123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar...

31
+ 2 Plan para a Equidade en Mañón 2017-2020 Iniciar un proceso de mellora na xestión interna do Concello, en relación coa Igualdade de Oportunidades e da capacidade da nosa administración para integrar o enfoque de xénero no deseño, planificación, xestión e avaliación das políticas públicas que encamiñamos cara a totalidade da cidadanía de Mañón, é a motivación principal deste Segundo Documento Marco, denominado 2 Plan de Equidade de Mañón. Móvenos para isto a ilusión de facer o noso traballo construíndo de xeito directo e indirecto en cada desigualdade social que inxustamente viven as mulleres na sociedade actual. É por isto que continuamos co camino xa iniciado, e que sendo coñecido para nós, MOTIVACIÓNS “Se practicas a equidade, non perecerás” MAÑÓN E A EQUIDADE Por que un Plan de Equidade para Mañón? En teoría, equidade e igualdade son principios moi similares, pero non son o mesmo. A equidade introduce un principio ético ou de xustiza na Igualdade. A equidade fai que nos plantexemos os obxectivos a conseguir para alcanzar unha sociedade máis xusta. Unha sociedade que aplique a igualdade de xeito absoluto será unha sociedade inxusta, xa que non ten en conta as diferencias existentes entre persoas e grupos. E, ao mesmo tempo, unha sociedade onde as persoas non se recoñecen como iguais tampouco poderá ser xusta. En palabras de Amelia Valcárcel “A igualdade é ética e a equidade é política”. Lao-Tsé ÍNDICE Motivacións. Compromiso coa Igualdade. 1 Marco normativo. 2 Metodoloxía. Premisas Básicas. Diagnose . 3 Obxectivos. Xeral. Específicos. 4 Áreas do Plan 6 Avaliación e seguimento supón novos retos e novas ilusións. Grazas á cofinanciación da Deputación Provincial da Coruña mediante o Programa de subvencións a concellos para o desenvolvemento de Políticas de Igualdade entre homes e mulleres e de loita contra a violencia de xénero, é posible continuar o camiño iniciado.

Transcript of 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar...

Page 1: 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar continuidade ás políticas municipais do noso concello en materia de igualdade

+

2 Plan para a Equidade en Mañón 2017-2020

1

Iniciar un proceso de mellora na

xestión interna do Concello, en

relación coa Igualdade de

Oportunidades e da capacidade

da nosa administración para

integrar o enfoque de xénero no

deseño, planificación, xestión e

avaliación das políticas públicas

que encamiñamos cara a

totalidade da cidadanía de

Mañón, é a motivación principal

2

deste Segundo Documento Marco,

denominado 2 Plan de Equidade de

Mañón.

Móvenos para isto a ilusión de facer

o noso traballo construíndo de xeito

directo e indirecto en cada

desigualdade social que

inxustamente viven as mulleres na

sociedade actual. É por isto que

continuamos co camino xa iniciado,

e que sendo coñecido para nós,

MOTIVACIÓNS

“Se practicas a equidade, non perecerás”

MAÑÓN E A EQUIDADE

Por que un Plan de Equidade para Mañón?

En teoría, equidade e igualdade son principios moi similares, pero non son o mesmo. A equidade introduce un principio ético ou de xustiza na Igualdade. A equidade fai que nos plantexemos os obxectivos a conseguir para alcanzar unha sociedade máis xusta. Unha sociedade que aplique a igualdade de xeito absoluto será unha sociedade inxusta, xa que non ten en conta as diferencias existentes entre persoas e grupos. E, ao mesmo tempo, unha sociedade onde as persoas non se recoñecen como iguais tampouco poderá ser xusta. En palabras de Amelia Valcárcel “A igualdade é ética e a equidade é política”.

Lao-Tsé

ÍNDICE

Motivacións. Compromiso coa Igualdade.

1

Marco normativo.

2

Metodoloxía. Premisas Básicas. Diagnose .

3

Obxectivos. Xeral. Específicos.

4

Áreas do Plan 5

6 Avaliación e seguimento

3

supón novos retos e novas

ilusións.

Grazas á cofinanciación da

Deputación Provincial da Coruña

mediante o Programa de

subvencións a concellos para o

desenvolvemento de Políticas de

Igualdade entre homes e

mulleres e de loita contra a

violencia de xénero, é posible

continuar o camiño iniciado.

Page 2: 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar continuidade ás políticas municipais do noso concello en materia de igualdade

2 Plan Equidade Mañón

2

1

Cando decidimos dar continuidade

ás políticas municipais do noso

concello en materia de igualdade

de oportunidades, tivemos claro

que debíamos partir desde o

principio da implicación de todo o

persoal municipal. O compromiso

coa igualdades supón un acto

simbólico cara un traballo

concienzudo, no que cada parte da

engranaxe que conformamos somos

parte relevante e implicada no

2

proceso de transformación que

estamos a levar a cabo.

Conscientes da importancia do

tema, e do traballo por facer,

implicar ao maior número posible

de traballadores e traballadoras foi

unha premisa básica que se puido

materializar co apoio amosado por

parte da Alcaldía ao impulsar a

creación dunha Equipa de traballo

en materia de Igualdade, unha

equipa composta por diferentes

3

profesionais municipais que

empregarán o Plan de Equidade

como a guía para o día a día, como

un caderno de bitácora que propón

as rutas a seguir coas ferramentas

adecuadas para velar polo

obxectivo da igualdade.

Así, coa aprobación deste Plan, a

sinatura do Compromiso coa

Igualdade supón un paso adiante na

nosa forma de facer Mañón.

1

A Equipa de Igualdade levará o

timón da viaxe na procura de novas

rutas a favor da igualdade, a favor

das mulleres e homes de Mañón.

As persoas implicadas velarán polo

cumplimento das acción recollidas

neste Plan, á vez que potenciarán o

2

seu coñecemento entre toda a

cidadanía e a súa participación

activa, así como o seguimento e

avaliación á hora de dar

continuidade a esta nova andaina.

Compromiso para avanzar en

equidade.

CADERNO DE BITÁCORA DO COMPROMISO MUNICIPAL

COMPROMISO COA IGUALDADE

Page 3: 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar continuidade ás políticas municipais do noso concello en materia de igualdade

MARCO NORMATIVO Estatal

• CONSTITUCIÓN 1978. Establece o principio de igualdade como valor superior do ordeamento xurídico, e como dereito fundamental a non discriminación por razón de sexo.

• Lei 39/1999, de 5 de novembro, para promove-la conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras.

• Real Decreto 1686/2000, de 6 de octubre (BOE 19/ 10 /2000). Creación del Observatorio de la Igualdad de Oportunidades entre mujeres y hombres.

• Lei 12/2001, de 9 de xullo, de medidas urxentes de reforma do mercado de traballo para o incremento do emprego e a mellora da súa calidade. (B.O.E. 10/ 07/ 2001).

• Real Decreto 1251/2001, de 16 de novembro, polo que se regulan as prestacións económicas do sistema e Seguridade Social por maternidade e risco durante o embarazo. (B.O.E. 17/ 11/ 2001).

• Lei 27/2003, de 31 de xullo, reguladora da Orde de Protección das víctimas de violencia doméstica. (B.O.E. 1/ 8/ 03).

• Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero. (B.O.E. 29/12/2004).

• Corrección de errores de la L.O. 1/2004 de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero (B.O.E. 14/ 04 /05).

• ORDEN PRE/525/2005, de 7 de marzo, por el que se da publicidad al Acuerdo de Consejo de Ministros en reunión de 4 de marzo por el que se adoptan medida para favorecer la igualdad entre mujeres y hombres. BOE nº 57 (8/03/ 05).

