Proxecto Interdisciplinar. Arte e deseño na UE.

Post on 14-Aug-2015

25 views 2 download

Transcript of Proxecto Interdisciplinar. Arte e deseño na UE.

Proxecto Interdisciplin

ar 1º ESO – BCurso 2014-

2015Izadora C. R.

Colexio Sagrado Corazón de Jesús

Hoxe falarei sobre a arte na Unión Europea, contándovos un pouco a historia de cada país así como as súas obras artísticas máis destacables. Empregarei imaxes de esculturas, pinturas e edificacións , ademais serán mencionados os nomes dos seus creadores/as así como as datas de creación.

Algunhas das fontes de información consultadas foron:

Wikipedia.org Arquitectura-antigua.es Pintoresfamosos.cl

IntroduciónARTE E DESEÑO NA UE

ITALIA

A capela sixtina(Miguel Anxo)

1508-1512

Condotiero Gattamelata(Donatello)

Porta Borsari(Giovanni Giocondo)

1492

A arte italiana é considerada polos estudosos da nosa era, como exemplo universal de beleza. Xenios pintores, escultores e arquitectos itálicos expresaron ideas estéticas que non foron rebatidas en máis de dous milenios. Desde o ano 27 a. C. comézanse a construir grandes monumentos, o que continuou ata ben pasado o Renacemento. Desenvolvéronse en Italia correntes e estilos que influíron fortemente no pensamento dos artistas europeos.

O DESEÑO ITALIANO ACTUAL

Cristal de Murano Valentino

FRANCIA

Torre Eiffel(Gustave Eiffel)

1887 A liberdade guiando ao pobo

(Delacroix)1830 As catro estacións

(Jean Goujon)1543

A arte francesa é de identidade latina. As culturas máis poderosas de Europa tales como a romana ou a xermánica deixaron unha fonda pegada na Francia de hoxe en día. Estas sentaron profundas bases estéticas que marcaron o desenvolvemento das belas artes da nación, dita influencia pódese apreciar especialmente en obras de pintura, escultura e arquitectura.

Maman – Louise Bourgeois

Naturaleza morta á luz das velas(Fernand Léger)

A ARTE FRANCESA CONTEMPORÁNEA

ESPAÑA

Cristo atado á columna.Gregorio

Fernández

Catedral de Santiago. 1211

Las meninas Diego Velázquez-

1656

Desde a Antigüidade, a riqueza cultural de tartesos, iberos, e a poboación celta norteña, foi un factor determinante para o enriquecimento da arte peninsular.

A arte española chegou ao seu apoxeo no Século de Ouro español, destacando na pintura figuras como Diego Velázquez, El Greco, e na literatura; Francisco de Quevedo, Góngora, etc.

Este patrimonio visible en pinturas, esculturas e edificios, tamén está presente en moitas prazas e rúas de España, resultado dunha lonxeva tradición cultural.

EDIFICACIÓNS DE SANTIAGO CALATRAVA

ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA

EN ESPAÑA

PORTUGAL

Arco da rúa Augusta

Célestin Anatole Calmels

Nuno Gonzalves- Painel do Político de San Vicente

Estatua orante de don Juan–

Solorzano Pereira

As pinturas rupestres da Gruta do Escoural, a cidade romana de Conímbriga, o templo de Diana en Évora e a arquitectura con trazos árabes nas cidades de Olhão e Tavira son apenas algúns exemplos das extraordinarias preciosidades culturais do país. Ao longo de séculos, as artes en Portugal sufriron influencias externas, incluíndo flamengas, francesas e italianas. As viaxes dos descubridores portugueses abriron camiño ás inspiracións orientais mentres que a importación de ouro e pedras preciosas chegadas do Brasil alimentaron a chama barroca na arquitectura e na decoración.

Frank Stella - Severambia

ARTE CONTEMPORÁNEA EN PORTUGAL

MÓNACO (ligado a Francia pero sen

condición de Estado membro da UE)

En Mónaco prevalecen os estilos arquitectónicos que se deron en Francia. Entre as construcións máis significativas do principado atópase a Catedral de Mónaco, do ano 1875, dedicada a San Nicolás. Outra das construcións emblemáticas, ademáis do Palacio Principesco, é o edificio que alberga o Museo Oceanográfico e o Acuario. A súa impresionante fachada, de cara ao mar, é considerada unha obra mestra .Ademáis, en 1932 inaugurouse o Teatro Princesa Grace, renomeado así en honor a Grace Kelly en 1983.

ArlequínEnrique de Mónaco

Catedral de San Nicolás- 1875

Reina Mariana - Manolo Valdes-

Marcelline Lapouffe

O DESEÑO MONEGASCO CONTEMPORÁNEO

REINO UNIDO

A arte do Reino Unido abarca todas as manifestacións artísticas realizadas dende a fundación do país ata a actualidade. Porén, gran parte da denominada arte británica provén de antes de 1707, sendo Stonehenge a manifestación artística máis antiga no país, xa que data do 2500 a. C. Dende aquela, a arte no territorio comprendido polo Reino Unido foise desenvolvendo co paso dos séculos, e para a época da unión das catro nacións, cada unha xa contaba cunha tradición artística ben definida.

 Augustus Welby-Big Ben

1859 John Deare- Venus

1787

John Opie-Autorretrato

1789

Marchel duchamp-

fountainMuseo Nacional Británico de Arte

Moderna1917

ARTE CONTEMPORÁNEA NO REINO UNIDO

IRLANDA

Powerscourt House-

Richard Cassels1731-1741

Retrato de Lady Mary Wortley Montagu-

Charles JarvisFinales do século 17

Andrew O'Connor

Comenzou coas misteriosas figuras que os pobos do neolítico grabaron naspedras das sepulturas e continuou despois da conquista celta cos ricoscódices e os luxosos ornamentos relixiosos que expresaban o fervor dafe cristá. Aínda que durante séculos os artistas irlandeses non sempre puideron manifestar a súa identidade cultural, a súa expresión estivo en todo momento en armonía coa singular beleza natural das paisaxes da illa.

