Á Fiscalía de Medio Ambiente de Ourense Asociación Ecoloxista Coto … · 2013-01-03 · Á...
Transcript of Á Fiscalía de Medio Ambiente de Ourense Asociación Ecoloxista Coto … · 2013-01-03 · Á...
Á Fiscalía de Medio Ambiente de Ourense
Don Xxxxxx Xxxxxxx Xxxxxx, con D.N.I. nº xxxxxxx-X, en calidade de Xxxxxxxx e
representante da Asociación Ecoloxista Coto do Frade, CIF G-32213456, e con enderezo a
efectos de notificación na xxx Xxxxx Xxxxx XXxxxxx.
Comparece e di:
Que por medio do presente escrito presenta DENUNCIA contra Gas Natural Fenosa (Gas
Natural SDG, S.A.), Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Xunta de
Galicia) e Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (Ministerio de Agricultura, Alimentación y
Medio Ambiente do Goberno do Estado español) en base ós seguintes feitos:
1.- Xustificación da denuncia ante o Ministerio Fiscal
Antes de nada queremos salientar que vémonos na obriga de presentar esta denuncia ante
Fiscalía porque as diferentes administracións, nacional e estatal, levan practicando unha
inobservancia flagrante das leis, permitíndolle á empresa Gas Natural SDG, S.A. (no sucesivo
Gas Natural Fenosa) facer e desfacer ó seu antollo no encoro de aproveitamento hidroeléctrico
de Frieira, propiedade desta empresa a través dunha concesión franquista de 1960.
Ademais tamén hai que salientar que as leis incumpridas son de carácter nacional, estatal e
europeo. Isto, conxuntamente coa inobservancia das leis por parte das administracións, fai
que consideremos a Fiscalía como o estamento propio para tratar esta denuncia.
Os principios que recollen as leis para a protección dos ecosistemas fluviais, e mesmo as
propias leis, teñen sido obxecto dunha aplicación deficiente, como se recolle no preámbulo da
Lei 5/2006, de 30 de Xuño, para a protección, conservación e mellora dos ríos galegos:
“Os principios de «prevención, de avaliación de impacto ambiental, de información pública,
de participación cidadá, de educación ambiental...» nos que se basea a Lei 1/1995, do 2 de
xaneiro, de protección ambiental de Galicia, non se materializaron no caso dos ecosistemas
fluviais. Diversos aspectos da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia, están a
ter unha aplicación deficiente, ao igual ca a normativa de avaliación de impacto ambiental,
polo que é manifesta a necesidade de avaliar o impacto global de plans e programas mediante
unha avaliación estratéxica deles.”
Esta denuncia inclúe, en diferentes apartados, as leis conculcadas na actualidade por Gas
Natural Fenosa, motivadas pola permisividade das administracións que seguen a facer leis
pero sen obrigar a cumprilas e, incluso, sendo infrinxidas polas propias administracións.
Por elo, e en aras do interese público promovido polo Ministerio Fiscal así como os principios
de legalidade e imparcialidade rexidos pola Fiscalía, agardamos se teña en consideración todo
o que este escrito denuncia.
A Asociación Ecoloxista Coto do Frade leva dende a súa fundación loitando pola recuperación
integral dos ríos da comarca do Ribeiro, constituíndo a concienciación e a educación ambiental
da poboación uns dos nosos pilares de actuación. É neste marco onde debemos englobar as
distintas actuacións que esta asociación ven desenrolando dende os seus inicios e, en
particular, na defensa e recuperación do río Miño.
Os escritos, alegacións e denuncias, como a presente, xunto coas limpezas de ríos, zonas
verdes e espazos degradados, sen deixar de lado actividades de campo, demostran claramente
o carácter cívico, disciplinado e escrupuloso, institucionalmente falando, que esta asociación
mantén dende a súa orixe.
É polo anteriormente exposto que a día de hoxe cremos ter a suficiente entidade como para
ser escoitados con toda credibilidade, rogando por elo á institución que representa nos
dedique a atención necesaria, así como o tempo e os medios materiais para levar a cabo un
estudo exhaustivo do presente escrito xa que, ó noso leal saber e entender, de elo dependerá
irresolublemente o futuro do río Miño.
2.- Motivación da denuncia
Antecedentes de feito (tirados do Rexistro de Augas da Confederación Hidrográfica Miño-Sil,
aparecendo inscrito no Tomo 0098, folla número 042 Sección A):
Primeiro.- Por orde ministerial do 10 de novembro de 1960 outorgouse, a favor de Fuerzas
Eléctricas del Noroeste, S.A. (Fenosa), a concesión para o aproveitamento hidroeléctrico do
tramo do río Miño comprendido entre as cotas 108,428 e 35,207 m.s.n.m. mediante a
construción de tres presas, con central eléctrica formando parte delas, as cales corresponde
aos saltos de Velle, Castrelo e Frieira.
Posteriormente e por orde ministerial do 25 de outubro de 1966, o salto de Frieira, cun caudal
concesional máximo de 114 m3/s e cota de encoro a 57,805 m.s.n.m., foi modificado,
ampliando o caudal en 536 m3/s e elevando a súa cota de encoro ata os 67 m.s.n.m.
Nunha posterior modificación volveuse a ampliar o caudal a 650 m3/s presentando un salto
neto de 23,50 metros.
Segundo.- Como consecuencia da escritura notarial do 23 de novembro de 1982 de disolución
por absorción da sociedade Fuerzas Eléctricas del noroeste, S.A., a concesión pasou a formar
parte do patrimonio da empresa Unión Eléctrica Fenosa, S.A., a cal, e consecuencia da
separación xurídica de actividades prevista na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector
eléctrico, cedeu, segundo o disposto na escritura notarial de ampliación de capital do 8 de xuño
de 1999, á empresa Unión Fenosa Generación, S.A. a titularidade, entre outras, da citada
central do Salto de Frieira.
Terceiro.- Con esta data a CH Miño-Sil ditou a seguinte resolución: Transferencia a favor de Gas
Natural SDG, SA (A-080015497), acreditada por escritura nº2103, de 21 de xullo de 2009,
outorgada polo notario de Madrid, D. Fernando da Cámara García. Aprobada a transferencia
pola presente resolución”
Dende o ano 1995 esta asociación ven levando a cabo unha labor de recollida de anguías na
presa de Frieira, no río Miño, en termos de Padrenda (Ourense) e Crecente (Pontevedra),
propiedade de Gas Natural Fenosa, dado que os medios postos por esta empresa para garantir
o tránsito de especies migradoras no río Miño só se poden cualificar, ó longo de todos estes
anos, de ridículos. A presa de Frieira púxose en funcionamento en 1970, cunha concesión dada
en 1960. Amparándose en leis franquistas e o descoñecemento propio da época, conseguiu
conculcar a legalidade vixente en canto ó libre tránsito de especies acuícolas migradoras até
hoxe en día.
A construción de presas nos ecosistemas fluviais, ademais de transformar radicalmente as
condicións do lugar onde se instalan xerando augas máis lentas e profundas e rachando os
parámetros naturais (físico-químicos) a través de cambios no caudal e degradación da calidade
das augas supoñen, tamén, a formación de barreiras infranqueables que impiden o libre
tránsito das especies piscícolas e a perda de zonas de desove, como consecuencia, a
perpetuación natural das especies está en risco. O único xeito de protexer as diferentes
especies que se desenvolven nos nosos ríos é a construción de escalas de peixes, pasadizos a
traveso dos cales poden sortear o obstáculo permitindo o seu libre movemento.
O embalse de Frieira é o primeiro obstáculo (lembremos que despois atópase o de Castrelo,
Velle, Peares e Belesar; sumado ós moitos outros que se atopan nos afluentes do pai Miño,
fragmentando por completo a súa conca, deixando só libres 77 km. de conca que coinciden co
tramo internacional do río Miño, dende Frieira para abaixo, que compartimos con Portugal)
que se atopan as crías de anguía no río Miño -no seu remonte dende o mar dos Sargazos onde
nacen, no océano Atlántico, para ir ós ríos dos que proceden os seus ancestros e vivir até que
son adultos, momento no que volven ó mar para a freza, comportamento típico dunha especie
catádroma como a que nos ocupa, que se reproduce no mar, residindo nas augas continentais
durante outras fases do seu ciclo vital -, impedindo tanto a subida como a baixada desta
especie. A chegada das anguías ás cabeceiras dos ríos é fundamental para a supervivencia da
especie, en palabras de Fernando Cobo, director da Estación Hidrobiolóxica Encoro do Con “ A
Anguía, para diferenciarse en femia, necesita medrar nas cabeceiras dos ríos por riba dos 4o
centímetros. Son moi importantes eses anguiachos grandes, de ata 14 anos e que pasan do
quilo, necesarios para baixalos e darlle saída ó mar” (La Voz de Galicia, 06-03-2011).
Do mesmo xeito outras especies migradoras tamén desapareceron dos nosos ríos - desta volta
especies anádromas, é dicir, especies acuáticas que se reproducen nas augas continentais e
residen no mar durante outras fases do seu ciclo vital- co exemplo máis sobresaínte do
salmón, do que en 1975 dábanse capturas de máis de 300 pezas só no couto salmoneiro de
Frieira, diminuíndo progresivamente estas capturas até hoxe en día, onde non se atopa
rexistrada practicamente ningunha captura de salmón, non só neste couto de pesca, senón en
ningún lugar do río Miño ou dos seus afluentes. Como queda patente no preámbulo da Lei
5/2006, de 30 de Xuño, para a protección, conservación e mellora dos ríos galegos:
“As presas hidroeléctricas fan que máis do 70% dos nosos leitos fluviais sexan inaccesibles ás
especies migratorias. O salmón é un bo indicativo da perda de poboacións nos nosos ríos: nos
últimos cincuenta anos as súas existencias reducíronse en máis dun 99%.”
Nas últimas décadas, os noutrora abundantes peixes migradores do río, sufriron unha
regresión progresiva das súas poboacións, como recoñece a propia Xunta de Galicia. As antano
numerosísimas alosas ou sábalos, obxecto no seu tempo de pesquerías industriais, son outra
das especies máis afectadas, como aparece recollido no catálogo de especies en perigo de
extinción do Catálogo Galego de Especies Ameazadas, catalogándoas de vulnerables e onde
se especifica que a causa da súa ameaza son os encoros, conxuntamente coa contaminación
dos ríos. A lamprea tamén aparece como vulnerable neste mesmo catálogo -ademais de no
catálogo español-, onde se especifica que a causa da súa ameaza é debida a canalización do
seu hábitat, conxuntamente coa contaminación das augas. A troita marisca ou reo é outra das
especies ameazadas polos encoros.
Como recoñece a Consellería de Medio Rural e do Mar na súa páxina web, a Unión
Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) -organismo de referencia a nivel
europeo- di que unha especie pode considerarse extinta cando non queda ningunha dúbida
razoable de que o último individuo existente morreu. Inda non estamos nesa situación, pero
case. A propia UICN cataloga a anguía europea (anguilla anguilla) como especie en perigo
crítico de extinción dende o ano 2008, salientando que dende o ano 2000 atópase nun mínimo
histórico de só 5,1% dos niveis anteriores a 1980, amosando unha diminución de entre un 95 e
99%, recoñecendo que o rendemento e a abundancia das poboacións diminuíron dende
1960, década de construción da maioría de presas galegas e europeas con fins
hidroeléctricos e, como sinalamos anteriormente, da presa de Frieira. Os últimos datos
confirman que a especie atópase fora dos límites de seguridade biolóxica segundo a
información que a fecha de 2007 se dispón a través do “Consejo Internacional para la
Explotación de los Mares (ICES, 2007)”.
Esta diminución poboacional suscitou diversos plans de recuperación para toda a poboación. O
máis importante de todos eles foi o Reglamento (CE) 1100/2007, de 18 de setembro, no que o
consello da Unión Europea instaba ós países membros a tomar medidas para a recuperación
da poboación da anguía. O 10 de setembro de 2008, foi presentado ante a Secretaría General
del Mar del Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, o Plan de xestión para a
anguía europea (Anguilla anguilla) en Galicia, para que se incluíse no Plan de xestión estatal. O
23 de decembro de 2008, o Estado español presentou ante a Comisión Europea o “Plan
nacional de gestión de la anguila” e doce plans específicos de xestión da anguía de 11
comunidades autónomas máis un para a Conca do Ebro, segundo o establecido no
Regulamento (CE) 1100/2007 do Consello, de 18 de setembro de 2007. O ridículo plan galego
de xestión da anguía, que unicamente incluía unha veda para a extracción da anguía de dous
meses - do 1 de novembro o 31 de decembro de 2010- nas augas marítimas galegas, foi
aprobado o 1 de outubro de 2010 por decisión da Unión europea, ó aprobar esta o Plan
español de xestión da anguía, cos seus doce plans de xestión específicos, entre os que se
atopaba habilmente deslizado o galego.
Pero o punto 4 do artigo de dito regulamento europeo é claro:
“Cada plan de gestión de la anguila tendrá como objetivo reducir la mortalidad antropogénica
a fin de permitir, con una elevada probabilidad, la fuga hacia el mar de al menos el 40 % de
la biomasa de anguilas europeas correspondiente a la mejor estimación del posible índice de
fuga que se habría registrado en caso de que ninguna influencia antropogénica hubiera
incidido en la población. El plan de gestión de la anguila se preparará con el fin de conseguir
este objetivo a largo plazo.”
Parece claro que permitir a fuga cara o mar de, polo menos o 40% de anguías, no suposto de
que non houbese ningunha influencia antropoxénica -tendo en conta o carácter, como expresa
a UICN, ameazante que supón para a especie o bloqueo das rutas de migración que posúen os
embalses, provocando ademais altas taxas de mortalidade cando a migración das anguías
augas abaixo ocorre, sendo asasinadas polas turbinas dos embalses, ó non existir outro paso
para as especies no seu descenso que non pase polas turbinas- con simples restricións
pesqueiras, é pouco menos que unha utopía.
O regulamento, ademais da redución da actividade pesqueira comercial e da pesca deportiva
(conxuntamente co transporte das anguías dende augas interiores a outras dende as que
poidan escapar libremente ó mar dos Sargazos, algo que a Xunta di que fai e do que falaremos
máis adiante) contempla: medidas de repoboación; medidas estruturais para facer ríos máis
transitables e mellorar os hábitats, xunto con outras medidas ambientais; loita contra os
depredadores; desconexión temporal das turbinas de produción hidroeléctrica; e medidas
relativas á acuicultura.
Ningunha das anteriores medidas foi tida en conta pola administración, o que fai imposible
chegar a ese 40% que a Unión Europea solicita, mandando o propio regulamento europeo a
tomar vento.
A Xunta de Galicia, no pasado ano 2011, sacou o Decreto 130/2011, de 9 de xuño, que só
permite a pesca profesional da anguía, vedando a pesca deportiva en tódalas fases do ciclo
vital da especie e, ademais, sendo máis restritiva no caso da pesca profesional en canto a
medidas, idade da anguía - a través da prohibición de pescar a coñecida como “anguía
prateada” que é o adulto xa listo pro seu apareamento- e cunha explotación testemuñal nos
24 caneiros ribeireños de Paradela, Guntín, Páramo e Portomarín. A permisividade de pescar
esta especie en todo o tramo internacional do río Miño, dende a súa desembocadura até
practicamente a propia presa de Frieira, contrasta co resto de medidas levadas a cabo e
propostas pola Unión Europea, o que reflicte a incoherencia da administración galega na
defensa deste peixe e a súa adaptación ás leis e regulamentos europeos.
