00 LA Relixión 3 ESO.Páxs.iniciais GAL - edebe.com LA Religion 3... · ller dunha personalidade...

16
persoas. Se tivésedes fe sequera coma un gran de mostaza, diriádeslle a este monte: «vai de aquí para alá», e o monte había ir; e nada sería 6 1 Relixións monoteístas

Transcript of 00 LA Relixión 3 ESO.Páxs.iniciais GAL - edebe.com LA Religion 3... · ller dunha personalidade...

Page 1: 00 LA Relixión 3 ESO.Páxs.iniciais GAL - edebe.com LA Religion 3... · ller dunha personalidade recia, admirada por algunhas persoas e criticada por outras. ... O seu teste-muño

persoas. Se tivésedes fe sequera coma un gran de mostaza, diriádeslle a este monte: «vai de aquí para alá», e o monte había ir; e nada sería

6

1 Relixións monoteístas

LA Relixión 3 ESO GAL - UD 01 26/1/11 18:48 Página 6

Page 2: 00 LA Relixión 3 ESO.Páxs.iniciais GAL - edebe.com LA Religion 3... · ller dunha personalidade recia, admirada por algunhas persoas e criticada por outras. ... O seu teste-muño

Arte | ARQUITECTURA

A mesquita-igrexa do Cristo da Luz

DocumentalA convivencia en Toledo na Idade Media

7

1. As oracións1.1. Shema Israel1.2. O Nosopai1.3. O Salat

2. As celebracións2.1. A Pascua xudía2.2. A Pascua cristiá2.3. A festa musulmá do cordeiro

3. O compromiso3.1. O Yom Kippur 3.2. A Coresma 3.3. O ramadán

Alcanzar os soños

Conecta T

A convivencia con outras relixións

Os homes e as mulleres das diferentes relixiónsmonoteístas cren nun único Deus.

Os cristiáns e as cristiás saben que o ser humanoé unha criatura creada por Deus; que é imaxe deDeus e que todas as persoas son iguais en digni-dade,orixe e destino.Por iso colaboran para alcan-zar o obxectivo de manter unha convivencia res-pectuosa e pacífica coas persoas doutras relixiónsou culturas. Esta boa convivencia enriquéceoscomo seres humanos e axúdalles no seu crece-mento persoal.

E ti? Es quen de convivir con persoas que teñencrenzas ou culturas distintas das túas? Cres queche achegan algo que te enriquece? Podes mello-rar algúns aspectos desta convivencia? Como o fa-rías?

imposible para vós. (Mt 17, 20) As persoas de fe son

Homes e mulleres de fe

Con

tid

os

LA Relixión 3 ESO GAL - UD 01 26/1/11 18:48 Página 7

Page 3: 00 LA Relixión 3 ESO.Páxs.iniciais GAL - edebe.com LA Religion 3... · ller dunha personalidade recia, admirada por algunhas persoas e criticada por outras. ... O seu teste-muño

xeria é considerada a primeira escritora daPenínsula Ibérica de nome coñecido. Viaxei-ra intrépida e culta, posuía coñecementosde grego, literatura e xeografía. Foi unha mu-ller dunha personalidade recia, admirada por

algunhas persoas e criticada por outras.

Viviu no século IV d. C. Naceu na zona da actual Gali-cia, que naquel momento pertencía á provincia romanada Gallaecia. Era de orixe nobre e probablemente fami-liar do emperador Teodosio I. Meteuse a monxa e foi aba-desa dun convento.

Exeria tiña un soño: peregrinar á Terra Santa e coñeceroutras culturas. Por iso abandonou o convento e ini-ciou unha longa viaxe, que durou uns tres anos, do381 ao 384. Non se sabe o lugar nin a data exacta enque morreu; a última noticia que se ten dela sitúaa enConstantinopla (actual Istambul).

A peregrinación de Exeria á Terra Santa foi difícil e peri-gosa, coma todas as da época. Ademais, naquel mo-mento ningunha muller de boa familia viaxaba soa; poriso, tratar de alcanzar o seu soño foi un xesto de liberda-de que retou a toda a sociedade.

Na súa viaxe, Exeria foi escoltada e acompañada polaspersoas que encontraba no camiño: desde sacerdotes ataaltos cargos militares que consideraban un honor acom-pañala. Así, Exeria puido coñecer de primeira man asculturas dos lugares polos que viaxaba.

A nosa protagonista atravesou o sur da Galia (actual Fran-cia) e o norte de Italia. Cruzou en barco o mar Adriático

e chegou a Constantinopla. Deaí saíu rumbo a Xerusalén e vi-sitou lugares importantes na vidade Xesús: Iericó, Nazaré e Ca-farnaúm.

Partiu de Xerusalén cara a Exip-to, visitou Alexandría e chegouata Tebas polo río Nilo. Regre-sou a Palestina pasando polomar Rubio e o Sinaí. Despois foicara a Antioquía, pasou por Ede-sa, chegou ata Mesopotamia,onde cruzou o río Éufrates, e re-gresou a Constantinopla atrave-sando o territorio de Siria.

Durante a súa peregrinación, Exe-ria escribiu un libro: Itinerario aos Lugares Santos, no quenarrou as súas experiencias e describiu con detalle lu-gares, persoas e costumes. O seu libro amósanos conclaridade e exactitude como era o Próximo Oriente no sé-culo IV.

Grazas á súa obra coñecemos moitos monumentos eigrexas que hoxe en día desapareceron ou foron trans-formados. Tamén coñecemos mellor a liturxia que se de-senvolvía en Xerusalén nese momento.

Exeria foi unha muller valente que loitou por cumprir oseu soño. Na súa viaxe coñeceu de cerca outras cultu-ras e conviviu estreitamente con elas. O seu teste-muño móstranos como a diversidade cultural nos enriquecea todos.

