II Concurso proxectos de bibliotecas

Post on 09-Aug-2015

17 views 4 download

Transcript of II Concurso proxectos de bibliotecas

Proxecto Documental Integrado.

“ Mergúllate nun mar de números ”

Mergúllate nun mar de números

As portas das nosas aulas, corredores e biblioteca ambientáronse de acordo co tema do noso PDI.

E. INFANTIL

E. PRIMARIA

Mergúllate nun mar de números

1º CURSO

2º CURSO

Mergúllate nun mar de números

3º CURSO

4º CURSO

Mergúllate nun mar de números

5º CURSO

6º CURSO

Mergúllate nun mar de números

PTAL

MÚSICA

RELIXIÓN

Mergúllate nun mar de números

CORREDORES

Mergúllate nun mar de números

E. INFANTIL

Os nenos/as de 4º e 5º de E.I.

O conto de “Hansel e Gretel” foi o inicio do noso proxecto. Partindo del, elaboramos o noso propio conto “ A casiña das chuches”, co que traballamos as formas xeométricas básicas.

Mergúllate nun mar de números

Co conto “Os tres porquiños” aprendimos a contar ata tres cara adiante e cara atrás. Ademais representámolo no guiñol, e fixemos cilindros a xeito de churros de palla para o tellado da casa.

Mergúllate nun mar de números

En 6º de E.Infantil.

Todos pintaron, recortaron e axudaron na decoración da súa porta. E, como non, aprenderon a canción da Galiña Turuleca.

Mergúllate nun mar de números

Creamos o conto “A Galiña Turuleca”.

Mergúllate nun mar de números

Numeramos e gardamos dentro do conto 10 ovos numerados. Despois fixemos un puding que nos soubo de rechupete.

Mergúllate nun mar de números

Cos ovos que recortamos e decoramos, fixemos distintas actividades:

Ordeamos de maior a menor.

Ordeamos cos ordinais.

Fixemos conxuntos. Colocamos por tamaño.

Mergúllate nun mar de números

Outras actividades:

Enlazamos cardinais e ordinais.

Facemos sumas coa máquina de sumar.

Xogamos ao Bingo cos números ata o 10.

En Pascua, preparamos as nosas cestas de ovos.

Mergúllate nun mar de números

Elaboramos o noso libro de adiviñas dos números.

Mergúllate nun mar de números

E. PRIMARIA

1º CURSO- Preparamos un calendario xigante nas tres linguas do centro ( galego, castelán e inglés ) na porta,

e nel situamos os nosos aniversarios: que día, mes;cantos días faltan para …?, cantos días ten a semana?, cantos meses ten o ano?, …

Mergúllate nun mar de números

- Foi unha experiencia compartida con outros cursos.

Mergúllate nun mar de números

- Co uso cas TICs, documentámonos sobre acontecementos do ano no que naceron estes nenos/as: 2008.

Mergúllate nun mar de números

- O calendario serviunos de soporte para elaborar as coplas dos maios.

Mergúllate nun mar de números

3º CURSO

Co parchís os nenos/as de 3º aprenderon de xeito lúdico a contar e a respectar os turnos.

Ilustraron libremente a canción das táboas que eles/as elixiron.

Mergúllate nun mar de números

4º CURSOA nosa aventura polo “Súper de Leo” iniciouse decorando a porta da clase con sinais en galego e

inglés..

Mergúllate nun mar de números

Aprendemos a facer unha lista da compra e manexar euros, co fin de mercar e vender.

Traballamos medidas de capacidade e masa e asociámolas co prezo.

Os compañeiros/as de 1º E.P. viñeron mercar ao noso supermercado.

Mergúllate nun mar de números

Mergúllate nun mar de números

Pero nós só somos aprendizes e por iso pedimos axuda aos expertos: O encargado do súper do noso barrio e unha empregada, achegáronse ao noso centro, ensinándonos a estrutura do súper e falarnos dunha dieta saudable. Compartimos a experiencia cos nosos compañeiros/as de 3º E.P.

Mergúllate nun mar de números

O día 15 de xaneiro recibíronos no súper, amosáronos curiosidades do seu traballo, agasalláronnos cun pinchos moi sans e desenvolveron xogos para adiviñar os produtos que probabamos.

Mergúllate nun mar de números

Mmmm!!! Deliciosos! Adiviña, adiviña, que é?

Mergúllate nun mar de números

E ademais … AGASALLO!

GRAZAS, SUPERMERCADOS EROSKI.

Mergúllate nun mar de números

5º CURSO

Todos/as cooperaron na decoración da porta.

Descobrimos o que sabiamos e o que iamos aprender.