• Plan Concilia. Ministerio de Administraciones Públicas. (B.O.E. 16/ 12/ 2005). • Real Decreto 253/2006, de 3de marzo. Observatorio Estatal de la Violencia sobre la Mujer. (BOE núm.62

del 14 marzo 2006). • Orden TAS/3857/2006 DE 19 de decembro, pola que se crea a Comisión para a coordinación das

actividades do Ano Europeo da Igualdade de Oportunidades para todas as Persoas. (BOE núm 303, de 20 de decembro de 2006).

• Ley Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. Autonómico

• ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA. Lei Orgánica 1/1981, de 6 de abril.(B.O.E. 28/ 04/1981) • Lei 3/1991, de 14 de Xaneiro, pola que se crea o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e

a Muller. (D.O.G. 28/ 01/ 1991). (B.O.E. 23/ 02/ 1991). • DECRETO legislativo 2/2015, de 12 de febrero, por el que se aprueba el texto refundido de las

disposiciones legales de la Comunidad Autónoma de Galicia en materia de igualdad (D.O.G. 17/02/2016)

• Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes. (Derogada) • Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

(Derogada) • Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia.

Local

• 1 Plan de Igualdade de Oportunidades para as mulleres de Mañón. • Avaliación do 1 Plan de Igualdade de Mañón.

Page 4: 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar continuidade ás políticas municipais do noso concello en materia de igualdade

2 Plan Equidade Mañón

4

A metodoloxía de análise e intervención social para o presente

Plan de Equidade, baséase no mainstreaming ou enfoque

transversal de xénero, denomínase baixo este termo o conxunto de estratexias que guía, orienta e

favorece o desenvolvemento e a implantación das políticas de

igualdade na intervención social e política considerando as diferentes posicións de partida de mulleres e

homes.

• O mainstreaming de xénero fai referencia á reorganización, mellora, desenvolvemento e avaliación dos procesos políticos, incorporando a perspectiva da igualdade de xénero, -é dicir, ter en conta de xeito activo, aberto e comprometidamente na fase de planificación das políticas os p o s i bl e s e f e c t o s d i f e r e n t e s (impacto) das relacións de xénero- en todos os niveis e escenarios posibles, onde as mulleres, como colectivo social, sexan axentes activos de cambio.

Esta metodoloxía fundaméntase nunha serie de principios a ter en conta e que

deberán estar presentes en todas as fases do Plan e son os

que seguen:

• A consideración do xénero como categoría de análise e que, polo tanto, marca o xeito de ser, pensar e actuar de mulleres e homes en función dos estereotipos de xénero asignados ao seu sexo.

• A distribución desigual no reparto do poder, de roles e funcións sociais que coloca as mulleres nunha situación de desigualdade, material e simbólica, respecto aos homes.

• O cuestionamento dun sistema social construído dende un modelo masculino de relación, denominado patriarcado, e que, polo tanto, implica a construción dunha alternativa que contemple as necesidades e intereses de mulleres e homes.

• O estudo e a avaliación constante das condicións sociais, económicas, políticas ou educativas de mulleres e homes, así como as súas expectativas, posibilidades ou diferenzas. Tendo en conta a participación, a autopercepción e as experiencias das persoas implicadas como eixe vertebrador desta análise.

• Trátase dunha lectura crítica da realidade en prol da satisfacción das necesidades da cidadanía. • O enfoque transversal de xénero vai máis alá da propia metodoloxía de intervención para converterse nun posicionamento ético-político en prol da igualdade que impregna a vida das persoas implicadas no proceso.

• Resulta fundamental que a metodoloxía sexa flexible, o cal se traduce na súa adaptación ao contexto social en que se vai aplicar, así como aos obxectivos que se pretenden alcanzar e aos resultados ou novos parámetros que xurdan no proceso.

• O ámbito de aplicación da metodoloxía con enfoque transversal de xénero non debe limitarse a un tema concreto ou a un ámbito determinado, como poden ser os proxectos desenvolvidos dende as áreas de ss.ss., cultura e deporte, senón que se debe estender a todas as accións e decisións políticas e técnicas, que deben ser impulsadas, deseñadas, implementadas e avaliadas desde este enfoque.

• Así mesmo, é perfectamente válida cos programas ou proxectos específicos para mulleres. • Afecta a todas as institucións, organizacións e ámbitos da vida pública xa que persegue a consecución dunha sociedade na que homes e mulleres gocen das mesmas cotas de participación na toma de decisión, poder, representatividade, liberdade etc., en definitiva, trátase da construción dun novo modelo de relación social baseado no Principio de Igualdade de Oportunidades.

METODOLOXÍA

Page 5: 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar continuidade ás políticas municipais do noso concello en materia de igualdade

5

2 Plan Equidade de Mañón

Premisas básicas:

• Vontade política, pero non só dos representantes políticos senón tamén do persoal técnico.

• Recursos técnicos e orzamentarios. • Formación técnica permanente, xa que resulta preciso revisar todos os procesos para

acadar con éxito a incorporación da perspectiva de xénero en todas as accións e en todos os ámbitos.

• Informacións e datos desagregados por sexo. • Utilización non sexista da linguaxe, que non oculte as mulleres. • Compromiso social e persoal co Principio de Igualdade. • Integración de todos os axentes e entidades implicadas.

A estratexia metodolóxica de elaboración do Plan foi apoiada a través do

Compromiso asinado desde a Alcaldía, e coa conformación da Equipa de Igualdade, vertebrado como un equipo coordinador de

traballo, conformado por persoal municipal de diferentes departamento

para garantir a transversalidade de xénero, e o asesoramento dunha empresa externa,

que realiza as funcións de titorización inicial no proceso de posta en marcha das

accións.

Diagnose

Implementación

Sensibilización e difusión

Elaboración do Plan e

publicación

Avaliación e seguimento

Page 6: 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar continuidade ás políticas municipais do noso concello en materia de igualdade

2 Plan Equidade Mañón

6

DIAGNOSE Nesta primeira etapa, obtemos un mapa informativo sobre a realidade do vivido polos homes e mulleres do Concello en todos os niveis, permitíndonos visibilizar situacións desiguais e achegarnos así a aquelas pautas que guiarán as intervencións que se porán en marcha. Dadas as dificultades atopadas no canto a recursos técnicos e económicos, decídesde comezar a diagnose para unha posta en marcha inicial, e a continuidade da mesma, dentro da área 1ª do Plan de Incorporación da perspetiva de xénero na Administración, para poder dar forma a unha autodiganose que vaia ás raíces das desigualdade presentes no municipio, e permita inicidir de xeito clave nas mesmas, así como poder adaptar as actuacións do plan de equidade ante as necesidades detectadas dentro da totalidade da temporalizadade total do propio Plan. O traballo vertebraráse por tanto a través de 4 áreas de traballo xenéricas, unha primeira, de transversalización de xénero no Concello, que permitirá afondar nas necesidades estratéxicas de xénero, dúas específicas para continuar o traballo de igualdade realizado desde as áreas de benestar social, cultura e deporte, e unha última área sobre violencia de xénero que permita atender de xeito específico á prevención, sensibilización e atención da problemática, tal e como se ven facendo, mais sen deixar unha área tan importante na actualidade, sendo conscientes da necesidade de dar un pulo á visibilidade do traballo que se leva a cabo.

IMPLEMENTACIÓN: Nesta etapa prodúcese a intervención directa coa realidade por áreas.

