Top culleredo

Post on 01-Jul-2015

156 views 10 download

description

Traballo realizado polos alumnos do IES Cruceiro Baleares

Transcript of Top culleredo

TRABALLO REALIZADO POL@S ALUMN@S DE

1º DE BACHARELATO GRUPO A NA MATERIA DE LATÍN I

COORDINA O E.N.L.Curso 2009-2010

TOPÓNIMOS DE CULLEREDO

TRABALLO REALIZADO POL@S ALUMN@S DE 1º DE BACHARELATO GRUPO A NA MATERIA DE LATÍN ICOORDINA O E.N.L.Curso 2009-2010

FORNOSFORNOS

Significado: Lugar onde se fai o pan, ou onde se vai cocer o pan.Lugar onde se atopa un túmulo megalítico.

Étimo: De fornus-i : “forno de pan”.Fornos dos Mouros é o nome que reciben en varias zonas de Galicia os túmulos megalíticos. Este nome pode deberse á semellanza dalgúns dolmens cos antigos fornos familiares de cocer o pan ou ao parecido coas carboeiras de montaña, chamadas noutros sitios fornos ou “txondorras”. Sistema tradicional de obtención de carbón vexetal, mediante combustión interna de piras de leña cubertas de terra e céspede.

BOEDOBOEDO

Significado: Lugar no que o terreo era pantanoso ou moi cheo de auga.

Étimo: de “budetum”: terreo pantanoso ou encharcable.

O COTO GRANDEO COTO GRANDE

Significado: Referido sempre a montes e alturas.

Étimo: De orixe prerromana cott = promontorio, altura, altura rochosa.

NABEIRANABEIRA

Étimo: Parece do latín:napum = nabo.Aínda que tamén podería estar en relación co nome dunha divindade auctóctona, a deusa Navia ou Nabia. A deusa Navia, nome cuxo significado orixinal era Val, foi obxecto de adoración por parte dos habitantes do occidente peninsular nos primeiros séculos da nosa era.

Significado: Refírese a unha finca de nabos. Ou trátase dun val (en relación con Navia)

VILABOAVILABOA

Étimo: villam bonam = boa vila.

Significado: Lugar que, dadas as súas circunstancias, resulta de carácter agradable.

ACEA DA AMAACEA DA AMA

Étimo: Do árabe al saniya, “muíño fariñeiro.”Noutras linguas romances: aceña, azenha.

Significado: Pode referirse a unha acea ou muíño dunha ama ou posuidora feminina.

ALMEIRASALMEIRAS

Significado: Nalgúns documentos galegos os topónimos como "ALMEIRAS" relaciónanse co uso do "ALUME", citándose como "hominibus aluminienses".(O alume é un sulfato de aluminio e outro metal que era moi usado para curar peles).

Étimo: De alumine. óxido de aluminio, sólido, de moita dureza, que se atopa na natureza en forma pura ou formando arxilas e feldespatos, Tamén hai quen pensa que deriva de: Ulmus = olmo Alamenarius>ameneiro>ameneiral> almeiras

Significado: Nalgúns documentos galegos os topónimos como "ALMEIRAS" relaciónanse co uso do "ALUME", citándose como "hominibus aluminienses".

Lugar poboado de ameneiros, ameneiral.

O VILARO VILAR

Étimo: Do baixo latín villare= aldea pequena < villa= propiedade rural.

Significado: Pequena aldea.

FONTEMAIORFONTEMAIOR

Étimo: “fons-fontis” = fonte “maior “máis grande.

Significado: Lugar onde se atopa unha fonte de gran tamaño.

A CHOEIRAA CHOEIRAÉtimo: “claudere” > gal. choer (pechar) + “eira”

Significado:Lugar pechado. (Só se aplica aos terreos)

CURRÁSCURRÁS

Étimo: currales “construcións circulares”.

Significado: Alude a unha contrución circular de carácter agrícola ou gandeira.

