Post on 29-Aug-2019
MEMORIA FINAL DE CURSO
2011-2012
DEPARTAMENTO DE SANITARIA
CICLO MEDIO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA
IES FELIX MURIEL - RIANXO
1. Identificación do Ciclo.
2. Estrutura do ciclo formativo.
3. Servizos ós que da resposta a cualificación profesional.
4. Obxectivos xerais do ciclo formativo.
5. Asignación de profesorado ós módulos profesionais.
6. Alumnado.
7. Profesorado.
8. Titorías.
9. Actividades complementarias.
10. Validacións concedidas.
11. Promoción e acceso á F.C.T.
12. Formación en centros de traballo.
13. Análise das programacións e resultados das avaliacións.
1. Identificación do ciclo.
Este ciclo é un ciclo formativo de grado medio, cunha duración de 2000 horas,
a súa denominación e a de Ciclo Formativo de Grado Medio de Técnico en
Atención Sociosanitaria.
A normativa lexislativa que rexe o Ciclo é a seguinte:
REAL DECRETO 496/2003, do 2 de maio, polo que se establece o Título de
Técnico en Atención Sociosanitaria e as correspondentes ensinanzas
comúns.
REAL DECRETO 938/2003, do 18 de xullo,polo que se establece o currículo
do ciclo formativo de grado medio correspondente o Título de Técnico en
Atención Sociosanitaria.
A súa Competencia Xeral establecida no perfil profesional é: Axudar no ámbito
sociosanitario, a persoas e colectivos con especiais necesidades de saúde física,
psíquica e social: maiores, discapacitados, enfermos crónicos e convalecentes,
aplicando as estratexias e procedementos máis axeitados, baixo a supervisión
correspondente no seu caso, para manter e mellorar a súa autonomía persoal, as
súas relacións có entorno e a súa inserción ocupacional.
Para acadar esta competencia establecida o ciclo desenvolve 5 Unidades de
Competencia:
1. Organizar, preparar e controlar as intervencións de atención ás persoas e o
seu entorno.
2. Desenvolver intervencións de atención física a persoas con necesidades
específicas.
3. Desenvolver intervencións de atención psicosocial a persoas con necesidades
específicas.
4. Desenvolver as actividades relacionadas coa xestión e funcionamento da
unidade convivencial.
5. Realizar a administración, xestión e comercialización nunha pequena
empresa ou taller.
2. A estrutura do ciclo formativo
O ciclo organízase en 6 trimestres, repartidos en dous cursos, os módulos
organízanse do seguinte xeito:
MODULO HORAS
1ºcurso: os tres trimestres
Atención sanitaria 225
Atención e apoio psicosocial 190
Apoio domiciliario 225
Alimentación e nutrición familiar 95
Necesidades físicas e psicosociais de colectivos específicos 160
Relacións no equipo de traballo 65
2º curso: durante os dous primeiros trimestres
Formación e orientación laboral 65
Comunicación alternativa 110
Administración, xestión e comercialización na pequena empresa 80
Ocio e tempo libre de colectivos específicos 130
Hixiene 130
Planificación e control das intervencións 135
2º curso: terceiro trimestre
Formación en centros de traballo 380
Os seguintes módulos aparecen asociados á unha Unidade de Competencia:
MÓDULO UNIDADE DE COMPETENCIA
Planificación e control das
intervencións
Organizar, preparar e controlar as
intervencións de atención ás persoas e o seu
entorno.
Atención sanitaria Desenvolver intervencións de atención física a
persoas con necesidades específicas Hixiene
Atención e apoio psicosocial Desenvolver intervencións de atención
psicosocial a persoas con necesidades
específicas. Lecer e tempo libre de colectivos
específicos
Apoio domiciliario Desenvolver as actividades relacionadas coa
xestión e funcionamento da unidade
convivencial. Alimentación e nutrición familiar
Administración, xestión e
comercialización na pequena empresa
Realizar a administración, xestión e
comercialización nunha pequena empresa.
Son módulos transversais os seguintes:
Necesidades físicas e psicosociais de colectivos específicos.
Comunicación alternativa.
Relacións no equipo de traballo.