Pretendemos, a partir de agora, facer unha recompilación das barbaridades feitas por Gas
Natural Fenosa no embalse de Frieira e da permisividade das administracións, saltándose
tódalas leis de referencia na materia, incluso dende a época de Franco, en canto ó libre
tránsito de especies piscícolas e o aproveitamento, manifestamente ilegal e coñecido pola
administración, que se está a facer hoxe en día do seu caudal ecolóxico deixando unha
pregunta no aire, que ocorrería se un embalse propiciase a morte de, poñamos, 15.000
peixes de repente, visibles para todo o mundo debido á brevidade de acontecemento destes
feitos?. O caso do Xallas quizais conteste isto pero, que pasaría se un embalse propiciase a
morte de 15.00.000 de peixes, só que neste caso dilatándose tanto no tempo que sexa
imposible, a simple vista e para o ollo humano, detectalo?
3.- Con respecto ó libre tránsito das especies piscícolas
Segundo a lexislación vixente o movemento das especies piscícolas ó longo dos ríos ten que
estar garantido e calquera estrutura que o impida ou limite ten que acondicionarse para dito
fin. É dicir que a construción nos encoros de escalas, pasos, esclusas ou calquier outro
dispositivo que permita o remonte de especies migratorias é de obrigado cumprimento pola
lei como se demostrará a continuación.
O dispositivo existente na actualidade na presa de Frieira, e tódolos anteriores que houbo, non
garantizan o remonte de especies piscícolas. Unha proba de que este sistema é unha simple
fraude para completar co expediente e evitar sancións demóstrao a Xunta hoxe en día dado
que, como se explica nunha das cartas que aparecen no Anexo I chamado: Cartas de Medio
Rural –número de saída 14639-, se tomou a reivindicación simbólica de Coto do Frade durante
estes anos, remontando as anguías manualmente dun a outro lado do encoro, como dogma de
fe. Hoxe en día a administración galega fai este remonte de anguías do mesmo xeito manual
(baixando até as comportas do encoro e chuchándoas do río cunha especie de aspirador, como
se nós explicou nunha recente reunión mantida co Servizo de Conservación da Natureza de
Ourense), algo que non é efectivo, senón simplemente simbólico, e que deixa patente que os
sistemas ideados por Gas Natural Fenosa pro remonte de anguías na presa de Frieira non
funcionan, conculcando así as leis de referencia na materia, coa permisividade da Xunta.
Ademais disto, este remonte realízano dúas veces por semana, algo a todas luces insuficiente
porque as anguías, nos meses de xullo e agosto, soben continuamente e non só dous días á
semana e en horario de oficina. Do resto das especies migradoras do río Miño non se produce
ningún tipo de remonte manual, o que fai imposible o seu libre tránsito polo río, dado que este
encoro claramente o impide.
Esta fraude, permitida e auspiciada pola Xunta de Galicia, co novo sistema pro remonte de
especies migradoras, é unha desfachatez. Asegurouse que este novo sistema sería a panacea,
considerado idóneo dende o punto de vista técnico e medioambiental pro remonte de
especies migradoras. A mentira manifestase en forma de carta (Anexo I cartas Medio rural -nº
saída 17557-). Coto do Frade solicitou en 2010, ó igual que no 2011 e como tantos outros,
permiso para remontar as anguías, durante o mes de agosto e polos nosos propios medios,
dado que o consideramos durante moito tempo como o único medio eficaz para que as
anguías sorteasen este obstáculo insalvable para elas. A contestación da Xunta de Galicia é a
seguinte:
“como ven sendo habitual dende fai uns anos, persoal deste servizo xunto con persoal da
empresa concesionaria do aproveitamento hidroeléctrico encárgase de recoller as anguías que
chegan a presa de Frieira, estas son remontadas río arriba ou soltadas en afluentes do río
Miño. Durante este mes de agosto de 2010 xa se está a realizar este traballo”
A carta conclúe denegándonos a petición.
Ben, se o novo sistema-capturadeiro é dunha eficacia tal, como Gas Natural-Fenosa e Xunta de
Galicia insisten en dicir ¿Por qué se preocupan en ir a recollelas anguías, ano tras ano, e
pasalas ó outro lado do encoro?. A dedución é lóxica: este novo sistema non funciona. A
mentira faise palpable e o delito patente. Do resto de especies migradoras, ademais, nin se
sabe.
Pero inda hai máis. O pasado verán de 2011, a raíz da carta chegada dende medio rural no mes
de agosto dese mesmo ano, fixemos unha petición distinta. Pedímoslle a Xunta que nos
permitise estar presentes neste “transvase anguieiro”, dado que nós non tiñamos constancia
de que isto existise (Anexo I: nº de entrada 2011/703), incluíndo nesta petición outras como a
que consideramos máis importante de que se nós enviasen os informes relativos á cantidade
de anguías remontadas dende o encoro de Frieira, ampliando esta petición ó resto de especies
migradoras o 15 de setembro de 2011 (Anexo I: nº de entrada 2011/760). Non nós contestaron
a nada do plantexado durante meses, polo que tivemos que realizar un novo escrito a
principios do presente ano (Anexo I: nº de entrada 2012/106) solicitando esa información e, en
base ás leis relativas ó acceso do público á información medio ambiental, ameazar con
emprender accións legais se esta información non nós era facilitada.
Contestáronnos nun tempo record, chamándonos por teléfono para unha reunión nas oficinas
do Servizo de Conservación da Natureza en Ourense, onde facilitáronnos a información
relativa ó remonte de anguías (ó final do Anexo I incluímos unha copia, a modo de
comprobación para a Fiscalía, desta recollida e remonte de anguías en Frieira do ano 2010,
recollida de anguías absolutamente insuficiente como garante da supervivencia de dita
especie), feito por este organismo nas comportas da presa coa axuda de peóns da
concesionaria, só dous días á semana e só nos meses de xullo e agosto, segundo eles mesmos
(inda que no 2010, igual que noutros, só se fixo sete días no mes de agosto, algo claramente
insuficiente se contabilizamos un ano enteiro tendo en conta, repetimos, que do resto de
especies migradoras non executa ningún tipo de acción impedindo o ascenso a augas
superiores levadas a cabo en épocas de reprodución da ictiofauna, que se desenrola
principalmente nos meses de maio e xuño, e tampouco se garante os movementos “rexionais”
de especies dentro da mesma conca). Isto volve a reiterar que o capturadeiro artellado por Gas
Natural Fenosa pro remonte de especies migradoras non funciona, deixando ademais patente
que do resto de especies migradoras non se sabe nada, salvo das poucas que se poidan
recoller nos días que poñan a funcionar este trebello-ascensor-capturadeiro.
De todos xeitos, temos que dicir que este transvase é puramente anecdótico, como o acto
simbólico que Coto do Frade fixo dende mediados dos 90: loable pero a todas luces
insuficiente. O feito de que sexa necesario axudalas a remontar, como naturalmente
pretenden, é unha deixación de responsabilidade dos organismos, Confederación Hidrográfica
Miño-Sil (Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente español), Consellería de
Medio Ambiente e Consellería de Medio Rural, todas elas obrigadas polas diferentes leis a
expedientar a quén non emprega os medios de protección da fauna no caso de
aproveitamentos eléctricos, sexa a súa concesión anterior ou posterior a data de vixencia da lei
(inda que en leis anteriores, como quedará demostrado a continuación, tamén se contemplan
tales actuacións). Ademais, e como se nós fixo saber nesa reunión mantida co Servizo de
Conservación da Natureza, a baixada da anguía, e do resto das especies migradoras, pasa
inexorablemente polas turbinas do encoro, cunha alta mortandade das mesmas, a pesar das
palabras da concesionaria fundamentadas en estudos feitos ad hoc e en condicións ideais,
que nada teñen que ver coas condicións reais que se dan neste encoro.
Precedentes da construción de mecanismos para o libre tránsito de especies piscícolas no
encoro de Frieira:
Con anterioridade á nova escala-ascensor-capturadeiro existente no encoro de Frieira, a
empresa Unión Fenosa artellou distintos mecanismos co gallo de remontar as anguías, e o
resto de especies migradoras no río Miño, o seu paso por Frieira. Aquí tratamos de facer un
resumo do que esta empresa fixo, con fondos propios e subvencionados, para tratar de cubrir
o expediente e non ser sancionada. Debemos dicir que todos estes artiluxios se idearon a
partir das denuncias que a Asociación Ecoloxista Coto do Frade fixo a partires de 1995.
O primeiro artiluxio (1996-1997), máis propio de épocas medievais que da sociedade actual, foi
unha grúa cunha especie de rede-nasa que pretendía, previa inmersión no Miño, coller as
anguías - e o que cadrase - a modo de brazo mecánico de feira, para soltalas ó outro lado.
Pero, ó igual que nestas casetas de feira, este matraquiño nunca deu premio e houbo que
desbotalo por inútil.
Imaxe da rede-nasa acoplada á grúa
O segundo invento “La escala para anguilas”, que inda se pode ver na parte dereita da presa,
nunca remontou nin unha soa anguía. Un conduto practicamente inconexo co río do que
trataba “salvar” as anguías, dificilmente podería remontar a ningunha especie migradora.
Calculouse no seu momento que ese caxetín con plástico verde por fora, que remontaba uns
60 metros, enchidos de voltas e máis voltas, era capaz de remontar a incrible cantidade dunha
anguía cada 48 horas. Hoxe en día aparece roto e abandonado, como se pode observar na
fotografía.
“La escala para anguilas”
O terceiro artiluxio, considerado no seu momento como a xoia da coroa, o que daría unha
solución definitiva ó problema das especies migradoras do río Miño, anunciado a bombo e
platillo na prensa e televisión, un novo fracaso. Pero se cabe este xa debería facer recapacitar
a alguén: o coñecido posteriormente como teleférico custou algo máis dun millón de euros,
dos que practicamente a metade foron subvencionados pola Xunta e a Unión Europea a
través do seu programa Life - é dicir, pagado por todos -. Á súa construción, no ano 2002,
presentaba este aspecto.
Teleférico
Gas Natural-Fenosa enganou a todo o mundo xa que no proxecto - con data de resolución por
parte da Confederación Hidrográfica do Norte de 03 de outubro de 2000, e número de
referencia de saída E-32/7674 (Anexo II)- especificábase un canal de evacuación de peixes
que (punto 5º) “discurre por el vial del parque de intemperie de transformadores, cruzando la
carretera de acceso a la presa. El resto del canal hasta el embalse irá excavado en el terreno
adyacente a la presa”, que nunca chegou a construírse. En troques disto ampliouse o
recorrido do ascensor, converténdoo nese momento nun teleférico que pretendía cruzar as
especies migradoras ó outro lado do encoro, pasando por riba do parque de transformadores.
As consecuencias desta funesta idea foron centos de anguías achicharradas nos cables de alta
tensión da estación eléctrica, como consecuencia de ir caendo lentamente o escaparse
durante o percorrido, dentro da xaula do teleférico.
Xaula do teléferico en funcionamento (agosto 2005)
As condicións xenerais desta autorización especificaban que:
“1ª.- Toda modificación de las características de la presente autorización requerirá de
autorización administrativa previa.
2ª.- La Administración, en el ejercicio de sus competencias, podrá realizar las inspecciones que
estime procedenes, tanto durante el período de construcción como en el de explotación de las
obras que se autorizan, debiendo darse cuenta a la misma de la terminación de las obras a los
efectos precedentes.
6º.- Podrá ser revocada esta autorización por incumplimiento de cualquiera de las condiciones
y en los casos previstos en las Leyes, declarándose la revocación por resolución motivada que
en tal caso obligaría al interesado a dejar el cauce en condiciones normales de desagüe”
Non nós consta ningún tipo de autorización administrativa previa para á modificación das
características do proxecto nin informe presentado e aprobado pola Unión Europea, grave
cuestión se lembramos que a subvención europea outorgada era para unha actuación
concreta que posteriormente se modificou ó antollo da concesionaria. Gas Natural-Fenosa
fixo o que lle deu a gaña e o Ministerio de Medio Ambiente do Estado español permitiullo,
faltando ó exercicio das súas competencias. A autorización non foi revocada e a obra
permanece en estado de abandono dado que ó ano seguinte, no 2003, unha riada destrúe
parte da súa instalación, o que a fixo practicamente inservible tan só un ano despois da súa
posta en funcionamento destrozada, e destrozando, o río Miño o seu paso por Frieira tras o
seu posterior abandono definitivo uns anos despois tras unha nova riada.
Imaxe do teleférico abandoado (agosto de 2011)
As balsas de auga do abandoado capturadeiro do teleférico, a modo de balsas superpostas a
diferentes niveis atrapan, inda hoxe en día, ós exemplares nos descensos de caudal,
provocando a súa morte por falla de osíxeno na auga. Do mesmo xeito tamén quedan
atrapadas outras especies pola mesma razón, como as lontras (lutra lutra, que aparecen
recollidas no Catálogo Español de Especies Ameazadas e nos anexos II e IV da directiva
hábitats, polo que requiren de protección estrita), onde deixamos documentado todo isto
con fotos datadas a seguir.
Salientamos tamén que as distintas administracións promoven, con esta actuación, a
vulneración do Convenio de Berna -que data de nada menos que de 1981-, xa que esta especie
aparece recollida no Anexo II, e as administracións permiten un deterioro consentido dunha
zona onde esta especie habita -ou habitaba, dado a regresividade da súa poboación- mediante
a non obriga da retirada da obra das balsas do teleférico.
Queremos salientar tamén que existen máis especies que vulneran os catálogos nacionais e
españois de especies ameazadas, tratados e convenios internacionais, leis estatais e a
Directiva Hábitats -como parece claro dentro do que é unha biocenose ou trama ecolóxica
completa dun río e dun tramo de río tan importante como do que estamos a falar- pero que
non se tratan aquí por non considerarse de relevancia para tal denuncia, inda que si é algo
tremendamente relevante pro medio ambiente en xeral e para este biotopo en particular.
Así, o Proxecto Life 99 ENV/E/000347, apelidado como “Recuperación Internacional del Río
Miño. Ejemplo de Aprovechamiento Hidroeléctrico Sostenible”, que pretendía -supostamente
claro- salvagardar as futuras poboacións de especies migradoras do Miño (salmón atlántico,
lamprea, troita marisca ou reo, alosas e anguías) amosa hoxe este aspecto.
Embalse de Frieira. Abaixo a dereita obsérvanse as balsas do abandonado capturadeiro. Cando hai corrente, como na imaxe, os peixes e outros animais remontan as balsas polo “efecto chamada” da corrente.
