RITUAL 2da Parte - Ritual Tradicional y Ritual Contemporaneo
1) Textos iniciais: Códigos, de Manuel Vicent. exemplo, hai unha ablución ritual da boca dos nenos...
Transcript of 1) Textos iniciais: Códigos, de Manuel Vicent. exemplo, hai unha ablución ritual da boca dos nenos...
Caderno de Actividades. O ser humano entre a Natureza e a Cultura. Filosofía.
1) Textos iniciais:
a) Códigos, de Manuel Vicent.
A estas alturas da historia o destino da humanidade debátese entre dous códigos, o xenético e
o postal. A estrutura cromosómica do ser humano componse dunha combinación de catro
bases bioquímicas que viran cunha dobre hélice para formar o edificio intrincado da vida. O
destino da humanidade está ligado a este código segundo o cal xeneticamente estamos feitos
só de materia e todos partimos de cero ao nacer, movidos por unha maquinaria celular
idéntica a todas as persoas, non importa a orixe e a raza. Pero, sen dúbida, na vida existe un
elemento discriminatorio máis determinante que o código xenético. Trátase do código postal.
Este marca definitivamente o noso futuro. Nacer e vivir en Somalia implica un alto risco de
morrer novo, pobre e machucado pola enfermidade. Nacer e vivir na avenida Foch de París ou
no Upper East Side de Manhattan significa saúde, riqueza e longa vida. O noso domicilio é máis
importante que a nosa herdanza biolóxica. O carteiro sabe onde levar as boas e as malas
noticias. Xeneticamente Einstein apenas se distinguía dun simple rato ou mesmo da mosca do
vinagre, pero a diferenza entre un escandinavo e un subsahariano é abismal, por iso se nada
podemos facer por cambiar a nosa estrutura cromosómica, á hora de adquirir un pouco de
felicidade todo o noso esforzo adoita estar dirixido a vivir nun bo código postal, que
xeralmente adoita levar aparellado o uso e goce dos dereitos humanos. O terrible espectáculo
de miles de emigrantes que morren afogados no Mediterráneo e a angustia dos refuxiados que
foxen da guerra e estrélanse contra os valos de Europa débese a que tratan agónicamente de
alcanzar un bo código postal, porque saben dabondo que se permanecen baixa a fame e as
bombas o seu código xenético fracasará.
El País, domingo, 4 de outubro de 2015
CUESTIÓNS
1. Cal é a idea principal do texto?
2. Por que cres que o escritor fai esa alusión ao problema dos refuxiados que tentan
chegar a Europa?
3. Serve esta distinción para aplicar a outros casos problemáticos que atopamos na nosa
realidade social? Pon algún exemplo e razoa a túa posición.
Caderno de actividades e tarefas. O ser humano entre a Natureza e a cultura.
Caderno de Actividades. O ser humano entre a Natureza e a Cultura. Filosofía.
b) Os Sonacirema, de A. Giddens.
A crenza fundamental que subxace en todo o sistema (de costumes desta comunidade) parece
ser que o corpo humano é feo e que por natureza tende a debilitarse e a enfermar.
Encarcerado neste corpo, a única esperanza do ser humano é poder apartarse destas
tendencias mediante o uso das poderosas influencias do ritual e da cerimonia. Cada fogar ten
un ou máis altares adicados a este fin(…). O lugar central do altar ocúpaoo unha caixa ou cofre
construído na parede; neste cofre gárdanse os numerosos amuletos e pocións máxicas sen as
que ningún nativo cre que podería sobrevivir. Estes preparados garantízanos diversos
especialistas. Os máis poderosos son os curandeiros, cuxa asistencia debe recompensarse con
regalos. Porén, os curandeiros non proporcionan as pocións curativas aos seus clientes senón
que deciden sobre os ingredientes e llelos escriben nunha lingua antiga e secreta. Esta
escritura compréndena unicamente eles e os herbolarios, quen, a cambio doutro regalo,
proporcionan os amuletos necesarios.
