Tema 8 a_terra_un_planeta en cambio continuo 4eso

Post on 13-Jun-2015

397 views 6 download

Transcript of Tema 8 a_terra_un_planeta en cambio continuo 4eso

1 – Como se solucionou?

Todo indica que foron os volcáns o que o fixeron.

Nun mundo de xeo, o rexistro da actividade vulcánica aumenta considerablemente a cantidade de CO2 na atmosfera ata chegar a unha concentración 350 veces superior ao actual. Isto fixo que o efecto invernadoiro se potenciase, pola elevación da temperatura, podendo así que unha parte do mar se desconxelase.

2 - Como sobreviviu a vida?

Nese momento, a vida basábase en microorganismos acuáticos.

Algunhas especies poideron sobrevivir ó conxelamento porque a auga transformábase en xeo moi transparente, e a pouca luz que podía atravesar a enorme capa de xeo era suficiente para manter o primeiro elo na cadea alimentaria.

Sen mencionar o ecosistema do medio do océano, na Dorsal Oceánica, que non depende da luz solar e que certamente non foi perturbado pola glaciación.

Terra Bola de Neve

HISTORIA DA TERRA

Consta de tres Eóns

4600 – 2500 Ma

2500 – 570 Ma 570 Ma –

Actualidade

Eón ARCAICO.

Simulación da paixase Terrestre

Eón PROTEROZOICO.

O PLANETA

Eón FANEROZOICO.

Fósil de Halkieria encontrado en Groelandia e clasificado dentro dos moluscos.

Utiliza a escala do tempo e responde:

1.- Cando comezou a era Mesozoica?.

2.- Cando comezou o Carbonífero?

3.- Canto tempo durou o Cámbrico?.

4.- Canto tempo durou a era Paleozoica?.

Hai 230 millóns de anos

Hai 345 millóns de anos

Durou 70 millóns de anos

Durou 340 millóns de anos

Como sabemos a idade do Planeta?

Como podemos reconstruir a historia da Terra?

1º.- PRINCIPIO DE SUPERPOSICIÓN DOS ESTRATOS (STENO)

2º.- PRINCIPIO DO ACTUALISMO (LYELL)

3º.- OUTROS PINCIPIOS

1º.- PRINCIPIO DE SUPERPOSICIÓN DOS ESTRATOS (STENO)

A

B

C

Chan

Orden de máis antiguo a máis moderno: A > B > C

A rocha C é máis moderna que a rocha A por que é unha intrusión volcánica.

O filón máis antigo é o B. Sabémolo porque o filón D afecta ao filón B; isto significa que cando se orixinou o filón D o filón B xa existía.

De antigo a máis moderno: B > C > D

A rocha X

é a C

A falla

Primeiro sedimentaron as rochas C, B e A, por esta orde, a continuación produciuse a intrusión da rocha X; despois formuse a falla e finalmente orixinouse o dique da rocha Y

A

C

nova

corta a rocha A

novo

Atravesa a rocha C

Dinosaurio

Mamut (fémur)

Serpe

Fento

CIANOBACTERIA

PRECÁMBRICO • É a etapa máis longa da historia da Terra. Comeza hai uns 4600

Ma e remata aprox. hai 570 Ma. (durou 4000 Ma aprox.).

• Nesta etapa fórmase a primeira codia continental que ten unha atigüidade de 3800 Ma (aprox.).

Os restos desta primeira codia chámanse escudos, e actualmente forman o núcleo dos continentes. As rochas máis antigas da Terra atópanse en África e Groelandia cunha antigüidade de 3500 Ma. e son de natureza ígnea e metamórfica.

• É posible que cara o final desta etapa aparecese unha dinamica de placas (movemento dos continentes) similar á actual; asi mesmo suponse que as masas continentais uníronse nun supercontinente chamado Pannotia.

• Nesta etapa xorde a VIDA na Terra.

PRECÁMBRICO Os fósiles precámbricos son moi escasos. Excepcionalmente consérvanse algúns destes organismos, ou ben as súas impresións ou pegadas.

