Peixes

Post on 24-May-2015

171 views 23 download

Transcript of Peixes

os peixes

Co nome de peixes coñécense tres clases de vertebrados (animais co esqueleto interno articulado) acuáticos co corpo hidrodinámico, a pel lisa ou cuberta de escamas, aletas, respiración branquial e reprodución ovípara.

PEIXES

AGNATOSPeixes primitivos sen

mandíbulas, nin opérculo e co esqueleto febroso ou

de cartílaxe. 

CONDRICTIOS Peixes con mandíbulas,

sen opérculo (con fendas branquiais),

co esqueleto cartilaxinoso.Fecundación interna.

OSTEITIOS Con mandíbulas,

opérculo e esqueleto óseo.

Fecundación externa.

AGNATOSPeixes primitivos sen mandíbulas, nin opérculo e co esqueleto febroso ou de cartílaxe. 

Lamprea (Petromyzon marinus). Un dos peixes máis primitivos. Non ten escamas, nen mandíbulas, nen aletas laterais. A boca é unha ventosa con ganchos que lle permite fixarse ás presas para poder zugarlles o sangue. Nace nos ríos, vive no mar, e volve aos ríos para desovar antes de morrer.

CONDRICTIOS

fendas branquiais

órganos copuladores

Peixes con mandíbulas, sen opérculo (con fendas branquiais), co esqueleto cartilaxinoso, sen vexiga natatoria. Fecundación interna.

As raias son peixes de corpo aplanado que viven nos fondos e teñen as aletas pectorais moi grandes.Nas costas galegas pódense atopar ata 11 especies diferentes de raias.

macho de raia

Raia (Raja clavata). Vive en fondos de area e fango ata 500 m de profundidade. Pode acadar 1 m de lonxitude.

cápsula do ovo

Embrudo, ouxa (Myliobatis aquila). A femia pare as crías desenvolvidas (ovovivípara).

Ortuga, estruga (Torpedo marmorata). Produce pequenas descargas eléctricas.

Can do mar (Scyliorhinus canicula). Pequeno tiburón que pode acadar os 70 cm de lonxitude. Vive preto da costa.

cápsula do ovo

Tiburóns: peixes condríctios de corpo fusiforme, en xeral voraces depredadores. Coñécense 368 especies de diversas formas e tamaños. O máis grande é o tiburón balea que pode acadar os 18 m de lonxitude.

OSTEICTIOSPeixes con mandíbulas, opérculo e esqueleto óseo. Fecundación externa.É o grupo de vertebrados con maior diversidade de especies. En Galicia coñécense 265 especies de litoral.

variacions nas formas

Peixe escorpión tropical

Os peixes colle auga pola boca e diríxena ás bránquias para extraerlles o osíxeno. Despois expulsan a auga polo o pérculo.

Reprodúcense por ovos, con fecundación externa.

Algúns poden ser hemafroditas.

ovos e alevíns de troita

Sardiña (Sardina pilchardus). Vive nas augas costeiras na primavera e no verán e no inverno ascende ata os 15 m de profundidade. É un dos peixes que máis se pescan nas nosas costas. As pequenas chámanse xoubas.

Boga (Boops boops)

Bocareu, anchoa (Engraulis encrasioucolus).

Piarda, pión (Atherina presbiter).

Robaliza, robalo, lubina(Dicentrarchus labrax).

Salmón (Salmo salar).

Xurel, caneu, chincho (Trachurus trachurus). Pode acadar os 50 cm de lonxitude. Forma grandes mandas. Vive en mar aberto e aproxímase á costa no verán.

Cabala, xarda pintada(Scomber japonicus).

Xarda, rincha(Scomber scombrus).

Bacallao (Gadus morhua).

Badexo, corobelo (Pollachius pollachius)

Pescada (Merluccius merluccius).

Peixe porco (Balistes carolinensis). Vive en augas litorais, preferentemente en fondos rochosos de 10 a 100 m de profundidade.

Atún (Thunnus albacares )

Bonito (Tunnus alalunga).

Bolos, lubións

Agulla(Belone belone).

Veladores (Ammodytes... )

Pancha(Spondyliosoma cantarus). Ollomol

(Pagellus bogaraveo).

Sargo, pargo, pancho(Diplodus sargus).

Vello, serrán(Symphodus melops).

Maragota, pinto(Labrus bergylta).

Pinto

Doncella, xulia, xuliana, señorita(Coris julis).

Barbo, salmonete de rocha(Mullus surmuletus).

Cabracho, escarapote da pedra(Scorpaena scrofa).