(…)Os sonacirema senten ao mesmo tempo un horror case patolóxico e unha grande
fascinación pola boca, cuxo estado pensan que ten unha influencia sobrenatural en todas as
relacións sociais. Cren que, se non fora polos rituais bucais, caerianselle os dentes, sangrarían
as enxías, as súas mandíbulas reduciríanse, os seus amigos abandonaríanos e serían rexeitados
polos seus amantes. Tamén cren que existe unha estreita relación entre as características
orais e as morais. Por exemplo, hai unha ablución ritual da boca dos nenos que supón a súa
mellora do carácter moral.
O ritual corporal cotiá xeral inclúe un rito bucal. Aparte da minuciosidade no coidado da boca,
este rito conleva unha práctica que resulta repulsiva para o non iniciado. Contáronme que o
ritual consiste en insertar un fequeno feixe de pelos de porco na boca, xunto con certos pós
máxicos, e en movelo cunha serie de xestos moi formais.
Sociología. A. Giddens.
CUESTIÓNS
Lede atentamente a descrición que este sociólogo fai dos costumes da comunidade
chamada sonacirema. Poñede en común a vosa opinión ao respecto: é importante que
expresedes sen ningún tipo de censura o que sentiríades se tiverades que vivir nesta
comunidade e practicar estes rituais.
Caderno de Actividades. O ser humano entre a Natureza e a Cultura. Filosofía.
c) Os caníbales son os outros, de Ryszard Kapuscinski.
Á mañá seguinte, comezara para Edu o seu primeiro día na cidade. E anque para el todo isto é
un medio novo, un mundo novo, camiñar polas rúas de Kariakoo non esperta asombro, non
causa sensación. Todo o contrario que a min. Se algunha vez me meto polos caleixóns
alonxados do centro do barrio e menos frecuentados, os cativos fuxen despavoridos e
agóchanse nos currunxos máis inaccesibles. É porque, cando fan algunha falcatruada, as súas
nais dinlle: Sede bos, que se non ¡paparavos o mzumgu ¡ (En swahili, mzumgu significa branco,
europeo.)
Nunha ocasión, en Varsovia, contei a uns nenos cousas de África. Durante aquel encontro, un
cativo ergueu e preguntou:
-Víu vostede moitos caníbales?
Non sabía que, cando algún africano regresase de Europa a un kariakoo e se puxese a contar
cousas de Londres, de París ou doutras cidades habitadas por mzumgu, un neno africano da
mesma idade que o de Varsovia ben podería levantarse e preguntar:
-Viches alí a moitos caníbales?.
Ryszard Kapuscinski. Ébano. Páxina 201.
CUESTIÓN.
Que che suxire o texto e que conclusións podes extraer. Redacta.
Caderno de Actividades. O ser humano entre a Natureza e a Cultura. Filosofía.
d) As necesidades biolóxicas e a cultura. Anthony Giddens.
Os seres humanos teñen ademais unha serie de necesidades biolóxicas. A nosa necesidade de
alimento, bebida, sexo e de certos niveis de temperatura corporal ten un fundamento
orgánico, pero o modo en que estas necesidades satisfanse ou se manexan varía
enormemente en cada cultura e dentro delas.
Por exemplo, todas as culturas adoitan ter unha forma de cortexar establecida pero, aínda que
isto relaciónase coa natureza universal das necesidades sexuais, a súa expresión en diferentes
culturas -Incluíndo o mesmo acto sexual- varía enormemente. A posición habitual para o acto
sexual na cultura occidental é coa muller tombada boca arriba e o home encima dela. Esta
posición considérase absurda noutras sociedades, nas que é posible que o acto se realice
xacendo lateralmente, ou coa muller encima do home, ou o home contra as costas da muller,
ou noutras posicións. Por tanto, a forma que teñen as persoas de satisfacer as súas
necesidades sexuais responde a unha aprendizaxe cultural e non a unha determinación
xenética. Ademais, os humanos poden anular as súas necesidades biolóxicas cuns medios que
non parecen ter paralelo entre os animais. Os místicos relixiosos son capaces de ayunar
durante longos períodos. Os individuos poden optar polo celibato durante toda a súa vida
adulta ou parte dela. Todos os animais, incluíndo aos seres humanos, teñen unha tendencia
cara á auto conservación pero, a diferenza doutros animais, os humanos poden actuar
deliberadamente en contra desa tendencia, arriscando a súa vida ao practicar o montañismo
ou outras arriscadas actividades, e mesmo suicidándose.
