Vocabulario - WordPress.com · atravesan e polo mar, que as cobre en preamar e as deixa en...

Post on 17-Oct-2020

4 views 0 download

Transcript of Vocabulario - WordPress.com · atravesan e polo mar, que as cobre en preamar e as deixa en...

Vocabulario:

•Por unha banda, na fotocopia do vocabulario de termos xeográficos (páxina 3), tes unha serie de termos xerais para consultar (Xeografía, Xeomorfoloxía, litosfera…..) •En canto a termos directamente relacionados co Tema 3, debes estudar: CUNCA FLUVIAL, ESTIAXE , MARISMA, LAURISILVA, MAQUIS, VEXETACIÓN CLÍMAX, VEXETACIÓN ANTRÓPICA. •Podes estudar ditos termos polo teu libro, polas fotocopias ou por outras fontes de referencia.

CUNCA FLUVIAL OU HIDROGRÁFICA

É o territorio cuxas augas verten a un río principal e aos seus afluentes. Área aveada por un sistema fluvial.

Cunca fluvial do Ebro

ESTIAXE

Caudal mínimo que en certas épocas do ano ten as augas dun río por causa da seca.

MARISMA

Terreo baixo e pantanoso que se inunda polas augas do mar. Chairas de lama que se forman en baías baixas que se enchen cos sedimentos aprotados polos ríos que as atravesan e polo mar, que as cobre en preamar e as deixa en descuberto en baixamar.

LAURISILVA

Tipo de bosque subtropical, propio de lugares húmidos, cálidos e con leves xeadas. Localízase nas Illas Canarias.

Maquis:

Matogueira arbustiva mediterránea que pode acadar os 2 m. de altura, composto, entre outras especies, por xaras e lentiscos

VEXETACIÓN CLÍMAX:

Situación óptima dunha comunidade de vexetación e fauna, sen intervención humana, que acadou o equilibro dinámico co seu entorno e clima dominante. Formacións vexetais que acadan un estado de equilibro co medio (clima, relevo, solo). A vexetación clímax, en caso de destrucción, pode recuperarse por si mesma.

VEXETACIÓN ANTRÓPICA:

Vexetación alterada pola acción e intervención do ser humano.