Presentación 2

Post on 13-Apr-2017

103 views 2 download

Transcript of Presentación 2

DOS DRAGÓNS

O MUNDO

Había unha vez, nun lonxano reino, uns dragóns moi malvados que vivían nunha cova que estaba á beira do cráter dun volcán.

O seu xefe era o dragón máis feroz, salvaxe, grande e cruel. Chamábase Mortífero e os seus ollos aterraban a todos os que o miraban. Era enorme, espantoso, despiadado e disfrutaba facendo o mal.

Os dragóns comían plantas, animais e ata persoas que vivían por alí. Tamén queimaban campos, aldeas e vilas, roubando todo o que atopaban.

No fondo da súa cova os dragóns gardaban todos os tesouros que roubaran durante anos: cofres cheos de ouro, diamantes, esmeraldas, milleiros de xoias, cadros, libros ….

Os dragóns tiñan aterrados aos habitantes do país de Portofarum. Decidiron ir ata o castelo da raiña Laura para pedir que os seus mellores guerreiros viñesen loitar cos dragóns. Elixiron para esta perigosa misión a Breogán, Joana e Paula.

A raíña Laura, moi preocupada, preguntou quen dos valentes cabaleiros quería acompañar aos aldeáns para loitar contra os dragóns.

Os “valentes” cabaleiros empezaron a buscar excusas para non ir, porque os dragóns lles daban moito medo.

Un dixo que tiña que ir visitar á súa mamá enferma, outro dixo que tiña coxo o cabalo, un que tiña que ir ao dentista, outro que perderá a espada…

A princesa María, moi avergoñada e enfadadísima, berrou que eran todos uns asquerosos covardicas e dixo que iría ela soa a loitar contra os dragóns.

A princesa era unha boa xinete e manexaba a espada como unha experta. Tiña unha espada delgada e flexible que se chamaba Espadán.

Ao oíren á princesa algúns cabaleiros sentiron moita vergoña por ser tan galiñas e decidiron acompañala. Ela decidiu ir con tres amigos: os cabaleiros Érick e Carlos e a dama Esther.

O cabaleiro Érick era experto no manexo da lanza, Carlos era un gran espadachín e a dama Esther era quen de acertar cunha frecha no ollo dun mosquito anano.

A princesa, a dama, os cabaleiros, e os aldeáns xuntáronse para pensar o que ían facer. Necesitaban axuda máxica e decidiron ir ata o Bosque Tenebroso para pedirlle á bruxa Bruxana que lles botase unha man.

Despois de buscar armas, comida e cabalos para todos, puxéronse en marcha.

Tardaron varios días en chegar á beira do

bosque. Era un

lugar aterrador con árbores escuros de polas enmarañadas. Todos se sentían nerviosos e angustiados pero debían entrar xa que a bruxa Bruxana vivía xusto no centro

do Bosque Tenebroso.

Por fin viron a casa da bruxa. As paredes estaban cubertas de arañeiras xigantes, das tellas pingaba un líquido pegañento que parecía sangue, as xanelas semellaban ollos que miraban con maldade e a porta era unha enorme boca con afiados dentes.

Chamaron á porta e saiu unha muller cuberta cunha túnica e cun sombreiro picudo que lles dixo:

- Ola, que tal? Que ledicia que me veñades visitar! Estou encantada de verte princesa María! Que queredes de min? Pasade, pasade…

Nós tamén nos alegramos de verte, -contestou a princesa – vimos pedirche axuda para derrotar a uns terribles dragóns.

-Vaia, vaia…conque dragóns. Ben, axudareivos pero vós teredes que facerme un pequeno favor a min.

- Primeiro terás que dicirnos como nos vas axudar –pediulle Breogán.

- Paréceme xusto -dixo Bruxana -, enfeitizarei as vosas armas para que poidan atravesar as escamas de dragón.

O cabaleiro Carlos dixo:

-Iso non é suficiente porque necesitamos achegarnos aos dragóns e eles sairán voando e botarán lume contra nós.

Bruxana sorriu e contestolle:

-Que rapaz máis espilido!!! Beeen,

vaaale, dareivos unha apócema que vos permitirá voar durante un mes. De acordo? Hai trato?

- Parécenos ben –dixo María-, agora explicanos cal é ese favor que che temos que facer.

Nada, unha tontada. Tedes que traerme uns cantos escarabellos dos que viven nunha especie de formigueiro que hai debaixo do carballo máis antigo deste bosque.

- E, se é tan doado, porque non os colles ti?-

preguntou Joana, que era unha rapaza moi lista.

- É que non teño tempo –contestou a bruxa cun doce sorriso.

- Mentira!!! –berrou a dama Esther-. Dinos a verdade ou non hai trato.

