Senegal

Post on 19-Aug-2015

209 views 9 download

Transcript of Senegal

O Ecosistema é a diversidade de especies dunha zona determinada que interactúan entre si e co seu ambiente abiótico (estos factores son os elementos sen vida: a auga, a temperatura, a luz, a humidade, o aire, os nutrientes etc.

Un océano considérase un ecosistema, pero un ecosistema tamén o é unha charca.

As distintas especies interactúan mediante os seguintes procesos:

Un animal chamado depredador caza a outro chamado presa.

Un ser vivo chamado parasito caúsalle dano a outro chamado hóspede.

Os piollos, as pulgas, os carrachos, o visgo ou “muérdago” en castelán, é unha planta parasita que se atopa con frecuencia nas maceiras e era utilizada polos druidas para facer as súas pócimas máxicas para rituais sagrados.

Competencia: Seres vivos da mesma ou distinta especie, loitan polos mesmos recursos, como pode ser o alimento, a auga, o territorio, as parellas…

ZONAS XELADAS: Frío intenso todo o ano, solo conxelado

Flora: podemos destacar unha fermosa flor branca chamada Edelweis

FAUNA: OSOS, FOCAS, NUTRIAS, SO NAS PARTES DAS COSTAS

Veráns breves e invernos longos e fríos

FLORA: hai brións, liques, sauces ananos…

FAUNA: renos, lemmings, raposos e distintas aves

• Bosques de ximnospermas ( as que teñen as sementes sen protexer), exemplos: piñeiros, abetos, cipreses…

Linces, lobos, Esquíos…

Gran humidade, temperaturas moderadamente altas. Nunca descende por debaixo dos cero graos. Precipitacións constantes e intensas na maior parte do ano

FLORA: Hai moitas algas e brións debido a humidade. As follas das árbores son móbiles e seguen ao sol para aproveitar a maior cantidade de luz solar. As follas tamén teñen unha especie de canais de maneira que a auga escorra e queden secas cando pasa a tormenta.

FAUNA: moi variada e abundante. En moitas árbores hai un tipo de águia come monos, que soen facer o niño na mesma árbore cada ano e so teñen unha cría que alimentan durante un ano enteiro; con un único mono xa teñen alimento para varios días.

PRADEIRADiferenzas moi acusadas de temperatura e poucas precipitacións

VERÁN NAS PRADEIRAS

INVERNO NAS PRADEIRAS

FLORA: VEXETACIÓN HERBÁCEA

FAUNA: Grandes hervíboros, roedores, aves…

Invernos suaves e veráns moi calurosos

Flora: árbores de folla perenne: enciñeiras, sobreiras

Fauna: moi variada

PRECIPITACIÓNS MOI ESCASAS E FORTES VARIACIÓNS DE TEMPERATURA ENTRE O DíA E A

NOITE

A FLORA

• ESCASOS VEXETAIS , HAI DIFERENTES TIPOS DE CACTOS.

A FAUNA: termitas, réptiles, ratos….

*

Hai dúas estacións, unha seca e outra de chuvias.

Flora: predomínio das herbáceas e con árbores dispersos: acácias, baobabs…

Fauna: gacelas, leóns, cebras, ñús…

Temperaturas elevadas e constantes, abundan as chuvias.

FLORA: debido as chuvias hai exuberante vexetación

FAUNA: monos, aves, réptiles, anfibios, insectos…

A SABANA NO SENEGALNo norte de Senegal está a Sabana con animais de gandaría pastando por todos lados.

Flora: acácias , arbustos e baobabs

Fauna: vacas, lemures e outros mamíferos que os poboadores cuidan para logo alimentarse.Esta zona é moi curiosa pois de repente métese no medio da nada , sen estradas, e de vez en cando pódense ver poblados de persoas que viven nunhas cabañas feitas de pólas coa única sombra dun baobab.

A maioria son nómadas, van e veñen dun lugar a outro cos seus gandos para atopar un sitio mellor. Hai poblados cun xefe que pode ter ata sete mulleres e dez ou doce fillos.Os fillos dende moi pequenos traballan nas tarefas do campo, levan os rebaños a pastar e cuidan do poblado.Chama a atencíón a sorrisa dos cativos que parecen felices sin ter nada de nada.

Desde o centro e cara o sur, podemos ver o bosque tropical. Na zona chamada Casamance é onde se alberga a flora mais interesante do País.

•Flora: destacan os manglares, formados por árbores chamados mangles, que significa árbore retorcido, moi tolerantes ao sal, por iso medran en zonas cercanas as desembocaduras dos ríos. Nestas árbores viven moitas espécies de animais porque os protexen dos fortes ventos ou das olas producidas por furacáns e incluso por maremotos.

Fauna : elefantes, antílopes, leóns, búfalos, monos e centos de aves

En senegal hai preto de 550 especies de animais. É moi importante a migración de paxaros que escapan do inverno de Europa para vir a criar a este pais.

En Senegal o 70% da poboación depende do sector agrario . As principais zonas de cultivo están situadas nos deltas e vales dos seus principais ríos ;o río Senegal, o río Gambia e o Casamance. Os produtos que se cultivan son escasos, limítanse ao cacahuete, o azucre, o algodón e en menor cantidade ao tomate.Estes produtos están xestionados por empresas que logo os venden a outros países. Ademais do cacahuete hai cultivos resistentes á seca como o sorgo e o arroz, pero non hai suficiente produción como para sacar a fame do país.

Senegal é o primeiro exportador mundial de aceite de cacahuete

En canto a horticultura , as froitas e hortalizas van case todas para abastecer as necesidades do país, aínda que neste momento están empezando a exportar estes produtos a outros países.

Yago.htm

Os mais abundantes do gando son: bovino, caprino e ovino. Tamén contan con produción avícola e leiteira para cubrir as súas necesidades.

Debido a grande variedade e cantidade de peixe co que contan no seu litoral, o sector da pesca era o que máis cartos xeraba porque se exportaba a outros países, e tamén era o que máis emprego xeraba. O peixe que máis se exportaba era o atún. Hoxe en día os recursos pesqueiros estanse a esgotar cada vez máis, e por tanto reduciuse moito a venta a outros países.

Hai industrias de productos alimentarios:

*fariña e derivados da fariña, aceite de cacahuete,azucres, cervexas, refrescos embotellados de auga mineral conservas vexetais e de peixe .*O sector téxtil : procesan o algodón desde a súa recollida ata a súa confección aínda quenestes anos está en crise e están cerrando fábricas debido a competencia de países de Asia , e eles mesmos teñen que comprar xa a estes países asiáticos.*Materiais de construción : existen dúas industrias de cemento sobre todo para abastecer a obras da autoestrada de peaxe Dakar Diamniadio e do novo aeroporto internacional Blaise Diagne.*Sector mineiro: hai xacementos de fosfatos, aínda que tamén hai ouro, ferro, mármore, turba, e titanio que están pouco explotados. Este sector é considerado prioritario para o goberno senegalés, pero para promover industrias deste tipo precisan capital estranxeiro para mellorar a rede de infraestruturas de transporte de estradas e ferrocarril, xa que nas rexións con xacementos non teñen estas infraestruturas.*Consumo enerxético : Procede das fontes tradicionais de madeira e carbón vexetal, o que xera deforestación. Senegal é un país moi pobre en recursos enerxéticos. Nas zonas rurais apenas contan con electricidade .