3. Servizos ós que dan resposta a cualificación profesional.
Todos os contidos e actividades de ensinanza-aprendizaxe desenvoltos no ciclo,
van encamiñados a que o alumnado, futuros técnicos/as en Atención Sociosanitaria,
obteñan a cualificación profesional no campo da actividade productiva na prestación
de servizos de atención sociosanitaria principalmente desenvolta en:
Centros residenciais:
de maiores,
enfermo/as crónicos/as.
discapacitados/as: físicos, psíquicos e sensoriais.
Outros modelos residenciais:
pisos tutelados de maiores.
de discapacitados.
centros de día.
centros de ocio e tempo libre.
centros ocupacionais.
Servizos de atención domiciliaria e domicilios particulares.
4. Obxectivos xerais do ciclo formativo.
Son obxectivos xerais deste ciclo os seguintes:
Coñecer as características e necesidades específicas de atención física,
psíquica e social de las persoas dependentes: maiores, discapacitados,
enfermos crónicos e convalecentes.
Adquirir coñecementos e destrezas axeitadas para cubrir as necesidades de
atención física e psicosocial das persoas e colectivos de intervención,
atendendo ó mantemento e mellora da súa autonomía persoal.
Favorecer e potenciar a comunicación e relación social dos usuarios có
entorno, aplicando os recursos máis axeitados en cada caso.
Coñecer os recursos sociais existentes dirixidos ós colectivos de intervención e
as xestións necesarias para a súa solicitude.
Valorar a importancia do marco material e relacional no estado de saúde e a
súa aporta á calidade de vida das persoas.
Coñecer a lexislación referida á seguridade e hixiene aplicable ás institucións e
servizos de atención ás persoas, identificando e asumindo as estratexias que
se deben adoptar nas intervencións.
Reflexionar sobre a súa intervención mantendo unha actitude crítica e
investigadora, propoñendo melloras nos procedementos establecidos e
soluciones ás continxencias xurdidas na súa actividade profesional.
Valorar a responsabilidade que entraña a súa actuación ó dirixirse ás persoas,
delimitando as súas funcións e competencias.
Desenvolver as actitudes e habilidades propias da relación de axuda para
procurar coidados humanizados, considerando á persoa na súa integridade.
Respectar os intereses e desexos dos propios usuarios nas intervencións de
acompañamento e apoio, valorando o dereito á autodeterminación e
desenvolvendo aptitudes e actitudes de escoita e valoración das persoas
dependentes.
5. Asignación de profesorado ós módulos profesionais
Asignación dos módulos de 1º curso.
Módulo profesional Profesorado que impartiu docencia nel
ALIMENTACIÓN E NUTRICIÓN FAMILIAR JUAN M. NAVAZA CARRO
APOIO DOMICILIARIO MARÍA LUZ PÉREZ VÁZQUEZ
ATENCIÓN SANITARIA JUAN M. NAVAZA CARRO
ATENCIÓN Y APOIO PSICOSOCIAL GONZÁLO DOCAMPO NÚÑEZ
NECESIDADES FÍSICAS Y PSICOSOCIAS DE COLECTIVOS ESPECÍFICOS
JOSÉ MARÍA LÓPEZ FERNÁNDEZ
RELACIÓNS NO EQUIPO DE TRABALLO MARÍA CONSUELO LOSADA GONZÁLEZ
Asignación dos módulos de 2º curso.
Módulo profesional Profesorado que impartiu docencia nel
LECER E TEMPO LIBRE GONZÁLO DOCAMPO NÚÑEZ
COMUNICACIÓN ALTERNATIVA JOSÉ MARÍA LÓPEZ FERNÁNDEZ
PLANIFICACIÓN DAS INTERVENCIÓNS MARÍA LUZ PÉREZ VÁZQUEZ
HIXIENE JUAN M. NAVAZA CARRO
FOL MARÍA CONSUELO LOSADA GONZÁLEZ
ACXE MARÍA CONSUELO LOSADA GONZÁLEZ
FCT JOSÉ MARÍA LÓPEZ FERNÁNDEZ
6. Alumnado
O grupo de 1º curso de atención sociosanitaria recada a 21 alumnas e 1 alumno.
O grupo de 2º curso o forman un total de 16 alumnas.
7. Profesorado
Juan Navaza Carro. Titor de 1º curso e Titor do curso de adultos. Xefe do
Departamento de Sanitaria
José María López Fernández. Titor de F.C.T.