Cando se producen descensos de caudal, segundo as necesidades da hidroeléctrica, eses animais quedan atrapados sucumbindo á morte por esgotamento e falla de osíxeno
(agosto2011)
Coto do Frade denunciou no seu momento todas estas actuacións, demostrando que a súa
eficacia era nula, permitindo só unha suba de especies migradoras ó outro lado do encoro -
en teoría claro, porque na práctica isto nunca se deu- pero non permitindo o seu descenso,
denunciando os informes favorables da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente
Natural e da Confederación Hidrográfica do Norte, que permitiron actuacións que estaban
condenadas ó fracaso. Hoxe en día a situación continúa sendo a mesma, cun novo invento
que volve a conculcar as leis de referencia na materia e que volve a ser palpablemente inútil,
como se continúa demostrando a continuación.
O novo sistema “de captura” pro remonte de especies migradoras
En marzo do ano 2000 (Anexo III), Gas Natural-Fenosa, presentaba un novo proxecto de
aproveitamento hidroeléctrico no encoro de Frieira, na súa marxe dereita. A Confederación
Hidrográfica do Norte - dependente do Ministerio español de Medio Ambiente- daba un
informe favorable ó expediente 2000/0691, con número de referencia de saída E-1213-B, o 30
de novembro dese mesmo ano (Anexo III). Un aproveitamento - o que lle dedicaremos un
capítulo propio máis adiante- que entubaba e turbinaba o caudal ecolóxico do río Miño.
Asociado a este proxecto -anos máis tarde, na súa construción, e ante o fracaso do sistema do
teleférico- presentábase a construción dunha escala anguieira que ía a dar solución ó
problema. Un novo sistema de franqueo que, segundo fontes da empresa concesionaria,
garantizaría o remonte de especies piscícolas. ¿Sóalles de algo?
O sistema de escala, previsto inicialmente, modificouse no proxecto por outro “tipo
capturadeiro” a requerimento dos organismos competentes -os mesmos que aprobaron os
outros fracasados sistemas-, sempre segundo a empresa Gas Natural-Fenosa, quen tamén
aseverou “'la solución adoptada fue considerada por dichos organismos como la idónea desde
el punto de vista técnico y medioambiental' (La Región, 24-06-2010), co cal, se nos volveu a
asegurar, por enésima vez, que este sería o sistema definitivo.
Ben, imos por partes.
a) O novo sistema de franqueo, capturadeiro segundo recoñeceu a propia empresa (La
Región, 24-06-2010), nunca estivo en funcionamento, até onde nós podemos saber, até o
ano 2011, polo tanto, nestes anos anteriores, podemos constatar dende esta Asociación que a
súa eficacia foi nula dada a súa inoperanza: algo que non se pon en marcha nunca pode
funcionar. Probablemente a concesionaria da explotación pretendía que non se lle volvera a
escangallar, como lle sucedeu ós outros sistemas, que xa eran crónica dunha morte anunciada
ó igual que este. A conclusión é evidente: se non se pon en funcionamento é imposible que
falle ergo, o sistema funciona. Bravo. A vixilancia feita por esta asociación en anos anteriores
así o demostra, coas cubetas baleiras en pleno verán -nin auga tiñan- e a canle de entrada dos
peixes en estado semiseco, facendo imposible que ningunha especie entrase nel.
Presa de Frieira. Detalle da nova central de caudal ecolóxico, na marxe dereita do río(2011)
Canle de entrada por onde deben entrar os peixes até o capturadeiro(2011)
Imaxe posterior da canle de entrada de peixes. Obsérvase como está completamente
seco(2011)
Detalle da mesma imaxe. Obsérvanse plantas medrando entre a terra e o formigón(2011)
Queremos salientar aquí que, inda que estas fotos foron tomadas no mes de agosto - mes en
que en maior número chegan as anguías a zona de Frieira, remontando o Miño- o sistema
ideouse para remontar tódalas especies migradoras, con épocas de freza e migración
diferentes. Nunca no transcurso destes dous anos anteriores ó 2011 observamos
funcionamento do ascensor que conduce o capturadeiro. E máis, e segundo podemos
demostrar por medio desta serie de fotografías tomadas o 07/08/2011 nese lugar do encoro,
agora o sistema que está en funcionamento, pero sen funcionar dado que como se pode
comprobar ningunha especie sube por el, é totalmente ineficaz.
Ó fondo da imaxe está o capturadeiro, cun ascensor acoplado,que sube ós peixes até as
cubetas situadas na parte superior dereita (non se observan estas cubetas nesta foto;ano 2011)
A cubeta grande é onde se manteñen ós peixes até ser trasladados, o seu tamaño é ridículo en
comparación coa cantidade de peixes a remontar. A cubeta pequena emprégase para devolver
ós peixes “rexeitados” a parte baixa do río(2011)
A súa ineficacia radica no propio sistema, completamente absurdo, xa que precisa dun
enorme número de xente que se ocupe del. Iso queda patente nos vídeos do funcionamento
dese sistema que chegaron ás mans desta asociación pertencentes o verán de 2011 (Anexo
Imaxes)-non podemos concretar a data exacta destes vídeos, pero por dedución deberían ser
dous días diferentes, un no que se ve a chegada masiva de anguías e outro co capturadeiro
funcionando-. O absurdo do sistema radica en que non é un sistema automático, senón que
precisa de moita xente para que funcione: peóns da concesionaria e xente de medio rural para
levar ós peixes ó outro lado do encoro ou, como se nós explicou nas cartas e reunións
mantidas con Medio Rural, a outros ríos. Ademais disto hai que cargar a cubeta cos peixes para
levala nunha furgoneta acondicionada a tal fin, sendo o sistema incriblemente lento e, polo
tanto, ineficaz, como se pode observar nas imaxes (e máis se só se fai, como explicamos
anteriormente, só dous días á semana nos meses de xullo e agosto e en horario de oficina).
Ademais disto existe mortandade de peixes e peixes que caen entre o ascensor e a rampa que
vai a unha das cubetas. Inda que non hai imaxes supoñemos que as anguías deben caer por
este oco, polo tanto o sistema se torna, de novo, ineficaz. As imaxes son esclarecedoras: ou hai
xente todo o ano e a todas horas, transportando peixes do capturadeiro ás cubetas, destas as
furgonetas e destas ó río -feito que non se da e que ademais sería ridículo e costosísimo-, ou
non se consigue nada.
Queremos tamén salientar que unha boa parte dos peixes que se ven nas imaxes, salvo no
caso das anguías, son muxos ou mujeres (isto se explica no punto 6º do anexo I, carta enviada
por esta asociación a Medio Rural, nº de entrada 2011/703). Volvémolo repetir, as imaxes son
esclarecedoras para ver a ineficacia de todo este sistema, que unha vez máis se fixo para
cubrir o expediente e non ser multados. Un engano a todo o sistema permitido e coa
colaboración necesaria na perpetración do delito das administracións.
b) Inda que o novo-retocado sistema funcionase -cousa que non está ocorrendo como quedou
demostrado no apartado anterior, pero que queremos replicar, por se acaso-. Tanto as
diferentes administracións, coa súa pasividade, como a empresa concesionaria, Gas Natural-
Fenosa, conculcaron durante anos as seguintes leis.
1º. A lei de pesca fluvial de 1942, vixente cando se construíu o encoro, no seu artigo 3 referida
ós obstáculos, pasos e escalas, é moi clara:
“El Ministro de Agricultura, a propuesta de la Dirección General de Montes, Caza y pesca Fluvial, por o a petición de las Jefaturas del Servicio Piscícola, previo informe de las Jefaturas de Aguas del Servicio de Obras Públicas, por lo que pudiere afectar al régimen del río, acordará la desaparición de los obstáculos naturales, o su modificación para facilitar la circulación de los peces a lo largo de las corrientes de agua, muy especialmente en los ríos salmoneros y trucheros, o cuando esto no sea posible el empleo de los medios sustitutivos que aseguren la riqueza piscícola en los distintos tramos del río. Cuando el Informe de los Jefes de Aguas no fuera de acuerdo con la Dirección General de Montes, Caza y Pesca fluvial, se elevará a resolución de la Presidencia del Consejo. Para facilitar el acceso de los peces, y muy particularmente de los emigrantes, a los distintos tramos de los cursos de agua, se construirán escalas salmoneras o pasos, en las presas y diques edificados en las masas acuícolas y que se opongan a la circulación de aquéllos, siempre que lo permitan las características de dichos obstáculos y sean necesarios para la conservación de las especies. Si no hubiera posibilidad de instalar escalas o pasos, se estudiarán y pondrán en práctica aquellas medidas autorizadas por la Dirección General de Montes, Caza y Pesca Fluvial, a propuesta de los servicios piscícolas que contribuyan a neutralizar el efecto nocivo de las construcciones con respecto a la conservación y fomento de la pesca. En las presas y diques levantados con anterioridad a la Ley de Pesca Fluvial de 27 de diciembre de 1907 y que no hayan sido reparados ni modificados después, la realización de todas las obras necesarias de la puesta en práctica de las medidas que favorezcan la conservación y propagación de las especies será por cuenta de la Administración, así como los gastos de conservación y reparación de dichas obras. En las construidas o que hayan sido reparadas o modificadas posteriormente a la fecha indicada en el párrafo anterior, los gastos de construcción de la escala o paso, o de ejecución, en su caso, de las medidas directas o indirectas que sustituyan aquéllos, correrán a cargo de los concesionarios de los aprovechamientos hidráulicos correspondientes, cualquiera que sea su personalidad jurídica y siempre con sujeción a proyecto redactado e informado por el Servicio Piscícola, previa aprobación de la Dirección General. En toda concesión de aprovechamientos hidráulicos, cualquiera que sea el organismo del Estado encargado de otorgarla, se consignará en una de las cláusulas de la concesión la
obligación por parte del concesionario de construir o adoptar aquellos medios sustitutivos que disponga el Servicio Piscícola para evitar los perjuicios que pudieran resultar a la riqueza acuícola. Cuando los concesionarios obligados por este artículo dejaren de darle el debido cumplimiento en el plazo que se les señale, las obras las realizará la Administración a sus expensas, además de incurrir en la sanción correspondiente.” Durante todos eses anos a concesionaria do aproveitamento hidroeléctrico actuou ó marxe da
legalidade vixente. Queda claro, tal como se establece nesta lei, que a instalación de escalas
para peixes migradores, ou medios análogos para contrarrestar o efecto nocivo que para estas
poboacións teñen as presas, son de obrigado cumprimento. Ademais establécese que toda
concesión de aproveitamentos hidráulicos deberá levar, nunha das cláusulas da propia
concesión, a obriga por parte da concesionaria de construír medios sustitutivos para evitar
os prexuízos ás poboacións piscícolas derivadas de dito aproveitamento.
Este punto é clave para demostrar como dende a súa construción a presa de Frieira nunca
cumpriu esta condición e na que nos basearemos en puntos sucesivos para refrendar a nosa
idea de caducidade da concesión por incumprimento das condicións esenciais da propia
concesión ou incluso da súa expropiación forzosa, sendo hoxe en día, e só tras as presións
exercidas pola Asociación Ecoloxista Coto do Frade durante anos, cando a concesionaria
decidiu poñer sistemas pro remonte de especies migradoras que, como queda patente neste
escrito, só se fixeron co ánimo de manternos calados e dar boa imaxe ante a opinión pública,
cumprir o expediente e non ser multados. O certo é que tódolos trebellos ideados por Fenosa
durante estes anos foron un fracaso absoluto que tiñan un único fin: bordear a lexislación
vixente hoxe en día en canto ó libre tránsito de especies piscícolas. E probablemente
conseguiríano, de non ser pola especial atención que esta asociación ten prestado ó encoro de
aproveitamento hidroeléctrico de Frieira.
2º. Durante anos tamén se conculcou a antiga lei de augas de 1985 saltándose, entre outros, o
artigo 84, na que se declara como obxectivo da protección do dominio público hidráulico a
prevención do deterioro do estado ecolóxico das augas e a recuperación dos sistemas
acuáticos asociados ó dominio público hidráulico, algo que a concesionaria, Xunta de Galicia e
Estado español nunca tiveron en conta. Isto queda patente no informe E-1213-B da
Confederación Hidrográfica do Norte (Anexo III) -hoxe en día segregada en Confederación
Hidrográfica do Cantábrico e do Miño-Sil, como aparece publicado no BOE, 12 de Marzo de
2008, polo Real Decreto 266/2008, de 22 de febreiro. Estas novas Confederacións suceden, a
título universal, á CH Norte en cuestións de bens, materias e dereitos desta, en relación ós
seus respectivos ámbitos territoriais- onde se expón que non se atopa inconveniente para
acceder ó solicitado (modificación das características do aproveitamento hidroeléctrico de
Frieira pola concesionaria), pero no mesmo informe se detecta a falta de escala de peixes ou
outros dispositivos que garantan a non disrupción das poboacións piscícolas apuntando,
asemade, que no proxecto presentado tampouco se previron ningún tipo de dispositivos de
paso, é dicir, que non se atopou inconveniente para acceder ás peticións de Fenosa en canto á
modificación do aproveitamento, resultando este informe favorable, cando a obrigatoria
escala de peixes non se contemplaba, algo que estaba en contra da lexislación naquel
momento.
3.º A derrogación posterior desta lei de augas de 1985 no 2001, mediante a aparición do Real
Decreto Lexislativo 1/2001, de 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de
Augas deixa ben claro de quen son certas competencias en materia de augas, hoxe en día
outorgadas á Confederación Hidrográfica Miño-Sil, dependente asemade do Ministerio de
Medio Ambiente do Estado español. Como se relata no capítulo III, sección I, relativa a
configuración e funcións dos organismos de conca:
“Artículo 22. Naturaleza y régimen jurídico de los organismos de cuenca.
1. Los organismos de cuenca, con la denominación de Confederaciones Hidrográficas, son
organismos autónomos de los previstos en el artículo 43.1.a) de la Ley 6/1997, de 14 de abril,
de Organización y Funcionamiento de la Administración General del Estado, adscritos, a efectos
administrativos, al Ministerio de Medio Ambiente.
2. Los organismos de cuenca dispondrán de autonomía para regir y administrar por sí los
intereses que les sean confiados; para adquirir y enajenar los bienes y derechos que puedan
constituir su propio patrimonio; para contratar y obligarse y para ejercer, ante los Tribunales,
todo género de acciones, sin más limitaciones que las impuestas por las Leyes. Sus actos y
resoluciones ponen fin a la vía administrativa.
3. Su ámbito territorial, que se definirá reglamentariamente, comprenderá una o varias
cuencas hidrográficas indivisas, con la sola limitación derivada de las fronteras internacionales.
4. Los organismos de cuenca se rigen por la Ley 6/1997, de 14 de abril, y demás disposiciones
de aplicación a los organismos autónomos de la Administración General del Estado, así como
por la presente Ley y por los Reglamentos dictados para su desarrollo y ejecución.”
“Artículo 23. Funciones.
1. Son funciones de los organismos de cuenca:
a. La elaboración del plan hidrológico de cuenca, así como su seguimiento y revisión.
b. La administración y control del dominio público hidráulico.
c. La administración y control de los aprovechamientos de interés general o que afecten a
más de una Comunidad Autónoma.
d. El proyecto, la construcción y explotación de las obras realizadas con cargo a los fondos
propios del organismo, y las que les sean encomendadas por el Estado.
e. Las que se deriven de los convenios con Comunidades Autónomas, Corporaciones
Locales y otras entidades públicas o privadas, o de los suscritos con los particulares.
