Proxecto ríos valiñadares grupo 1

Post on 02-Jul-2015

110 views 5 download

description

Traballo proxecto ríos alumnos grupo 1

Transcript of Proxecto ríos valiñadares grupo 1

Proxecto ríos

Importancia ecolóxicaOs ríos constitúen un sistema de circulación lineal,

vectorial, xerarquizado e estructurado para trasladar sedimentos e fluídos vitais a través das Concas Hidrográficas e as suas desembocaduras, dando así sustento a toda as formas de vida que o constitúen.

O río é un vector enerxético parte integrante do Ciclo Hidrolóxico da Auga e recorre tan so a superficie terrestre, conectando o colector sólido superior (Glaciares) co inferior (Océanos).

A interrupción e a contaminación destes pode modificar e alterar o fluxo normal do Ciclo Hidrolóxico da Auga provocando serios transtornos no clima da terra, os procesos isostáticos e a conservación de diversos ecosistemas.

Importancia ecolóxica do bosque de Ribeira

Ten elevada relevancia ecolóxica posto que cumpre funcións de gran importancia:

Estabiliza marxes, mitiga os efectos das enchentes e actúa á vez como refuxio e corredoiros naturais para a fauna.

Relación dos ríos coa actividade humana

Actualmente o río utilízase para mover os muíños, lavar roupa a man, regar as plantacións cercanas, etc.

Coordenadas xeográficas

A localización:X (inicio): 29T 632 960 Y (inicio): 29T 480 9305X (final): 29T 632 942Y (final): 29T 480 9491

Datos climáticos da zonaMondoñedo ten un clima oceánico no que

aparecen as seguintes variantes:

O clima máis seco é xuño, con 30mm, mentres que novémbro é o mes con máisprecipitacións do año (118mm).

O mes máis caluroso do ano cun promedio de

19.8ºC de agosto. O mes máis frío do ano é de 8.5ºC en xaneiro.

En canto ás precipitacións a diferencia entre o mes máis seco e o máis chuvioso é de 88mm. As temperaturas varían durante o ano nun 11.3ºC.

Valores do Valiñadares para Mondoñedo

A lenda máis tradicional aséntase na Ponte do Pasatempo que debe o seu nome á lenda na que se entretiña á muller do mariscal Pardo de Cela (que ía ser executado ) que traía consigo un indulto para salvalo.

Barrio dos muíños: debe o seu nome a bifurcación do río Valiñadares en varios regatos que alimentan os muíños de Mondoñedo. Actualmente consérvanse a maioría pero case ningún funciona.

O Camiño Norte (Camiño de Santiago) pasa por esta vila na que se atopa a Catedral, un dos grandes símbolos de Mondoñedo.

Análise

Fixemos dúas saídas: unha en inverno e outra en primavera, nas cales observamos os seguintes datos:

PONTE DO PASATEMPO

Calidade hidromorfolóxica

-Hábitat:En Xaneiro o valor final que obtivemos do hábitat foi de 40 puntos. En Maio foi de 62 polo que se pode observar que en primavera mellorou a calidade do hábitat.

-O caudal, alteracións e usos do soloO caudal do río en Xaneiro foi de 2,96 m³/s mentres en Maio foi de 1,6 m³/s.En canto ás alteracións en Xaneiro os impactos paisaxísticos foi un saco no río e en Maio foron bordes rozados, recheo de cascallos e canais de irrigación.No uso do solo non se observan alteracións importantes.

-Residuos:En Xaneiro había plásticos e en Maio, a maiores, papel. Nos dous meses atopouse ruído puntual e baixa contaminación lumínica.

Calidades físico-químicas

-Temperatura:En Xaneiro rexistráronse 10ºC e en Maio, 12ºC.-Nitratos:En Xaneiro 0mg/l e en Maio, 5mg/l -OsíxenoEn Xaneiro 0mg/l disoltos e en Maio, 8mg/l-pHEn ambos os meses foi de 6.

-Calidade biolóxicaA calidade biolóxica era moderada en ambas saídas.-BiodiversidadeEn Xaneiro atopáronse árbores como abeleiras, ameneiros e salgueiros común e de especies animais rexistrouse un corvo mariño. En Maio había berros, abeleiras, ameneiros, eucaliptos e salgueiros comúns.

PONTE DA AV. DE BUENOS AIRES

Calidade hidromorfolóxica

-HábitatEn Xaneiro tivo unha puntuación de 41 e en Maio de 53 puntos.

-Caudal, alteracións e usos do soloEn Xaneiro era de 2,1 m³/s e en Maio, 1,586m³/s.As alteracións variaron pero non inflúen no hábitat.Rexistrouse ruído puntual e contaminación media, en Xaneiro non se rexistran residuos pero en Maio atopáronse papeis.

-NitratosNON HAI RESULTADOS-OsíxenoNON HAI RESULTADOS-pHEn Xaneiro foi de 6 e en Maio non hai datos.-BiodiversidadeEn Xaneiro atopáronse árbores como ameneiros, salgueiros comúns, un kiwi e un limoeiro e en Maio atopáronse sabugueiros e animais como galiñas.

PONTE DA POUSADA

Calidade hidromorfolóxica

-HábitatEn Xaneiro a puntuación foi de 45 e en Maio de 67.

-Caudal, usos do solo e alteraciónO caudal foi de 5,5 m³/s en Xaneiro e en Maio foi de 1’96 m³/s.Atopáronse alteracións tales como canalizacións con vertidos legais, explotacións hidráulicas e colectores.Os usos do solo non mostraron cambios.

-ResiduosEn canto ós residuos había plásticos en ambos os meses e a contaminación acústica e lumínica non variou.

-TemperaturaEn Xaneiro rexistráronse 11ºC e en Maio, 13ºC.-NitratosEn Xaneiro 0mg/l e en Maio 5mg/l-OsíxenoEn Xaneiro 0mg/l e en Maio 8mg/l-pHEn ambos os meses foi 6.

-Calidade biolóxica Moderada en ambos períodos de tempo.-Biodiversidade En Xaneiro rexistráronse plantas acuáticas como lentellas de auga, árbores como abeleiras, ameneiros, freixos, salgueiros comúns e bimbieiras e animais como un corvo mariño.En Maio rexistráronse plantas como berros, árbores como abelerias e ameneiros, freixos, sabugueiros, salgueiros comúns e bimbieiras e animais un corvo mariño.

CONCLUSIÓN

En xeral nas tres zonas, as variacións foron pouco significativas excepto no caudal do río. Na Ponte da Pousada desapareceu un dos ladrillos que se colocaron para a mostraxe.Nas saídas de Xaneiro nin as pílulas dos nitratos nin as de osíxeno funcionaron polo que é probable que estiveran en mal estado.

Feito por:

• Alba Rivas Cabanas• Cristina Ledo Freire • Lucía Pacio Iglesias• María Patricia López Cabanas• María Taboada Pena• Marta Reigosa Fernández• Virginia Docampo Iglesia 1º BAC