde xa fóra campión de España o ano pasado.

O campionato celebróu-se na cidade de Puertolla-no, na provincia de Ciudad Real, onde se trasladaron os 3� mellores xogadores do país, para lograr facerse co título nacional desta es-pecialidade, na que Movilla defendía título.

O deportista ourensán comezou o campionato con fáciles vitorias ante os seus

Movilla, subcampión de España de Billar Pool4 Este éxito únese ao terceiro posto na modali-dade Snooker que acadou recentemente.

rivais, proba do bo estado de forma co que chegaba a este campionato e ao fi-nal de tempada. As vitorias sumábanse ata chegar á fi-nal onde o esperaba outro dos favoritos, o malagueño Rafael Guzmán. Na final, Movilla comezaba cun gran xogo poñéndose por diante no marcador 4-3 e a un punto de conquistar de novo o título, pero un pe-queno erro fixo que o an-daluz entrara no encontro e lograra o título ante o gale-go por un 6-4.

Este resultado confirma o dominio do deportista oure-sán en cantas modalidades participa xa que a este sub-campionato en pool hai que engadir o terceiro posto na

modalidade de snooker.O outro galego, Manuel

Castro, acadou a medalla de bronce ao perder en se-mifinais con Movilla por un claro 6-1, pero que re-frenda a gran calidade dos xogadores galegos nesta especialidade.

O próximo reto de Fran-cisco Movilla será o cam-pionato galego de billar que se celebrará neste mes de xullo e no que tentará revalidar o título acadado o ano pasado.

Ao rematar o campio-nato celebrouse a Gala Nacional do Billar, onde o representante ourensán foi premiado como o mellor xogador sénior da tempa-da pasada.

hOQUEI

O Club Egara, campión de España de hoquei herba4 O Caldaria Barrocás ocupou a oitava posi-ción no campionato celebrado en Ourense.R. Torres

No mes de xuño o cam-po de hoquei de Mariña-mansa acolleu o campio-nato de España xuvenil de hoquei herba que reuniu aos oito mellores equipos do país. Os oito conxuntos estaban divididos en dous grupos e os primeiros de cada un xogarían entre eles para coñecer ao cam-pión de España.

O Barrocás enfrontouse no seu grupo ao Egara, Complutense e Júnior. No primeiro encontro perdeu contra a Compolutense por 4-1, na segunda xor-nada 6-1, contra o Egara

e na última xornada desta fase de liguilla rematou ce-dendo o encontro contra o Júnior por 0-3, o que fixo que quedara na última posi-ción e se tivera que xogar o non rematar a competición na última posición. O seu rival foi o Taburiente e vol-veu a perder 1-4, o que o re-legou ata a oitava posición na clasificación final.

Egara campión

O Club Egara foi o cam-pión despois de vencer con claridade en todos os seus encontros. Na fase de ligui-lla desfíxose do Júnior por 3-4, do Barrocás -como xa citamos anteriormente- por

6-1 e da Complutense por 0-4. Na final, solventou o encontro sen problemas ao campión do outro, o Tenis, grupo por un contundente 6-0.

No partido polo terceiro e cuarto posto foi a Complu-tense o que levouse a meda-lla de bronce ao derrotar ao Atletic Terrasa 3-1.

Clasificación1.- Egara2.- Tenis3.- Complutense4.- At. Terrasa5.- Junior6.- Polo7.- Taburiente8.- Barrocás

POLIDEPORTIVO

Page 19: 15 Xullo 2011 - BDNº38

BARRIOS DEPORTIVO14 de xullo de �011

19XIMNASIA

O Club Ximnasia Pavillón, mellor equipo galego no nacional de rítmica4 O campionato de España de individual, clubes e autonomías das categorías alevín e infantil celebrouse en Valladolid a finais de xuño. R.T.