CUESTIÓN
Cal é a idea principal do texto?
Caderno de Actividades. O ser humano entre a Natureza e a Cultura. Filosofía.
2) Tarefas:
a) Mapa conceptual do texto A cultura.
b) Mapa conceptual do texto Proceso de Socialización.
A cultura. Salvador Giner.
“Todo aquilo que o ser humano é ou fai e que non procede unicamente da súa herdanza
biolóxica fica, pois, cuberto polo campo da cultura. O feito de que eu escriba en galego, por
exemplo, non me vén dado nos cromosomas que orixinaron o meu equipo fisiolóxico: a
linguaxe é cultura. O feito de que @ lector@ que le estas liñas pertenza, supoñamos, á clase
media, tampouco pode explicarse totalmente pola súa bioloxía; a división en clases, que é
parte da súa estrutura social, estará estreitamente ligada, tamén, a este vasto sistema de
valores que é un elemento central da cultura (...).
A cultura ten os seguintes elementos: os aspectos cognitivos, as crenzas, os valores, as normas,
os signos e os modos non normativos de conduta. Vexámolos.
Toda cultura posúe uns elementos cognitivos, é dicir, un grao elevado de coñecementos
“obxectivos” sobre a natureza e a sociedade. Doutro xeito a colectividade non podería
sobrevivir: dende os pobos máis primitivos aos máis avanzados en complexidade cultural todos
saben enfrontarse coa brega cotiá, sexan as que sexan as súas crenzas máxicas, relixiosas,
ideolóxicas e “non obxectivas”. Xunto destes sólidos alicerces están as crenzas, das cales non
afirmamos nin a súa verdade nin falsidade, pois son empiricamente incomprobables; as
crenzas son unha fe sobre o cosmos e a vida e maniféstanse tambén en accións.
Pola súa parte, os valores con que nos achegamos á realidade e as normas de conduta que os
enmarcan determinan as nosas atitudes. Pode dicirse que os valores son xuizos de
desexabilidade ou aceptabilidade, ou de rexeitamento que se atribúen a toda clase de
obxectos e feitos.
Axiña se comprende que os valores non poden manifestarse sen normas de conduta que os
enmarquen e que teñen que ser aceptados por un número mínimo de membros da
colectividade, e en moitos casos por todos. A desviación do valor e da norma establecidos soe
implicar unha reacción punitiva por parte da colectividade en cuestión, anque moitas
sociedades complexan teñan institucionalizado un bo número de diverxencias nun sistema de
tolerancias aceptables.
Caderno de Actividades. O ser humano entre a Natureza e a Cultura. Filosofía.
Os signos culturais inclúen sinais e símbolos. Os primeiros indican un feito, simplemente, como
é o caso dos sinais de tránsito. Os símbolos son máis complexos e son parte do sistema de
comunicación que é a cultura. A rede simbólica máis importante é a linguaxe; sen el a
estrutura social esvaeríase. A sociedade humana é inconcebible sen linguaxe (...)
Finalmente, temos as formas de conduta non normativas, como son o estilo peculiar das
xentes dunha comunidade nacional: os andaluces teñen un estilo propio, como o teñen os
sicilianos, ou os escoceses. Este último elemento é algo impreciso, pero non por iso menos real
na conformación das culturas.
Salvador Giner, Socioloxía, Edicións 62. Barcelona, 1983. Páxs. 65-68
TAREFA 1
Fai un mapa conceptual do seguinte texto tentando recoller as ideas máis importantes.
NOTA:
Podedes acceder a través deste enlace a un programa on line de edición de mapas
conceptuais moi sinxelo, gratuíto, sen necesidade de rexistro e con posibilidade de
gardalo en formato imaxe jpg
https://www.bubbl.us/.