A case carencia de fósiles precámbricos pódese deber a:

1) Practicamente a totalidade dos organismos debían ser de corpo brando, moi fráxiles e desprovistos de partes duras que puidesen fosilizar.

2) As rochas sedimentarias do precámbrico foron metamorfizadas e os restos de organismos vivos que puideron quedar englobados nelas, destruíronse.

Os primeiros fósiles atopanse en Groenlandia e teñen ao redor de 3.460 Ma e corresponden a primitivas bacterias ben preservadas. Son especialmente abundantes os microfósiles de cianobacterias chamados rafas (estromatólitos) de 1.400 Ma de antigüidade.

Fai uns 670 millóns de anos, corais brandos, medusas, anélidos e outros animais de corpo brando apareceron en mares pouco profundos e nas beiras dos continentes (fauna de Ediacara).

PRECÁMBRICO

Tanto os océanos como a atmosfera, sufriron cambios moi importantes durante o Precámbrico.

1) Aumenta a concentracion salina dos océanos debido a sal disolta na auga de choiva procedente das rochas da superficie. Isto xunto coa acumulación de osíxeno (procendente da fotosintese) fixo que se extinguiran moitas especies mariñas. O exceso de osíxeno provocou que comezase a ascender cara a atmosfera.

2) Nos primeiros millóns de anos a atmosfera era reductora, rica en metano, hidroxeno, vapor de auga e amoniaco; con ausencia de osíxeno.

3) Cara o final da etapa (1.800 Ma) formouse unha atmosfera oxidante, debido a produccion de osíxeno por parte das cianobacterias, e o ascenso do gas procedente dos océanos.

Un mundo rico en osíxeno ocasionou dous cambios fundamentais ó final do Precámbrico:

1) Comezouse a transformar o osíxeno en ozono aparecendo a capa que nos protexe na actualiade dos raios ultravioleta.

2) Comezan a aparecer organismos mais complexos para poder adaptarse a unha atmosfera rica en osixeno.

Simulación da posición das masas continentais ó final do Precámbrico (570 Ma)

Mixobacteria - Cianobacteria

Anabaena sperica - Cianobacteria

Estromatolitos en Shark Bay (Australia). Rochas formadas por excrecións das cianobacterias en augas costeiras.

Simulación da fauna Ediacara

Medusa

A Era Paleozoica, Paleozoico ou Era Primaria é una etapa da historia da Terra de máis de 290 Ma de duración, que se iniciou fai 540 Ma e rematou fai uns 250 Ma.

Comprende seis grandes periodos, entre os que destacamos: o Pérmico, Carbonífero e Cámbrico.

Os continentes estaban distribuidos en catro gandres masas, que fai 250 Ma colisionaron formando o supercontinente Panxea, orixinando un xigantesco océano chamado Panthalassa.

Dividiremos o clima no Paleozoico en tres periodos:

1) O Paleozoico inferior probablemente tiña un clima moderado ao comezo, pero se tornou cada vez máis cálido. Tamén se produciu o segundo maior incremento sostido do nivel do mar.

Nesta época o clima estaba tamén fortemente influenciado pola zona, co resultado de que o "clima", nun sentido global, converteuse en cálido.

O Paleozoico inferior terminou, bastante abruptamente, cunha glaciación. Esta onda de frío causou a segunda maior extinción masiva do Eón Fanerozoico.

2) O Paleozoico medio foi unha época de gran estabilidade. O nivel do mar descendera coincidindo coa glaciación, pero se recuperou lentamente durante no transcurso deste periodo.

3) O Paleozoico superior a acción do rio Misisipi provocou un repunte no osíxeno atmosférico, mentres que o dióxido de carbono caeu a mínimos. Isto desestabilizou o clima e levou a unha, talvez dúas, glaciacións.

No final deste periodo, a formación de Panxea creou extensas rexións interiores áridas suxeitas a temperaturas extremas. Dase outra vez a caída do nivel do mar, o aumento do dióxido de carbono prodúcese un quentamento global do planeta, que culminou coa devastación nunha extinción masiva.