O BURGOO BURGO

Étimo: Provén de burgo ou habitante dos burgos.Burgo deriva do baixo latín burgus e este, pola súa parte, do xermánico burgs, que designa unha cidade pequena e amurallada.

Significado: Na Idade Media, chamábanse burgueses os membros da clase social formada polos comerciantes, artesáns libres e persoas que non estaban sometidas aos señores feudais.

VILAVERDEVILAVERDE

Étimo: villa Viridi = finca de Viridio.

Significado: Alude á finca dun tal Viridio.

CARCABELOSCARCABELOS

Étimo: A orixe deste topónimo é moi antiga, seguramente pre-céltica (isto é, nativa) co significado de terreo cheo de pedras.

Significado: Lugar pedregoso. Pedregal.

BARRIOBARRIO

Étimo: Do árabe “barri”

Significado: Exterior das aforas.

CELAS DE PEIROCELAS DE PEIRO

Étimo: cella = celeiro, almacén, cuarto pequeno, cela.

Significado: Pequeno habitáculo natural ou artificial.

CONDUZOCONDUZO

Étimo: Do latín conductio= alquiler, arrendamento.<duco = conducir.

Significado: Conxunto de condutos dispostos para o paso dun fluído, ou lugar onde se atopan estes condutos.

LIÑARESLIÑARES

Étimo: De linum = liño (planta).

Significado: Lugar onde se cultivaba o liño.

VALIÑASVALIÑAS

Étimo: Do latín “vallis-is”

Significado: Sufixo diminutivo “pequenos vales”O río Valiñas, tamén chamado Pingüela, nace na zona de Vista Alegre na Serra de Montemaior, no Concello da Laracha. Posteriormente, transcorre polo Concello de Culleredo. Ao chegar ao Val de Veiga, únese con dous regatos cos que forma un caudal considerable. Dous quilómetros máis abaixo, recibe as augas do regato procedente dos Montes de Orro. Este regato sae canalizado do polígono industrial e aí empeza o curso medio do río Valiñas. En Sésamo recibe as augas do regato de Vinseira.

MONTE MONTE

DO DO

COUSOCOUSO

Étimo: capsus-caixón, caixa

Significado: Depresión de terreo en forma de caixón.

FONTAÍÑASFONTAÍÑAS

Étimo: Fons-fontis + diminutivo “iñas.”

Significado: Probablemente un lugar onde se atopan moitas fontes “Na fonte do Cabo, en Vinseira Pequena, parroquia de Celas de Peiro, concello de Culleredo (A Coruña), di a xente que a auga é boa para curar doenzas dos ollos; por iso aínda hoxe vén xente ás tardiñas buscar desta auga para curacións.Moi perto da do Cabo, na fonte de Xesto, tamén recollen auga que disque é boa para que beban os enfermos do ril.No lugar de Peiro, na fonte de Peiro, unha fonte monumental moi antiga, disque se se leva un animal enfermo e se baña na fonte unha noite de lúa chea, mellora. Fontes pequenas.”

FONTECULLERFONTECULLER

Étimo:”Palabra composta de:Fons-fontis =fonteCoclearem= culler. Culler pola similitude do utensilio doméstico e os cágados das ras.

Significado: Fonte onde abundan os cágados.

CULLEREDOCULLEREDO

Étimo:Culler, relacionado cos cágados das ras, pola similitude do utensilio doméstico e as crías das ras.

Significado: Lugar onde abundan os cágados.

O SOUTOO SOUTO

Étimo:saltus-us.”bosque, pastizal”.

Significado: Terreo poboado de árbores, carballos ou castiñeiros.

O CASALO CASAL

Étimo: Casale (quinta) = propiedade rural. Significado: Casa

labrega, casa con terras ao seu redor.

Significado: Casa labrega, casa con terras ao seu redor.

A LAXEA LAXE

Étimo:Do latín vulgar *lausia< do prerrománico lausa = pedra plana.

Significado: Zona onde abundan estas pedras. .

