13. ficha/.s de mosca para anxoMestra de profesión, é autora dunha boa cantidade de libros de...

8
1 Ás de mosca para Anxo XERAIS Título: Ás de mosca para Anxo Autora: Fina Casalderrey Ilustrador: Manuel Uhía Editorial: Xerais Colección: Sopa de libros Nº páxinas: 144 ISBN: 84-8302-863-8 Idade: De 10 anos en diante

Transcript of 13. ficha/.s de mosca para anxoMestra de profesión, é autora dunha boa cantidade de libros de...

Page 1: 13. ficha/.s de mosca para anxoMestra de profesión, é autora dunha boa cantidade de libros de literatura infantil e xuvenil, maioritariamente narrativa. É característico das súas

1

Ás de mosca para Anxo

XERAIS

Título: Ás de mosca para Anxo

Autora: Fina Casalderrey

Ilustrador: Manuel Uhía

Editorial: Xerais

Colección: Sopa de libros

Nº páxinas: 144

ISBN: 84-8302-863-8

Idade: De 10 anos en diante

Page 2: 13. ficha/.s de mosca para anxoMestra de profesión, é autora dunha boa cantidade de libros de literatura infantil e xuvenil, maioritariamente narrativa. É característico das súas

2

a autoraFina Casalderrey

Mestra de profesión, é autora dunha boa cantidade de libros de literatura infantil exuvenil, maioritariamente narrativa. É característico das súas obras a recreación darealidade cotiá por medio dos ollos e voz dos nenos e nenas protagonistas. Unha das creadoras máis traducidas e premiadas deste ámbito, conta cos premiosMerlín 1991 con Dúas bágoas por Máquina, Barco de Vapor 1994 con O misterio dosfillos de Lúa, Edebé 1995 con O estanque dos parrulos pobres, premio Nacional deLiteratura Infantil e Xuvenil 1996 con O misterio dos fillos de Lúa, premio deLiteratura Infantil e Xuvenil «Lecturas» por O misterio do cemiterio vello. Ademais,¡Prohibido casar, papá! está incluída na selección dos «The White Ravens 1998» daBiblioteca Internacional da Xuventude de Múnic, e as obras ¡Puag, que noxo! e O mis-terio dos fillos de Lúa están incluídos na selección Los mejores de la década de CLIJ. No1999 é candidata para a Lista de Honra do IBBY por esta obra, Ás de mosca para Anxo.

Page 3: 13. ficha/.s de mosca para anxoMestra de profesión, é autora dunha boa cantidade de libros de literatura infantil e xuvenil, maioritariamente narrativa. É característico das súas

3

resumo argumentalEstrela é unha nova alumna de sexto de primaria. Ela ten que recibir clases de apoioe a súa presencia na aula produce certas incomodidades debido ó coidado especialque require. Pero a súa reacción diante da nova dun secuestro conmoverá ós compa-ñeiros de clase, á súa familia e á opinión pública demostrando que, por riba das dife-rencias, das ideas ou capacidades, o máis importante é ter un gran corazón.Alegación a favor da integración e o valor da diferencia.

ilustraciónManuel Uhía é un dos ilustradores de libros, para nenos e nenas, máis coñecidos enGalicia. Conta con numerosos libros ilustrados entre os que podemos destacar Cuco,cuquelo ¿qué tes no fardelo?, Pimpín e dona Gata, Contos de animais I… e algún xa dasúa autoría como Pinturiño, O anel, O rato que lle puxo o cascabel ó gato e ¡Piratas nabuguina!Confesa a súa afección a garabateardende sempre, o que o levaría ómundo editorial, da publicidade e dapintura.Apunta tamén que sente unha predi-lección especial por ilustrar os librosde Fina Casalderrey, porque nelesintrodúceste no mundo dos protago-nistas e sentes coma un neno máis dorelato.Neste caso traballa con augadas enbranco e negro, excepto na ilustra-ción da portada, cun estilo realista eexpresivo, ata o punto de que se fanrecoñecibles as especies de árbores oupaxaros que aparecen na narración,así como se fai moi evidente a carac-terización das personaxes.

