Post on 11-Sep-2020
C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA
Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: ceip.sanvicenzo@edu.xunta.es
PROPOSTA DE ACTIVIDADES
TALLER LÓXICO-MATEMÁTICA
“FACEMOS MAXIA: FORMAS QUE SE TRANSFORMAN EN...”
MATERIAIS:
o Tapóns
o Cartóns
o Tesoiras
PROCEDEMENTO:
▪ Imos colocar tapóns ao redor de formas xeométricas feitas con cartón. Podemos colorar tapóns
dunha mesma cor ou dar consignas creando series de cores.
TALLER
C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA
Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: ceip.sanvicenzo@edu.xunta.es
▪ Con esas formas seremos capaces de crear unha árbore? Que forma podemos empregar como tronco?
E para a copa?
▪ E agora... conseguiremos facer unha casiña? Que pensas que pode ser o tellado? Queres que lle
coloquemos unha cheminea? Fáltalle algo a esa casa? Ups! Pero non temos porta!! Nin ventás! Que
formas podemos facer? Agora sí! Moi ben!
▪ Podemos seguir facendo maxia e deixar voar a imaxinación... Animádesvos? En que podemos
converter un círculo? Ao mellor ocórreselles que podemos crear unha cara, unha pelota, unha roda,
un planeta, un león, un sol... E un triángulo?
Animádesvos a enviar fotiños das vosas creacións? Estamos desexando velas!
C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA
Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: ceip.sanvicenzo@edu.xunta.es
TODO VAI SAÍR BEN!
INGREDIENTES:
- 1 BISCOITO CON FORMA DE COROA.
- LACASITOS DE CORES.
- MARMELADA DE CALQUERA SABOR.
- CREMA DE ABELÁ E CHOCOLATE
(NOCILLA, NUTELA…).
- NATA MONTADA.
ELABORACIÓN:
1. ELABORAMOS OU COMPRAMOS UN BISCOITO CON FORMA DE COROA.
2. CORTAMOS O BISCOITO POLA METADE, QUEDANDO DOUS ARCOS.
3. COLLEMOS UN DOS ARCOS, CORTÁMOLO POLA METADE E ENCHÉMOLO DE
MARMELADA (TAMÉN PODE SER CREMA DE CHOCOLATE).
4. CUBRIMOS A SUPERFICIE SUPERIOR DO ARCO CON CREMA DE ABELÁ E
CHOCOLATE.
5. CLASIFICAMOS OS LACASITOS POR CORES.
6. COLOCAMOS OS LACASITOS ENCIMA DO BISCOITO SIMULANDO UN ARCO
DA VELLA.
7. NOS REMATES DO BISCOITO, COLOCAMOS NATA MONTADA SIMULANDO
AS NUBES.
8. A DESFRUTAR DO DOCE, POIS “TODO VAI SAIR BEN”!
COCIÑA
C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA
Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: ceip.sanvicenzo@edu.xunta.es
EXPERIMENTO: “Barco a toda vela”
OBXECTIVO: construír un barquiño, ver como flota e como conseguimos que se mova con unha
pequena propulsión pola superficie.
O barco debe ser lixeiro para propulsarse só coa forza da auga. Os materiais non pesan nada e
son fáciles de recortar, pero podedes pedir axuda a un adulto para recortalas ben. Pódes facelo
moi rápido e empezar a navegar en seguida!
TEMPO:10-15 min
MATERIAIS: • Unha cartolina de cor
• Pintura
• Deterxente líquido ou lavalouzas
• Cartolina branca
• Pincel
• Dous palillos
• Tesoiras
• Bandexa con auga
CIENCIA
C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA
Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: ceip.sanvicenzo@edu.xunta.es
PROCEDEMENTO: 3

ARTE ARTE
ESTA SEMANA CELÉBRASE O “DÍA INTERNACIONAL DOS
MUSEOS”, ASÍ QUE, SE QUEREDES EXPOÑER NO “MUSEO
SAN VICENZO”, ÍMONOS
CONVERTIR EN ARTISTAS POR UN DÍA.
A ACTIVIDADE QUE VOS PROPOÑO E CREAR A VOSA PROPIA OBRA
INSPIRÁNDOVOS NO PINTOR QUE MAIS VOS GUSTE.
PODEDES FACER PAISAXES COMO VAN GOGH, RETRATOS COMO PICASSO OU
ARCIMBOLDO, PINTURA ABSTRACTA COMO JACKSON POLLOCK OU KANDINSKY,
ESCUTURAS COMO MIRÓ…..