GOIENTEGOIENTE

Étimo: villa Gaudenti (nome propio de orixe xermánica)<Gaudentem: “que está alegre e contento”.

Significado: Finca de Gaudencio

AS LOUREIRASAS LOUREIRAS

Étimo: De “laurus” = loureiro.

Significado: Variedade de loureiro e froito comestible. Lugar poboado destas árbores.

OUTEIRO OUTEIRO DE ARRIBADE ARRIBA

E DE ABAIXOE DE ABAIXO

Étimo: Deriva de “altarium”. No latín clásico só existía no plural e significaba “a parte alta dos altares dos sacrificios litúrxicos”. O significado de “elevación do terreo” é típica do latín falado no noroccidental da Península Ibérica.

Significado: Elevación de terreo, parte alta.

FOLGUEIRAFOLGUEIRA

Étimo: De filicaria < folia. Nome que recibe o fento na zona norte de Galicia.

Significado: Lugar poboado de fento.

PORTÁDEGOPORTÁDEGO

Étimo: De portaticum <porta.

Significado: Cantidade que se paga por dereito de paso por un lugar determinado nunha vía de comunicación, ou por acceder a determinados lugares. Lugar ou edificio onde se cobra esa cantidade.

O MORTEIRALO MORTEIRAL

ÉtimoÉtimo: Do latín mortarium =morteiro, instrumento de pedra ou outro material que serve para machacar ou triturar substancias.

Significado: Lugar onde abundan pedras de fácil extracción.

TERNANDETERNANDE

Étimo: Probablemente apelido de orixe xermánica.A toponimia cullerdense proporciónanos moitos nomes de raíz xermánica: Alvite,Ternande, Sueiro, etc.

Significado: Propiedade dos membros da familia dos Ternande.

FIXÓSFIXÓS

Étimo: Podería derivar de faseolus =faba, xudía. Evolución normal a feixón, seguramente a evolución da palabra fixo que se perdese o ditongo.

Significado: Lugar onde se dan os feixóns

PEIRO PEIRO DE ARRIBADE ARRIBA

E DE ABAIXOE DE ABAIXO

Étimo: Evolución romance da palabra latina petron-em<petram, (pedra), + o sufixo -one. Esta evolución produciuse por influencia do occitano, como consecuencia da peregrinación a Santiago.Significado: Lugar onde se

atopa unha enorme pedra

OMBREOMBRE

Étimo: Da raíz celtaÉtimo: Da raíz celta *wegw *wegw que se refire que se refire ao húmido + o sufixo ao húmido + o sufixo -sm-sm que en latín se que en latín se reduciu a reduciu a um- um- , + o xa coñecido sufixo , + o xa coñecido sufixo --bri, bre , bri, bre , que é propio dos topónimos de que é propio dos topónimos de orixe celta. Trátase probablemente dun orixe celta. Trátase probablemente dun hidrónimo como Tambre, Lambre, hidrónimo como Tambre, Lambre, Cambre... Cambre... Este topónimo ten unha longa historia Este topónimo ten unha longa historia de desacertos académicos. A homofonía de desacertos académicos. A homofonía con con hombre hombre e o andazo de e o andazo de castelanización teñen producido a castelanización teñen producido a hipótese académica de quehipótese académica de que (H)ombre (H)ombre estea por un auténtico estea por un auténtico Home.Home.

Significado: Lugar húmido

RUTISRUTIS

Étimo: Da raíz celta rud- frecuente nos nomes da Galia: Rudianus, Rudiobus, Rudscus, Rutaini, Rutaeni, Rutiacum, Ruticus, Rutio, Rutis, RusticumSegundo Duzémil o vermello é a cor que as vilas indoeuropeas antigas relacionaban coas súas deidades guerreiras . Un dos epítetos atribuídos ao deus cántabro da guerra é Erudinus, formado pola raíz celta rud - que significa "vermello" e ao mesmo tempo "forte".Hai quen pon este topónimo en relación co antropónimo de orixe etrusca Rutius ( Os etruscos formaban parte dos expertos en minería que viñeran entre os romanos).