Ante esa ameaza Bruxana confesoulles que os escarabellos eran bastantes grandes, tiñan unhas espiñas velenosas, saltaban ata dous metros de altura e picaban e mordían. Non se podían coller coa man, había que collelos un a un cunhaspinzas especiais. A bruxa deulle unhas pinzas a cada un e díxolles que necesitaría uns 2.000 ou 3.000 exemplares.

Todos puxeron as súas armaduras e unhas grosas luvas para evitar as picaduras e mordiscos dos escarabellos. Logo puxéronse en camiño, ían a pé para que os cabalos non corresen ningún perigo.

A Paula ocorreuselle un plan moi intelixente:

Colleu varios anacos de carne podre e púxoos moi perto da casa dos escarabellos, nun lugar onde medraban varias árbores con polas baixas. Mentres Érick, Breogán e Esther teceron unha rede para poder capturalos.

Despois os sete agabearon polas árbores levando a rede. Cando viron que os escarabellos estaban comendo soltaron a rede para que non poidesen escapar nin saltar. Logo axudados polas súas luvas e as pinzas foron colléndoos con moito coidado e botáronos nun enorme caldeiro que lles dera Bruxana.

Cando lle deron o caldeiro dos escarabellos a bruxa gardounos na despensa e díxolles que estaba disposta a cumprir o que lles prometera.

Pediu que lle trouxesen todas as espadas, frechas e lanzas e botoulles un feitizo para que se fixesen tan duras que poidesen atravesar as escamas de dragón.

APÓCEMA PARA PODER VOAR- 6 avións de papel- 1 ala de dragón rosa moída- 10 plumas do cu dunha pomba tola- 3 orellas de morcego carballés- 1 volvoreta coxa- 15 mosquitos laranxas de ollos verdes- 5 avelaíñas cegas- 1 nube de tormenta

Despois de ler atentamente a receita foi botando os ingredientes nunha pota chea de augardente misturado con auga de río e caldo de repolo. Bruxana obrigounos a beber aquel líquido noxento e díxolles que os efectos durarían un mes.

Máis tranquilos seguiron o seu camiño ata chegar á

beira do volcán onde vivían os dragóns. Decidiron vixiar aos dragóns esperando que todos saísen para atacar por sorpresa. A ocasión presentouse ao cabo de tres días cando os dragóns saíron todos xuntos para atacar a famosa cidade de Lugus.

En canto perderon de vista aos dragóns subiron voando ata a cova. Fixeron varias viaxes cargados cos tesouros e

repartíronos entre os habitantes de Portofarum.

Despois preparáronse: para vencer aos dragóns debían atraelos ao interior da cova para poder atacalos pola espalda. Breogán e Joana, que eran moi valentes, puxéronse ao fondo da cova protexidos polos escudos. Polos lados colocáronse Esther e Paula cos arcos e Érick coa súa lanza; e detrás da entrada a Princesa María e Carlos armados coas espadas.

Os dragóns chegaron moi contentos e entraron na cova rápidamente. Axiña se decataron de que lles roubaran os tesouros. Mortífero viu que no fondo da cova había dúas persoas e acercouse furioso.

- Onde esta o tesouro? Decídemo ou queimareivos lentamente!!!

- Ven aquí se te atreves!!! – dixéronlle Breogán e Joana.

Mortífero achegouse botando lume e Breogán e Joana refuxiáronse detrás dos seus escudos. A dama Esther tensou o arco e a súa frecha cravouse no corazón de Mortífero e o malvado dragón caiu morto.

Ao veren morto ao seu xefe os dragóns, intentaron escapar voando. Paula disparou o seu arco e Érick a súa lanza; María e Carlos coas súas espadas atacáronos polo aire.

Os rapaces mataron a tres dragóns e feriron e capturaron aos outros dous

A princesa María ofreceulles aos dragóns supervivintes curalos e deixalos libres coa condición de que non provocasen incendios, se portasen ben e non atacasen a ningúen. Permitiríanlles cazar nunha zona do bosque. Os dragóns aceptaron e xuraron obedecer as leis do país.

Para celebrar que os dragóns xa non eran un perigo na vila de Portofarum celebraron unha gran festa á que asistiu a raíña Laura e toda a súa corte.

A raíña felicitounos e dixo que eran as persoas máis valentes e intelixentes do país. Todos

aplaudiron.

E que pasou cos dragóns? Pois buscáronlles un traballo moi axeitado, convertíronse en carteiros. E así foi como no antigo reino de Portofarum en vez de pombas mensaxeiras tiveron dragóns mensaxeiros.

O mundo dos dragóns• Autores e Ilustradores:Clase de 2ºB Curso 2013/14

Dilan, Sara, Ismael, David, Lucía, Dani Alejandro, Yaiza,

Dani F., Iván, Natalia, Breogán, Joana, Paula E., Dani P, Samuel, Carlos, Dani L, Alejandra, Adrián, Érick, María, Esther, Ainhoa, Paula S., Xavier, Israel e Geovanna.