Deste xeito plasmamos o aprendido.

6º CURSO

Mergúllate nun mar de números

“Os meteorólogos do Sueiro”.

O proxecto presentado polo noso centro, foi seleccionado xunto a outros 4 centros da provincia de Ourense, para participar no programa de Meteoescolas que organiza á Consellería de Medio Ambiente en colaboración coa Consellería de Educación, Cultura e O.U. e que nós integramos no PDI do centro “Mergúllate nun mar de números”.

A nosa andaina comezou nas aulas de Meteogalicia en Santiago, na que se fixo entrega dunha estación meteorolóxica para o centro aos mestres participantes no proxecto.

• 12 de novembro de 2014.

“Os meteorólogos do Sueiro”

• 19 de novembro de 2014.

Participamos no 7º concurso de relatos curtos Ciencia que conta, coa temática da meteoroloxía.

Os relatos presentados levaron por título:

- As novas do tempo.- O planador.- Estrelas e máis estrelas.- Que cousa.- Néfele, a raíña das nubes.

- O pararraios.- De maior quero ser …- O viraventos.- Néfele, a deusa das nubes.

- Bágoas.- O pluviómetro.- Néfele quere saber máis.- Rosa soña con …

Mergúllate nun mar de números

Mergúllate nun mar de números

“Os meteorólogos do Sueiro”

•Última semana de novembro de 2014.

Na última semana do mes de novembro puxemos en funcionamento o blog de meteoroloxía do noso centro para recoller todas aquelas novas relacionadas co proxecto Meteoescolas: meteosueiro.blogspot.com.es e ser quen de rexistrar e introducir os datos da nosa estación meteorolóxica.

“Os meteorólogos do Sueiro”

• 9 de decembro de 2014.

O alumnado de 6º curso deu a coñecer o traballo que están a desenvolver no proxecto de Meteoescolas a todos os alumnos/as do centro em dúas sesións.

- 1ª sesión: A través dun pequeno contacontos presentaron aos peques de E.I. e 1º e 2º cursos de E.P. o seu proxecto, así como lecturas recomendadas.

Mergúllate nun mar de números

Mergúllate nun mar de números

“Os meteorólogos do Sueiro”

Mergúllate nun mar de números

“Os meteorólogos do Sueiro”

- 2ª sesión: Para 3º, 4º, 5º e 6º cursos de E.P. organizaron unha charla informativa sobre o proceso que están a seguir para a recollida de datos meteorolóxicos e como interpretar un mapa do tempo.

Ese mesmo día recibimos a boa nova de que o conto de Camino Alonso resultou finalista no concurso Ciencia que conta, co seu relato “Néfele, a raíña das nubes”.

Parabéns!

Mergúllate nun mar de números

“Os meteorólogos do Sueiro”

• Nadal 2014.

No festival de Nadal incluímos o noso proxecto coa coreografía da canción “Singing in the rain”.

Mergúllate nun mar de números

“Os meteorólogos do Sueiro”

• Entroido 2015.

No entroido mostramos as nosas mellores galas con fenómenos meteorolóxicos.

Mergúllate nun mar de números

“Os meteorólogos do Sueiro”

• Marzo de 2015. Mes da Meteoroloxía

O día 23 de marzo celébrase o Día Mundial da Meteoroloxía. Como estamos inmersos no programa de Meteoescolas da Consellería de Medio Ambiente, acordamos adicar o "Mes da Meteoroloxía" a marzo coas seguintes actividades:

-Presentación do equipo de meteorólogos.

- Creación do recuncho meteorolóxico.

Mergúllate nun mar de números

“Os meteorólogos do Sueiro”

- Exposición das mellores imaxes achegadas á nosa galería de imaxes por membros de toda a comunidade educativa..

- As nubes tiveron a súa galería especial, recoñecemento a “Néfele, a raíña das nubes”.

Mergúllate nun mar de números

“Os meteorólogos do Sueiro”

- Os alumnos/as de 5º e 6º participaron nun obradoiro para construír pluviómetros. Tiveron que documentarse para poder levalo adiante.

Mergúllate nun mar de números

“Os meteorólogos do Sueiro”

- Elaboración de Paus de chuvia. Documentáronse para fixar a súa orixe nos pobos indíxenas de norteamérica como sistema para atraer á chuvia.

Mergúllate nun mar de números

“Os meteorólogos do Sueiro”

- Do máis peque ao máis maior, todos/as participaron na construcción e exposición de Viraventos.

Mergúllate nun mar de números

“Os meteorólogos do Sueiro”

- Presentamos aos compañeiros/as de 6º E.P. do CEIP Pazos de Rei de Tui que complementan a recollida de datos meteorolóxicos na súa localidade.

