08 marzo 2013 - BD Nº72

16
Número: 72- Ano: V - 8 de marzo de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BA- RRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 22 de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. CLUB OURENSE BALONCESTO Páx.2-3 Dous empates do Ponte Ourense nas dúas últimas xornadas alónxano da Copa [páx. 8] O CD Ourense logra un valioso empate na casa contra o Real Oviedo [páx. 4] Fortes no Paco Paz Ourense acolleu a VI Copa Galicia de Ximnasia acrobática [páx. 13]

description

No número 72 do Barrios Deportivo sacamos á portada o partido o COB contra o Breogán de Lugo, o derbi do baloncesto galego por excelencia. Outras das novas destacadas son a celebración da VI Copa Galicia de Ximnasia Acrobática que reuníu nos Remedios unha nutrida participación de ximnastas de Galicia, Portugal e outras comunidades autónomas. A boa racha do CD Ourense nas últimas xornadas é outros dos temas tratados, xunto coa difícil situación do Ponte Ourense.

Transcript of 08 marzo 2013 - BD Nº72

Page 1: 08 marzo 2013 - BD Nº72

Número: 72- Ano: V - 8 de marzo de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BA-RRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 22 de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

CLUB OURENSE BALONCESTO Páx.2-3

Dous empates do Ponte Ourense nas dúas últimas xornadas alónxano da Copa [páx. 8]

O CD Ourense logra un valioso empate na casa contra o Real Oviedo [páx. 4]

Fortes no Paco Paz

Ourense acolleu a VI Copa Galicia

de Ximnasia acrobática [páx. 13]

Page 2: 08 marzo 2013 - BD Nº72

� BARRIOS DEPORTIVO8 de marzo de �013

4 Axenda deportivaFútbol- Día 10 de marzo. Os Carrís. UD Barbadás - Narón. 3ª División.- Día 10 de marzo. O Barco. CD Barco - Verín. R.P.- Día 10 de marzo. O Carballiño. Arenteiro - O Grove. Rexional Preferente.- Día 10 de febreiro. Oira (Ourense). Ponte Ourense - Choco. Rexional Preferente.- Día 17 de marzo. O Couto -17.00h.- CD Ourense - San Sebastián de los Reyes. �ªB.- Día 17 de febreiro. José Arjiz (Verín). CD Verín - Pon-te Ourense. Rexional Preferente.

Baloncesto- Día 9 de marzo. Paco Paz -18.00h.- COB - Breogán Lugo. Liga LEB Ouro.- Día 9 de marzo. Os Remedios -�0.00h.- Ourense Ca-pital Termal - Chantada. Liga EBA.- Día 16 de marzo. Os Remedios -�0.00h.- Pabellón Ourense Baloncesto - Feel Cortegada. Liga Feminina �.- Día 17 de marzo. Os Remedios -1�.00h.- Ourense Ca-pital Termal - Fidalgo Vecino. Liga EBA.

Fútbol sala feminino- Día �3 de marzo. Os Remedios -17.00h.- Ponte Ouren-se - Valladolid. 1ª División Fútbol Sala.

Atletismo- Día 10 de marzo. Xinzo de Limia -a partir das 10.30 h.- VI 10km. Vila Xinzo de Limia.- Día �1 de marzo. Ribadavia -10.30h.- V Campionato Provincial de Orientación Pedestre.- Día �4 de marzo. Verín -11.300h.- Carreira de monta-ña III Pozo do Demo.Tiro- Día 17 de marzo - Eiroás - Liga de pistola estándar.

Balonmán- Día 10 de marzo. Anexo os Remedios -11.00h.-. In-domogal Balonmán Pabellón - Clínica Deza Lalín. 1ª Autonómica Feminina.- Día 17 de Marzo. Os Remedios -18:30 h-. Balonmán Pabellón - Balonmán Porriño. Primeira Autonómica Masculina.Tenis de mesa- Día 9 de marzo. Paco Paz -17.00h.- Galmédica A - Ceibe de Monforte. �ª División Nacional.- Día 16 de marzo. Paco Paz -17.00h.- Galmédica B - Helios Rest. Tapería Cormorán. 1ª División Galega.

Hoquei- Día 10 de marzo. Mariñamansa -1�.00 h.- Caldaria Barrocás - Junior.

Voleibol- Día 10 de marzo. IES A Carballeira -1�.00 h.- Caldaria Voleyourense - Dompa Gestión.- Día 16 de marzo. Dompa Gestión - Ellael Vogovoley.

Varios- Ata o 31 de maio. Oiciourense.

BALONCESTO

O club ourensán recibe ao Breogán o sábado, ás 18 h

R. Torres

O COB buscará este sábado 9 de marzo a súa oitava vitoria da tempa-da, sétima no Paco Paz. A partir das 18 horas na cancha ourensá, terá en-fronte a un Breogán de Lugo que busca ser un dos dous equipos que logren o ascenso á ACB. Dous obxectivos antagónicos os destes dous equipos, que durante a pretempada de-ron mostra desa diferenza nos dous amigables que disputaron (con vitoria nas dúas ocasións para o

conxunto da cidade da mu-ralla de forma holgada).

Pero en competición as cousas poden ser distintas. Xa no partido da primeira volta disputado en Lugo, o Club Ourense Baloncesto perdeu por un só punto. Coa racha de vitorias no Pazo, de seguro non lle porán os de Rafa Sanz as cousas sinxe-las aos homes de Lisardo Gómez. Gómez leva unhas xornadas no banco do Lugo para enderezar un rumbo que parecía desviarse e que pouco a pouco vai collendo novamente o norte.

RivalPara Rafa Sanz as op-

cións de vitoria pasan por ser “capaces de aguantar o nivel de acerto”, xa que o Lugo “pode conseguir pun-tos de tres en poucos minu-

O COB faise forte no Pazo4 Das sete vitorias de Liga, seis foron como locais.

tos”, polo que deberán estar preparados “animicamente para ese momento”.

Fortes no PazoA ninguén se lle escapa

que o equipo nas primeiras xornadas de competición non se sentía cómodo na casa, e nembargantes mos-traba unha mellor faciana como visitante. Isto rever-tíuse nas últimas xornadas, e o conxunto ourensán amó-sase intratable no Paco Paz, mentres que non dá a me-dida das súas posibilidades lonxe de Ourense. O técni-co cordobés, e a pesar de que das seis xornadas que restan para rematar a liga catro xoganse en casa, non quere aferrarse soamente ao factor cancha. Sabedor de que gañar fóra é compli-cado, buscarán ter opcións

de vitoria nalgún dos dous encontros que restan como visitante (Alicante e Coru-ña), amais e sen deixar de lado a boa racha de vitorias como locais.

Obxectivo, evitar a últi-ma posición

A pesar do compacto da clasificación (cinco equipos cunha vitoria de diferenza), Sanz ten claro que o obxec-tivo máximo do equipo é evitar a toda costa o último posto. Para iso, contan cun-ha vantaxe de tres vitorias con respecto ao pechacan-celas, Melilla. Os norteafri-canos teñen catro vitorias por sete dos galegos. Os dous enfrontaranse no Paco Paz na xornada número �3; será o sábado �3 de marzo ás 13.00 horas coas cáma-ras de Teledeporte coma

Movilla entra a canastra no partido contra o Burgos./RAMSÉS.

Page 3: 08 marzo 2013 - BD Nº72

BARRIOS DEPORTIVO8 de marzo de �013

3BALONCESTO

O Arxil sumou no partido contra o Pabellón a primeira vitoria da tempadaUn xogador do Burgos intenta frear a Kedzo./RAMSÉS.

S.N.