8

EEXPERIENC

IA IN

ICIA

L

Viaxeira intrépida e escritora detallistaConecta T

Viaxe de Exeria

A Coruña

RomaConstantinopla (Istambul)

Xerusalén

Alexandría

Tebas (Luxor)

LA Relixión 3 ESO GAL - UD 01 26/1/11 18:48 Página 8

Page 4: 00 LA Relixión 3 ESO.Páxs.iniciais GAL - edebe.com LA Religion 3... · ller dunha personalidade recia, admirada por algunhas persoas e criticada por outras. ... O seu teste-muño

FÍXATE1. Supón que ti quixeses repetir o percorrido de Exeria.Fí-

xate no itinerario e anota os Estados actuais polosque viaxarías.

a) Fai unha lista das diferentes culturas e relixións coasque terías que te enfrontar.

b) Anota posibles inconvenientes, perigos e dificul-tades cos que te enfrontarías.

Exemplos: dificultades de idioma, cansazo...

9

PREGÚNTATE2. Que soño tes para o teu futuro?

3. Que comodidades e seguridades terás que deixar atráspara alcanzar o teu soño? Completa a táboa.

4. Que viaxe che gustaría realizar? Por que?

— Que deixarías atrás para poder facer esa viaxe?

RESPONDE 5. Que te impulsa a deixar comodidades e seguridades

para alcanzar aquilo que te propós?

6. Gústache coñecer lugares e culturas diferentes aosteus?

– Valora como te enriquece a convivencia con perso-as doutras culturas e/ou relixións.

O máis positivo: …… O máis difícil: ……

7. Imaxina que unha peregrina parase uns días na túalocalidade.Prepara unha exposición breve ou unha pre-sentación multimedia para mostrarlle o máis desta-cado da cultura e a sociedade nas que vives.

Alcanzar os soños

De seguro que tes plans para alcanzar osteus soños: levar a cabo uns estudos de-terminados; mellorar como persoa paramanter coa túa familia e os teus amigosunhas relacións baseadas no amor, o coi-dado e a liberdade; sentirte libre paraexpresar as túas opinións e crenzas desdeo respecto e a tolerancia...

Conseguir os obxectivos que nos propo-ñemos ou alcanzar os nosos soños re-quire,con frecuencia,do noso esforzo e ta-mén dunha boa dose de creatividade.

Para moitos cristiáns e cristiás, un dosobxectivos máis importantes da súa vidaé poder vivir plenamente a súa fe e ser con-secuentes con ela: ter os seus momen-tos de oración, celebrar as súas festas relixiosas e vivir o seu compromiso. Aofinal, consideran que valeu a pena loitarpor iso.

O meu soño: estudar no estranxeiro

Comodidades materiais Seguridades persoais

A miña cama actual......

Ter cerca os amigos......

LA Relixión 3 ESO GAL - UD 01 26/1/11 18:48 Página 9

Page 5: 00 LA Relixión 3 ESO.Páxs.iniciais GAL - edebe.com LA Religion 3... · ller dunha personalidade recia, admirada por algunhas persoas e criticada por outras. ... O seu teste-muño

As oracións A oración é a expresión máis íntima do ser humano na súa relación con Deus. Invitaa calar por fóra e por dentro,para poder escoitar,observar e comprender mellor o quenos sucede ou o que nos alegra.

É importante buscar momentos de profundo silencio para escoitar con maior aten-ción e percibir a presenza de Deus. A oración non acaba cos problemas de manei-ra máxica, pero si que pode dar forza e luz para os resolver ou para levalos con dig-nidade.

Cada relixión ten a súa maneira de expresar e levar a cabo a oración, e cada unhadelas dedica especialmente un día da semana á oración e á relación con Deus.

1.1. Shema IsraelOs xudeus rezan tres veces ao día: pola mañá, ao mediodía e pola tarde. Rezan sem-pre de pé e mirando cara a Xerusalén ou,se están nesta cidade,cara ao monte do Tem-plo.Nestes momentos de oración recitan o Shema Israel, que é a confesión de fe nunúnico Deus. Ademais, os xudeus distinguen outras oracións, como as de loanza, asde agradecemento e as de petición.

O sábado, sabbat,é para os xudeus o día máis importante da semana.É un día de ora-ción e encontro con Deus no que acoden á sinagoga para a lectura da Torá e asoracións.Ademais,é un día de descanso no que non poden realizar determinadas ac-cións, como traballar, cociñar ou tocar instrumentos musicais.

A celebración do sabbat empeza coa posta do Sol do venres e termina co crepúscu-lo do sábado. Os venres amañan a casa e preparan os khalot, pans trenzados, pararecibir o sabbat con total dignidade. Xúntase toda a familia ao redor da mesa, vesti-dos elegantemente para a ocasión. A nai é a encargada de bendicir a mesa e acen-der dúas candeas antes do poñer do Sol. A luz das candeas simboliza a alegría e apaz que se espera encontrar durante o día sagrado.

1.2. O NosopaiOs cristiáns e mais as cristiás mantemos unha relación persoal con Deus. Moitasdas nosas oracións son diálogos espontáneos nos que nos poñemos en presenzade Deus para lle contar o que nos alegra e tamén o que nos pon tristes, para lle daras grazas, para interceder polos nosos irmáns... Deixamos nas mans de Deus Pai asnosas preocupacións e mais as nosas ilusións e os nosos anhelos persoais. A ora-ción axúdanos a coñecer a vontade de Deus, compasivo e misericordioso, no nosoproxecto de vida.

Os Evanxeos amosan con frecuencia a Xesús orando. En Lc 11, 1-4 nárrase como omesmo Xesús lles ensina aos seus discípulos a orar co Nosopai.

Xesús diríxese a Deus cunha palabra entrañable: abba, a primeira palabra queaprenden os nenos hebreos,equivalente a un cariñoso «papá».Xesús relaciónase conDeus coma un Fillo que se sente seguro no colo do seu Pai.

No Nosopai, Xesús pídelle a Deus que veña o seu Reinado; que o seu Amor reinepor encima doutras perspectivas. Baixo a atenta mirada do Pai, Xesús ensínalles atodas as persoas a reconciliarse consigo mesmas,cos demais e con Deus para vivir enpaz.

10

1

Shema IsraelShema Israel, Adonai elohenu, Ado-nai E’had.

Escoita, Israel: O Señor, o nosoDeus, é Iavé, o único.

Dt 6, 4

O Nosopai–Mestre, apréndenos a rezar, comolles aprendeu Xoán aos seus dis-cípulos.

Respondeulles:

–Cando recedes, dicide:

Pai, santificado sexa o teu Nome!;veña o teu Reino! Danos cada día onoso pan. E perdoa os nosos peca-dos, como tamén perdoamos nósa todo o que nos debe; e non nossometas á tentación.