MATERIAIS:
- CARTULINA
- LENZO
- PINCEIS
- TÉMPERA
- ACUARELA
- CERAS
- ROTULADORES
- PAPEIS DE CORES: CHAROL, SEDA, PERIÓDICO…
- PLASTILINA
- ARCILLA
- PASTA DE PAPEL…
TÉCNICA:
- PINTURA
- MODELADO
- COLLAGE
- PUNTILLISMO…
C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA
Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: ceip.sanvicenzo@edu.xunta.es
COMO PREPARARNOS ANTES DE CADA SESIÓN
1. Necesitamos roupa cómoda que nos permita movernos correctamente (chándal, mallas,
pantalón curto, camiseta, …).
2. Buscamos na casa un lugar axeitado para realizar os distintos exercicios, lembra que ten
que ser cómodo e espazoso.
3. Poñemos música relaxante, que nos guste e nos permita concentrarnos.
4. Podemos prender algunha candea aromática ou incenso, pero sempre coa supervisión dun
adulto.
5. Colocamos unha esterilla ou alfombra, senón temos non pasa nada, facémolo sen ela.
6. Temos que utilizar calcetíns ou calzado que eviten escorregar no chan.
7. Antes de comezar o exercicio, temos que quentar as articulacións para non lesionarnos,
polo que movemos lentamente e de forma circular os nocellos, xeonllos, cóbados, bonecas,
brazos, cadeira e pescozo durante uns minutos.
O EXERCICIO DA SEMANA
8. Antes de realizar o exercicio, hai que adiviñalo: “O gato”.
Son astuto e
xoguetón, cazar
ratos e a miña
maior paixón.
Quen son?.
9. Podemos ver como se fai neste vídeo tan ilustrativo:
https://www.youtube.com/watch?v=4ADGdNc06yM
10. Este exercicio é moi bo para as costas, pois axuda a corrixir as malas posturas ademais de
fortalecer os brazos e o abdome. Para facelo temos que colocar as mans e os xeonllos no
chan. As bonecas das mans hai que colocalas en liña recta cos ombros, collemos aire,
botámolo fóra e ao mesmo tempo redondeamos as costas intentando tocar co queixo no
peito, coma no debuxo. Estiramos os brazos premendo o chan e mantemos a posición.
Aguantamos 10 segundos e volvemos á postura inicial coas costas sen curvar.
11. Como xa sabemos facer “O saúdo ao sol”, comezaremos todas as nosas sesións de ioga
con esta postura e logo pasaremos a facer a postura semanal, neste caso “O Gato”.
Repetirémola cantas veces queiramos, pero sempre descansando en intervalos de 30
segundos mentres escoitamos a música relaxante. Despediremos a sesión pechándoa co
“Saúdo ao sol”.
IOGA
C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA
Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: ceip.sanvicenzo@edu.xunta.es
CONMEMORACIÓN
DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS CEIP Plurilingüe San Vicenzo – 18 de maio do 2020
Celébrao visitándoos virtualmente cun pequeno CLIC na imaxe
MUSEO
SMITHSONIAN
EEUU
MUSEO FRIDA
KAHLO
MÉXICO
MUSEO
LOUVRE
FRANCIA
MUSEO
GUGGENHEIM
BILBAO
MUSEO
DALI
GIRONA
MUSEO
DEL PRADO
MADRID
GALERÍA
UFIZZI
ITALIA
MUSEO
BELAS ARTES
A CORUÑA
MUSEO
ETNOLÓXICO
RIBADAVIA
C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA
Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: ceip.sanvicenzo@edu.xunta.es
A Rede Natura 2000 é unha rede de Espazos Naturais Protexidos, creada coa finalidade de conservar ou
restaurar a fauna e a flora, así coma os seus hábitats, no patrimonio natural da Unión Europea. Na actualidade,
está formada por máis de 27.000 zonas, constituíndose así como zona máis ampla de Espazos Naturais
Protexidos do mundo.
No marco da Rede Natura 2000, Galicia conta con 59 ZECs (Zonas de Especial Conservación) e con 16 ZEPAs
(Zonas de Especial Protección para as Aves), que van dende o mar á montaña. A continuación, convidámosvos
a descubrir a riqueza dalgúns destes espazos naturais galegos facendo clic na imaxe:
DÍA EUROPEO DA REDE NATURA 2000 CEIP Plurilingüe San Vicenzo – 21 de maio do 2020
C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA
Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: ceip.sanvicenzo@edu.xunta.es
ACTIVIDADES
1. QUE LUGAR CHE GUSTOU MÁIS VISITAR? FAI UN DEBUXO E ESCRIBE O SEU NOME.
2. PARA CONTRIBUIR A CONSERVAR ESTES ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS, É
NECESARIO QUE SEXAMOS RESPONSABLES. RODEA AS ACCIÓNS QUE DEBEMOS LEVAR
A CABO, E MARCA CUNHA “X” AQUELAS QUE NON DEBEMOS FACER NA NATUREZA.