Semellaba ser unha das citas sinxelas da liga para o Pabellón Ourense. En-fronte atopábase un equi-po que perdera 15 dos 15 encontros que disputara na tempada. Pero está claro que nisto do depor-te poucas veces se pode deixar á sorte decidir o final da historia, porque pode ternos reservada algunha sorpresa. E iso foi o que lle aconteceu ao conxunto ourensán. Todo facía presaxiar unha vito-ria cómoda e, pola contra, o que viviu o Pabellón foi unha derrota agónica.

As ourensás comeza-ron dominando e o dúo composto por Bolonio e Pallardó levou a voz can-tante no equipo tanto no primeiro período como no conxunto da cita. Pero a pesar de que anotaron 13 puntos cada unha e da soberbia actuación de María José á hora de re-

O Arxil descobre o sabor da vitoria a costa do Pabellón

cuperar balóns, o Arxil, encabezado pola ex-pa-villonista Olga Fedorava (que sumou �0 puntos, 9 rebotes e logrou 31 de valoración) conseguiu re-vertir a situación. E xa co-mezou a facelo no segundo período, logrando chegar ao descanso por enriba no luminoso (33-�7).

No terceiro cuarto, o Pa-bellón buscou solventar a situación pero non foi ca-paz máis que recortar algo de distancia (41-39). E xa no último período o Arxil sentenciou un encontro que, a pesar das predicións, levaba o seu nome dende pouco despois de comezar o xogo.

52-47 foi o resultado fi-nal que lle permitiu ás pon-tevedresas celebrar, por fin, unha vitoria, e que se-pultou (aínda que cun par-tido menos que outros) ao Pabellón Ourense na no-vena praza da xeral e, por conseguinte, nos postos de descenso.

Vindeira citaO Pabellón Ourense vén

de descansar esta pasada xornada, un parón que, casualmente, aconteceu no momento preciso, para analizar os erros cometidos ante o pechacancelas, así como para que as deportis-tas ourensás collan forzas de cara ás vindeiras citas, xa que lles tocan empare-llamentos de altura.

Por unha banda, este sá-bado 9 de marzo as ouren-sás visitarán a cancha do terceiro clasificado do seu grupo, o Al-Qázeres. E, de seguido, o 16 deste mes, o Pabellón recibirá ao Corte-gada, que ocupa a segunda posición.

Liga Adecco Ouro - 20º xornada

Posto Equipo Puntos1. Andorra 38 pt�. Burgos 36 pt3. Alicante 33 pt4. Palencia 33 pt5. Breogán Lugo 31 pt6. Huesca �9 pt7. Knet �9 pt8. Barcelona Regal �9 pt9. Navarra �8 pt10. Lleida �8 pt11. Caceres �8 pt1�. COB �7 pt13. Basquet Coruña �7 pt14. Melilla �4 pt

testemuñas.

GibbsO norteamericano segue

a bo ritmo o seu acopla-mento e a recuperación da forma física. Dous meses sen competir fan que As-hton Gibbs continúe coa súa particular pretempada. Contra Huesca mostrou o seu nivel ata que o físico llo permitíu. Cinco minu-tos bos son os que aportou no pasado partido. Terá que ter unha pretempada máis curta do habitual se quere axudar aos seus compañei-ros nas últimas xornadas, xa que restan seis partidos, ou o que é o mesmo un mes e medio. Se temos en conta que fai tres meses disputaba competición europea pouco lle costará alcanzar un nivel aceptable. Calidade ten, en canto lle chegue o físico para competir moitos minu-tos, de seguro que será un gran reforzo.

BaixasJulio González contí-

nua cos seus problemas de costas. Movilla segue renqueante e Kedzo é seria dúbida para o encontro. Por parte do Breogán non está asegurada a participación no encontro nin do pívot Michel Diouf, nin do aleiro Leonavicius.

4 As pupilas de Gonzalo González caeron por 52-47 ante o conxunto pontevedrés.

Page 4: 08 marzo 2013 - BD Nº72

4 BARRIOS DEPORTIVO8 de marzo de �013

CD OURENSE

Portela saltando de forma acrobática por un balón xunto co dianteiro do Oviedo, Javi Casares. /RAMSÉS

Conchi Fernández Fernández, a socia número 3.000 de CD Ourense acompañada por directivos da entidade “rojilla”./RAMSÉS

R. Torres

O Ourense sumou no seu enfrontamento co Real Oviedo o seu quinto parti-do consecutivo sen perder; amais de levar nas sete últi-mas xornadas tres goles en contra, as tres últimas coa portaría a cero.

Contra o Real Oviedo o resultado foi de empate a cero goles o que fai que os asturianos non foran quen de vencer nos dous parti-dos que se enfrontaron aos galegos (un a un finalizou o partido da primeira volta). Dato que explica o bo ren-demento do equipo ouren-sán cando xoga contra equi-pos chamados a loitar polo

Redacción

Desde que chegara esta nova directiva quixeron implicar á cidadanía no proxecto de Club Deporti-vo Ourense. Para iso, mar-cáronse o reto de lograr ao longo da tempada os 3.000 socios. Empresa difícil se temos en conta que non pasaba do millar a tem-pada pasada. Pero por fin, o �8 de febreiro esa cifra fíxose realidade. Conchi Fernández Fernández foi a persoa que cursou o car-net de socio número 3.000

Obxectivo cumprido, 3.000 sociose con iso o club acadaba un dos obxectivos marcados para esta tempada.

Agora toca desbloquear os certificados para poder optar ás subvención das administracións. O proble-ma é que non consiguen os certificados por culpa dun-ha subvención, de fai anos, que teñen que devolver á Xunta de Galicia. O importe da mesma ronda os 90.000 euros. Parece que a boa pre-disposición da administra-ción autonómica por resol-ver o caso fai que en breve o club poida comunicar a

nova de que se aprazou o pago de dita subvención. O motivo de que se teña que devolver esta subven-ción, concedida na época en que Quino Muñoz era o presidente do club, é que o Ourense non se acollía aos parámetros polo que esta-ba convocada.

Renovación LuisitoEn canto se desbloquee

este tema, case seguro que o Consello de Admi-nistración se reunirá con Luisito para tratar a súa renovación.

O Ourense suma cinco xornadas sen perder4 Nos sete últimos partidos tan só encaixou tres goles.

ascenso; os carbayóns mar-chan terceiros tralo empate desta xornada.

No partido contra Oviedo estaban todos os ingreden-tes para ver un gran espectá-culo, pero o terreo de xogo fixo caso omiso a todo o que se montou arredor deste en-contro. Uns 1.000 afeccio-nados ovetenses acudiron a Ourense para presenciar o partido do seu equipo na cidade das Burgas; a enti-dade “rojilla” chegaba ao obxectivo dos 3.000 socios ao longo da semana e as bancadas do Couto presen-taban a mellor entrada da tempada. Pero non quedou aí a cousa; a Real Banda de Gaitas da Deputación de

Ourense tocou nos prolegó-menos do encontro. En defi-nitiva, unha festa á que non se quixo unir o céspede. O adestrador do Ourense Luís Míguez “Luisito”, pedira que se regara o campo o do-mingo pola mañá para que o balón circulara mellor, e así dar unha boa exhibi-ción. Incomprensiblemente os aspersores non funciona-ron polo que non puideron regar o terreo e tívose que xogar nun estadio do Couto impracticable para a activi-dade do fútbol.

O partido foi moi traba-do, sen apenas xogo por parte das dúas escuadras. Cun campo nese estado todo se limitou a xogadas a balón parado, pero ningun-ha das poucas ocasións que se viron ao longo dos 90 minutos inquedaron a am-bas as dúas portarías, sendo os dous cancerbeiros meros espectadores. Soamente Pato, nos intres finais tivo que sacar a relucir os seus reflexos para despexar un balón que se colaba no seu marco. 0-0 foi o resultado final dun partido que empo-breceu o ambiente reinante das bancadas.