Lc 11, 1-4

LA Relixión 3 ESO GAL - UD 01 26/1/11 18:48 Página 10

Page 6: 00 LA Relixión 3 ESO.Páxs.iniciais GAL - edebe.com LA Religion 3... · ller dunha personalidade recia, admirada por algunhas persoas e criticada por outras. ... O seu teste-muño

O domingo é o día da semana que os cristiáns dedicamos es-pecialmente a Deus. É un día de descanso para repoñerse físicae espiritualmente.

Os católicos xuntámonos na igrexa para celebrar a Eucaristía.Compartimos a Palabra de Deus e o Corpo e o Sangue de Cris-to, conmemorando que Xesús morreu e resucitou para salvar ahumanidade.

11

A FatihaNo nome de Deus, o Compasivo, o Misericordioso! Loado sexaDeus, Señor do universo, o Compasivo, o Misericordioso. Donodo día do Xuízo. A Ti só servimos, e a Ti só imploramos axuda.Diríxenos pola vía recta, a vía dos que Ti agraciaches, non dosque incorreron na ira, nin dos extraviados.

Corán 1, 1-7

1.3. O SalatOs musulmáns rezan (o Salat, ou azalá) cinco veces ao día.No Co-rán aparecen fixadas a frecuencia e as horas da oración, que sedeterminan pola posición do Sol.Sitúanse en calquera lugar non--impuro,mirando á Meca, cidade sagrada por excelencia;descál-zanse en sinal de reverencia e colócanse sobre unha alfombra,para indicar que se illan do mundo. Daquela inclinan o corpoata que a fronte toca a alfombra. A oración empeza coa recita-ción da Fatiha, que é a primeira sura (capítulo) do Corán.

O venres é o día da comunidade. Sempre que as condicións opermitan, os musulmáns e as musulmás reúnense para rezar aoración do mediodía nunha mesma mesquita.

Relixión monoteísta que defende que non hai máis Deusque Alá (‘Deus’ en árabe) e que Mahoma é o seu profeta. Oseu libro sagrado é o Corán e os seus seguidores reciben onome de musulmáns.

Islam

Di a que relixión pertencen os seguintes textos e cal é a ideaprincipal de cada un.

A. «Durante seis días faredes os vosos traballos. No día sé-timo gardaredes repouso total, teredes asemblea sa-grada:non faredes ningún traballo para loanza do Señoren todo país onde habitedes.» (Lv 23, 3)

B. «Fai a azalá nas dúas horas extremas do día e nas pri-meiras da noite. As boas obras disipan as malas. Esta éunha amoestación para os que recordan.» (Corán 11, 114)

C.«Ti, pola contra, cando queiras rezar métete no teu cuar-to, pecha a porta e rézalle a teu Pai que está no segre-do; e teu Pai, que ve o segredo, hate recompensar.»(Mt 6, 6)

Busca na Biblia estes salmos e relaciónaos co tipo de oraciónque lles corresponde.

Explica o significado que ten a oración para os cristiáns.

a) Anota as semellanzas que encontres entre a oracióncristiá e unha conversación cun amigo.

b) Escolle a frase do Nosopai que máis che guste e explicaque significa para ti.

Loanza Agradecemento Petición Confesión

……… ……… ……… ………

Sal 148, 7-12; Sal 134, 1-2; Sal 22, 1-3;Sal 16, 9-11; Sal 69, 24; Sal 13, 6

1 2

3

Actividades

LA Relixión 3 ESO GAL - UD 01 26/1/11 18:49 Página 11

Page 7: 00 LA Relixión 3 ESO.Páxs.iniciais GAL - edebe.com LA Religion 3... · ller dunha personalidade recia, admirada por algunhas persoas e criticada por outras. ... O seu teste-muño

As celebraciónsDesde as civilizacións antigas as persoas organizaron a vida ao redor dos ciclos da na-tureza: empezaron a contar o tempo, definiron os ritmos de traballo e de descansoe sinalaron días especiais nos que recordar determinados acontecementos. Destaforma naceron os calendarios.

A nosa sociedade actual recorda e celebra datas importantes da historia das distin-tas nacións, pobos e comunidades.

As festas e as celebracións tamén son elementos característicos da relixión. As fes-tas das relixións monoteístas recordan,celebran e conmemoran aqueles acontece-mentos importantes relacionados coa súa fe.

2.1. A Pascua xudíaA festa xudía da Pascua (Pesah) celébrase o sábado seguinte á primeira lúa chea daprimavera. Nesta celebración os xudeus recordan a saída do pobo hebreo de Exip-to, onde vivían como escravos, guiados por Moisés e acompañados por Deus. É afesta do paso da escravitude á liberdade.

Celebran unha cea na que comen cordeiro con herbas amargas (símbolo das amar-guras e as dificultades que pasou o pobo de Israel en Exipto).

A festa xudía da Pascua recolle dúas tradicións relacionadas coa primavera:

Na festa da Pascua, os xudeus lembran que foron un pobo nómade no deserto atachegar á terra onde se instalaron e que Deus os guiou e os acompañou neste proceso.

2.2. A Pascua cristiáOs cristiáns celebramos a Pascua o primeiro domingo despois da primeira lúa cheada primavera, data que oscila entre o 22 de marzo e o 25 de abril.

É a festa máis importante para os cristiáns. Commemoramos a morte e a resurrec-ción de Xesús. Grazas a ela, os cristiáns sabemos que Deus non nos abandona pordifícil que sexa a nosa situación, igual que non abandona a Xesús na morte.

Xesús, como xudeu que era, xuntouse cos seus discípulos para celebrar a cea daPascua; foi a Última Cea de Xesús con eles. Con Xesús, a festa xudía da Pascua ad-quire un novo significado. É Xesús o que se inmola e se ofrece en sacrificio por todaa humanidade: Él é o cordeiro da Pascua; o Fillo de Deus, Xesús de Nazaré, santo einocente, sacrifícase para salvar a todos os homes.

12

2

Celebración da Pascua xudía.