Neste periodo produciuse unha explosión de vida na Terra, favorecida polas condicións ambientais reinantes.

• Proliferación do Invertebrados: Moluscos, Esponxas, Artrópodos e os mais abundantes os Trilobites. Aparecen os primeiros Insectos, así como os Arácnidos e os Miriápodos (gusanos con patas).

• Os Vertebrados: Os primeiros en aparecer foron os Peixes, que poboaron os oceanos. A continuación, e froito da evolución, os peixes comenzaron a desenrolar uns pulmóns primitivos que lles permitiron abandoar a auga e pasar á terra, Aparecen os pioneiros dos Anfibios.

Na última etapa do Paleozoico os Anfibios evolucionaron ata desencadear a aparición dos pioneiros dos Réptiles.

• A vida Vexetal: Dentro do periodo do Carbonífero, prodúcese un aumento desmesurado das plantas terrestres: Equisetáceas, Licopodios e fentos, que se extenderon por gran parte do planeta, en exuberantes bosques.

As condicións ambientais de humidade e temperaturas suaves, provocou a formación de enormes masas de carbón que hoxe en dia aproveitamos en forma de petróleo.

Duración: 290 Ma (aprx.)

A Era Mesozoica, Mesozoico ou Era Secundaria foi un período da historia da Terra que se iniciou fai 250 Ma e finalizou fai 65 Ma. Divídese en tre Periodos: Triásico, Xurásico e Cretráceo.

As deformacións tectónicas do Mesozoico foron relativamente leves. Con todo, a era destaca pola dramática fragmentación do supercontinente Panxea. Panxea gradualmente dividiuse nun continente norte, Laurasia e continente sur, Gondwana.

A finais da era, os continentes tíñanse fragmentado ata case a súa forma actual. Laurasia converteuse en América do Norte e Eurasia, mentres que Gondwana dividiuse en América do Sur, África, Australia, Antártida e o subcontinente indio, que chocará coa placa asiática durante o Cenozoico (orixinando a cordilleira do Himalaia).

Durante esta era comezou a formación da cordilleira dos Andes, así como a formación das Montañas Rochosas.

O Triásico foi en xeral seco; o baixo nivel do mar tamén pode deberse ás temperaturas extremas. Dado que gran parte das terras que constituían Panxea estaban lonxe dos océanos, as temperaturas fluctuaban moito, e no interior de Panxea probablemente se incluían extensas zonas desérticas.

No Xurásico o nivel do mar comezou a subir. Panxea comezou a romper en fragmentos máis pequenos, co que o aumento de superficie en contacto co océano foi en aumento (formábanse mais zonas costeiras). A temperatura continuou aumentando e comezou a estabilizarse. A humidade tamén aumentou coa proximidade da auga e os desertos retiráronse.

O clima do Cretácico é o menos coñecido; crese que as temperaturas son máis ou menos as mesmas en todo o planeta. As temperaturas medias eran máis elevadas que no día de hoxe (uns 10ºC). De feito, a mediados do Cretácico, as augas ecuatoriais do océano ( 20 °C nas profundidades) poden ser demasiado altas para a vida mariña, e as zonas terrestres cerca do ecuador poden ser desertos, a pesar da súa proximidade á auga.

NOS MARES: Os moluscos foron os invertebrados con cuncha máis abundantes dos mares. En concreto as Amonitas, cefalópodos de cuncha espiral; son fósiles guía desta época da terra.

Cando a temperatura dos mares se incrementóu, os animais máis grandes de principios da era mesozoica gradualmente comezaron a desaparecer mentres que os animais máis pequenos de todos os tipos, incluidos os lagartos e serpes, así como quizáis o antecesor dos primates, evolucionaron. A proliferación dos réptiles, nesta época, fixo que nos mares viviran especies como os Ictiosauros.

