040512 campaña reserva os ancares

2

Click here to load reader

Transcript of 040512 campaña reserva os ancares

Page 1: 040512 campaña reserva os ancares

NOTA DE PRENSA

1

A Deputación difunde na Coruña os recursos da Reserva

dos Ancares con actividades dirixidas a 300.000 persoas

- O organismo lugués, a través dun convenio co Ministerio de Medio Ambiente, manterá

durante todo o mes de maio un posto promocional no centro comercial Dolce Vita, un

complexo polo que nesta época do ano pasan unha media de 75.000 persoas á semana

- O público que se achegue ó stand atopará todo tipo de información sobre os recursos

medioambientais, produtos autóctonos e posibilidades turísticas dos Ancares, ademais da

réplica dunha palloza cunha exposición no interior sobre os oficios tradicionais

A Deputación de Lugo, a través dun convenio asinado co Ministerio de Medio Ambiente para

impulsalo desenvolvemento das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses,

iniciou unha serie de accións para difundir no exterior da provincia a riqueza natural,

etnográfica e gastronómica do territorio dos Ancares co fin de atraer visitantes e dinamizar a

súa actividade económica. A iniciativa posta en marcha polo organismo provincial, financiada

ó 66% polo Ministerio, consiste na instalación dun posto promocional e na organización de

diversas actividades durante todo este mes de maio no centro comercial Dolce Vita da

Coruña, o que constitúe un escaparate cun público potencial dunhas 300.000 persoas, pois

esta é a cantidade de xente que percorreu o complexo en maio do pasado ano. A afluencia

media semanal nesta época é de 75.000 persoas, situándose en ó redor de 28.000 de media

os sábados, segundo a xerencia do centro comercial.

O público que se achegue ó stand, que abriu o pasado mércores, atopará todo tipo de

información sobre os recursos medioambientais, produtos autóctonos e posibilidades

turísticas da Reserva dos Ancares e, máis en concreto, sobre as empresas da zona adheridas

a www.losproductosdelugo.com a plataforma de comercio electrónico que a Deputación

puxo en marcha hai un ano para abrir novos mercados ás firmas lucenses. A institución

provincial contribúe deste xeito por medio das novas tecnoloxías ó desenvolvemento

económico de Lugo e á promoción das empresas, abríndolles unha nova canle de venda dos

seus produtos e servizos, o que lles axuda a subir o volume de beneficios, ser máis

competitivas e manter empregos. As firmas teñen deste xeito un espazo para anunciarse,

vender e distribuír os seus produtos en novos mercados tanto nacionais como internacionais

as 24 horas do día, os 365 días do ano. Ofrécese así mesmo por vez primeira unha imaxe de

marca dos produtos de Lugo de cara ó exterior, independentemente do provedor que os

ofreza.

As persoas que pasen polo posto que a Deputación instalou no centro comercial Dolce Vita

encontrarán así mesmo a réplica dunha palloza típica dos Ancares cunha exposición no

interior sobre os oficios tradicionais. O stand estará aberto de luns a venres, de 17:00 a

21:00 horas, e os sábados, de 18:00 a 22:00 horas.

En canto ás actividades complementarias, terán lugar este mesmo sábado, 5 de maio, e o día

19, e consistirán en degustacións de produtos típicos e sorteos de agasallos, todos

Page 2: 040512 campaña reserva os ancares

NOTA DE PRENSA

2

pensados para que os agraciados comproben de primeira man e in situ os valores e

posibilidades da Reserva. O sorteo realizarase entre os asistentes ás degustacións maiores

de 18 anos e os agasallos serán, entre outros, estancias en casas de turismo rural, cestas de

produtos autóctonos, rutas e obradoiros de oficios tradicionais.

Con esta iniciativa, a Deputación continúa co plan de acción para potencialo

desenvolvemento das Reservas da Biosfera Terras do Miño e os Ancares Lucenses que

desenvolve a través do convenio de colaboración que ten asinado co Ministerio de Medio

Ambiente. Este acordo está dotado cun total de 1 millóns de euros, dos que o departamento

estatal achega o 66%, e un dos seus obxectivos fundamentais é difundir entre a cidadanía en

xeral, nenos e maiores, e entre os profesionais dos sectores vinculados a todo o relacionado

co medio ambiente, en particular, as características e recursos das Reservas da Biosfera,

buscando deste xeito a implicación da sociedade para garantir a conservación, a xestión

sostible e a posta en valor do patrimonio natural da provincia.

Lugo, 4 de maio de 2012