Mergúllate nun mar de números

“Os meteorólogos do Sueiro”

- Como remate final do mes, o día 23 celebramos un xantar cun pastel moi especial.

Mergúllate nun mar de números

“Os meteorólogos do Sueiro”

• 13 de maio de 2015. XX Encontros de Teatro Escolar de Bande.

Como o noso proxecto está integrado no PDI da biblioteca, levamos a adaptación da obra finalista do concurso Ciencia que conta, “Néfele, a raíña das nubes”, a esta mostra de teatro escolar.

- Así preparamos o escenario e o son para a nosa representación.

Mergúllate nun mar de números

“Os meteorólogos do Sueiro”

- E este foi o resultado.

Mergúllate nun mar de números

“Os meteorólogos do Sueiro”

• 21 de maio de 2015. O xardín dos viraventos.

Todos os viraventos da exposición saíron a voar e medraron coma se flores se tratase, no xardín dos viraventos.

Mergúllate nun mar de números

“Os meteorólogos do Sueiro”

• 22 de maio de 2015. Visita do CEIP Pazos de Rei de Tui.

Como remate final da colaboración dos dous centros, compartimos unha xornada de lecer na que fomos guías turísticos na nosa cidade e compartimos un xantar na biblioteca.

Mergúllate nun mar de números

“Os meteorólogos do Sueiro”

• Outras actividades.

- O día 1 de decembro foi a inauguración oficial da nosa estación meteorolóxica.

O alumnado de 6º curso, en grupos de 2 alumnos/as, foi o encargado de recoller diariamente os datos, para o cal os mestres responsables do programa estableceron as oportunas quendas.

Mergúllate nun mar de números

“Os meteorólogos do Sueiro”

- Hora de Ler.

Todos os mércores na Hora de ler analizamos a información meteorolóxica que aparece nos xornais que temos na biblioteca do centro: "La Voz de Galicia" e "La Región". Todos os traballos que realizamos nestas sesións quedan reflectidos no taboleiro de novas da clase destinado a Meteoroloxía.

Mergúllate nun mar de números

“Os meteorólogos do Sueiro”

- Os meteorólogos de Apoio.

O alumnado do aula de apoio colaborou diariamente no proxecto de Meteoescolas que desenvolveu o alumnado de 6º curso no noso centro, coa toma de datos metereolóxicos en formato gráfico. Todos os días, desde que comezou o curso, colorearon as imaxes do tempo que fai e colocáronas no seu lugar correspondente, no almanaque que rexistra ditos datos e que estivo situado nos corredores das aulas para poder ser consultado con facilidade polo resto da comunidade educativa.

Mergúllate nun mar de números

“Os meteorólogos do Sueiro”

- Elaboramos táboas de Excell cos datos recollidos.

Mergúllate nun mar de números

“Os meteorólogos do Sueiro”

- Área de inglés.

Nesta área desenvolvemos distitas actividades co apoio da auxiliar de conversa:

• Lectura de aula:

• Presentación de vocabulario básico na aula:

Mergúllate nun mar de números

“Os meteorólogos do Sueiro”

• Presentación dos iconos básicos:

Denver snow storm High winds Hail, the weather! A twister, a twister

Clouds? I don´t like clouds Sunny days make happy days.

Mergúllate nun mar de números

“Os meteorólogos do Sueiro”

• Presentación da previsión meteorolóxica en Denver:

1.- 2.- 3.-

6. -5.-4.-

7.- 8.- 9. -

Mergúllate nun mar de números

“Os meteorólogos do Sueiro”

• Tríptico resumo meteoroloxía en Denver:

Mergúllate nun mar de números

ÁREA DE E. FÍSICA

Coller unha pelota vella e escribir varios números nela cun rotulador, cubrindo a superficie de números.

Medidas de lonxitude. Realizar medicións no campo “polideportivo”.

Mergúllate nun mar de números

ÁREA DE MÚSICA

• Os instrumentos musicais como fío conductor para coñecer as figuras xeométricas.

• Con cancións aprendimos a contar as repeticións.

• Asociamos nome, formas e duración das medidas de capacidade e das notas musicais.

Mergúllate nun mar de números

• As unidades de medida e fraccións tiveron o seu espazo na nosa área.

• Representamos ritmos, silenzos e espazos con formas e signos matemáticos.

Mergúllate nun mar de números

ÁREA DE RELIXIÓN

A Arca de Noé navega polo mar das Matemáticas.

• Iniciamos un traballo cooperativo de área, católica e evanxélica, decorando a nosa porta.