2. Para el cumplimiento de las funciones encomendadas en los párrafos d) y e) del apartado
anterior, los organismos de cuenca podrán:
a. Adquirir por suscripción o compra, enajenar y, en general, realizar cualesquiera actos
de administración respecto de títulos representativos de capital de sociedades
estatales que se constituyan para la construcción, explotación o ejecución de obra
pública hidráulica, o de empresas mercantiles que tengan por objeto social la gestión
de contratos de concesión de construcción y explotación de obras hidráulicas, previa
autorización del Ministerio de Hacienda.
b. Suscribir convenios de colaboración o participar en agrupaciones de empresas y
uniones temporales de empresas que tengan como objeto cualquiera de los fines
anteriormente indicados.
c. Conceder préstamos y, en general, otorgar crédito a cualquiera de las entidades
relacionadas en los párrafos a) y b).
Artículo 24. Otras atribuciones.
Los organismos de cuenca tendrán, para el desempeño de sus funciones, además de las que se
contemplan expresamente en otros artículos de esta Ley, las siguientes atribuciones y
cometidos:
a. El otorgamiento de autorizaciones y concesiones referentes al dominio público
hidráulico, salvo las relativas a las obras y actuaciones de interés general del Estado,
que corresponderán al Ministerio de Medio Ambiente.
b. La inspección y vigilancia del cumplimiento de las condiciones de concesiones y
autorizaciones relativas al dominio público hidráulico.
c. La realización de aforos, estudios de hidrología, información sobre crecidas y control de
la calidad de las aguas.
d. El estudio, proyecto, ejecución, conservación, explotación y mejora de las obras
incluidas en sus propios planes, así como de aquellas otras que pudieran
encomendárseles.
e. La definición de objetivos y programas de calidad de acuerdo con la planificación
hidrológica.
f. La realización, en el ámbito de sus competencias, de planes, programas y acciones que
tengan como objetivo una adecuada gestión de las demandas, a fin de promover el
ahorro y la eficiencia económica y ambiental de los diferentes usos del agua mediante
el aprovechamiento global e integrado de las aguas superficiales y subterráneas, de
acuerdo, en su caso, con las previsiones de la correspondiente planificación sectorial.
g. La prestación de toda clase de servicios técnicos relacionados con el cumplimiento de
sus fines específicos y, cuando les fuera solicitado, el asesoramiento a la
Administración General del Estado, Comunidades Autónomas, Corporaciones Locales y
demás entidades públicas o privadas, así como a los particulares.
En la determinación de la estructura de los organismos de cuenca se tendrá en cuenta el
criterio de separación entre las funciones de administración del dominio público hidráulico y las
demás.”
Como quedou expresado anteriormente, no punto 1º relativo a Lei pesca fluvial de 1942
vixente cando se constrúe a presa –e como se contempla no resto de lexislación vixente hoxe
en día e que relataremos a seguir-, toda concesión de aproveitamentos hidráulicos deberá
levar, nunha das cláusulas da propia concesión, a obriga por parte da concesionaria de
construír medios substitutivos para evitar os prexuízos ás poboacións piscícolas derivadas de
dito aproveitamento. De aquí podemos deducir que o informe E-1213-B da Confederación
Hidrográfica do Norte (Anexo III) dando un informe favorable ás peticións de Fenosa en
canto á modificación do aproveitamento no encoro hidroeléctrico de Frieira, cando a escala
de peixes non se contemplaba é, de xeito claro, ilegal. Do mesmo xeito hai que destacar,
como queda contemplado no artigo 24-b desta lei, que o organismo de conca terá como
cometido a inspección e vixilancia do cumprimento das concesións e autorizacións relativas
ó dominio público hidráulico, obxecto este manifestamente obviado de xeito sistemático
polo organismo de conca e que queda refrendado coa presentación de dito expediente.
Ademais disto hai que salientar, como aparece recollido no artigo 14 título II, capítulo I, do
mesmo Real Decreto Legislativo 1/2001, de 20 de julio, por el que se aprueba el texto
refundido de la Ley de Aguas, relativo ós principios xenerais da administración pública da
auga:
“Artículo 14. Principios rectores de la gestión en materia de aguas.
El ejercicio de las funciones del Estado, en materia de aguas, se someterá a los siguientes
principios:
1. Unidad de gestión, tratamiento integral, economía del agua, desconcentración,
descentralización, coordinación, eficacia y participación de los usuarios.
2. Respeto a la unidad de la cuenca hidrográfica, de los sistemas hidráulicos y del ciclo
hidrológico.
3. Compatibilidad de la gestión pública del agua con la ordenación del territorio, la
conservación y protección del medio ambiente y la restauración de la naturaleza.”
Deste xeito queda patente que a responsabilidade subsidiaria do Estado español, primeiro a
través do organismo de conca, despois a través da concesión do Ministerio de Medio
Ambiente español (Orden Ministerial de Medio Ambiente de 24 de febreiro de 2005, pola que
se outorga a favor de Unión Fenosa Generación, S. A., a ampliación do aproveitamento
hidroeléctrico do Salto de Frieira), non existiu nunca.
Esta Lei refundida de augas, a actual hoxe en día, é se cabe máis restritiva que a anterior e no
seu artigo 92 déixao ben claro:
“Son objetivos de la protección de las aguas y del dominio público hidráulico:
a. Prevenir el deterioro, proteger y mejorar el estado de los ecosistemas acuáticos, así
como de los ecosistemas terrestres y humedales que dependan de modo directo de
los acuáticos en relación con sus necesidades de agua.
b. Promover el uso sostenible del agua protegiendo los recursos hídricos disponibles y
garantizando un suministro suficiente en buen estado.
c. Proteger y mejorar el medio acuático estableciendo medidas específicas para reducir
progresivamente los vertidos, las emisiones y las pérdidas de sustancias prioritarias, así
como para eliminar o suprimir de forma gradual los vertidos, las emisiones y las
pérdidas de sustancias peligrosas prioritarias.
d. Garantizar la reducción progresiva de la contaminación de las aguas subterráneas y
evitar su contaminación adicional.
e. Paliar los efectos de las inundaciones y sequías.
f. Alcanzar, mediante la aplicación de la legislación correspondiente, los objetivos fijados
en los tratados internacionales en orden a prevenir y eliminar la contaminación del
medio ambiente marino.
g. Evitar cualquier acumulación de compuestos tóxicos o peligrosos en el subsuelo o
cualquier otra acumulación, que pueda ser causa de degradación del dominio público
hidráulico.
h. Garantizar la asignación de las aguas de mejor calidad de las existentes en un área o
región al abastecimiento de poblaciones.”
Queda patente pois, nas competencias outorgadas ó Estado por esta lei, que non existiu nin
existe unha prevención do deterioro do ecosistema acuático referido, nin a súa protección
nin moito menos a súa mellora dado que se primou, e se prima hoxe en día, a produción de
enerxía eléctrica en detrimento das poboacións piscícolas do río Miño que se atopan nunha
situación manifestamente regresiva.
4º. O Estatuto de Autonomía de Galicia, no artigo 27, recoñece á Comunidade Autónoma a
competencia exclusiva para aprobar as normas adicionais sobre protección do medio ambiente
e a paisaxe, nos termos do artigo 149.1.23 da Constitución, e atribúelle, en outros preceptos,
competencias diversas en relación con diferentes ámbitos relacionados co medio ambiente,
como son a ordenación do territorio e a sanidade, ou sectores do medio físico, como o solo e a
auga, e actividades como a pesca e os vertidos industriais contaminantes nas augas territoriais
do Estado correspondentes ó litoral galego.
O artigo 76 do Regulamento de Ordenación de Pesca Fluvial e dos Ecosistemas Continentais,
aprobado polo decreto 130/1997, de 14 de maio manifesta que:
“1. Co obxecto de facilita-las migracións periódicas dos peixes ó longo dos cursos fluviais,
tódalas presas, diques ou canles deberán te-la pertinente escala, paso, esclusa, ascensor ou
calquera outro dispositivo que permita su eficaz franqueo polas poboacións migratorias,
tanto en ascenso como en descenso.
No caso de obstáculos que dispoñan dun paso ou escala construído de acordo coa normativa
anterior á entrada en vigor da Lei de pesca fluvial, a Dirección Xeral de Montes e Medio
Ambiente Natural poderá efectua-las modificacións precisas para garanti-lo seu óptimo
funcionamento.
2. Nas presas levantadas con anterioridade á Lei de pesca fluvial, cando debido á
imposibilidade técnica non sexa posible construír un dispositivo de franqueo, estableceranse
outras alternativas baseadas nun proxecto técnico aprobado pola Dirección Xeral de Montes e
Medio Ambiente Natural, sen prexuízo das competencias doutros organismos.
Nos casos de presas situadas augas arriba de obstáculos naturais de máis de 5 metros de
altura, e pola tatno infranqueables para determinadas especies piscícolas, a devandira
dirección xeral poderá acorda-la suficiencia de dispositivos de franqueo aptos para especies
concretas ou a ausencia deles, agás cando a presa se sitúe a unha distancia do osbtáculo maior
de 200 m ou de 10 veces a anchura media do leito fluvial.
3. Naqueles ríos habitados por salmón ou reo, consideraránse as necesidades destas especies á
hora de deseñar e poñer en funcionamento os dispositivos de franqueo.
4. As solicitudes e proxectos de tódalas presas, diques ou canles que se pretendan construír nas
masas acuícolas deberán presentar e, de selo caso, executar:
a) Un estudio de avaliación de impacto ambiental ou, se é o caso, de efectos ambientais, e do
réxime natural de caudais.
b) A previsión da pertinente escala, paso, esclusa, ascensor, ou calquera outro dispositivo que
permita o seu eficaz franqueo polas poboacións migradoras, tanto en ascenso como en
descenso. O proxecto deste dispositivo deberá ser informado pola Dirección Xeral de Montes e
Medio Ambiente Natural.
c) As previsións de tipo constructivo para o mantemento en todo o tempo do caudal ecolóxico
mínimo polo leito do río e do que deberá verterse polos dispositivos de franqueo para asegura-
lo seu correcto funcionamento. O caudal que circule polo citado dispositivo poderá ser unha
fracción do caudal ecolóxico e nunca será superior nin inferior a aquel que garante o franqueo
das especies piscícolas.
5. Unha vez construído o dispositivo de franqueo, e previamente a aprobación definitiva pola
Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, deberase comproba-lo seu correcto
funcionamento, e prever elementos construtivos provisionais que permitan realiza-las
modificacións oportunas e que, posteriormente, se poderán facer definitivos. Tódalas
operacións necesarias para o funcionamento do dispositivo de franqueo e do dispositivo de
liberación do caudal ecolóxico serán executadas polo concesionario, tanto durante as fases de
instalación e mantemento como á hora de face-las modificacións que a citada consellería
estableza.
6. Na colocación do dispositivo de franqueo terase en conta que a súa chamada sexa suficiente,
tanto augas arriba como augas abaixo. A entrada de augas abaixo disporá dunha poza no leito
do río que permita o repouso dos peixes e a toma do paso con facilidade. A saída de augas
arriba será directamente ó leito e, en ningún caso, desembocará na canle de derivación nin nas
proximidades do seu inicio.
7. Os organismos hidráulicos non autorizarán as obras ou traballos que se vaian realizar nas
masas de auga da Comunidade Autónoma de Galicia que incumpran o anteriormente
establecido, agás que xustifiquen axeitadamente a imposibilidade da súa realización,
debéndolle solicitar informe previo a Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.”
Segundo o informe da Confederación Hidrográfica do Norte (dependente do Ministerio de
Medio Ambiente español) de 30 de Novembro de 2000 de Compatibilidade do proxecto co
plan hidrolóxico de conca (Anexo III), no que se valora o proxecto de Fenosa, detéctase a falta
de escala no mesmo, ademais de afirmar a inexistencia da mesma na actual presa de Frieira.
Nas recomendacións que se realizan en dito informe ó proxecto de Compatibilidade co plan
hidrolóxico de conca como Condicións Únicas para o outorgamento da concesión non se esixe
a construción da escala, vulnerándose o art. 76 do R.Ord. de Pesca Fluvial e dos Ecosistemas
Continentais no que se especifica a obrigación de construír no proxecto de aproveitamento
dita escala.
Así, o Ministerio de Medio Ambiente do Estado español, manifestou unha clara inobservancia
deste regulamento, vixente hoxe en día, a favor dunha concesionaria privada. A inexistencia de
escala para especies migratorias que permita o libre tránsito polas augas de toda a Conca do
río Miño augas arriba do Salto de Frieira, así como a posta en funcionamento de dispositivos
de franqueo que demostren de xeito reiterado a súa inoperanza, constitúe un despropósito
para co espírito das leis e disposicións en materia Medio Ambiental recollidas polos entes
nacionais, estatais e europeos.
A inobservancia das leis e os erros administrativos son de tal calado que existe unha
contradición entre o informe de outubro de 2000 da Confederación (Anexo II), onde se
contempla a escala para peixes, e o posterior de novembro dese mesmo ano (Anexo III),onde
a escala para peixes non se contemplaba, non sendo elo motivo para informar
desfavorablemente sobre o proxecto. Se ademais este proxecto é totalmente novo, dado
que máis que unha repotenciación se trata dunha nova central que turbina o caudal
ecolóxico aproveitándose do azud xa existente, non debería a administración solicitar por
imperativo legal que se constrúan dispositivos eficaces pro remonte e descenso de peixes?
Lembremos que estas modificacións das concesións nas centrais hidroeléctricas por parte das
autoridades responsables, neste caso a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, esixen ó
propietario a construción dun paso de peixes, ou medidas análogas, para garantir a
posibilidade das migracións de peixes, ratificadas en sentencias firmes polo Tribunal
Supremo español, como no caso da presa de Albarellos mediante sentencia de 16 de abril de
2009, ante a impugnación do propietario da decisión administrativa que obrigaba a
construción deste tipo de pasos para peixes. Esta impugnación aclara a idea que ten esta
concesionaria, a mesma que o caso que nos ocupa, sobre o mantemento da vida piscícola no
río Miño e afluentes deste.
Inda así, no caso de Albarellos (Anexo IV, contestación Albarellos Bruselas), explícase que:
Porén, nesta argumentación das autoridades españolas, non se teñen en conta os beneficios
que o desmantelamento deste embalse terían para o mantemento da biodiversidade, dando
respostas economicistas sen incluír nelas o custe medioambiental derivado de tal perda.
Ademais disto arguméntase a perda da produción de enerxía renovable que contribúe á loita
contra a mudanza climática, obviando que un dos principais obxectivos do Panel
Intergubernamental sobre o Cambio Climático - refrendado polo máis recente creado Panel
Intergubernamental sobre Biodiversidade e Ecosistemas (IPBES)- é o mantemento da
biodiversidade do planeta, algo incompatible con estas estruturas que se atopan no río Miño a
seguires unha doutra xa que, a pesares de fundamentarse nunha enerxía renovable, como
todas as explotacións hidroeléctricas, provocan un impacto irreversible mentres dura a
explotación, indefinido e perdurable no tempo máis aló da propia duración da explotación, ó
ser considerablemente agresivo para as veigas e ribeiras do curso fluvial e de tódolos
elementos bióticos que conteñen.