A Última CeaOs discípulos fixeron tal como Xe-sús lles mandara e prepararon aPascua. Chegado o solpor, púxoseá mesa cos Doce. E mentres es-taban a comer, Xesús colleu pane, dando grazas, partiuno e déu-llelo aos seus discípulos, dicindo:

—Tomade e comede: isto é o meucorpo.

E collendo unha copa, dando gra-zas, déullela dicindo:

—Bebede todos dela, que isto é omeu sangue, o sangue da Alianza,vertido por todos para o perdón dospecados.

Mt 26, 19.26-28

Tradición gandeira

Os pastores nómades sacrificabanun cordeiro para aseguraren a fer-tilidade dos rabaños. Untaban ospaus das tendas co sangue da víti-ma para pedir bos augurios nos seusdesprazamentos. Comían o cordei-ro de pé, como símbolo de marchainminente do pobo nómade.

Tradición agrícola

As tribos campesiñas, sedentarias,ofrecían os primeiros froitos daterra para pedir a fertilidade doscampos. Por sete días comían panfeito co gran das espigas acabadasde cortar.Era un pan ácimo, sen lé-vedo (massot), xa que non habíatempo para elaborar o novo fer-mento.

LA Relixión 3 ESO GAL - UD 01 26/1/11 18:49 Página 12

Page 8: 00 LA Relixión 3 ESO.Páxs.iniciais GAL - edebe.com LA Religion 3... · ller dunha personalidade recia, admirada por algunhas persoas e criticada por outras. ... O seu teste-muño

2.3. A festa musulmá do cordeiroÉ unha das festas máis importantes do calendario relixioso musulmán.Celébrase traso mes da peregrinación (Dhu’l-hyyja).

Nesta celebración os musulmáns recordan que Ibrahim (Abraham) ofreceulle a Deusun cordeiro en lugar do seu fillo primoxénito, Ismael para os musulmáns, Isaac paraos xudeus e os cristiáns.

Moitos musulmáns peregrinan á cidade da Meca para cumprir co precepto de visi-tala polo menos unha vez na vida e, se é posible, durante ese mes.

O día da festa do cordeiro (Aïd al-Kabir), os pais de familia sacrifican ou mandan sacri-ficar un cordeiro e celebran unha reunión familiar para comelo. Tamén acoden ásmesquitas para a oración.

13

A partir da data na que se celebra a Pascua establécense outras festas.

A Igrexa e as relixións en relacióncoa salvaciónCerto é que as diferentes tradiciónsrelixiosas conteñen e ofrecen ele-mentos de relixiosidade que proce-den de Deus e que forman parte detodo o que o Espírito obra nos ho-mes e na historia dos pobos, asícomo nas culturas e relixións. De fei-to, algunhas oracións e ritos podenasumir un papel de preparaciónevanxélica, dado que son ocasiónsou pedagoxías nas que os corazónsdos homes son estimulados a seabriren a Deus. […] Por outro lado,non se pode ignorar que outros ri-tos non-cristiáns, ao depender desupersticións ou doutros erros, cons-titúen máis ben un obstáculo paraa salvación.

Dominus Iesus, 21.

Organiza a información das páxinas 10, 11, 12 e 13.

A partir da cita Mt 26,19.26-28,explica en que consiste a ceaque celebran os apóstolos con Xesús.

a) Que xestos e palabras de Xesús destacan? Por que?

b) Que significa para ti ese mandato de Xesús?

Resume que sucedeu despois da cea. Encontraralo nosversículos seguintes á cita que liches.

— Pescuda en que celebración litúrxica se pronuncian aspalabras de Xesús na Última Cea.

Reflexiona sobre este caso.

a) Valora do 1 ao 5 se é unha razón válida para ir ou non irá festa.

• Asistir para non ferir sentimentos: …• Asistir para coñecer outras culturas: …• Non asistir por contradición persoal: …• Non asistir para non perder a final: …

b) Cres que se David asiste se contradí coas súas crenzas?Por que? A quen lle pode pedir consello sobre este tema?

c) Escribe tres argumentos que lle axuden a David a decidir.

En grupo, buscade información sobre dúas das festas reli-xiosas suxeridas e elaborade un informe ou unha presen-tación en PowerPoint.

Os crentes de relixións monoteístas

......... .........

.........................

David está convidado a asistir a unha festa dunha relixión di-ferente á súa. El dubida se ir ou non ir. Se non acode, vai feriros sentimentos do bo amigo que o convidou e perderá a oca-sión de coñecer outros costumes. Pero asistir á festa parécelleque se contradí coa súa relixión, ademais de perder a final deCopa que retransmiten á mesma hora.

das Tendas (Sukkot) – da Luz (Hanukká) do nacemento de Mahoma (Mulud) – da revelación do Corán

Xudeus

Como?Cando?Onde?

Como?Cando?Onde?

Como?Cando?Onde?

Como?Cando?Onde?

Como?Cando?Onde?

Como?Cando?Onde?

Cristiáns

......... ......... ......... ......... ......... .........

......... .........

Oran

4

5

6

7

8

Actividades

Mércoresde Cinza

Domingode Ramos Pascua

40 días 7 días 50 días 11 días

PentecosteCorpusChristi

LA Relixión 3 ESO GAL - UD 01 26/1/11 18:49 Página 13

Page 9: 00 LA Relixión 3 ESO.Páxs.iniciais GAL - edebe.com LA Religion 3... · ller dunha personalidade recia, admirada por algunhas persoas e criticada por outras. ... O seu teste-muño

O compromisoAs persoas que desexan construír un mundo mellor e traballan por unha sociedademáis xusta,máis solidaria e pacífica manteñen actitudes concretas que as levan a com-prometerse e a actuar para conseguir o seu obxectivo.

Os crentes de diferentes relixións en xeral e os cristiáns en particular encontran na súarelixión os valores que lles axudan a vivir actitudes de reflexión sobre o sentido da súavida; de busca do ben e a verdade; de solidariedade cos demais, e de reconciliación.Para iso dedícanlle tempo persoal ao seu compromiso co mundo e coa sociedadeda que forman parte.

3.1. O Yom KippurO Yom Kippur é o día do gran perdón para os xudeus. Celébrase o día 10 do mesTisri, o primeiro do ano hebreo, como culminación a dez días de arrepentimento.

