12º domingo toc 2013 bene pagola

14
23 de xuño de 2013 12º Tempo ordinario (C ) Lucas 9, 18-24 Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS Contribúe a espertar a fe en Xesús, Mesías de Deus. Pásao. José Antonio Pagola Música:Thunderstorm005;present: B. Areskurrinaga HC;euskaras:D.Amundarain

Transcript of 12º domingo toc 2013 bene pagola

Page 1: 12º domingo toc 2013 bene pagola

23 de xuño de 201312º Tempo ordinario (C )

Lucas 9, 18-24Red evangelizadora BUENAS NOTICIASContribúe a espertar a fe en Xesús, Mesías de Deus. Pásao.

José Antonio Pagola

Música:Thunderstorm005;present: B. Areskurrinaga HC;euskaras:D.Amundarain

Page 2: 12º domingo toc 2013 bene pagola

A escena é coñecida. A escena é coñecida. Sucedeu nas proximidades de Cesarea de Filipo.Sucedeu nas proximidades de Cesarea de Filipo.

Os discípulos levan xa un tempo acompañando a Xesús. Os discípulos levan xa un tempo acompañando a Xesús. Por que o seguen? Por que o seguen?

Xesús quere saber que idea se fan del: Xesús quere saber que idea se fan del:

““Vós, quen dicides que son eu?”Vós, quen dicides que son eu?”

Page 3: 12º domingo toc 2013 bene pagola

Esta é tamén a preguntaEsta é tamén a pregunta que nos temos que facer os cristiáns de hoxe. que nos temos que facer os cristiáns de hoxe.

Quen é Xesús para nós?Quen é Xesús para nós? Que idea nos facemos do? Que idea nos facemos do?

Seguímolo?Seguímolo?

Page 4: 12º domingo toc 2013 bene pagola

Quen é para nós eseQuen é para nós ese Profeta de Galilea, que non deixou tras Profeta de Galilea, que non deixou tras

de si escritos senón testemuñas? de si escritos senón testemuñas?

Page 5: 12º domingo toc 2013 bene pagola

Non abonda que o chamemos “Mesías de Deus”. Non abonda que o chamemos “Mesías de Deus”. Temos que seguir dando pasos polo camiño Temos que seguir dando pasos polo camiño

aberto por el, acender tamén hoxe o lume que aberto por el, acender tamén hoxe o lume que quería prender no mundo. quería prender no mundo.

Page 6: 12º domingo toc 2013 bene pagola

Como podemos Como podemos falar tanto delfalar tanto del sen sentir a sen sentir a súa sede de súa sede de

xustiza, o seu xustiza, o seu desexo de desexo de

solidariedade,solidariedade, a súa vontade a súa vontade

de paz?de paz?

Page 7: 12º domingo toc 2013 bene pagola

Temos aprendido de Xesús a chamar a Deus “Pai”, confiando no seu amor incondicional e a

súa misericordia infinita? Non abonda recitar o “Noso Pai”

Page 8: 12º domingo toc 2013 bene pagola

Temos que sepultar para sempreTemos que sepultar para sempre fantasmas e medos sagrados que se espertan ás fantasmas e medos sagrados que se espertan ás

veces en nós veces en nós afastándonos del. afastándonos del.

E temos que liberarnos de tantos ídolos e deuses E temos que liberarnos de tantos ídolos e deuses falsos que nos fan vivirfalsos que nos fan vivir

como escravos.como escravos.

Page 9: 12º domingo toc 2013 bene pagola

Adoramos en Xesús o Misterio do Deus vivo, Adoramos en Xesús o Misterio do Deus vivo, encarnado no medio de nós?encarnado no medio de nós?

Non abonda confesar a súa condición divina Non abonda confesar a súa condición divina con fórmulas abstractas, afastadas da vida e con fórmulas abstractas, afastadas da vida e incapaces de tocar o corazón dos homes e incapaces de tocar o corazón dos homes e

mulleres de hoxe.mulleres de hoxe.

Page 10: 12º domingo toc 2013 bene pagola

Temos que descubrir nos Temos que descubrir nos seus xestos e palabrasseus xestos e palabras

o Deus Amigo da vida e o Deus Amigo da vida e do ser humano.do ser humano.

Non é a mellor noticia que Non é a mellor noticia que podemos comunicar hoxe podemos comunicar hoxe

a quen a quen buscan camiños buscan camiños para encontrarsepara encontrarse

con El?con El?