Lembremos que a central de Frieira, ó superar a súa potencia instalada os 50 Mw, non forma
parte do Régimen Especial de Eléctricidad (REE) que prima ás enerxías fundamentadas nunha
enerxía renovable. Isto é debido ó enorme impacto ambiental desta instalación e á severa
alteración que se produce sobre a vexetación e a fauna da zona, sobre todo a fluvial, para a cal
esta gran presa convértese nun obstáculo insalvable para a súa circulación, o que provoca
enfermidades e deformacións endémicas nas poboacións -a.chrassus en anguías e phytophtora
alni en amieiros, por mencionar dous exemplos sabidos desta conca galega e que parecen
estar fundamentados, entre outras cousas, na interrupción da canle do río-, así como a
destrución das zonas de posta tradicionais de moitas especies, como por exemplo o salmón, e
a imposibilidade de completar o ciclo biolóxico das súas especies ó impedir a súa libre
migración polo río Miño, como por exemplo a anguía.
Hai que salientar que a importancia do mantemento e fomento da conectividade ecolóxica -a
conectividade ecolóxica refírese o movemento de especies entre concas que permite un
intercambio xenético, fluxos ecolóxicos entre poboacións e hábitats…- é unha peza clave nos
esforzos nacionais e internacionais para a conservación da biodiversidade, tal e como recollen
numerosas iniciativas, políticas e lexislacións vixentes en todo o mundo ó permitir
contrarrestar os efectos adversos da fragmentación e illamento dos ecosistemas e facilitar a
adaptación das especies ós desprazamentos nas súas áreas óptimas de distribución,
interrompidos neste caso por esta gran presa. Por elo é necesario tomar medidas que
contribúan a garantir a viabilidade e persistencia das especies de flora e fauna.
Hai que salientar, dentro disto, a proposta do novo Programa de Medio Ambiente (PMA),
presentado a finais do novembro pasado, para orientar a política da UE na materia até o ano
2020. Un dos nove obxectivos prioritarios desta proposta é: protexer á natureza e consolidar a
capacidade de recuperación ecolóxica. Ou como se definiu de xeito brillante, respectar os
límites ecolóxicos do planeta.
A estratexia europea de biodiversidade da UE para o ano 2020 - quen afirma que as especies
estanse a extinguir a unha velocidade moi elevada, que supera entre 100 e 1000 veces ó ritmo
natural, recoñecendo que só o 17% das especies e hábitats e un 11% dos ecosistemas
protexidos na UE funcionan ben- ten un obxectivo principal: deter para o ano 2020 a perda de
biodiversidade e a degradación dos servizos ecosistémicos -beneficios que os seres humanos
extraemos dela- da Unión Europea, e restauralos na medida do posible, incrementando ó
mesmo tempo a contribución da UE á loita contra a perda de biodiversidade mundial e unha
visión hacia 2050, ano no que a biodiversidade da Unión Europea e os servizos ecosistémicos
que ofrece deben estar protexidos, valorados e restaurados -o cal parece unha broma, tendo
en conta que a UE recoñece que non se logrou o obxectivo de biodiversidade para 2010 debido
en boa parte o incumprimento das leis medioambientais-.
Esta estratexia recolle un feito clave, non tido en conta até o de agora, pero que é
fundamental para o caso do que falamos e para a poboación galega:
“El objetivo de biodiversidad EU 2020 se basa en la admisión de que, aparte de su valor
intrínseco, la biodiversidad y los servicios que proporciona poseen un importante valor
económico que pocas veces detectan los mercados. Al eludir los mecanismos de fijación de
precios y no reflejarse en la contabilidad social, la biodiversidad es a menudo víctima de
enfoques contrarios sobre la naturaleza y su utilización. El proyecto internacional patrocinado
por la Comisión «Economía de los ecosistemas y biodiversidad» (TEEB) recomienda que el valor
económico de la biodiversidad se tenga en cuenta en la toma de decisiones y aparezca
reflejado en los sistemas de contabilidad e información.”
É dicir, o mantemento da biodiversidade, e o seu aproveitamento, son claves económicas
fundamentais que deberían ser repartidas entre toda a poboación, e non eliminadas
favorecendo con elo só a unha empresa e facendo inviable con elo o futuro de tódalas
especies que viven do río Miño, contando tamén nesas ó ser humano. “El uso de instrumentos
económicos por los Estados miembros puede resultar adecuado en el marco de un programa de
medidas; el principio de recuperación de los costes de los servicios relacionados con el agua,
incluidos los costes medioambientales y los relativos a los recursos asociados a los daños o a
los efectos adversos sobre el medio acuático, deben tenerse en cuenta, en particular, en virtud
del principio de que quien contamina paga; con este fin, será necesario un análisis económico
de los servicios del agua basado en previsiones a largo plazo de la oferta y la demanda de agua
en la demarcación hidrográfica.” (Directiva Marco del Agua (2000/60/CE), consideración
número 38).
Os datos subliñan cada vez máis a insostibilidade do noso modelo de consumo de alimentos e
enerxías e os stocks de especies de peixes comestibles están en claro descenso. Nembargante,
esta problemática ecolóxica non se manifesta nos prezos, posto que estes non incorporan os
custes ecolóxicos. Non se trata só de frear as emisións para evitar o efecto invernadoiro, é
necesaria unha visión holística para comprender a situación que afecta a este río galego, con
profundos desequilibrios na súa conca, cun sistema artificial de saltos de auga baseado en
criterios económicos, perda de biodiversidade e degradación das súas augas. Este problema
non se resolve con sentenzas que despois non se cumpren tralas declaracións das distintas
administracións. Así pois, e seguindo co punto 4 deste anexo de Bruselas referido a presa de
Albarellos exprésase que:
Como é posible, segundo este documento que parte de Bruselas e que se basea nos criterios
da Directiva Marco da Auga, que se logre un bo potencial ecolóxico da masa de auga, augas
abaixo do embalse de Albarellos, se este esta supeditado ó embalse anterior da presa
existente de Frieira?. Por iso falamos dunha análise holística, que teña en conta non tramo por
tramo, senón o río enteiro e as súas alteracións para comprobar que será imposible que no
ano 2015 se alcance un bo potencial ecolóxico para este tramo de río do que vimos falando e
para o río Miño en xeral.
Isto queda patente na desidia administrativa que demostra a demora nos plans hidrolóxicos de
conca, como a do Miño-Sil inda sen aprobar máis co seu borrador, e polo cal o Estado español
xa foi apercibido como se mostra no derradeiro parágrafo deste punto 4 do anexo presa
Albarellos Bruselas:
Solicitamos se teña en conta este escrito para predicir e demostrar que a finais de 2015 a
presenza desta presa fará que se conculquen os obxectivos da Directiva Marco da Auga, en
canto a “promoción do emprego sostible da auga, a protección do medio ambiente e a mellora
da situación dos ecosistemas acuáticos”. Conculcarase, asemade, o obxectivo último da
susodita Directiva en canto a “alcanzar un bo estado ecolóxico e químico de tódalas augas
comunitarias para 2015”, recollendo este tipo de auga como moi modificada (artigo 4 da
Directiva), e observando no punto 1.2.5. do anexo V, onde se contemplan as definicións dun
bo potencial ecolóxico para este tipo de augas ó que será imposible chegar. Tampouco se
alcanzará o obxectivo do bo estado químico dado que o seu “conxunto de base”, que ven
definido polos taxóns de algas e/ou macrófitas acuáticas, Daphnia ou organismos
representativos das augas salgadas e peixes, nin se quera se aproximarán ós obxectivos
mínimos desta norma de calidade medioambiental.
Hai que salientar que as excepcións e prórrogas da norma, contempladas neste artigo 4 da
Directiva Marco del Agua, non son de aplicación neste caso dado que este, e o que trataremos
no punto seguinte relativo ó aproveitamento do caudal ecolóxico, constitúe un novo deterioro
da masa de auga afectada, tendo en conta que tampouco se teñen adoptado tódalas medidas
factibles para paliar estes efectos adversos, senón todo o contrario, o potenciar e permitir
estes efectos. Ademais, dentro das excepcións por custes económicos, non se inclúen os custes
de perda de biodiversidade, difíciles de cuantificar en termos numéricos, e que redundarían
nunha mellora para tódolos galegos e galegas, salvagardando o seu medio ambiente, e non
salvagardando só os beneficios económicos dunha entidade privada, comprometendo con elo
os obxectivos e o logro dos obxectivos da citada Directiva, contando con elo co artigo 9 da
Directiva Marco da Auga, que ten en conta os efectos sociais, medioambientais e económicos
da recuperación das zonas afectadas.
Solicitamos, do mesmo xeito, que se a Fiscalía o ten a ben, garde esta denuncia para
presentar, neste punto e no ano 2016, o que considere convinte perante a Unión Europea co
fin de esclarecer posibles infraccións desta normativa comunitaria.
Por todo elo Coto do Frade considera ilegal este “sistema de franqueo”, segundo a lexislación
vixente o movemento das especies piscícolas ó longo dos ríos ten que estar garantido e
calquera estrutura que o impida ou limite ten que acondicionarse para dito fin. Segundo o
artigo 23 da Lei 7/1992 de Pesca fluvial, de 24 de xullo, , onde se fala dos pasos e escalas para
peixes:
“Las solicitudes y proyectos de todas las presas, diques o canales que se pretendan construir en
las masas acuícolas al objeto de facilitar las migraciones periódicas de los peces a lo largo de
los cursos fluviales deberán presentar:
a. El estudio de evaluación del impacto ambiental, en su caso.
b. La previsión de la pertinente escala, paso, esclusa o cualquier otro dispositivo que
permita su remonte para especies migratorias.
c. El mantenimiento en todo tiempo del caudal ecológico que habrá de verter por la
escala o por el paso necesario para asegurar el movimiento natural de las especies.
Los organismos hidráulicos no autorizarán las obras o trabajos a realizar en las masas de agua
de la Comunidad Autónoma de Galicia que incumplan lo anteriormente establecido, excepto
que justifiquen adecuadamente la imposibilidad de su realización, debiendo solicitar informe
previo a la Consellería de Agricultura, Ganadería y Montes.
En las presas y diques levantados con anterioridad a esta Ley o en los de nueva construcción
donde no sea posible construir un dispositivo de remonte se establecerán otras alternativas”
A obrigatoriedade pois de dispositivos que permitan o remonte para especies migradoras,
queda aquí reflectido. O capítulo II desta mesma Lei, adicado a infraccións e sancións, expresa
que:
“Artículo 34. Infracciones menos graves.
…
16. No respetar las prescripciones contenidas en las concesiones o autorizaciones otorgadas
por las autoridades competentes, en las materias propias de esta Ley.
32. No mantener en perfecto estado de conservación las obras realizadas por los
concesionarios a instancia de la Administración cuando estas obras hubiesen sido ejecutadas
con el fin de armonizar los intereses hidráulicos y piscícolas.”
“Artículo 35. Infracciones graves.
…
12. No cumplir las condiciones fijadas por la Consellería de Agricultura, Ganadería y Montes
para la defensa, conservación o fomento de la riqueza piscícola, cuando aquéllas hayan sido
determinadas mediante acto que hubiese adquirido carácter de firmeza.”
“Artículo 36. Infracciones muy graves.
…
2. La no observancia de lo establecido en el artículo 23 de la presente Ley, referente a los pasos
y escalas.”
“Artículo 38. Gradación de las sanciones.
1. Serán circunstancias a tener en cuenta para la gradación de las sanciones a imponer en las
distintas clases de infracciones:
a. La intencionalidad.
b. El daño producido a la riqueza piscícola o a su hábitat.
c. La reiteración o reincidencia.
d. La agrupación u organización para cometer la infracción.
e. El beneficio económico perseguido.
f. La irreversibilidad del daño en el bien protegido.
2. Si un solo hecho constituye dos o más infracciones administrativas se impondrá la sanción
que corresponda a la mayor gravedad.”
Por todo o anterior parece quedar probado o carácter reiterativo producido á riqueza
piscícola, coa soa procura do beneficio económico e dificilmente irreparable do ben protexido,
entendido neste caso como a propia riqueza piscícola. No capítulo III, correspondente o
procedemento sancionador fálase de:
“Artículo 39. Competencia.
Corresponde a la Consellería de Agricultura, Ganadería y Montes el conocimiento y resolución
de los expedientes instruidos por infracciones de los preceptos objeto de esta Ley.”
De novo estas leis foron obviadas, tanto pola concesionaria como polas diferentes
administracións ó longo destes anos, permitíndolle á concesionaria da explotación a
construción de sistemas e posta en funcionamento dos mesmos de manifesta inutilidade, co
único fin de cumprir co expediente e evitar sancións.
Pero O Real Decreto Lexislativo 1/2001, de 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido
da Lei de Augas, expresa que:
“Artículo 66. Caducidad de las concesiones.
1. Las concesiones podrán declararse caducadas por incumplimiento de cualquiera de
condiciones esenciales o plazos en ella previstos.
2. Asimismo el derecho al uso privativo de las aguas, cualquiera que sea el título de su
adquisición, podrá declararse caducado por la interrupción permanente de la explotación
durante tres años consecutivos siempre que aquélla sea imputable al titular.”
Polo tanto e como queda demostrado en todo o aproveitamento, tanto no vello como no novo
que turbina todo o caudal ecolóxico, a concesión debería declararse caduca xa que non
permite o eficaz ascenso, nin moitísimo menos descenso, das poboacións migratorias. Algo
que probablemente xa debeu ocorrer anos atrás ó rachar, esta presa, a conectividade
ecolóxica do sistema do río debido a esta fractura do territorio que dificulta enormemente o
movemento das especies, o intercambio xenético e outros fluxos ecolóxicos entre as
poboacións e hábitats distribuídos ó longo do mesmo.
A través dunha orde superior, como pode ser a propia da fiscalía, se pode iniciar a instrución
dos expedientes sancionadores correspondentes, dado que as diferentes consellerías e
administracións parecen non estar pola labor.
A conclusión é clara: tódolos sistemas fracasaron, e fracasarán, ó non acometer unha
verdadeira escala para peixes, cunha obra seria de enxeñaría, que seguro faría perder parte de
potencia a central, pero que aseguraría a supervivencia de todas estas especies migradoras e
dos seus ecosistemas asociados. Algo que Gas Natural-Fenosa nunca fixo, antepoñendo os
seus intereses ós do ben común. «El agua no es un bien comercial como los demás, sino un
patrimonio que hay que proteger, defender y tratar como tal» (Directiva Marco del Agua).
4.- Con respecto ó aproveitamento do caudal ecolóxico na presa de Frieira.
Antes de comezar co relato dos feitos queremos lembrar que no mes de marzo de 2012 o fiscal
superior de Galiza, Carlos Varela, ordenou ó Seprona que investigase a situación, condicións e
mantemento dos caudais ecolóxicos nas explotacións dos ríos galegos, en especial nos “casos
con posible transcendencia penal” (Europapress, 16-3-2012). O decreto do fiscal superior
lembra que, dende o punto de vista estritamente penal, a persecución dos delitos ambientais
ten en conta a protección integral do medio, o que inclúe o equilibrio dos sistemas naturais.