O Yom Kippur é o día máis santo e solemne do ano. Está centrado na reconciliacióne a reparación. Non é un día de tristura, senón de alegría. A comunidade xudía refle-xiona sobre as súas accións e recoñece os seus pecados, e recorda e renova a fideli-dade á Alianza, o pacto establecido con Deus. Para recibir o perdón primeiro é ne-cesario reparar as ofensas cos demais,de maneira que a celebración representa unhaconversión e un compromiso co mundo.

3.2. A CoresmaA Coresma é o período de corenta días que vai do Mércores de Cinza ao Domingode Ramos. Neste tempo os cristiáns preparámonos para a celebración da morte e aresurrección de Xesús. Para iso:

— Dedicámonos a orar e recordar todo o que Deus fai pola humanidade; experimen-tamos o perdón polo seu amor e somos exhortados a perdoar os nosos semellantes.Por iso, a Coresma implica un cambio, unha conversión de corazón, a toma de de-cisións e o compromiso por mellorar a nosa vida e o mundo que nos rodea.

— Sentímonos especialmente chamados a practicar a esmola,entendida como a dis-poñibilidade a compartilo todo; cunha actitude de apertura e caridade cara aosdemais. Compartindo parte dos bens que posuímos, fomentamos o desapego

ao material e, á vez, o compromiso de solidariedade cosdemais.

Pero a esmola non se relaciona exclusivamente cos bensmateriais. Os coñecementos, a alegría, o tempo... taménforman parte da riqueza que se pode compartir con xe-nerosidade.Por iso,ensinarlle ao que non sabe,repartir so-rrisos ou pasar parte do tempo acompañando outrapersoa tamén forman parte da esmola.

—Procuramos absternos de comer carne e xaxuar os díassinalados.Supón un esforzo por vencer as actitudes de cul-to ao corpo e aos sentidos para desexar estar máis cercade Deus. Así os cristiáns esquecemos o noso propio egoe podemos pensar mellor nos demais. O xaxún non serelaciona só coa comida, da mesma forma que a esmolanon se refire só ao diñeiro. Pódese xaxuar das activida-des ou actitudes que afastan dos demais.

14

3O kippur

O día de kip-pur era o úni-co día do anoque o SumoSacerdote en-traba no debir,a estancia cen-tral e máis sa-

grada do Templo de Xerusalén.

O Sumo Sacerdote sacrificabaun carneiro, e vertía o seu san-gue sobre o chivo expiatorio.Este percorría toda a cidade e,finalmente, era levado ao de-serto como símbolo do afasta-mento do mal e a expiación dospecados.

A Coresma evoca os 40 anos que pa-

saron os israelitas polo deserto des-

de Exipto ata Canaán, a Terra Prome-

tida. E tamén recorda os 40 días que

Xesús permaneceu no deserto para

que o Espírito lle revelase a súa mi-

sión.

Moitos cristiáns comparten o seu tempo xenerosamente.

Debir ou Santo dos Santos

LA Relixión 3 ESO GAL - UD 01 26/1/11 18:49 Página 14

Page 10: 00 LA Relixión 3 ESO.Páxs.iniciais GAL - edebe.com LA Religion 3... · ller dunha personalidade recia, admirada por algunhas persoas e criticada por outras. ... O seu teste-muño

15

Completa a cita do Corán.

«Quen (....) a súa facenda por Deus é semellante a un (....)que produce sete espigas, cada unha das cales contén(....) grans. Así dobra Deus a quen El quere. Deus é (....),omnisciente.

Quen gasta a súa (....) por Deus sen facelo seguir de (....)nin agravio terá a súa recompensa xunto ao seu (....).Non tenque (....) e non estará triste.»

a) A que elemento da relixión islámica se refire o texto?

b) Durante que época do ano se leva a cabo especialmen-te? Por que?

Le o seguinte testemuño e explica por que se trata dunhaconversión.

«Antes só pensaba no que me favorecería, nos meus ca-prichos.Pero despois dunha visita a un comedor asistencialdecateime de que axudar a outras persoas me enchía de sa-tisfacción.»

— Coñeces alguén cun testemuño de conversión similar?Explícallelo aos teus compañeiros.

Explica por que para a comunidade xudía a celebracióndo Yom Kippur non é de tristeza senón de alegría.

Comenta estas actitudes.

• Defendes que a caridade empeza contigo mesmo e gas-tas todos os teus cartos en caprichos aínda que,algunhasveces, invitas os teus amigos.

• Dáslle acotío parte do diñeiro que non necesitas a Cáritasdiocesana.

• Pasas as tardes dos sábados nun xeriátrico xogando áscartas cos anciáns.

• Non queres compartir nin os teus cartos nin o teu tem-po con outras persoas se non recibes nada a cambio.

a) Cales destas actitudes che axudan a medrar como per-soa?

b) Valóraas segundo se correspondan co concepto de es-mola cristiá ou non.

c) Enumera dúas dificultades e dúas facilidades coas que teencontrarías para levalas a cabo.

d) Escribe dous argumentos que che axudarían a decidirque actitude elixirías para ti.

cen – gasta – gran – inmenso – facenda alarde – Señor – temer

Os musulmáns rompen o xaxún do rama-dán ao poñer do Sol.

3.3. O ramadánO ramadán é o noveno mes do calendario islámico. Empezacoa lúa nova e remata cando poida observarse o seguinte ini-cio do cuarto crecente. Por iso, a duración do ramadán podevariar dous ou tres días se o ceo está anubrado.Durante este mesrecordan o momento no que tivo lugar a revelación do Corán aMahoma.É un mes de xaxún obrigatorio.Durante as horas de luzabstéñense de comer, beber, fumar e manter relacións sexuais;cren que ao baleirar o seu corpo resoa neles a mensaxe coráni-ca con maior sentido.

Tamén é un mes no que lles prestan maior atención aos pro-blemas da comunidade musulmá.Por iso,ao finalizar o ramadán contribúen co zakat,que adoita traducirse como esmola. Os musulmáns cun determinado nivel de rique-za reparten de forma obrigatoria parte dos seus bens entre os máis necesitados.

Ao terminar o mes de xaxún celébrase o Id al-Fitr, unha festa na que as familias sevisitan e se ofrecen regalos uns aos outros. Para esta festa procuran dedicar unsdías das súas vacacións anuais.

