OBRADOIROS DE VERÁN 2013 SAN PAIO DE NARLA O XOGUETE TRADICIONAL

Post on 16-Feb-2016

144 views 0 download

description

OBRADOIROS DE VERÁN 2013 SAN PAIO DE NARLA O XOGUETE TRADICIONAL. Ola, nenos e nenas! Se vos preguntase se tedes xoguetes, seguramente todos me diriades que sí e igual ata me deciades cal era o voso favorito. - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of OBRADOIROS DE VERÁN 2013 SAN PAIO DE NARLA O XOGUETE TRADICIONAL

OBRADOIROS DE VERÁN 2013

SAN PAIO DE NARLAO XOGUETE

TRADICIONAL

Ola, nenos e nenas! Se vos preguntase se tedes xoguetes, seguramente todos me diriades que sí e igual ata me deciades cal era o voso favorito.

Pero, antes, os vosos papás e mamás non podían xogar cos mesmos xoguetes cos que vos xogades. De feito, non tiñan nin bonecas, nin coches, nin trens, nin vestidos para as súas bonecas…

Tiñan unha cousa moi importante que era a imaxinación, imos dar unha volta polos xoguetes tradicionais de antes, preparad@s??????

Non había supermercados para mercar xoguetes como estes:

Nin coma estes….

ENTÓN, QUE HABÍA????????

Había que tirar co que había e por exemplo as nenas, facían bonecas con mazarocas de millo e dos carozos dos nabos facianse carros e camionciños. Cando levaban as vacas a pacer, os nenos entretíñanse correndo atrás de cascas de noz que lanzaban corrente abaixo polos regatos. Con calquer cousa, se facía un xoguete e pasaban o rato sendo felices.

Tamén estaban os xoguetes como as buxainas, tirachinas…

E, incluso, se podían facer instrumentos musicais como o freixolet (canas de herba que se furaban para facer buratos por onde soprar), que vemos nesta imaxe, malia non ser o orixinal serve para facerse unha idea.

Tamén están os instrumentos como a turuta-mirlitón ou turuta gaita, instrumentos da familia dos aerófonos porque funcionan con aire e que incluso levaban unha capa de cebola como membrana para vibrar ao pasar o aire, ou cousas similares. Son abundantes no País Vasco.

E, despois, falamos dos instrumentos que se fan cunha casca de noz como o carajete,o carajillo, o kaskamelan…

Carajillos

Kaskamelan

BEN, NENOS E NENAS, AGORA CHEGOU O MOMENTO DE POÑERNOS A TRABALLAR. SEGUINDO AS INDICACIÓNS E INSTRUCCIÓNS DE PAQUITA E ANA, ALGO IREDES A FACER, NON SEI QUE É PORQUE É UNHA…..

¡¡¡¡ SORPRESA!!!