Significado: Lugar relacionado co deus da guerra, cos guerreiros, ou coa cor vermella.

Terra dun Rutius

PERCELOPERCELO

Étimo: Descoñecemos a orixe deste topónimo, pero pode estar relacionado co verbo celo = manter en segredo, ocultar, da mesma raíz do termo cella.Existe a teoría de que esta zona puidese ser na Idade Media ou ben unha área de eremitorios, en que vivirían eremitas pechados en celas, ou ben existiu un mosteiro, do que non quedaron vestixios.

Significado: Camiño dos eremitas

A TELVAA TELVA

Étimo: Topónimo prerromano tal- que designa poboación á beira dunha corrente fluvial + o sufixo uo/ua

Significado: Lugar á beira do río Valiñas.

A ERMIDAA ERMIDA

Étimo:Eremita< do grego

μ , μ , ἐρη ίτης ἔρη οςdespoboado, que vive nun lugar despoboado.

Significado: Capela ou santuario pequeno situado nun sitio despoboado, onde se venera un santo ou virxe.

GÁNDARAGÁNDARA

Étimo: Topónimo de orixe prerromana.

Significado: Terra baixa con vexetación de pouca altura. Ou terreo pouco produtivo.

O CODESALO CODESAL

Étimo: Cytisum= Planta arbustiva das leguminosas semellante á xesta < do grego .χυτίσοξ

Significado: Lugar onde abundan os codesos.

CASTELOCASTELO

Étimo: Castellum= “reduto fortificado”.

Significado: Lugar fortificado.Na Idade Media, residencia dun señor feudal desde a que exercía o dominio e a defensa das súas terras.

CASTROCASTRO

Étimo: castra= “campamento militar fortificado”.

Significado: Aldea ou recinto fortificado de orixe prehistórica, de forma oval ou circular, de carácter defensivo, con muros e foxo, e situado no cume dun outeiro ou nunha das súas ladeiras.

A CORVEIRAA CORVEIRA

Étimo: corvus= “paxaro de cor negra”+ sufixo -eira.

Significado: Lugar onde abundan os corvos.

VIGOVIDÍNVIGOVIDÍN

Étimo: vicus = “aldea”Vitini(Vitinus)

Significado: Lugar de Vitino.

O estudo da toponimia é moi interesante, porque nos permite saber que significan os nomes dos lugares. A toponimia galega é a máis abondosa da Península, quizais pola dispersión da poboación e polo minifundio. Hai quen calcula que temos máis de 3 millóns de topónimos. É, polo tanto, un arquivo que temos que estudar e protexer. Estudar, porque nela temos informacións sobre o noso pasado que non conservamos doutra maneira, xa que todos os pobos que tiveron algo que ver con esta terra deixaron a súa pegada na nosa toponimia (celtas e outros prerromanos, romanos, xermanos, árabes e mesmo os casteláns).

QUE É QUE É A TOPONIMIA?A TOPONIMIA?

Τόπος (topos) é a palabra grega que significa “lugar” e ΄'ονομα (onoma) (de onde deriva a forma -onimia) significa “nome”. Toponimia é, logo, o conxunto dos nomes dos lugares. Tamén se denomina así a ciencia que se ocupa do seu estudo.

PAZOS FIGUEIRASPAZOS FIGUEIRAS

Significado:Casa señorial onde abundaban as figueiras.

Étimo: Pazos → Palatium = pazo dos Césares no Palatino. Figueira

do latín → ficaria = árbore das moráceas (ficus).

VEIGAVEIGA

Significado: Parte de terra baixa, chá e fértil, pola que normalmente pasa un río.

Étimo: Forma prerromana de vaica = terreo inundado.

ALVEDROALVEDRO

Significado: Lugar no que se dan estas árbores.

