Semana da Prensa

Post on 09-Mar-2016

221 views 5 download

description

caderno traballo documental

Transcript of Semana da Prensa

B

I

B

L

I

O

T

E

C

A

L

I

B

R

U

X

A

Caderno para a Educación Documental

Equipo da Biblioteca CEIP VISTA ALEGRE

Fonte: biblioteca Mestres Goldar

SEMANA DA PRENSA

OS XORNAIS

IMOS A OBSERVAR E ANALIZAR ALGÚNS DOS XORNAIS:

Recorta e pega a cabeceira de tres xornais . Que información nos dan?

A ORGANIZACIÓN E ESTRUTURA DUN

XORNAL: AS SECCIÓNS

Nos xornais anteriores observade como se agrupan as no-ticias (seccións). Copiade ou recortade o nome de 5 sec-cións e explicade que tipo de noticias se inclúe en cada

SECCIÓNS

TEMA/CONTIDO

Consultade un xornal e anotade en que sección atoparíamos... O horario dos autobuses: Os resultados da Liga: A carteleira de cine: O que está pasando noutro país: A programación da televisión: Cousas que pasan en España:

“Seguimos as noticias polo mundo” Buscade en Internet tres xornais de países diferentes. Despois completade:

NOME DO XORNAL

PAÍS

Agora fai o mesmo con tres xornais españois

NOME DO XORNAL CIDADE

“Noticias de primeira páxina”: Agora ímonos fixar nas noticias que aparecen na primera páxina dos xornais. Escollede tres xornais do noso país correspondentes á mesma data e anotade:

Noticias coincidentes:

Noticias non coincidentes:

As vosas conclusións:

Busca unha noticia calquera nun xornal, recorta e pega ( partes dunha noticia ): TITULAR: SUBTÍTULO (se o ten): CORPO DA NOTICIA: FOTO:

Pé de foto

ANALIZAMOS UNHA NOTICIA: Busca unha noticia referida á túa localidade e contesta:

Que pasou?

Onde pasou?

Cando pasou?

Como pasou?

A quen?

“Somos xornalistas”: Teredes que redactar unha noticia para incluir na sección de deportes (revisa a páxina anterior para lembrar as preguntas que unha noticia debe contestar) Título: Noticia:

Debuxo/foto

Pé de foto

“Somos xornalistas”: Agora deberedes escoller un dos seguintes contos : ”A Carapuchiña Vermella “, “O soldadiño de chumbo” ou “Garavanciño”, e redactar unha noticia sobre o que lle ocurre aos seus protagonistas. Poñede algunha foto (debuxo) e pé de foto

TITULAR: CORPO DA NOTICIA (que pasou– onde - cando –como - a quen):

Foto/debuxo

Pé de foto