DIFUSIÓN E SENSIBILIZACIÓN: A difusión do Plan ten como obxectivo que as medidas propostas nel sexan coñecidas por toda a cidadanía, prestando especial atención á seguinte poboación destinataria:

• Persoal do Concello • Entidades e asociacións • Mulleres do Concello

Para promover a difusión, levaranse a cabo as seguintes actividades:

• Presentación oficial do 2º Plan de Equidade. • Circulares informativas a todo o persoal do Concello • Circulares informativas a entidades, empresas etc. relacionadas con Mañón. • Reunións periódicas coas entidades veciñais, comunidades de montes, etc. • Difusión do contido do Plan a través de carteis, folletos... • Páxina web do Concello: apartado específico do Plan • Comunicados e roldas de prensa en relación coas actividades desenvoltas

A sensibilización realizarase a tres bandas:

1- Poboación xeral: a través dos medios de comunicación, cartelaría...

2- Persoal do Concello: capacitación en temas de xénero e políticas de igualdade para todo o persoal do Concello, a través de circulares informativas e obradoiros formativos.

3- Poboación do Concello en xeral, mulleres en particular: coa posta en marcha de actuacións que favorezan a implicación das entidades veciñais, de xeito que repercuta no achegamento da administración cara a cidadanía, para coñecer as súas demandas e necesidades, e poder facer uso das propias capacidades e potencialidades para darlle un impulso ao traballo encamiñado neste Plan de Equidade dun xeito colaborativo e implicando a todos os axentes implicados.

Page 7: 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar continuidade ás políticas municipais do noso concello en materia de igualdade

7

2 Plan Equidade de Mañón

Nesta etapa prodúcese a intervención directa coa realidade por áreas:

- Área 1: Introdución da perspectiva de xénero nas políticas municipal

- Área 2: Xénero e benestar social. Atención á diversidade.

- Área 3: Xénero e participación social. Atención integral.

- Área 4: Violencia de xénero. Atención específica.

Nelas encádranse as estratexias e liñas de actuación prioritarias para que a igualdade de oportunidades sexa real e non só formal. A temporalización na que se enmarca o Plan: 2017-2020, permite unha planificación a curto e a longo prazo dos obxectivos que cómpre acadar, xunto coa priorización das intervencións que se levarán a cabo.

Tomar o Plan de Igualdade como unha ferramenta mais de traballo no percorrido realizado en Mañón arredor da igualdade, permitirános, tendo en conta o noso contexto propio e sendo conscientes das nosas capacidades, realizar unha intervención o máis integral e ordeada posible que nos permita ir acadando obxectivos pouco a pouco. Sistematizar os procedementos, aclarar as canles de comunicación e participación, de xeito que poidamos seguir avanzando desde o coñecemento directo das necesidades e demandas, así como o compromiso por avanzar no traballo en equidade municipal será parte fundamental no quefacer cotiá. Comezaremos co traballo interno recollido na Área 1, para poder fomentar un traballo municipal íntegro desde unha perspectiva de xénero, que nos permitirá dar continuidade ao traballo feito na materia e que se recolle no resto das áreas, mais dun xeito sistemático e rigoroso, sendo conscientes e realistas da nosa capacidade de actuación e, procurando, a través de obxectivos realistas e axustados á nosa capacidade de actuación, continuar a viaxe de Mañón na procura dunha sociedade cada vez máis igualitaria e xusta.

ELABORACIÓN DO PLAN/PUBLICACIÓN: O documento final que conforma o Plan, sérvenos para establecer de xeito concreto as liñas de actuación en materia de igualdade para o Concello dende o momento da súa elaboración, e poder así introducir no quefacer diario do Concello a perspectiva de xénero. Coa súa publicación na web faremos extensible á poboación do Concello o compromiso coa igualdade.

AVALIACIÓN: Elaboraremos un documento final onde se analicen os resultados, tanto da diagnose, como da posta en marcha das medidas introducidas no Plan. Avaliaremos o impacto que o xénero vai acadar nas diferentes áreas e poderemos constatar así se a intervención escollida resulta ou non óptima.1

1 Ver apartado de avaliación. Páxina 30.

DIAGNOSE

IMPLEMENTACIÓN

DIFUSIÓN/SENSIBILIZACIÓN

ELABORACIÓN DO PLAN

AVALIACIÓN

Page 8: 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar continuidade ás políticas municipais do noso concello en materia de igualdade

2 Plan Equidade Mañón

8

DIAGNOSE Situación das mulleres de Mañón

+

1

A Diagnose participativa ten como obxectivos:

1. Coñecer a situación social, económica,

laboral, cultural, medioambiental, etc. do

Concello, sentando así as bases sobre as que

se planificará o Plan.

2. Observar as potencialidades e oportunidades,

así como as ameazas e limitacións que

presenta o Concello (DAFO avaliación 1º Plan

de Igualdade)

3. Coñecer a realidade municipal desde unha

perspectiva integral e transversalizadora de

xénero para dispoñer de información precisa

para propor e priorizar os obxectivos a acadar

en materia de Igualdade de Oportunidades.

2

Así, a continuación amosamos a información básica

previamente analizada a través dos datos

publicados no IGE, contamos tamén cos datos

recollidos na Avalación do 1º Plan de Igualdade

municipal, co que contamos cos datos de atención

e intervención das área de Servizos Sociais,

cultura, OMIX e deporte. A diagnose completaráse

para cada área recolléndose de xeito participativo

os datos pertinentes que nos permitan seguir

dando forma á ruta municipal para a Equidade.

Page 9: 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar continuidade ás políticas municipais do noso concello en materia de igualdade

9

2 Plan Equidade de Mañón

Coa diagnose que presentamos a continuación fixemos unha composición básica de partida, a través de cal continuar indagando no transcorrer das 4 áreas deste Plan de Equidade.

Así, a continuación pasamos a reflexar os datos máis salientables en relación aos ámbitos de traballo obxecto deste documento: educación e formación, emprego, diversidade e calidade de vida.

Con estos datos e a Avaliación do anterior e 1 Plan de Igualdade municipal, tal e como comentamos, puidemos facer o trazado das primeiras liñas estratéxicas de traballo para o que é o presente Plan de Equidade, un documento vivo, que se vai ir artellando a medida que a aplicación do mainstreaming de xénero na vida municipal vaia tomando forma e se vaia convertindo nunha ollada nova na forma de facer e organizar Mañón.

Mañón é un Concello que conta cunha superficie de 82,2 kilómetros cadrados, habitada por 1420 persoas, segundo datos de poboación rexistrados no IGE, cunha idade media de 54,7 anos, sendo a dos homes dun 52,2 e a das mulleres de 56,6.

Cun saldo vexetativo en negativo de -15, onde máis da metade da poboación superan os 58 anos de idade, e onde o 16% da poboación con menores de 30 anos. A parroquia do Barqueiro conta coa maior densidade poboacional en relación ás catro parroquias restantes: Bares, Ribeiras, Mañón e Grañas do Sor.

O 52% da poboación mañonesa son

mulleres.

A partir dos 60 anos a poboación feminina vai

superando en cfra á masculina ata supor o

83% de persoas do concello de más ide 90

anos.

Mañón en cifras...

Page 10: 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar continuidade ás políticas municipais do noso concello en materia de igualdade

2 Plan Equidade Mañón

10

EDUCACIÓN E FORMACIÓN : As últimas cifras recollidas no IGE datan do ano 2015 en relación aos estudos actuáis cursados no Concello en escalas de Educación Infantil e Primaria, e o remate de estudos da poboación que non se atopa en idade escolar non foi recollida desde o ano 2011.

Gráfica 1: Distribución segundo o sexo do alumnado de infantil.

Fonte: Elaboración propia. 2016.

Gráfica 2: Distribución segundo o sexo do alumnado de primaria.

Fonte: Elaboración propia. 2016.