9

10

11

12

Actividades

Xudeus

Cristiáns

Musulmáns

Yom Kippur

Coresma

Ramadán

• Arrepentimento

• Oración • Esmola • Xaxún

• Xaxún • Esmola

Compromiso

LA Relixión 3 ESO GAL - UD 01 26/1/11 18:49 Página 15

Page 11: 00 LA Relixión 3 ESO.Páxs.iniciais GAL - edebe.com LA Religion 3... · ller dunha personalidade recia, admirada por algunhas persoas e criticada por outras. ... O seu teste-muño

As ciencias

Para poder levar a cabo as prácticas relixiosas xudías e musulmás eran necesarios cálculos científi-cos, matemáticos e astronómicos, precisos. Había que fixar con exactitude o horario das prega-rias, orientarse correctamente en dirección á Meca ou a Xerusalén, determinar con precisión asfases da Lúa para establecer o calendario e sinalar o inicio do mes do ramadán...

Así, na Idade Media a cultura musulmá e a cultura xudía foron dunha grande importanciapara o avance de ciencias como a astronomía, a medicina, a botánica, as matemáticas, a en-xeñaría e a alquimia. En astronomía sobresaíron o musulmán Azarquiel e o xudeu Abraham ibnEzra.

A convivencia en Toledo na Idade Media

Unha cidade, tres culturasNo século XI, tras a descomposición do califato de Córdoba, a cidadede Toledo estivo habitada por unha importante comunidade musulmá,xunto a un pequeno grupo de xudeus e cristiáns.

As autoridades islámicas da taifa toledana tenderon a respectar oestatuto de cada unha das comunidades relixiosas que vivían no seu te-rritorio. A conversión ao islam era voluntaria, aínda que os non-musulmánstiñan que pagar un tributo. Así, produciuse unha convivencia bastanteharmoniosa, malia que a gran presión fiscal sobre xudeus e cristiánsprovocaba moitos conflitos.

Xudeus e musulmáns compartían algunhas tradicións e costumes que oscristiáns adoptaron. Un exemplo diso pode verse no uso da auga ou naimportancia da ciencia.

A finais do século XI, despois de que Afonso VI conquistase a cidade,comezou a formarse a escola de tradutores de Toledo. Toledo na actualidade.

Astrolabio de Toledo.

16

A auga

A auga foi de vital importancia para os xudeus e os musulmáns, xa que ahixiene e a purificación ritual do corpo eran esenciais. Na taifa andalusíde Toledo había diversos hammams e na xudaría estaban os miqvah.

En Toledo había ata doce baños, que adoitaban estar onda as mesquitase as sinagogas de cada barrio, así como tamén nas portas da cidade.

En Al Andalus eran tamén moi importantes os perfumes; así, era frecuentelevalos ao baño público con xabóns, tintura de henna para as mulleres ekohl para os ollos.

Torreón do Baño da Cava, xunto ao Texo.

Documental

LA Relixión 3 ESO GAL - UD 01 26/1/11 18:49 Página 16

Page 12: 00 LA Relixión 3 ESO.Páxs.iniciais GAL - edebe.com LA Religion 3... · ller dunha personalidade recia, admirada por algunhas persoas e criticada por outras. ... O seu teste-muño

Cal é a función dos seguintes edificios? Que comunida-de crente acode a eles?

Explica a relación que existe entre o traballo científicode Azarquiel e de Abraham ibn Ezra e a relixión.

Resume en tres frases cal é a achega da escola de tradu-tores de Toledo á cultura europea medieval.

A convivencia entre cristiáns,xudeus e musulmáns na Ida-de Media deu lugar a múltiples situacións relixiosas.Busca en que consisten as seguintes e explícaas:

Le esta declaración do Concilio Vaticano II sobre a relaciónda Igrexa coas relixións non-cristiás:

«A Igrexa católica non rexeita nada do que nestas relixións[non-cristiás] hai de santo e verdadeiro.Considera con sin-cero respecto os modos de obrar e de vivir, os preceptose doutrinas que, por máis que discrepen en moito doque ela profesa e ensina,non poucas veces reflicten un es-cintileo daquela Verdade que ilumina todos os homes.Anuncia e ten a obrigación de anunciar constantemen-te a Cristo,que é o Camiño,a Verdade e a Vida […].Por con-seguinte, exhorta os seus fillos a que, con prudencia ecaridade, mediante o diálogo e a colaboración cos adep-tos doutras relixións,dando testemuño de fe e de vida cris-tiá, recoñezan, garden e promovan aqueles bens espiri-tuais e morais, así como os valores socioculturais queneles existen.»

Nostra aetate, 2.

a) ¿Que valora a Igrexa das relixións non-cristiás?

b) ¿Que debe caracterizar a actitude dos crisitáns cara aosadeptos doutras relixións?

17

Propoñémosche que elabores o teu propio documental. Paraiso sigue estas pautas.

Elixe o tema sobre o que vas investigar.Neste caso,propo-ñémosche que busques información sobre o contido daDeclaración Nostra Aetate do Concilio Vaticano II.

Busca documentación en Internet sobre o tema.Por exem-plo:— Páxinas web que expliquen que é e a súa historia.— Testemuños de participantes nalgunha das sesións.— Imaxes que poidan ilustrar a túa exposición.

Organiza a información e obtén conclusións. Procuraresponder as preguntas clave:

Prepara un documento no que sintetices a información re-compilada e as túas conclusións. O documento debe tera forma máis adecuada ao tipo de presentación que fagas.

— Lembra facer o traballo con corrección ortográfica epulcritude. Non esquezas citar as fontes das que obti-veches a información.

Libro das Leis, redactado en tempos de Afonso X o Sabio.

A escola de tradutores de Toledo

Na cidade de Toledo concentráronse, grazas á variedade dasúa poboación e ao interese polas ciencias, obras de impor-tantes bibliotecas do mundo árabe que recollían textos científi-cos e filosóficos gregos. A presenza destes textos permitiu quese desenvolvese a escola de tradutores de Toledo: un conxun-to de estudos, bibliotecas e persoas (cristiás, musulmás e he-breas) que traballaban na tradución dos textos do árabe oudo hebreo ao latín.