No caso da auga, a protección esténdese a todo o sistema hídrico da conca, fronte a posibles
agresións que alteren o grado de humidade e as condicións de flora e fauna. A fiscalía prevía,
nesta solicitude, que o Seprona solicitase para a elaboración deste estudo a colaboración de,
entre outros, as asociacións ecoloxistas. Inda estamos a agardar que se poñan en contacto con
nós para solicitar dita colaboración.
Antecedentes de feito(extraídos do Diario Oficial de Galicia, Resolución do 20 de decembro de
2005 da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza e se aproba o
proxecto de execución das instalacións electromecánicas do aproveitamento hidroeléctrico no
río Miño da central de caudal ecolóxico de Frieira, promovido pola empresa Unión Fenosa
Generación, S.A. Venres, 10 de febreiro de 2006):
Primeiro.- O 26 de xuño de 2000, a empresa titular da concesión, e como consecuencia das
competencias en materia ambiental da Xunta de Galicia, que no uso das súas atribucións ven
esixindo que se evacúe pola presa de Frieira ata un caudal de 80 m3/s como mantemento dos
mínimos necesarios para a conservación das especies piscícolas augas abaixo, presentou na
Confederación Hidrográfica do Norte a modificación das características do aproveitamento
hidroeléctrico de Frieira, para así satisfacer as demandas da Xunta de Galicia e aproveitar o
devandito caudal.
Segundo.- Así, o 28 de maio de 2001, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental da Consellería de
Medio Ambiente, formulou a declaración de efectos ambientais do proxecto de modificación de
características do aproveitamento hidroeléctrico do baixo Miño relativa á central de caudal
ecolóxico de Frieira.
Terceiro.- Con data de 24 de febreiro de 2004, e unha vez seguida a tramitación
correspondente, o Ministerio de Medio Ambiente resolveu aprobar a favor de Unión Fenosa
Generación, S.A.-actualmente Gas Natural Fenosa- a ampliación do caudal actualmente
outorgado de 650 m3/s a derivar do río Miño, en 80 m3/s con destino a usos hidroeléctricos e
adecuación ambiental no salto de Frieira, modificando así a inicial concesión outorgada por
orde ministerial do 10 de novembro de 1960, posteriormente modificada por orde ministerial
do 25 de outubro de 1966.
Cuarto.- Central: situada no espazo existente entre o noiro do ferrocarril Ourense-Vigo e a aleta
dereita de protección de presa, sendo a súa configuración en pozo.
Quinto.- As delegacións provinciais desta consellería en Ourense e Pontevedra emitiron ambos
informes favorables relativos ao expediente administrativo do salto que nos ocupa.
Sexto.- O 25 de outubro de 2005, a Confederación Hidrográfica do Norte resolveu autorizar as
obras do proxecto constructivo da central de caudal ecolóxico de Frieira.
Deste xeito -e como queda patente tamén no proxecto aprobado do que estamos a falar
(Anexo III), e como tamén aparece recollido no informe de Compatibilidade de conca,
redactado pola Confederación Hidrográfica do Norte e que tamén se pode consultar no
mesmo Anexo III- as administracións galega e española outorgábanlle a Unión Fenosa, na
marxe dereita do mesmo embalse de Frieira, unha ampliación do caudal destinado a usos
hidroeléctricos a través do aproveitamento do caudal ecolóxico nese embalse, contravindo a
lei galega de referencia na materia, como se expón a continuación.
Pero antes de facelo queremos salientar a información recollida no anexo V, na que se
poden observar as alegacións presentadas a este proxecto (tanto da modificación do caudal
ecolóxico como da escala de peixes) en tempo e forma ás diferentes administracións e,
incluso, ó defensor e ó valedor do pobo sen que obtiveramos ningún tipo de resposta por
parte das mesmas en todos estes anos, polo que cremos que nalgúns casos nin as leron dado
que non foron atendidas, feito que fainos recorrer hoxe en día á Fiscalía e considerando
tamén que se vulneraron os procesos de participación do público na toma de decisións e
acceso a xustiza en materia de medio ambiente a traveso do Convenio de Aarhus, do 25 de
xuño de 1998, e transposto ás diferentes leis europeas, estatais e nacionais en anos
posteriores a este, vulnerando tamén con elo a consideración número 14 da Directiva Marco
da Auga:
“El éxito de la presente Directiva depende de una colaboración estrecha y una actuación
coherente de la Comunidad, los Estados miembros y las autoridades locales, así como de la
información, las consultas y la participación del público, incluidos los usuarios.”
Pedimos así mesmo á Fiscalía que teña en consideración todas estas alegacións aparecidas
no Anexo V, xa que consideramos este punto como de especial relevancia ó ser feitas estas
con especial agarimo sendo, non obstante, repudiadas pola administración. Nelas, a Fiscalía,
poderá obter información de, segundo o noso entender, gran relevancia sobre determinados
puntos. Tamén pedimos, na solicitude que faremos máis adiante tendo en conta o Código
Penal, que se teña en conta estas alegacións para determinar a non prescrición de delitos, xa
que tódalas alegacións feitas foron repudiadas sen se quera contestarnos sobre elas.
O artigo 74 do Regulamento de Ordenación da Pesca Fluvial e dos Ecosistemas Continentais,
aprobado mediante Decreto 130/1997, de 14 de maio, adicado a caudais ecolóxicos, expresa:
“1. Entenderase por caudal ecolóxico a reserva de caudal que necesaria e obrigatoriamente
deberá deixarse circular polo leito dun río para compatibilizar, en cada época do ano, os
efectos das detraccións de auga sobre o ecosistema acuático co mantemento das comunidades
animais preexistentes e, en xeral, co adecuado funcionamento do citado ecosistema.
Este caudal ecolóxico non poderá ser obxecto de aproveitamento hidráulico. Nos
procedementos para a súa determinación, deberase solicitar informe preceptivo da Dirección
Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.
2. O réxime de caudais ecolóxicos determinarase considerando as peculiaridades de cada caso,
facendo especial fincapé na morfoloxía do leito, nas necesidades das especies piscícolas
autóctonas do curso fluvial e na fenoloxía natural da conca ou subconca. O método elixido
incluirá estes requisitos e deberá estar suficientemente contrastado e sancionado pola práctica.
3. O organismo de conca que determine un caudal ecolóxico concreto deberá respecta-lo
concepto definido neste regulamento. ”
Tendo en conta o recollido neste artigo da Lei mencionada, a concesión do aproveitamento
hidroeléctrico outorgado pola administración galega á empresa Unión Fenosa Generación
S.A.- actualmente Gas Natural Fenosa- relativo ó aproveitamento do caudal ecolóxico é, a
todas luces, ilegal.
Ademais disto hai que salientar que, cando se da o informe favorable E-1213-B (Anexo III) por
parte da Confederación Hidrográfica do Norte, inda estaba vixente a Lei de Augas de 1985,
que no seu artigo 85 expresaba que:
“Se entiende por contaminación, a los efectos de esta Ley, la acción y el efecto de introducir
materias o formas de energía, o inducir condiciones en el agua que, de modo directo o
indirecto, impliquen una alteración perjudicial de su calidad en relación con los usos
posteriores o con su función ecológica.
El concepto de degradación del dominio público hidráulico a efectos de esta ley, incluye las
alteraciones perjudiciales del entorno afecto a dicho dominio.”
E o seu artigo 89:
“Artículo 89.
Queda prohibida con carácter general, y sin perjuicio de lo dispuesto en el artículo 92, toda
actividad susceptible de provocar la contaminación o degradación del dominio público
hidráulico y, en particular:
a. Acumular residuos sólidos, escombros o sustancias, cualquiera que sea su naturaleza y
el lugar en que se depositen, que constituyan o puedan constituir un peligro de
contaminación de las aguas o de degradación de su entorno.
b. Efectuar acciones sobre el medio físico o biológico afecto al agua, que constituyan o
puedan constituir una degradación del mismo.
c. El ejercicio de actividades dentro de los perímetros de protección, fijados en los planes
hidrológicos, cuando pudieran constituir un peligro de contaminación o degradación
del dominio público hidráulico.”
Polo que cremos que xa naquel momento o informe favorable saltábase estas
consideracións ó inducir este aproveitamento condicións na auga que alteran os seus usos
posteriores e a súa función ecolóxica, sendo isto considerado por esta lei como
contaminación.
A derrogación posterior desta lei de augas de 1985 no 2001, mediante a aparición do Real
Decreto Lexislativo 1/2001, de 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de
Augas, deixa ben claro este concepto de contaminación que estamos subliñando.
Os obxectivos medio ambientais que se relatan no artigo 92 bis desta Real Decreto din que:
“1. Para conseguir una adecuada protección de las aguas, se deberán alcanzar los siguientes
objetivos medioambientales:
a. Para las aguas superficiales:
a'. Prevenir el deterioro del estado de las masas de agua superficiales.
b'. Proteger, mejorar y regenerar todas las masas de agua superficial con el objeto de
alcanzar un buen estado de las mismas.
c'. Reducir progresivamente la contaminación procedente de sustancias prioritarias y
eliminar o suprimir gradualmente los vertidos, las emisiones y las pérdidas de sustancias
peligrosas prioritarias.
b. Para las aguas subterráneas:
a'. Evitar o limitar la entrada de contaminantes en las aguas subterráneas y evitar el deterioro
del estado de todas las masas de agua subterránea.
b'. Proteger, mejorar y regenerar las masas de agua subterránea y garantizar el equilibrio entre
la extracción y la recarga a fin de conseguir el buen estado de las aguas subterráneas.
c'. Invertir las tendencias significativas y sostenidas en el aumento de la concentración de
cualquier contaminante derivada de la actividad humana con el fin de reducir progresivamente
la contaminación de las aguas subterráneas.
c. Para las zonas protegidas:
Cumplir las exigencias de las normas de protección que resulten aplicables en una zona y
alcanzar los objetivos ambientales particulares que en ellas se determinen.
d. Para las masas de agua artificiales y masas de agua muy modificadas:
Proteger y mejorar las masas de agua artificiales y muy modificadas para lograr un buen
potencial ecológico y un buen estado químico de las aguas superficiales.
2. Los programas de medidas especificados en los planes hidrológicos deberán concretar las
actuaciones y las previsiones necesarias para alcanzar los objetivos medioambientales
indicados.
3. Cuando existan masas de agua muy afectadas por la actividad humana o sus condiciones
naturales hagan inviable la consecución de los objetivos señalados o exijan un coste
desproporcionado se señalarán objetivos ambientales menos rigurosos en las condiciones que
se establezcan en cada caso mediante los planes hidrológicos.”
Ó que debemos engadir, en canto á contaminación, o artigo 93 desta lei, onde se explica o
concepto contaminación:
“Se entiende por contaminación, a los efectos de esta Ley, la acción y el efecto de introducir
materias o formas de energía, o inducir condiciones en el agua que, de modo directo o
indirecto impliquen una alteración perjudicial de su calidad en relación con los usos
posteriores, con la salud humana, o con los ecosistemas acuáticos o terrestres directamente
asociados a los acuáticos; causen daños a los bienes; y deterioren o dificulten el disfrute y los
usos del medio ambiente.
El concepto de degradación del dominio público hidráulico a efectos de esta Ley, incluye las
alteraciones perjudiciales del entorno afecto a dicho dominio.”
É dicir, a efectos desta lei, o aproveitamento hidroeléctrico da presa de Frieira deberá ser
tomado como unha contaminación constante ó río Miño xa que se inducen condicións na
auga que implican unha alteración, demostrada, dos ecosistemas acuáticos, e dos terrestres
asociados a este, deteriorando e dificultando, ademais, o disfrute e usos do medio ambiente.
Consecuentemente non se están alcanzando os obxectivos medio ambientais relatados no
artigo 92 bis desta lei.
É necesario subliñar que o Tribunal Supremo dos EE.UU. sentenciou, o 15 de maio de 2006,
que as soltas de auga turbinada polas centrais hidroeléctricas supuñan un vertido de acordo
coa Clean Water Act, dada a perda de calidade nos ríos afectados.
Hai que salientar neste punto que a única central que funciona de xeito habitual no encoro
de aproveitamento eléctrico de Frieira é a que turbina o seu caudal ecolóxico, polo que
podemos considerar que Gas Natural Fenosa está realizando un vertido constante ás augas
do río Miño, xa que o caudal mínimo en condicións normais queda restrinxido á acción da
turbina. Este vertido e ilegalidade constante que se produciu trala concesión de turbinar o
caudal ecolóxico é básico para entender que este delito non está prescrito, en canto ó
Código Penal do que falaremos a continuación, para refrendar a idea de non prescripción de
delito medioambiental pola empresa (5 anos para os delitos contra o medio ambiente,
segundo os prazos fixados no artigo 131 do Código Penal na súa redacción anterior a LO
5/2010 de modificación do Código Penal).
Esta circunstancia determina, ademais, unha alta mortandade piscícola (practicamente total)
ó ser sometidas a unha presión incompatible coa vida (morte por embolia gasosa), nos
descensos practicados por estas especies migradoras que pasan inexorablemente polas
turbinas do encoro, das que xa falamos, ó tratar de completar o seu ciclo vital, por moito que
a concesionaria diga que a mortandade é reducida dado que se empregan unha turbina tipo
Kaplan, xa que a determinación para estas porcentaxes de “supervivencia” con estas
turbinas faise a partir de estudos ad hoc e en condicións ideais, que nada teñen que ver coas
condicións reais que se dan neste encoro como ben saben os axentes de Conservación da
Natureza.
Consideramos, por todo isto, un exercicio de hipocresía supoñer a existencia de caudal
ecolóxico no río Miño cando este ven dado pola solta de auga turbinada. Consideramos,
asemade, ilegais as obras, autorización e funcionamento desta central que turbina o caudal
ecolóxico do río enlazando ademais esta denuncia do caudal ecolóxico co libre movemento
de especies piscícolas abordado no punto anterior coas obras feitas nesta nova central para -
supostamente claro xa que as evidencias indican de xeito claro que isto non é así- o seu libre
movemento e co mantemento de todo o ecosistema asociado.
Queremos subliñar tamén o agravio comparativo que se produce sempre que a
administración ten que decidir entre medioambiente e concesionaria, como se extrae do
punto primeiro destes antecedentes de feito dos que estamos a falar:
Primeiro.- O 26 de xuño de 2000, a empresa titular da concesión, e como consecuencia das
competencias en materia ambiental da Xunta de Galicia, que no uso das súas atribucións ven
esixindo que se evacúe pola presa de Frieira ata un caudal de 80 m3/s como mantemento dos
mínimos necesarios para a conservación das especies piscícolas augas abaixo, presentou na
Confederación Hidrográfica do Norte a modificación das características do aproveitamento
hidroeléctrico de Frieira, para así satisfacer as demandas da Xunta de Galicia e aproveitar o
devandito caudal.
Como é posible que se leve esixindo tantos anos esta evacuación de caudal, para a
conservación das especies piscícolas augas abaixo –lembremos que este tramo augas abaixo
é o tramo internacional do río Miño, compartido con Portugal-, e para que isto sexa así a
administración concédelle a concesionaria o aproveitamento de dito caudal? Porque non se
obriga simplemente a Gas Natural Fenosa a cumprir o que debe, sen obter por elo nada a
cambio? É compatible este aproveitamento, que turbina todo o caudal ecolóxico esixido, co
que se pretende nun principio (a conservación das especies piscícolas, enténdese), dado que
a lei non o permite, precisamente por ser incompatible coa vida do río?
