Post on 23-Jun-2015
description
LECTURAS NA REDE PARA OUTRAS LECTURAS
Pilar Ponte Patiño (A profa), 2011
Internet na Área de Lingua GalegaCurso Organizado polo Cfr da CoruñaA Coruña – marzo 2011
Lecturas para outras lecturas
Tipos de lectura segundo a súa motivación. Obxectivos da lectura. Outras lecturas: lectura e narración dixitais. Tipos de guías de lectura Elementos da guía de lectura. Lecturas na rede.
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 2
Tipos de lectura segundo a súa motivación
Lectura informativa.
Lectura académica.
Lectura por pracer.
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 3
Nós queremos:
APROVEITARNOS DE TODOS!
Tipos de lectura segundo a súa motivación (formas de aproveitamento)
Alumnado como fornecedor dos textos.
Alumnado como seleccionador (tamén para aprendizaxes gramaticais).
Aproveitamento disciplinar.
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 4
Obxectivos da lectura A formación dunha persoa cun hábito
lector sólido (Mireia Manresa):– Le unha cantidade importante de libros.– Faino de xeito continuado.– Os textos que le son diversos en xéneros,
temáticas, niveis de complexidade, épocas e contextos culturais de procedencia, etc.
– Sabe valorar o que le porque o sabe comparar, contextualizar e conceptualizar.
A formación en coñecementos literarios. Outras aprendizaxes.
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 5
Outras lecturas: lectura e
narracións dixitais.
A escritura non lineal:– O hipertexto– As diferentes formas de representación gráfica.– A miniliteratura.– A mestura de xéneros.– A literatura colaborativa.– A narración dixital motivada.
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 6
Tipos de guías de lectura
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 7
Guía compilatoria
Guía de lectura clásica
Guía para outras lecturas
Guía compilatoria Ofrece unha colección de obras de calquera
tipo realizada con diferentes criterios.
– O xénero literario (de poesía, de teatro...)
– A temática (de aventuras, de medo, de viaxes...)
– A materia educativa (matemáticas, filosofía...)
– O destinatario (alumnado por ciclos ou idades,
familias...)
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 8
Guía compilatoria
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 9
Guía de lectura clásica É un repertorio de actividades que analizan
unha obra desde perspectivas literarias clásicas.– Análise en compartimentos estancos.
– Principia polo estudo da biografía do autor e das características da época.
– A análise divídese en planos (plano do contido / plano da expresión).
Ignora a realidade do alumnado (só atende ao seu nivel académico).
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 10
Guías no pasado
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 11
No noso ámbito ensaístico foron moitos e de calidade os traballos editados, especialmente na década 1988-1998, en estreita relación coas programacións docentes.
Guía para outras lecturas
É un repertorio de actividades sobre unha obra, no que se integran: – O estudo literario.
– O estudo lingüístico desde un enfoque comunicativo.
– A alfabetización dixital.
– A inclusión doutras artes (cine, música, fotografía...)
Tense en conta a realidade do alumnado (mestúranse análise e producións propias).
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 12
Elementos da guía de lectura
Actividades de recomendable aparición nunha guía de lectura:
– De lectura.
– De análise.
– De creación.
– De recreación.
– De relación con outras artes.
– De publicación.
– De exportación.
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 13
Actividades de lectura
A importancia de non interferir demasiado no
proceso lector.
A continuación da aprendizaxe lectora.
Lecturas que levan a lecturas.
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 14
Imaxe de Sergis Blog en Flickr.
Actividades de lectura (exemplo)
A lectura en voz alta.
A diversificación lectora a través das actividades.
A lectura fragmentada (revistas, textos na rede,
xornais...).
Webquest, cazas de tesouros...
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 15
Actividades de análise
Estudo dos principais elementos do discurso literario:
tema, argumento, estrutura, personaxes, espazo,
tempo, narradores, voces poéticas...
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 16
Actividades de análise (exemplo)
Identificación das características dunha corrente estética na
obra.
Análise dos elementos dos que se vale a autora ou autor para
deseñar unha personaxe determinada.
Análise do emprego da ironía no posicionamento ideolóxico.
Reflexión sobre a pertinencia ou non da presenza dun epílogo.
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 17
Actividades de creación
Actividades nas que debe primar a procura do
pracer creativo.
Progresión dende o eu ata o mundo, dende o hoxe
ata o antes e o despois.
Creación escrita e creación oral.
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 18
Actividades de creación (exemplo)
A argumentación oral a través do debate.
A reflexión íntima.
Creación de novos elementos lingüísticos (sms).
A expresión dunha mesma vivencia valéndose de
diferentes xéneros literarios.
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 19
Actividades de recreación
As actividades de recreación literaria sitúanse
entre a creación e a avaliación.
Permiten comprobar se houbo unha
verdadeira comprensión dos postulados
creativos.
Requiren ademais da comprensión dos
procedementos creativos, a súa asunción.
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 20
Actividades de recreación (exemplo) Inventar un poema hilozoísta, un poema
neotrobadoresco e un poema surrealista.
Continuar unha historia.
Recrear a mesma historia noutro lugar, noutro tempo
ou con outras personaxes (Ás de bolboreta)
Contar a historia adoptando o punto de vista dunha
das personaxes.
A recreación teatral ou en banda deseñada.
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 21
Actividades de relación con outras artes
Poden ser actividades de recreación aínda que non
literaria xa que o produto final non é literario.
– Recreación gráfica (fotonovela).
– Recreación cinematográfica (curtametraxe).
– Recreación radiofónica (podcast).
Actividades que non implican recreación e
que se relacionan con algún aspecto da obra
lida.
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 22
Actividades de relación con outras artes (exemplo)
Creación dunha exposición visual sobre os
elementos dunha historia (O avó e o neto).
Recreación en podcast dun conto baseado no uso da
onomatopea (Ssssssh).
Realización dun documental sobre un movemento
literario. (As vangardas)
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 23
Actividades de relación con outras artes (exemplo)
Representar en mapas os espazos ou itinerarios
dunha obra ou personalidade literaria (Ikimap).
– 120 anos de poesía na Costa da Morte.
– Roteiro de Curros Enríquez en Ourense.
– Roteiro de Otero Pedrayo no rural Ourensán.
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 24
Actividades de publicación
Publicación no sentido etimolóxico da
palabra. Paso do ámbito do eu, do eido da
intimidade ao dos outros.
O grupo-aula asume diversos roles:
– Destinatario.
– Foro.
– Xuíz.
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 25
Actividades de publicación (exemplo)
Lectura na aula de producións propias.
Debate sobre as ideas propostas por algún
dos integrantes.
Valoración por parte do grupo das
diferentes producións dos membros.
Produción colectiva.
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 26
Actividades de exportación
O que non se ve, non existe. A frustración de ficar na aula.
O momento “exhibicionista”. Novos contextos formais na rede:
– O blog de aula.
– O blog da biblioteca escolar.
– O blog do club de lectura.
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 27
Actividades de exportación (exemplo) Tres posibles niveis de exportación.
– O centro (a revista escolar).
– A rede social (Tuenti, Facebook...).
– A rede: o ámbito educativo (blog de aula, blog da biblioteca escolar, blog do club de lectura) / a rede aberta (o vídeo en YouTube).
Amósanse especialmente exportables as actividades de carácter creativo que integran outras artes e novas tecnoloxías: exposicións fotográficas, realización de “cousas”, curtametraxes, podcast...
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 28
Na rede
Onde están as lecturas en galego na rede?
– Nuns poucos medios de comunicación.
– Nas páxinas institucionais.
– Nos blogs (blogomillo como ente vivo).
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 29
Na rede
Onde están as lecturas literarias en galego na rede?
– Nas bibliotecas virtuais e centros de documentación.
– Nas páxinas dos autores.
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 30
Na rede Onde están as análises das lecturas e as guías de lectura en
galego na rede?
– Nas páxinas dos críticos (Manuel Rodríguez Alonso, Ramón Nicolás, Alfredo Ferreiro, Francisco Martínez Bouzas).
– Nos blogs (blogomillo), fundamentalmente de carácter educativo.
– Nas webs dinámicas dos centros educativos.
Problemas para un aproveitamento óptimo dos recursos existentes:
– Dispersión dos materiais en webs e blogs persoais e nas webs dinámicas dos centros (moitas veces con acceso restrinxido).
– Ausencia dunha web onde se recompilen todos os materiais relacionados coa lectura.
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 31
Na rede Guías de lectura na páxina das BEGA
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 32
Na rede Espazo didáctico da AELG
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 33
Na rede Proxectos de animación á lectura de Xerais
XX Xornadas de LeL - Guías de lectura máis alá do texto - Pilar Ponte, 2010 - 34
Na rede Plan Lector de Rodeira-Edebé
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 35
Na rede Cadernos de
Desenvolvemento Lector de Oxford
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 36
Na rede Bases de datos da BLIX (autor, lector, colección,
xénero e ano)
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 37
Na rede Na punta da lingua de Rosa Salgueiro
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 38
Na rede Lecturas temáticas... na Praza das Letras
Internet na aula de Lingua Galega – Lecturas na rede para outras lecturas - Pilar Ponte, 2011 - 39
cc Recoñecemento-Non Comercial-Compartir Igual 3.0 España
Pilar Ponte (A profa)pilarponte.ensino@gmail.com