EN TERRA: Os réptiles foron os grandes dominadores desta época. Destacamos os dinosaurios, que ocuparon todos os continentes existentes, con moitas variedades, entre as que destacamos o: Braquiosaurio, Tyrannosaurus ou o Beipiaosaurus (posuia plumaxe). Braquiosaurio

Tyrannosaurus

EN TERRA (cont.): No Triásico aparecen os mamíferos, que proceden dos réptiles terápsidos; eran de pequeño tamaño e cubertos de pelo. Como exemplos temos: o Ivantosaurus e o Moschops.

EN TERRA (cont.): No Xurásico aparecen as aves; o xénero de aves máis antigas que se coñecen é o Archaeopteryx, que presentan rasgos esqueléticos moi primitivos e reptilianos. Hoxe considérase que as aves proceden de pequenos dinosaurios emplumados, carnívoros, que quizáis xa eran capaces de desenrolar un vó primitivo .

A FLORA: Proliferan os grandes bosques de coníferas; pero o rasgo mais importante desta época é a aparicion, no Cretácico, das anxiospermas (plantas con flores).

O final do Mesozoico estivo marcada por unha gran extinción da maioria das especies, incluidos os dinosaurios.

A teoría mais aceptada para explicar esa masiva extinción é a do impacto dun meteorito sobre a superficie da terra. Este impacto orixinou o Cráter de Chicxulub, localizado ó norte da Península do Xucatán (México). O tamaño do asteroide estímase nuns 10 km de diámetro, que ó impactar creóu un cráter de 180 km de diámetro, liberando un estimado de 4.3×10²³ xulios de enerxía (equivalente a 191.793 xigatóns de TNT) no momento do impacto.

Cráter de Chicxulub

O Cenozoico (era dos animais recentes) comprende os últimos 65 Ma.

Xeológicamente, o Cenozoico é a época na que os continentes se trasladaron ás súas posicións actuais.

A India chocou con Asia entre fai 55-45 millóns de anos, comezando coa formación do Himalaya. Ao mesmo tempo, Arabia chocou con Eurasia, pechando o mar de Tetis fai uns 35 millóns de anos; isto deu lugar as principais cadeas montañosas do Sur de Europa e Asia, exemplos: Pirineos, Alpes. Na actualidade, o proceso aínda continúa nalgunhas zonas.

• A principios do Cenozoico o clima era cálido e húmido, e arrefriouse gradualmente durante o Cenozoico.

• Durante os últimos 2 Ma o clima da Terra arrefriouse e quentado unha e outra vez. A estes tempos de frío coñéceselles como Eras de Xeo debido ás grandes cantidades de xeo que se formaban sobre a Terra. A última vez que estas placas de xeo fixéronse moi grandes foi fai 10.000 anos.

• Cada vez que o aire se arrefriaba e formábanse placas de xeo sobre a Terra, quedaba menos cantidade de auga nos océanos e, polo tanto, baixaba o nivel do mar. Algunhas veces o baixo nivel do mar conectaba os continentes. A estas porcións de terra coñéceselles como pontes terrestres, que permiten que os animais emigren cara outros continentes.

Imos dividir as formas de vida dentro do Cenozoico, en dous periodos da era: O Terciario (65-1,8 m. a.) e o Cuaternario (1,8 m. a.-actualidade).

TERCIARIO

Unha vez desaparecidos os dinosauros, numerosas especies de aves e mamíferos ocuparon os seus hábitats. Apareceron especies como os elefantes, os cabalos e outros mamíferos. Moitos deles extinguíronse máis adiante, outros deron lugar ás formas actuais.

En canto á vexetación, neste período desenvolvéronse as anxiospermas, que se converteron nas plantas dominantes no mundo. Apareceron, por exemplo, as herbas, que forman extensas pradarías.

CUATERNARIO

É a época na que viviron animais prehistóricos moi coñecidos, como o mamut, o rinoceronte lanudo e o tigre de dentes de sabre. Estes e outros animais e plantas estiveron adaptados a climas extremadamente fríos, os das glaciacións. Extinguíronse cando o clima se volveu máis cálido, despois da última glaciación.

A especie humana, Homo sapiens, xurdiu no Pleistoceno, aínda que moito antes existiron os seus antepasados, os homínidos fósiles.