Page 4: 13. ficha/.s de mosca para anxoMestra de profesión, é autora dunha boa cantidade de libros de literatura infantil e xuvenil, maioritariamente narrativa. É característico das súas

4

temáticaO mundo da escola

Na escola podemos estar lendo algo que trata da escola. O libro estáescrito por unha mestra que coñece moi ben este medio. Así podemosobservar as loitas entre os nenos e as nenas que se debuxan nidiamente

na elección de delegado/a; as conversas dos pais e nais cos titores/as, as rutinas (esode falar sempre que o profesor ou profesora non mira, aproveitar tódolos momentose situacións para xogar, facer chacota do profesorado sempre que é posible…

O alumnado fronte ó profesorado

Hai quen ten falado, con máis ou menos humor, da escola como loitade clases, e non se trataría da pelexa entre unhas e outras aulas, senón daque se establece entre alumnado e profesorado; entre os obxectivos duns

e outros, os intereses diferentes… Do punto anterior (o mundo da escola) podemosrecoller aspectos nos que se pode observar esto do que estamos a falar.

Tomar as frases ó pé da letra

A lingua é unha convención social, algo artificial no que nos poñemos deacordo aqueles e aquelas que a utilizamos. Cando o facemos, partimos deque todos coñecemos o seu funcionamento, de aí que se produza humor

cando alguén non parte dos mesmos pactos; é o que sucede cando son estranxeiros oupequenos que aínda non dominan o idioma totalmente. Esta autora, acostuma a uti-lizar este recurso para crear hilaridade.

Humor

É interesante ver cáles son as situacións que nos producen gracia, anali-zalas, buscar os mecanismos do humor e poder aplicalos nós posterior-mente. A risa din que pode ser unha terapia, pero de calquera maneira

é divertida e nunca estorba.

A diferencia

A estas alturas en tódalas escolas, que merezan ese nome, hai alumnadocon diferencias suficientemente grandes como para facerse visibles e terque traballar a diferencia, a modo de transversal que recorre todo o pro-

grama. Sería interesante non ter que vivir a diferencia como desigualdade. Partir de

Page 5: 13. ficha/.s de mosca para anxoMestra de profesión, é autora dunha boa cantidade de libros de literatura infantil e xuvenil, maioritariamente narrativa. É característico das súas

5

temáticaque todos nós somos distintos e así como hai aspectos nos que realmente destacamossobre a media hai outros nos que estamos por debaixo do listón que a sociedade con-sidera normal. Na actualidade, un premio nóbel de física está imposibilitado paraunha vida ordinaria, e o actor que lle daba a imaxe a supermán nunha cadeira derodas… o valor destas persoas está en non deixarse vencer, en continuar pelexandopola vida, o valor dos demais está en asumir o que de minusvalía ou menos capaci-dade temos e prepararnos para os momentos nos que por idade, enfermidade… poi-damos menos. ¿Quen pode dicir que é bo en todo? O que xoga ben ó fútbol nonsempre aproba matemáticas e nin sequera destaca en baile… Todos temos algunhafaceta na que agradeceriamos que nos axudaran a lograr os mínimos. ¿Posuimostamén o dereito a que niso nos atendan máis especialmente?

A solidariedade

Cando falamos de diferencias debemos falar tamén de solidariedade.Cada un pode axudar ós demais naquilo que se lle dá ben e no que osoutros precisan axuda. A solidariedade debería ser unha man de ida e

volta: eu ensínoche a xogar ás damas e ti regálasme eses cromos que tes repetidos ouensínasme a recoñecer paxaros… Hai xentes que teñen moitas necesidades e a elasdebemos darlles máis do que pensemos recibir ou todo sen esperar nada a cambio,aínda así, seguramente nos dan cariño e ¡non é pouco!

Democracia. Participación.