A escola experimentou o seu esplendor nos séculos XII e XIII, e per-mitiu que Toledo e os reinos hispánicos se convertesen nosgrandes transmisores da cultura clásica ao resto de EuropaOccidental.

mudéxar – mozárabe – muladí

hammam – miqvah – igrexa – sinagoga – mesquita

que – cando – onde – quen – como – por que

Tipo Word

Tipo Photoshop

Tipo PowerPoint

Editor de textos

Editor deimaxes

Presentaciónmultimedia

Traballo monográfico

MuralExposición

oral

Documentalista

13

14

15

16

17

A

B

C

D

Tipo de presentación

Actividades

LA Relixión 3 ESO GAL - UD 01 26/1/11 18:49 Página 17

Page 13: 00 LA Relixión 3 ESO.Páxs.iniciais GAL - edebe.com LA Religion 3... · ller dunha personalidade recia, admirada por algunhas persoas e criticada por outras. ... O seu teste-muño

18

Art

e

Mesquita de Bab al-Mardum ou igrexa do Cristo da Luz | TOLEDO

ARQUITECTURA: A mesquita-igrexa do Cristo da LuzA mesquita-igrexa do Cristo da Luz, tamén coñecida como Bab al-Mardum, é unha pequena mes-quita de estilo califal cordobés, situada nunha das portas da antiga cidade andalusí de Toledo. Usá-base para rezar cando se chegaba á cidade ou cando se ía marchar dela.

Foi construída a finais do século X, segundo indica a inscrición da porta principal. Ata o século XII

foi unha mesquita, e en 1186 remodelouse o edificio e consagrouse como igrexa católica. Na ac-tualidade é un espazo desacralizado.

Fachada principal. Cúpulas vistas desde dentro.

Pinturas románicas do Pantocrátor.Interior da mesquita.

9 8

5

6

123

47

LA Relixión 3 ESO GAL - UD 01 26/1/11 18:49 Página 18

Page 14: 00 LA Relixión 3 ESO.Páxs.iniciais GAL - edebe.com LA Religion 3... · ller dunha personalidade recia, admirada por algunhas persoas e criticada por outras. ... O seu teste-muño

Describe as principais características da mesquita do Cris-to da Luz.

— Como explicas que unha mesquita estea dedicada a Cristo?

Investiga sobre os tres tipos de arcos que aparecen na mes-quita de Toledo. Di de que tipo de arte é propio cada une que comunidade relixiosa adoitaba usalo.

Formade grupos e buscade imaxes de seis edificios reli-xiosos, dous de cada relixión monoteísta. Procurade quesexan de países e estilos distintos.Por exemplo:San Pedrode Roma, catedral de Notre-Dame de París, Gran sinago-ga de Xerusalén, sinagoga da Rykestrasse en Berlín, mes-quita da Meca, mesquita Azul de Istambul.

a) Organizade un álbum que conteña as imaxes dos seisedificios.Describide cada edificio e explicade brevemen-te onde se sitúa e cal é o seu uso.

b) Anotade os elementos que teñen en común os edifi-cios de cada unha das relixións e a súa función.

O espazo da igrexa-mesquita do Cristo da Luz foi untemplo musulmán e despois cristián.

a) Enumera outros templos que pasasen dunha confesiónrelixiosa a outra e nos que poida verse o cambio na pro-pia construción.

b) Cres posible que persoas de distinto credo compartanun espazo común como lugar de oración? Argumentaa túa resposta e enumera casos nos que suceda.

c) Que opinas de que un espazo de culto se dedique aactividades culturais como concertos ou exposicións?

No exterior úsanse simultaneamente a pedra pequena eo ladrillo vermello. A fachada principal ten tres portas, cadaunha cun arco de estilo diferente; de ferradura (1), de me-dio punto (2) e apuntado polilobulado (3). Na parte su-perior da fachada encontramos un friso decorativo (4) dearcos que se cruzan e se superpoñen.

O interior da mesquita é un espazo aberto que se arti-cula ao redor das súas catro columnas centrais. As colum-nas (5) e os capiteis (6) foron aproveitados de constru-cións anteriores.

Sobre as columnas álzanse nove pequenas cúpulas de es-truturas diferentes entre si. A cúpula central é a máis ele-vada. A bóveda (7) ten grosos nervios, dispostos porparellas e que se apoian na cornixa deixando un espazolibre no centro.

A planta da mesquita é de cruz grega, inscrita nun ca-drado, coma noutras mesquitas anteriores do século IX.

Aínda se conservan os frescos románicos do interior da áb-sida, do século XII, cando xa era unha igrexa. Represen-tan unha Maxestade (8) rodeada do tetramorfos. O me-llor conservado é a propia imaxe de Cristo dentro dunhamandorla, que leva o habitual libro e bendí coa man de-reita. O fondo da mandorla (9) é de cor azul con estre-las, representando a bóveda celeste.

19

de medio punto

de ferradura

apuntado

As mesquitas son os edificios relixiosos do islam. Son centros para a comu-

nidade, a oración e a educación. Posúen dúas partes: o patio exterior e unha

sala interior para a oración.

Hai mesquitas decoradas con azulexos e fragmentos do Corán. Outras non po-

súen imaxes, porque están prohibidas todas as representacións de Deus.

A sala de oración está orientada á Meca e non hai bancos, pois os fieis perma-

necen de pé, de xeonllos ou prostrados. O lugar principal da sala de oración é

o mihrab, unha fornela baleira cara á que se orientan os fieis.

18

19

20

21

Actividades

LA Relixión 3 ESO GAL - UD 01 26/1/11 18:49 Página 19

Page 15: 00 LA Relixión 3 ESO.Páxs.iniciais GAL - edebe.com LA Religion 3... · ller dunha personalidade recia, admirada por algunhas persoas e criticada por outras. ... O seu teste-muño

20

Filmografía• En 1984 miles de

refuxiados africa-nos chegan aoscampamentos doSudán. A pedi-mento de EE.UU.eIsrael ponse en marcha un proxectopara levar xudeus etíopes a Israel.Unha nai cristiá convence o seufillo de nove anos para que diga que é xudeu e así salvalo da famee dunha morte segura.O neno é adoptado por unha familia xudíasefardí francesa.Alí descubrirá o amor,a cultura occidental e o xu-daísmo,pero tamén o racismo e a guerra nos territorios ocupadospor Israel aos palestinos.