Page 11: 12º domingo toc 2013 bene pagola

Cremos no amor predicado por Xesús? Nonabonda repetir unha e outra vez o seu mandato.

Temos que manter sempre viva a súa inquietude por camiñar cara a un mundo máis fraterno, promovendo un amor solidario e creativo cara aos máis necesitados..

Que sucedería se un día a enerxía do amor

Que sucedería se un día a enerxía do amor

movese o corazón das relixións e as iniciativas

movese o corazón das relixións e as iniciativas

dos pobos?dos pobos?

Page 12: 12º domingo toc 2013 bene pagola

Temos escoitado o mandato de Xesús

de saír ao mundo a curar?

Non abonda predicar os seus milagres. También hoxe temos que curar a vida

como o facía El,

sandando feridas, acollendo os pecadores,

tocando os excluídos.

Onde están os seus xestos e palabras de alento aos derrotados?

aliviando o sufrimento,devolvendo a dignidade aos

perdidos,

Page 13: 12º domingo toc 2013 bene pagola

Se Xesús tiña palabras de lume para Se Xesús tiña palabras de lume para condenar a inxustiza dos poderosos condenar a inxustiza dos poderosos

do seu tempo e a mentira da relixión do seu tempo e a mentira da relixión do Templo, do Templo,

por que non nos sublevamos os seus seguidores por que non nos sublevamos os seus seguidores ante a destrución diaria de tantos miles de seres ante a destrución diaria de tantos miles de seres

humanos abatidos pola fame,humanos abatidos pola fame, a desnutrición e o noso esquecemento?a desnutrición e o noso esquecemento?

Page 14: 12º domingo toc 2013 bene pagola

QUEN É PARA NÓS?

A escena é coñecida. Sucedeu nas proximidades de Cesarea de Filipo. Os discípulos levan xa un tempo acompañando a Xesús. Por que o seguen? Xesús quere saber que idea se fan del: “Vós, quien dicides que son eu?” Esta é tamén a pregunta que nos temos que facer os cristiáns de hoxe. Quen é Xesús para nós? Que idea nos facemos del? Seguímolo?

Quién é para nós ese Profeta de Galilea, que non deixou tras de si escritos senón testemuñas? Non abonda que o chamemos “Mesías de Deus”. Temos que seguir dando pasos polo camiño aberto por El, acender tamén hoxe o lume que quería prender no mundo. Como podemos falar tanto del sen sentir a súa sede de xustiza, o seu desexo de solidariedade, a súa vontade de paz?

Temos aprendido de Xesús a chamar a Deus “Pai”, confiando no seu amor incondicional e na súa misericordia infinita? Non abonda recitar o “Noso Pai”. Temos que sepultar para sempre fantasmas e medos sagrados que se espertan ás veces en nós afastándonos del. E temos que liberarnos de tantos ídolos e deuses falsos que nos fan vivir como escravos.

Adoramos en Xesús o Misterio do Deus vivo, encarnado no medio de nós? Non abonda confesar a súa condición divina con fórmulas abstractas, afastadas da vida e incapaces de tocar o corazón dos homes e mulleres de hoxe. Temos que descubrir nos seus xestos e palabras o Deus Amigo da vida e do ser humano. Non é a mellor noticia que podemos comunicar hoxe a quen buscan camiños para encontrarse con El?

Cremos no amor predicado por Xesús? Non abonda repetir unha e outra vez o seu mandato. Temos que manter sempre viva a súa inquietude por camiñar cara a un mundo máis fraterno, promovendo un amor solidario e creativo cara aos máis necesitados. Que sucedería se un día a enerxía do amor movese o corazón das relixións e as iniciativas dos pobos?

Temos escoitado o mandato de Xesús de saír ao mundo a curar? Non abonda predicar os seus milagres. Tamén hoxe temos que curar a vida como o facía El, aliviando o sufrimento, devolvendo a dignidade aos perdidos, sandando feridas, acollendo os pecadores, tocando os excluídos. Onde están os seus xestos e palabras de alento aos derrotados?

Se Xesús tiña palabras de lume para condenar a inxustiza dos poderosos do seu tempo e a mentira da relixión do Templo, por que non nos sublevamos os seus seguidores ante a destrución diaria de tantos miles de seres humanos abatidos pola fame, a desnutrición e o noso esquecemento?

José Antonio Pagola