Post on 02-Aug-2015
A GUERRA FRÍA1945-1991
Lección 1. A Organización da Paz. A ONU(1941-47)
As Conferencias de Paz
Durante a Segunda Guerra Mundial (1941), os aliados comezaron a deseñar cómo se organizarían os anos posteriores a ela.
1941. Carta do Atlántico: Asinada por Roosevelt (EEUU) e Churchill (Gran Bretaña). Nela lévanse a cabo os primeiros acordos.
1943: Conferencia de Casablanca (Marrocos) Conferencia de Teerán (Teherán. Irán)
1945: Conferencia de Ialta (Yalta):
Asinada por Roosevelt, Churchill e Stalin (Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas. URSS)
Acordos acadados: Stalin comprométese (verbalmente) a permitir eleccións libres naquelas zonas
de Europa Oriental que foran ocupadas polas tropas rusas. Divídese Alemaña en catro zonas de ocupación (zona norteamericana, zona
británica, zona francesa e zona rusa). Substitución da Sociedade de Nacións, que non acadara os obxectivos polos
que foi creada, por outra organización, a ONU (Organización de Nacións Unidas).
Conferencia de Postdam: Maniféstase nela que a colaboración entre aliados rematara, e que Occidente e a
URSS levarán a partir de entón camiños separados.
Carta do Atlántico. 1941.Churchill e Roosevelt
Conferencia de Casablanca. 1943H. Giraud, Ch. de Gaulle,
Roosevelt, Churchill
Conferencia de Teherán. 1943Stalin, Roosevelt, Churchill
Conferencia de Yalta, 1945Churchill, Roosevelt, Stalin
Conferencia de Postdam,1945Churchill, Truman, Stalin
O novo repartimento de poder
Fíxose obvio e necesario despois da guerra o organización dunha nova orde internacional e o marco de influencias mundial quedou resolto da seguinte maneira: Alemaña e Xapón perderon a súa influencia mundial
e quedaron exentas das decisións internacionais. Francia e Italia perderon peso político e situáronse
en clara inferioridade con respecto a outras potencias mundiais.
Estados Unidos e a URSS serán a partires de agora as que ostenten o poder mundial.
O Reino Unido vai ter grande importancia mundial, sen embargo, os seus días de hexemonía quedaron atrás.
A Organización das Nacións Unidas (ONU)
A creación da ONU tivo lugar na Conferencia de San Francisco no ano 1945 (abril-xuño).
Orixinalmente a súa carta fundacional sería firmada por cincuenta e unha nacións.
Obxectivos principais: O mantemento da paz e a seguridade mundial. O fomento da cooperación internacional a nivel
económico, social, cultural e humanitario. A protección dos dereitos humanos e a igualdade
entre as persoas, evitando a discriminación por raza, sexo ou relixión.
Principáis órganos de funcionamento: A Asemblea Xeral:
Todos os países membros están representados nela. As resolucións tomadas nela teñen repercusións internacionáis, aínda que a súa
consecución non é de cumprimento obrigatorio. O Consello de Seguridade:
É o órgano executivo. Os grandes vencedores da Segunda Guerra Mundial se consituiron como membros
permanentes deste consello e outorgáronse a sí mesmo o dereito de veto (dereito a impedir que unha resolución se cumpla).
A Secretaría Xeral: É o órgano que se encarga da representación e execución das decisións que formula o
Consello. O seu secretario é elixido pola Asemblea.
O Tribunal de Xustiza (Na Haia –Haya-) Órganos subordinados:
A OIT A FAO (Food and Agriculture Organization. Organización de las Naciones Unidas
para la Agricultura y la Alimentación) A UNESCO (United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization.
Organización de las Naciones Unidas para la Educación, la Ciencia y la Cultura ) A UNICEF (United Nations Children's Fund. Fondo de Naciones Unidas para la
Infancia)
Asemblea Xeral
Consello de Seguridade da ONU
Pazo de Xustiza da ONU
Lección 2. O Plan Marshall e a División en Bloques
O Plan Marshall
Coñécese con este nome a un proxecto para a recuperación económica de Europa, levado a cabo polo secretario de Estado norteamericano George Marshall no ano 1947.