Page 11: 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar continuidade ás políticas municipais do noso concello en materia de igualdade

11

2 Plan Equidade de Mañón

Mañón conta cun Centro de Educación Infantil e Primaria, para o ano 2016 os datos relativos a ocupación de prazas no centro público indícanos que a distribución segundo sexos para infantil e primaria foi nun 46% das rapazas do total de todo infantil, e un 31% de rapazas do total de todo primaria. Como podemos observar a porcentaxe de varóns é superior á de mulleres tanto no ciclo de infantil coma no de primaria. O traslado cara concellos limítrofes para realizar a educación secundaria dificultan realizar un estudio sobre a presencia de adolescentes de Mañón nos ciclos posteriores para ver a traxectoria formativa. Non obstante, obtemos os datos de estudos rematados, segundo a enquisa da EPA 2011, onde podemos observar para Mañón as seguintes cifras:

• As mulleres de Mañón que non contan con ningún tipo de estudo representan ao 63% do total da poboación do concello que non ten estudos.

• Para os estudos clasificados hai anos como BUP, COU e os actuais FP non existen datos de aplicación para algún dos dous sexos, quedando a comparativa sen datos visibles neste apartado.

• As mulleres de Mañón contan con maior formación de media que os homes, a pesar de ser un dato bastante equilibrado, ao ser o 52% do total das persoas de Mañón que teñen cursado 5 ou mais anos de EGB, ESO ou estudios primarios, así como o 56% do total das persoas que rematan os estudos primarios, EGB, ESO ou Bacharelato.

Así, é preciso dar conta que con estas cifras facilitadas polo IGE, iniciamos unha nova ruta con misións a cumplir, ampliar o coñecemento da realidade das mulleres do Concello de Mañón, sendo preciso para a continuidade e adecuación deste plan, indagar na realidade formativa de mulleres e homes do concello.

TRABALLO E XUBILACIÓN Laboralmente as cifras de emprego do Concello facilítannos un perfil da muller traballadora en Mañón:

Contratación temporal de

mulleres foi dun 47%, inferior por

tanto á dos homes.

53% contratacións indefinidas en 2016 foron a

mulleres.

Contratacións por conta allea

maioritariamente. 14% do total da

persoas empregadoras.

Page 12: 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar continuidade ás políticas municipais do noso concello en materia de igualdade

2 Plan Equidade Mañón

12

Estas cifras semellas amosar un panorama alentador, ao ver que a contratación amosa cifras bastante similares entre mulleres e homes, non obstante, continuando a ollada sobre a situación laboral das mulleres e homes de Mañón, podemos comprobar como as contratacións en case equilibrio, amosan unha diferencia substancial:

Isto implica menor capacidade de ingresos económicos, e con este dato poderemos entender tamén como a capacidade económica na xubilación entre mulleres e homes en Mañón, presencia un desequilibrio notable para o bolsillo.

Se vemos de xeito conxunto a taxa de ocupación, paro e actividade:

Gráfica 3: Distribución segundo o sexo das taxas de ocupación, paro e actividade de Mañón.

Fonte: Elaboración propia. 2016.

As mulleres ocupan o primeiro posto por diante dos homes na taxa de paro, cunha diferencia de 6 puntos, anque con cifras mais baixas a nivel xeral se as comparamos coa taxa de paro autonómica, onde as mulleres presentan unha taxa de paro do 20,0 e os homes do 18,7, pero observando así, que a diferencia entre mulleres e homes, no concello é moi superior aos 2 puntos de toda a comunidade. Así acontece tamén coa taxa de ocupación, un 23,6 mais alta a dos homes de Mañón, sendo a autonómica dun 8,7 favorable eles. Pola súa banda a taxa de actividade, non é allea a estas diferencias e é superada en 20,1 puntos a taxa dos homes de Mañón con respecto á taxa das mulleres, e a nivel autonómico a diferencia é de 9,9 puntos.

63% contratos a tempo parcial son asinados por mulleres.

Page 13: 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar continuidade ás políticas municipais do noso concello en materia de igualdade

13

2 Plan Equidade de Mañón

Cifras relativas ás persoas pensionistas do Concello:

Gráfica 4: Distribución segundo o sexo das persoas pensionistas de Mañón.

Fonte: Elaboración propia. 2016.

Non se produce unha diferencia moi significativa neste senso, mais se nos paramos a ollar as contías das pensións segundo o sexo, podemos ver como a diferencia entre mulleres e homes vese ampliada cunha diferencia en case 200 euros, sendo a Pensión media para as mulleres: 652,94, e para os homes de 846,28 no ano 2015, é certo que a diferencia na contía vense reducindo co paso dos anos, mais o traballo a tempo parcial pode ter unha repercusión neste sentido, así como os datos que presentamos no apartado seguinte, relativos á percepción de prestacións non contributivas, onde as mulleres conforman unha maioría significativa.

Gráfica 5: Distribución segundo o sexo das pensións non contributivas.

Fonte: Elaboración propia 2016.

Page 14: 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar continuidade ás políticas municipais do noso concello en materia de igualdade

2 Plan Equidade Mañón

14

As mulleres conforman o 77% das persoas de Mañón que perciben unha prestación non contributiva, sendo o 86% das perceptoras das pensións nos contributivas de xubilación, e o 63% do total das non contributivas por invalidez, novamente este dato achéganos á realidade do nivel de ingresos económicos dunha parte da poboación de Mañón, que é mais acusada para as mulleres, así como do total de persoas que non chegan á idade de xubliacón coa cotización propia para obter unha pensión polas rendas de traballo son maioritariamente mulleres, rachando co equilibrio que amosaron as contratacións en gráficas anteriores.

Deste apartado podemos observar como de xeito xeral é preciso investir esforzos na mellora da situación de emprego do conxunto da poboación mañonesa, e tendo moi en conta que a diferencia entre mulleres e homes é mais incidente, polo que é preciso artellar medidas que garantan un acceso ao emprego das mulleres en igualdade de condicións.

DIVERSIDADE

Gráfica 6: Distribución segundo o sexo de persoas con certificado de discapacidade.

Fonte: Elaboración propia. 2016.

Do grupo de persoas con diversidade funcional as mulleres de Mañón conforman o 52% do total da poboación con certificado de minusvalía comprendidas entre o 33 e o 75% ou mais. Maioritariamente, as discapacidade físicas conforman o groso do total, en comparación coa psíquica e sensorial, e a distribución por sexos correspóndese a un maior porcentaxe de homes nas referidas aos porcentaxes de discapacidade o 33 ao 64%, e atopándose repartidas ao 50% no total das discapacidades físicas de todos os graos computados, por outra banda superan as mulleres nos porcentaxes de discapacidade a partir do 64%de discapacidade e do 75% ou mais para todas as categoría recollidas, tanto por porcetaxe de discapacidade coma por tipo, alcanzando 61% do total das persoas con discapacidade cunha porcentaxe entre o 64 e o 75% e sendo o 59% do total de persoas cunha discapacidade superior ao 75%. con estos datos podemos concluír que as situacións de discapacidade son vividas por parte das mulleres do concello dun xeito mais acusado, e polo tanto debemos prever accións encamiñadas a coñecer as demandas e necesidades que presentan para evitar que supoña unha doble discriminación ou diminución de acceso a dereitos.

Page 15: 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar continuidade ás políticas municipais do noso concello en materia de igualdade

15

2 Plan Equidade de Mañón

OBXECTIVOS “Favorecer a participación e integración das mulleres en todos os ámbitos da vida pública e privada, transversalizando o principio de igualdade de oportunidades e de non discriminación por razón de sexo a través da posta en marcha de medidas específicas extensibles á sociedade en xeral”

1. Visibilizar as desigualdades existentes entre mulleres e homes.

2. Promover a integración da perspectiva

de xénero no Concello en todos os

ámbitos de intervención, de xeito que o

mainstreaming de xénero sexa unha

realidade en todos os procesos das políticas públicas.

3. Articular medidas de acción positiva que

eliminen as desigualdades existentes.