A mellor clasificación galega por equipos de todo o campionato de Es-paña de ximnasia rítmica, que se celebrou entre o �3 e o �6 de xuño na capital castelá-leonesa, conse-guiuna o Club Ximnasia Pavillón en categoría ale-vín, que logrou o posto 16 da xeral cun 38,175. O seguinte galego foi Acor-des que se colocou no posto �7 cun 34,875.

Na clasificación por aparatos, Antía Vázquez do club Ximnasia Pavi-llón conseguiu situarse no posto 14 de 48 partici-pantes cunha puntuación de 14,175. Con iso foi a segunda mellor clasifi-cación galega de todo o nacional, detrás de Bren-da Romero del Ximnasia Acordes en mans libres, que foi 13 de �7 parti-cpantes.

O equipo alevín do Pa-villón completábano Ma-ría Rodríguez con aro, clasificada no posto 22 cun 1�,300, e Ana Manga-na en corda, clasificada de 36 cun 11,600.

As ximnastas do equipo

infantil do Pavillón co-locáronse 4� por equi-pos de 55 participan-tes, foron o segundo mellor equipo galego nesta categoría, detrás do Acordes, que que-dou de 35. Por apara-tos Nerea Sastre foi 50 en pelota cun 15,�75, Laura Gaela Méndez, 33 en fita cun 13,525 e Kelly Vanessa Ruales foi 63 en mazas cun 13,350 e 48 en mans libres cun 14,700.

As ximnastas ale-víns de Galicia logra-ron que, na clasifica-ción por autonomías, a nosa comunidade se situase en 5ª posición, detrás de Castilla e León, Valencia, Anda-lucía e Cataluña. Nesta categoría as ximnastas participantes perten-cían aos clubs Ximna-sia Acordes, Esquío e Ximnasia Pavillón.

En categoría infantil Galicia colocouse no posto 11, coas sumas das notas das ximnas-tas dos clubs galegos Acordes, María Bar-beito, Esquío, Marusia e Ximnasia Pavillón.

Antía Vázquez do club Ximnasia Pavillón foi 14 en aparatos.

Page 20: 15 Xullo 2011 - BDNº38

�0 BARRIOS DEPORTIVO14 de xullo de �011 CICLISMO

Redacción

Ata Maceda chegaba a sétima e definitiva proba do Open Galego de BTT con moitas categorías por decidir ao campión. En ca-tegoría de elite, o local José Ramón Villanueva tiña que vencer para ter posibilidade de facerse co open, e non só venceu, senon que se fixo co título no seu primeiro

O Academia Postal Actyon Maceda foi campión por equipos do Open Galego de BTT4 Os seus ciclistas José Ramón Villanueva, Saúl López e Marcos Villar proclamáronse vencedores do Open nas súas respectivas categorías.

ano na categoría ademais de conquistar a xeral do Transgalicia �011. En jú-niors o vencedor era Pablo Rodríguez, seguido por Saúl López, quen se fixo co campionato. Marcos Villar conseguía unha nova vito-ria para os locais en cade-tes, con Iván Conde na se-gunda posicion; Marcos foi o vencedor do Open e Iván terceiro na xeral. En M-40

chegaba o último podio do C.C. Maceda a prol de Xu-lio Conde quen rematou se-gundo.

I Gran Premio Concello de Oleiros

A sétima proba do Open Galego de BTT celebrouse na localidade coruñesa de Oleiros onde J. Ramón Vi-llanueva en categoría Elite, Pablo Rodríguez en júnior, Marcos Villar en cadetes e Xulio Conde en máster 40 acadan a vitoria para o club Academia Postal Actyon Maceda. Destacar ademais do gañadores do club mace-dán, a Saúl López e David Rodríguez, segundos e ter-ceiros respectivamente, que completaron xunto a Pablo

Rodríguez o podio júnior.

