Un mundo de cidades i

Post on 15-Jul-2015

486 views 3 download

Transcript of Un mundo de cidades i

Un mundo de cidades I

Criterios para a definición dunha cidade

O número de habitantes- 50.000 en Xapón- 10.000 en España- 1.000 en Australia

A morfoloxía externa

A forma e disposición das vivendas e edificios, organizados ao longo de rúas, prazas e espazos públicos claramente diferenciados do rural

O traballo dos seus habitantes

Empregados no sector industrial e de servizos, fronte ás actividades do rural vinculadas co sector primario.

O equipamento urbano

Edificios propios dunha cidade que non adoitan atoparse no rural, medios de transporte, mobiliario urbano…

Hábitos e costumes

Ritmo de vida, mobilidade das persoas, maior consumo e gasto, relacións persoais…

Hai outros dous criterios (funcións urbanas e influencia das cidades) que imos ver máis detalladamente

As funcións urbanas

Tódalas cidades teñen varias funcións, aínda que ás veces, nunha cidade, hai unha función que predomina sobre as outras.

Ademais, normalmente, as cidades naceron cunha función determinada.

Función comercial

Función residencial

Función industrial

Función política - administrativa

Servizos múltiples

Función cultural

Función relixiosa

Función universitaria

Función turística

O crecemento espacial das cidades

Áreas metropolitanas Formadas por unha

cidade principal rodeada doutras máis pequenas, entre as que existen relacións económicas e sociais.

Por exemplo Madrid ou Barcelona.

Conurbacións

Grandes cidades próximas pero que ningunha destaca sobre a outra.

Por exemplo: Manchester e Birmingham

Megalópoles

Extensos territorios formados por varias cidades e áreas metropolitanas.

As megalópoles poden ter varios millóns de habitantes. Por exemplo Toquio-Yokohama con máis de 32 millóns.

Periurbanización e rururbanización.

As cidades, ó ir medrando cara á periferia, van ocupando terreo que ata fai pouco tempo aínda era rural e agora ve como chegan os servizos urbanos.