4. Promover que o sistema educativo do

Concello sexa un espazo realmente

coeducativo e que a igualdade se materialice

na creación artística e cultural xunto co

incremento na participación das mulleres nas actividades deportivas do Concello.

5. Visibilizar a heteroxeneidade existente

entre o colectivo de mulleres de Mañón,

promovendo o coñecemento das súas

capacidades e a atención específica das súas demandas e necesidades.

6. Contribuir a erradicar a violencia

contra as mulleres e mellorar a atención que se lles ofrece.

7. Promover e mellorar a calidade de vida das

mulleres desde unha perspectiva bio-

psicosocial, prestando especial atención ás necesidades específicas relativas a esta área.

8. Contribuir á diminución da sobrecarga de

responsabilidades familiares que as mulleres

do Concello presentan, introducindo medidas

que promovan o reparto equitativo e a non

desvalorización das tarefas de coidados.

Page 16: 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar continuidade ás políticas municipais do noso concello en materia de igualdade

2 Plan Equidade Mañón

16

ÁREA 1: INCORPORACIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO NA ADMINISTRACIÓN MUNICIPAL

ÁREA 2: XÉNERO E BENESTAR SOCIAL

ÁREA 3: XÉNERO E PARTICIPACIÓN SOCIAL

ÁREA 4: VIOLENCIA DE XÉNERO

área

s d

o p

lan

obxectivos xerais e específicos

operativización de obxectivos

actuacións

departamentos implicados

indicadores

ÁREAS DO PLAN

Page 17: 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar continuidade ás políticas municipais do noso concello en materia de igualdade

17

2 Plan Equidade de Mañón

ÁREA 1: INCORPORACIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO NA ADMINISTRACIÓN MUNICIPAL

OBXECTIVOS

Promover a incorporación da perspectiva de xénero desde todas as áreas de intervención municipal.

Analizar a sensibilidade e coñecemento en materia

de xénero no conxunto dos recursos humáns do

cocnello.

Deseñar e comprometer un marco político e técnico sobre xénero e dotalo de

orzamento. .

Revisar os procedementos administratviso para

integrar a perspectiva de xénero.

Facilitar formación a todo o persoal municipal na

incorporación do mainstraming na súa

actividade profesional cotiá.

Difundir entre os servizos de dependencia municipal

campañas, actuación,s actividades,... para

incrementar a implicación e sensibilización do persoal.

Page 18: 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar continuidade ás políticas municipais do noso concello en materia de igualdade

2 Plan Equidade Mañón

18

OBXECTIVOS OPERATIVIZADOS

1. ANALIZAR A SENSIBILIDADE E COÑECEMENTO EN MATERIA DE XÉNERO NO CONXUNTO DOS RECURSOS HUMÁNS DO CONCELLO

- Recoller datos sobre o uso da perspectiva de xénero en cada departamento do concello.

ACTUACIÓNS DEPARTAMENTOS IMPLICADOS

INDICADORES

Elaboración de enquisas de recollida de datos sobre mainstreaming de xénero

Equipa de Igualdade Enquisas por departamento. Enquisas de sensibilidade e coñecemento sobre igualdade. Enquisas empresas externas.

Recollida de datos: traballo de campo e achegamento a todo o persoal

Todos Nª de departamentos de colaboran/nº total departamentos. Nº persoas que colaboran /nº total persoal. Nº concellerías que colaboran/nº total concellerías. Nº empresas externas que colaboran/nº total empresas externas.

Análise da situación de equidade entre o persoal municipal

Equipa de Igualdade Grao de incorporación da perspectiva de xénero en cada departamento e concellerías. Grao de sensibilidade e coñecemento /total puntuación enquisa. Grao de incorporación da perspectiva de xénero en empresas externas. Informe final avaliativo.

2. DESEÑAR E COMPROMETER UN MARCO POLÍTICO SOBRE XÉNERO E DOTALO DE ORZAMENTO

- Asinar e aporbar o 2 Plan de Equidade xunto coa dotación de orzamento propio.

ACTUACIÓNS DEPARTAMENTOS IMPLICADOS

INDICADORES

Elaboración dunha estratexia de xénero aprobada e dotada de orzamento: Sinatura do Compromiso e Igualdade e 2 Plan.

Equipa de Igualdade e Pleno. Estratexia de xénero aprobada e dotada de orzamento.

Deseño e aplicación dun sistema de indicadores municipais que incorpore criterios de xénero.

Todos Documentos que recolla os indicadores. Departamentos que coñecen os indicadores. Departamentos que empregan os indicadores.

Page 19: 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar continuidade ás políticas municipais do noso concello en materia de igualdade

19

2 Plan Equidade de Mañón

3. REVISAR OS PROCEDEMENTOS ADMINISTRATIVOS PARA INTEGRAR A PERSPECTIVA DE XÉNERO.

-Crear mecanismos e ferramentas que permitan a incorporación da perspectiva de xénero nas políticas municipais.

ACTUACIÓNS DEPARTAMENTOS IMPLICADOS

INDICADORES

Revisón da inclusión da variable sexo nas bases de datos empregadas no concello

Todos Nº bases de datos que incorporen información desagregada por sexo/total bases de datos. Nº bases de datos que se modifican(actualizan).

Revisión sobre uso sexista la linguaxe en documentos emitidos desde o concello

Todos Nª documentos revisados/n1 total documentos estimados. Nª documentos modificados/nº documentos revisados.

Elaboración de materiais sobre uso non sexista da linguaxe

Equipa de Igualdade Documento sobre uso non sexista da linguaxe. Departamentos aos que chega/total departamentos.

Solicitude ás empresas que colaboran co concello para a incorporación da variable sexo en todos os niveis

Todos Solicitude formal remitida á empresa. Nº modificacións /total empresas.

Uso dos medios disponibles para mellorar a calidade de información municipal desde unha perspectiva de xénero

Equipa de Igualdade Uso non sexista da linguaxe. Área de igualdade creada na web municipal. Mantemento da web.

4. FACILITAR FORMACIÓN A TODO O PERSOAL MUNICIPAL NA INCORPORACIÓN DO MAINSTREAMING NA SÚA ACTIVIDADE PROFESIONAL COTIÁ.

- Formar na perspectiva de xénero a todo o persoal do concello.

ACTUACIÓNS DEPARTAMENTOS IMPLICADOS

INDICADORES

Desenvolvemento dun proxecto formativo ao persoal laboral externo e funcionario do concello

Todos Nª actividades realizadas. Nº de persoal desagregado por sexo que participa/total persoal Resultados acadados.

5. DIFUNDIR ENTRE OS SERVIZOS DE DEPENDENCIA MUNICIPAL CAMPAÑAS, ACTUACIÓNS, ACTIVIDADES,… PARA INCREMENTAR A IMPLICACIÓN E SENSIBLIZACIÓN DO PERSOAL CON RESPECTO AO TEMA.

- Achegar información sobre Igualdade ao persoal municipal .

ACTUACIÓNS DEPARTAMENTOS IMPLICADOS

INDICADORES

Actividades de sensibilización e disfusión da situación das mulleres e o ppio. de igualdade

Todos Nº actividades ofertadas. Nº de departamentos implicados.

Page 20: 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar continuidade ás políticas municipais do noso concello en materia de igualdade

2 Plan Equidade Mañón

20

ÁREA 2: XÉNERO E BENESTAR SOCIAL

OBXECTIVOS

Fomentar o incremento da calidade de vida das mulleres de Mañón, ofrecendo unha atención que contemple as súas necesidades específicas

de xeito integral.

Analizar a situación das mulleres segundo as súas necesidades específicas (social, económica e de

calidade de vida).