ClasificaciónTras �7 xornadas, o CD

Ourense é décimo con 37 puntos a oito da promoción de descenso e do descenso directo; por enriba encón-trase a sete da promoción de ascenso. Para o técnico, a salvación pasa por acadar 44 ou 45 puntos, polo que con este empate está máis preto o obxectivo a alcan-

zar. 11 xornadas restan para conseguir os sete puntos que faltan ata chegar aos 44, polo que parece facti-ble a misión. De cumplila, estaríamos a falar dunha gran tempada para o equipo ourensán. Non se debería esquecer que o pasado ve-rán a entidade estivo a pi-ques de desaparecer.

IncidentesA nota desagradable desta

xornada foi o enfrontamen-to que as dúas afeccións tiveron na praza do Ferro sobre as tres da tarde. Men-

tres estaban a gozar os as-turianos duns pinchos pola zona dos viños apareceron os radicais do Ourense para armar gresca. En nada mon-touse un lío no que voaron cadeiras e pedras durante tres minutos para logo es-parcirse as dúas afeccións.

A Policía comunicou que os radicais ourensáns es-tiveron arroupados por un grupo de celtarras.

FuenlabradaEste domingo o Ourense

visita o campo do Fuen-labrada. En horario mati-

nal os de Luisito xogarán contra un Fuenlabrada que marca a última posición da promoción de ascenso, cuarto. No partido da pri-meira volta os madrileños sorprenderon aos ourensáns vencendo no Couto por un gol a dous.

O CD Ourense visita esta semana o campo do cuarto clasificado, o Fuenlabrada

Page 5: 08 marzo 2013 - BD Nº72

BARRIOS DEPORTIVO8 de marzo de �013

5PUBLICIDADE

Page 6: 08 marzo 2013 - BD Nº72

6 BARRIOS DEPORTIVO8 de marzo de �013

POLIDEPORTIVO

Participantes na edición de 2012. /ARQUIVO.

4 podios por equipos e 2 individuais foi a bagaxe dos ourensáns en Guitiriz (Lugo)

Podio da AD Limia en categoría infantil na final Autonómica do XOGADE.

R.T.

O Campionato Galego de campo a través esco-lar XOGADE celebrado en Guitiriz deixou para a expedición ourensá seis podios. 115 escolares de toda a provincia acudiron ao campionato disputado o pasado �3 de febreiro nas categorias alevín, in-fantil e cadete.

Os seis podios acada-dos polos atletas ouren-sáns foron o campionato

Seis podios ourensáns no Autonómico de Cross XOGADE4 A Asociación Deportiva Limia proclamouse campión gale-go por equipos en infantil masculino.

galego para o equipo in-fantil da AD Limia; o sub-campionato por equipos do Ourense Atletismo en cadete masculino e as ter-ceiras posicións do Ouren-se Atletismo en infantil fe-minino e da AD Limia en alevín masculino.

Tamén se logrou de xeito individual a segunda po-sición do infantil de Ziag Nagihi (Ad Limia) e o sub-campionato de Saib Abdo-un (Ad Limia) en alevín masculino.

R.T.

O domingo �4 de marzo é o día elexido para que teña lugar a terceira edición do Pozo do Demo. Andaina ou ben carreira polo monte son as dúas posibilidades para os que queiran participar neste evento deportivo en terras verinesas.

A inscrición está aberta ata o �0 de marzo. Cada participante deberá abonar dous euros a pagar cando se recolla o dorsal, que se poderán recoller o venres �� ou o sábado �3 en Mul-tisport (pola mañá) ou o do-

O Pozo do Demo, o 24 de marzo4 Na localidade de Verín dispútase esta proba, nas modalida-des de andaina e carreira de montaña.

mingo �4 (día da carreira) no pavillón de deportes de Verín.

AndainaA andaina terá lugar a

partir das 9.30 horas e terá unha distancia de 18 quiló-metros. A saída e chegada terán lugar no pavillón dos deportes.

Carreira de MonteA carreira de montaña

dará comezo ás 11:30 horas no Balneario Cabreiroá. A chegada, despois de perco-rrer 11,4 quilómetros, será no pavillón de deportes de Verín. Os trofeos reparti-ranse a partir das 13:15 ho-ras no propio pavillón.

Máis actividadesAmais da andaina e da

carreira de montaña tamén haberá unha carreira de es-colares (no pavillón). Ás 10 correrán os benxamíns; ás 10:10 os alevíns; ás 10:�0 comezará a carreira infantil e ás 10:30 horas será o tur-no para a carreira cadete.

As promocións das que

Redacción

O vindeiro �1 de marzo Ribadavia acolle o quinto Campionato Provincial de Orientación Pedestre organizado pola Xunta de Galicia. O parque do Xes-tal-A Veronza é a zona onde transcurrirá o cam-pionato; a zona de saída e meta estará ubicada dentro do Campo de Fútbol vello. Ás 11 da mañá sairá o pri-meiro dos participantes, e ás 14 horas realizarase a entrega de premios.

A modalidade desta competición é a de ca-rreira sprint en parque: orientación en liña -o

participante terá que pasar por todos os controis se-guindo obrigatoriamente a orde numérica- con saída individual contrarreloxo. O terreo é semiurbano cunha boa rede de camiños; bos-ques con boa penetración e abundancia de terreo aber-to, alternando con zonas de repoboación e axardinadas.

Campionato GalegoQuedarán automatica-

mente clasificados para o Campionato Galego Escolar -que se disputa o �6 de abril no Barco de Valdeorras- os participantes que ocupen os 1�-13 primeiros postos de cada categoría.

5º Campionato Provincial de Orientación Pedestre 4 En Ribadavia, o 21 de marzo.

poderán gozar os inscri-tos neste evento deportivo serán os menús Pozo do Demo e unha visita gratuí-ta a bodegas da comarca.

[+ info nos teléfonos 988 411 140, 988 414

4�3 e 600 410 018]

A andaina percorre 18 quilómetros e a carreira 11,4

Participación no Galego de pista cubertaRedacción

Tres medallas lograron os cadetes do Atletismo Ourense no Campionato Galego de pista cuberta celebrado na Coruña.

Josu Landa, en 600 me-tros foi subcampión; Elena Freiría, en salto de lonxi-tude, colgouse o bronce tras saltar nun único inten-to válido de 4,85 metros (e foi quinta nos 50 metros). Xoán Eusebio Iglesias foi terceiro na proba dos 1000 metros. Por outra banda, Uxía Calleja Varela do Ben Cho Sei rematou en quinta posición en salto de lonxitude e sétima en 50 metros valados.

Page 7: 08 marzo 2013 - BD Nº72

BARRIOS DEPORTIVO8 de marzo de �013

7POLIDEPORTIVO

Máis de 300 atletas confirmaron a súa presenza na proba

Redacción

A �� edición da carreira popular da Merca celebrada o pasado 3 de marzo con-gregou a preto de �00 atle-tas de todas as idades.

En categoría escolar Ma-nuel Prieto (Limiactiva) foi o máis rápido, seguido de Daniel Castillo (Limiactiva) e Pablo Parrilla, segundo e terceiro respectivamen-te. En categoría feminina, Jimena Salgado (Ourense Atletismo) entrou de pri-meira na meta; segunda foi Nuria Pazos e terceira Lucía Álvarez. Os menores percorreron unha distancia de 3.000 metros.

Na proba absoluta, Pepe

4 XadrezO domingo 17 de marzo

celebrarase o II encontro de xadre Chaves - Verín. O lugar do evento será na praza da Merced e as inscricións, que estarán limitadas, serán gratuítas. O período de inscrición de rematará o 15 de marzo ou ata o mesmo día da com-petición se houbera prazas dispoñibles.

Xogarase mediante o sistema suízo a sete ron-das e cun tempo máximo por xogador de 10 minu-tos por partida. O encon-tro comezará ás 15.30 ho-rás e prolongarase ata ás 19 horas, cando se realice a entrega de diplomas.

4 Desafío de artes marciais

A Fundación Cipri Go-mes organiza o primeiro campus “Desafío Puertas de Galicia de Artes Mar-ciales” para rapaces do �3 ao �7 de marzo, unha acti-vidade que se realizará no Centro de Tecnificación Deportiva, Formación e Ocio da localidade de Via-na do Bolo.

Ademais das clases de kickboxing, hapkido, wushu e karate, o cam-pus inclúe obradoiros de manualidades, de ocio e informática, visitas cultu-rais, sendeirismo, compe-ticións deportivas, xogos de campamento e veladas, así como unha demosra-ción especial do verinés José Manuel Ferreira, �º dan de wushu e subcam-pión europeo, na xornada de despedida.

O campus oferta �5 pra-zas para menores de entre 6 e 13 anos.

[+ info no 988 3�9 �83 e centroviana@fundacion-

ciprigomes.com]

EN BREVE

Redacción

O domingo 10 de marzo será o turno para a dispu-ta da VI 10 Qms Vila de Xinzo de Limia, proba oficial e homologada da Federación Galega de At-letismo. A carreira está or-ganizada pola Concellería de Deportes de Xinzo de Limia.

A saída e meta para to-das as carreiras estará si-tuada xunto ao pavillón municipal de deportes. A primeira das probas será a infanil-cadete (�.300 m) comezando ás 10:30 horas; ás 10:50 horas to-caralle a benxamín-alevín (1.500 m); ás 11:10 horas turno da carreira absoluta (10.000 m homologados,

dúas voltas ao circuíto); ás 1�:30 horas disputarase a carreira prebenxamín (350 m) e rematará a carreira de pitufos sobre as 1�:40 ho-ras.

InscriciónsA falta dunhas horas para

o peche das inscricións máis de 300 atletase confirmaron a súa presenza neste evento deportivo.

A inscrición é gratuita para os atletas empadroa-dos en Xinzo de Limia que realicen a inscrición presencial no Pavillón de Deportes. Tamén é de bal-de para todos os participan-tes das categorías infantil, cadete, benxamín, alevín, prebenxamín e pitufos.

Vencedores das pasadas edicións

Esta Vila de Xinzo co-ñeceu, en categoría mas-culina, a seis vencedores distintos. Elías Domínguez, Iván Docampo, David Ro-

Chegan os 10 Qms Vila de Xinzo de Limia4 O domingo 10 de marzo é a data elexida para esta carreira popular, que chega a súa sexta edición.

Márquez (Veteranos Ourense) foi o máis rápi-do ao empregar un tempo de 34:14 en completar os 10 quilómetros; seguírono no podio, José Paz (Vete-ranos Ourense) con 35:53 e o compañeiro de equi-po Saturnino González (36:13).

En mulleres, a corredo-ra do Esprintes Ourense, Silvia Rodríguez realizou os 10.000 metros en 44:00 minutos, sendo a primei-ra en sobrepasar a liña de meta. Montserrat Álvarez (47:07) foi segunda, e a atleta do Burgas Atletis-mo, Ana Belén Losada, terceira cun tempo de 49:01 minutos.

Preto de 200 atletas na popular da Merca4 Celebrada o 3 de marzo.

dríguez, Hassan Lekhili, Daniel Bargiela e, o pa-sado ano, Jorge Crespo, foron os vencedores. Da-vid Rodríguez fíxose coas dúas edicións anteriores cando aínda non se lle de-nominara Vila de Xinzo e non estaba homologada a distancia. Para esta sexta edición non está inscrito, ao peche desta edición, ningún dos anteriores ga-ñadores, polo que o fa-voritismo pasa a mans de Pepe Márquez, sen esque-cerse de Óscar Ramos ou Saturnino González, entre outros.

En categoría feminina as vencedoras foron Ma-nuela Machado, María Soledad Castro (en tres ocasións consecutivas), Ingrid Rodríguez e Sonia Teijeiro. Anteriormente Ingrid Rodríguez e Iria Fernández gañaron a pro-ba. Esta edición están ins-critas Iria Fernández e a favorita, Sonia Teijeiro.

Saída da proba absoluta na edición de 2012./ARQUIVO.

Redacción

A lucense María Hurtado do club Atletismo Ourense acadou a sétima posición no Medio Maratón Coruña�1 ao rematar nunha hora 30 mi-nutos e 13 segundos. A súa compañeira de equipo, Sil-via Teijeiro, entrou no posto número 10 (cuarta da súa categoría) cun tempo de 1h 33:45. Ambas as dúas conse-guiron mínima para os cam-pionatos de España de medio maratón e de maratón. A ter-ceira atleta do club ourensán foi Esther Bouso, que chegou á meta no posto 6�.

En Porriño disputouse sobre unha distancia de 10 quilómetros o VII Interrun-ning �013. Filomena Cid foi �4ª da xeral (14ª sénior),

e Alberto Rodríguez rema-tou no posto 153. A alevín Nayeli Iglesias lograba a segunda posición da súa categoría, e a benxamín Iria Rodríguez era oitava na súa.

En Lugo, o cadete Ale-jandro Díaz participou na proba dos 1.000 metros da �ª xornada do Trofeo Di-putación de Lugo en pis-ta, onde foi terceiro con 3:05.70. Gerardo Martí-nez acadou a novena pra-za nos 1.500 metros.

Rocío Carbia foi oitava no Campionato de España de Marcha en Ruta.

No Nacional de vetera-nos de pista cuberta, Emi-lia Mesa quedou campioa nos 60 metros e en salto de lonxitude.

O Atletismo Ourense compite por toda Galicia

Page 8: 08 marzo 2013 - BD Nº72

8 BARRIOS DEPORTIVO8 de marzo de �013

PONTE OURENSE

O Ponte está a nove puntos da oitava praza

Marta atacando no partido contra o Soto./ARQUIVO Anita tentando desfacerse dunha rival. /ARQUIVO

R. Torres

Este no é o ano. O Ponte Ourense perde cada ocasión que se presenta para ache-garse á oitava posición e participar ao final de tem-pada na Copa de España.

Logo de empatar incom-prensiblemente fai dúas xornadas contra o penúl-timo clasificado, o Viaxes Amarelle (empate a tres tantos), nesta ocasión vol-veu a firmar táboas. Des-

4 Empataron a catro tantos co Móstoles en Ourense.ta vez, en casa, contra o Móstoles, outro equipo que ocupa un posto (o décimo) que non lle corresponde se-gundo a calidade das súas xogadoras. Un empate que non satiface nin a unhas nin a outras para aferrarse ás posibilidades de participar na cita copeira. Ourensán e madrileñas repartíronse os puntos dun partido vibrante que puido caer do lado de calquera dos dous conten-dentes.

A cita nesta ocasión era no anexo dos Remedios do pavillón municipal dos Re-medios. As locais quixeron levar as rendas do encon-tro nos primeiros minutos. Froito deste dominio che-garía, no minuto seis, o pri-meiro gol do encontro obra de Marta desde seis metros, e tras collelo rechace dun-ha falta botada por Laura. Un minuto máis tarde, Pa-tri Chamorro lograba un tanto que devolvía o em-

pate; logo dunha xogada de estratexia tras sacar unha falta. No ecuador deste pri-meiro tempo, as visitantes adiantábanse no marcador cun gol de Inma, quen se aproveitaba dunha impreci-sión no despexe da bola de Sara e Loli. Para seguir coa igualdade, Souza lograba en menos dun minuto un novo empate. Pero non ía quedar a primeira metade así, e por segunda vez na tarde, Patri Chamorro batía a Loli cun forte disparo no que sería o �-3, resultado co que se chegaría ao descanso.