María Luz Pérez Vázquez Titora de 2º curso
Gonzalo Docampo Núñez. Xefe de Departamento de Servizos Socioculturais
e á Comunidade.
8. Titorías.
Cada grupo de alumnos/as dun ciclo formativo terá un profesor/a que
desempeñe a titoría, que pertencerá ao equipo que imparta docencia en cada
curso académico.
O profesor ou a profesora que exerza a titoría, ademais das funcións
establecidas no artigo 59 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de
agosto), polo que se aproba o regulamento orgánico dos institutos de educación
secundaria, así como en toda a normativa que regula o desenvolvemento dos
ciclos formativos de grado medio, o profesorado que desenvolve a función titorial
ten encomendada unha serie de funcións que abranguen un amplo espectro de
tarefas, que de xeito orientativo, son as seguintes:
a) Controlar as faltas de asistencia ou puntualidade do alumnado, e transmitir a
información aos pais, nais ou persoa que exerza a titoría legal, así coma á
xefatura de estudos.
b) Informar á dirección do centro de todo o referente o ciclo formativo.
c) Redactar a memoria final de curso que se incluirá na memoria do centro.
d) Redactar a Informe final de curso, que se incluirá na memoria do
departamento correspondente.
e) Elaborar o informe que xustifique a necesidade da medida de flexibilización
modular en colaboración co departamento de orientación, de ser o caso.
f) Informar o profesorado que imparta docencia no grupo-clase das súas
características.
g) Informar na sesión de avaliación inicial sobre as características xerais do
grupo-clase ou sobre as circunstancias especificamente académicas, ou
persoais con incidencia educativa do seu alumnado.
h) Informar ó alumnado do grupo–clase, aos pais, nais ou a que exerce a titoría
legal, así coma ao profesorado, de todo o que lles afecte en relación coas
actividades docentes e co rendemento escolar.
9. Actividades complementarias.
As alumnas/os do CFGM de Atención sociosanitaria realizaron ó longo do curso 2011/2012 as súas primeiras tomas de contacto nos diferentes ámbitos de atención que corresponden coas súas competencias finais antes de realizar o periodo de formación en centros de traballo.
Durante o primeiro trimestre fixeron unha aproximación ós centros de traballo nuha visita a cidade de Santiago de Compostela para coñecer in situ as instalación, características e metodoloxía de traballo dos seguintes Centros:
CENTRO SOCIAL O ENSANCHE
O centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche é un recurso que traballa a prol da dinamización e da participación da cidadanía no ámbito de Compostela, integrando servizos sociocomunitarios pertencentes ao Concello, así como a Fundación Caixa Galicia e a Deputación da Coruña. Co obxectivo de ser axente incentivador do lecer e dos proxectos cidadáns, poñemos a súa disposición un equipamento adaptado ás novas necesidades no ámbito sociocultural, nun espazo céntrico e confortabel
RESIDENCIA DE MAIORES POTA DO CAMIÑO
Hogar. Centro sociocomunitario. Depende de la Consellería de Traballo e Benestar.
RESIDENCIA DE MAIORES VOLTA DO CASTRO
Propiedad titular: Xunta de Galicia, Consellería de Traballo e Benestar
ASOCIACIÓN ASPAS
A Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Santiago, ASOCIACIÓN ASPAS, é
unha organización con entidade xurídica propia, sen fin de lucro, declarada de Utilidade Pública por O.M.
o 2 de Xullo de 1976 e galardoada coa Medalla de Prata da Cidade de Santiago ao Mérito Cidadán en
1991.
Nace co FIN de traballar pola mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e as
súas familias e dende a súa constitución, o 27 de Marzo de 1967, presta servizos a cidadáns de Santiago
de Compostela e a súa comarca así como a persoas de diferentes concellos das provincias da Coruña e
Pontevedra
No segundo trimestre acercáronse a cidade de Pontevedra para coñecer:
ASOCIACIÓN JUAN XXIII
A asociación Juan XXII é unha entidade de iniciativa social sen ánimo de lucro, que nace no ano 1968.
O seu principal obxectivo é promover un contorno positivo onde as persoas con discapacidade intelectual vivan, aprendan traballen, se socialicen e interactúen, aumentando así a súa calidade de vida.