Obxectivos: Evitar o erro do aillamento
dos Estados Unidos despois da Gran Guerra (1ª), cando se desentendeu dos problemas de destrucción e endebedamento de Europa, o que ocasionou graves consecuencias para a economía mundial.
Crear un núcleo forte de países capitalistas que freasen ao comunismo.
O cartel anuncia a financiación, a través del Plan Marshall, de parte das
obras de reconstrucción da Alemania Occidental.
A resolución primordial que se levou a cabo foi o de proporcionar créditos e axudas aos países que acolleron ao plan, o cal foi básico para unha pronta recuperación tras a Segunda Guerra Mundial.
Sen embargo, as condicións que tiñan calquer país que quixese vincularse a este plan eran: Adoptar a democracia como
réxime político. Adoptar o capitalismo como
sistema económico. Consecuentemente a URSS e
os demais países comunistas quedaron fora, sen embargo, crearon un plan alternativo: o CAME ou COMECON, fundado en 1949 (organismo socialista de cooperación económica)
Países de Europa que recibiron axudas do Plan Marshall
Escalada de tensións e formación de bloques
(Consecuencias das Conferencias)
Lonxe de cumplir a súa palabra, a URSS impuso réximes comunistas nos países de Europa do Leste onde todavía permañecía o Exército Vermello. Esta situación serviu para que Estados Unidos e Reino Unido acusase aos soviéticos de destruir as liberdades (non permitir as eleccións libres dentro destes países).
Doutrina Truman (1947. Truman, presidente de EEUU): baséase na necesidade de conter o avance do comunismo, que nese mesmo instante ameazaba Grecia e Turquía.
O comezo da nova expansión do comunismo adoita ser considerado o inicio da ruptura dos dous bloques (Occidental, liderado por Estados Unidos e Oriental, liderado pola URSS), sen embargo, vai ser a división de Alemaña en catro partes o fenómeno que divida o mundo en estes dous bloques: En 1948 os aliados occidentais (Gran Bretaña, Francia e EEUU) uniron os
territorios para formar a República Federal Alemana ou RFA). Como protesta, a URSS, en cuxa zona se atopaba Berlín –capital alemá-, tamén
dividida en catro sectores de ocupación, iniciou o bloqueo de Berlín, polo que todos os accesos por terra a Berlín Occidental quedaron pechados durante case un ano. Os aliados responderon cuha ponte aérea para abastecer á cidade. En 1949 a zona rusa convertiríase na República Democrática Alemá (RDA).
Ambos bloques afianzáronse mediante a creación de alianzas militares: Occidente coa creación da OTAN en 1949 (Organización do Tratado do
Atlántico Norte). Os países comunistas coa creación do Pacto de Varsovia, en 1955.
Os inicios da Guerra Fría. A Guerra de Corea
¿Cándo se levou a cabo? A Guerra Fría tivo lugar dende finais dos anos corenta ata o comezo dos anos noventa do século XX.
¿Qué é a Guerra Fría? Foi un enfrontamento total de estratexias e obxectivos entre EEUU e a URSS, sen chegar nunca ao enfrontamento directo entre eles, posto que existía o temor a unha guerra nuclear. Estados Unidos xa usara a bomba atómica no ano 1945, mentres que a URSS estivo en condicións de utilizala en 1949; polo tanto, o clima que se vivía a nivel mundial era o de “equilibrio do terror”.
