Tema 10 a paisax e

Post on 12-Jul-2015

1.835 views 3 download

Transcript of Tema 10 a paisax e

A paisaxe é a forma na que se nos presenta a superficie da Terra.

de montañade interior

de chairasTipos de paisaxes

praias de costa

cantís

1. Paisaxes de montañaNas paisaxes de montaña hai montañas e vales.

As montañas son terreos elevados e en pendente.As partes dunha montaña son:

Cima ou cume : é a parte máis alta da montaña. Pé: é a parte máis baixa da montaña. Faldra, aba ou ladeira : é o terreo entre o pé e a

cume.As montañas se están agrupadas forman unha serra.E se xuntamos varias serras unha cordilleira.

Os vales son terreos chans entre montañas.

1.Paisaxes de chairaHai extensos terreos chans con pequenas elevacións chamadas outeiros.

Nas paisaxes de chaira podemos distinguir:•Chairas: Son extensións planas de terreo con suaves ondulacións. Ex: a Terra Chá.•Depresións: son zonas afundidas respecto aos terreos de arredor.•Veigas: Son terreos chans á beira dun río.

Os elementos dunha paisaxe poden ser: naturais (feitos pola natureza) ou artificiais(feitos polo home).Exemplos de naturais son: os montes, os ríos, as chairas...Exemplos de artificiais son: as construcións (casas, estradas, pontes...), campos de cultivo, minas e canteiras.

As paisaxes de costa son as bañadas polo mar. Nela podemos distinguir:• Cantís ou acantilados: Son terreos altos e rochosos.• Praias: son terreos chas con area ou pedras.

As formas de relevo dunha costa teñen formas distintas:• Cabo: Parte da terra que entra no mar.• Península: rexión de terra rodeada de auga por todas partes menos por unha, chamada istmo.• Illa: Porción de terra rodea de auga por todas partes.• Ría: Val fluvial inundado polo mar.• Baia: é unha entrada de mar na terra. Se é moi grande chámase golfo.O home modificou as paisaxes de costa construíndo hoteis, apartamentos, estradas, portos...

Os ríos son correntes de auga continua, que descenden das zonas altas cara as baixas e desembocan no mar. Se desembocan noutro río chámanse afluentes.O lugar por onde discorre o río chámase canle ou leito.A cantidade de auga que leva chámase caudal.

O percorrido dun río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura chámase curso. No curso diferéncianse 3 zonas: curso alto, curso medio e curso baixo.• Curso alto: o río é estreito e discorre pola montaña. Leva pouca auga que se move a moita velocidade.Predomina a erosión.• Curso medio: O río anchea e recorre a chaira. Leva máis auga e vai máis lento.Predomina o transporte.• Curso baixo: o río móvese lentamente cara a desembocadura. Predomina a sedimentación.

A vexetación da beira dos ríos arbores como ameneiros e freixos, arbustos, coma as silvas e herbas coma os xuncos e espadanas. A esta vexetación chámaselle vexetación de ribeira. Pero en moitas ocasións como as beiras dos ríos son moi útiles para a agricultura o home substituíunas polos campos de cultivo.

Ademais de nos mares e nos ríos a auga tamén a atopamos nos lagos e encoros.• Lagos: Son grandes extensións de auga doce no interior dos continentes. Se son pequenas chámanse lagoas.• Encoros: Son lagos artificiais feitos polo home facendo unha presa no curso dun río