Trala reanudación Va-nessa acudía á cita co gol, e dela foi o empate a tres no minuto �3 do partido, grazas a que Ana roubaba o balón á zaga mostoleña e cedía a Vanessa que non perdoaba. Nos minutos 3� e 33 chegaría os últimos arreóns goleadores da tar-de. Rocío Toledano poñía en franquicia ás visitantes cun lanzamento desde sete metros que se coaba na por-taría local adiantando por

terceira vez ao Móstoles. Pero as de Óscar Vivián volvían a equilibrar o envite tras unha falta lanzada por Souza. Nos últimos cinco minutos os dous conxuntos alternaron o xogo de cinco en busca dun triunfo que non chegou para ningunha das dúas escuadras.

ClasificaciónCon este empate é o co-

lleitado a semana anterior (3-3 contra o Viaxes Ama-relle), o Ponte Ourense é undécimo con �1 puntos. Aínda que faltan nove xor-nadas por disputar (oito partidos ás pontinas), ou o que é o mesmo �7 pun-tos en liza (�4 o Ponte), o obxectivo da Copa está moi complicado. A oitava praza ten como dono momentá-neo ao Soto del Real con 30 puntos; nove máis e cun partido menos. Entre o Soto e o Ponte están o Roldán (�3 puntos) e o Móstoles (�1), que tamén buscarán a súa oportunidade de entrar

O Ponte Ourense alónxase da Copa de España

en Copa.Mentres estén con op-

cións matemáticas as albi-negras loitarán por un posto na Copa, pero cada vez as opcións son máis escasas se seguen sen vencer. A última vitoria fai xa cinco xorna-das, daquela venceron ao Rioja por tres goles a catro.

Tralo descanso, AlicanteEsta semana non hai Liga

xa que se disputa a fase fi-nal de seleccións autonómi-cas. Para a vindeira semana o Ponte visita a cancha do Universidad de Alicante; o cadro murciano marcha quinto con 35 puntos, lonxe dos postos de cabeza e coa clasificación copeira ao al-cance da súa mán. De per-der as galegas diría prácti-camente adeus á copa, e a calqueira outro obxectivo nesta tempada.

Page 9: 08 marzo 2013 - BD Nº72

BARRIOS DEPORTIVO8 de marzo de �013

9PUBLICIDADE

Page 10: 08 marzo 2013 - BD Nº72

10 BARRIOS DEPORTIVO8 de marzo de �013

POLIDEPORTIVO

Redacción

Un pasiño máis o que vén de dar o Balonmán Zen Pa-bellón na súa andadura por manter a categoría de cara á tempada que vén. Os pavi-llonistas venceron nos Re-medios, na tarde do sábado, ao Ártabro da Coruña, que ata esta semana marchaba líder na fase de permanen-cia.

Os ourensáns foron sem-pre por diante no marcador, pero nunca conseguiron abrir distancia cos coruñe-ses. A defensa non facili-tou o camiño no primeiro tempo, e as constantes im-precisións nos contrataques mantiveron o encontro aberto. Ao descanso, o re-sultado era de 14-1� para os pavillonistas.

A conxura no descanso espoleou ao equipo ouren-sán, que comezou a se-gunda parte con máis brío, logrando distanciarse ata os catro goles cando o mar-cador reflectía un 19-15. Pero as exclusións na parte final do encontro puxeron o marcador máis apretado se cabe. O encontro chegaba aos últimos 30 segundos con �6-�5 para o Zen Pa-bellón. O equipo visitante dispuxo da posesión para empatar o encontro, pero a defensa dos de Zarra conse-guíu impedir o lanzamento coruñés e así rematar co partido, quedando a vitoria en terras ourensás.

LíderesTras esta xornada, a nú-

mero oito, o ourensáns son líderes en solitario, grazas ao traspés do At. Novás na súa casa contra o Conxo de Santiago, equipo que vai a máis nesta fase pola

A permanencia, máis preto4 Venceu ao Ártabro 26-25.

permanencia e que será o próximo rival da Balonmán Pabellón.

Equipo xuvenilNesta xornada tamén hai

que salientar o ascenso á División de Honra do equi-po xuvenil do Balonmán Pabellón, equipo dirixido por Richi, que se xogaba a unha carta o ascenso de ca-tegoría na pista do primeiro clasificado, o SAR de Re-dondela. Non só venceron,

senón que ademáis fixéro-no con goleada e autorida-de (�7-39), arrebatándolle o título ao equipo vigués.

O Balonmán Pabellón Ourense é o líder da fase da permanencia na 1ª Autonómica

Partido da fase da permanencia disputado no anexo dos Remedios. /ARQUIVO

Redacción

O Caldaria Barrocás re-cibía ao líder da División de Honra de hoquei herba, o Polo. Os ourensáns es-tiveron a piques de dar a sorpresa na décimo sexta xornada e lograr puntuar ante un dos mellores equi-pos da competición.

O Polo comezou o en-contro buscando a vitoria pola vía rápida, asfixian-do en toda a cancha aos barrocos. Esperando esta situación, o adestrador local, Roberto Oliveira, colocou unha maraña de-fensiva difícil de penetrar para os cataláns, e obri-gándoos a xogar por fóra. Nestas chegou o gol lo-cal. O Caldaria Barrocás non desaproveitaría a súa ocasión, cando no minuto oito Antón logra contactar con Borja Prol, quen bate ao cancerbeiro visitante no un contra un. A partir dese momento e ata o fi-

O Barrocás pon contra as cordas ao líder4 A piques estivo de dar a sorpresa e pun-tuar contra o Polo.

nal do primeiro tempo o Polo volcouse aínda máis contra a portaría ourensán, dispoñendo de tres penaltis córner que desbarataría a zaga.

Reanudado o xogo, o Polo volve á carga, nesta ocasión retrasando a liña de ataque para contar con máis espazos, pero o Ba-rrocás non cae na trampa e limítase a esperalos en medio campo. No minuto 10 deste período chegaría o empate. Javier Turull re-mataría unha bola na área cruzándoa ante a saída de Cuco. A partir dese mo-mente, os líderes da com-petición adícanse a mandar as bolas á área en busca de bolas divididas e segundas xogadas. Con este plan-texamento logran varios penaltis córner, que Cuco ou a defensa logran atallar. A falta de catro minutos chegaría o gol do interna-cional Álex Fábregas nun tiro ao primeiro pao que

Cuco logra tocar pero de forma insuficiente para que non se coe pola liña de gol. Nos intres finais, o Barrocás tira de casta para buscar o empate que case logra na última xogada do encontro. Pero non alcanza materializar o penalti cór-ner do que dispuxo.

Para Roberto Olivieira, adestrador do Caldaria Ba-rrocás, foi un partido moi serio no que “puxémoslles as cousas moi difíciles ao todopoderoso Polo”. Oli-veira remarcaba que “este é o camiño a seguir”.

ClasificaciónCon esta derrota, o Cal-

daria Barrocás mantense noveno con nove puntos a falta de seis partidos para rematar a competición. Na próxima xornada os ouren-sáns reciben ao Júnior. O encontro terá lugar o do-mingo 10 de marzo no cam-po de Mariñamansa, a partir das 1� horas.