Caderno de Actividades. O ser humano entre a Natureza e a Cultura. Filosofía.
O proceso de socialización. Salvador Giner.
A socialización é o proceso mediante o cal o individuo é absorbido pola cultura da súa
sociedade. Fundamentalmente, a socialización é unha aprendizaxe; grazas a ela o individuo
aprende a adaptarse aos seus grupos e ás súas normas, imaxes e valores.
Trátase dun proceso de aprendizaxe de conduta (e de ideas e ciencias que ao fin han se
plasmar en conduta). Como proceso é permanente, pois dura toda a vida do individuo e é
perenne na sociedade.
Para o individuo a socialización é particularmente intensa durante os seus primeiros anos. E é
durante a infancia cando máis clara se ve a natureza da socialización, que, no seu carácter de
aprendizaxe, é un proceso de interiorización normativa e valorativa, como descubríu Freud.
(…)A pesar da alta determinación que entraña a condición física do recén nacido, este é a priori
un conxunto moi variado de posibilidades humanas. O individuo adulto único que xurdirá
máis tarde dependerá en gran medida do tipo de socialización que reciba.(…) Nesa fase
comeza a súa integración no primeiro dos grupos, a familia. É entón cando interioriza un
código de moral, ao aprender, sen que exista deliberación pola súa parte, o que está ben feito
e o que está mal feito, o que pode facerse sen sanción punitiva e o que implica tal sanción.
Esta interiorización é emocional e por iso os valores serán, toda a vida, reaccións afectivas
diante de certos aspectos do mundo. Todo este proceso de transmisión cultural realízase pola
interacción do infante coa súa nai e co pai primeiro, e logo cos irmáns, parentes, amigos da
familia, sen que tal orde sea ríxido, a excepción do primeiro paso; pois se alguén que substitúa
á nai no coidado inicial do recén, tal persoa adoita o rol materno e ten os seus efectos sobre a
vixe conciencia do novo ser humano.
Arreo, con castigos e premios –a miúdo mediante signos de aprobación e reproches violentos-,
o primeiro grupo ao que o infante pertence comeza a modelar a súa personalidade segundo
os seus valores e a súa imaxe do mundo. Transmiténselle normas de conduta, apréndeselle a
aceptar unha estrutura social determinada. Á súa vez, cando o axente socializado teña
interiorizado estes esquemas e se teña convertido en axente socializador, é moi probable que
inconscientemente colabore ao mantemento da cultura e da estrutura social que de pequeno
recibiu.
A socialización –como se ten apuntado- non acaba co grupo familiar. Os axentes de
socialización familiares axiña son substituídos. Nas sociedades occidentais hainos sancionados
polo poder público, ou son institucións privadas, pero alleas á familia: xardíns de infancias,
escolas. A medida que medra o novo individuo aumentan en número os axentes. Nunha tribu
illada o individuo axiña coñece os límites da súa sociedade, e non tarda en pasar polos
Caderno de Actividades. O ser humano entre a Natureza e a Cultura. Filosofía.
decisivos ritos de iniciación (os rites de passage tamén son socialización), ou sexa, de
integración na estrutura grupal. Na nosa sociedade, en cambio, a duración dos estudos
superiores, por exemplo, dános unha idea do longo camiño a percorrer. As persoas que se
adican á ciencia, ou á arte ou ao pensamento son seres humanos que non paran nunca,
deliberadamente, o seu proceso de aprendizaxe: teñen feito seu, precisamente, ese proceder
cuxa orixe é social. Por outra banda, nas sociedades tecnicamente avanzadas existen axentes
aparentemente impersonais de socialización –como son a radio, a televisión, a prensa- as
cales son unha novidade fronte aos sistemas sempre persoais que teñen prevalecido sempre.
Salvador Giner, Socioloxía. Edicións 62. Barcelona, 1983. Páxs. 76 e ss.
Tarefa 2
Le atentamente o texto e realiza logo un mapa conceptual que recolla os conceptos máis
importantes e a relación entre eles.