TÍ TULO: Vaite e viveDIRECTOR: Radu MihaileanuDATOS: Francia-Israel (2005)

Música

• Álbum que recolle música sefardí andalusí homenaxeando o cor-dobés Maimónides, pensador xudeu que escribiu en lingua árabe.

TÍ TULO: Maimónides, Idade de ouro de SefaradAUTORES: Eduardo Paniagua e Jorge RozemblumDATOS: Pneuma/Karonte

• Xudeus, cristiáns e musulmáns expresan a súa fe máisprofunda por medio da oración; celebran as súas cren-zas e as súas tradicións, e comprométense co mundo.

• Os crentes senten a necesidade de comunicarse con Deus,de orar. Os cristiáns rezamos o Nosopai, os xudeus o She-ma Israel e os musulmáns a Fatiha. As tres oracións recor-dan que Deus é único.

• As relixións monoteístas recordan, celebran e conmemo-ran os acontecementos máis importantes da súa fe nas fes-tas como a Pascua xudía, a Pascua cristiá ou a festa docordeiro musulmá.

• Os crentes das tres relixións monoteístas dedican parte doseu tempo ao compromiso co mundo e a sociedade, es-pecialmente no Yom Kippur, a Coresma e o ramadán.

Lectura• Libro para aventureiros, apaixonados da vida e persoas que bus-

can a felicidade e a comprensión entre as diversas maneiras deobservar a realidade.

O protagonista é un mu-sulmán de Granada queten que marchar despoisde que os cristiáns toma-sen a cidade. A partir deaquí dá a volta ao mundounindo a experiencia deOccidente coa de Oriente.

TÍ TULO: León, o africanoAUTOR: Amin MaaloufEDITORIAL: AlianzaCuatro (1990)

Síntese

Esquema

Recursos

RelixiónsmonoteístasXudaísmo

Shema Israel

Yom Kippur

Pascua xudía

Oración

Nosopai CoresmaPascua cristiá

Celebración Compromiso

Islam

Salat

Ramadán

Festa do cordeiro

Cristianismo

Oración

Celebración

Compromiso

Oración

Celebración

Compromiso

LA Relixión 3 ESO GAL - UD 01 26/1/11 18:49 Página 20

Page 16: 00 LA Relixión 3 ESO.Páxs.iniciais GAL - edebe.com LA Religion 3... · ller dunha personalidade recia, admirada por algunhas persoas e criticada por outras. ... O seu teste-muño

21

1. Expresa en forma de frases os contidos do esquema daunidade que tes na páxina anterior.

2. Explica coas túas palabras que é a oración para os cris-tiáns.a) De onde provén a oración do Nosopai? b) Resume en dúas frases a súa idea principal.

3. Explica en que se diferencian a celebración cristiá da Pas-cua e a xudía.

4. Define os seguintes conceptos e di a relixión á que per-tencen:

5. Comenta o tipo de compromiso cristián que se observana fotografía.

a) Como se compromete este voluntario cos demais?

b) Que relación podes establecer entre a imaxe e o xes-to de Xesús de lavarlles os pés aos seus discípulos?

c) Explica o significado da frase amar é servir.

d) Enumera outras formas de compromiso que poidan le-varse a cabo.

6. Reflexiona sobre o seguinte caso:

a) Cres que Henrique debería ir só porque van os seuscompañeiros? Por que?

b) Opinas que o feito de que Henrique estea impresio-nado é razón dabondo para deixar de ir?

c) Anota dous argumentos que lle poidan axudar a Hen-rique a decidir que facer.

7. Di se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas.Converte as falsas en verdadeiras.

a) Durante o século XI, Toledo foi unha cidade na que aconvivencia entre a relixión cristiá, a xudía e a budistafoi moi problemática.

b) Os baños rituais dos xudeus denomínanse hammam.

c) Para os musulmáns a auga non era importante e os ba-ños estaban lonxe das mesquitas.

d) A relixión musulmá precisa do estudo da astronomíapara determinar o final do ramadán.

e) A escola de tradutores de Toledo traduciu obras cien-tíficas do latín ao árabe.

8. Enumera dous avances científicos que se produciron naPenínsula durante a Idade Media e que gardan algún tipode relación coa relixión musulmá.

— Explica cal é esta relación.

9. Comenta este fragmento do discurso de Benedito XVI noEncontro coas Organizacións para o Diálogo Interreli-xioso en Xerusalén, o 11 de maio do 2009.

a) Que supoñen para os cristiáns as diferenzas entre as re-lixións?

b) Cres que as diferenzas relixiosas xustifican as fric-cións entre persoas ou sociedades?

c) Anota actitudes concretas que deben ter as persoaspara que as diferenzas relixiosas non sexan fonte de en-frontamento senón de auténtica paz e unha humani-dade máis xusta e digna.

d) Cres que estas actitudes son exclusivas dos cristiáns?Argumenta a túa resposta.

Algúns quixeran facernos crer que as nosas diferenzas sonnecesariamente causa de división e que,polo tanto,haberíaque toleralas ao máximo. [...] Pero nós sabemos que as no-sas diferenzas nunca deben presentarse indebidamentecomo unha fonte inevitable de fricción ou de tensión sexaentre nós, sexa, nun ámbito máis amplo, na sociedade.

Pola contra, ofrécenlles a persoas de diversas relixiónsunha espléndida oportunidade para convivir en profundorespecto, estima e aprecio, animándose uns a outros poloscamiños de Deus. Oxalá que, impulsados polo Omnipoten-te e iluminados pola súa verdade, sigades camiñando convalentía, respectando todo o que nos diferencia e promo-vendo todo o que nos une como criaturas bendicidas co de-sexo de levar esperanza ás nosas comunidades e ao mundo.

Henrique foi un par de veces cos seus amigos da parroquiaao hospital visitar enfermos que están sos. Os enfermospuxéronse moi contentos, pero a el impresionoulle moitoesta realidade. Os seus amigos queren volver esta fin de se-mana, pero el non sabe que facer.

sabbat – zakat – abstinencia

Avaliación

LA Relixión 3 ESO GAL - UD 01 26/1/11 18:49 Página 21