A pesares de que non se levou a cabo un conflicto directo entre as dúas potencias, sí que houbo conflictos armados periféricos, como a Guerra de Corea. Este tipo de conflictos reúnen as seguintes características: O enfrontamento indirecto entre ambas superpotencias (sen declaración formal de
hostilidades entre elas). Os enfrontamentos que pode haber son localizados nun espazo moi concreto,
evitándose a toda costa a súa extensión fora del. O caso da Guerra de Corea foi o primeiro conflicto armado da Guerra
Fría. Trala derrota xaponesa, a península de Corea quedara dividida en dúas zonas de ocupación (paralelo 38º): a norteamericana no Sur e a rusa no Norte. A pesares de que en 1948 as dúas potencias retiran as súas tropas de Corea, deixaron establecidos dous estados distintos, cada un deles afín a cada potencia. Isto provocou que en 1950 Corea do Norte invadira Corea do Sur. Tanto EEUU como a URSS apoiaron aos seus respectivos aliados, dendo por finalizada a contenda en 1953, volvendo á situación normal.
Lección 3. Dous Sistemas enfrontados: O Mundo
Capitalista
Introducción
A partires da segunda metade do século XX fase patente a división do mundo en tres partes diferenciasdas: O Primeiro Mundo, que se corresponde co bloque
capitalista. O Segundo Mundo, que se corresponde co bloque
comunista. O Terceiro Mundo, ou aqueles países que non están
adscritos a ningún dos dous primeiros.
O bloque capitalista
Características: Económicamente segue a economía de libre mercado. As persoas do Primeiro Mundo poseen un alto nivel
medio de vida, sen embargo, existen amplas desigualdades sociais e crises periódicas (como a do petróleo de 1973).
Países adscritos ao mundo capitalista: EEUU, líder e núcleo central. Europa Occidental. Xapón e os Dragóns Asiáticos (Singapur, Hong Kong,
Taiwán e Corea do Sur): O primeiro acadou o seu pequeno milafre económico,
grazas a axuda de EEUU, a quen lle interesaba ter un enclave capitalista fronte a URSS.
Estados Unidos
A súa situación económicamente boa e o optimismo derivado dela, non implicou que non existisen graves problemas nos seus territorios, asusntos internos que conmocionaron nos anos seguintes á Segunda Guerra Mundial á opinión pública: O acoso ás liberdades: debido o anticomunismo exacerbado
existente nos Estados Unidos, non se permitía relación alguna con mundo comunista: Exemplo disto o temos no asasinato do matrimonio Rosenberg, acusado
de espiar a favor dos rusos. A Caza de Bruxas de Hollywood, que foi emprendida polo senador
McCarthy e salpicou a famosas estrelas do momento. O asasinato do presidente John Fitzgerald Kennedy na súa
visita a Dallas no ano 1963. O escándalo do Watergate, un asunto de espionaxe no cuartel
xeral do Partido Demócrata que o Executivo republicano tratou de ocultar mentíndolle ao país. Destapado por dous periodistas do Washington Post (Carl Bernstein y Bob Woodward), o escándalo obrigou ao presidente Richard Nixon a presentar a súa dimisión no ano 1974.
A cuestión racial, tamén chamada o dilema americano: a poboación negra dos EEUU comezou a reclmar os seus dereitos dende final da Segunda Guerra Mundial: Un dos seus máximos líderes, Martin Luther King
(asasinado en 1968) foi célebre por expresar os seus ideais de igualdade e xustiza para o pobo afroamericano no seu discurso Teño un soño.
No ano 1954 estableceuse a igualdade de acceso á escola que, para ser garantido, tivo que contar coa presenza de tropas federais para que os estudantes negros puidesen exercer o seu dereito.
Os presidentes Kennedy e Johnson puxeron especial empeño nesta causa.
Lección 3. Dous Sistemas enfrontados: O Mundo
Comunista
A Unión de Repúblicas Socialistas
Tras a morte de Stalin, que convertérase tras a guerra en persoa de culto, a loita polo poder do partido fíxose evidente. Finalmente sería Nikita Khruschev o que acadase o poder.
Política interior do novo líder: O Fixo un proceso de desestalinización ou condena dos crimes feitos por Stalin. Tratou de suavizar o réxime soviético, sen embargo, o Partido seguiría
controlando as Institucións, e continuaría habendo censura e represión das liberdades.
