1 O corpo humano - recursos.santillana.es · 1 O corpo humano 8. O corpo humano O noso corpo...

16
Cando o corpo falla O noso corpo é unha máquina complexa formada por numerosas pezas que traballan de forma coordinada. Alimentámonos e respiramos para conseguir a materia e a enerxía necesarias para medrar e realizar todas as nosas actividades diarias. O cerebro funciona como un grande ordenador, procesa a información do interior do noso corpo e a que captamos do exterior para elaborar respostas adecuadas. Os nosos músculos e ósos permítennos facer movementos para andar, facer ximnasia, manexar ferramentas ou tocar un instrumento musical. Pero, en ocasións, o corpo pode fallar ou sufrir un accidente como un corte, unha queimadura, a picadura dun insecto ou unha insolación. Nestes casos pódense aplicar unhas técnicas chamadas primeiros auxilios que serven para impedir que as lesións se agraven e para facilitar a recuperación da persoa lesionada. Elixe a opción correcta para terminar a oración e razoa a resposta. Os elementos do noso corpo actúan… – cada un pola súa conta. – de forma coordinada. Para que serven as técnicas de primeiros auxilios? Pon tres exemplos de situacións en que se poden aplicar técnicas de primeiros auxilios. Observa o cómic e explica o que sucede na aula e como actúa o profesor. EXPRESIÓN ORAL. Comentade algunha situación en que se producise un accidente e as medidas que se tomaron coa persoa accidentada. Le e comprende o problema SABER FACER TAREFA FINAL Identificar técnicas de primeiros auxilios Ao finalizar a unidade serás capaz de identificar a técnica de primeiros auxilios adecuada para algunhas situacións. Antes, vas aprender como son as células do noso corpo, como se organiza o corpo humano e cales son as funcións de nutrición, de reprodución e de relación. 1 O corpo humano 8

Transcript of 1 O corpo humano - recursos.santillana.es · 1 O corpo humano 8. O corpo humano O noso corpo...

Page 1: 1 O corpo humano - recursos.santillana.es · 1 O corpo humano 8. O corpo humano O noso corpo realiza as tres funcións vitais: ... ano boca fígado páncreas GLáNDULAS TUbO DIxESTIvO

Cando o corpo falla

O noso corpo é unha máquina complexa formada por numerosas pezas que traballan de forma coordinada.

Alimentámonos e respiramos para conseguir a materia e a enerxía necesarias para medrar e realizar todas as nosas actividades diarias. O cerebro funciona como un grande ordenador, procesa a información do interior do noso corpo e a que captamos do exterior para elaborar respostas adecuadas. Os nosos músculos e ósos permítennos facer movementos para andar, facer ximnasia, manexar ferramentas ou tocar un instrumento musical.

Pero, en ocasións, o corpo pode fallar ou sufrir un accidente como un corte, unha queimadura, a picadura dun insecto ou unha insolación.

Nestes casos pódense aplicar unhas técnicas chamadas primeiros auxilios que serven para impedir que as lesións se agraven e para facilitar a recuperación da persoa lesionada.

Elixe a opción correcta para terminar a oración e razoa a resposta.

Os elementos do noso corpo actúan… – cada un pola súa conta. – de forma coordinada.

Para que serven as técnicas de primeiros auxilios?

Pon tres exemplos de situacións en que se poden aplicar técnicas de primeiros auxilios.

Observa o cómic e explica o que sucede na aula e como actúa o profesor.

EXPRESIÓN ORAL. Comentade algunha situación en que se producise un accidente e as medidas que se tomaron coa persoa accidentada.

Le e comprende o problema SABER FACER

TAREFA FINAL

Identificar técnicas de primeiros auxilios

Ao finalizar a unidade serás capaz de identificar a técnica de primeiros auxilios adecuada para algunhas situacións.

Antes, vas aprender como son as células do noso corpo, como se organiza o corpo humano e cales son as funcións de nutrición, de reprodución e de relación.