Étimo: Do latín vulgar arbitum / erbitum = érbedo. Arbusto de follas semellantes ao loureiro que dá uns froitos comestibles chamados morotes ou morodosTamén pode tratarse da palabra latina albarus (Alamo branco< alnum ulmus) +etu>albredo>albedro por metátese ( cambio de posición do “r”)

A MARISQUEIRAA MARISQUEIRA

Significado: Lugar relativo ao marisco. Onde se atopa o marisco.

Étimo: Do latín tardío mariscum = do mar < mare = mar.

DONEPEDREDONEPEDRE

Significado: Seguramente neste lugar vivíu un tal Pedro moi importante.

Étimo: Domnus Petri = Señor Pedro.

TARRIOTARRIO

Significado: Lugar que está limitado por un río, ou pequena corrente fluvial.

Étimo: De trans rivum: “ao outro lado do río, máis alá do río”.

RUMBORUMBO

Significado: Camiño cara a algún lugar.

Étimo: Do latín rhumbu = rumbo. Dirección, camiño que se segue ao navegar.

Étimo: Os documentos ata o século XVIII noméano como monte do Galo ou, con gheada, monte Xalo. Cando chegaron os primeiros cartógrafos á zona no séc. XVIII, principios do XIX preguntaron aos veciños como se chamaba o monte: Monte do Xalo, monte Galo -dixeron.

XALOXALOSignificado: Monte do Galo

ORROORRO

Significado: Lugar onde había un hórreo importante, ou lugar elevado.

Étimo: A etimoloxía deixa abertas as portas a unha dobre orixe lingüística: a raíz latina "horreum" ou a preindoeuropea "orro", como lugar elevado.

BREGUABREGUASignificado: Lugar fortificado,outeiro

Étimo: De difícil etimoloxía. Uns consideran o topónimo de orixe celta: *Brag/ *Brig = relacionado cos brigantinos, habitantes desta zona (Brig + án + iam); para outros é un tóponimo que significa lugar húmido e non cultivado; e pódese relacionar tamén coa raíz ie-. ver/var > varus “pústula ou verruga na cara” verruca > verruca vers verruga locus editus et asper: outeiro penedoso.

A CARABELAA CARABELA

Significado: Referido a un lugar que semella unha cesta.Lugar no que abundan as matogueiras, a leña, os carballos.

Étimo: A nosa proposta é que procede do latín carabus, -i < do grego Καραβυς, co significado de escaravello e de canoa; que se relaciona, pola súa forma, coa “cesta usada para levar a comida”.Outra proposta faríano derivar dun radical *karau- (alongamento da raíz prerromana *kar(r) = pedra ).Por último, podería propoñerse unha etimoloxía baseada na raíz prerromana *carb-carv. O significado desta raíz é “ramaxe, matogueira, arbusto leña”; e por anaptise (no medio dun grupo de consoantes introdúcese unha vogal subsidiaria) > Carab= Carballo

TOROÑOTOROÑO

Significado: Lugar elevado

Étimo: A palabra pode derivar da raíz prerromana *tor = altura, cume ( igual que a palabra catalana “turó”) + o sufixo de orixe celta -onio*Tur – tamén pode ser un hidrónimo paleoeuropeo con moitos paralelos, entre eles os ríos modernos Tourón en Asturias e Málaga. Moi próximo é Turones, nome dunha vila gala (hoxe Tours). Tamén hai un antropónimo Turonus en Galicia . Pero é igualmente posible do indoeuropeo. *ters- “secar” (irlandés antigo tur “seco”). ,

CORDEDACORDEDA

Significado: Parece relacionado con cordal: grupo de montañas enlazadas. Lugar elevado

Étimo: Pode vir de chorda = corda, < do grego = corda de tripa ou χορδήintestino + o sufixo etum/etam > edo/edaAínda que parece máis probable que estea en relación coa raíz prerromana Cor - (tamén Car-) co significado «rocha, dureza, pedra xunto ao mar. Varias palabras célticas e mediterráneas suxiren a raíz indoeuropea.

FANFAN

Significado: Lugar lamaguento

Étimo: Do gótico fani = lodo, lama propia dos terreos que están permanentemente asolagados.