A economía na época de Nikita Khruschev –tanto en Rusia como nos países do Leste de Europa- ten que facer frente aos mesmos problemas anteriores: Baixa productividade. Insuficiencia de materias primas. Crise agrícola permanente. Baixo nivel de vida. Falta de abastecemento de produtos básicos de consumo. Existencia dun mercado negro moi forte.
Tras a caída de Khruschev, o réxime foi controlado por unha xerontocracia, é dicir, o poder mantívose nas mans de persoas de ideade moi avanzada. Neste caso destacou a figura de Brezhnev até a entrada de Mihaíl Gorbachov en 1985.
A República Popular Chinesa
En 1949, o grupo comunista liderado por Mao Tse-tung (Mao Zedong) proclamou a República Popular Chinesa, tras unha longa guerra civil.
As Características do Réxime de Mao baseánbase nun réxime semellante ao partido único desenvolvido pola URSS:
Tratou de reafirmar o réxime eliminando a calqueira adversario, o que implicou unha dura represión que causou un grande número de vítimas.
Popúxose sacar a China do seu atraso económico. Suprimíronse os costumes típicos do país (ex: o matrimonio infantil). Implantouse a igualdade entre homes e mulleres. Deuse prioridade á sanidade e á educación, deste modo, tratouse de
acabar co analfabetismo. Entre 1958 e 1962 desenvolveuse o programaGran Salto Adiante, co
que pretendía producir máis, máis rápido, mellor e máis barato (todo isto sen ter que sacrificar a agricultura para industrializar o país, como fixera a URSS)
Os obxectivos do plan finalmente non se cumplieron, a pesares do enorme esforzo empleado por toda a poboación.
Por último, a súa política exterior herdou a tradicional hexemonía china sobre Asia sudoriental, buscando expandir o seu modelo político: ocupou o Tibet e intervino en Corea e maís tarde en Vietnam.
China rivalizou coa URSS polo liderazgo do comunismo e as súas relacións acabaron tras a morte de Stalin.
A República de Cuba
A loita en guerrilla contra a ditadura de Fulgencio Batista levou –en 1959- a Fidel Castro ao poder en Cuba.
Características do réxime castrista: A partir do 1961 o seu réxime derivou na forma política
comunista: Baseada na expropiación y nacionalización das propiedades
estadounidenses na illa. Baseda no establecemento de fortes relacións cooperativas coa
URSS. Castro instauraría una república socialista ditatorial, cunha
economía planificada e dirixida dende o Estado.Problemas cos que contou o réxime castrista:
O boicot económico estadounidense. O seu sistema xeral, que provocou graves deficiencias no
abastecemento e baixo nivel de vida. Forte dependencia do réxime con respecto á URSS.
Lección 5. A Guerra Fría entre 1955 e 1962
Reafirmación dos bloques
A rebelión de Hungría e a Crise de Suéz, ambos conflitos acaecidos en 1956, deixaron claro que: Estados Unidos e a URSS
continuarían a súa posición de evitar a toda costa o enfrontamento directo.
Cada un dos bloque só contaba co apoio e a autoridad da superpotencia correspondente.
A Crise de Suéz: O presidente de Exipto Nasser
pediulles en 1956 aos países occidentais financiamento para construir a presa de Asuán. Ante a súa negativa e para poder sufragar os gastos, Exipto reaccionou nacionalizando o Canal de Suéz e pechándoo á navegación israelí.
Como resposta, Francia, Reino Unido e Israel enfrontáronse a Exipto, estalando, deste modo, a Segunda Guerra Árabe-Israelí, detida gracias á intervención da ONU.
A Coexistencia Pacífica
“O principio de coexistencia pacífica” formaba parte da política de Nikita Khruschev e afirmaba a renuncia da URSS á exportación do comunismo e a aceptación da existencia doutro bloque.