1 O corpo humano

8

Page 2: 1 O corpo humano - recursos.santillana.es · 1 O corpo humano 8. O corpo humano O noso corpo realiza as tres funcións vitais: ... ano boca fígado páncreas GLáNDULAS TUbO DIxESTIvO

O corpo humano

O noso corpo realiza as tres funcións vitais: nutrición, relación e reprodución.

Todos estamos formados polas mesmas partes, pero non somos exactamente iguais. Existen diferenzas corporais dependendo da idade e do sexo das persoas.

1 Sabes en que partes do corpo se levan a cabo cada unha das tres funcións vitais?

2 Que diferenzas corporais observas nas persoas que se ven nas fotografías?

QUE SABES XA?

Que ten?

Estase mareando!Abride a ventá!

Grazas! Xa me atopo mellor!

Menos mal que o noso

profesor me axudou.

9

Page 3: 1 O corpo humano - recursos.santillana.es · 1 O corpo humano 8. O corpo humano O noso corpo realiza as tres funcións vitais: ... ano boca fígado páncreas GLáNDULAS TUbO DIxESTIvO

Estamos formados por células

Os seres humanos somos parte da gran diversidade de seres vivos que habitan a Terra. A pesar do diferentes que podemos parecer, todos os seres vivos temos en común dúas carac-terísticas:

Realizamos as funcións vitais de nutrición, relación e re-produción.

Estamos formados por células. Algúns seres vivos están formados por unha soa célula e outros, como as plantas e os animais, por moitas.

A célula

As persoas estamos formadas por millóns de partes moi pequenas chamadas células. Por iso dicimos que somos seres pluricelulares.

As células son tan pequenas que non se poden ver a simple vista; para poder observalas necesítase un microscopio. 1

As células son as unidades máis pequenas que forman os seres vivos e que, ademais, están vivas.

As células, a pesar do seu pequeno tamaño, realizan as tres funcións vitais:

Nutrición. As células obteñen as substancias que necesi-tan para medrar e conseguir enerxía.

Relación. As células reciben a información do medio que as rodea e poden reaccionar ante ela.

Reprodución. As células divídense e orixinan outras célu-las fillas.

1 Glóbulos vermellos vistos co microscopio. Os glóbulos vermellos son células do sangue.

O microscopio

O microscopio é un instrumento que permite que se poida ampliar moito a imaxe de obxectos moi pequenos.

Ten dúas lentes, unha no ocular, que é a parte do microscopio por onde miramos, e outra en cada obxectivo. Con estas lentes pódese ampliar ata mil veces a imaxe do que se quere observar.

Na platina colócase a preparación, que é un fino vidro transparente en que se coloca a mostra que queremos observar. Esta mostra debe ser moi f ina para que a luz do microscopio poida atravesala.

SABER MÁIS

obxectivo

platina

fonte de luz

ocular

10

1

Page 4: 1 O corpo humano - recursos.santillana.es · 1 O corpo humano 8. O corpo humano O noso corpo realiza as tres funcións vitais: ... ano boca fígado páncreas GLáNDULAS TUbO DIxESTIvO

Como son as células do noso corpo

As células son moi pequenas, a maioría ten un tamaño dunhas cen veces máis pequeno ca un milímetro. Pero non todas as nosas células son iguais. Por exemplo, as células do cerebro, as neuronas, son bastante maiores ca os glóbu-los vermellos do sangue.

Ademais, os distintos tipos de células teñen formas diferen-tes: esférica, como as células do sangue; en forma de prisma, como as células do intestino; estreladas, como as neuronas; planas, como as células que recobren o interior dos vasos sanguíneos… 2

Das células do debuxo, cales son as máis pequenas? E as máis grandes?

Describe como é a neurona.

