O libro que salvaría

Post on 30-Jul-2015

519 views 5 download

Transcript of O libro que salvaría

“Salvaría algún libro que ensinase técnicas de supervivencia ou salvamento, xa que en caso de inundación, incendio, invasión zombi ou extraterrestre sería moi útil” Marco

“… foi o primeiro libro que lin en galego. Marcou moito a miña infancia, e fixo que cambiara a forma de pensar”

“Dos poucos libros que lin, foi un dos que máis me gustou” Álvaro

“Salvaríao porque foi o libro que máis me gustou, con moita diferencia, xa que me intrigou moito e sorprendeume o seu final inesperado” Sergio

“É o que máis me gustou” Alfonso

“Salvaríao porque a primeira vez que o lin engatusoume e é moi entretido. Empezas a lelo e non podes parar.” Melani

“Libro moi bonito que nos ensina a cumprir os nosos soños pase o que pase”

“É o meu libro favorito e gustaríame conservalo”

“Este libro axudoume nunha etapa difícil da miña vida, e para min significa moito como para deixar que se estrague”

“É o que máis me gusta”

“Salvaríao porque narra vivenzas dun neno galego, rememorando así a antiga Galiza”

“É un libro que me gusta moito, a primeira vez que o lin chamoume moito a atención”

“Porque me gusta”

“Contén o meu poema favorito” Sara

“Gústanme”

“Porque os galegos non merecemos perder a nosa literatura e historia outra vez”

“É a “biblia” do nacionalismo galego”

“Describe a identidade do noso país”

“É o libro que máis me gustou. Pareceume moi interesante e gustaríame volver a lelo”

“Paréceme moi interesante e creo que sería una boa idea que os rapaces que aínda non o coñecen o lean nun futuro”

“”Ensinoume cousas que non aprendín noutros”

“Conta a realidade de cómo trataban antes aos xudíos” Sofía

“Su historia me parece muy emocionante. Es una historia muy bonita y también triste”

“É un libro moi importante para a literatura castelá, e dá moita información sobre a sociedade da época”

“Porque ensina valores humanos, e a apreciar o que temos sen necesitar nada máis” María

“É un libro que me fixo reflexionar e me impresionou moito” Alba

“Porque me gusta moito”

“Gústame a acción e as historias románticas. Tamén me gusta porque é un libro intrigante e mantén o suspense ata o final. Podo dicir que é un dos libros que lin que máis me gustou” Lidia

“Sempre o intentei ler e nunca conseguín rematalo (é interminable)”

“É un libro imprescindible, coa recopilación das mellores cancións de Joaquín sabina. Non son capaz de deitarme un día sen ler polo menos unha páxina”

“É unha complicada historia de amor”

“Gustoume moito o seu argumento” Manuel

“Porque non o acabei de ler, é moi longo”

“Foi un dos poucos libros que lin que máis me gustou. E considero que o deberían ler máis persoas” Celia

“É un libro que me costou ler xa que ten 600 páxinas. Agora sei que son capaz de ler libros longos. Inspiroume moito”

“Foi o libro que máis me gustou de todos os que lin, engancha moito”

É un dos meus libros preferidos. Creo que todo o mundo o debería ler, polo que o hai que conservar”

“Porque me gustan as historias de medo”

“Porque me gusta, e ademais é un libro moi bo. Ademais, está en galego. A película tamén está ben”

“Gustoume moito. Gústanme os libros de aventuras, e este é un bo exemplar” Verónica

“Foi o que máis me gustou dos libros que lin”

“Porque me costou lelo un montón” Óscar

“Chamoume moito a atención, e gustoume. É un libro que me enganchou dende o primeiro momento, e é unha historia de amor, misterio…” Ainhoa

“Porque Federico Moccia é o meu autor preferido e este libro encántame, xa que a historia gustoume moito porque é de amor” Alba

“Foi un regalo moi especial dunha persoa moi importante para min. É un libro que me encantou”

“Porque é moi divertido e trata sobre os meus animais favoritos, os cabalos”

“Porque me parece moi interesante e ensina moitas cousas, ademáis é una boa influencia para o mundo da literatura galega”

