Puxémoslle nome ás persoas: Suso, Maruxa…

Post on 07-Jan-2016

59 views 6 download

description

Puxémoslle nome ás persoas: Suso, Maruxa…. Aos apelidos: Vázquez, Nogueira… e alcumes: O Rachaoferro, O Bichoguizo…. Puxémoslle nomes ás nosas árbores: abeneiro, freixo, carballo, salgueiro, cerdeira… E apelidos: Carballa da Rocha, Castiñeiro da Capela. - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of Puxémoslle nome ás persoas: Suso, Maruxa…

Puxémoslle nome ás persoas:Suso, Maruxa…

Aos apelidos:

Vázquez, Nogueira…

e alcumes:

O Rachaoferro,

O Bichoguizo…

Puxémoslle nomes ás nosas árbores: abeneiro, freixo, carballo, salgueiro, cerdeira…

E apelidos: Carballa da Rocha, Castiñeiro da Capela...

Botamos aturuxos, arroutadas... e damos o colo, apertas...

Puxémoslle nome ás froitas: pexego, mazá, fatón, laranxa, amorodo...

Aos arbustos: silva, xesta, salgueiro, carqueixa, toxo...

Ás comidas: grelos, cacheira, touciño, freba...

aos insectos: vagalume, escornabois, vacaloura, cascuda...

Aos peixes: xouba, ollomol, pescada, robaliza... e aos mariscos: vieira, zamburiña, ameixa...

Ás nosas praias: de Rodas, A Rapadoira, As Combouzas, As Catedrais...

Ás serras: O Larouco, A Capelada, O Eixo...

Aos montes: A Zapateira, O Galiñeiro, ...

Ás rochas: Pena Corneira, A Pedra de Abalar, A Marola...

Aos ríos: Toxa, Xallas, Anllóns...

Ás vilas: Soutelo, A Peroxa, A Picota, Montederramo, O Carballiño...

Aos males: Mal de Ollo, O Arangaño...

Aos nosos medos: A Santa Compaña, O Negro Meigallo, A Estantía...

Aos nosos heroes: O Foucellas, Roi Xordo...

Aos monstros: O Sacauntos, O Fendetestas...

Ás vacas: A Marela, A Xeitosa, Rubia...

Aos disfraces: Peliqueiro, Boteiro, Cigarrón...

Aos vestidos: saia, polaina...

Aos sentimentos: morriña, agarimo,

ledicia...

Aos santos: A Franqueira,

O Corpiño...

Ás nosas festas: A Rapa das Bestas, O Magosto...

Á musica: os alalás, a chouteira, a muiñeira...

Aos xogos: a billarda, a porca...

Ás partes do corpo: as costas, os xeonllos, os nocellos...

Aos paxaros: paporrubio, rula, pomba, carrizo...

Dispoñemos de

sistemas operativos

informáticos

na nosa

lingua…

…de telefonía móbil…

…xogos “na rede” na nosa lingua…

…xornais dixitais

en

galego…

…buscadores…

..e o galego

ábrenos as portas

a máis de 220 millóns

de persoas

en todo o mundo, a través da lusofonía

....e agora veñen con que para que serve o galego!

Pois é obvio...

para entendérmonos.