Irish Museum of Modern Art

ARTE CONTEMPORÁNEA EN IRLANDA

AUSTRIA

Edificio Helblinghaus

Monumento ao Príncipe Uxío na Praza dos Heroes.

O emperador Carlos V co

seu can.

Posúe unha gran riqueza artística dende tempos remotos. Pódense ver restos celtas, romanos e cristiáns. O Románico austríaco expresa como poucos a relación do cristianismo co país. Durante o Renacemento erguéronse fermosos pazos e edificios relixiosos de influencia italiana. O estilo predominante en Austria foi o Barroco. Fisher von Erlanch conseguiu aunar as influencias extranxeiras cos elementos nacionais máis característicos conseguindo un estilo austríaco propio.

ROMANÍA

Posúe unha gran cultura, en gran medida derivada da romana. A tradición literaria e musical de base popular sempre destacou na cultura romanesa, superando as influencias occidentais que apareceron en diversas épocas.

A arte alcanzou a súa madurez no século XIX. A cultura romanesa moderna evolucionou máis ou menos durante os últimos 250 anos cunha forte influencia da cultura occidental, particularmente francesa e alemá.

O París1907

Constantin Blancusi- 1876

Nicolae Vermont –Visare- 1891

Dorobanti TowerBucharest2009-13

ARTE CONTEMPORÁNEA EN ROMANÍA

GRECIA

O Partenón na Acrópole de Atenas

Discóbolo- Mirón - 455 a. C

Corredores durante os Xogos Panatenaicos

A arte grega antiga influiu decisivamente na arte de Occidente. O seus valores foron asimilados por Roma e perviviron ata nosos días como sinónimos de proporción, equilibrio e perfección. 

Destacaron a arquitectura e a escultura, caracterizada pola procura da beleza ideal, recreando modelos platónicos. A cultura desenvolvida polos antigos gregos estableceu os fundamentos da cultura occidental actual. Dela xurdiron os conceptos e principios da arte, a filosofía e o saber posterior.

Aínda que a arte sexa contemporánea, en moitos aspectos seguen recreando e recordando os rasgos da antigüidade, como os edificios e as estatuas de tradición helenística.

ARTE CONTEMPORÁNEA EN GRECIA

ALEMAÑA

Wilhelm Leibl: Die drei

Frauen in der Kirche, «As tres

mulleres na igrexa», 1881.

O Holstentor (Lübek), obra do gótico tardío,

arquitecto Hinrich Helmsted. 1464 - 1478

Tarxeteiro Aby Warburg -1866

O Renacemento alemán é parte dese renacer que houbo nos Países Baixos nos séculos XV -XVI. A corrente que existía era de influencia flamenga, a pesar de que tiña un estilo artístico moi particular. Os temas relixiosos abundaban nas obras de arte, o máis importante Alberte Durero (1471-1528). En Alemaña, a arquitectura conservou fortes influencias do gótico medieval. O renacemento artístico non foi en Alemaña unha tentativa de resurrección da arte clásica, senón unha renovación intensa do espírito xermánico, motivado pola Reforma protestante.

Na cidade alemá de Duisburg existe unha curiosa escultura chamada ‘Tigre e tortuga – montaña máxica’. Unha escultura xigante deseñada polos artistas de Hamburgo Heike Mutter (1969) e Ulrich Genth (1971).

ARTE CONTEMPORÁNEA EN ALEMAÑA

BÉLXICA

O arte belga baseábase maiormente na arte flamenga. A idade de ouro da pintura flamenga produciuse no século XV. Daquela, a función da pintura era alabar a Deus e mostrar a súa fe. Os séculos posteriores deron paso a unha nova etapa na que se buscaba reflectir a realidade para retratar as persoas e a natureza tal como aparecen ao ollo humano, co máis mínimo detalle e sen distorsións nin adornos clásicos.

A muller da luvaEdouard Agneessens 1842-1885

Casa do Concello de Bruxelas

1402 -1420 Jean Bornoy

Atomium-André Waterkeyn

ARTE CONTEMPORÁNEA EN BÉLXICA

DINAMARCA

Ten unhas orixes que se remontan a milleiros de anos, con obxectos relevantes do II milenio a. C. E é que a arte da Dinamarca actual conserva moitos ecos da arte da Idade do Bronce nórdica, así como da arte viquinga e escandinava. As pinturas dinamarquesas do medievo son principalmente frescos. Coa Idade de Ouro dinamarquesa iniciouse unha tradición artística que continúa na actualidade.

1749 - 1752 (capitel) Lambert van Haven 1696

(igrexa)

Nikolai Abraham Abildgaard, 1775

Xasón co vélaro de ouro-Bertel

Thorvaldsen- 1803

Museo Louisiana de arte moderna.

ARTE CONTEMPORÁNEA EN DINAMARCA

POLONIA

A cultura de Polonia está estreitamente conectada coa súa historia de 1000 anos. O seu carácter único desenvolveuse como resultado da súa xeografía na confluencia de Europa Occidental e Oriental. Co tempo, a cultura polaca viuse profundamente influída polos seus vínculos cos mundos xermánicos, latinos e bizantinos, como tamén o diálogo continuo cos moitos outros grupos étnicos e as minorías que viven en Polonia.

Castelo de wawel – 1333

Batalla de Grunwald- 1879 – Jan Matejko.

FIN