Leccion 3 texto_bola_o_4_-1

Post on 09-Jul-2015

183 views 4 download

Transcript of Leccion 3 texto_bola_o_4_-1

ROBERTO VIDAL

BOLAÑO

Traballo de 3ºeso na materia de iniciación

aos medios audiovisuais

l

Traballo sobre Roberto Vidal Bolaño

Contenido Premios Gañados ...................................................................................................................... 3

Índice ......................................................................................................................................... 4

Traxectoria ................................................................................................................................ 5

Representacións ........................................................................................................................ 6

Teatro ........................................................................................................................................ 7

Audiovisual ................................................................................................................................ 8

Obra ........................................................................................................................................... 9

Teatro .................................................................................................................................... 9

Ensaio .................................................................................................................................. 10

Colectivas ............................................................................................................................ 10

Premios e recoñecementos ..................................................................................................... 11

Galería de imaxes .................................................................................................................... 12

Notas ....................................................................................................................................... 13

Bibliografía .............................................................................................................................. 14

Outros artigos .......................................................................................................................... 15

Ligazóns externas .................................................................................................................... 16

Roberto Vidal Bolaño

Nacemento 31 de xullo de 1950 - Santiago de

Compostelahttp://gl.wikipedia.org/wiki/Galicia

Falecemento 11 de setembro de 2002

Profesión dramaturgo

Cónxuxe(s) Laura Ponte Santasmarinas,Belén Quintáns López

Fillo(s) Roi Vidal Ponte,Carme Vidal Quintáns

Premios Gañados

Roberto Vidal Bolaño, nado en Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1950 e falecido na

mesma cidade o 11 de setembro de 2002, foi un autor e actor de teatro galego, pioneiro da

dramaturxia profesional en Galicia. En 2013 adicaráselle o Día das Letras Galegas.[1]

Traxectoria

Empregado de banca, en 1974 fundou xunto a Laura Ponte Santasmarinas, actriz galega nada

en Buenos Aires, o Grupo de Teatro Antroido. Con Antroido acudiu ás Mostras de Teatro

Abrente de Ribadavia (1973-1980), onde se deu a coñecer como dramaturgo e escenógrafo,

isto último co pseudónimo de JuliaBrens.

Debido a ser despedido en 1977 do banco no que traballaba, viuse na obriga de converter o

Grupo Antroido na primeira compañía teatral galega. Tamén foi un dos primeiros directores

que participaron do teatro institucional, levando ao taboado co Centro Dramático Galego en

1984 a obra da súa autoría Agasallo de sombras. No ano 2001, representou, tamén co Centro

Dramático Galego, a Rosalía que Ramón Otero Pedrayo escribira en 1958.

Cultivou, alén da dramática, o audiovisual, realizando guións para Televisión de Galicia e a

Televisión Española, con traballos como Malos tratos, Novo de Parmiude ou Morosos varios.

Tamén levou á pantalla relatos de grandes escritores galegos do século XX, como Ánxel Fole

(Cara de Lúa) e Eduardo Blanco Amor (O Noxo).

Participou como actor en películas como Sempre Xonxa (mestre) ou A lingua das bolboretas, e

series televisivas como Mareas vivas ou Un mundo de historias.

En 1991 creou a compañía Teatro do aquí, que dirixiu ata o seu pasamento.

Eu son un home... un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente

irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día,

máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas.

Vidal Bolaño.

Faleceu de cancro de pulmón tras dous anos de enfermidade.[2]

Representacións

Vidal Bolaño destacou como actor, director, escenógrafo e iluminador. Entre outras, podemos

citar:

Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1950 e faleceu na mesma cidade en 2002. Formou parte do denominado "Grupo Abrente" que, a partir da década dos 70, renovou e actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas. Todas as súas actividades xiraron sempre, e en exclusiva, arredor do teatro: desde a creación do "Grupo Antroido", en 1975, até a súa compañía actual "Teatro do Aquí", pasando pola breve experiencia da cooperativa "Teatro do Estaribel". En 1978 deu o paso definitivo que levou ás xentes do teatro galego a se transformaren en profisionais, superando de vez a pantasma de "amador" que pairara sempre sobre a historia do noso teatro. A súa produción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, a experimentación estética, e o diálogo coa tradición, tanto culta como popular, literaria e histórica, social e política. O feito de que Vidal Bolaño escribise para a súa compañía, coa urxencia que esixe a obrigada estrea anual e a atención dedicada ao texto espectacular, non empeceu en absoluto a calidade literaria dos seus textos dramáticos, nos que as resonancias de Otero Pedrayo e Valle Inclán se transforman en esmaltes que enriquecen a súa literatura e agasallan ao lector. A pesar de que xa nas décadas dos setenta e oitenta lograra diversos premios ("Abrente", "O Facho" e "Ciudad de Valladolid"), como aconteceu con outros integrantes do "Grupo Abrente", o recoñecemento artístico de Vidal Bolaño non se produciu até os anos noventa, cando a obtención de premios institucionais, galegos e portugueses ("Rafael Dieste", "Alvaro Cunqueiro", "Xacobeo 92", "Eixo Atlántico", "María Casares"...), normalizou tanto a publicación das súas obras como o seu coñecemento por parte da prensa e, en consequencia, do público. A súa forte personalidade deixou unha profunda pegada nos dramaturgos máis novos, cuxas consecuencias se verán co trancorrer do tempo. A figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño foron fundamentais na construción dun teatro nacional galego.

[Febreiro, 2002]

Teatro

Neste artigo hai que completar diversas tarefaspendentes

Neste apartado: Transformar a relación en redacción.

Aviso: os artigos que inclúan este marcador

clasifícansenaCategoría:Artigostarefaspendentes.

Laudamuco, señor de Ningures (1976)[3]

Presentación dunha representación de Bailadela da morte ditosa en Ribeira.

Bailadela da morte ditosa (1980)

A casa dos afogados (de Miguel Anxo Fernán-Vello)

Rosalía (de Ramón Otero Pedrayo) (1985)

Caprice des Dieux (1985)

Anxeliños. Comedia satánica (1996)

Mar revolto (2001)

Audiovisual

Ano Título Papel Notas

1987 Novo de Parmuíde Telefilme. Director

1989 Os outrosfeirantes Serie de televisión

1989 SempreXonxa D. XoséLuís Filme

1990 Morosos Director

1991 O resplandor da morte Curtametraxe

1991 Memorias dun parado Curtametraxe

1992 Un café de ollos verdes Telefilme

1997 A noiva de medianoite Pedro Filme

1999 A lingua das bolboretas Boal Filme

1999 Amor Serrano Amadeo Curtametraxe

2000 Un mundo de historias Serie de televisión. Tamén guionista

Obra

A obra de Roberto Vidal Bolaño está marcada pola estética da derrota e a crítica da

modernidade. Tal vez influído por Ramón Otero Pedrayo, defende unha certa recuperación do

popular. Cultivou igualmente, como Otero, o teatro histórico, arredor da figura de Rosalía de

Castro, obras que constitúen verdadeiros ensaios sobre a vida e obra da nosa poeta máis

universal. Porén, unha das súas maiores influencias foi o teatro de Ramón María del Valle-

Inclán, a quen menciona varias veces ao longo da súa obra.

As súas obras recollen e mesturan as correntes estéticas do realismo, simbolismo, surrealismo

e expresionismo. Nas súas pezas cóidase o diálogo co público.

Teatro

Se algún dos membros das Irmandades da Falacoñecese

hoxe a situación do teatro galego, poderíachegaraoorgasmo.

Porqué están satisfeitas, en moitos aspectos con creces, as

cousas que eles soñaban.

—Entrevista[1]naTelevisión de Galicia.

Laudamuco, señor de Ningures (1976, Pico Sacro) ISBN 978-84-85170-16-6.

Bailadela da morte ditosa (1980, 1992, Sotelo Blanco) ISBN 84-86021-97-9.

Agasallo de sombras (1992, El Correo Gallego) ISBN 978-84-85553-97-6.

Cochos (1992, Sotelo Blanco) ISBN 978-84-7824-071-5.[4]

Días sen gloria (1992, Deputación da Coruña) ISBN 978-84-86040-63-5.

Saxo tenor (1993, Xerais) ISBN 978-84-7507-715-4.

As actas escuras (1994).[5]

Touporroutou da lúa e do sol (farsada choqueira para actores e bonecos, ou viceversa)

(1996, AS-PG) ISBN 84-921126-0-3.

Doentes (1998, Deputación da Coruña, levada ao cinema en 2011 co título homónimo

de Doentes).

A ópera de a patacón: versión libre para charanga e comediantes pouco ou nada

subsidiados (1998, Xerais) ISBN 84-8302-277-X.