“Encántanme eses libros, tanto a historia como a forma de escribir que ten a autora”

“Gústame a triloxía”

“Son os típicos libros que leería cen veces e non me cansaría.Gústanme moito, e se está nas miñas mans collelos para salvalos, faríao sen pensalo”

“Pola súa importancia na cultura galega”

“Porque encántame moitísimo, moito, moito. É xenial”

“Foi un libro que me encantou. Tamén vin a película. Pero gustoume máis o libro. En xeral, gústanme os libros de amor” Aida

“Porque me gustou moito”

“Porque me gusta”

“Porque me parece un clásico e moi divertido entre os libros xuvenís”

• “Gustoume moito porque conta una historia real”

“É o que máis me gusta”

“Gústanme os libros nos que a mente do personaxe é moi importante e está algo perturbado ou ten algún tipo de pensamento especial” Carlota

“Es muy bonito y es el que estoy leyendo ahora”

“Toda a colección de Tintin, é o que me gusta”

“Todas as recopilacións e obras de E. A. Poe; tentaría salvar a recopilación máis grande que atopase. Porque é o meu autor preferido e admiro a súa visión do mundo, ademais da súa retorcida e brillante imaxinación”

“Gustoume moito. Fala de moitas cousas que poderían chegar a pasar na vida diaria e que non me gustaría que me pasaran a min, porque me parecen inxustas. Con este libro podemos aprender cousas de cómo o pasan os demais”

“O seu xénero é policíaco e a min é un dos que máis me gusta ler. Ademais, a través deste libro podemos coñecer a crise económica de Grecia e as vivencias da poboación marcada por estas circunstancias“ Cristina

“Porque dende pequena a miña nai me falaba del e do moito que lle gustou cando tiña a miña idade. A min realmente non me gusta a lectura e acostumo a ler só aquilo que teño por obriga, e se algún libro lería por vontade propia e por curiosidade sería este, para saber se realmente a min me gustaría tanto como a ela” Marta

“Porque para quien tenga mascota puede ser un libro muy fuerte emocionalmente, e incluso bonito”

“Son los que más me gustan”

“Porque representa a miña infancia. Gústame demasiado”

“Salvaría o libro da historia do Deportivo da Coruña porque é o libro que reflexa a historia do club que me gusta”

“Non podo vivir sen ler os maravillosos poemas de Neruda”

“Porque é un libro que relata unha historia de amor que surxe por internet moi interesante, no que te das conta das voltas que dá a vida e o amor. Un libro que lería unha e outra vez”

“… porque son anarquista”

“Porque é un libro do que se poden sacar diversas críticas, ademais ensina a mellor lección da vida, que é que todo é posible se se persegue. Fundamentalmente, por ser unha lección de perseveranza”

“A Enciclopedia, porque é unha maneira de que os coñecementos poidan perdurar no tempo” Lorena

“Paréceme un libro moi entretido e ademais é un exemplo da literatura en España” Irene

“É un libro entretido, e gustoume a idea orixinal que ten a autora á hora de escribir o libro” Xesús

“Porque realmente ensina algo: como se debería organizar a sociedade”

“Porque me parece entretido”

“Gústame moito e reflexa a vida de calquera persoa”

“Gústanme as reflexións que fai ao longo do libro” Miriam

“É moi interesante a historia que se conta no libro. Eu lino e fíxome pensar sobre moitos aspectos da vida, fundamentalmente fíxome pensar na morte”

“Salvaría a película Gladiator porque me gusta”

“É un libro que me trae recordos de alguén que xa non está”

“Era un dos meus contos preferidos cando era pequena. Ademais, é en galego” Uriela

“Gustome moito esa película”

“Non sabería escoller, hai demasiados e moitos especiais”

“Seria incapaz de salvar só un porque me gustan moitos. Non me gustaría que toda a sabedoría que hai nos libros se queimase” Miriam

“Salvaría os máximos libros que puidera porque elixir só un é complicado” Tamara

“O primeiro que collese, independentemente de cal fose, porque todos contan algo, e ese algo sempre é importante”

“Ningún, porque non me gusta ler”