Transicion demográfica

Post on 19-Jul-2015

1.213 views 2 download

Transcript of Transicion demográfica

Teoría da transición demográficaO crecemento da

poboación mundial depende da natalidade e a mortalidade.

Segundo a teoría da transición demográfica este crecemento pasou por tres etapas:- Unha etapa de crecemento lento chamada réxime demográfico antigo.- Unha etapa de transición con crecemento rápido.- Unha etapa de crecemento lento chamada réxime demográfico moderno.

Os nosos protagonistas pertecen

ao réxime demografico antigo.

Viven entre a prehistoria e o

1750.

A base da economía é a

agricultura.

A poboación total do planeta é

de 500 millóns de habitantes.

Dende moi novos comezan a ter

descendencia. A natalidade é alta.

Non existen anticonceptivos

eficaces...

...os fillos de hoxe

coidarán dos pais máis

adiante...

...nunha sociedade agraria os fillos son man de obra que axudan aos pais...non coñeces o dito: “Un fillo ven cun pan

debaixo do brazo”?

Xa de pequenos toca traballar duro no campo, co gando, Xa de pequenos toca traballar duro no campo, co gando,

na mar... e sen cobrar!!na mar... e sen cobrar!!

...a relixión bendecía este comportamento e,

ademais, tíñanse moitos fillos porque moitos fillos morrían!! Para compensar!!

Este pequeno non vai chegar ao ano de vida... A mortalidade infantil (mortes antes do ano

de vida) era tan elevada que a finais da Idade Media en moitos lugares de Europa os nenos non recibían nome ata os tres ou catro anos

de idade...

A falta de hixiene e de coñecementos médicos causan

mortes. As epidemias provocan mortandades

catastróficas. Eu morrerei nuha epidemia de peste negra.

As guerras provocaban fortes mortalidades directas e indirectas. Eu salveime dunha invasión vikinga, pero morrerei de fame porque os saqueadores levaron todo o que tiñamos para pasar o inverno.

Nos tivemos moitos fillos, pero apenas a maior chegou a idade

adulta!!

Eu non soportarei a dureza do traballo e non cumplirei os 16

anos!!

Xa, xa sei... Estades a pensar que esto da Demografía Antiga é algo do pasado, da Prehistoria, o da Idade Media. Pero o certo é que segundo a teoría da transición demográfica hoxe en día hai

moitos países que ainda teñen os indicadores demográficos propios dunha nación europea do século XVII...

Por exemplo, a nosa familia pertencería ao Réxime demográfico antigo se foran...

...habitantes de África central a día de hoxe!!

EPIDEMIAS (SIDA)

FAME E MORTALIDADE INFANTIL

GUERRAS

Busca, nas taboas do libro, exemplo dun pais que a día de hoxe consideres que

represente o Réxime Demográfico Antigo.

Ha de ter, polo tanto, unhas elevadas natalidades e mortalidades.

A transición demográfica vai ter dúas fases.

A primeira comeza no 1750 nos países desenvolvidos.

O fundamento do crecemento da poboación

vai ser a persistencia dunha natalidade alta.

Os nacementos seguen a ser moitos, pero comeza a

recortarse a mortalidade. Calquera mellora supón o descenso da mortalidade.

Melloras sanitarias

Melloras na produción de alimentos (as Revolucións Agrarias) e na dieta.

Entre 1750 e 1950, nos actuais países desenvolvidos, asistiremos á transición demográfica. A natalidade continua a ter indicadores altísimos, propios da demografía antiga, pero as melloras na agricultura, na sanidade e na hixiene provocou o recorte da mortalidade. O resultado é un forte crecemento da poboación.A partir do ano 1950 a esta transición incorpóranse moitos países subdesenvolvidos, e os desenvolvidos comezan a controlar a natalidade para limitar o crecemento.

No mundo industrial aparecen anticonceptivos fiables e a xente adquire os coñecementos para controlar a natalidade. As poboacións dos países desenvolvidos envellecen, e polo tanto son menos fértiles. Nos países en vías de desenvolvemento os gobernos desenvolven políticas de control da natalidade. China instaura a política do fillo único.

No réxime demográfico moderno as taxas de natalidade son moi baixas. As veces, como acontece en

Ribadavia, son tan baixas que son superadas polas taxas de mortalidade. As poboacións son vellas e o

control da natalidade intenso.

En Ribadavia a fecundidade no 2012 daba un

indicador de un fillo/a por muller

de media.

No réxime demográfico moderno son habituais as fases nas que a mortalidade supere á natalidade,

producindo un decrecemento da poboación.

Nas poboacións envellecidas a mortalidade experimenta un repunte, mentres que nas mesmas poboacións calquera situación coxuntural – por

exemplo, unha crise económica – provoca un recorte brusco da

natalidade.

Para rematar o traballo busca exemplos dun páis que a día de hoxe este na fase de transición (cunha diferencia de polo menos

20%º entre a natalidade e a mortalidade) e un páis en rexime

demográfico moderno.