Hai que salientar tamén que existe unha clara inobservancia á Lei 1/1995, de 2 de enero, de
Protección Ambiental de Galicia, e en especial o seu Título IV, dado que en ningún momento
de todo este proceso -o que incluímos hoxe en día tamén- parece haber unha clara inspección
e vixilancia por parte da administración, actuando en conivencia coa concesionaria saltándose,
entre outras cousas, o artigo 33 desta Lei e cometendo unha infracción por elo, xa que parece
que se ocultan datos nos procedementos de obtencións de licencias e autorizacións, dado que
en ningún momento se fai referencia de forma explícita a que a lei impide este
aproveitamento hidráulico dos caudais ecolóxicos.
Queremos engadir, neste punto, que, segundo se nos explicou na xa mencionada reunión co
Servizo de Conservación da Natureza, existe a pretensión -senón se está a facer xa- de
aproveitar o caudal ecolóxico da presa de Velle, facendo unha desfeita semellante nesta
zona do río. Poñemos así pois en aviso á Fiscalía, para que tome as medidas que considere
oportunas para deter tal actuación, debido a que a administración semella un títere das
decisións de Gas Natural Fenosa.
Tendo en conta que a administración concedeu estas licenzas, solicitamos se teña en conta o
Código Penal, aprobado mediante Lei Orgánica 10/1995, de 23 de novembro, onde no seu
artigo 320 se expresa que:
“Artículo 320.
1. La autoridad o funcionario público que, a sabiendas de su injusticia, haya informado
favorablemente instrumentos de planeamiento, proyectos de urbanización, parcelación,
reparcelación, construcción o edificación o la concesión de licencias contrarias a las normas de
ordenación territorial o urbanística vigentes, o que con motivo de inspecciones haya silenciado
la infracción de dichas normas o que haya omitido la realización de inspecciones de carácter
obligatorio será castigado con la pena establecida en el artículo 404 de este Código y, además,
con la de prisión de un año y seis meses a cuatro años y la de multa de doce a veinticuatro
meses.
2. Con las mismas penas se castigará a la autoridad o funcionario público que por sí mismo o
como miembro de un organismo colegiado haya resuelto o votado a favor de la aprobación de
los instrumentos de planeamiento, los proyectos de urbanización, parcelación, reparcelación,
construcción o edificación o la concesión de las licencias a que se refiere el apartado anterior, a
sabiendas de su injusticia.”
Queda claro pois a inxustiza desta actuación, inxustiza que se converte nun delito o sabelo e
permitilo a administración, como nos deixaron claro na reunión mantida co Servizo de
Conservación da Natureza, onde nos expresaron o seu malestar dicindo: e que imos facer? Ou
lle deixamos aproveitar este caudal ou non soltan auga. Demostrando así que esta
concesionaria ten dereito de pernada sobre o río Miño.
Así mesmo solicitamos se teña en conta o artigo 319 deste mesmo Código penal:
“Artículo 319.
1. Se impondrán las penas de prisión de un año y seis meses a cuatro años, multa de doce a
veinticuatro meses, salvo que el beneficio obtenido por el delito fuese superior a la cantidad
resultante en cuyo caso la multa será del tanto al triplo del montante de dicho beneficio, e
inhabilitación especial para profesión u oficio por tiempo de uno a cuatro años, a los
promotores, constructores o técnicos directores que lleven a cabo obras de urbanización,
construcción o edificación no autorizables en suelos destinados a viales, zonas verdes, bienes
de dominio público o lugares que tengan legal o administrativamente reconocido su valor
paisajístico, ecológico, artístico, histórico o cultural, o por los mismos motivos hayan sido
considerados de especial protección.
2. Se impondrá la pena de prisión de uno a tres años, multa de doce a veinticuatro meses, salvo
que el beneficio obtenido por el delito fuese superior a la cantidad resultante en cuyo caso la
multa será del tanto al triplo del montante de dicho beneficio, e inhabilitación especial para
profesión u oficio por tiempo de uno a cuatro años, a los promotores, constructores o técnicos
directores que lleven a cabo obras de urbanización, construcción o edificación no autorizables
en el suelo no urbanizable.
3. En cualquier caso, los jueces o tribunales, motivadamente, podrán ordenar, a cargo del autor
del hecho, la demolición de la obra y la reposición a su estado originario de la realidad física
alterada, sin perjuicio de las indemnizaciones debidas a terceros de buena fe. En todo caso se
dispondrá el comiso de las ganancias provenientes del delito cualesquiera que sean las
transformaciones que hubieren podido experimentar.
4. En los supuestos previstos en este artículo, cuando fuere responsable una persona jurídica de
acuerdo con lo establecido en el artículo 31 bis de este Código se le impondrá la pena de multa
de uno a tres años, salvo que el beneficio obtenido por el delito fuese superior a la cantidad
resultante en cuyo caso la multa será del doble al cuádruple del montante de dicho beneficio.
Atendidas las reglas establecidas en el artículo 66 bis, los jueces y tribunales podrán asimismo
imponer las penas recogidas en las letras b) a g) del apartado 7 del artículo 33.”
Queremos tamén facer mención a un posible delito contra os recursos naturais e o medio
ambiente, atendendo a tódolos feitos relatados neste escrito, vulnerando con elo figuras de
protección sobre flora e fauna debido á captación abusiva de auga nesta concesión e a
obstaculización das migracións reprodutivas de especies protexidas:
“Artículo 325.
Será castigado con las penas de prisión de dos a cinco años, multa de ocho a veinticuatro
meses e inhabilitación especial para profesión u oficio por tiempo de uno a tres años el que,
contraviniendo las Leyes u otras disposiciones de carácter general protectoras del medio
ambiente, provoque o realice directa o indirectamente emisiones, vertidos, radiaciones,
extracciones o excavaciones, aterramientos, ruidos, vibraciones, inyecciones o depósitos, en la
atmósfera, el suelo, el subsuelo o las aguas terrestres, subterráneas o marítimas, incluido el
alta mar, con incidencia incluso en los espacios transfronterizos, así como las captaciones de
aguas que puedan perjudicar gravemente el equilibrio de los sistemas naturales. Si el riesgo de
grave perjuicio fuese para la salud de las personas, la pena de prisión se impondrá en su mitad
superior.”
Do mesmo xeito solicitamos que se depuren a nivel penal as responsabilidades das
autoridades ou funcionarios públicos que informaron favorablemente sobre as licencias e
permisos dados para esta explotación e a turbinación do referido caudal ecolóxico e á indución
de efectos contaminantes nas augas:
“Artículo 329.
1. La autoridad o funcionario público que, a sabiendas, hubiere informado favorablemente la
concesión de licencias manifiestamente ilegales que autoricen el funcionamiento de las
industrias o actividades contaminantes a que se refieren los artículos anteriores, o que con
motivo de sus inspecciones hubiere silenciado la infracción de Leyes o disposiciones normativas
de carácter general que las regulen, o que hubiere omitido la realización de inspecciones de
carácter obligatorio, será castigado con la pena establecida en el artículo 404 de este Código y,
además, con la de prisión de seis meses a tres años y la de multa de ocho a veinticuatro meses.
2. Con las mismas penas se castigará a la autoridad o funcionario público que por sí mismo o
como miembro de un organismo colegiado hubiese resuelto o votado a favor de su concesión a
sabiendas de su injusticia.”
Por todo elo solicitamos se faga unha revisión exhaustiva do título XVI do Código Penal
relativo ós “DELITOS RELATIVOS A LA ORDENACIÓN DEL TERRITORIO Y EL URBANISMO, LA
PROTECCIÓN DEL PATRIMONIO HISTÓRICO Y EL MEDIO AMBIENTE” e se aplique, de selo
caso, as sancións pertinentes. Solicitamos así mesmo que se preste atención ó artigo 339 deste
Código para a restauración do equilibrio ecolóxico perturbado a cargo do autor do feito, sexa
este autor do feito a administración ou a empresa que finalmente explotou a concesión, dado
que esa é a nosa máxima petición: a restauración das cousas o seu estado primitivo dado que,
como se ven demostrando, esta central hidroeléctrica é incompatible coa conservación do
ecosistema fluvial, non só desta zona, senón de todo o río Miño.
Tamén solicitamos unha revisión, para este caso, da Directiva 2004/35/CE del Parlamento
Europeo y del Consejo, de 21 de abril de 2004, sobre responsabilidad medioambiental en
relación con la prevención y reparación de daños medioambientales -que cremos se está a
aplicar de xeito deficiente, veremos o que di Europa disto o 30 de abril de 2013 cando se
presenten os informes tal como dictamina esta Directiva-, e o seu principio de
responsabilidade, prevención e recuperación de danos, tendo en conta tamén o principio de
“quen contamina paga”, e o artigo 9 da Directiva Marco da Auga, tendo en conta os efectos
sociais, medioambientais e económicos da recuperación das zonas afectadas.
5.- Disposicións finais
- Tanto as administracións galega como española, conxuntamente coa empresa Gas Natural
Fenosa, son culpables dunha desfeita que inda se pode recuperar con accións contundentes
encamiñadas a salvagardar un patrimonio natural, propiedade dos galegos e galegas, e non só
dunha empresa que parece querer esterilizar o río Miño, quitándolle a cidadanía galega un ben
que, cando desapareza, será imposible de restituír.
A Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad, establece
no seu preámbulo que:
“la ley establece que las Administraciones competentes garantizarán que la gestión de los
recursos naturales se produzca con los mayores beneficios para las generaciones actuales, sin
merma de su potencialidad para satisfacer las necesidades y aspiraciones de las generaciones
futuras, velando por el mantenimiento y conservación del patrimonio, la biodiversidad y los
recursos naturales existentes en todo el territorio nacional, con independencia de su titularidad
o régimen jurídico, atendiendo a su ordenado aprovechamiento y a la restauración de sus
recursos renovables.
Los principios que inspiran esta Ley se centran, desde la perspectiva de la consideración del
propio patrimonio natural, en el mantenimiento de los procesos ecológicos esenciales y de los
sistemas vitales básicos, en la preservación de la diversidad biológica, genética, de poblaciones
y de especies, y en la preservación de la variedad, singularidad y belleza de los ecosistemas
naturales, de la diversidad geológica y del paisaje.”
A única explicación intelixible á falta de coherencia disto coa labor feita polas administracións
ó longo dos anos é declarar a estas de incompetentes. A proliferación de embalses por toda a
conca do Miño está conducindo, como queda patente en todo este escrito, á desertización
biolóxica do río. Un río emblemático do noso país e posesor, até finais dos anos 60, dun dos
ecosistemas fluviais máis ricos de Europa. Tanto en cantidade como en biodiversidade a súa
abundancia era tal que na súas beiras floreceron pobos enteiros cunha gran dependencia
económica da pesca. Pero coa chegada dos embalses empezouse a notar unha importante
merma nesta biodiversidade, dado que a totalidade da fauna fluvial, citada en todo este
escrito, estaba constituída por especies migratorias que viron interrompido o seu ciclo
ascendente polos inmensos parámetros da presa e, a súa baixada, unha condena a mans das
palas das turbinas –pese ó que poidan dicir os informes de enxeñeiros pagados polas
compañías, que aseguran a baixa mortaldade de peixes ó paso polas turbinas, feito este non
comprobado in situ no encoro de Frieira e por profesionais independentes, senón feito a partir
de estudos simulados-, e das diferenzas de presión entre a cabeceira da presa e a súa parte
baixa, o que provoca a morte de peixes por embolia gaseosa.
Se a biodiversidade que nos proporcionan os ecosistemas consegue manterse, a poboación
galega podería ter nela un froito pro seu propio beneficio e unha soberanía e seguridade
alimentarias que son a base de calquera sociedade desenrolada, por diante dos beneficios
propios dunha entidade privada.
Como queda recollido no artigo 4 da Lei 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural
y la Biodiversidad:
“1. El patrimonio natural y la biodiversidad desempeñan una función social relevante por su
estrecha vinculación con el desarrollo, la salud y el bienestar de las personas y por su
aportación al desarrollo social y económico.
2. Las actividades encaminadas a la consecución de los fines de esta Ley podrán ser declaradas
de utilidad pública o interés social, a todos los efectos y en particular a los expropiatorios,
respecto de los bienes o derechos que pudieran resultar afectados.”
A utilidade pública e o interese social na recuperación das especies migradoras do río Miño, así
como os beneficios económicos e medio ambientais derivados destas, fannos recalcar na
necesidade de expropiación e posterior derrube do encoro de Frieira.
- Como se recolle no preámbulo da Lei 5/2006, de 30 de Xuño, para a protección,
conservación e mellora dos ríos galegos:
“Los ríos gallegos se caracterizan por una elevada biodiversidad dentro de su contexto ibérico y
europeo. Su gran biodiversidad y porcentaje de endemismos les otorgan un valor excepcional
en la actual situación mundial de crisis ecológica. En los ríos gallegos viven cerca de
cuatrocientas especies endémicas de invertebrados, y en ellos se descubrieron cerca de ochenta
nuevas especies para la ciencia.
Pero los ríos hoy se encuentran en peligro. La alteración física, debida sobre todo a las presas
hidroeléctricas, la pérdida y degradación de los hábitats, la invasión de las zonas de inundación
por todo tipo de construcciones, la sobreexplotación, la contaminación y la introducción de
especies no nativas son los factores que más contribuyen a la disminución de su biodiversidad.
Los mencionados recursos socioculturales corren la misma suerte que los ríos.
Las presas hidroeléctricas hacen que más del 70% de nuestros cauces fluviales sean
inaccesibles a las especies migratorias.
Las infraestructuras hidroeléctricas son responsables de las principales afecciones a los ríos
gallegos. Galicia, con tan sólo el 5% del territorio y el 7% de la población, genera el 25% de
toda la electricidad de origen hídrica del Estado español. El 34% de la electricidad generada en
Galicia va fuera del país, se exporta, con unas pérdidas en el transporte que superan hoy toda
la producción eólica en Galicia. Esta sobreproducción no redundó en un mejor abastecimiento a
los pueblos y comarcas gallegas.”
Parece claro pois que o mantemento de presas hidroeléctricas que, como a de Frieira que nos
ocupa, inda por riba non cumpren coa abundante lexislación na materia, son un escollo
insalvable para a protección dos ríos galegos e por ende da súa riqueza.
Así mesmo queremos salientar, como queda patente no preámbulo desta lei, que a poboación
galega non sufriría ningún tipo de desabastecemento enerxético no caso de que se considerase
a caducidade da concesión e a restitución do medio afectado.
Queremos reforzar esta idea xa que esta é unha das razóns que sempre se antepoñen para
salvagardar estas paleolíticas estruturas. Como pode lerse no Anexo VI, na que a concesionaria
minte sen remilgos dicindo que este salto de Frieira é “necesario para el servicio eléctrico
nacional y especialmente para la calidad del servicio de la zona próxima de Pontevedra, Vigo,
Porriño, etc.”. Como pode lerse na lei anterior máis dun terzo da enerxía eléctrica producida en
Galiza é exportada e, como pode desprenderse dos datos extraídos de Red Eléctrica Española
(REE), unha das actuacións máis significativas do ano 2011 foi a “conexión de la zona
noroccidental con la meseta, para facilitar la evacuación de la generación eólica de Galicia y la
mejora de la conexión con Asturias.”, é dicir, a conexión eléctrica co resto do Estado español
esta garantida e reforzase a idea de que o país galego é un exportador neto de enerxía
eléctrica, sen que isto redundase nun maior beneficio para o pobo galego.
