Rosalia

Post on 20-Jul-2015

308 views 7 download

Transcript of Rosalia

Rosalía de Castro

Follas novas

Negra sombraCando penso que te fuches,

negra sombra que me asombras, ó pe dos meus cabezales tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida no mesmo sol te me amostras

i eres a estrela que brila i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas; si choran, es ti que choras

i es o marmurio do río i es a noite, i es a aurora.

En todo estás e ti es todo pra min i en min mesma moras,

nin me abandonarás nunca, sombra que sempre me asombras.

Este poema reflexa a dor que Rosalía sente, di que esa tristeza e esa dor nunca se irá, referíndose a ella como a sombra. Este é un

poema que xa desde pequeniña escoitei e entendín, e que me gusta moito porque reflexa unha dor, a peor dor que pode a ver, a do sufrimento, témola todos en moitos momentos da nosa vida

pero ninguén a toma igual. Ás veces cando xa pensas que esa dor a pasado, e que xa podes saír adiante hai algo que che atranca e te volve facer caer. Esta refleción tamén a fai Rosalía no poema e

por iso me gusta tanto.

Dime:Este libro de poemas é un dos poemarios máis intimistas que ten Rosalía. Nel expresa as súas preocupacións, denuncia a situación do pobo, sobre todo da muller. Tamén fala sobre os seus poemas, o seu estado de ánimo e tamén fala

da súa enfermidade. O punto de vista da autora é dende un punto de vista pesimisma e estoico. Eu creo que este libro escribiuno para dar a coñecer o seu

punto de vista sobre os problemas da sociedade, que a xente soubera que había alguén que intentarba loitar por un mundo mellor e dar a coñecer a xente que pode haber algo mellor do que tiñan. Tamén o escribe por que se sinte soa

e quere expresar os seus sentimentos xa que esta é unha forma de deshaogarse e de non sentirse tan mal.

Este libro abre a miña forma de ver o mundo de antes, o mundo no que viviron os meus pais e avós. Algúns poemas tamén reflexan ás veces como vemos a vida case todos, dunha forma bastante pesimista. Gústame que fale de temas

como o suicidio e que exprese a súa opinión sobre este tema, xa que é un tema que non se toca moito, que se ten bastante vetado, e cada un ten unha ideoloxía sobre el, uns din que é de persoas covardes e outros que é de

persoas valientes, a pesar de ter moitas contradicións e de ter moitos puntos de vista nunca se fala dese tema.

Na época na que se publicou debeu ter unha repercusión moi grande xa que fala de temas “prohibidos” naqueles tempos, por exemplo o tema do suicidio era un tema que a igrexa criticaba moito, en cambio Rosalía deféndeo como busca

da liberdade. A autora tivo que ter moitos problemas de tipo social para publicalo.

Na actualidade en cambio vémola como unha das mellores escritoras en galego, e sobre todo témoslle moito afecto dado que foi una das autoras do

Rexurdimento, que fixo que o galego volvera a estar en auxe, e porque foi unha muller pioneira que nos axudou moito as mulleres sobre todo cos problemas sociais que tíñamos. Eu creo que é unha obra feminista e feminina, dado que

estáestá escrita por unha muller, a primeira muller que escribe en galego, e ademáis feminista porque defende a muller, e aínda que ás veces pareza que un poema

é machista, no fondo sempre ten un alegato feminista.