Estudiemos as funcións do delegado. En moitos casos, este é o únicovoto secreto que a rapazada terá dereito a exercer; por eso é importan-te facer unha especie de tratamento da democracia e o que esto impli-

ca de dereitos e deberes, e cómo non podemos tomarnos a broma algo tan serio e queterá repercusións no noso vivir cotián. Trataremos as asembleas de aula, as reuniónsde delegados… para facer real esta democracia participativa.

A necesidade de non quedar indiferente ante a dor dosdemais.

Permanecer impasible ante as inxustizas é algo difícil de entender separtimos da capacidade de compaixón de todo ser humano e da empa-

tía para colocarse no lugar do outro. É interesante que vaian aparecendo libros nosque os protagonistas reaccionen ante os problemas dispostos a enfrontalos anque nonsexan seus.

Page 6: 13. ficha/.s de mosca para anxoMestra de profesión, é autora dunha boa cantidade de libros de literatura infantil e xuvenil, maioritariamente narrativa. É característico das súas

6

actividadesDo libro

Explica o título Ás de mosca para Anxo.¿Quen se parecía a Olivia a da banda deseñada de Popeye?¿Que pasa cando falta o profesor?¿A que se estarán referindo os compañeiros de Estrela cando din que atoparon no diccionario pala-bras que o profesor nunca lles pediu que buscaran?Os compañeiros de Estrela ríanse dalgunha cousa que ela facía. Cítaas.Explica qué é unha guerra de xiz. ¿Hai outras guerras posibles nunha aula?¿Por qué lle gusta a Estrela subir ó tellado?Para Carlos, o titor desta clase hai unha diferencia entre saída e excursión ¿cal é?A ver se acertas quen é o narrador.¿Que cursarán o próximo curso os nenos e nenas da clase de Estrela? Describe a Estrela facendo un listado de cáles son as súas características. (Nerviosa, impaciente, tenpouca maña, fala con naturalidade das cousas que ós outros lle dan vergonza, faladora, cariñosa, sen-sible, testuda, confiada…).¿Como se aproveitan algúns rapaces da inocencia de Estrela?Enumera os casos nos que esta rapaza toma ó pé da letra o que se lle di, provocando malentendidos.

Do que aparece no libro

O libro non é coma unha liña que ten o comezo nun día e avanza ata chegar ó final. A súa crono-loxía vai e vén… Coa técnica do flashback, comeza na actualidade para facer historia do que pasouó longo dun tempo, e rematar enlazando co principio, alí onde se deixara, para recordar cómo come-zara ese suceso. ¿Lembras ter lido algún outro libro no que se utilizara a mesma técnica?¿Que significado ten o lazo azul? ¿Hai outros lazos que ti coñezas e dos que saibas tamén o que expresan?Ó longo do libro váisenos falando dos diferentes compañeiros de clase, algún deles ten unha perso-nalidade suficientemente destacable como para que puideran recibir un alcume como metepata,repetidor, acusica… Di de quén se trata e enumera os demais con algún trazo que che teña chama-do a atención. Logo, poderiamos facer o mesmo cos compañeiros e compañeiras da nosa clase, perocunha condición: nunca utilizaremos algo que lles moleste.A protagonista desta historia parece que mestura a realidade co que escoita ou ve na tele. Buscade algúnmomento no que suceda esto e comentade se algunha vez vos ten sucedido a vós algo parecido.O xornal publicou a carta de Estrela ¿Que foi o que lle chamaron nos titulares e que non lles gus-tou ós compañeiros? ¿Que opinades respecto á utilización destas etiquetas (deficiente mental) paranomear?Observemos as diferencias coas que nos atopamos na escola: físicas (altos/baixos, gordos/delgados,rubios/morenos…), psíquicas (despistados/atentos, traballadores/vagos, solidarios/insolidarios…),de procedencia (lugar no que viven, familias ás que pertencen, lugar de nacemento…), resultadosacadémicos, o que consumen, cómo é o seu comportamento cos demais e co centro… Todos somosdiferentes, temos experiencias distintas… De non ser así seriamos clons e aburridos. Por eso, debe-mos apreciar esta diferencia entre nós e non convertela en desigualdade; porque certamente o que sitemos é todos igual dereito a vivir e ser respectados/as. Debatede sobre todo isto.No libro, o profesor compara o curso cun tren no que van todos e do que se baixará só quen quei-ra quedar atrás. Comentade esto e expresade o voso acordo ou desacordo.Fálase, na novela, do parecido dalgún dos personaxes con famosos coma Olivia. ¿Hai posibilidadede ver parecidos entre algún dos vosos compañeiros e compañeiras con personaxes de ficción?

Page 7: 13. ficha/.s de mosca para anxoMestra de profesión, é autora dunha boa cantidade de libros de literatura infantil e xuvenil, maioritariamente narrativa. É característico das súas

7

actividadesBuscade as situacións que vos fixeron gracia mentres liades o libro.Na clase de Estrela os nenos e as nenas compiten por nomear delegado ou delegada. Segundo noscontan, se é rapaz aparecerán menos deles apuntados no encerado e o mesmo pasará se é rapaza.Opinade acerca desto. ¿Cal sería a solución máis adecuada a este problema?Os compañeiros da nosa protagonista cuestiónanse a disxuntiva entre ensinarlle a ela a mentir ouaprender eles a dicir sempre a verdade, para que non se produzan malentendidos entre eles. Facedeun debate acerca da mentira: ¿é sempre negativo mentir? ¿pódese mentir para facer unha broma? ¿oupara facer menos desgraciado a alguén?Todos valemos para algo, cada un de nós fai cousas que os demais igual non poden… Estrela di quecoidará a merla e posiblemente ninguén o fará mellor que ela. Busquemos algo que esteamos dis-postos e dispostas e facer ben, desta maneira demostraremos que somos útiles.A merla coxa está soa no bosque, se ninguén a axuda é posible que non poida sobrevivir. A algúnneno ou nena tamén lle resulta moi difícil tirar para diante. Necesitan axuda, e podemos empezaraxudando ós que temos máis próximos, traballando de forma solidaria con eles. Facédevos ese pro-pósito; ide vendo quén vos necesita e a axuda que lle podedes prestar. ¿Que árbores coñecedes? Facede un cartel no que vaiades debuxando (ou recortando) diferentesárbores e algún detalle das follas, froitos… así como colocándolle os nomes.¿Que podemos facer pola natureza? ¡Fagámolo! Primeiro un listado, logo levarémolo á práctica. Porexemplo: para elaborar papel tálanse árbores, se aproveitamos máis o papel, se o recollemos para reci-clar, se mercamos o papel reciclado… estaremos colaborando coa natureza. Se eliminamos o impac-to ambiental do lixo no patio e os corredores tamén estaremos pondo o noso grao de area.¿Que podemos facer polas diferencias? ¡Coñecelas para poder entender mellor a aqueles que son dife-rentes a nós, eliminando prexuízos e estereotipos que nos distanciarían. Como exemplo podedes fixar-vos naqueles que teñen nacionalidade diferente; facer que eles, seus pais ou alguén presente o seu paíse cultura (música…) para que a compartan con nós así como nós compartimos a nosa con eles.Nos xornais temos lido novas de rapaces e rapazas que desaparecen, algún que se perde e tódolos seusveciños saen buscalos… Recolle algunha destas noticias da prensa ou da memoria dos veciños.Vós tamén levades moitos anos de escola e tendes experiencia dabondo para poder sacar conclusións.Facede unha lista, entre todos e todas, daquelo que acostumades facer ó longo da escolaridade. Despois,opinade sobre o que vos parece que está ben e aquelo que pode resultar un tanto inadecuado…Unha das cousas que se fai é aproveitar tódolos momentos para xogar. Enumerade cáles e cómo.«Facer chacota do profe» ¿Que vos parece?Contade algunha situación vivida por vós na escola que vos teña producido risa. Se xuntades as detódolos compañeiros e compañeiras tal vez poderiades facer un pequeno libro de relatos que pode-riamos titular «Cousas da escola».Realizade unha excursión e ide recollendo datos e mostras que vos parezan interesantes para logo rea-lizar unha narración na que se conte todo o que sucedeu. Ademais da narración, que podemos ilus-trar con mostras, cos obxectos-lixo que teñamos recollido en plan brigada ecoloxista podemos reali-zar unha escultura que nos lembrará a viaxe e o que non debemos facer, coas fotos faremos unhaexposición, coas mostras un estudio do medio…Escribe a historia dun animal que padeza algún tipo de desventura ó estilo da merla coxa.Fixádevos nas mostras de cariño que vos dades uns ós outros, quen o fai con máis naturalidade, aquen lle costa traballo, quen o complica… ¿Non somos todos iguais tampouco neste aspecto?Opinade sobre as diferencias pero tamén sobre a necesidade de afecto.¿Algunha vez probastes a mandar unha carta ó xornal? Só ten sentido para a unha causa xusta… peronunca é tarde para intentalo. ¿Facémolo?Busquemos no xornal aquelas noticias que son da nosa localidade e vexamos que sabemos nós doque alí se di, se estamos de acordo…

Page 8: 13. ficha/.s de mosca para anxoMestra de profesión, é autora dunha boa cantidade de libros de literatura infantil e xuvenil, maioritariamente narrativa. É característico das súas

8

actividadesSeguro que vós tamén sabedes máis dunha canción porca, como se di no libro. Ídea escribindo; logoverase se a cantades ou non.Neste libro cítase a historia do Lute, un famoso preso. Que alguén vos conte a historia ou a pelícu-la que se fixo en torno á súa figura.Cando atopan o merlo, falan da necesidade de que houbera unha escola para paxaros ou para per-soas que queiran entenderse cos paxaros ¿Como ves esto? ¿Pode ter relación con outros casos comaque os xordos aprendan a entendernos a nós ou que nós aprendamos a linguaxe de signos paraentendernos cos xordos?Unha e outra vez cae do niño o merlo ferido, din que é a lei da supervivencia pola que só sobrevi-virán os mellores da especie. ¿Que opinamos respecto a esto?Debatamos acerca dunha certa confusión entre a solidariedade (que se ha de ter cos compañeiros) eo silencio ante as barbaridades que algún deles fai para non ser chamados acusicas. Mentres a soli-dariedade é valente, o non actuar ante estes que fan mal pode ser, antes que nada, debilidade e covar-día encuberta.Anímate a debuxar a Anxo probando diferentes tipos de ás.Falando de niños… ¿Quen sabe cal é o paxaro que deixa os seus ovos nos niños doutros?

Doutros libros

No texto aparece citado o conto: O Suso. Esta narración parece tratar sobre un rapaz afogado.Averigüemos de quen é, busquémolo e leámolo.Un dos últimos libros de An Alfaya, Down, xira tamén arredor desta temática.Outros libros de Fina Casalderrey.Outros libros do ilustrador.Se a rapazada lle colleu gusto a eso de tomar as cousas ó pé da letra, podemos achegarlles Cabeciñaa paxaros e outras historias de Gloria Sánchez.

Pedidos a:

Comercial Grupo AnayaP o l í g o n o d e B e r g o n d o1ª Travesía - Parcela B115.165 Bergondo (A Coruña)Telf.: 981 795 656 / Fax: 981 795 660

EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

XERAISDoutor Marañón, 12. 36211 VigoApartado Postal 1446. 36200 VigoTeléfonos (986) 21 48 88 - 21 48 80T e l e f a x : ( 9 8 6 ) 2 0 1 3 6 6Correo electrónico: [email protected] t t p : / / w w w . x e r a i s . e s /

© Pilar Sampedro Martínez, 2003© Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2003Depósito legal: VG. 178-2003