TRABALLA COA IMAXE

ACTIVIDADES

1 Cales son as características comúns de todos os seres vivos?

2 Que son as células? Por que dicimos que están vivas?

3 Por que necesitamos un microscopio para poder ver as células?

4 Observa as fotografías da dereita, compáraas co debuxo 2 e di que tipo de célula é cada unha.

5 As persoas somos seres pluricelulares. Que outros seres vivos están formados por moitas células? Pon exemplos.

6 USA AS TIC. Busca información sobre o tamaño que pode alcanzar unha neurona.

2 Algúns tipos de células que forman o noso corpo.

célula do intestino

neurona

células do sangue

célula muscular

célula do fígado

célula do óso

A

B

1

11

1

Page 5: 1 O corpo humano - recursos.santillana.es · 1 O corpo humano 8. O corpo humano O noso corpo realiza as tres funcións vitais: ... ano boca fígado páncreas GLáNDULAS TUbO DIxESTIvO

célula muscular

CÉLULAS TECIDOSÓRGANOS

tecido muscularmúsculo

célula óseatecido óseo óso

As persoas somos seres pluricelulares. As nosas células non se colocan de calquera xeito, senón que están organizadas. No noso corpo pódense distinguir varios niveis de organi-zación. 1

Os tecidos

Nos seres pluricelulares, as células que son do mesmo tipo agrúpanse en tecidos. 2

No noso corpo hai diversos tecidos. Por exemplo, o tecido muscular, que está formado por células musculares, e o te-cido óseo, que forma parte dos ósos.

Todas as células dun mesmo tecido realizan unha función común; por exemplo, as do tecido muscular producen movementos.

Os órganos

Un órgano está formado pola unión de varios tecidos que se organizan e funcionan conxuntamente.

O estómago, o corazón e os riles son exemplos de órganos. Cada órgano leva a cabo unha función concreta necesaria para a actividade de todo o organismo.

Por exemplo, a lingua é un órgano formado por: tecido mus-cular; tecido epitelial, que forma a pel que o recobre; e teci-do nervioso, que forma os nervios. Todos traballan xuntos para que a lingua cumpra as súas funcións.

A organización do corpo humano

1 Niveis de organización no ser humano.

Describe como se colocan as células no tecido muscular.

Que órganos están debuxados?

TRABALLA COA IMAXE

2 O tecido adiposo contén graxa que o corpo usa cando necesita obter enerxía. Está formado por unhas células denominadas adipocitos.

12

Page 6: 1 O corpo humano - recursos.santillana.es · 1 O corpo humano 8. O corpo humano O noso corpo realiza as tres funcións vitais: ... ano boca fígado páncreas GLáNDULAS TUbO DIxESTIvO

SISTEMAS

APARELLOS

ORGANISMO

sistema muscular

sistema óseo

aparello locomotor

Sistemas e aparellos

Un sistema está formado por varios órganos do mes-mo tipo que realizan a mesma función.

Por exemplo, o sistema muscular está formado por todos os músculos do corpo, mentres que os ósos constitúen o sis-tema óseo.

Un aparello consta de órganos de diferente tipo ou de varios sistemas que funcionan de xeito coordinado para realizar un traballo.

O aparello dixestivo humano inclúe órganos como a lingua, o estómago, o fígado e os intestinos.

O aparello locomotor está composto polo sistema muscular e o sistema óseo. Ambos traballan xuntos para producir movementos e desprazamentos.

Os organismos

O organismo humano está formado por todos os nosos aparellos e sistemas.

Para que o organismo funcione correctamente, todos os niveis de organización deben estar coordinados, desde as células ata os aparellos e sistemas.

1 Describe a organización do sistema óseo desde o nivel máis simple ata o máis complexo.

2 Que sistemas forman o aparello locomotor?

3 Que é un órgano? De que está formado?

ACTIVIDADES

13

1

Page 7: 1 O corpo humano - recursos.santillana.es · 1 O corpo humano 8. O corpo humano O noso corpo realiza as tres funcións vitais: ... ano boca fígado páncreas GLáNDULAS TUbO DIxESTIvO

A achega de enerxía é imprescindible para realizar calque-ra actividade. Coa función de nutrición o organismo vivo obtén os materiais e a enerxía que necesita.