Unha acción nun partido do Caldaria Barrocás en Mariñamansa. /ARQUIVO

Page 11: 08 marzo 2013 - BD Nº72

BARRIOS DEPORTIVO8 de marzo de �013

11POLIDEPORTIVO

Un xogador do P21 Pádel Club nun encontro da quinta xornada./P21

O P21 Pádel Club é líder da Liga das Rías Baixas./P21

Redacción

O sábado � de marzo chegaba o día no que o P�1 A e o Club de Pádel Pontevedra enfrontábanse na quinta xornada da Liga das Rías Baixas. Ata a data eran os dous equipos máis en forma da competición logo de resolver as xorna-das anteriores con vitoria (catro de catro), o que facía que chegaran á cita cheos de confianza. Quen levara a vitoria, colocaríase nunha boa posición pensando xa nos cruces da promoción de ascenso.

O duelo comezou de cara para os ourensáns apun-

O P21, intratable4 Desfíxose na quinta xorna-da do Pádel Pontevedra.

tándose os tres primeiros partidos dun xeito cómo-do. Resolta xa a elimina-toria quedaba por saber que renda obterían os da cidade das Burgas para o encontro da segunda vol-ta. Tralos dous últimos encontros o marcador re-flictiría un claro 4-1 para o P�1 A. Con este resulta-do os ourensáns colócanse como líderes en solitario da competición e invictos no seu grupo.

A vindeira xornada os ourensáns viaxarán ata Caldas de Reis para en-frontarse ao Condesa Sport B (pechacancelas do grupo).

Redacción

A BTT Palmés-Ouren-se �013 celebrará a súa segunda edición o �4 de marzo. O Club Ciclista Dúas Rodas organiza por segundo ano consecutivo esta marcha na localida-de Palmés, pertencente ao concello de Ourense.

Para esta ocasión o nú-mero de participantes será ilimitado; non así o de comensais para o xantar posterior que estará limi-tado a �00 persoas entre ciclistas e acompañantes (cada ciclista poderá levar un máximo de dous acom-pañantes).

InscriciónsTodas as inscricións de-

berán ser anticipadas e por internet (www.ccduas-rodas.es) e antes do día �1

A BTT Palmés-Ourense 2013 celebrarase o 24 de marzo4 Esta é a segunda edición desta proba cicloturista.

de marzo. Tamén será obri-gatorio pór tanto en internet como no recibo do banco o nome, apelidos e DNI para evitar confusións. As ins-cricións están abertas xa na web, onde se atopa to-das as indicacións de como inscribirse, así como a lista de inscritos. Tamén se pode realizar o pago en Ciclos-portgil Ourense, amais de en Novagaliciabanco.

O prezo da inscrición é de cinco euros para os fe-derados; 17 para o non fe-derados e 10 para a comida. Os acompañantes pagarán a comida: 10 euros.

DatosA saída será ás 9.30 horas

desde o campo de fútbol de Palmés e a proba terá unha dificultade media alta ao longo dos 35 quilómetros cos que conta o percorrido.

Cartel do 2ª BTT Palmés - Ourense.

O Galmédica B visita ao AD Vincios4 Mentres que o primeiro equipo recibe ao Ceibe de Monforte.Redacción

Tralo parón ligueiro das últimas xornadas por causa da celebración do Campionato de España, a competición de tenis de mesa retómase con duelos directos para os represen-tantes ourensáns.

Galmédica AO Galmédica A recibe

o sábado, a partir das 17 horas no Pazo, ao Ceibe de Monforte, na xornada número 15 da Segunda División Nacional. Os ourensáns son quintos con 10 puntos (oito máis que a zona de descenso), mentres que os lucenses son cuartos con 14 puntos. Coa salvación asegurada, aos ourensáns só lles resta rematar a competición o máis arriba posible. O Gal-médica Ourense ten unha posibilidade remota de en-

trar no play off de ascenso; a última praza deste play off ocúpaa o Gijón con 14 puntos, catro máis que os ourensáns. Restan catro xornadas para o remate da competición.

Galmédica BCon sete xornadas por

disputar na 1ª División Galega, grupo Sur, o Gal-médica B atópase en nove-na posición (un posto por enriba do descenso) con 1� puntos. Cada partido será unha final ata que remate o campionato, xa que o Jo-yería Enrique Cambados, que ocupa a última praza de descenso, ten os mes-mos puntos que os ouren-sáns.

Nesta xornada o Gal-médica visita a cancha do A.D. Ferretería Vincios, equipo que ocupa a oitava praza con 14 puntos.

Page 12: 08 marzo 2013 - BD Nº72

1� BARRIOS DEPORTIVO8 de marzo de �013

CIDADE AS BURGAS

O Cidade As Burgas perdeu contra o líder, Atl. de Madrid por dous goles a cero

Figo busca un pase cómodo ante a oposición dunha xogadora do Roldán. /RAMSÉS

4 Xornada 22 - 16 de marzoViaxes Amarelle - Soto del RealMóstoles - BurelaU. de Alacante - Ponte OurenseValladolid - GironellaFemeni Centelles - Lacturale OrvinaCidade As Burgas - DescansaCiudad de Alcorcón - At. de MadridRoldán - La Rioja

4 Xornada 23 - 23 de marzoLa Rioja - Viaxes AmarelleSoto del Real - MóstolesBurela -U. de Alacante Ponte Ourense - ValladolidGironella - Femeni CentellesLacturale Orvina - Cidade As BurgasDescansa - Ciudad de AlcorcónAt. de Madrid - Roldán

Primeira División FSF - 21ª xornada

Posto Equipo Puntos

1º At. Madrid 48�º Burela 483º Alcorcón 434º Orvina 375º U. de Alacante 356º Valladolid 347º Gironella �88º Soto del Real 319º Roldán �310º Móstoles �111º Ponte Ourense �11�º Logroño 1713º Cidade As Burgas 1514º Amarelle 1015º Centelles 3

Iria loitando por un balón contra dúas rivais. /RAMSÉS

R. Torres

O Cidade As Burgas está a xogar grandes partidos pero non logra distanciarse da zona de descenso. Este descanso de dúas semanas vira moi ben para evadirse un pouco da presión que su-pón a táboa clasificatoria.

Para o Cidade serán dúas semanas de descanso, xa que para a seguinte tócalle descansar na Liga. As de Manolo Codeso voltarán á competición o vindeiro día �3 de marzo, cando xoguen como visitantes contra o Orvina (cuarto clasificado con 37 puntos).

Atlético de MadridContra o Atlético de Ma-

drid pódese dicir o vello dito de “xogaron coma nun-

Descanso no mellor momento4 A competición chega ao parón polo com-promiso das seleccións autonómicas.

ca, perderon coma sempre”. E é que a pesar de cuallar un notable encontro non fo-ron quen de sacar algo po-sitivo da súa visita a terras madrileñas; o mesmo que na primeira volta, cando un gol no último minuto das colchoneiras deu ao traste coas opcións de puntuar contra as líderes da compe-tición.

O Atlético de Madrid bus-caba o seu xogo imprimin-do unha gran velocidade ás transicións tratando de sor-prender a un ben asentado Cidade. A primeira metade rematou sen goles.

No segundo período, tras cinco minutos transcorri-dos, Nati metía en propia porta o balón cando o inten-taba despexar tras un centro de Anita Luján. Un minutos

máis tarde, Priscilla facía o dous a cero definitivo. Ata o final do encontro, as franxiverdes buscarían o empate con pases longos de área a área, pero sen apenas inquedar a portaría rival. Dous a cero foi o resulta-do final contra un Atlético de Madrid que continúa ao fronte da clasificación.