Rastros (1998, Positivas) ISBN 978-84-87783-50-0.[6]

O público

(en relación á "escrita dramática" e á "escrita escénica")

[...]

obxecto do discurso, caixa de resonancia ou rego farturento

no que tanto unha escrita coma a outra se han reflectirou

da que han ser reflexo para ser e saberse vivas.

[...]

—Vidal Bolaño, Perspectivas do teatro galego actual (2002).

O día que os chífanos deixaron de zoar.

A burla do galo (2000, Xunta de Galicia) ISBN 978-84-453-2735-7.[7]

Mar revolto (2001, Xunta de Galicia) ISBN 978-84-453-3079-1.

Integral (2003, Embora) ISBN 978-84-95460-23-3.

Ensaio

Perspectivas do teatro galego actual (2002).[8]

Colectivas

O circo de medianoite; Maremia; Actas escuras, con M. Lourenzo e E. Ruibal (1998)

ISBN 84-89679-50-9.

Daquel abrente, con Francisco Taxes (2003, Xunta de Galicia) ISBN 978-84-453-3503-1.

Animaliños, con Luís Alonso Girgado (2003, Follas Novas) ISBN 978-84-85385-77-5.

Premios e recoñecementos

Placa de rúa adicada en Santiago.

Abrente (1976), con Laudamuco señor de Ningures.

O Facho (1977). Mención honorífica con Xaxara, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o

Cachamón ou trocar en rato pequeno o meirande xigantón.

Abrente (1978) Mención Especial (Memorias de mortos e ausentes).

O Facho (1979) Mención honorífica con Ruada das papas e do unto.

Abrente (1980), con Bailadela da Morte Ditosa.

Medalla de ouro (Premio cidade de Valladolid) (1983-1984) por unha adaptación

teatral de textos de Xosé Luís Méndez Ferrín.

Premio Álvaro Cunqueiro.

Premio Xacobeo (1992).

Premios Rafael Dieste 1992 e 1997 da Deputación da Coruña.

Premio María Casares da AAAG en catro ocasións (1998, 1999, 2001 e 2003).[9]

Méndez Ferrín anuncia que Vidal Bolaño será o homenaxeado en 2013; Euloxio Ruibal e

Margarita Ledo explican os motivos.

Premio Eixo Atlántico.

Premio Maruxa Villanueva (2001) do concello de Padrón.[10]

Premios Max de Teatro (2001) (mellor texto de teatro en lingua galega pola súa obra

Criaturas).

Rúas en Santiago de Compostela e Perillo, Oleiros, levan o seu nome.

Día das Letras Galegas 2013.

Galería de imaxes

Artigo principal:Galería de imaxes de Roberto Vidal Bolaño.

Notas

Fernández Castro co seu libro A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño.

1. ↑Día das Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño, Real Academia Galega,

23/06/12.

2. ↑A morte de Vidal Bolaño priva a Galicia do seu maior dramaturgo, La Voz de

Galicia o 11/09/2002.

3. ↑Cartel de Laudamuco, señor de Ningures

4. ↑María Liñeira, Pigging in Germany: Emigration and GenderedSubalternity in

Roberto Vidal Bolaño’s Cochos(en inglés).

5. ↑Dossier de prensa e caderno pedagóxico, Centro Dramático Galego.

6. ↑ Fragmento lido por Camilo Franco.

7. ↑ Fragmento na Biblioteca Virtual Galega.

8. ↑Perspectivas do teatro galego actual (texto íntegro).

9. ↑Relación de premiados na páxina de Asociación de actores e actrices de

Galicia.

10. ↑Culturagalega.org

Bibliografía

Fernández Castro, Xosé M. (2011). A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño.

Laiovento. ISBN 978-84-453-5008-9.

Becerra, Vilariño e Abuín (2002). Roberto Vidal Bolaño, escritor escénico: estudios

críticos seguidos da comedia "Anxeliños". Tris Tram. ISBN 84-89377-37-5.

Varios. "Vidal Bolaño, Roberto" (en liña). Enciclopedia Galega Universal. Vigo: Ir Indo

Edicións.

Quintáns, M.; Dobao, A.; Ruibal, R. (2005). "Roberto Vidal Bolaño". Revista das Letras

(Galicia Hoxe) (n.º 596).

Vieites, Manuel F. (2007). Literatura dramática. Unha introdución histórica. Galaxia.

ISBN 978-84-9865-048-8.

Outros artigos

Grupo Abrente