A función de nutrición inclúe os procesos de captación de nutrientes, a súa transformación, a distribución a todas as células e a eliminación de substancias de refugo.

Para iso o corpo do ser vivo ten órganos e aparellos espe-cializados na realización destas tarefas: aparello dixestivo 1 , respiratorio, circulatorio e excretor.

Por medio da función de nutrición o organismo obtén os materiais e a enerxía que necesita.

O proceso dixestivo

O proceso dixestivo consiste na transformación dos alimen-tos co fin de conseguir os nutrientes que conteñen. Realíza-se no aparello dixestivo e segue tres pasos: a dixestión, a absorción e a eliminación dos refugos.

A dixestión é a descomposición dos alimentos para obter deles os nutrientes. Na dixestión participan varias partes do aparello dixestivo: 2

– Na boca os alimentos esmiúzanse cos dentes e mestú-ranse coa saliva, deste xeito fórmase o bolo alimenticio.

– A farinxe e o esófago conducen o bolo ao estómago.

– Nas paredes musculosas do estómago mestúrase co zume gástrico e dá como resultado o quimo.

– O quimo pasa ao intestino delgado e mestúrase con outros zumes e coa bile. Ao final, fórmase unha papa chamada quilo.

A absorción consiste no paso dos nutrientes desde o aparello dixestivo ao sangue e ocorre no intestino delgado, que ten numerosas pilosidades. Os nutrientes atravesan a parede do intestino e pasan aos vasos sanguíneos de cada pilosidade.

A eliminación de refugos é a expulsión das substancias non dixeridas dos alimentos.

O aparello dixestivo realiza o proceso dixestivo, que comprende a dixestión dos alimentos, a absorción dos nutrientes e a eliminación de refugos.

A función de nutrición

1 Esquema do aparello dixestivo.

2 Esquema da dixestión.

farinxe

esófago

estómago

intestino delgado

intestino groso

ano

boca

fígado

páncreas

GLáNDULAS TUbO DIxESTIvO

glándulas salivares

2. Pasa pola farinxe e polo esófago.

4. No intestino delgado fórmase o quilo.

1. Na boca, fórmase o bolo alimenticio.

3. No estómago fórmase o quimo.

14

1

Page 8: 1 O corpo humano - recursos.santillana.es · 1 O corpo humano 8. O corpo humano O noso corpo realiza as tres funcións vitais: ... ano boca fígado páncreas GLáNDULAS TUbO DIxESTIvO

A respiración, a circulación e a excreción

A respiración consiste na entrada e saída de aire do corpo para obter osíxeno e expulsar dióxido de carbono.

O aparello respiratorio consta das vías respiratorias, que son os condutos polos que o aire entra e sae no noso corpo. Co-mezan no nariz e continúan coa farinxe, a larinxe e a traquea. A traquea dá lugar aos bronquios, que entran nos pulmóns. 3

A respiración serve para obter osíxeno do aire e eli-minar dióxido de carbono.

A circulación é o movemento que realiza o sangue polo aparello circulatorio para transportar substancias nutritivas, osíxeno e substancias de refugo.

O aparello circulatorio está formado polo corazón, os va-sos sanguíneos e o sangue. 4

Mediante a circulación repártense polo corpo os nu-trientes e o osíxeno e retíranse os refugos.

A excreción é a eliminación das substancias de refugo do sangue. Realízaa o aparello excretor, que está formado polos riles, a vexiga urinaria, os uréteres e a uretra. 5

Os riles actúan como coadores: filtran o sangue, reteñen as substancias de refugo e ademais producen a urina.

A excreción serve para eliminar as substancias de refugo que transporta o sangue.