Cabra(Helicolenus dactylopterus).

Lorcho ou escamudo (Gobius…). Vive en fondos de cascallo preto da costa.

Cacaracá, lorcho(Blenius pholis).

Escacho, rubio(Trigla lucerna).

Mariola, faneca barbuda(Ciliata mustela).

Faneca(Trisopterus luscus).

Cherna(Polyprion americanus).

Meros (Epinphelus guaza)

Rabada, rape, peixe sapo(Lophius piscatorius). Vive pousado no fondo e captura presas movendo un engado que ten na cabeza.

Peixe roda, peixe lúa(Mola mola).O peixe óseo máis grande. Pode acadar 3 m de lonxitude e 1.000 kg,

Espiñento. Atópase nos ríos de augas limpas. Carpa, carpín dourado

É o peixe máis común nos estanques e acuarios. Hai numerosas variedades de adorno.

Escalo.

Muxe (Chelon labrosus). Vive en toda a costa desde peiraos a esteiros. Son moi abundantes debaixo das bateas.

Anguía (Angilla anguilla). Peixe óseo de corpo cilíndrico que pode medir ata 1,5 m de lonxitude. É unha especie migratoria que vive 6/7 anos nos ríos e logo descende ao mar para chegar a desovar no mar dos Argazos, a máis de 4.000 km das nosas costas.

Moreas (Muraena helena)

Congro, cóngaro (Conger conger)

Peixe sapo abisal

Peixe garabata (Cepola macrophthalma)

Os peixes que viven a grande profundidades adoitar ter cores vermellas ou brancas, bocas moi grandes, dentes afiados e engados (luces, prolongacións...) para atraer ás presas.

Peixe garabata

Os sollos ou esturións (Acipenser...) son peixes que soben aos río a desovar e dos que se aproveitan as ovas (caviar).Teñen unha estrutura moi primitiva, coa boca situada em posición ventral e a cola heterocerca.

Solla (Platichthys flexus)

Troita (Salmo truta). Peixe de augas dóces común en todos os ríos e regatos.

Cabaliño de mar (Hippocampus ). Vive nas augas mornas dos esteiros e enseadas. A súa reprodución é moi curiosa, a femia inxecta os ovos nunha bolsa especial que ten o macho no ventre. Iste cóidaos durante catro ou cinco semanas ata que nacen os alevíns.

Agulla, culebriña de mar (Sygnatus acus)

Acedía (Buglossidium luteum). Peixe plano típico que vive en fondos areosos.

Rodaballo (Psetta maxima). Un peixe que se cultiva en piscifactorías.

Tapa (Zeugopterus punctatus)

Lenguado (Solea vulgaris)

Rémora (Remora remora), ten unha ventosa coa que se fixa ao corpo doutros peixes.

USOS DOS PEIXESAlimentación humana e animal: Elaboración de produtos para a industria, mediciñas…

-Actualmente o peixe proporciona arredor dun 6% das proteínas da dieta.-Unhas 100 especies teñen interese comercial.

OS PAÍSES QUE MÁIS PESCAN

(millóns de Tm)

China: 13 Xapón:9Rusia: 9Perú: 6Chile: 6EEUU: 5India: 4

Indonesia: 3Tailandia: 3Corea: 2,5

60 das 100 especies de peixes mariños do mundo máis pescadas explótase por enriba do que se considera ecoloxicamente admisible.

AS ESPECIES MÁIS CAPTURADAS DO MUNDO

Bacallao de AlaskaAnchoveta

Sardiña xaponesaSardiña sudamericana

Badexo chilenoBacallao atlántico

Xarda do MediterráneoArenque atlánticoSardiña europea

Bonito

Moitas especies de peixes de mar (rodaballo, dourada…) ou río (troitas) críanse e engórdanse en granxas.

CONSUMO DE PEIXE NO MUNDO(quilos por habitante ao ano, datos de 1996)

Islandia: 93Xapón: 68

Noruega: 67Portugal: 57Malasia: 53

República de Corea: 50España: 48Letonia: 39Gabón: 36

Finlandia: 34Lituania: 33Filipinas: 32Suecia: 29Francia: 28Senegal: 27

Rem. Árabes: 26Media da Comunidade Europea: 22

Media mundial: 12

PEIXES MÁIS CONSUMIDOS EN ESPAÑA

merlúcidos: 18%bocareu: 12%sardiña: 8%

bacaladilla: 5%salmón: 4%

gallo: 3%

MONTAXE: Adela Leiro Lois.FOTOS: Adela Leiro, InternetDEBUXOS: Mon Daporta