ClasificaciónO Cidade As Burgas mar-

cha no posto número 13 con 15 puntos. Un posto por de-baixo está situado o Viaxes Amarelle, con 10 puntos, que ocupa praza de descen-so. Estas últimas xornadas van ser de infarto para as ourensás que tentarán por todos os medios buscar a salvación para continuar na elite do fútbol sala fe-

minino. Está é a terceira tempada que o Cidade par-ticipa na Primeira División, e pode que sexa o ano que máis lle está a custar certi-ficar a permanencia.

RivaisOs rivais para a salvación

son o Amarelle e o Rioja. Co Centelles prácticamente descendido soamente falta saber que o acompañará no descenso. Quen ten máis papeletas é o equipo coru-ñés (Viaxes Amarelle). As herculinas son penúltimas con 10 puntos, a cinco da salvación que marca o Ci-dade; ainda que cun partido menos. La Rioja é o outro equipo que está nesta loita pola permanencia. Con 17 puntos é décimo segundo con dous puntos de marxe sobre as de Codeso e sete sobre o descenso.

Nove xornadas de infarto son as que restan para re-matar a competición.

Vindeira citaDespois das dúas sema-

nas de descanso, o Cidade xogará o �3 de marzo con-

tra o Orvina. Nesa mesma xornada, o Rioja recibe en Logroño ao Viaxes Amare-lle.

Haberá que esperar ata o 6 de abril para velas xogar en casa. O encontro será contra o Gironella.

Page 13: 08 marzo 2013 - BD Nº72

BARRIOS DEPORTIVO8 de marzo de �013

13XIMNASIA

Ximnastas de Galicia, Granada e Portugal déronse cita nesta competición./P.LODEIRO

Ourense ríndese á ximnasia acrobática4 O Pavillón dos Remedios acolleu a VI Copa Galicia Internacional.Redacción

A cancha central dos Remedios poucas veces se queda pequena, pero sem-pre se fai insuficiente cando a cita que acolle é ximnás-

tica. Nesta ocasión o pavillón

ourensán acolleu (os días � e 3 de marzo) a VI Copa Galicia Internacional de Ximnasia Acrobática, que congregou a deportistas de

Galicia, Granada e Portu-gal, así como a centos de seareiros (entre familiares e seguidores deste deporte) que admiraron os imposi-bles exercicios destas xóve-nes promesas.

Preto dun cento ximnas-tas de 10 clubes distintos deronse cita en Ourense du-rante os dous días de com-petición para demostrar quenes son os mellores en categoría cadete, xuvenil, júnior e sénior; por parellas ou tríos; e en categoría fe-minina, masculina e mixta.

Os gañadoresSen dúbida, nesta sexta

edición os vencedores fo-ron os ximnastas portugue-ses, que estiveron presentes en todos os podios, pero os anfitrións tamén realizaron unha gran actuación.

En concreto, no caso dos representantes ourensáns, do Club Burgas, destacou especialmente a actuación da parella xuvenil femi-nina composta por Yolan-da García e Sara Blanco, que lograron a medalla de bronce na súa categoría; así como das parellas femini-nas júnior compostas por Lara Colmenero-Raquel Ordiales e Johana Pereira-Sara Mei, que se fixeron co segundo e terceiro posto do seu grupo. As incribles figuras destes deportistas deixaron sen alento

ao numeroso público asistente./P.LODEIRO

Page 14: 08 marzo 2013 - BD Nº72

14 BARRIOS DEPORTIVO8 de marzo de �013

ARTES MARCIAIS

Christian Álvarez, primeiro, no podio de +94 quilos.

A esquerda, Francisco Javier Iglesias xunto co seu ade-strador, Emilio.

Javier Iglesias, campión galego de light contact

Se fai unhas semanas proclamábase campión galego de semi contact, desta, Francisco Javier Iglesias vén de conseguir o título autonómico de light contact en kick boxing.

O pavillón municipal de Marín (Pontevedra) foi a sede deste campionato galego de kickboxing na moda-lidade de light-contact, en distintos pesos e categorías. Ao evento acudiron máis de �00 deportistas de toda a comunidade galega.

O Ximnasio Estudio A Valenzá presentouse con catro participantes, sendo Javier Iglesias o máis destacado de todos eles, quen tras varias eliminatorias coouse na fi-nal, logrando o título galego na categoría sénior de me-nos de 85 quilos.

Redacción

Felipe Iglesias acadou o Campionato de España de Jiu Jitsu. O �3 de febreiro (marzo) celebrouse en Villa-viciosa de Odón, a fase final do Campionato de España de Jiu Jitsu cun novo exito para o ourensán Felipe Igle-sias. Iglesias (club Marbel) competíu na categoría de menos de 6� quilos. Duran-te as primeiras roldas ven-ceu ao madrileño Miguel Moreno (14-0) e ao vasco

Iglesias, subcampión nacional de jiu jitsu4 O ourensán Christian Álvarez, que participou por Madrid, foi campión en +94 quilos.

Eneko Aburruza (1�-6) sen maiores atrancos. Unha

vez máis acadaba a final, e, unha vez máis enfrontábase na mesma ao varias veces campión de España e de Europa, Francisco García. Nos primeiros segundos, o ourensán bateu as costas contra o chan lesionándo-se, acción que aproveitou o madrileño para facerse co título. Finalmente, un novo subcampionato de España de jiu jitsu.

Christian ÁlvarezQuen si acadou un éxito Felipe Iglesias (de costas) na final de -62 quilos.

rotundo foi o ourensán Christian Alvarez (quen participou por Madrid por residir alí), ao lograr o tí-tulo na categoría de máis de 94 quilos.

O camiño da medalla de ouro pasou por vencer en semifinais ao valenciano Pedro Gomis (14-0) e na final ao coruñés Manuel Sanmartín (11-4). Esta vitoria clasifícao directa-mente para o próximo eu-ropeo que se disputará en Alemaña.

Redacción

O pasado sábado � de marzo, tivo lugar no pavillón Óscar Pereiro de Mos o torneo “Xoga Judo �013”. Competición de carácter autonómico que reuníu a �50 judokas de ambos os dous sexos, de

Catro ouros e tres pratas dos judokas ourensáns no “Xoga Judo 2013”4 Celebrado o 2 de marzo en Mos.

entre as categorías alevín e infantil. O máximo metal, e por tanto a primeira posición foi, por parte ourensá, para Canolich Fernández en alevín femenino -34 quilos ao lograr dúas vitorias e un empate. O alevín Jorge Gascón (-31 quilos) obtivo o mesmo resultado. En

categoría infantil chegaron os outros dous ouros. Yago Rodríguez, en menos de 56 quilos e Iago Fernández, en menos de 44 quilos, quedaron imbatidos nos seus tres combates.

Tamén foi destacada a actuación de Pablo Marcos (-�8 quilos) en alevín mas-

culino, Marco Mugüerza (-37 quilos) e Pablo Dopa-zo (-46 quilos) en infantil masculino, quen remataron colgándose as medallas de prata nas súas categorías. Completaron a participa-ción ourensá, Iria Ollero (-53 quilos) en categoría infantil feminino e Álvaro Prieto (-58 quilos), alcan-zando a cuarta posición cada un deles.

O “Xoga Judo” é un evento que pretende iniciar aos nenos na competición, educalos a través da mesma e fomentar os valores do deporte. Nove judokas do club Marbel representaron á

provincia de Ourense nun-ha competición que contou

con �50 participantes de toda a xeografía galega.

Integrantes do Marbel no Xoga Judo.

Page 15: 08 marzo 2013 - BD Nº72

BARRIOS DEPORTIVO8 de marzo de �013

15 ARTIGOS / ACTUALIDADE

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�009. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Saudeter, Diego Formoso, Alfonso Vilachá, Jorge Encinas.