Reforzar o papel do tecido asociativo e das comunidades

de montes, de xeito que se contribúa ao incremento da

atención e participación sociocomunitaria das

mulleres.

Posibilitar que mulleres e homes poidan atender as

parcelas privadas e públicas en igualdade de condicións

Recoñecer a aportación das mulleres na vida económica e

local

Garantir a existencia de itinerarios de

empregabilidade que se adecúen ás necesidades

sociolaborais das mulleres

Promover a mellor dos recursos socio-sanitarios para

previe atender á poboación en risco de exclusión social

Colaborar coas administracións próximas que atenden de xeito específico ao

colectivo de mulleres

Promover a adquisición de hábitos de vida saudables

desde a formación e a prevención

Facilitar unha información sexual integral á poboación

do concello co fin de mellorr o empoderamento e calidade

de vida.

Page 21: 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar continuidade ás políticas municipais do noso concello en materia de igualdade

21

2 Plan Equidade de Mañón

1. ANALIZAR A SITUACIÓN DAS MULLERES SEGUNDO AS SÚAS NECESIDADES ESPECÍFICAS (SOCIAL, ECONÓMICA E DE CALIDADE DE VIDA)

- Recoller datos arredor da situacións concreta social, económica e de calidade de vida das mulleres do concello.

ACTUACIÓNS DEPARTAMENTOS IMPLICADOS

INDICADORES

Análise da realidade das mulleres na súa diversidade e calidade de vida

Todos Indicadores de emprego desagregada por sexo (taxa actividade, desemprego, tipos de contratacións). Nº de mulleres participantes en entidades do concello / total persoas participantes. Nº mulleres perceptoras de prestacións / total persoas perceptoras prestacións. Nº mulleres en situación de dependencia/total persoas en situación de dependencia. Nº mulleres que amosan dificultades para a conciliación laboral e familiar / total persoas que o fan. Nº participantes en obradorios sobre saúde: datos desagregados por sexo.

2. REFORZAR O PAPEL DO TECIDO ASOCIATIVO E DAS COMUNIDADES DE MONTES, DE XEITO QUE SE CONTRIBÚA AO INCREMENTO DA ATENCIÓN E PARTICIPACIÓN SOCIOCOMUNITARIA DAS MULLERES.

- Colaborar e propiciar que o tecido asociativo e comunidades de montes traballen a prol da igualdade.

ACTUACIÓNS DEPARTAMENTOS IMPLICADOS

INDICADORES

Difusión do plan de igualdade entre o tecido asociativo.

Equipa de Igualdade, e alcaldes de barrio

Nº actividades de difusión. Nº de entidades e comunidades que participan das actividades e que amosan interese polo Plan.

Convite para a colaboración no plantexamento de demandas: Creación do Buzón da igualdade

Equipa de Igualdade. Convites remitidos e respostas recibidas. Buzón creado.

Coordinación na proposta de novas actividades implicando ao tecido asociativo.

Equipa de Igualdade. Nº de reunións de coordinación. Nº propostas recibidas. Actividades levada a cabo. Nº de mulleres participantes.

Page 22: 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar continuidade ás políticas municipais do noso concello en materia de igualdade

2 Plan Equidade Mañón

22

3. RECOÑECER A APORTACIÓN DAS MULLERES NA VIDA ECONÓMICA E LOCAL - Visibilizar o traballo productivo e reproductivo das mulleres

ACTUACIÓNS DEPARTAMENTOS IMPLICADOS

INDICADORES

Campañas informativas sobre o traballo das mulleres: 8 marzo

Equipa de Igualdade. Nº de campañas. Difusión feita.

Recoñecemento público da importancia do traballo das mulleres: 8 marzo

Equipa de Igualdade. Nº recoñecementos públicos.

4. GARANTIR A EXISTENCIA DE ITINERARIOS DE EMPREGABILIDADE QUE SE ADECÚEN ÁS NECESIDADES SOCIOLABORAIS DAS MULLERES - Achegar ás mulleres do concello recursos para o emprego adaptado ás súas necesidades.

ACTUACIÓNS DEPARTAMENTOS IMPLICADOS

INDICADORES

Información sobre programas de inserción laboral para mulleres baseados en itinerarios personalizados

Servizos sociais Nº de programas que se poñen en marcha. Nº de mulleres beneficiarias. Perfil das beneficiarias.

Asesoramento e derivación programas de emprego para mulleres

Servizos sociais Nº de asesoramentos. Nº de derivacións. Nº de mulleres participantes en programas de emprego. Nº de mulleres que se insiren no mercado de traballo.

5. PROMOVER A MELLOR DOS RECURSOS SOCIO-SANITARIOS PARA PREVIR E

ATENDER Á POBOACIÓN EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL

- Revisar os servizos de atención en relación coa atención ofertada

ACTUACIÓNS DEPARTAMENTOS IMPLICADOS

INDICADORES

Formación ao persoal dos servizos de atención específicos en materia de xénero e exclusión social

Servizos sociais e Equipa de Igualdade

Nº de obradoiros. Nº de persoal formado (por sexos).

Información ás mulleres en risco sobre a rede de recursos

Servizos sociais Nº de mulleres informadas. Nº de campañas específicas.

Coordinación cos recursos especializados da comarca e ampliación da colaboración

Todos Nº de mulleres derivadas á rede de recursos da comarca. Mellora na colaboración: sinatura de convenios, difusión da colaboración.

Page 23: 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar continuidade ás políticas municipais do noso concello en materia de igualdade

23

2 Plan Equidade de Mañón

6. PROMOVER A ADQUISICIÓN DE HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES DESDE A FORMACIÓN E A PREVENCIÓN

- Informar ás mulleres do Concello sobre hábitos saudables de vida.

ACTUACIÓNS DEPARTAMENTOS IMPLICADOS

INDICADORES

Obradoiros sobre hábitos de vida saudables e autocoidados

Servizos sociais e animación socio-cultural

Nº de obradoiros ofertados. Nº de mulleres que participan.

Obradoiros informativos sobre muller e saúde.

Servizos sociais e animación socio-cultural

Nº de obradoiros. Nº de mulleres que participan.

7. FACILITAR UNHA INFORMACIÓN SEXUAL INTEGRAL Á POBOACIÓN DO

CONCELLO CO FIN DE MELLORR O EMPODERAMENTO E CALIDADE DE VIDA. - Informar e formas ás mulleres e homes do Concello sobre saúde sexual

ACTUACIÓNS DEPARTAMENTOS IMPLICADOS

INDICADORES

Obradoiros formativos para adolescentes sobre saúde sexual dende unha perspectiva de xénero

OMIX e servizos sociais Nº de obradoiros. Nº de rapazas e rapaces que participan.

Espazos de reflexión sobre sexualidade

OMIX Espazo creado. Nº de debates ao redor da sexualidade. Nº de mulleres e homes que participan.

8. POSIBILITAR QUE MULLERES E HOMES POIDAN ATENDER AS PARCELAS

PRIVADAS E PÚBLICAS EN IGUALDADE DE CONDICIÓNS. - Favorecer a posta en marcha de servizos alternativos que potencien a colaboración e participación

comunitaria redundando de xeito positivo na corresponsabilidade e concilicación da vida familiar e laboral.

ACTUACIÓNS DEPARTAMENTOS IMPLICADOS

INDICADORES

Trípticos e dípticos informativos sobre as medidas de conciliación existentes

Equipa de Igualdade Nº de trípticos e dípticos. Nº de mulleres e homes que os reciben.

Accións positivas para a introdución de medidas de corresponsabilidade por parte das empresas do Concello

Equipa de Igualdade, Alcaldía Nº de empresas que engaden medidas de corresponsabilidade.

