1.- INTRODUCCIÓN GENERAL A LA ESGRIMA...En España os primeiros tratados que establecen as pautas...

8
1.- INTRODUCCIÓN GENERAL A LA ESGRIMA:

Transcript of 1.- INTRODUCCIÓN GENERAL A LA ESGRIMA...En España os primeiros tratados que establecen as pautas...

Page 1: 1.- INTRODUCCIÓN GENERAL A LA ESGRIMA...En España os primeiros tratados que establecen as pautas para o exercicio da esgrima aparecen no século XV: "La verdadera esgrima" (1472)

1.- INTRODUCCIÓN GENERAL A LA ESGRIMA:

Page 2: 1.- INTRODUCCIÓN GENERAL A LA ESGRIMA...En España os primeiros tratados que establecen as pautas para o exercicio da esgrima aparecen no século XV: "La verdadera esgrima" (1472)

1.- INTRODUCCIÓN XERAL Á ESGRIMA:

A evolución da esgrima occidental discorre paralela á do ser humán ao longo da Historia.

A primeira espada que se coñece ten a folla de bronce e data de hai 5000 anos.

A Grecia clásica posuía coñecemento sobre o manexo de espadas, aínda que foi o Imperio

Romano o que contribuíu, coa súa expansión territorial, á difusión e proliferación destas armas.

No século XIV en Europa comezan a desenrolarse as diferentes técnicas da esgrima coa

consecuente publicación de tratados e a aparición de distintas escolas.

Os países máis relevantes neste sentido foron España, Francia, Italia e Hungría.

En España os primeiros tratados que establecen as pautas para o exercicio da esgrima

aparecen no século XV: "La verdadera esgrima" (1472) de J. Pons e "El manejo de las

armas de combate" (1473) de P. de la Torre.

Xa no século XVI o mestre Jerónimo de Carranza publica “De la filosofía de las armas”,

auténtica referencia dos tratados de esgrima. A súa validez perdura durante máis de 300 anos.

No mesmo século introdúcese en Italia, e o estoque e a técnica italiana (primeiramente co

brazo esquerdo envolto cun manto) popularízanse en Europa, especialmente en Inglaterra e

Francia.

No século XVIII invéntase en Francia o florete, e xorden distintos estilos de defensa e ataque,

así como un vocabulario especial de esgrima.

No século XIX foron prohibidos os duelos, e a arte da esgrima comezou a ensinarse con fins

estrictamente deportivas. Empezáronse a usar a luva, o protector de peito e a careta de malla

metálica.

Posteriormente, co inicio dos Xogos Olímpicos da Era Moderna en 1896, foi declarado deporte

olímpico e se transformou nunha disciplina deportiva de pleno dereito.

Pensadores, políticos, estrategas, artistas e científicos sucumbiron ao feitizo da súa práctica,

da cal souberon extraer en grande medida coñecementos aplicables ás súas respectivas

disciplinas e viceversa.

A esgrima estivo presente en todas as grandes citas deportivas e acompañou, unhas veces

sixilosamente, outras con gran estrondo, a moitos dos acontecementos políticos e sociais de

relevancia da Historia.

Page 3: 1.- INTRODUCCIÓN GENERAL A LA ESGRIMA...En España os primeiros tratados que establecen as pautas para o exercicio da esgrima aparecen no século XV: "La verdadera esgrima" (1472)

2.- BREVE HISTORIA E ACTIVIDADES DO CLUB:

No ano 2007 créase o Club Escola Hungaresa de Esgrima de Pontevedra, unha entidade

deportiva de carácter social que nace co propósito de introducir e fomentar a práctica da

esgrima en Pontevedra e a súa comarca, abarcando todos as modalidades (esgrima deportiva,

esgrima histórica, esgrima escénica), níveis (esgrima de base, esgrima de competición,

esgrima de lecer) e categorías (infantil, xuvenil e adultos).

O club está inscrito no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia e no

Rexistro de Asociacións do Concello de Pontevedra. Tamén está integrado de pleno dereito na

Federación Galega de Esgrima e na Real Federación Española de Esgrima.

Complementando a práctica cotiá da esgrima deportiva e da esgrima histórica, o club pretende

dar a coñecer estas modalidades fomentando a organización de competicións, cursos e

obradoiros de iniciación, exhibicións e representacións de esgrima escénica.

Dende a súa irrupción no panorama deportivo e cultural pontevedrés, a Escola Hungaresa de

Esgrima está presente en distintos eventos (Festa HQR!, Feira Franca, Festa Corsaria de

Marín, O Día de Colón en Combarro), e actividades de iniciación (Programa “Noites Abertas”,

Esgrima en Familia, Día Internacional da Esgrima) así como en distintos centros educativos

impartindo clases de esgrima.

A nosa entidade é a encargada de organizar todas as temporadas os torneos oficiais do

Ranking Galego de Sabre para todas as categorías e organiza dende o ano 2017 un dos

torneos da Liga Galega de Esgrima Histórica, sendo o seu principal promotor.

Asimesmo, os tiradores do noso club compiten en torneos de todos os ámbitos, contando entre

as nosas filas con varios campións e medallistas autonómicos, nacionais e internacionais.

Page 4: 1.- INTRODUCCIÓN GENERAL A LA ESGRIMA...En España os primeiros tratados que establecen as pautas para o exercicio da esgrima aparecen no século XV: "La verdadera esgrima" (1472)

3.- POR QUE HUNGARESA?