RESIDENCIA DE MAIORES DE CAMPOLONGO
Hogar. Centro sociocomunitario. Depende de la Consellería de Traballo e Benestar.
CRUZ VERMELLA DE PONTEVEDRA
Cruz Vermella conta na provincia de Pontevedra con dous Centros de Día de atención as personas
maiores. Con mais de 60 plazas, nestes centros que se atopan ubicados en Vigo (c/Cánovas del Castillo,
16) e en Pontevedra (c/Cruz Vermella, 26). Cun horario flexible de luns a venres de 08:00h a 20:00h, o
Centro de Día é un espacio onde as persoas maiores asisten durante o día e reciben atención
pesonalizada para mellorar a sua calidade de vida na compaña de outras personas que se atopan en
circunstancias semellantes.
No terceiro trimestre a toma de contacto foi na propia comarca do Barbanza para coñecer outros dos seus Centros de Prácticas:
RESIDENCIA DE MAIORES DE RIBEIRA
Residencia Pública con xestión privada por parte do grupo Geriatros
ASOCIACIÓN AMBAR DE RIBEIRA
A ASOCIACIÓN AMBAR DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL é unha Entidade Sen Ánimo de Lucro de ámbito comarcal que foi fundada no ano 1982. A Misión de AMBAR é "Promover a independencia, a autonomía persoal e a igualdade de oportunidades das Persoas con Diversidade Funcional na nosa comunidade"
A quen vai dirixida:
Na actualidade, AMBAR apoia e presta servicios a PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL e ás súas familias nos concellos de Pobra, Ribeira, Rianxo, Boiro, Porto do Son, e tamén doutros concellos próximos, colaborando coas entidades publicas e privadas que participan na intermediación da persoas con diversidade funcional e a súa participación económica e social.
Áreas de intervención:
- Vol. e inclusión social - Vol. e autonomía persoal
10. Validacións
1º Curso.
Apelidos e nome da alumna
Módulo profesional validado ou exento
Motivo da validación ou exención
Ledesma Salazar, Ana María
Atención Sanitaría y RET Realización módulos en CM Coidados Auxiliares en Enfermería
11. Promoción e acceso á FCT
1º Curso:
Curso Adultos:
Alumnado matriculado
Anulacións / baixas / renuncias Promoción ó
seguinte curso
Acceso ó módulo de
FCT Titulación
Anulacións Baixas Renuncias Si Non Si Non Si Non
H M H M H M H M
2 - - - - - - - - - - - -
Total Total Total Total Total Total Total
2 - 0 0
Alumnado matriculado
Anulacións / baixas / renuncias Promoción ó
seguinte curso
Acceso ó módulo de
FCT Titulación
Anulacións Baixas Renuncias Si Non Si Non Si Non
H M H M H M H M
1 21 - - - 1 - - 16 3 - - - -
Total Total Total Total Total Total Total
22 - 2 - 16 - -
Alumnado matriculado
Anulacións / baixas / renuncias Promoción ó
seguinte curso
Acceso ó módulo de
FCT Titulación
Anulacións Baixas Renuncias Si Non Si Non Si Non
H M H M H M H M
1 21 - - - 1 - - 16 3 - - - -
Total Total Total Total Total Total Total
22 - 2 - 16 - -
2º Curso:
12. Análise das programacións e dos resultados das
avaliacións.
Non se introduxo ningunha modificación nas correspondentes programacións dos
módulos do ciclo formativo feitas a principio de curso en non hai ningunha
proposta de revisión para o curso seguinte, posto que se manteñen as mesmas.
Respecto dos resultados das avaliacións das alumnas cómpre destacar que en
primeiro quedan sen promocionar a segundo curso tres alumnas.
En relación ó segundo curso promocionaron a F.C.T. todas as alumnas
Rianxo, 27 de xuño de 2012
O Xefe de Departamento de Sanitaria
Juan Navaza Carro
Alumnado matriculado
Anulacións / baixas / renuncias Promoción ó
seguinte curso
Acceso ó módulo de
FCT Titulación
Anulacións Baixas Renuncias Si Non Si Non Si Non
H M H M H M H M
- 18 - - - - - - - - 16 - 18 -
Total Total Total Total Total Total Total
18 - - - - 16 18