Page 24: 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar continuidade ás políticas municipais do noso concello en materia de igualdade

2 Plan Equidade Mañón

24

ÁREA 3: XÉNERO E PARTICIPACIÓN SOCIAL

OBXECTIVOS

Promover oacceso e exercicio libre en cada unha das propostas culturais, artísticas e deportivas municipais, así como incentivar a implicación na dinamización comunitaria do concello por parte das mulleres. omentar o incremento da calidade de vida das mulleres de Mañón, ofrecendo unha

atención que contemple as súas necesidades específicas de xeito integral.

Analizar a situación real das mulleres mañonesas nas áreas de educación, cultura lecer e deporte.

Fomentar a igualdade entre os sexos nos

centros educativos e elevar o nivel formativo

das mulleres do concello.

Visibilizar e fomentar a creacion artística e

cultural das mulleres

Fomentar e apoiar actividades de participación

comunitaria que fomenten valores de

igualdade entre os sexos.

Apoiar e visibilizar a práctica deportiva

feminina en todas as disciplinas e franxas de

idade.

Page 25: 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar continuidade ás políticas municipais do noso concello en materia de igualdade

25

2 Plan Equidade de Mañón

1. ANALIZAR A SITUACIÓN REAL DAS MULLERES NAS ÁREAS DE EDUCACIÓN, CULTURA, LECER E DEPORTE. - Recoller datos en torno á situación das mulleres mañonesas en relación a educación, lecer, cultura e

deporte.

ACTUACIÓNS DEPARTAMENTOS IMPLICADOS

INDICADORES

Análise da realidade educativa, de lecer, cultural e deportiva das mulleres de Mañón.

Equipa de Igualdade. Nº mulleres nos graos educativos/total estudantado. Nº mulleres nas diversas actividades de lecer/total poboación beneficiaria. Nº mulleres actividades deportivas/total poboación beneficiaria. Nº mulleres actividades culturais/total poboación beneficiaria. Análise e conclusións dos datos no informe final.

2. FOMENTAR A IGUALDADE ENTRE OS SEXOS NOS CENTROS EDUCATIVOS E

ELEVAR O NIVEL FORMATIVO DAS MULLERES DO CONCELLO. - Informar e orientar á comunidade educativa, especialmente ás mulleres.

ACTUACIÓNS DEPARTAMENTOS IMPLICADOS

INDICADORES

Obradoiros de coeducación nos centros de ensino do municipio: 1.- sensibilización do profesorado a favor dunha escola coeducativa 2.- Dirixidos ao alumnado

Equipa de Igualdade Nº de obradoiros. Nº de centros que participan /total centros. Nº de participantes (datos desagregados por sexo e idade). Avaliación dos obradoiros.

Información ás mulleres sobre actividades formativas ofertadas no concello e comarca

Equipa de Igualdade. Nº de actividades informátivas. Nº mulleres que solicitan información.

3. VISIBILIZAR E FOMENTAR A CREACIÓN ARTÍSITICA DAS MULLERES DE MAÑÓN. - Achegar a poboación a creación artística e cultural das mulleres.

ACTUACIÓNS DEPARTAMENTOS IMPLICADOS

INDICADORES

Participación de mulleres en todas as actividades organizadas desde o Concello

Todos Nº actividades culturais organizadas. Nº de mulleres que participan /total poboación participante.

Promoción das mulleres artistas do Concello en actividades municipais pertinentes.

Todos. Nº de mulleres artistas /total artistas. Nº de mulleres promocionadas /nº actividades promovidas polo Concello.

Fomentar e visibilizar autoras feministas nas actividades postas en marcha desde o concello no eido sociocultural

Equipa de Igualdade. Nº de libros/autoras visibilizadas. Nº de actividades nas que se difunden autoras feministas.

Page 26: 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar continuidade ás políticas municipais do noso concello en materia de igualdade

2 Plan Equidade Mañón

26

4. FOMENTAR E APOIAR AQUELAS ACTIVIDADES CULTURAIS E DE LECER QUE FOMENTEN VALORES IGUALITARIOS ENTRE OS SEXOS.

- Achegar á poboación espazos culturais e de lecer que inviten á reflexión sobre a desigualdade entre os sexos e os estereotipos de xénero.

ACTUACIÓNS DEPARTAMENTOS IMPLICADOS

INDICADORES

Colaboración con entidades que desenvolven actividades con perspectiva de xénero

Todos Nº de colaboracións. Nº de participantes(Sexo). Incorporación de cláusulas de xénero en adxudicacións das contratacións externas: campamentos, actividades extra. Conclusións das actividades.

Encontros de intercambio cultural aproveitando a convivencia con mulleres de outras culturas

Equipa de Igualdade. Nº de encontros realizados. Nº de mulleres e homes que participan. Conclusións dos encontros .

Colaboración coas entidades sociais para favorecer a participación social e comunitaria a favor don conxunto da poboación de xeito xeral e das mulleres de xeito particular.

Equipa de Igualdade. Nº reunión coas comunidades de montes. Propostas de colaboración en actividades comunitarias. Acordos de participación. Participantes das actividades resultantes desagregados por sexos.

Facilitar canles de comunicación e participación comunitaria á poboación : buzón de suxestións de igualdade

Equipa de Igualdade. Posta en marcha dun Buzón de suxestións en materia de igualdade. Disfusión do buzón. Participación, atención e resolución das demandas plantexadas.

5. APOIAR A PRÁCTICA DEPORTIVA DE MULLERES EN TODAS AS FRANXAS DE IDADE. - Incentivar a práctica deportiva das mulleres.

ACTUACIÓNS DEPARTAMENTOS IMPLICADOS

INDICADORES

Análise da composición dos equipos deportivos do Concello.

Equipa de Igualdade, deporte. Nº equipos femininos/total equipos. Distribución por sexos dos equipos mixtos. Total deportistas mulleres e total de deportistas homes.

Accións positivas para favorecer o deporte feminino e a participación das mulleres nos deportes.

Equipa de Igualdade e deporte. Nº de equipos femininos. Nº equipos femininos que perciben subvencións. Accións positivas.

Campañas de sensibilización para a participación de mulleres en actividades deportivas e os beneficios para a saúde.

Equipa de Igualdade, deporte. Nº campañas. Imaxes de mulleres deportistas. Mensaxes sobre os beneficios. Análise da acollida e demanda das campañas.

Apoio a equipos femininos e promoción de mulleres deportistas, especialmente si é deporte masculinizado.

Equipa de Igualdade e deporte. Nº campañas de apoio. Nº de mulleres apoiadas /total deportistas que se apoian.

Page 27: 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar continuidade ás políticas municipais do noso concello en materia de igualdade

27

2 Plan Equidade de Mañón

ÁREA 4: VIOLENCIA DE XÉNERO

OBXECTIVOS

Fomentar o incremento da calidade de vida das mulleres de Mañón, ofrecendo unha atención que contemple as súas necesidades

específicas de xeito integral.

Ampliar o coñecemento sobre a situación de violencia que

sofren as mulleres do concello e visibilizar o rexeitamento

municipal contra a lacra actual que supón.

Fortalecer a prevención da violencia contra as mulleres.

Mellorar a atención ás mulleres que viven situacións

de violencia de xénero.

Page 28: 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar continuidade ás políticas municipais do noso concello en materia de igualdade

2 Plan Equidade Mañón

28

1. AMPLIAR O COÑECEMENTO SOBRE AS SITUACIÓNS DE VIOLENCIA QUE SOFREN AS MULLERES DO CONCELLO.

- Recoller datos específicos sobre violencia contra as mulleres no concello.

ACTUACIÓNS DEPARTAMENTOS IMPLICADOS

INDICADORES

Análise da realidade das situacións de violencia vividas polas mulleres do concello en coordinación cos servizos de protección das FCS

Equipa de Igualdade e Servizos sociais e de Seguridade.