Grazas a este principio, comenzaron a establecerse diversas políticas de diálogo entre os mandatarios dos dous bloques , fracasadas polo incidente do U2, avión espía norteamericano que foi bombardeado mentres sobrevoaba territorio ruso.
¿A coexistencia pacífica entre os dous bloques era foi real? A construción do Muro de Berlín en 1961 pon de manifesto o limitada que foi esta boa relación. Este muro, creado pola Alemaña Oriental (RDA) dividía Berlín na súa parte Oriental e Occidental.
A crise dos mísiles
Foi un dos episodios máis sonados e complexos da Guerra Fría polas consecuencias que tivo.
No ano 1961, a CIA (Axencia Central de Intelixencia de EEUU) organizou e financiou o desembarque de cubanos anticastristas (en contra de Fidel Castro) na bahía de Cochinos (Cuba). O único que se acadou foi un maior achegamento entre Cuba e a URSS, que asinaron un acordo defensivo.
Como consecuencia do acordo, produciuse a crise dos mísiles en 1962. Un avión norteamericano fotografou en Cuba ramplas (pendentes) de mísiles soviéticos que apuntaban aos Estados Unidos. Ao coñecer a súa existencia, Kennedy, ordeou o bloqueo naval da illa anunciando que daría orde de afundir calquera barco que intentase rompelo.
O mundo temía ante a posibilidade de que estoupase a temida guerra nuclear, sobre todo mentres estiveron en Cuba os mísiles soviéticos. Finalmente Khruschev deu orden de retirada aos seus barcos e comprometeuse a desmantelar as ramplas.
Lección 6. A Guerra Fría a partir de 1962
A distensión
A pesares de que continuaron levándose a cabo diversos conflictos periféricos, tras o desembarque en Bahía de Cochinos comezaron a verse xestos de distensión, de relaxamento entre os dous bloques: A instalación do teléfono
vermello entre a Casa Branca e o Kremlin (a sede do Gobierno soviético de Moscova –Moscú-) para evitar malentendidos que derivasen en enfrontamentos.
Os acordos SALT sobre a limitación de armas nucleares.
A Guerra de Vietnam (1958-1975)
Orixes: Vietnam correspondíase co territorio da antiga colonia
francesa de Indochina. Cando os franceses se retiraron do seu antigo territorio, como xa ocurrira en Corea, a presenza de comunistas na zona norte era importante. Debido a este situación, na Conferencia de Xenebra (1954) se dividiu o país en dous Estados (polo paralelo 17º): Vietnam do Sur, cunha política vinculada ao mundo occidental
e cuxa capital era Saigón. A República Democrática de Vietnam, cunha política
comunista, con capital en Hanoi e presidida por Ho Chi Minh.
O comezo da contenda (enmarcada no modelo de conflicto periférico) estivo nas mans do Vietcong, un grupo armado comunista, que contaba coa axuda de China e da URSS e pretendía reunificar Vietnam.
Ante a situación, EEUU enviou –en principio- asesoramento en apoio á política de Saigón e a partir dos 70, instentsificou a súa acción enviando tropas, o que derivou nunha difícil e traumática para vietnamitas e norteamericanos: Os vietnamitas sufriron os estragos do armamento usado polo
inimigo, como o napalm, que causou milleiros de vítimas e arrasou aldeas e cultivos.
Na sociedade americana xurdiu un amplo movemento de rexeitamento ante o envío de soldados a un conflicto alleo e afastado.
Ante o estancamento da guerra, EEUU retirou as súas tropas en 1975, e os comunistas levaron a cabo a reunificación do país.
Para botar unha ollada…
http://es.wikipedia.org/wiki/MacarthismoFilms relacionados co Watergate:
“Todos os homes do Presidente”, película de 1976 baseada no libro escrito polos periodistas do Washington Post que destaparon a trama do Watergate. Foi gañadora de catro oscar da Academia e outras catro nominacións.
“Frost contra Nixon: o desafío”. Recentemente estreada nos cines. 5 nominacións aos oscar 2009.