Río Xallas

Post on 16-Apr-2017

481 views 0 download

Transcript of Río Xallas

LONXITUDE: 64,5 km

SUPERFICIE DA CUNCA: 504,2 km2

CONCELLOS: Coristanco, Santa Comba, A Baña, Zas, Mazaricos, Carnota e Dumbría

CLIMAAtlántico

RÉXIME: Pluvial, con augas altas no inverno e primavera.

CAUDAL: 19,6 m3/s (moi afectado polos encoros)

NACEMENTO: Monte CasteloCabeceiras: Vilamaior, Castiñeiras, Bazar-Xallas

Mira

Braña Rubia, nas cabeceiras do Mira.

Nace na Braña Rubia e xúntase xo Xallas en Castriz (Santa Comba).

Abuín

O Xallas en Santa Comba

BRANDOMIL

Abuín

Maroñas

MazaricosEncoro da Fervenza

PONTE OLVEIRA

O Xallas en Ponte Olveira

O Xallas en Olveiroa

BebaÉ o afluente máis longo do Xallas. Nace no concello de Mazaricos (alto do Cotón) e xúntase co Xallas en Colúns.

O Beba na Pontenova (Mazaricos)O Beba en Fíveda (Mazaricos)

Encoro de Ponte Olveira

O Xallas entre os encoros de Ponte Olveira e Castrelo)

HospitalNace no Chan das Lagoas (Dumbria) e xúntase co Xallas no encoro de Castrelo. Ten un percorrido con grandes desniveis entre penedos graníticos formando rápidos, pozas e pequenas fervenzas.

Encoro de Castrelo

Xestosa

Devesa de Anllares, na marxe esquerda do Xallas.

Val do Xallas entre o Macizo de Buxantes (ao fondo) e A Ruña.

Encoro de Santa Uxía desde os montes de Buxantes

Encoro de Santa Uxía, Entre os Macizos do Pindo (esquerda) e Buxantes (dereita).

ArcosNace nos montes da Ruña e xúntase co Xallas no encoro de Santa Uxía.

Encoro de Santa Uxía.

Canón do Xallas

ÉZARO

DESEMBOCADURA: Enseada de Ézaro (Océano Atlántico)

XEOLOXÍAO Xallas baixa do Monte Castelo e discorre maino e sinuoso, con escasa pendente na maior parte do seu curso, para acabar cun certo encaixamento e aumentando a súa pendente cara á desembocadura, onde cae nunha espectacular fervenza.No seu curso atópase gran variedade de rochas: gabros, xistos, granitos…

O último treito do Xallas forma un profundo canón entre os macizos graníticos do Pindo e Buxantes, e salva un desnivel de 155 m antes da desembocadura, na que cae nun cadoiro de 40 m de altura formando unha profunda poza (máis de 20 m de profundidade).

Fervenza de Castriz (Santa Comba), no río Mira (Xallas).

Nos afluentes do Xallas abondan as fervenzas.

Fervenza de Fírvado no Río Beba. En Coiro (Mazaricos). Hai varios rápidos e saltos pequenos por todo o percorrido do Beba e do seu afluente o Xendiz.

Fervenza da Xestosa. Buxantes (Dumbría). O ría salva un gran desnivel en varios saltos e unha gran escorregadeira.

Fervenzas de Hospital (Dumbría). A máis grande ten 6 m en tres saltos. Fervenza da Xestosa.

Rego da Ribeiratorta, no lugar do Enxilde (Arcos). O río cae sobre o encoro do Xallas formando un salto de varios metros de altura.

Fervenza de Nuveira, no rego de Arcos. Na parroquia de Arcos (Mazaricos).

Cadoiro do Xallas (fervenza de Ézaro): en Ézaro, no concello de Dumbría.O Xallas bótase na enseada de Ézaro desde 40 m de altura formando unha fervenza que co paso do tempo foi excavando unha poza moi profunda.

FLORANas marxes consérvanse bosques de ribeira con amieiras, salgueiros, freixos, sabugueiros e, máis lonxe da auga carballos. Na beira do río hai pé de boi, oucas, fentos, brións…

Nas brañas viven plantas adaptadas ao asolagamento temporal: xuncos, gramíneas, espadainas, rorelas, esfagnos, orquídeas, liño bravo, queirugas, xesta das brañas, toxos...

Lisimaquia

Espigas de auga (Potamogeton natans)

Xunco (Juncus bulbosus)

FAUNAO máis representativo da fauna son as aves, sobre todo paxaros (pimpín, escribentas, carrizos, pegas...), miñatos, lavancos... os anfibios (pintafontes, sapos, ras) e os insectos (libeliñas, cabalos do demo, bolboretas...).Destaca a gran cantidade de cangrexo de río americano, especie invasora moi prexudicial para os ecosistemas.

Ra patilonga (Rana Iberica)

Efímera Bolboreta (Cabera Pusaria)

ESPAZOS PROTEXIDOSParte do Xallas (desde o remate do encoro de Santa Uxía ata Ézaro) está incluído no LIC “Carnota-Pindo”. Este espazo carece dunha figura de protección xurídica, polo que moitas asociacións intentan que se declare ao Monte Pindo parque Natural.

“Brañas do Xallas” un espazo proposto como LIC, pendente de aprobación.

APROVEITAMENTOSubministro de auga para as poboacións, a agricultura e a industria; enerxía hidroeléctrica; pesca; turismo; lecer…

Muíño no río Beba Muíño en Dumbría

ENCOROS: A Fervenza, Ponte Olveira, Castrelo, Santa Uxía, (Central Pindo-Xallas)

A FervenzaSanta Uxía

Central do Xallas (Ézaro)

DATOS HISTÓRICOSToda a cunca do Xallas estivo poboada desde tempos moi antigos como testemuñan as mamoas e castros.

As primeiras construcións para obter enerxía hidroeléctrica do Xallas datan de 1897, en que se instalou a empresa Sociedade Española de Carburos Metálicos (hoxe forma parte do grupo FerroAtlántica).

PONTES

Ponte de Brandomil sobre o Xallas

Ponte sobre o Fírveda (Beba) Ponte sobre o Xallas en Dumbría

Ponte sobre o Beba

TRADICIÓNSArredor do cadoiro do Xallas hai unha chea de lendas: desamores de princesas, poderes sobrenaturais, encantamentos, ritos... Contan que detrás da fervenza existe unha porta máxica gardada por bruxas que levará embaixo do río ao mozo que se atreva a pasar, podendo casar cunha bela princesa encantada e posuír unha enorme fortuna.

CURIOSIDADESO Cadoiro do Xallas ou Fervenza de Ézaro, na desembocadura do Xallas, é unha das máis destacadas de Galicia, pola súa beleza e por ser o único río de Europa que cae directamente no mar formando un salto. Foi citada por Frei Martín Sarmiento. Textos de 1724 falan xa da fervenza, describíndoa coma unha enorme fumareira que podía ser ollada desde varios quilómetros mar adentro.

A partir da construción do encoro de Santa Uxía quedou sen auga e so se podía ver en días de moita enchente cando sobrepasaba o nivel do encoro. Despois de numerosas protestas, no ano 2000 conseguiuse que deixaran pasar a auga unhas horas á semana e, no 2012 gañouse un recurso que obriga á empresa a deixar pasar un caudal ecolóxico (arredor de 2 m3/s).

PROBLEMASEncoros que destrúen os ecosistemas, especies invasoras (especialmente cangrexo de río americano), contaminación...En setembro de 2013 houbo un incendio forestal de nivel 1 que afectou ao contorno da desembocadura do Xallas.

Cengrexo de río americano

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta