Literatura galego portuguesa

Post on 21-Jan-2018

195 views 2 download

Transcript of Literatura galego portuguesa

A literatura galego-portuguesa medieval

As orixes da poesía romance

• Até o séc. XII o latín segue sendo a lingua literaria por excelencia.

• A mediados do séc. XII mudan os gustos literarios. Dáse un período de forte crecemento económico e demográfico debido ás escasas guerras.

• Así nace unha lírica en lingua romance, de temática amorosa, que segue as regras do amor cortés.

A cultura trobadoresca en Europa

Ten a súa orixe no Sur de Francia, nun conxunto de señores feudais que empregaban a langue d’oc.

Guillerme de Aquitania e a súa neta Alienor protexen as artes e amparan unha extensa corte literaria que se converte en exemplo de refinamento.

A mediados do séc. XII e principios do séc. XIII na maior parte dos reinos occidentais atopamos escolas autóctonas que compoñen á maneira provenzal.

Vías de penetración

• O camiño de Santiago.

• Os monxes de Cluny.

• Os contactos nobiliares.

A poesía trobadoresca é o primeiro movemento literario de ámbito europeo

Etapasn Preafonsina ou de adaptación(1196-1245). A esta etapa pertencen

Meendinho, Paio Gomez Charinho ou Martín Codax.

n Afonsina (1245-1284). Atinxe os reinados de Afonso III en Portugal e Afonso X en Galiza, León e Castela.O principal centro difusor galego sitúase en Toledo.

n Dionisíaca(1284-1325). O centro difusor galego trasládase de Castela a Portugal.

n Pos-dionisíaca (1325-1354). A mediados do séc. XIV entra nunha etapa de declive pois os gustos literarios mudaran cara aos libros de liñaxes.

n Decadencia (1354- 1445): ruptura definitiva entre os reinos de Castela e Portugal.

Autores e intérpretes

TrobadorTrobadorEra poeta e compositor ao mesmo tempo

Na lírica galego-portuguesa adquire un matiz social: compositores de orixe nobre que

troban por pracer diante dun público aristocrático sen recompensa económica.

XOGRARXOGRAR

É o representante medieval da tradición de artistas ambulantes que vén do mundo greco-latino

Repertorio amplo: contacontos, malabaristas, acróbatas

TiposTipos

bufóns e cazurros

treixatadores, aremedadores e contrafazedores

xograres

• Segrel: Autor e executante das súas propias composicións.

• Soldadeiras: María Balteira.

• Cantadeiras e danzadeiras.

A tradición manuscritaO corpus consta de 1680 textos pertencentes a 150 poetas.

Manuscritos contemporáneos (fins do séc. XIII e principios do séc. XIV). Os compiladores intenta copiar a música:

Cancioneiro da Ajuda (A)

Pergamiño Vindel (N)

Pergamiño Sharrer ou manuscrito da Torre do Tombo (L)

Cancioneiro de Ajuda• Consérvase no

Palacio de Ajuda en Lisboa (antiga residencia dos reis de Portugal)

• 310 composicións

• Todas cantigas de amor

• Compilouse, probablemente na corte de D. Dinís.

O pergamiño Vindel

• Descubriuse a principios do séc. XX (facía de forro a outro códice)

• Consérvase na Biblioteca Pierpont Morgan de Nova York.

• Trátase, probablemente, dunha folla voandeira que empregaban os xograres.

• Contén 7 cantigas de amigo de Martín Codax

• Ten música.

Pergamiño Sharrer

• Descuberto en 1991, escrito finais séc. XIII.

• Serviu durante 4 séculos como forro dun libro de rexistro notarial.

• Contén 7 cantigas de amor do rei D. Dinís acompañadas de notación musical.

• Folio solto dun cancioneiro perdido Livro das trobas de el rei Don Dinís.

Apógrafos renacentistas

Foron copiados nos séculos XVI e XVII a partir de códices medievais hoxe perdidos.

Os copistas prescindiron da notación musical.

Do scriptorium de Angelo Colocci saíu o núcleo fundamental do corpus poético.

Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa (B)

Cancioneiro da Biblioteca da Vaticana (V)

Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa

✤ Tamén coñecido como Colocci-Brancuti.

✤ Contén 1647 cantigas de todos os xéneros.

Cancioneiro da Vaticana

✤ Ordenado por Colocci e conservado en Roma.

✤ Recolle 1200 cantigas, moitas delas copiadas tamén no da Biblioteca Nacional. Ambos proceden do mesmo orixinal.

✤ Consérvase unha copia deste cancioneiro feita a finais do séc. XVI ou principios do séc. XVII.

✤ Coñécese como Cancioneiro de Bancroft Library e foi descuberto en Madrid en 1857. Perdeuse o seu rastro durante anos até que volveu aparecer en 1983 na Universidade de Berkeley.