Nº denuncias. Nº servizos atención específica. Nª mulleres atendidas. Nº agresións. Nº mulleres falecidas. Nº actuacións coordinación. Informe final avaliativo.

Conceptualización do significado de violencia contra as mulleres.

Equipa da Igualdade. Catálogo informativo sobre violencia de xénero. Difusión e alcance do catálogo: xornadas informativas. Informe das accións postas en marcha.

2. FORTALECER A PREVENCIÓN D VIOLENCIA CONTRA A S MULLERES.

- Informar e divulgar en torno ao tema ás persoas que viven no Concello, en especial ás mulleres.

ACTUACIÓNS DEPARTAMENTOS IMPLICADOS

INDICADORES

Campañas de sensibilización contra a violencia de xénero.

Todos Nº campañas. Nº destinatarios e destinatarias. Acollida das campañas. Detección de casos.

Denuncia sistemática e pública das agresión sufridas por mulleres

Equipa de Igualdade. Nº de denuncias realizadas/nº casos violencia de xénero.

Obradoiros de autodefensa para mulleres e específicos para adolescentes sobre identificación de situacións de violencia e cuestionamento dos modelos amorosos tradicionais

Equipa de Igualdade, cultura e ss.ss. Nº obradoiros. Nº participantes datos desagregados por secos.

Continuidade das actividades conmemorativas do 25 N

Equipa de Igualdade Nº actividades realizadas. Nº participantes desagregado por sexo. Acollida e participación da poboación.

Page 29: 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar continuidade ás políticas municipais do noso concello en materia de igualdade

29

2 Plan Equidade de Mañón

3. MELLORAR A ATENCIÓN ÁS MULLERES QUE VIVEN SITUACIÓNS DE VIOLENCIA DE XÉNERO.

- Informar sobre o protocolo de actuación coordinada entre os diferentes axentes implicados na atención ás mulleres que viven unha situación de violencia de xénero.

ACTUACIÓNS DEPARTAMENTOS IMPLICADOS

INDICADORES

Coordinación cos departamentos implicados para iniciar proceso de colaboración na dinamización do protocolo

Todos Nº de reunión. Participantes desagregado por sexo. Departamentos implicados.

Difusión do protocolo Equipa de Igualdade Nº actividades de difusión . Publicación na web.

Page 30: 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar continuidade ás políticas municipais do noso concello en materia de igualdade

2 Plan Equidade Mañón

30

O proceso avaliativo posúe unha grande relevancia á hora de coñecer a evolución das accións postas en marcha para acadar os obxectivos propostos; por isto, a avaliación debe ser sistemática e periódica e debe entenderse dende unha dimensión integral e transversal presente en todas as fases do ciclo de vida do Plan. Isto quere dicir que dará comezo dende o momento en que se deseñe o Plan, ata a realización do seguimento das actividades que nel se desenvolvan. Algo prioritario nun Plan destas características é que a avaliación tamén debe prever a incorporación da perspectiva de xénero, polo que as ferramentas empregadas xorden do seo das políticas de igualdade a nivel europeo, apoiando así un método que nos vai permitir ter en conta as diferentes situacións entre mulleres e homes, atendendo á variable de xénero como un factor determinante na vida das persoas.

Por unha banda, tratarase de medir a participación, implicación e satisfacción das persoas implicadas no Plan e o grao e ritmo de execución en todas as fases do proxecto. A avaliación do proceso require dun seguimento continuo e progresivo que permita ir axustando as actuacións deseñadas aos obxectivos previstos e á realidade do desenvolvemento do proxecto. O método empregado será o das tres R1, que permite atender a factores cuantitativos (Representación e Recursos) e cualitativos (Realidade), a través desta análise poderemos establecer unha avaliación do impacto que a transversalización do xénero vai producir nas medidas que se desenvolvan. De xeito parello aproveitaremos o traballo realizado coa avaliación do 1ª Plan de Igualdade realizado en 2015 a través da análise DAFO, para vertebrar as hipóteses de traballo tendo en conta aqueles factores que nos poden beneficiar e aqueloutros que poden entorpecer a nosa tarefa no compromiso coa igualdade de xénero.

A avaliación correrá a cargo da Equipa de Igualdade, promover a cobertura de enquisas de cumplimento e detección de necesidades novas para cada exercicio de posta en marcha do Plan, de xeito inicial se irán recollendo os direntes resultados da Autodiagnose, que permitan á vez ir amoldando as actuacións encamiñadas á realidade detectada.

Por outra banda, a propia Equipa, alentará á impliación do persoal dos diferentes departamentos, na clasificación e canalización dos resultados acadados en materia de xénero de cada área para facilitar a sistematización e interpretación final.

AVALIACIÓN E SEGUIMENTO

Page 31: 123 2 Plan para a Equidade en Mañón - manon.es · 2 Plan Equidade Mañón 2 1 Cando decidimos dar continuidade ás políticas municipais do noso concello en materia de igualdade

31

2 Plan Equidade de Mañón

SISTEMA DE SEGUIMENTO Antes de comezar con cada exercicio ou etapa, establecerase o documento marco onde se definen os obxectivos perseguidos e onde se identifican as metas e logros que cómpre acadar. Así, procederase a elaborar as estratexias facilitadoras do cambio, xunto coa asignación dos departamentos, organismos etc. implicados, é dicir, identificando os e as axentes implicadas en cada paso.

Para cada exercicio cubriránse o sistema de indicadores propios que permitirán analizar e avaliar de xeito concreto cada paso dado.

INDICADORES • De eficiencia:

1. Nº de horas adicadas á planificación do traballo anual / nº total de horas 2. Nº de ferramentas elaboradas ad hoc 3. Nº de fontes bibliográficas consultadas 4. Nº de horas adicadas á consulta de fontes bibliográficas 5. Nº de contactos establecidos no concello / total de contactos 6. Nº de contactos establecidos coas entidades /total de contactos 7. Nº de visitas realizadas ás entidades / total visitas 8. Nº de horas adicadas á recompilación dos datos obtidos / nº horas totais adicadas á diagnose 9. Nº de horas adicadas á elaboración e difusión do boletin informativo / nº horas totais adicadas á diagnose 10. Nº de horas adicadas á elaboración da avaliación e conclusións / nº horas totais adicadas á diagnose 11. Existen medios suficientes para levar a cabo a diagnose?

• De participación:

1. Nº de departamentos do Concello que participan da diagnose / Nº de total de departamentos do Concello 2. Nº de cuestionarios cubertos / nº total de cuestionarios entregados 3. Nº de entidades que participan / nº total de entidades coas que se contacta (por tipo)

• De implicación:

a. Nº de persoas que amosan un interese específico no tema b. Nº de persoas que respostan nos cuestionarios de xeito favorable sobre a súa implicación neste tema

• De satisfación:

a. Nº de persoas que expresan a través dos cuestionarios a súa satisfacción da posta en marcha do Plan

• De xénero:

a. Levouse a cabo unha diagnose con enfoque de xénero? Foi participativa? b. Existen datos desagrados por sexo no proceso da diagnose? c. Avaliouse a posición das mulleres en canto ás súas problemáticas específicas (doble carga de traballo, falla

de acceso a recursos...)? d. Participaron mulleres e homes por igual na obtención de datos da diagnose? e. Téñense en conta as diferencias existentes entre mulleres e homes en todas a s fases do proxecto? f. Téñense en conta as experiencias propias das mulleres? g. Tívose en conta a diferencia de impacto entre mulleres e homes? Que diferencia de impacto pode ter sobre

mulleres e homes? h. Deséñanse medidas de acción positiva en función dos resultados?

1 Método de las 3Rs- Una herramienta para las autoridades locales. LIKADI. www.likadi.com