Campionato galego de BTT

Ata Sanxenxo despra-zouse un grupo de ciclistas do Academia Postal Actyon Maceda para disputar o galego de BTT. Dos nove títulos en disputa, o club macedán logrou dous deles, alzándose Pablo Rodríguez como campión júnior e Marcos Villar como o me-llor cadete, dominando os dous ciclistas con autorida-de as súas probas. Os bos resultados non acabaron aí xa que en júniors o podio foi totalmente para o Aca-demia Postal, Saúl López foi segundo e David Rodrí-guez, terceiro. En sub-�3, J.

Ramón Villanueva procla-mouse subcampión no seu primeiro ano. E en máster 40, Xulio Conde tamén foi medalla de prata.

Con todas estas medallas o club ourensán foi o máis laureado de todos cantos participaron.

Mini BTTAs probas de mini BTT

visitaron nestas datas as localidades de Porriño, Do-maio e Ponteareas con gran éxitos para a expedición ourensá.

En Porriño disputouse unha proba de Mini BTT con presenza da Escola J. Antonio Hermida. Desi foi campioa infantil seguida de Xiana; en alevín Iván Feijoo

foi primeiro e en principian-tes féminas, Aida González logrou o ouro coa terceira posición da súa compañei-ra, Antia Martínez.

En Domaio (onde tamén se disputou un Mini BTT) Xiana Conde foi a gañadora en infantís, Iván Feijoo foi segundo en alevíns e Aida González terceira en pro-mesas.

En Ponteareas lográronse tres vitorias macedás: Ivan, Desiree e Aida, ademais dos podios de Xiana, Antia, Breogán e Aixa.

Tres títulos do Open Galego de BTT foron para o CC Maceda

Os integrantes do Academia Postal Actyon Maceda na proba ourensá do Open Galego de BTT.

Marcos Villar na proba de Oleiros.

Page 21: 15 Xullo 2011 - BDNº38

BARRIOS DEPORTIVO14 de xullo de �011

�1PIRAGÜISMO / REMO

Redacción

Allariz acolle durante os meses de xullo e agosto a escola de verán de pira-güismo �011 organizada polo club de piragüismo e o Concello de Allariz. A esco-la ten lugar de luns a venres en horario de 10 a 14 horas e está aberta a todos os que queiran participar e coa condición de que saiban na-dar, xa que o material e os monitores corren a cargo da organización.

Para inscribirse deben acudir ás instalacións do club de piragüismo, na alameda de Allariz, ou ao complexo deportivo da pis-cina do Concello de Alla-riz. Este ano intentarase repetir o éxito de afluencia do �010 donde superaronse os 70 inscritos con idades comprendidas entre os 8 e

Escola de piragüismo de Allariz4 Durante os meses de xullo e agosto.

os 30 años.

Saídas por toda a pro-vincia

Como o ano pasado, este verán vaise facer saídas a distintos puntos da provin-cia ourensá. Os alumnos que reúnan as condicións necesarias para a practi-ca do piragüismo serán os que realicen as saídas aos embalses e ríos da nosa provincia para coñecer máis a xeografía ourensá, así como os lugares onde practicar este deporte men-tras se cambia de esceario para facelo máis ameno. As saídas son en Castrelo de Miño, Barco de Valedoras, Avión, Baños de Molgas e Barra de Miño.

Regata infantil de pistaOs deportistas do clube

alaricano entraron nas finais

do campionato galego de pista na categoría infantil celebrado no campo de re-gatas do embalse de Verde-cido (Pontevedra) e na que participaron un total de 338 deportistas pertencentes a distintos clubes de piragüis-mo da comunidade galega. A regata tivo lugar sobre unha distancia de 1.000 metros en embarcacións de dous e catro deportistas; o equipo de Allariz ocupou o posto ��.

Todos os deportistas do piragüismo fluvial Allariz alcanzaron a final-B; así, Christian Lage, José Emilio Martínez, Sergio Gavilanes e Daniel Alonso foron cuar-tos en K-4, o mesmo pos-to que acadaron Christian Lage e José Emilio Martí-nez en K-�; pola súa banda, Miguel Mata e Daniel Alo-nso foron sétimos en K-�.

Participantes na escola de piragüismo de Allariz.