1 Copia no caderno o esquema e complétao coas palabras que faltan.

A función de nutrición

nela interveñen

2 Explica por que razón é necesaria a función de nutrición.

3 Cales son as tres fases que segue o proceso dixestivo? Que ocorre en cada unha delas?

4 Por que pensas que se comparan os riles cun coador? Explícao coas túas palabras.

ACTIVIDADES

2

3 Esquema do aparello respiratorio.

5 Esquema do aparello excretor.

traqueafosas nasais

farinxe

larinxe

bronquios

pulmóns

uréteresriles

vexigauretra

4 Esquema do aparello circulatorio.

vasos sanguíneos

corazón

15

1

Page 9: 1 O corpo humano - recursos.santillana.es · 1 O corpo humano 8. O corpo humano O noso corpo realiza as tres funcións vitais: ... ano boca fígado páncreas GLáNDULAS TUbO DIxESTIvO

Todos os seres vivos se reproducen, é dicir, teñen descen-dentes semellantes a eles. Na función de reprodución in-terveñen os aparellos reprodutores.

Nas persoas, o aparello reprodutor madura arredor dos trece anos, pero non se adoita ter fillos ata a idade adulta.

A función de reprodución permítenos ás persoas ter descendentes semellantes a nós.

O aparello reprodutor masculino

O aparello reprodutor masculino 1 está formado por varios órganos que se encargan da reprodución. Os testículos están no interior do corpo e o pene e mais o escroto están no ex-terior.

Nos dous testículos fabrícanse continuamente os esper-matozoides 3 , que son as células sexuais masculinas e tamén se producen as hormonas sexuais.

O pene é o órgano polo que saen os espermatozoides. No pene está a uretra, que ademais de levar os espermato-zoides ao exterior, tamén serve para expulsar a urina.

O aparello reprodutor feminino

O aparello reprodutor feminino 2 está formado por varios órganos que se encargan da reprodución. Os ovarios, as trompas, o útero e a vaxina atópanse no interior do corpo. A vulva e as mamas están no exterior.

Nos dous ovarios maduran os óvulos 3 , que son as cé-lulas sexuais femininas. Cada mes madura un óvulo nun ovario diferente.

As trompas de Falopio comunican os ovarios co útero.

O útero é a cavidade onde se desenvolve o meniño duran-te o embarazo.

A vaxina é un canal elástico que comunica o útero co exterior.

A vulva é a parte externa do aparello reprodutor.

A función de reprodución

3 As células sexuais.

1 Aparello reprodutor masculino.

Os aparellos reprodutores masculino e feminino están formados por varios órganos que se encargan da re-produción.

espermatozoide

óvulo

testículos

próstata

pene

escroto

uretra

vesículas seminais

condutos deferentes

2 Aparello reprodutor feminino.

ovarios útero

trompas de Falopio

vaxina

vulva

16

1

Page 10: 1 O corpo humano - recursos.santillana.es · 1 O corpo humano 8. O corpo humano O noso corpo realiza as tres funcións vitais: ... ano boca fígado páncreas GLáNDULAS TUbO DIxESTIvO

A fecundación

A fecundación é a unión dun óvulo e dun espermatozoide. Cando un óvulo madura, pasa do ovario á trompa de Falopio. Se mentres percorre a trompa se encontra cun espermato-zoide, prodúcese a fecundación. Para que isto sexa posible, cómpre que os espermatozoides cheguen ás trompas.

A unión do espermatozoide e do óvulo dá orixe a unha cé-lula chamada cigoto, que se irá dividindo ata formar o em-brión, que continuará crecendo adherido no útero da muller.

O embarazo

O embarazo 4 é o conxunto dos cambios que se producen desde a fecundación ata o nacemento dun novo ser e dura uns nove meses. Estes cambios prodúcense no feto que está medrando e tamén no corpo da muller.