• Traballo de lectura comprensiva da historia bíblica.

Mergúllate nun mar de números

• Como medimos a Arca?

Mergúllate nun mar de números

• E este foi o resultado do noso traballo .

Mergúllate nun mar de números

PT - AL

• Os contidos espaciais-temporais en 2º E.P. traballáronse xunto co Mago Nico. O resultado foi o libro “Nico vai á cidade”.

• En E.I., 1º, 2º e 3º E.P. “Tocamos os números”.

Mergúllate nun mar de números

• Traballamos as unidades e decenas en todo o ensino primario coa historia “El país de las pulguitas”.

• “O tren dos números” serviu aos nenos/as de E.I. e 1º E.P. para aprender a orde dos números do 1 ao 10 mediante a canción “Los números”. https://www.youtube.com/watch?v=b5Eov-zOmA0

Mergúllate nun mar de números

• Os cubos serviron para traballar as praxias en E.I.

• “Pescamos peixes na illa dos números”.

Mergúllate nun mar de números

OUTRAS ACTIVIDADES

24 de outubro de 2014. Día das bibliotecas escolares.

A Galiña Turuleca xunto cos seus axudantes, presentou o PDI deste curso 2014-2015 e as novidades lectoras sobre o tema.

Mergúllate nun mar de números

Decembro de 2014. III Torneo tres en raia.

A mestra de música organizou o torneo como medio de desenvolver a lóxica matemática e a intelixencia emocional, dun xeito lúdico e creativo. 

Decembro de 2014. Concurso Colexio de Economistas de Ourense.

Eva Seoane resultou gañadora do concurso a nivel de todas as categorías, motivo polo que a súa postal foia escollida para felicitar as festas de Nadal 2014 do Colexio de Economistas de Ourense.

Mergúllate nun mar de números

Nadal de 2014.

- Adiviñas matemáticas dos nenos/as de 2ºE.P.

- Os compañeiros/as de 6ºE.P., bailaron baixo a chuvia. ( Apartado de PDI correspondente. )

Mergúllate nun mar de números

9 ao 13 de febreiro de 2015.

- O planetario de “La Caixa”. Nese universo matemático e espacial que é a nosa biblioteca enmarcamos esta actividade.

Así observamos un ceo de inverno.

Mergúllate nun mar de números

• Entroido 2015.

Os números tamén se disfrazan.

Mergúllate nun mar de números

Mergullados no mar ou observando desde o ceo, os NÚMEROS disfrutan da festa.

Mergúllate nun mar de números

• 24 de abril de 2015. XV Edición do Rebumbio Matemático.

O equipo do noso centro formado por 3 alumnos/as de 6º E.P., Diego, Nuria e Christian, participaron no Rebumbio matemático organizado pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA)  Trátase dunha actividade que tenta fomentar o espírito cooperativo e detraballo en grupo. As actividades matemáticas a desenvolver foron variadas alternándose as de tipo manipulativo coas de dedución e razoamento, o que motivou aos participantes.

Mergúllate nun mar de números

HORA DE LER

24 de outubro de 2014. Día das bibliotecas escolares.

Os nenos/as de 1º E.P. fixeron unha presentación multimedia do libro que eles mesmos elaboraron na Hora de Ler, “O fafarrún”, baseado no poema orixinal de Gloria Sánchez.

Fixeron entrega do mesmo á biblioteca, nas mans da Galiña Turuleca.

Mergúllate nun mar de números

O fafarrún

O un é un fafarrún,o dous é normal,

o tres, sideral.

O catro é un montón,o cinco un toleirón,

o seis… non sei, non sei!

O sete vai e mete,o oito, capiroito,

o nove non se move.

Co dez… paso da conta.Xa me cansei!!

Gloria Sánchez

Mergúllate nun mar de números

Novembro de 2014. 2º Concurso de animación á lectura. ( 5º e 6º E.P. )

“El laberinto de los números romanos”

Mergúllate nun mar de números

5º e 6º E.P. continuaron coas súas lecturas matemáticas.

Mergúllate nun mar de números

Novembro de 2014. “Tres grans de sal. ( 1º E.P. )

O alumnado de primeiro curso durante o mes de novembro traballou o poema de Gloria Sánchez "Tres grans de sal" durante a Hora de ler. Unha vez memorizado realizamos unha gravación en vídeo coa técnica do croma cun recitaxe compartido en grupo do poema... Remitimos á web do centro para ver o vídeo. http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmanuelsueiro

Marzo de 2015. Mes da poesía.

- AL – PT: Alumnos/as de 4º, 5º e 6º fixeron murais de poemas matemáticos: “La familia Triángulo” e “Palabras y números”.