Visita a santiago

Post on 20-Jul-2015

64 views 1 download

Transcript of Visita a santiago

Día Internacional dos Dereitos

da Infancia

Curso 2012-2013

Un día en SantiagoO martes día 20 de novembro fomos a Santiago. A viaxe foi longa pero valeu a pena. Primeiramente fomos a un auditorio para ver varias obras.Cando acabaron fomos a merendar Máis tarde fomos andando por Santiago ata chegar á catedral.Eu xa a vira varias veces , pero cada vez impresióname máis.Sempre que a vexo fágome unha pregunta: Cómo farían a catedral de Santiago con tan poucos avances?Despois fomos a comer e algúns mercaron uns recordos na tenda de agasallos. Cando volvíamos, choveunos un pouquiño, pero enseguida pasou.

Alba Santomé 5º curso

Un día en SantiagoO 20 de novembro fomos a Santiago, a un auditorio, polo Día dos dereitos da infancia.A min gustoume o presentador, que facíacousas moi graciosas, e tamén as outras obras.Os meus compañeiros leron un dereito e fixérono moi ben.Ao rematar, merendamos e fomos dar un paseo por Santiago. Eu saquei moitas fotos, e había edificios moi bonitos. A min encantoume Santiago.

Daniela 5º curso

Un día en SantiagoOnte, 20 de novembro, fomos a Santiago de

Compostela. Fomos á catedral , á universidade, ó teatro, á tenda,...

O que máis me gustou foi o teatro. Vimos moitas cousas, e foi o acto dos dereitos dos

nenos. Pasamos o día en Santiago e comemos alí. Saímos ás 8:30 e volvemos as 5: 30. Ese día

chovía moito, pero levamos paraugas. Había moitas fontes: unha duns leóns, e outra dunscabalos. Paseamos ata a parada do autobús. Vimos un tren cerca da catedral. Dentro da

catedral había un incenso que ulía moi forte, pero ole ben.

Pasámolo moi ben.

Elena 5º curso

Un día en SantiagoOnte, 20 de Novembro, fomos a un auditorio a Santiago polo día dos dereitos da infancia, e vimos a un pallaso que era moi gracioso.Taménescoitamos e vimos as catro estacións de Vivaldi, e vimos a nenos e nenas de outros colexiosrecitar poesías, cantar, tocar instrumentos, contar historias,...e unha montaxe cos debuxosque fixemos nós de nenos e nenas de outrospaíses.Despois fomos á catedral e entramos, e despoissacamos fotos por fora, porque por dentro non se pode,,Despois comemos cerca da catedral, e logo fomos á tenda de recordos ....e logo volvemos a Moaña.Foi un día súper divertido e súper especial.

Izaida 5º curso

Un día en Santiago

Onte día 20 de novembro, fomos a Santiago de Compostela a un auditorio a ver un acto do Día dos dereitos do neno e a nena.

Pareceume moi bonito o que escribiron os demais coles que foron . O acto foi un pouco longo, e o pallaso pareceume moi gracioso.

Na praza da Quintana comemos , despois estivemos xogando e antes de marchar mercamos recordos.

Lucas 5º curso

Un día en SantiagoEste martes fomos a Santiago de Compostela . Fomos ó auditorio

Novagaliciabanco a ver moitas actuaciónse os dereitos dos nenos e nenas.

Para ir a Santiago tiven que levantarme ás7:30 . Fomos moitos colexios de Galicia. Ao

acabar comemos algo. Logo fomos á catedral de Santiago. Sacamos moitas

fotos. Despois entramos e había poucospelegríns.

Dando saímos fomos a comer na praza da Quintana. Comín dous bocadillos.Logo funmercar unha rá que dicía: “Tu ranita de la

suerte de Santiago de Compostela”.Ao final fomos camiñando cara a estación de autobuses, e no camiño vimos á policía

retirando unha caravana.Paseino xenial.

Martín 5º curso