CORNEDOCORNEDO

Significado: Lugar plantado de Cornus sanguinea

Étimo: Cornetum =Arbusto caducifolio de ata 4 m, con ramas pubescentes e avermelladas en inverno. Follas enteiras, opostas, de 4-10 cm, con nervios arqueados moi marcados, de cor verde pálida. Flores brancas agrupadas en umbelas de 4-5 cm de diámetro que nacen nas puntas das polas. Froito negro e brillante, en grupos apertados e de sabor amargo. É unha especie que se atopa en toda Europa agás no extremo norte, en matos, beiras de bosques e sebes.

CILLOBRECILLOBRE

Significado: Aldea na que debeu exercer a súa influencia esta ilustre familia galega.

Étimo: Caelerinori = pobo prerromano + -obre = Este é o elemento máis característico dos nomes das cidades hispanas da área indoeuropea; o equivalente do elemento -dunum, tamén presente en Gallaecia . Na toponimia galega estes topónimos móstranse sen latinizar en-briga.Tamén pode tratarse dun topónimo construído a partir do nome de persoa Cilius + -obreDesde o século XIV exerceron o señorío nas terras da Laracha, uns cabaleiros da familia dos Mariñas e dominaron boa parte do territorio do que hoxe é este Concello. Desta época son as desaparecidas Torres de Cillobre, que foron unha construción defensiva e convertéronse, posteriormente, na casa señorial.As Torres de Cillobre e os seus donos, a familia Pardo das Mariñas, xogaron un papel determinante na historia medieval e moderna da bisbarra. Un dos cabaleiros desta liñaxe foi Diego das Mariñas, que levou o título de Señor de Cillobre. Foi o primeiro capitán xeneral do Reino de Galicia despois de que os Reis Católicos decretaron que ningún galego podía exercer este alto cargo.

LEDOÑOLEDOÑO

Significado: Lugar de abundante colleita (locus laetissimus), que está ubicado no val de Veiga e as súas terras están bañadas polo río Valiñas, afluente do río Mero (río que forma a ría do Burgo).

Étimo: Podería vir do latín laetus = alegre, feliz, rico e abundante + o sufixo de orixe celta -onio.Por outro lado, o nome Laedius está representado en Roma e encontramos tamén Laedio no norte de Italia e en Dalmàcia. Porén, estes antropónimos non se atopan en Hispania. É posible que Laed - sexa unha forma latinizada dun elemento indíxena *Led-. Desde o nome do río Ledus en Galia, e a palabra gala ledo “baixamar”, podemos supor a existencia dun hidrónimo celta *ledo-, tal vez do ide. *pleu- “fluír”.

SUEIROSUEIRO

Significado:1) Lugar de difícil acceso.2)Lugar onde se crían os porcos.

Étimo: Exiten diferentes teorías:1) Do gótico swérs, que comunmente soe aludir á “honra”, pero tamén podería referirse a “cousa afiada ou de díficil acceso” 2) Do latín sus = porco + o sufixo “eiro”= coidador de porcos.

A SILVAA SILVA // SILVARSILVAR

Significado: Lugar abundante en silvas, silveira.

Étimo: De “silva”: bosque, fraga.

VINSEIRAVINSEIRA//

Étimo Descoñecemos a orixe deste topónimo que é coñecido como Vinseira, Vinxeira ou , tamén, Minseira. Podería ser un exemplo de /m/ foránea notada b, en lugar de m. Vinxeira é un lugar da parroquia de Celas. Está divido en dous territorios: e , separados polo río dos Pregos, que discorre de sur a norte.Segundo a toponimia oficial, actualmente denomínase Vinxeira Grande e Vinxeira Pequena, coma dous lugares ou entidades de poboación pertencentes á parroquia de Celas, aínda que ata non hai moito adoitaba chamarse ao lugar Vinseira, con s en vez de x.

VINXEIRAVINXEIRAMINSEIRAMINSEIRA