NOTA:
Podedes acceder a través deste enlace a un programa on line de edición de mapas
conceptuais moi sinxelo, gratuíto, sen necesidade de rexistro e con posibilidade de gardalo
en formato imaxe jpg
https://www.bubbl.us/.
Caderno de Actividades. O ser humano entre a Natureza e a Cultura. Filosofía.
TAREFA FINAL
Tes que elaborar UNHA COMPOSICIÓN ESCRITA elixindo unha das tres propostas
temáticas que propoño. Para iso deberás pensar axudándote dun caderno, un bloc ou
un simple papel no que apuntarás todo o que che pareza oportuno e que creas que ten
relación co tema proposto: problemas ou preguntas que xurden, respostas rápidas,
intuicións…. Logo, tenta facer un balanzo, unha análise daquelas ideas que che
parezan máis importantes, máis atractivas, máis orixinais e desbota as que non
consideres pertinentes para a redacción. Procura agora tentar relacionalas entre si e
busca xustificacións para facelo. Agora ponte a redactar. Seguramente han sair cousas
interesantes. Veña.
TEMAS PARA A COMPOSICIÓN:
Podemos considerar que a especie humana é unha especie privilexiada?
Se son un produto da sociedade, como podo ser orixinal?
Temos xusficación para condear prácticas culturais como a ablación de clítoris?
Caderno de Actividades. O ser humano entre a Natureza e a Cultura. Filosofía.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS PARA A AULA
ACTIVIDADE 1 / UN MUNDO AO REVÉS
- Veño polo do anuncio, señora.
- Ben, di a xefa de personal. Sente. ¿ Como se chama vostede?
- Bernardo
- ¿ Señor ou señorito?
- Señor
- Deame o seu nombre completo.
- Bernardo Delgado, señor de Pérez.
- Debo dicirlle señor de Pérez que, actualmente, á nosa dirección non lle gusta
empregar homes casados.
No departamento da señora Moreno, para a cal contratamos ao personal, hai varias
persoas de baixa por paternidade. É lexítimo que as parellas novas desexen ter fillos (a
nosa empresa que fabrica roupa de bebé anímalles a ter fillos), pero o absentismo
laboral dos futuros pais e dos pais xoves constitúen un duro hándicap para a marcha
dun negocio.
- Compréndoo señora, pero xa temos dous nenos e non quero máis. Ademáis, (o
señor de Pérez arrúbiase e fala en voz baixa) tomo a píldora.
- Ben, nese caso, sigamos ¿ que estudos ten vostede?
Caderno de Actividades. O ser humano entre a Natureza e a Cultura. Filosofía.
- Teño o Graduado Escolar e un Ciclo de Formación profesional de Administrativo.
Teríame gustado continuar estudos, pero na miña familia eramos varios irmáns e meus
pais deron prioridade ás mulleres, o que é moi normal.
Teñoo unha irmá coronela y outra mecánica.
- ¿ En que traballou vostede ultimamente?
- Basicamente teño feito substituciónss, xa que permitíame ocuparme dos nenos
mentres eran pequenos.
- ¿ Qué profesión desempeña a súa esposa?
- É xefa de obras dunha empresa de construcciós metálicas. Pero está estudiando
enxeñería, ya que nun futuro terá que substituir á súa nai, que é a que creou o
negocio.
- Volvendo a vostede, ¿ cales son as súas pretensións?
- Pois ....
- Evidentemente cun posto de traballo como o da súa esposa e coas súas perspectivas
de futuro, vostede desexará un soldo de complemento. Uns euros para gastos
persoais, como todo home desexa ter, para os seus caprichos, os seus
traxes.Ofrecémoslle 300 euros para empezar, una paga extra e una prima de
asiduidade. Fíxese neste punto, señor de Pérez, a asiduidad é absolutamente
indispensable en todos os postos. Foi necesario que a nosa directora creara esta prima
para animar ao personal a no faltar por tonterías. Temos conseguido diminuir o
absentismo masculino á metade, porén, hai señores que faltan co pretexto de que o
neno tuse ou que hai folga na escola. ¿ Cantos anos teñen os seus fillos?