Ademais disto hai que puntualizar que Galiza é o maior exportador de enerxía eléctrica cara o
veciño Portugal. Tendo en conta a proximidade desta instalación da que estamos a falar con
Portugal, de onde sairá esta enerxía eléctrica exportada cara o país veciño?. O seguinte mapa,
tirado da web de REE, deixa patente de onde sae parte desta enerxía que exportamos cara
Portugal: Cartelle, veciña da presa de Frieira, de onde sae a liña de conexión a través do
corredor do Norte do Miño que envía enerxía cara a Portugal en corrente continua, un dos
principais eixos de interconexión entre España e Portugal. Deste xeito queda patente outra das
tantas mentiras de Gas Natural Fenosa.
- A recuperación da fauna piscícola, gravemente danada pola construción de grandes
embalses, é hoxe en día un feito palpable e demostrable a todas luces e debe ser obxectivo
fundamental de políticas comúns e de defensa coa elaboración de sentencias e proxectos
encamiñados á recuperación de dita fauna piscícola.
No anexo VI podemos ver tamén a zona do río que se recuperaría para a vida piscícola “el
plano de la cuenca afectada del río Miño y sus afluentes aguas arribas de Frieira (70% de la
cuenca fluvial del río en la provincia de Ourense)”. E isto non o dicimos nós, senón que é un
mapa e unhas afirmacións que proveñen da propia concesionaria tras o fracasado proxecto
“Recuperación Internacional del Miño. Proyecto Life 99 ENV/E/000347” do que xa falamos
anteriormente. E se lle damos a volta a tortilla, deberemos dicir que hoxe en día o 70% da
conca fluvial do río, e os seus afluentes augas arriba na provincia de Ourense, está impedido
para a vida piscícola por mor desta presa. Non semella demasiado?.
Ó non facelo a administración galega está a saltarse a súa propia Lei de Conservación da
Natureza (Lei 9/2001, de 21 de agosto), nos artigos 1,2 e 3, obviando a protección,
conservación, restauración e mellora da natureza, así como os principios de subsidiariedad,
prevención, internalización de custos e desenrolo sostible, esquecéndose tamén do deber de
todos de manter os recursos naturais:
“Artículo 1. Objeto.
La presente Ley tiene por objeto establecer normas encaminadas a la protección, conservación,
restauración y mejora de los recursos naturales y a la adecuada gestión de los espacios
naturales y de la flora y fauna silvestres, además de la gea de la Comunidad Autónoma
Gallega, a la difusión de sus valores, así como a su preservación para las generaciones futuras.
Artículo 2. Principios inspiradores.
La presente Ley se inspira en los siguientes principios:
a. La conservación de la biodiversidad a través del mantenimiento de los procesos
ecológicos esenciales, garantizando la conexión de las poblaciones de fauna y flora
silvestres y preservando la diversidad genética.
b. La subsidiariedad y el fomento de la participación pública, a través de la cooperación y
colaboración activa de los sectores sociales y económicos implicados, asumiendo una
responsabilidad compartida en la conservación.
c. La prevención y planificación para impedir el deterioro ambiental. Las políticas
sectoriales integrarán las consideraciones medioambientales en su planificación y
pondrán en marcha los mecanismos necesarios para evitar los daños al medio
ambiente.
d. La internalización de los costes medioambientales, teniendo en cuenta, en su sentido
amplio, el principio de quien contamina paga. Las medidas compensatorias o
actuaciones correctoras deberán ser asumidas y programadas como un elemento más
del proceso productivo.
e. El desarrollo sostenible, favoreciendo los usos y aprovechamientos respetuosos con el
medio. Este uso ha de ser compatible con el mantenimiento de los ecosistemas y no
reducir la viabilidad de los otros recursos a que se estuviera asociado, ni mermar las
posibilidades de disfrute de los mismos a las generaciones venideras. Se procurará la
puesta en valor de los componentes de la biodiversidad, a veces difícilmente
traducibles a valores de mercado, y se tratará de que los beneficios generados por el
uso de los recursos reviertan en favor de los agentes implicados.
Artículo 3. Deberes de conservación.
1. Todos tienen el deber de respetar y conservar los espacios naturales y la obligación de
reparar el daño que causen.
2. Todas las administraciones, en el ámbito de sus competencias, asegurarán el
mantenimiento, protección, preservación y restauración de los recursos naturales, con
independencia de su titularidad o régimen jurídico, garantizando que la gestión de los mismos
se produzca sin merma de su potencialidad y compatibilidad con los fines de su conservación.”
Sáltase tamén o artigo 44 da mesma lei, relativo á flora e á fauna, ó non adoptar as medidas
necesarias para garantir a conservación, protección e recuperación das especies,
especialmente das endémicas e migratorias, como é o caso que nos ocupa:
“Artículo 44. Principios generales.
1. En sus actuaciones, la Junta de Galicia adoptará las medidas necesarias para garantizar la
conservación, protección y recuperación de las especies de flora y fauna que viven en estado
silvestre en Galicia, con especial atención a las autóctonas.
2. Se otorgará preferencia a las medidas de conservación de las especies en sus hábitats
naturales, considerando cuando fuera necesario la adopción de medidas adicionales de
conservación fuera de dichos hábitats.
3. Se adoptarán las medidas precisas para regular la introducción y proliferación incontrolada
en el medio natural de especies distintas a las autóctonas, en especial cuando puedan competir
con éstas y alterar su pureza genética o los equilibrios y dinámica ecológicos.
4. Se dará prioridad, en las actuaciones y planes de conservación, a las especies endémicas y a
aquellas otras cuya área de distribución sea muy limitada o su población muy escasa, así como
a las migratorias.”
6.-Caducidade da concesión
-O Real Decreto Lexislativo 1/2001, de 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da
Lei de Augas, expresa que:
“Artículo 66. Caducidad de las concesiones.
1. Las concesiones podrán declararse caducadas por incumplimiento de cualquiera de
condiciones esenciales o plazos en ella previstos.
2. Asimismo el derecho al uso privativo de las aguas, cualquiera que sea el título de su
adquisición, podrá declararse caducado por la interrupción permanente de la explotación
durante tres años consecutivos siempre que aquélla sea imputable al titular.”
Unha das condicións esenciais é un sistema eficaz de franqueo para as especies piscícolas,
como queda recollido nas anteriores leis citadas, e que non é levado a cabo pola
concesionaria, como queda patente en toda esta denuncia.
Outra das condicións esenciais sería o aproveitamento do caudal ecolóxico, algo
demostradamente contrario á lei, que se está incumprindo na central hidroeléctrica citada.
Por outra parte este incumprimento da empresa concesionaria da explotación do
aproveitamento hidrolóxico entre as cotas 109.423 e 35.207 m.s.n.m., debería ser tido en
conta á hora da concesión de novas licencias e modificacións xa que queda patente a falta de
concienciación e respecto cara ó Medio Natural por parte da concesionaria.
-O artigo 161 do Reglamento del Dominio Público Hidráulico é claro:
“1. Las concesiones podrán declararse caducadas por incumplimiento de cualquiera de las
condiciones esenciales o plazos en ellas previstos.
2. Asimismo, el derecho al uso privativo de las aguas, cualquiera que sea el título de su
adquisición, podrá declararse caducado por la interrupción permanente de la explotación
durante tres años consecutivos siempre que aquélla sea imputable al titular. (Artículo 66 del
Texto Refundido).
3. Cualquiera que sea la causa de la extinción del derecho, la misma se ajustará a lo indicado
en el artículo siguiente.”
É dicir que, respecto a esta lei e as escalas para peixes e caudal ecolóxico, a concesión
podería considerarse caduca. Hai que salientar que esta petición do expediente de extinción
debe ser por instancia de parte, tal e como queda recollido no artigo 163 desta lei, dado que o
Organismo de Conca e as diferentes Administracións parecen mirar para outro lado neste caso,
non actuando de oficio, inda que si son conscientes destas irregularidades permitidas por eles
mesmos.
-O artigo 90 da Ley 9/2010, de 4 de noviembre, de aguas de Galicia, di que:
“Reparación del daño causado y reposición de las cosas a su estado primitivo.
1. Con independencia de las sanciones que se impongan, podrá exigirse a las personas
infractoras la reparación de los daños y perjuicios ocasionados al dominio público, así como la
reposición de las cosas a su estado anterior, y cuando ello no sea posible se fijarán las
indemnizaciones que procedan.
2. La exigencia de reponer las cosas a su estado primitivo obligará a la persona infractora a
destruir o demoler toda clase de instalaciones u obras ilegales y a ejecutar cuantos trabajos
sean precisos para tal fin, de acuerdo con los planos, forma y condiciones que fije el órgano
competente.
3. En aquellos supuestos en que se aprecie fuerza mayor o caso fortuito y no exista una
infracción administrativa, pero en los que se produzca un daño al dominio público o a sus zonas
de servidumbre y policía a causa del depósito o vertido de objetos, materiales o sustancias de
cualquier clase, la persona causante del daño tendrá la obligación de reponer las cosas a su
estado primitivo, lo que se concretará en la retirada del objeto, material o sustancia, así como
en la reposición del medio natural afectado. Esta obligación de reponer en ningún caso tendrá
la consideración de sanción.
4. La reparación del daño podrá tramitarse en un procedimiento administrativo distinto del
sancionador.
5. Si la persona infractora o causante del daño no ejecuta las acciones necesarias para reparar
el daño causado, se procederá a la ejecución subsidiaria, previo apercibimiento a la persona
infractora y establecimiento de un plazo para la ejecución voluntaria. No será necesario el
apercibimiento previo cuando de la persistencia de la situación pudiera derivarse un peligro
inminente para la salud humana o el medio ambiente.
6. La obligación de reponer las cosas a su estado primitivo o de reparar los daños causados al
dominio público prescribirá en un plazo de quince años.”
A reposición pois das cousas ó seu estado primitivo só podería ser levado a cabo pola
demolición do encoro. O carácter prescriptivo deste tipo de sanción nunca podería ser tido
en conta, dado que a concesionaria da explotación nunca deixou de delinquir, saltándose leis
pasadas, presentes e, se ninguén o impide, futuras tamén, condenando a tódalas especies
migradoras do río Miño a súa desaparición, xa que estamos ante delitos de efectos
permanentes e de contaminación continua, xa que a situación antixurídica perdura, máis alá
do momento da consumación, durante todo o tempo que persista o risco de grave dano para
o medio ambiente. Un ataque á biodiversidade imposible de cuantificar en termos
económicos e medioambientais, pero que sen dúbida xa está supoñendo a morte de todo un
ecosistema grazas á permisividade das diferentes administracións e os intereses privados
dunha empresa, Gas Natural-Fenosa, sorteando a legalidade para espoliar o dominio público
hidráulico.
- Segundo o artigo 40 da Lei 7/1992 de Pesca fluvial, de 24 de xullo, no seu capítulo III onde se
fala do procedemento sancionador:
“Artículo 40. Procedimiento sancionador.
1. El procedimiento sancionador se ajustará a la Ley de Procedimiento Administrativo, con las
especialidades contempladas en la presente Ley.
2. La iniciación e instrucción de los expedientes sancionadores corresponde a las delegaciones
provinciales de la Consejería de Agricultura, Ganadería y Montes.
3. La resolución de los citados expedientes corresponderá:
a. En el supuesto de infracciones leves y menos graves, al delegado provincial de la
Consellería de Agricultura, Ganadería y Montes.
b. En el supuesto de infracciones graves, al Director general de Montes y Medio Ambiente
Natural.
c. En el supuesto de infracciones muy graves, al Conselleiro de Agricultura, Ganadería y
Montes.
4. La resolución de estos expedientes, además de la sanción que en su caso proceda, llevará
aparejadas las medidas que se fijen para minorar o solventar sus efectos negativos.
5. Cuando las acciones u omisiones objeto de la infracción puedan ser constitutivas de delitos o
faltas, el órgano competente dará traslado de los hechos a la autoridad judicial.
En este caso, si se hubiese incoado expediente administrativo, éste quedará en suspenso en
tanto no recaiga resolución judicial y la misma adquiera firmeza.
Si la autoridad judicial correspondiente resolviese que las acciones u omisiones no constituyen
delito o falta, se alzará la suspensión del expediente administrativo, continuándose el
procedimiento hasta su resolución.
La tramitación de las diligencias judiciales interrumpirá la prescripción de las infracciones,
acciones y responsabilidades.”
Dado o carácter de reincidencia que tivo a concesionaria, actualmente Gas Natural-Fenosa,
conxuntamente co exterminio biolóxico perpetrado por esta empresa a través dunha
concesión, consideramos que o único xeito capaz de solventar os efectos negativos que a
instalación deste encoro tivo pro Miño só se conseguirán a través do seu derrube.
- Os dous primeiros puntos do artigo 45 da Constitución española recoñece o dereito de todos
a gozar dun medio ambiente axeitado ó desenrolo da persoa, así como o seu deber de
conservalo e a obriga dos poderes públicos de velar pola utilización racional dos recursos
naturais para promover e mellorar a calidade de vida e defender e restaurar o medio ambiente
apoiándose na solidariedade colectiva.
O mesmo artigo 45 da Constitución remata, no seu punto terceiro e último, dicindo que:
“3. Para quienes violen lo dispuesto en el apartado anterior, en los términos que la Ley fije se
establecerán sanciones penales o, en su caso, administrativas, así como la obligación de
reparar el daño causado.”
Como xa dixemos esta concesión data da época de Franco, pero non por iso cremos que se
poida saltar a Constitución española. Por todo isto cremos que se poden observar principios
de inconstitucionalidade na aplicación da norma.
Ademais disto cremos que se debe abordar dunha vez a cuestión do prazo preconstitucional
dado a esta concesión, outorgada por 75 anos na ditadura franquista e polo que solicitamos
o amparo da Fiscalía. Noutro caso sería concederlle un novo dereito de pernada a unha
concesión que data da época franquista e que se perpetúa na actualidade.
A reparación do dano causado só se poderá lograr a través da incoación do expediente de
caducidade de concesión dado que esta obra, que xa cumpriu con creces o fin para o que nun
principio fora creada, xa chegou ó seu momento final dado que o seu impacto social,
económico e ambiental é, hoxe en día e como quedou demostrado nesta denuncia,
desproporcionado debendo de procederse a súa eliminación.
Os fundamentos de dereito que son de aplicación neste caso, aparecen recollidos ó longo do
presente escrito.
Por todo o exposto solicito que, tendo por presentado este escrito, se admita e se teña por
presentada a denuncia contra Gas Natural Fenosa (Gas Natural SDG, S.A.), Consellería de
Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Xunta de Galicia) e Confederación Hidrográfica
do Miño-Sil (Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente do Goberno do
Estado español)polos feitos descritos anteriormente.
En Ourense, a 3 de Xaneiro de 2013
Asociación Ecoloxista Coto do Frade