Redacción

Disputouse en Castre-lo de Miño o campionato galego de remo olímpico nas categorías alevín, in-fantil e cadete onde o club anfitrión (Club Náutico Castrelo de Miño) aca-dou un campionato e un subcampionato. O ouro foi conseguido por Adrián Hermida e Lucas Tabarés en dobre scull infantil o que supón o primeiro tí-tulo autonómico para o único club ourensán de remo olímpico. A outra medalla do club ourensán foi no dobre Scull alevín de Lucas Hermida e Joel Fernández que revalida-

REMO

Ouro e prata no campionato galego de remo para o CN Castrelo de Miño4 O dobre scull infantil conseguiu para Ourense o primeiro título galego e a cuarta posición no nacional.

ban o subcampionato que xa conseguiran a tempada pasada. A outra tripulación que presentou o CN Castre-lo terminou nunha meritoria 5ª posición en dobre Scull cadete masculino.

Cuarto posto para o do-bre scull infantil de Cas-trelo de Miño

O embalse de Castrelo de Miño foi tamén a sede do campionato de España de Remo onde o equipo anfitrión do dobre scull in-fantil acadaba a súa mellor posición da historia neste campionato ao rematar en cuarta posición.

O gran dominador do evento foi o club sevillano

de remo Guadalquivir 86 conquistando un total de sete medallas, 5 de ouro (incluído o da proba raíña, o 8 con temoneiro cadete masculino), 1 de prata e 1 de bronce. Os clubs galegos conseguiron 4 medallas, 4 cuartos postos, � quintos e 3 sextos. A única medalla de ouro foi para o cadete Diego das Doures do CR Miño de Tui. O skiffista infantil do Náutico de Vigo Álvaro Branco levou a me-dalla de prata; as outras dúas foron de bronce para Elsa Costa no skiff cadete feminino representando a Vilaxoán e un dobre scull alevín masculino da Caba-na de Ferrol.

O equipo do CR Guadalquivir 86, dominador do nacional en Castrelo. /G. Fernández

Page 22: 15 Xullo 2011 - BDNº38

�� BARRIOS DEPORTIVO14 de xullo de �011

MOTOR

Abadín no circuíto belga de Spa.

Redacción

Estas dúas últimas se-manas tiveron para Abadín un sabor agridoce. Se no circuíto belga de Spa aca-riciaba os puntos na segun-da das carreiras (rematou na posición 11), á seguinte proba do campionato de Fórmula � non puido asis-tir por unha gastroenterite que lle impediu participar na proba alemana.

Unha de cal e outra de area4 Abadín achégase aos pun-tos en Spa, pero non partici-pa en Nurburgring.

18º e 11º en Spa Fran-corchamps

Na terceira proba do mundial viuse ao mellor Abadín da tempada a pe-sar de non ter experiencia en Fórmula �. Na primeira das carreiras en Bélxica, o piloto ourensán chega-ba á liña de meta na 11ª posición logo de remontar a moitos dos seus rivais, pero un trompo inoportuno fixo que perdera tempo e

rematara finalmente na po-sición 18.

Xa na carreira do domin-go as cousas foron espe-cialmente propicias para os intereses de Abadín, as cousas non comezaron ben logo de perder tres postos na saída (un rival empu-rrouno contra o muro fa-cendo temer non primeiro instante poder rematar a proba), pero de novo as remontadas de José Luis Abadín víronse no circuí-to belga de Spa Francor-champs e logrou colocarse na undécima posición a un posto dos puntos. Ao rema-tar a fin de semana, Abadín mostrábase satisfeito co seu rendemento e decla-raba que a carreira do do-mingo “foi moi divertida e a piques estiven de conse-guir entrar nos puntos”.

