Preparando a nosa exposición oral

Post on 14-Mar-2016

235 views 7 download

description

Titorial para facer unha boa exposición oral. CEIP Frian - Teis. Biblioteca Escolar. Curso 2012 - 2013.

Transcript of Preparando a nosa exposición oral

PREPARANDO A NOSA EXPOSICIÓN ORALC

.E.I.

P. Fr

ian

- Tei

s Bi

blio

teca

Esc

olar

Durante o pasado trimestre aprendimos a elaborar un traballo escrito.

Imos agora aprender como expoñer oralmente a outras persoas o que temos aprendido.

Le novamente o teu traballo e elabora un guión.

Para iso podes empregar o Indice do teu traballo. Podes completalo con algunha palabra solta que che lembre unha idea importante, pero nunca con parágrafos enteiros.

O QUE IMOS DICIR

COMO O IMOS DICIR

Pode que o que digamos sexa moi interesante.

Pero se aburrimos ó noso auditorio, a exposición resultará un fracaso.

Por iso... ten en conta as seguintes PISTAS PARA NON ABURRIR Ó AUDITORIO:

Non fales tan feble que non te escoite nin o colo da camisa.

Nin tan forte que estoupes os tímpanos ós demais.

A Voz

Fala a un volume axeitado.

Fala con fluidez.

Non fales tan lento que cando chegues a última palabra da frase non lembres a primeira.

Respira profundamente, con tranquilidade.

Nin tan rápido que estreses a quen te escoita.

Vocaliza e articula.

Se non abres a boca non se che entenderá nada.

Sorrí. Non estás enfadado cos que te escoitan.

O corpo e a cara sirven tamén para nos comunicar co público.

Mira ó público: son persoas, non decoración.

O Xesto

Xesticula e sinala.

Tampouco te pases... co baile de “San Vito” podes pór nervioso a quen te escoita.

Fai xestos: non es un pau de vasoira.

Emprega as túas palabras!!!

Non uses expresións raras que non entendas.

O teu auditorio tampouco as comprenderá.

A Palabra

O teu auditorio sabe ler. Só quere que ti llo contes e llo fagas entender.

Non leas!!!

Dependendo da temática da túa exposición poderás empregar imaxes, audios, murais, vídeos, obxectos, maquetas...

Podes axudarte dunha presentación en power - point, pero... lembra que o texto debe ser o mínimo.

Emprega recursos!!!

Os Medios

Antes de comezar a túa exposición, fai unha breve Introdución:

✓ Saúda✓ Indica os obxectivos da túa exposición✓ Sinala sucintamente os temas que vas tratar

A Exposición

Para rematar, fai unha breve Conclusión:

✓ resume as ideas principais✓ invita ó auditorio a que fagan preguntas✓ despídete

E para telo todo preparado cando chegue o día... ensaia en voz alta!!!

A Preparación

✓ diante do espello✓ reúne á túa familia ou ós teus amigos✓ grávate cunha gravadora, un móvil ou un ordenador. Logo, escóitate e busca os “fallos” da túa exposición

Se tes en conta todos estes aspectos, seguro que che sairá unha exposición de 10.

BIBLIOGRAFÍA

ALONSO, Néstor (PRROFESOR POTÂCHOV DE MOLDAVIA) . Cómo hacer una buena presentación oral. Consejos útiles para hablar en público. <http://www.aulastic.com/arruquero/docu/exposicion_oral.pdf>

CALVO, Marian. Guía para realizar una exposición oral en clase. <http://www.slideshare.net/cgmarian/gua-para-realizar-exposiciones-orales>

BUSTOS, Alberto. Diez fallos que debes evitar en una exposición oral. <http://blog.lengua-e.com/2009/diez-fallos-que-debes-evitar-en-una-exposicion-oral/>