Morte e pertenzas

Post on 09-Jul-2015

270 views 6 download

Transcript of Morte e pertenzas

Un home morreuinesperadamente…

Ao decatarse, viu que se lle achegaba un Ser moiespecial que non se parecía a

ningún Ser Humano.E levaba

unha maleta consigo…Ao cruzarse díxolle:

- Ben, meu amigo, É hora de irnos, son a morte…

O home, abraiado, preguntoulle á morte…

- Xa… tan axiña…eu tiña aínda moitos plans…

- Síntoo, amigo…pero é o momento

da túa partida

-Qué traes nesa maleta?E a morte respondeulle:

-As túas pertenzas…

- As miñas pertenzas?Son as miñas cousas,

as miñas roupas, o meu diñeiro?

-Síntoo, amigo, as cousas materiais

que tiñas, nuncache pertenceron…

Eran da terra.

- Traes, logo, os meus recordos?

-Síntoo, amigo, esesxa non veñen contigo.

Nunca che pertenceron… Eran do tempo…

- Traes, quizais, os meus talentos?

- Síntoo, amigo, peroeses nunca che pertenceron…

Eran das circunstancias.

-Traes, sen dúbida, os meus amigos, os meus familiares?

-Síntoo, amigo, pero eles nunca che pertenceron.

Eran do camiño…

-Traes a miña muller

e os meus fillos?

- Síntoo, amigo,eles nunca che pertenceron.Eran do teu

corazón.

-Traes, pois, o meu corpo?

-Síntoo, amigo…. ese nunca

che pertenceu.É propiedade

da terra.

-Daquela, traes a miña alma?-Síntoo, amigo pero

ela nunca che pertenceu… Era do Universo.

Entón o home, cheo de medo,arrebatoulle á morte a maleta e, ao abrila,

deuse de conta que estaba baleira…

Cunha bágoa de desamparo agromando

dos seus ollos, o home Díxolle á morte:

-Nunca tiven nada?

-Si, meu amigo.

Cada un dos momentosque viviches

foron só teus…

A vida é só un momento… Un momento todo teugózao na súa totalidade….

Que nada do que cres que che pertence te deteña…

Vive o AGORA, vive a túa vida RESPONSABLEMENTE

E non te esquezas de SER FELIZ E FACER FELICES AOS QUE

CONVIVEN CONTIGO

R & D