A. Madriñán

Hoxe é un bo día, non sempre se ten o pracer de conversar cun dos depor-tistas que a curto prazo ten unha proxección máis gran-de internacionalmente no mundo do automobilismo, falo de Guille Pintanel, un rapaz catalán que leva anos dando guerra sobre as catro rodas. En �010 conseguiu o subcampionato Europeo da Rookie e posiblemente den-tro duns anos estará na Fór-mula 1. Con solo 16 anos sobe ao seu primeiro mo-noplaza e é agora, con �1, cando comeza un dos seus proxectos máis ambiciosos: alzarse co primeiro posto

ENTREVISTAS DE ANTONIO MADRIñáN

Entrevista a Guille Pintanel, piloto da GP2 series4 O ultrafondista Antonio Madriñán achéga-nos ao piloto da GP2 Guille Pintanel.

nas Asian Formula Abarth GP� series; para iso pre-parou un curioso e orixinal proxecto, de isto e doutras cousas falei con este mag-nífico piloto.

A.M: Que é o automobi-lismo para ti?

G.P: “Para min o auto-mobilismo é toda a miña vida, dende moi pequeno o meu pai inculcoume toda a cultura do automobilismo e o que iso representa. É unha forma de vida e non coñezo outra”.

A.M: ¿Como recordas a primeira vez que sentiches ese subidón de adrenalina ao ser propulsado por un

monoplaza? G.P: “A primeira vez que

me subín a un monopraza foi no �006 cun Fórmula Super Toyota no circuíto de Calafat. Foi un día moi importante para min, xa que cando empecei a correr en karts nunca imaxinase chegar ata onde estou hoxe. Pero, sen dúbida, a maior proba de adrenalina foi fai pouco, cando realicei o meu primeiro test co GP�”.

A.M: A ti e ao teu equi-po ocorréusevos un enxe-ñoso proxecto para poder competir este ano nas Asian Formula Abarth, cóntanos un pouco en que consite. Como xurdiu?

G.P: “En canto ao proxecto decidimos facer algo diferente, algo que podía funcionar, algo que podía mediar de forma creativa a crise. Principal-mente, xurdiu coa idea de correr todos xuntos, este ano corremos en Asia, un dos campionatos máis

prestixiosos a nivel de mo-noprazas e a uns 10.000 km da miña casa. Pensei un xeito de non estar só alí e de que todos aqueles que o desexasen puidesen formar parte do meu equi-po. A idea é encher o co-che de nomes e que entre todos empurremos na recta

para chegar, todos xuntos, ao máximo éxito. Pedimos pequenas achegas, fixemos un video que podedes ver na web: http://www.gui-llepintanel.com que expli-ca á perfección este novo proxecto para que entre todos cheguemos ao máis alto”.

Guille Pintanel no seu monopraza

Page 23: 15 Xullo 2011 - BDNº38

BARRIOS DEPORTIVO14 de xullo de �011

�3

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�009. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Alfonso Vilachá.

Nº38 - Ano: III - 14 de xullo �010 - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

4O RINCÓN DO MESTRE

Escola de fútbol: premisas do fútbol base

No proceso de for-mación global do novo xogador debemos de ter presente desde o seu co-mezo até a súa madurez as seguintes premisas:

A.- Nivel organizativo.1.- Realmente, Que é o

que se pretende co fútbol base? Esa é a primeira premisa a ter en conta. Queremos formar ou ga-ñar? Xogar ben ou ga-ñar? Competir gañando ou formando?

Nas categorías de base é moito máis fácil ensi-nar a gañar que ensinar a xogar, porque non se perde tempo en asimi-lar cousas novas, senón que se repiten cousas pasadas. Hai moitas preguntas que deben de facerse os directivos an-tes de empezar calquera proxecto na base, para implementarlo e obrigar aos responsables depor-tivos dese fútbol basee a que consigan eses obxec-tivos.

Non pode ser que as reaccións cheguen só no caso de catástrofe de resultados, porque iso quererá dicir que aos dirixentes só lles intere-sa que o seu fútbol base gañe, e iso debería ser considerado un gran erro.