O feto desenvólvese no interior dun órgano chamado pla-centa. A unión entre o feto e a placenta é o cordón umbi-lical, que é por onde pasan os alimentos e o osíxeno. 5

1 Copia no caderno o esquema e complétao engadindo as palabras que faltan.

A función de reprodución

nela interveñen

2 Explica as diferenzas que existen entre os ovarios e os testículos.

3 Que diferenza hai entre un óvulo e un cigoto? E entre un cigoto e un embrión?

4 Explica algúns dos cambios que se producen no feto e mais nunha muller embarazada ao longo dos nove meses que dura o embarazo.

ACTIVIDADES

2

4 Cambios que experimentan a nai e o futuro bebé durante o embarazo.

3 meses 5 meses 7 meses 9 meses

5 Esquema do embrión no útero.

útero

cordón umbilical

líquido amniótico

placenta

embrión

17

1

Page 11: 1 O corpo humano - recursos.santillana.es · 1 O corpo humano 8. O corpo humano O noso corpo realiza as tres funcións vitais: ... ano boca fígado páncreas GLáNDULAS TUbO DIxESTIvO

As persoas captamos o que suce-de no exterior: oímos, vemos, sen-timos…

Tamén nos comunicamos uns con outros, movémonos e reacciona-mos cando acontecen cambios que nos afectan.

A función de relación permí-tenos percib i r todo o que oco r re a r redo r de nós e reaccionar dunha forma ade-cuada.

Por exemplo, se estamos xogando ao fútbol e vemos que se achega un balón á portaría respondemos movéndonos para evitar que nos metan un gol. 1

Como ocorre a función de relación

Se alguén nos chama, oímos o noso nome e respondemos xirándonos cara ao lugar de onde procede o son. Para que todo isto suceda necesítase a intervención coordinada dos órganos dos sentidos, o sistema nervioso e o aparello loco-motor.

A función de relación ocorre en varias fases: 2

Os órganos dos sentidos posúen uns receptores que captan a información de todo o que ocorre no noso con-torno. Estes receptores son capaces de percibir estímulos do exterior como a luz, o son, a presión, etc.

Estes receptores envían a información ao cerebro median-te nervios que forman parte do sistema nervioso.

O cerebro, outro dos compoñentes do sistema nervioso, analiza a información e decide que facer.

O cerebro envía ordes a través dos nervios.

O aparello locomotor, formado polos músculos e os ósos, recibe as ordes e realiza os movementos.

Na relación interveñen os órganos dos sentidos, o sis-tema nervioso e o aparello locomotor.

A función de relación

1 Exemplo da función de relación.

2 Esquema da función de relación.

ÓRGANOS DOS SENTIDOS SISTEMA NERVIOSO APARELLO LOCOMOTOR

1. Os ollos captan que o balón se dirixe directamente cara á portaría.

2. A información viaxa ata o cerebro polos nervios ópticos.

Órganos dos sentidos

Cerebro

Músculos

nervios

nervios

18

1

Page 12: 1 O corpo humano - recursos.santillana.es · 1 O corpo humano 8. O corpo humano O noso corpo realiza as tres funcións vitais: ... ano boca fígado páncreas GLáNDULAS TUbO DIxESTIvO

A coordinación interna do noso organismo

Aínda que non somos conscientes de que ocorren, no interior do noso corpo suceden moitos procesos diferentes: o cora-zón bombea o sangue que circula polo corpo, os riles fabri-can a urina, dixerimos os alimentos…

Para que o noso organismo funcione ben, necesitamos que todos estes procesos do interior do noso corpo se realicen de forma coordinada.

Esta coordinación interna tamén forma parte da función de relación e realízaa o sistema nervioso.

Explica o que ocorrería se, en vez de ver o balón que se achega, a nena oíse soar o teléfono, que está noutro cuarto. Escribe e debuxa os cinco pasos que se producirían nese proceso.

TRABALLA COA IMAXE

1 Copia no caderno o esquema e complétao engadindo as palabras que faltan.

A función de relación

nela interveñen

2 Explica de que xeito participa o aparello locomotor na función de relación.

3 Pon dous exemplos de situacións en que interveña a función de relación e explica en que momento actúan os órganos dos sentidos, o sistema nervioso e o aparello locomotor ou os órganos internos.