- A nena seis e o neno catro. Os dous van a clase e recólloos pola tarde cando saio do
traballo, antes de facer a compra.
- E se se poñen enfermos, ¿ Ten vostede algo previsto?
Caderno de Actividades. O ser humano entre a Natureza e a Cultura. Filosofía.
- O seu avó pode coidalos. Vive perto.
- Ben, grazas, señor de Pérez. Xa lle comunicaremos a nosa resposta dentro duns días.
O señor de Pérez saiu da oficina cheo de esperanza. A xefa de personal fixóuse nel ao
marcharse. Tiña as piernas curtas, a espalda un pouco encorvada e apenas tiña cabelo. “A
señora Moreno detesta os calvos” recordou a responsable da contratación. E , ademais lle
tiña dito: Máis ben un alto, roxo, con boa presencia e solteiro. E a señora Moreno será a
directora do grupo o vindeiro ano.
ACTIVIDADE 2 / O ALCALDE E AS CHABOLAS
Eres o alcalde do teu concello e atópaste coa seguinte situación á que debes dar resposta no
sentido que consideres máis apropiado.
Nos arredores dun barrio existe un asentamento chabolista cuxos poboadores levan asentados
alí varios anos sen ningún tipo de infraestrutrua sanitaria, educativa nin de servicios
(electricidade, auga corrente…)
Unha organización social do municipio propón que se reinstalen en vivendas dignas e para iso
ofrece a dotación gratuita de solo para construir vivendas municipais destinadas a este grupo
de cidadáns. Tamén ofrece a posibilidade de que os destinatarios poidan contribuir a sufragar
unha parte dos gastos mediante o seu propio traballo nas obras de construción. O resto
correría a cargo dos Presupostos Municipais. Esta asociación pensa que o Concello non pode
permanecer impasible diante da indigna situaicón que viven estas persoas e que é un deber da
sociedade en xeral e teu, como alcalde, en particular, dar unha resposta que permita vivir a
estes cidadáns en condicións humanamente dignas. Ameazan con denunciar a situación aos
medios de comunicación se non se atenden as súas xustas reivindicacións.
Porén, a Asociación de Veciños do barrio, xunto coa Asociación de Comerciantes da zona onde
se instalarán estas vivendas, opóñense a estas medidas. En primeiro lugar, pensa que como na
zona existen moitos colexios e hai moita poboación infantil, resultaría enormemente perigoso
instalar un asentamento así, dadas as frecuentes noticias que hai sobre tráfico de drogas e
delincuencia, relacionadas con este tipo de poboación. Os comerciantes pensan que ser verían
perxudicados nas súas ventas debido ao aumento da inseguridade cidadá. Por outro lado e,
Caderno de Actividades. O ser humano entre a Natureza e a Cultura. Filosofía.
dado que entre esta poboación hai xitanos, parécelles inxusto que se lle dean facilidades a este
grupo de poboación, cando o problema da vivenda é moi acusado en todo o municipio e
existen outras familias non xitanas que non reciben ningunha axuda. Ameazan con
manifestacións masivas se non se lles fai caso.
Propostas para a reflexión:
Reflexión individual
Fai unha lista con todas as razóns que se che ocorran a prol da primeira proposta.
Fai unha lista con todas as razóns que se che ocorran a prol da segunda proposta.
Logo de ver todas estas razóns
¿Cal é a túa decisión?
¿A quen beneficia? ¿De que maneira?
¿A quen perxudica? ¿De que maneira?
Reflexión en grupo sobre as decisións tomadas individualmente e propoñede unha solución
consensuada por membros do grupo. Dita solución non ten por que ser unha das dúas
propostas que aparecen no texto; o grupo pode aportar solucións alternativas.
¿E se foses un dos veciños implicados?
¿En que medida cambiaría a túa opinión se entre os chabolistas non houbese xitanos?
Gloria Rojas Ruíz
MEC 1996
Caderno de Actividades. O ser humano entre a Natureza e a Cultura. Filosofía.