Nº7�- Ano: V - 8 de marzo de �013 - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

4O RINCÓN DO MESTRE

Capítulo 12. O rol do árbritro

A tarefa do árbitro nunca é fácil, e na actualidade é moito máis complexa. A arbitraxe require persoas con forte carácter, unha vi-gorosa humanidade e ani-micamente fortes. Ademais deben estar fisicamente en forma e ben aleccionados e informados.

Na actualidade, o fútbol está mergullado nun pro-fundo labirinto de intereses creados, de loitas internas, etc. Todas estas situacións, o incremento de xogadores fulleros, tramposos, o des-caro e a lingua viperina dalgúns presidentes, etc., converteron a festa depor-tiva nunha contorna de vio-lencia, pequenas guerrillas internas entre as afeccións. De todo esta contorna, o árbitro é o máis prexudi-cado.

O seu labor ha de ser con-siderado como imprescindi-ble, necesario e fundamen-tal no desenvolvemento dun partido de competición.

Características intrínse-cas e extrínsecas

1º.- A preparación xeral do árbitro debe responder os niveis técnico, psicolóxi-co, pedagóxico e físico.

2º.-A experiencia é o me-llor texto da vida. Se a esta experiencia engadímoslle unha boa pedagoxía, tere-mos o árbitro ideal para o

deporte de base.3º.- Esta preparación

proxéctase no campo da seguinte maneira: máxima concentración ao longo do partido, observación de múltiples incidencias, retención de todo o obser-vado, toma de decisións, control emocional, etc.

4º.- Ha de ter un bo ni-vel estético; iso axudará a dar aos seus diferentes movementos un carácter harmónico. Ha de vestir unha indumentaria co-rrecta.

5º.- Ha de posuír unha boa forma física.

6º.- Ha de ser un bo co-municador. O diálogo ha de ser aberto.

7º.- Ha de estar aberto a toda clase de suxestións.

8º.- Ha de sentirse forte psicoloxicamente (con-fianza, seguridade, impar-cialidade, etc.).

9º.- Ha de ser xusto e imparcial nas súas deci-sións.

10º.- Ha de actuar de maneira sinxela e pruden-te.

11º.- Non recriminar en público, máis ben utili-zar unha linguaxe afable, amigable, etc.

12º.- Ha de controlar e evitar a presión psicoló-xica das bancadas, xoga-dores, etc.

Alfonso Vilachá, entrenador e concelleiro de Deportes de Ourense

Deporte e realidade (XII)

“A arbitraxe require persoas con forte carácter, unha vigorosa humanidade e animicamente fortes, fisicamente en forma e ben aleccionados”

P.L.

O Club de Tiro Eiroás entrega este sábado 9 de marzo os premios da súa Tirada de San Sebastián, no transcurso dunha cea que se celebrará nos locais de Aixiña.

Á espera de que come-cen as competicións de carácter autonómico e na-cional, no club continúan as ligas locais. O vindeiro domingo 10 haberá com-petición de pistola veloci-dade (que é clasificatoria para a competición auto-nómica), mentres que o 17 é o turno para pistola estándar.

En canto ao tiro ao pra-

4TRIBUNA ABERTA

EN BREVE

4 Programa de Saúde nos Remedios

O Consello Municipal de Deportes lanza o seu Programa de Saúde para o Pavillón dos Remedios. Son oito actividades para todos os públicos que se desenvolverán entre os meses de abril e xuño. Aquaxim, pilates, zumba fitness e batuca, gap, to-nificación muscular, mul-tideporte para a terceira idade, ximnasias suaves e acondicionamento físico, e finalmente stretching conforman esta oferta, dispoñible en diferentes horarios entre semana.

As prazas para cada ac-tividade están limitadas a 30 por sesión, e as ins-criciós comezan o 11 de marzo. O prezo de cada actividade é de 18 euros ao mes.

Alfonso Vilachá.

to, a vindeira cita é o cam-pionato provincial na mo-dalidade de minifoso, que se disputa o 10 de marzo nas instalacións de Eiroás.

Copa PresidenteFóra do calendario habi-

tual, o club ourensán aco-llerá este mes de marzo por primeira vez unha fase da Copa Presidente de Perco-rridos de Tiro. Serán os días �� e �3 de marzo e o pra-zo de inscrición para esta primeira fase remata o día 13. Os deportistas deberán completar 1� exercicios ou stages que xa se poden consultar na páxina web da Real Federación Española de Tiro.

Actividade do Club de Tiro Eiroás4 Acolle a 1ª fase da Copa Presidente de Percorridos de Tiro os días 22 e 23 de marzo.

4 Récord de participación en Ociourense

Récord de participación para as actividades do mes de marzo do programa mu-nicipal Ociourense, que proporciona alternativas saudables de ocio para a mocidade.

BTT, sendeirismo ur-bano, escalada, baile, ou piragüismo son algunhas das propostas ata o mes de maio para o ocio dos mozos ourensáns de 15 a 30 anos. As inscricións realízanse de xeito gratuíto na web www.ociourense.es.

Unha imaxe das clases de piragüismo na edición do ano pasado./OCIOURENSE.

De Atenas a Londres

Nas probas de atletis-mo dos primeiros Xogos Olímpicos da era moder-na celebrados en Atenas en abril de 1896, Estados Unidos ocupou o primeiro posto do medalleiro. Es-paña non tivo oportunida-de para gañar ningunha medalla porque non par-ticipou nos Xogos.

Nos últimos Xogos Olímpicos, celebrados en Londres o ano pasado, España participou nas probas de atletismo nin máis nin menos que con corenta e seis deportis-tas (e a correspondente e nutrida representación de directivos uniformados) que conseguiron que o noso país ocupase o mes-mo posto no medalleiro que en Grecia en 1896, é dicir, nin sequera apare-cer en devandito ránking. Pola súa banda Estados Unidos repetiu éxito, vol-veu ser o primeiro. Cal é a razón destes éxitos e da-queles fracasos?, ao meu entender ten que ver co lugar que ocupa o deporte na escala de valores ou de prioridades de cada país, e co concepto de deporte que teñan os seus dirixen-tes e os seus dirixidos.

O deporte enténdese en moitos países como ins-trumento básico para a formación física e espiri-tual das persoas. Nas mi-ñas viaxes coa selección nacional de Tiro Olímpi-co tiven oportunidade de

intercambiar impresións con deportistas e adestra-dores de países do leste que me explicaban que nos seus países, desde a infancia promóvese que os estudantes participen en deportes variados, de ma-neira que poidan mostrar as súas destrezas e habili-dades en cada un deles e finalmente póidaselles en-camiñar a práctica do que lles ofrece maiores opor-tunidades de desenvolve-mento e éxitos segundo os seus resultados e aptitu-des. Noutros países como Estados Unidos ou Ingla-terra o sistema non é moi diferente.

En España, a cousa cambia. Invístese por parte do Consello Supe-rior de Deportes moito diñeiro, máis antes que agora, a crise económica tamén chegou ao deporte, en instalacións e axudas a deportistas olímpicos, es-quecendo quizais o depor-te de base, cos resultados que detallaba ao principio destas liñas. É coma se se quixese comprar ao de-portista xa feito no canto de formalo, e hai cousas que non se poden comprar con diñeiro; se falamos de deporte, o ouro non esta en venda.

Jorge Encinas, campión e recordman galego

de Tiro Olímpico, mellor deportista de

Ourense en 1987, estivo preseleccionado para

Barcelona 92

“O deporte enténdese en moitos países como instrumento básico para a formación física e espiritual das persoas”

Page 16: 08 marzo 2013 - BD Nº72

BARRIOS DEPORTIVO8 de marzo de �013