XUNTA DE GALICIA · Unha batea é unha plataforma de madeira que flota no mar e leva cordas...

Post on 30-Aug-2020

7 views 0 download

Transcript of XUNTA DE GALICIA · Unha batea é unha plataforma de madeira que flota no mar e leva cordas...

XUNTA DE GALICIA

Colección: A Vida no mar salgado

Idea e texto: Fina Mosquera RoelIlustracións: Ana Sánchez MorenoFotografía: Miguel Sánchez Ortiz

Edita: XUNTA DE GALICIAConsellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

D. X. de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.

ISBN: 84-453-3358-5

Depósito legal: C-1721-2002

Imprime: Gráficas Sementeira

MexillónNome científico: Mytilus galloprovincialis.

Castelán: MejillónÉuscaro:MuskulluaCatalán: MuscloInglés: MusselFrancés: Moule

Eu son un mexillón.O meu corpo é mol e está dentrodunha especie de cofre formado pordúas valvas. A cor das miñas valvas é negra violá-cea e a do meu corpo varía desde olaranxa ata o branco. Tamén teñounhas barbas ás que se lles chamabiso. Serven para fixarme nasrochas.

Este mexillón vivía nunha batea.

Vivimos pegados ás rochas, formandocomunidades na zona das mareas.O noso alimento son as pequenas partí-culas que hai na auga do mar, de xeitoespecial organismos de orixe vexetal.No corpo temos branquias que servenpara respirar, para filtra-la auga epara captura-lo alimento.

Mexillóns no seu hábitat.Cando baixa a marea, parece que están mortos.

Esperan a que suba para voltar a abri-las valvas e alimentarse.

Somos unisexuais, ou sexa, algúns de nóssomos femias e outros machos.O corpo das femias é alaranxado e o dosmachos é máis amarelo ou branco.Para reproducirnos, os machos e as femias expulsámo-las células sexuais á auga e alíprodúcese a fecundación.Dos ovos saen larvas, que nadan uns vintedías.Despois caen ó fondo e fíxanse nas rochasou en calquera obxecto que haxa no fondodo mar.

Á estrelamar sábenlle moito os mexillóns.Cos seus pés ambulacrais que rematan en pequenas

ventosas é quen de abri-las valvas e comelos.

No ano 1235 os seres humanos descu-briron que nos podían cultivar.Un mariñeiro irlandés naufragou enFrancia e plantou postes na praiacunha rede para capturar aves.Pero axiña comprobou que os postes secubrían de mexillóns e que estes erande máis calidade cós salvaxes.

En Francia, hai moitos lugares onde cultivan os mexi-llóns en postes.

En Galicia ós mexillóns cultívannos en bateas.Unha batea é unha plataforma de madeiraque flota no mar e leva cordas penduradas.Os cultivadores de mexillón conseguensemente na beiramar ou ben colocando colec-tores.Meten a semente ou “mexilla” nunhas redesmoi finas e pégana ás cordas ata que os mexi-llóns novos se suxeitan por si mesmos.Así medramos ata chegar ós 8 ou 10 centíme-tros.Logo recóllennos cun pequeno guindastre, poisas cordas cheas de mexillóns pesan moito.

Barco recollendo os mexillóns das bateas.

Non se deben consumir mexillóns de rochasen control nin aqueles que non estean debi-damente etiquetados. Os mexillóns filtramos moita auga e pode-

mos comer microorganismos e substanciasnocivas, pois ó mar, desgraciadamente,aínda chegan moitos vertidos.Tódolos mexillóns que se van comercializaren fresco pasan por unha depuradora ondefiltran auga esterilizada durante corenta eoito horas. Despois dese tempo xa se podenconsumir.

Mexillóns nunha depuradora.

Na actualidade Galicia é unha das primeiraspotencias na producción de mexillón.No mercado pódesenos atopar, ademais defrescos, conxelados e enlatados.O noso valor nutritivo é semellante en tódo-los casos.En moitas ocasións aparece na auga do mar ofenómeno chamado “mareas vermellas” enesa época prohíben a nosa comercializaciónporque podemos resultar tóxicos para oshumanos.

Están deliciosos simplemente abertos ó vapor e conlimón.

Algúns animais semellantes:

Os berberechos.

Glosario

Valva: Cada unha das pezas queforman as cunchas dalgúnsmoluscos.

Fecundación: Unión dunha célulasexual masculina e outra femini-na para orixinar un novo ser.

PolboRodaballoOurizoXureloMexillónPeixe SapoCentolaCamarónPercebe

BraisCarmeAntónAna

Percebe

Ourizo

Na rede estamos en: pescagalicia.comCONSELLERÍA DE PESCA EASUNTOS MARÍTIMOS