Por tanto, o máis im-portante é que os di-rixentes teñan moi claro cal é o obxectivo a cum-prir, que llo trasladen aos responsables depor-

EDUCACIÓN E DEPORTE

tivos e que eles implanten a metodoloxía máis ade-cuada para cubrir todos eses obxectivos, que non só deben de ser resulta-dos, senón ademais xo-gar ben, formar, educar e crear unha escola e un estilo propio. Unha escola ha de ter a mesma filosofía desde as etapas inferiores.Cada técnico-educador non fai o que quere, senón que ha de seguir as direc-trices marcadas na escola. Non coartar a creativida-de dos técnicos educado-res, pero hai un modelo de traballo a seguir: siste-ma a implantar e como se debe xogar debe estar moi claro desde o principio. Só así se conseguiu o éxito.

“As mentes dos dirixen-tes son como os paracaí-das, só funcionan cando se abren”.

[continúa o próximo nº]Alfonso Vilachá, profesor de Educación Física e entrena-

dor nacional de fútbol

Alfonso Vilachá.

P. Lodeiro

Por segundo ano, o Cen-tro Comercial Aberto Couto Centro invita aos seus clientes a clases de tai-chi. Durante os meses de xullo e agosto, os que realicen al-gunha compra nun dos seus 130 locais asociados, reci-birán un cupón para acudir de maneira gratuíta ás se-sións de tai-chi.

As clases son impartidas por Aaron Blanco, do xim-nasio Artai (tamén socio de Couto Centro) e desenvól-vense desde o 7 de xullo todos os martes e xoves ata finais de agosto (cun des-canso na primeira quincena de agosto), en horario de 8 a 9 de mañá no parque Avi-lés de Taramancos.

Trátase dunha actividade que na súa primeira edición o verán pasado tivo moi boa aceptación, segundo afir-mou o presidente de Couto Centro, Julio Prol, cunha media de 30 a 35 persoas por clase, cifra que agar-dan superar este ano. Está indicada para todo tipo de persoas e, segundo indicou o profesor, a actividade in-cluirá “relaxación, respira-ción, movementos básicos simples sen demasiada car-ga física”, aínda que para

Clases de tai-chi gratis con Couto Centro 4 O Centro Comercial Aberto ofrece en xullo e agosto clases desta arte marcial gratis aos que merquen nos seus establecementos.

aqueles que acudan a cotío intentarase “ir aumentando un pouco a parte técnica”.

A actividade está patro-cinada pola Concellería de Deporte. O seu responsable, Fernando Varela, non dubi-dou “en apoiar esta inicia-tiva porque o deporte é un dereito social da cidadanía, e que mellor exemplo de fonte de saúde que esta arte marcial, que todo son bene-ficios, físicos e psíquicos”.

Curso gratuito do Con-cello no Posío

Os afeccionados a esta arte marcial teñen outra opción para practical este verán: acudir ao curso que se organiza desde hai �7 anosi no xardín do Posío.

Trátase dunha iniciativa apoiada polo Concello de Ourense que se prolonga-rase durante todo o mes, aínda que en dúas locali-zacións distintas. Ata o día

15, no Posío, ubicación das clases desde os ini-cios da actividade, come-zando ás 8 da mañá.

Xa na segunda quin-cena trasladarase até as pisicinas de Oira e en ho-rario de 8 da tarde. A acti-vidade está aberta a todo o mundo e non é necesa-ria inscrición previa, sim-plemente aparecer á hora de comezo con roupa apta para a realización de exercicios.

As clases serán dirixi-das por José Gago e mo-nitores do ximnasio Di-namic. Cada ano máis de �00 persoas se presentan en cada unha das clases impartidas. Os exercicios que se realizan en cada sesión son beneficiosos para a saúde.

Aaron Blanco, do ximnasio Artai, imparte as clases de tai chi no parque Avilés de Tara-mancos. /RAMSÉS

Page 24: 15 Xullo 2011 - BDNº38

BARRIOS DEPORTIVO14 de xullo de �011