A Escola Hungaresa, entendida como unha corrente ou metodoloxía de ensino e práctica da

esgrima, é con toda probabilidade a máis influinte da esgrima moderna. Todas as escolas de

esgrima recoñecidas internacionalmente (escola italiana, escola francesa, escola rusa) deben

gran parte dos seus logros aos avances introducidos pola Escola Hungaresa ao longo dos

séculos XIX e XX. Tanto @s esgrimistas como @s mestres hungareses colleitan grandes

éxitos en todos os eventos deportivos de relevancia.

4.- COBERTURA FEDERATIVA E SEGURO R.C.

Tod@s @s nos@s técnicos dispoñen da licencia federativa autonómica expedida pola

Federación Galega de Esgrima e do seguro médico concertado coa aseguradora ALLIANZ.

O club dispón dun seguro de responsabilidade civil cunha amplísima cobertura para @s

tiradores/as e as instalación onde se practique esgrima, sexa a habitual ou cedida para a

realización de eventos e competicións.

5.- MATERIAL DE ESGRIMA:

O club dispón do material completo para a realización da actividade.

Page 5: 1.- INTRODUCCIÓN GENERAL A LA ESGRIMA...En España os primeiros tratados que establecen as pautas para o exercicio da esgrima aparecen no século XV: "La verdadera esgrima" (1472)

6.- QUE PROPIEDADES POSÚE E QUE CUALIDADES APORTA A ESGRIMA?

Adáptase ás necesidades e obxectivos de cada persoa

Desenrola a psicomotricidade e a coordinación óculo-manual

Favorece o sentido do tempo e da distancia

Estimula a capacidade de observación e de concentración

Fomenta o traballo en equipo e o espíritu cooperativo

Mellora a axilidade e a destreza física e psicolóxica

Contribúe á toma de decisións e á iniciativa propia

Promove valores de respecto e integración entre as persoas

Aporta estabilidade, autocontrol, responsabilidade e disciplina

Resulta unha actividade segura, creativa, estimulante e divertida

Page 6: 1.- INTRODUCCIÓN GENERAL A LA ESGRIMA...En España os primeiros tratados que establecen as pautas para o exercicio da esgrima aparecen no século XV: "La verdadera esgrima" (1472)

7.- CATEGORÍAS E PROGRAMA DA ACTIVIDADE:

A esgrima artística é unha asociación de ideas. @s deportistas constrúen unha frase de armas

cuxa estética simula unha loita creíble con armas, neste caso os SABRES LÁSER da saga

STAR WARS, tomando parte das artes do espectáculo, combinando a parte técnica do sabre e

os seus movementos, coa comedia ou o drama e a expresión corporal. As frases de armas

deben ser integradas nun cadro teatral, a miudo recorrendo a un texto ou música.

Esgrima artística de base: O noso club trata de iniciar a nen@s (de 6 12 anos) no mundo da

esgrima artística para que se familiaricen coas pautas e conceptos básicos da modalidade.

Polas facultades e valores que fomenta, tanto físicos como psicolóxicos, a esgrima artística é

una actividade moi recomendable para @s nen@s dende os 6 anos.

As actividades enfocadas á esgrima artística de base están enmarcadas dentro do seguinte

programa:

Programa de iniciación á esgrima artística:

a) Entre os seus contidos técnicos, o programa de iniciación aporta os coñecementos básicos

de posicións, desprazamentos, ataques e defensas, conceptos de distancias, tempos e ritmo.

b) O programa adica unha parte ao desenrolo de contidos expresivos (expresión corporal e

expresión oral), fundamentais na práctica da esgrima artística, a través das capacidades de

concentración, observación, creatividade, imaxinación, voz e dicción.

c) Entre os seus contidos físicos o programa potencia de forma xeral o desenrolo da

axilidade, os reflexos e a flexibilidade corporal para inculcar n@s alumn@s hábitos de vida

saudables, mellorando a súa forma física, o seu benestar e autoestima.

d) Todos os contidos anteriores (técnicos, expresivos e físicos) están englobados dentro dun

programa xeral de iniciación á esgrima de carácter multilateral, de xeito que @s alumn@s

gocen dunha actividade polideportiva adaptada á súa idade e que lles resulte moi divertida,

sinxela e creativa.

Page 7: 1.- INTRODUCCIÓN GENERAL A LA ESGRIMA...En España os primeiros tratados que establecen as pautas para o exercicio da esgrima aparecen no século XV: "La verdadera esgrima" (1472)

8.- A NOSA PROPOSTA:

A actividade extraescolar que propomos vai destinada a alumn@s desde 1º ata 6º curso de

Educación Primaria, iniciando a actividade no mes de outubro de 2019 e rematando no mes de

maio de 2020.

Grupo infantil-iniciación:

- Unha clase semanal (1 hora de duración).

- Grupo mínimo de 4 alumn@s. Grupo máximo de 10 alumn@s.

- O prezo por alumn@ é de 18 € ao mes, incluindo o material de esgrima.

- O grupo poderá participar nas representacións escolares programadas,

representando as súas creacións ensaiadas durante o curso.

Page 8: 1.- INTRODUCCIÓN GENERAL A LA ESGRIMA...En España os primeiros tratados que establecen as pautas para o exercicio da esgrima aparecen no século XV: "La verdadera esgrima" (1472)

Presidenta: Mª del Carmen Morillo

Director Técnico: Adrián Cubela

Teléfono de contacto: 699 231 389

Dirección e-mail: [email protected]

Web-site: www.esgrimapontevedra.com