ACTIVIDADES

ÓRGANOS DOS SENTIDOS SISTEMA NERVIOSO APARELLO LOCOMOTOR

3. O cerebro interpreta que hai que moverse para coller o balón.

4. O cerebro transmite ordes aos músculos das pernas e dos brazos a través dos nervios.

5. Os músculos das pernas e dos brazos actúan e a nena para o balón.

2

19

1

Page 13: 1 O corpo humano - recursos.santillana.es · 1 O corpo humano 8. O corpo humano O noso corpo realiza as tres funcións vitais: ... ano boca fígado páncreas GLáNDULAS TUbO DIxESTIvO

SABER FACER

Cortes

Premer a ferida firmemente cunha gasa estéril ata cortar a hemorraxia. Se é posible, débense utilizar guantes de usar e tirar. Cando deixe de sangrar, limpala con auga e xabón e a continuación cun desinfectante. Despois hai que acudir a urxencias do hospital, pois talvez sexa necesario dar puntos ou administrar a vacina antitetánica.

Hemorraxias nasais

Inclinar lixeiramente a cabeza cara adiante para evitar tragar sangue e premer cos dedos o nariz durante uns minutos, ata que deixe de sangrar. Non hai que taponar o nariz con algodón e, se nuns minutos non deixa de sangrar, premer o nariz de novo ata cortar a hemorraxia.

Queimaduras leves

Lavar a queimadura durante uns minutos con abundante auga fría debaixo da billa para que arrefríe a pel. Non hai que poñer barro, aceite, pomada, pasta de dentes, alcohol ou outras substancias sobre as queimaduras. Se a queimadura é grave, pódese tapar con gasas molladas ata recibir atención médica.

Comprende a información

1 Busca o significado de estéril, desinfectante, vacina antitetánica e hemorraxia.

Busca máis información

2 Infórmate sobre os primeiros auxilios que se poden aplicar nos seguintes casos:

picaduras de animais insolación diarrea

Pon en común

3 TRABALLO COOPERATIVO. Facede entre todos un manual de primeiros auxilios sobre accidentes que poidan ocorrer no colexio. Explicade como actuar en cada caso.

Le algunhas técnicas de primeiros auxilios

Identificar técnicas de primeiros auxilios

Cando vemos a unha persoa que sufriu un accidente ou unha enfermidade repentina debemos prestarlle axuda ata que sexa atendida por persoal sanitario. Para poder facelo cómpre coñecer algunhas técnicas de primeiros auxilios.

20

Page 14: 1 O corpo humano - recursos.santillana.es · 1 O corpo humano 8. O corpo humano O noso corpo realiza as tres funcións vitais: ... ano boca fígado páncreas GLáNDULAS TUbO DIxESTIvO

1 RESUMO. Copia e completa no caderno o resumo da unidade.

Todos os seres vivos realizan as funcións e están formados por .

As células son tan pequenas que só se poden ver utilizando un .

Nos seres vivos pluricelulares as células que son do mesmo tipo agrúpanse en .

Un órgano está formado pola unión de varios que funcionan de forma coordinada.

Un está composto de varios órganos do mesmo tipo que realizan a mesma función.

Un consta de órganos de diferentes tipos ou de varios sistemas que funcionan de xeito coordinado para realizar un traballo.

Un ser humano está formado pola unión de todos os e do corpo.

Por medio da función de o organismo obtén a materia e a que precisa.

O aparello dixestivo realiza o proceso , que comprende a dixestión dos alimentos, a dos nutrientes e a eliminación de .

A respiración serve para obter do aire e eliminar .

Mediante a circulación repártense polo corpo os e o osíxeno e retíranse os refugos.

A excreción serve para eliminar as substancias de refugo que transporta o .

A función de permítenos ás persoas ter descendentes semellantes a nós.

Mediante a función de respondemos aos cambios que ocorren arredor de nós e elaboramos .

2 Elabora un esquema en que inclúas as seguintes palabras:

corpo humano sistemas

células aparellos

tecidos órganos

3 ESQUEMA. Copia e completa no caderno o esquema dos niveis de organización.

SABER ESTUDAR1

organismo

células

21

Page 15: 1 O corpo humano - recursos.santillana.es · 1 O corpo humano 8. O corpo humano O noso corpo realiza as tres funcións vitais: ... ano boca fígado páncreas GLáNDULAS TUbO DIxESTIvO

ACTIVIDADES FINAIS

1 Observa o debuxo e explica se se trata dun tecido ou dun órgano.

2 Cres que un tecido está vivo? Explica a resposta.

3 Busca no dicionario o significado das seguintes palabras e cópiao no caderno:

célula

unicelular

pluricelular

tecido

órgano

organismo

4 PARA PENSAR. Escribe unha redacción en que expliques por que se di que o noso corpo é unha máquina perfecta e pon exemplos de situacións que vivises ou observases en que o corpo se comporte como tal.

5 TRABALLO COOPERATIVO. Organizádevos por grupos de traballo e realizade un mural sobre o que aprendestes nesta unidade sobre o corpo humano. Podedes usar fotografías que recortedes de xornais ou revistas ou algunha que encontredes en Internet.

6 A partir da fotografía do microscopio, realiza un debuxo esquemático no caderno e localiza nel estas partes:

ocular platina

obxectivo fonte de luz

7 Copia no caderno a seguinte táboa e complétaa coas definicións.

Elemento Definición

Célula

Tecido

Órgano

Sistema

Aparello

Organismo

8 Describe o percorrido que fai un bocadillo desde que o comes ata que expulsas os seus restos. Explica o que pasa en cada órgano do aparello dixestivo.

22

Page 16: 1 O corpo humano - recursos.santillana.es · 1 O corpo humano 8. O corpo humano O noso corpo realiza as tres funcións vitais: ... ano boca fígado páncreas GLáNDULAS TUbO DIxESTIvO

Elixe e realiza unha destas actividades:

A. Investiga sobre algún problema de saúde que poida afectar os rapaces e rapazas do teu tempo (sedentarismo, obesidade...) e elabora unha campaña publicitaria que motive a coidar da saúde. Usa, para facelo, os medios que prefiras.

B. Fai un cómic en que se describa unha situación real en que sexa necesario realizar algunha técnica de primeiros auxilios das que se estudaron ao longo da unidade.

C. Utiliza o ordenador para facer unha presentación sobre os niveis de organización do corpo humano.

Demostra o teu talento

1

9 PARA PENSAR. Os fillos parécense tanto ao pai coma á nai. Pensa e razoa por que isto é así.

10 En cal dos seguintes casos intervén a función de relación?

O semáforo ponse en verde e cruzamos a rúa.

Dixerimos os alimentos.

11 Como se produce a coordinación interna do noso corpo?

12 Explica a función de relación usando as seguintes palabras:

órganos dos sentidos - nervios - sistema nervioso - aparello locomotor

13 Explica por que non poderiamos sobrevivir sen a función de relación.

14 Elabora unha ficha de vocabulario onde expliques o significado das seguintes palabras que aparecen na unidade:

receptor - resposta - cerebro

Ficha

Palabra:

Definición:

15 TOMA A INICIATIVA. O consumo de tabaco é un problema moi grave para a saúde e que afecta directamente o aparello respiratorio. Algunhas das seguintes medidas tomáronse para tratar de combater o seu consumo. Explica que che parecen, se pensas que son efectivas. Engade algunha máis que consideres conveniente.

Nos paquetes de tabaco hai mensaxes que alertan do perigoso que é para a saúde o feito de fumar.

Está prohibido fumar en lugares públicos: bares, centros de traballo, comercios...

Non se pode fumar nos parques infantís nin nos centros de ensino nin deportivos.

23